XPD nos medios
Índice
- 1 XPD nos medios
- 1.1 Publicacións
- 1.1.1 Onda Cero Pontevedra Salnés : Máis de un Pontevedra / De Vella a Bella - 20/11/2023 por Ana Santos e Susana Pedreira
- 1.1.2 Nós Diario: Cultura / Contracultura - 21/10/2023 por Laura Veiga
- 1.1.3 Diario Marín: Historia y literatura / Literatura - 18/07/2023 por Cristina Corral
- 1.1.4 Spotify: Quintal da Galiza / episodio:360 - Ano 1851 na Galiza e Portugal - 03/07/2023 por Christian Salles
- 1.1.5 lavozdegalicia.es/noticia/cultura 30/06/2023 por Xesús Alonso Montero
- 1.1.6 Radio Galega : Galicia por Diante Fin de Semana -Séculos de cultura galega recollidos na Xulipedia - 03/06/2023 - Isabel Pichel
- 1.1.7 Faro de Vigo : Faro da Cultura - 20/10/2022 - Lourdes Varela
- 1.1.8 Galicia en el mundo: Crónicas de la emigración - 13/12/2021 - Antonio Díaz -Barcelona
- 1.1 Publicacións
XPD nos medios
Publicacións
Onda Cero Pontevedra Salnés : Máis de un Pontevedra / De Vella a Bella - 20/11/2023 por Ana Santos e Susana Pedreira
En compañía de Ana Santos, concedemos protagonismo ao colectivo pontevedrés "De Vella a Bella". Hoxe falamos do proxecto “Xulipedia” en compañía do seu creador, Xulio Simón, e dun dos colaboradores, Luis Losada.
Nós Diario: Cultura / Contracultura - 21/10/2023 por Laura Veiga
—De onde xurdiu esta idea? Hai aproximadamente 30 anos eu vivía en Barcelona e facíamos un programa de radio levado pola Asociación Rosalía de Castro. Cando aparecía algunha noticia relacionada coa literatura galega eu sempre intentaba, dalgunha maneira, poñela en relación coa portuguesa ou coa catalá porque naquel momento eu estaba facendo os meus estudos de Filoloxía Románica. A miña idea cando comezou todo isto era facer unha cousa moi breve, mais pouco a pouco foi aumentando de tamaño e cheguei ao que é hoxe.
É unha ferramenta que aposta polo multiculturalismo e que está composta por diferentes seccións abranguendo desde 1851 até 2004. Por unha banda, recolle nacementos e falecementos por ano, tamén as publicacións que houbo na Galiza ou relacionadas con ela e os premios literarios que houbo na comunidade. Estas mesmas seccións tamén están máis abaixo referidas ao catalán e ao portugués, así como a literatura universal. Finalmente, tamén hai unha sección coas referencias culturais do momento. A partir de 2004, co fin de que o traballo tivese unha certa continuidade, tamén engadín un palmarés que recolle todos os premios literarios da Galiza.
Diario Marín: Historia y literatura / Literatura - 18/07/2023 por Cristina Corral
Datos e datos comparados e arquivados coa férrea disciplina de Xulio Simón ao longo de toda unha vida “atusmando” entre as páxinas e os papeis da documentación, que dirían na zona de Lugo de onde é oriúndo Simón, algo que comezou en Cataluña e rematou co seu destino a Pontevedra.
E se en Cataluña foi onde se sementou tal aventura da man de Radio Cornellá, tamén foi alí onde se presentou oficialmente en decembro de 2021 a Xulipedia, grazas ao Concello de Cornellá que reuniu no Auditori de Sant Ildefóns a amig@s e colaboradores/as aos que Xulio lles falou de como coa súa obra tentou “relacionar as literaturas ibéricas: as amizades catalás de Álvaro Cunqueiro: Jordi Domènech, Francesc Parceriscas, Joan Perucho…, as traducións de poemas ao galego dende o catalán por Cunqueiro (Marta Pessarrodona, Tomás Garcés…), poemas de Carballo Calero ou Guerra da Cal en revistas portuguesas ou revistas catalás como “Camp de l’arpa” que fan referencia á literatura galega e así un longo etcétera”.
En Galicia, inda non tivemos a oportunidade de asistir á presentación de tan magnífico proxecto. Esperemos que chegue pronto o día.
Spotify: Quintal da Galiza / episodio:360 - Ano 1851 na Galiza e Portugal - 03/07/2023 por Christian Salles
O Ano é 1851. No Brasil monárquico ocorria a Insurreição Praieira, um movimento de caráter liberal e federalista na então província de Pernambuco. Em Portugal temos a Regeneração, período da monarquia constitucional após a insurreição militar. Na Espanha caía a ditadura de Narvaez com o que eles chamam demovimento liberal-progressista da Revolução de 1851. Em Ponte Vedra. Andrés Muruais Rodríguez do escritor e jornalista.Um dosimpulsionadores da imprensa na Galiza. Em Ourense, Camilo Placer Bouço, outro escritor e jornalista galego,do jornal “O heraldo galego”, e em Madri no jornal “A ilustração Galega e Asturiana... Em Vigo, Pío Lino Cuíñas Pereira, poeta e jornalista Galego que colaborou em jornais como Galiza cômica, pátria galega e o Faro de Vigo. Em Cela Nova, Ourense temos o nascimento de Manuel Curros Enriques, que anos depois ficaria conhecido com um dos representantes do movimento literário do ressurgimento da escrita galega. Em Berlim, Prússia nasce Carolina Wielma Michaelis de Vasconelos,uma das grandes personalidades da filologia portuguesa. Fundou-se em Coimbra o jornal “Novo Trovador” que teria uma vida curta de 5 anos. ...
lavozdegalicia.es/noticia/cultura 30/06/2023 por Xesús Alonso Montero
Hai moito tempo que coñezo a Xulio Simón Rúa, das terras luguesas próximas a Ribeira de Piquín, berce do grande e infortunado lingüista Aníbal Otero, dende que foi alumno meu, no Instituto de Lugo (curso 1971-1972). Simón foi mestre de ensino primario, durante moitos anos, en Barcelona, pero, devoto dos saberes filolóxicos, cursou na universidade Filoloxía Galaico-Portuguesa onde se atopou coa erudición e a paixón do profesor Basilio Losada. Hai décadas que Simón vén dedicando o seu minucioso saber, o seu fondo compromiso e a súa inmensa paciencia á construción dunha ferramenta cultural tan ambiciosa como útil e moi didáctica.
Desde hai anos ten á súa beira a Luis Losada Rodríguez, experto en informática, amigo e cómplice da inxente obra. Do que se trata é dunha páxina wiki que funciona igualiño que a Wikipedia e no mesmo formato. No esencial, a temática é a literatura galega moderna desde 1851 (nacemento de Curros Enríquez) ao 2004 (pasamento de Manuel María e Luísa Villalta). O usuario pode transitar do nome dun autor ou dunha das súas obras a un universo de noticias significativas (premios, referencias en epistolarios, comentarios en revistas e xornais, traducións, ilustradores...). A Xulipedia é especialmente valiosa nas noticias que relacionan as obras literarias galegas con autores cataláns. Non subestima o autor as relacións coas letras castelás de aquén e alén mar, non esquece os contactos cos escritores de Euskadi e ten moi presentes os nomes dos viaxeiros, filólogos e escritores portugueses. Asombran as consultas que fixo con lupa, á procura deste tipo de textos e noticias, en non poucas revistas galegas e foráneas e, sobre todo, de epistolarios ateigados de información ad hoc (Luís Seoane, Ramón Piñeiro... ata a breve correspondencia de Xela Arias co novelista brasileiro Jorge Amado). O autor, moi consciente de que as letras en idioma galego constitúen unha parcela da literatura universal, ofrece pistas para relacionar os nosos autores e os seus textos, cronoloxicamente, con feitos e personalidades literarias de moitas outras áreas lingüísticas non hispanas.
Radio Galega : Galicia por Diante Fin de Semana -Séculos de cultura galega recollidos na Xulipedia - 03/06/2023 - Isabel Pichel
Hai máis de 20 anos Xulio Simón Rúa comezou a anotar datos relacionados coa cultura e a literatura galegas. Aqueles apuntamentos medraron ata o punto de ocupar máis de 2.000 páxinas e varios séculos de historia. Agora este proxecto atopou un novo camiño en Internet en xulipedia.com.
- [1] "O da Xulipedia é un labor que, en realidade, non ten remate"
Faro de Vigo : Faro da Cultura - 20/10/2022 - Lourdes Varela
“O da Xulipedia é un labor que en realidade non ten remate”
- [2] Galicia en el mundo
Galicia en el mundo: Crónicas de la emigración - 13/12/2021 - Antonio Díaz -Barcelona
O sábado 11 de decembro, celebrouse o acto de concesión dos premios da 35ª edición do Certame de Poesía en Lingua Galega ‘Rosalía de Castro’, organizado pola Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro de Cornellá (Barcelona) e no que se lle concedeu o primeiro premio a Xosé Luís Santos Cabanas polo seu poema ‘Cara a Tina Modotti’. Pola tarde, o acto de concesión dos premios foi precedido dun acto celebrado no Auditorio de Sant Ildefonso de Cornellá, e que consistiu, na primeira parte, da presentación da web xulipedia.com, a cargo do seu autor, Xulio Simón Rúa, escritor e profesor, xubilado, residente en Pontevedra. Xulipedia.com é unha ferramenta de traballo na que se pode ollar un inmenso traballo cultural levado a cavo polo seu autor durante máis de 20 anos e que amosa a relación literaria e artística de culturas: Galega, Catalana Portuguesa e de ultramar. Con un inmenso feixe de datos que calquera que lle interese desde calquera parte do mundo, pode, consultar e estudiar, simplemente entrando a través de internet en: www.xulipedia.com.