Cornella
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
No ano 1987, sendo presidente da Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro de Cornellá [1] Henrique Fernández-Mon Sánchez, convócase a 1ª edición do Certame Internacional de Poesía en Língua Galega Rosalía de Castro. Ten como finalidade promover a poesía galega, e pretende ser unha homenaxe á poeta que dá o seu nome á Asociación e ao Certame. Publicáronse dous volumes que recollen os premiados dos dous primeiros lustros da celebración do certame pola editorial Sotelo Blanco.
No ano 2019, baixo o patrocinio da Xunta de Galicia (Secretaría Xeral de Política Lingüística) volve a publicarse un terceiro volume que recolle tódolos premiados dende 1997 ate o ano 2018.