Como colaborar

De Xulipedia
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Wikipedia-logo-v2.svg
Recibe a nosa benvida á Xulipedia!
Wikipedia-logo-v2.svg
Modelo:Atallo

Benvido/a á Xulipedia Estamos encantados de que queiras axudar a mellorar e desenvolver a Xulipedia, e esperamos que te divirtas participando nesta comunidade. Como novo usuario poida que ao primeiro non sexa de todo doado... pero non te preocupes, irase volvendo máis fácil a medida que avances, e se tes problemas, sempre haberá outros xulipedistas dispostos a botarche unha man. Boa sorte e pásao ben!

O primeiro que debes saber é que a Xulipedia é unha enciclopedia en continua actualización, escrita grazas á colaboración dos seus lectores. Este sitio web, ademais, é un wiki; iso significa que calquera se pode converter en editor, e mellorar ou crear calquera artigo.


Nuvola apps personal.png
É preciso rexistrarse?
Nuvola apps password.png
Non, non é preciso. Non obstante, existen diversas vantaxes ao te rexistrares, tanto para ti como para a comunidade. A continuación están expostas as principais:
  1. O teu nome constará na lista de xulipedistas.
  2. A comunidade poderá saber quen es, aínda que sexa polo teu alcume ou pseudónimo, facilitando tamén a tarefa dos administradores e demais usuarios, que verifican constantemente se están ocorrendo actos de vandalismo.

Ten en conta que a túa identidade real queda sempre salvagardada. Para te rexistrares só tes que elixir un alcume e mais un contrasinal. Podes, se así o desexas, indicar o teu correo electrónico, xa que se esqueces o contrasinal deste xeito poderáseche enviar outro.

O único que tes que facer é ir ao formulario de rexistro e xa está. Logo só tes que lembrar acceder ao sistema en cada visita antes de modificar calquera páxina.


As informacións desta páxina son copia das atopadas en: