2021 p

De Xulipedia
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Certames literarios celebrados no 2021

Premios narrativa
Premios poesía
Premios teatro
Premios ensaio
Premios xornalismo
Literatura Infantil / Xuvenil
Premios de tradución
Premios ilustración
Premios banda deseñada
Premios Crítica
Premios Fervenzas Literarias


Outros premios e concursos
Premios Follas Novas do Libro Galego

Os Premios Follas Novas do Libro Galego , coñecidos nas cinco primeiras edicións (2016-2020, ambas incluídas) como Premios da Gala do Libro Galego, son uns galardóns que se entregan como parte dun evento cultural de carácter anual que ten por finalidade distinguir ás mellores obra e iniciativas literarias de cada ano (sempre a ano vencido. Os convocadores son a Asociación Galega de Editoras, a Federación de Librarías de Galicia e a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega

A primeira edición tivo lugar en 2016 e supuxo a conxunción de tres premios nun só. Co xurdimento desta gala unificada, a AELG puxo termo á Gala das Letras; a Asociación Galega de Editores deu por pechada a Noite da edición en Galicia e a Federación de Librarías de Galicia fixo o propio cos Premios Irmandade do Libro.

VI Edición (2021)

A gala dos premios celebrouse en Santiago de Compostela o 15 de maio de 2021, conducida por Quico Cadaval coa participación do cuarteto de saxofóns da Banda Municipal de Música de Santiago. Esta edición estivo patrocinada polo Concello de Santiago, a Xunta de Galicia, Cultura da Deputación da Coruña e o Centro Español de Derechos Reprográficos (CEDRO).

Modalidade Obra, personalidade ou proxecto premiado Autor Editorial
Ensaio e investigación Irmandiñas Aurora Marco Laiovento
Divulgación Unha mente que voa Xurxo Mariño Edicións Xerais de Galicia
Narrativa Un señor elegante Suso de Toro Edicións Xerais de Galicia
Infantil Mar de mazá Elvira Ribeiro Editorial Galaxia
Xuvenil O mal querer Natalia Carou Baía Edicións
Libro ilustrado Contrahistorias de Galicia Rita Gutiérrez (ilustr.) Edicións Embora
Libro de banda deseñada O derradeiro libro de Emma Olsen Pablo Prado Editorial Galaxia
Iniciativa bibliográfica A lavandeira de San Simón Eva Mejuto / Bea Gregores (ilustr.) Edicións Xerais de Galicia
Tradución A nosa Negra Harriet E. Wilson, tradución de María Reimóndez Hugin e Munin
Poesía A Desvértebra Ana Romaní Chan da Pólvora
Teatro Só un home bo Raúl Dans Edicións Positivas
Libro mellor editado Nós outras Marica Campo e Menchu Lamas Chan da Pólvora
Premios ás traxectorias 2021
Modalidade Obra, personalidade ou proxecto premiado
Iniciativa cultural ou fomento da lectura Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra
Proxecto literario na rede Galicia encantada, coordinada por Antonio Reigosa
Xornalismo cultural Montse Dopico
Premio da Asociación Galega de Editoras Xulio Amigo
Premio honorífico á libraría Manuel Arenas
Escritor galego universal José Luandino Vieira