2020 p

De Xulipedia
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Certames literarios celebrados no 2020

Premios narrativa
Premios poesía

- 1º Raquel Lima Liberdade mais cruel - 2º Filipa Leal Projeto Político 3: El Corte Inglés - 3º José Manuel Neves E se fosse proibido abraçar.

Premios teatro
Premios ensaio
Premios xornalismo
Literatura Infantil / Xuvenil
Premios de tradución
  • Premio Xela Arias - NUMAX O xurado valorou a súa aposta polo galego "procurando usalo coma lingua de divulgación do audiovisual" e a visibilidade que dan aos tradutores
Premios ilustración
Premios banda deseñada
Premios Crítica
Premios Fervenzas Literarias


Outros premios e concursos
Premios Gala do Libro Galego

Os Premios Follas Novas do Libro Galego , coñecidos nas cinco primeiras edicións (2016-2020, ambas incluídas) como Premios da Gala do Libro Galego, son uns galardóns que se entregan como parte dun evento cultural de carácter anual que ten por finalidade distinguir ás mellores obra e iniciativas literarias de cada ano (sempre a ano vencido. Os convocadores son a Asociación Galega de Editoras, a Federación de Librarías de Galicia e a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega

A primeira edición tivo lugar en 2016 e supuxo a conxunción de tres premios nun só. Co xurdimento desta gala unificada, a AELG puxo termo á Gala das Letras; a Asociación Galega de Editores deu por pechada a Noite da edición en Galicia e a Federación de Librarías de Galicia fixo o propio cos Premios Irmandade do Libro.

O xurado da quinta edición dos premios da Gala do Libro Galego deu a coñecer as obras e autoras gañadoras da convocatoria o 9 de maio de 2020. Atendendo á situación causada pola pandemia do COVID19, a organización do evento decidiu comunicar as deliberacións do xurado na data prevista e adiar a gala para o outono vindeiro en canto as condicións o permitisen. Os premios de honra que anualmente se conceden tamén na Gala do Libro Galego adiáronse ata a celebración deste acto. Finalmente celebrouse o acto en Santiago de Compostela, o sábado 21 de novembro de 2020, en formato dixital desde a canle de Youtube.

Modalidade Obra, personalidade ou proxecto premiado Autor Editorial
Ensaio e investigación Dentro da literatura Suso de Toro Edicións Xerais de Galicia
Divulgación A que cheiran as cores? A esperada guía para coñecer o cerebro Juan Casto Rivadulla Fernández Editorial Galaxia
Narrativa Seique (2ª ed. ampliada) Susana Sanches Arins Através Editora
Infantil A tartaruga Amodovou Paula Carballeira Oqueleo
Xuvenil Os corpos invisibles Enma Pedreira Edicións Xerais de Galicia
Libro ilustrado Irmá Paxaro Tamara Andrés (Ilustr. María Montes) Cuarto de Inverno
Libro de banda deseñada A charia Antonio Seijas Alita Cómics Editorial
Iniciativa bibliográfica Castelao. Construtor da nación. Tomo I. 1886-1930 Miguel Anxo Seixas Seoane Editorial Galaxia / Consorcio de Santiago
Tradución Frankenstein ou o Prometeo moderno Mary Shelley /Tradución de Samuel Solleiro Aira Editorial
Poesía Feliz idade Olga Novo Kalandraka Editora
Teatro Citizen Chévere Kalandraka Editora
Libro mellor editado Fosforescencias Lupe Gómez /Ilustracións de Anxo Pastor Alvarellos Editora
Premios ás traxectorias 2020
Modalidade Obra, personalidade ou proxecto premiado
Iniciativa cultural ou fomento da lectura Libraría Chan da Pólvora
Proxecto literario na rede Kalandraka TV
Xornalismo cultural María Yáñez
Premio honorífico á edición Basilio Losada
Premio honorífico á libraría Brañas Vedes, de Carballo
Escritora galega universal Mariasun Landa