1986

De Xulipedia
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Flag of Galicia (civil).svg Cultura galega

Día das Letras Galegas

Nacementos/Pasamentos

Child in diaper icon Nacementos
Literatura
Alberto Ramos (Santiago).
Andrea Barreira Freije (A Fonsagrada).
Javier Fraiz (Ourense).
Paloma Calvo Varela (Pastoriza, Arteixo).
Outros
Skull.png
Pasamentos
 
Literatura
Ánxel Fole (Lugo; ibídem. 1903).
Casimiro Cubela García (Santa María de Trasmonte; 1908 San Xurxo de Sacos).
Celestino Fernández de la Vega Pardo (Lugo; 1914 Friol).
Eusebio Lorenzo Baleirón Laíño, Dodro; ibídem 1962).
Evaristo Correa Calderón (Pobra de Trives; 1899 Neira de Xusá).
Manuel Daniel Varela Buxán: (Lamas, A Estrada; ibídem 1909).
Tomás Barros Pardo (A Coruña; 1922 Toledo).
Xerardo Álvarez Gallego (Miami; 1899 Ourense).
Outros
O investigador Isidro Parga Pondal (A Coruña; 1900 Laxe).
A loitadora antifranquista Mercedes Núñez Targa (Vigo; 1911 Barcelona).
A mestra e escritora Josefa García Segret (Oleiros; 1900 Tui).
Luís Costa García, escritor militante da CNT “Juan García Durán” (Alacant; 1915 Vilagarcía de Arousa).
José Fernando Fernández Vázquez “Comandante Soutomaior” (Caracas; 1904 Pobra do Caramiñal). Ver 1961 e 1999.
O pintor Manuel Prego de Oliver (1915 Ourense).
O pintor Ánxel Botello Barros (San Xoán de Porto Rico; 1913 Cangas).
O autoeditor en galego, castelán e francés Veremundo González Rodríguez (Sainte-Gemmessur-Loire Angers; 1909 San Paio, concello de Petín).
O empresario José Fernández López (Vigo; 1904 Lugo).
O político Antonio Rosón Pérez (Santiago; 1911 Becerreá).
Juan José Rosón Pérez, ministro do Interior no Goberno de Adolfo Suárez (Madrid; 1932 Becerreá).
O cantante de “Los Tamara” Pucho Boedo (1928 A Coruña).
O artesán José González Paz (1897 Ourense)?
O agrónomo Ismael Sierra Franco (1913 O Vicedo).

Publicacións

Galegas

Sodes, Xosé e Manuel Cereijo Muiños,

unha roseira que ó Parnaso chega:

Fonda raizame en señardá labrega,

casulos no mencer dos aloumiños.

Sodes cereixos acoubando niños.

Sodes muiños: ¡Eis unha fanega

de versos ben moídos na galega

poesía cos ventos velaíños!

Muiñando o 50 cabodano

da vosa morte, no cereixal soio,

ouvimos o rodicio da ledicia.

E xuntamos o verso máis galano

que o voso corazón moeu en Poio

¡e deunos unha obrea á nai Galicia (Lois Vázquez).

Relativas a Galicia

  • En Arzúa, aparecen os dous únicos números da revista “VillaNova”, subtitulada “Voceiro arzuán”.
  • Na Estrada ve a luz a “Revista da Asociación Cultural da Estrada” denominada “Vacilo de Cocós” (13-IX-1987).
  • O nº 2 do mes de xullo do boletín betanceiro “Untia”, está dedicado a Johán Vicente Viqueira.
  • A revista barcelonesa “Anthropos”, dedica o nº 65 (outubro) á figura de Castelao, estando realizado este monográfico baixo o asesoramento de Basilio Losada. Nel participan Isaac Díaz Pardo, Claudio Rodríguez Fer, Ramón Piñeiro, Siro López, Francisco Fernández del Riego, Lourenzo Fernández Prieto, Xavier Costa Clavell.
  • O número dobre 66-67 da revista barcelonesa “Anthropos” está dedicado a G. Torrente Ballester, galardonado co Premio Cervantes 1985.
  • ¿?Aparece en Santiago a publicación universitaria monolingüe “Favorita”.
  • Publícase en Madrid o 1º número da revista literaria “Leer”, dirixida por Heriberto Quesada. Conta cunha sección fixa sobre as literaturas galega, éuscara e catalá. A parte galega está elaborada por Vicente Araguas.
  • Coordinada por Xosé María Álvarez Cáccamo, aparece en Vigo o 1 de outubro a revista “Nó”, subtitulada “Asociación de Escritores en Lingua Galega”, e que se pode considerar continuadora de “Escrita” (1983-1985). Só sairán 2 números, o 2º en 1987. No consello de redación están Mª Xosé Queizán, Pilar García Negro, Román Raña Lama e Miguel Anxo Fernán-Vello.
  • En Santiago, sae no mes de marzo a revista literaria bilingüe “Ólisbos”, co subtítulo de “Os amantes da palabra” e editada pola Asociación Cultural Ólisbos.
  • En Bélxica aparece o 1º número da revista “A nosa voz”, “Voceiro do Centro Galego de Bruxelas”, dirixida por Miguel Palomo López.
  • En maio sae o nº 0 da revista Onde o mundo se chama Celanova baixo iniciativa do Centro Cultural Celerni Solpor.
  • Na Coruña sae a publicación bilingüe “Papeles de literatura infantil”, editada polo Servicio Municipal de Educación”.
  • Xulio Xiz Ramil dirixe en Lugo a revista “Praza Maior” subtitulada “Publicación do Excelentísimo Axuntamento de Lugo”. O nº 1, homenaxe a Ánxel Fole sae en outubro.
  • Edicións Xerais publica: “Revista galega de educación”, co subtítulo de “Publicación galega trimestral de Nova Escola Galega”. Promovida pola Asociación Nova Escola Galega. No consello de redacción están Manuel Bragado Rodríguez, Manuel Janeiro Casal, Rafael Ojea Pérez, Luis Otero Gutiérrez, Miguel Vázquez Freire.
  • Ve a luz o nº 0 da revista “Ría” co subtítulo de “Revista de la Agrupación para la Defensa de Marín, Ademar”.
  • O Colexio Universitario da Coruña edita a revista poética “Ronseltz”.
  • Nace na Coruña a publicación bilingüe “El Artylujio”.
  • O anexo 25 da revista “Verba”, recolle “Estudios de Dialectología Hispánica” de Alonso Zamora Vicente (“Grial” nº 93, páx. 387).
  • Aparece o Diccionario Xerais da Lingua, coordinado por Gonzalo Navaza e Xosé Lastra.
  • O Concello de Lugo edita Os escritores lucenses arredor de Fole.
  • Xela Arias traduce ao galego O gato malhado e a andoriña señá de Jorge Amado e Amor de perdiçao de Camilo Castelo Branco. Recibe por este labor o Premio da Sociedade de Lingua Portuguesa de Lisboa.
    Xela Arias
    En marzo de 1985, Xela Aias escríbelle a Jorge Amado unha carta para contarlle o moito que lle gustou a súa obra, e que lle gustaría moito que se poidese editar na editorial na que traballa (Xerais).
  • Ramón Lorenzo e Úrsula Heinze verquen ao galego A pantasma do castelo de Mira Lobe e O dragón novo de Elisabet Heck.
  • O ILG edita Galego coloquial. Novo método para a aprendizaxe do galego e Edigal galego. Primeiro método audiovisual para aprendizaxe da lingua galega.
  • Alfonso Pereyra: Galicia, cuna de la Biblia.
  • Ánxel Fole : Cuentos para leer en invierno (tradución ao castelán dos seus relatos, a cargo de Juan Soto).
  • Baldomero Cores Trasmonte: Las polémicas de Bóveda en la gestación del Estatuto de Autonomía.
  • Benito Varela Jácome: Tensiones españolas en la "Consagración de la primavera".
  • Carlos Fernández Santander: La persecución de Castelao durante el franquismo e Los laureados gallegos del siglo XX.
  • Clodio González Pérez: Castelao: caricaturas e autocaricaturas (Vigo).
  • E. Witte e H. Baeteus Beardsmore: Estudio interdisciplinario do bilingüismo urbano en Bruxelas (“Grial” nº 101).
  • Gonzalo Torrente Malvido: Teorema del mal e Cuentos recuperados de la papelera.
  • Isaac Alonso Estravís publica en tres tomos o Diccionario da lingua galega, na editorial Alhema.
  • José Antonio Pet Posse: La taberna de Bergantiños.
  • José Barreiro Somoza: La Galicia antigua y feudal (Barcelona).
  • José de Cora Paradela: Cien pájaros en mano.
  • José Landeira Yrago: Federico García Lorca y Galicia (Ediciós do Castro. “Grial” nº 94, páx. 513).
  • José Manuel García Iglesias: La pintura manierista en Galicia (A Coruña).
  • Julio Calviño Iglesias: Teoría del fracaso.
  • Luciano Rodríguez Gómez: Desde a palabra, doce voces. Nova poesía galega.
  • Marina Mayoral: Rosalía de Castro (Madrid).
  • Mercedes Ruibal: Y mi voz es tu nombre (poemas).
  • Michael Byram: Educación minoritaria e supervivencia étnica (“Grial” nº 101).
  • Rosendo Díaz Peterson: Cartas del Medio Oeste.
  • Stacy Churchill: A educación das minorías lingüísticas e culturais nos países da OCDE (“Grial” nº 101).
  • Xavier Costa Clavell: Castelao: entre la realidad y el mito.
  • Xosé Carlos Bermejo Barrera: O final da Historia: Ensaio de Historia Teórica.
  • Xulián Maure Rivas: Galicia sen libros. Informe sobre o libro galego (Consello da Cultura Galega).

Acontecementos

  • III Congreso de Galeuzca (Baiona).
  • O ILG organiza en Compostela o “Coloquio de Lexicografía”.
  • Constitúese en Santiago a Mesa pola Normalización Lingüística (MNL).
  • Fúndase o Clube Nacionalista “Alén Nós”| ]], sendo Luciano García Alén presidente, e Perfecto Yebra secretario. Faise a presentación en novembro coa conferencia “Un nacionalismo para o ano 2000” pronunciada por Xosé Ramón Barreiro Fernández.
  • Aparece en Laracha “Xuntanza Editorial”.
  • Constitúese na Terra Navia-Eo, o “Grupo Eilao pro-defensa da Nosa Lingua” que se autodisolverá dous anos máis tarde.
  • A AELG organiza un ciclo de recitais poéticos e conferencias baixo o lema “Palabra viva de Galiza”.
  • Entrégaselle a medalla Castelao a Xoán Rof Carballo, a Ramiro Isla Couto, a Xosé Ramón Fernández-Oxea, a Enrique Vidal Abascal e a Euloxio Gómez Franqueira. No seu discurso, o 28 de xuño, Rof Carballo di o seguinte: “A noite pasada tiven un gran soño... Ó despertar decateime dunha cousa moi sinxela. Que esta medalla que nos concededes é algo moito máis importante que unha honra. É unha especie de comunión. Como si a alma de Castelao, que tamén é o seu corpo, e desta forma todo elo é o corpo e a alma de Galicia, como si Galicia convertida por uns intres en materia chea de espírito ou en espírito transformado en materia -¿que máis ten?- viñera a se pousar sobre os nosos corazóns, sobre o noso peito.”
  • Comeza en Radio Cornellá o programa semanal en galego “Sempre en Galicia”.
  • Dimisión en outubro de Xosé Luís Barreiro (vicepresidente) e de catro conselleiros do goberno de Fernández Albor que pedían a saída do propio Albor da presidencia da Xunta.
    Uxía + Narf
  • En marzo 5º Congreso da UPG (Santiago).
  • O 20 de decembro créase en Santiago a “Plataforma para a Defensa do Sector Leiteiro da Galiza” na que se integran case a totalidade das organizacións agrarias e gandeiras galegas co apoio de todos os partidos políticos agás o PSOE.
  • Álvaro Pino gañador da Volta a España.
  • Emilio Cao: Amiga, Alba e Delgada.
  • Nace o grupo folk “ Luar na Lubre ”.
  • Uxía : Foliada de marzo.
  • Chano Piñeiro realiza Esperanza.

Premios

  • Premios da Crítica Galicia:

- Creación literaria: Manuel Vilanova por A lenda das árbores de prata (Edicións Nós).


- Ensaio e Pensamento: Andrés Torres Queiruga por A revelación de Deus na realización do home (Galaxia).


- Investigación: Ramón Lorenzo pola edición de Crónica Troiana (Fundación Barrié).


- Ciencias e artes da representación: Compañía Luís Seoane.


- Música: Grupo Universitario de Cámara de Compostela.


- Iniciativas culturais: Cantareliña.

  • VI Premio Esquío de Poesía: Luminoso lugar de abatimento de Xosé Mª Álvarez Cáccamo e Caravanserai de Mª del Carmen Pallarés (castelán).
  • Premio Xerais: No ano do cometa de Xoán Bernárdez Vilar.
  • Premio Blanco Amor: A canción do Vagamundo de Lois Diéguez.
  • Premio da Crítica de narrativa galega: Antón Risco por Memorias dun emigrante.
  • Premio da Crítica de poesía galega: Xosé María Álvarez Cáccamo por Os documentos da sombra.
  • Premio Merlín de lit. infantil e xuvenil: A casa abandonada de Úrsula Heinze.
  • Premio Modesto R. Figueirido de narracións breves: O xardín despois da chuvia de Antón Castro.
  • Premio O Facho de relatos infantís: Ornia de Antón Castro. O 2º premio é para Alfonso Álvarez Cáccamo por A sopa de pedra.
  • Premio de teatro breve da Escola Dramática Galega: Paixón de Antía de Antón Castro.
  • Premio Barco de Vapor: Aventuras de sol de Alberto Avendaño.
  • Premio Antón Losada Diéguez de Creación Literaria: Luís González Tosar, A caneiro cheo.
  • Xesús Ferro Ruibal gaña o Premio Galicia de Xornalismo.
  • Premio Trasalba: Valentín Paz-Andrade.
  • Das cousas de Ramón Lamote (1985), de Paco Martín, Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil.
  • O galeguista Cesáreo Saco López recibe o Pedrón de Ouro para simbolizar en el “o reconocemento a unha caste de galeguistas – moitos deles asesinados hai agora 50 anos baixo a represión franquista-, descoñecidos e inxustamente ignorados ó non seren escritores, artistas ou políticos”. O Pedrón de Honra foille entregado a Neira Vilas, sendo recollido o galardón polo seu amigo o médico Manuel Reimóndez Portela. Con data de 11 de maio escríbelle Avilés de Taramancos a Neira Vilas: “(…) Acabo de vir de Padrón de asistir ao acto do Pedrón de Ouro, que mellor que ninguén mereces, e que merece o vello Saco na mesma medida, pola vosa entrega total á patria (…) Na outra banda, e a mesma hora, facía o Cela un autohomenaxe, con toda a parafernalia de Conselleiros e presidente da Xunta, bandas de música e foguetes, inauguración da súa propia estatua e discursos en español disque defendendo a verdadeira esencia de Galiza” (Xosé Neira Vilas Cartas de vellos amigos. Galaxia).
  • Xaime Isla Couto recibe o “Memorial Joan XXIII”, instituído polo Institut “Victor Seix” de Palemoloxía. “pola súa estensa e profunda acción de defensa dos dereitos humanos, especialmente vencellada á sociedade galega; e por ser creador, cunha mentalidade cristiana anovadora, de diversas iniciativas culturais, políticas e económicas” (Grial nº 94. Páx. 518).
  • Alfredo Conde gaña o Premio Nacional de Literatura con Xa vai o Grifón no vento.

Mail-client-Breeze-Icon.svgEpistolario

Xela Arias traduce ao galego a obra de Jorge Amado O gato Malhado e a andorinha Sinhá. En marzo de 1985 escríbelle a Jorge Amado:

“[...] Escríbolle con motivo de vir de ler (tal vez con demasiado retraso, quizá eu son demasiado nova e aínda é moito o que me queda por atopar) o seu exquisito libro O GATO MALHADO E A ANDORINHA SINHÁ, que coa súa delicadeza me causou fonda impresión e me produciu o anceio de poñelo ó alcance de nenos (e non tanto) desta minha terra, traducíndoo ó galego. Como ve a carta que lle envío vai sen membrete da editorial, e é que é unha carta particular, pois que propuxen alí a traducción e publicación deste seu libro para unha colección que aquí facemos de literatura “xuvenil” e (son só unha secretaria) contestáronme que era imposible por estar baixo dereitos. Sendo este un país pequeno, con moi poucos lectores no propio idioma (a grande maioría dos poucos que len aínda o fan en castelán moitas das veces quizás pola falla de oferta), as tiradas son moi cortas e esto obriga a enche-la devandita colección de títulos de autores mortos hai máis de 80 anos, é dicir , fóra de dereitos, cortándono-las lecturas de autores contemporáneos na nosa lingua. Como queira que a pesar deste desalento estou moi interesada na publicación do seu libro, aí vai a petición: agradeceríalle inmenso se me puidese dicir cales son as condicións que vostede poñería para que a traducción puidera ser un feito. A minha intención é transmitir na editorial o que Vd. me diga e ver de apañarme para chegar a un acordo. [...] (Montse Pena Presas: "A correspondencia entre Xela Arias e Jorge Amado". Revista "Grial" nº 231, páx. 84. 2021).

O 27 de marzo de 1985 respóndelle Jorge Amado: Muito obrigado por sua carta de 15 deste que venho de receber. Seu interese em traduzir para a bela lingua Galega a pequena fábula de "O Gato Malhado e a Andorinha Sinhá" tocou-me muito. Acontece que a gerência de meus direitos para a Espanha esta entregue a Agência Literaria Carmem Balcells (Diagonal 580 / 08021 Barcelona). Voce pode dirigir-se à citada agência à qual estou escrevendo solicitando que, caso uma editora de Galicia se interesse em publicar sua tradução, a agência cobre um direito apenas simbolico [...]. (Montse Pena Presas: "A correspondencia entre Xela Arias e Jorge Amado" Revista "Grial" nº 231, páx. 88. 2021).

Novamente Xela Arias escríbelle con data de 7/05/1985: [...] e vostede, tan amablemente, contestoume unha carta que me deu unha satisfacción tal que case choro. É certo. Agradecidísima. En Edicións Xerais, esta editorial na que traballo, todos tamén agradeceron a súa abondosa amabilidade [...]. vou empezar a face-la traducción de O Gato Malhado... pois que pedín que ma deixaran facer a min, aínda que logo sexa revisada por un especialista, para andar segura de que leva todo o amor que me merece. (Montse Pena Presas: "A correspondencia entre Xela Arias e Jorge Amado". Revista "Grial" nº 231, páx. 89. 2021).

O 15 de maio de 1985 a axencia de Carmen Balcells remite unha carta a Xela Arias: Jorge Amado nos ha remitido su amable carta pidiendo auorización para publicar esta obra en traducción a la lengua gallega por Edicións Xerais. El autor está encantado con la idea. Le ruego decirnos qué número de ejemplares imprimirían, si lo publicarían con las mismas ilustraciones de Caribé y a que precio de venta, estimativo, piensan venderlo. Como derechos podemos basarlos en un royalty del 6 (seis por ciento) sobre el precio de venta al público pagando una parte a la firma del contrato. [...] (Montse Pena Presas: "A correspondencia entre Xela Arias e Jorge Amado". Revista "Grial" nº 231, páx. 90. 2021).

O 28/11/85 Jorge Amado contésta a unha carta de Xela Arias que non se conserva: Respondo e agradeço sua carta de 7 de novembro. Recebí a tradução de "O Gato Malhado" e pedi a um amigo galego que o lesse. Do que eu li, gostei moito. Muito obrigado por seu trabalho. Enviei ontem, assinadas, para a Agência Carmen Balcells, as cópias do contrato para a edição galega. Espero que a editora receba logo. (Montse Pena Presas: "A correspondencia entre Xela Arias e Jorge Amado". Revista "Grial" nº 231, páx. 91. 2021)

Sumarios


GRIAL Nº 91

Pilar López Rodríguez: A cuestión foral na primeira República. Klaus Bochmann: Problemas da “normalización” da lingua galega (Trad. de Xosé A. Palacio).

Castelao, 1886-1986. Román Raña Lama: Fernando Pessoa: O amor ás máscaras. Siro: Sobre os antecedentes artísticos da caricatura e o dibuxo de Humor. Antón Baamonde: Natureza, nacionalismo, esperanza (e unhos apuntes sobre D. Ramón). Nina Epton: Peregrinaxe á montaña (Trad. de A. e F. Fernández del Riego). Xosé Fernández Ferreiro: Historias do lobo. Santiago González Avión: Para entregar en man a Teófilo. Lois Vázquez: Vive e vibra na túa morte, Piere Enmanuel, meu poeta. Xoaquín Agulla Pizcueta: Escolma de No devalar as horas. Manuel Rodríguez Alonso: Dez anos de lingüística galega. Xesús González Gómez: La Dame du Carreau. Joseph M. Piel: Sobre a imprevisivel origem do topónimo “Servoy”. D.Prieto Alonso: Fonoloxía e morfoloxía das formas dialectais en “-as” e “-ans”.

Carmen García R. : Nota sobre os comezos literarios de Rafael Dieste. Álvaro Cunqueiro: Aquilino Iglesia Alvariño.


GRIAL Nº 92


Catherine Davies: O “Camiño blanco” de Rosalía: O camiño de Deus. (Trad. de Luís González Tosar). Carmen Blanco: O antisufraxismo e a condición feminina en “A muller galega” de Francisca Herrera Garrido. Ramiro Fonte: Arredor da lírica de Luís Pimentel. Xesús Giráldez: O movemento obreiro en Vigo na primeira guerra mundial (1914-1917).Teresa M. Vilarós: Espacio físico e espacio teórico en “Memorias de Tains”. M. C. Díaz y Díaz: Unhas traduccións inéditas de Aquilino Iglesia Alvariño. James Joyce: Música de cámara. (Trad. de Alfredo Conde). Xesús Pisón: Cinco pequenos poemas. Manuel Vidal Villaverde: O calexón: O tempo e as músicas. Salvador Lorenzana: Sobre o epistolario de Otero Pedrayo. Nicandro Ares: Gondarén, Ligonde e Meigonte: Notas histórico-etimolóxicas.

In Memoriam. Celestino Fernández de la Vega. Efrén Vázquez Vázquez: Día das Letras Galegas – 86. Aquilino Iglesia Alvariño. Xosé Feixó: Análise estructural de “Adiós, María”.

Ánxel Fole na lembranza.


GRIAL Nº 93

Xosé Manuel García de la Torre: As fontes do léxico de Valle-Inclán. Xosé Antonio Doval Liz: O teatro e a “outra escena” en Cunqueiro. M. Ríos Panisse: “De rerum natura” de Lucrecio e “Lanza de Soledá” de Aquilino.

Anxo Tarrío Varela: “Breixo”, “Noa”, “Griffón”, un ciclo na narrativa de Alfredo Conde. Úrsula Esser: O galego, lingua en elaboración. Manuel Catoira: 3 poemas de Barlovento. Xosé A. López Dobao: Ausencia do mar. Dictinio de Castillo-Elejabeytia: Espello das brétemas. Rafael Chacón: Os primeiros textos en prosa. Tres novos textos. Joseph M. Piel: Um verbo galego de difícil interpretação etimológica: “Apouvigar”. Manuel Ignacio Castro Mera: Recursos humorísticos en “Os dous de sempre”. Discurso de J. Carballo Rof en Lugo.



GRIAL Nº 94

Vicente Almazán: De Santa Silvia a Egeria: en busca da primeira escritora galega. Manuel Rodríguez Alonso: A obra literaria de Florentino L. Cuevillas no centenario do seu nacemento. Estelle Irizarry: O simbolismo desacougante de Tomás Barros: “O home que gabeou ó cume”. Anselmo López Carreira: Ourense na crise do século XIV. Alberto Moreiras: Ruptura da referencia e prática política en “Morrer en Laura”. Luís González Tosar: Seis cánticos labrados co recordo de seis cidades mouras. X. Amancio Liñares Giraut: Lucideira luz de ningures.

Claudio Rodríguez Fer: A propósito das adiviñas. Eusebio Lorenzo: Para un estudo estilístico de “Herba aquí e acolá”. A comparación. Nicandro Ares: “Vivro Reviliaeco”, teónimo lucense. Mª Xosé Costa Alcalde: A presencia de don Armando Cotarelo no galeguismo cultural e político. Pablo Rei Fernández: Sobre un novo poeta: notas para un achegamento. Vicente Risco: Da renacencia galega. J. M. García Ladrón de Guevara: A casa rural no Condado.

Flag CPLP.gif Cataluña Flag of Spain Outras culturas

Nobel


PREMIO NOBEL DE LITERATURA: Wole Soyinka


Flag CPLP.gif CPLP - Comunidade dos Países de Lingua Portuguesa

Nacen:

  • Tatiana Faia (Lisboa).




Morren:

  • Alexandre O’Neill (Alexandre Manuel Vahía de Castro O’Neill) (Lisboa; ibidem 1924).
  • Joaquim Namorado (1914 Alter do Chão).
  • Ruy Cinatti (Lisboa; 1915 Londres).







Na editorial Assirio & Alvim (Lisboa) edítase o libroCorrespondência entre Miguel de Unamuno e Teixeira de Pascoaes.

Adília Lopes:O poeta de Pondichéry.


Afonso Ribeiro (Mozambique):A árvore e os frutos.


Albano Martins:Sob os limos(poesia).


Alberto Pimenta:Metamorfoses do vídeo.


Alexandre Cabral:Subsídio para uma interpretação da novelística camiliana.


Alexandre O’Neill:O princípio de utopia o princípio de realidade.


Alexandre Pinheiro Torres:Tubarões e peixe miúdo.


Amadeu Baptista:Maçã.


António Henrique Rodrigo de Oliveira Marques:Dicionário da Maçonaria portuguesa.


António Modesto Navarro:Morte no Douro.


António Quadros:Facto-fado.


António Ramos Rosa:Volante verde;Vinte poemas para Albano MartinseClareiras.


Armando Artur (Mozambique):Espelho dos dias.


Armindo Rodrigues:Um poeta recorda-se. Memórias de uma vida.


Arnaldo Antunes (Brasil):Psia.


Arnaldo Saraiva:O Modernismo brasileiro e o Modernismo português.


Baltasar Lopes (Cabo Verde):Cântico da manhã futura(Co pseudónimo de Osvaldo Alcântara).


Carlos Drummond de Andrade (Brasil):Tempo vida poesia.


Clarinda de Azevedo Maia:História do Galego-Português(Instituto Nacional de Investigaçao Científica. Coimbra. “Grial” nº 99, páx. 112).


Corsino Fortes (Cabo Verde):Árvore & Tambor.


David Mourão-Ferreira:Um Amor Feliz(No 1991 aparece en castelán en Espasa-Calpe).


Eduardo Lourenço:Fernando Rei da Nossa Baviera.


Eugénio de Andrade:Aquela Nuvem e Outras(lit. Infantil).


Fernando Campos:A casa do pó.


Fiama Hasse:F de fiama.


Filomena Cabral:Um homem de sonho(narrativa).


Frederico Gustavo dos Anjos (São Tomé):Solilóquio.


Inês Lourenço:Retinografias(poesía).


João Aguiar:O homem sem nome.


João Bigotte Chorão:O escritor na cidade.


João Melo (Angola):Fabulema.


José Agostinho Baptista:Auto-retrato.


José Bento:O enterro do senhor de Orgaz.


José Blanc de Portugal:Descompasso.


José Carlos González:Idos e calendas.


José Hermano Saraiva:O tempo e a alma.


José Manuel Mendes:Depois do olhar.


José Martins Garcia:Temporal(poesía).


José Saramago:A jangada de Pedra. “En cierta forma La balsa de piedra es la novela imposible y es una novela escrita al revés. Es así como yo quise que fuera. Claro que lo podría haber hecho al revés, repito, crear situaciones que poco a poco fuesen conduciendo hasta la rotura que sería, por decirlo así, el punto alto de la narrativa. Aquí no, a partir de la primera página ya lo sabe todo y entonces puede cerrar el libro si quiere y construir su propia novela porque la idea fuerte ya la tiene” (Entrevista a José Saramago publicada en Sobre el iberismo y otros escritos de literatura portuguesa de César Antonio Molina. Edit. Akal Madrid 1990).


Judite Jorge:Setembro e outras estações(poesía).


Luandino Vieira (Angola):História da baciazinha de Quitaba(conto).


Luís Veiga Leitão:Livro da paixão. Para ler e contar.


Luiz Pacheco:O caso das criancinhas desaparecidas.


M. Correia Fernandes:Literatura portuguesa em Espanha. Ensaio de uma bibliografia (1890-1985)


Manuel António Pina:Os piratas.


Marina Colasanti:O verde brilha no poçoeContos de amor rasgado.


Mário Dionísio:Monólogo a Duas Vozes(conto).


Mário Fonseca (Cabo Verde):Mon Pays est une musique.


Mário Zambujal:À noite logo se vê.


Maria de Lourdes Belchior:Gramática do mundo(poesía).


Maria Ondina Braga:Lua de Sangue(conto).


Mário Cláudio:Guilhermina (romance).


Mário de Carvalho:A Paixão do Conde de Fróis(romance).


Olga Gonçalves:Sara.


Orlando Ribeiro:Iniciação em Geografia Humana.


Óscar Lopes:Os sinais e os sentidos. Literatura Portuguesa do século XX.


Paulo Coelho:Manual prático do vampirismo.


Pedro Alvim:Os jogadores de xadrez.


Pedro Barbosa:Máquinas pensantes –aforismos gerados por computador.


Reynaldo Valinho Álvarez (Brasil):O grande guru.


Rubem Fonseca (Brasil):Bufo & Spallanzani.


Thiago de Mello (Brasil):Num campo de margaridas.


Urbano Tavares:Vaga de Calor(romance).


Wanda Ramos:Poemas com sentidos.








Cataluña


Nacen:

Morren:

  • Antoni Bergós i Massó (Barcelona; 1899 Lleida).
  • Joan Oliver i Sallarès “Pere Quart” (Barcelona; 1899 Sabadell).
  • Rosa Leveroni i Valls (Cadaqués; 1910 Barcelona).


PREMI VÍCTOR CATALÀ: Jordi Condal por Els germans Pinçons.


PREMI D’HONOR DE LES LLETRES CATALANES: Pere Calders i Rossinyol.


PREMI JOSEP PLA: Maria Mercè Roca: El present que m’acull.


PREMI RAMON LLULL DE NOVELA: Olga Xirinacs Díaz: Zona marítima.


Albert Manent: El moli de l’ombra.


Alfred Bosch i Pascual: Cronicàlia.


Àngel Terron: Ternari (poesía).


Baltasar Porcel: Les primaveres i les tardors (narrativa).


Feliu Formosa i Torres: Semblança (poesía).


Gabriel Galmés: Parfait amour.


Gerard Bergés: Long play per a una ànima trista (poesía).


Ignasi Riera i Gassiot: Pàries, sindicalistes, demagogs e Esposa al forn amb cebes (novela).


Isidre Grau: Els colors de l’aigua.


Joan Colomines i Puig: Crònica Bis e Autoretrat. Obra poética (1962-1986).


Joan Margarit: Mar d´hivern (poesía).


Joan Navarro Tercero: La paüra dels crancs (poesía).


Joan Perucho: La guerra de la Cotxinxina (narrativa); Roses, diables i somriures (narrativa) e Els miralls (poesía).


Jordi Nadal: Catalunya, la fábrica d’Espanya.


Jordi Pere Cerdà: Quatre dones i el sol (Teatro).


Josep Franco: L’últim roder.


Josep Palau i Fabre: Avui Romeo i Julieta. El porter i el penalty (teatro).


Lluís Alpera: Tempesta d’argent.


Mercè Rodoreda (1908-1983): La mort i la primavera.


Maria Barbal: La mort de Teresa.


Maria Mercè Roca: Ben estret e Sort que hi ha l’ horitzó.


Marià Villangómez Llobet: Obres completes: Poesia e El palau de la natura.


Miquel de Palol: Indiferència (poesía).


Olga Xirinacs Díaz: Zona marítima (prosa) e Marina (Lit. Inf. e Xuv.).


Pau Faner i Coll: AEIOU; Flor de sal e Viatge de nit.


Pere Calders: Gaeli i l‘home deu. Este ano recibe o Premio de Honor das Letras Catalanas.


Robert Saladrigas: Memorial de Claudi M. Broch.


Salvador Oliva i Llinàs: El somriure del tigre.


Sebastiá Sorribas i Roig: La vall del paradís.


Sergi Pàmies: T’hauria de caure la cara de vergonya.


Terenci Moix: No digas que fue un sueño (Premio Planeta).


Tomàs Garcés: Poesía completa (1922-1985).


Valentí Puig: Complot.


Valerià Pujol i Bosch: La xarxa del Númida (poesía).


Viçenc Villatoro: Els anys a ciutat.


Vicent Andrés Estellés: La lluna de colors.




Flag of Spain

Nacen:



Morren:

  • Daniel Sueiro Rodríguez (Madrid; 1931 Ribasar, Rois-A Coruña).






PREMIO CERVANTES: Antonio Buero Vallejo (España).

PREMIO NACIONAL DE NARRATIVA: ALFREDO CONDE Xa vai o griffón no vento.


PREMIO NACIONAL DE POESÍA: Non se outorgou.


PREMIO NACIONAL DE ENSAIO: Non se outorgou.


PREMIO NACIONAL DE LITERATURA INFANTIL Y JUVENIL: PACO MARTÍN Das cousas de Ramón Lamote.


Andrés Ruiz: Memorias de aquella guerra.


Antonio Muñoz Molina: Beatus ille (narrativa).


Blanca Andreu: Báculo de papel.


Camilo José Cela: Nuevo viaje a la Alcarria.


Carlos Barral: Lecciones de cosas. Veinte poemas para el nieto Malcolm.


César Antonio Molina: Los cuatro continentes (Huelva) e Gobierno de un jardín (Cuenca).


Eduardo Mendoza: La ciudad de los prodigios.


Eduardo Punset: La España impertinente.


Félix de Azúa: Historia de un idiota contada por él mismo.


Francisco Brines: El otoño de las rosas.


Gonzalo Hidalgo Bayal: Certidumbre de invierno.


Javier Marías: El hombre sentimental.


Jesús Ferrero: Opium (novela) e Río amarillo (poesía).


Jorge Semprún: La montagne blanche.


José Alejandro Gándara: Punto de fuga.


Josefina Aldecoa: Porque éramos jóvenes.


Juan Bernier: Los muertos.


Juan Farias: El niño que vino con el viento.


Laura Restrepo: Historia de un entusiasmo.


Luis Antonio de Villena: La tentación de Ícaro e En el invierno romano.


Luis Leante: El último viaje de Efraín.


Luis Mateo Díez: La fuente de la edad (Premio Nacional de Literatura e Premio da Crítica 1987).


Luísa Castro Legazpi: Los versos del eunuco (Premio de Poesía Hiperión).


Manuel Seco Reymundo: Diccionario de dudas y dificultades de la lengua española.


Manuel Vicent: Balada de Caín.


Martín de Riquer: Heráldica castellana en tiempos de los Reyes Católicos.


Rafael Argullol: El asalto del cielo.


Rafael Sánchez Ferlosio: El ejército nacional; La homilía del ratón; Mientras no cambien los dioses, nada ha cambiado; El testimonio de Yarzof e Campo de Marte.


Soledad Puértolas: Burdeos.


Victoriano Crémer: Los trenes no dejan huella. Historia secreta de una ciudad.









Máis culturas:


Nacen:


Morren:.

  • Jorge Luis Borges (Xenebra; 1899 Buenos Aires).
  • Juan Rulfo (1917 México).
    Firma rulfo.jpg


  • Bernard Malamaud (1914 New York).
  • Ding Ling (Pekín; 1986 China).
  • Elizabeth Smart (Londres; 1913 Ottawa).
  • Jaroslav Seifert (1901 Checoslovaquia).
  • Jean Cassou (París; 1897 Deusto). No 1944 chega a Buenos Aires a noticia de que fora fusilado polos alemáns. Os intelectuais españois refuxiados en Buenos Aires asinan un “Homenaje a Jean Cassou”. Entre eles estaban os galegos Rafael Dieste, Xosé Otero Espasandín, Arturo Cuadrado, Lorenzo Varela e Luís Seoane, que tal vez fose o autor do texto, publicado o 1 de outubro na revista que el dirixía: “Correo Literario”: “A unos y a otros, al pueblo francés y al pueblo español, el fascismo acaba de arrancar una vida valiente y valiosa. A franceses y españoles el fascismo acaba de fusilarnos uno más. Pero no podrán fusilarnos sus palabras que nunca mejor que en este caso son verdaderas palabras de honor” (“A primeira morte de Jean Cassou”. Xesús Alonso Montero. “La Voz de Galicia” 25 de setembro do 2004).
  • Jean Genet (París; idem 1910).
  • Mircea Eliade (1907 Rumanía).
  • Simone de Beauvoir (París; ibídem 1908).


Alfredo Bryce Echenique: Magdalena peruana y otros cuentos.

María Rosa Lojo: Marginales.



Álvaro Mutis Jaramillo: La nieve del almirante.


Clara Isabel Alegría Vides: Despierta mi bien, despierta (novela curta).


Claudio Magrís: Danubio.


Eduardo Galeano: La encrucijada de la biodiversidad colombiana e El descubrimiento de América que todavía no fue y otros escritos.


Emilio Carballido: Rosa de dos aromas (teatro).


Fernando Butazzoni: El tigre y la nieve.


Fernando del Paso: Noticias del Imperio.


Fernando Lamberg: Hasta siempre, Valparaíso.


García Márquez: El amor en tiempos del Cólera.


Gonzalo Rojas Pizarro: El alumbrado.


Mario Vargas Llosa: ¿Quién mató a Palomino Molero?. No congreso do Pen-Club de New York, Mario Vargas Llosa cualifica a García Márquez de “cortesán” de Fidel Castro.





Alice Munro: The progress of love.


Amin Maalouf: Léon l’Africain.


Amos Oz: As voces de Israel.


André Kaminski: O ano que vén en Xerusalén.


Gordon Lish: Perú.


Herta Müller: O home é un grande faisán no mundo (Traducido ao galego no 2001 por Franck Meyer na Editorial Galaxia).


J.M. Coetzee: Foe.


James Ellroy: Killer on the road.


Jean Echenoz: L’Équipée malaise.


John Fante: West of Rome.


Ken Follet: Lie Down with Lions.


Lionel Shriver: The female of the specie.


Marguerite Duras: Les yeux bleus, cheveux noirs.


Marta Morazzoni: La ragazza col turbante (Longanesi. Grial nº 101).


Martin Walser: As bofetadas.


Michael Ende: A feira dos soños.


Nedim Gürsel: La première femme (Editions du Seuil. Grial nº 101).

Noah Gordon: The Physician.


Norman Manea: O sobre negro.


Paul Preston: El triunfo de la democracia en España.


Paul Theroux: O-Zone.


Philip Roth: The Counterlife.


Philippe Sollers: Paradis 2.


Primo Levi: I sommersi e i salvati.


Raymond Carver: Ultramarine (poesía).


Richard Ford: The Sportswriter.


Ted Hughes: The iron man.


Terry Pratchett: The light fantastic.


Thomas Bernhard: Extinción.


Vikram Seth: The Golden gate.


Wislawa Szymborska: Xente na ponte.


Tamén sucedeu...

  • España decide en referendo seguir formando parte da OTAN. O PSOE modifica a súa postura de 1982 e agora apoia a entrada. (12 de marzo).
  • O 22 de xuño o PSOE gaña as eleccións por maioría absoluta.
  • O ex lehendakari Carlos Garaicoechea funda Eusko Alkartasuna.
  • Dimite Manuel Fraga como presidente de Alianza Popular.
  • Volkswagen compra o 51% de SEAT.
  • Barcelona elixida sede dos Xogos Olímpicos de 1992.
  • Estoupa ao pouco de despegar o transbordador “Challenger”, morrendo os sete tripulantes.
  • EE UU ataca Libia.
  • Accidente nuclear de Chernobyl. Miles de persoas foron evacuadas.
  • Morren:

- O alcalde de Madrid Enrique Tierno Galván.

- Asasinado Olof Palme, Primeiro Ministro sueco.

- O escultor Henry Moore (Much Hadham; 1898 Castleford).