1983

De Xulipedia
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Flag of Galicia (civil).svg Cultura galega

Día das Letras Galegas

Nacementos/Pasamentos

Child in diaper icon Nacementos
Literatura
Alejandro Tobar Salazar (Lugo).
María Álvarez Martínez (Vigo).
Patricia Casas Vázquez (A Coruña).
Xabier Xil Xardón (Morgade, Xinzo de Limia).
Xiana Arias (A Fonsagrada).
Outros
O deportista Xavier Gómez Noia (Basilea, Suíza).
A flautista Julia Estévez (Vigo).
Skull.png
Pasamentos
Literatura
Xosé Manuel López Nogueira (1932 Ferrol). Colaborador de Grial.
Xosé María Castroviejo (Tirán, Moaña; 1909 Santiago).
Outros
O doutor en Filosofía e Letras Abelardo Moralejo Laso (Santiago; 1898 Zamora).
O escritor Lino Novás Calvo (New York; 1905 As Grañas do Sor, A Coruña).
O escritor Gabino Díaz de Herrera (1906 O Barco).
O pintor, gravador e escultor Luis Gómez Pacios (Lugo; ibídem 1925).
O escultor Mon Vasco (A Coruña; ibídem 1951).
A fotógrafa Ruth Matilda Anderson (New York; 1893 Nebraska).
Camilo Agrasar Vidal, barbeiro de profesión, que se interesou pola historia de Padrón e pola figura de Rosalía de Castro (Padrón; ibídem 1907).
O músico Bernardo Freire López (1894 Cedeira).
O xornalista Luis Caparrós Muñoz (A Coruña; 1923 Sevilla).

Publicacións

Galegas

Relativas a Galicia

  • O grupo Rompente publica A dama que fala.
  • A Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago publica o volume Homenaxe a Álvaro Cunqueiro.
  • A Sociedade Cultural “Medulio” publica un caderno de Homenaxe a Carballo Calero.
  • Edicións Sálvora publica: Atlas básico de Galicia.
  • O Ateneo ferrolán dedicalle o Caderno a Lorenzo Varela, Rafael Dieste e Seoane.
  • Nace en setembro a revista “Escrita”, como órgano da Asociación de Escritores en Lingua Galega, sendo o presidente Uxío Novoneyra e a coordenadora Margarita Ledo Andión (O derradeiro número será o 6, do verán de 1985).
  • Dirixida por Antón Lamapereira, nace en Vigo a publicación en galego “Boletín de Información Teatral da Escola Dramática Galega”. No 1988 comeza unha 2ª época co nome “Boletín de Información Teatral”, pasando a chamarse no 1991 “Información teatral. Revista galega de teatro”.
  • En maio créase en Lugo a revista “Atlántico Express”, saíndo dous números. No 1985 reaparece como “Atlántico extress”, editando dous números máis.
  • O diario “Faro de Orense” edita un suplemento cultural titulado “Auria”, sendo coordinado por Marcos Valcárcel.
  • No “Faro de Vigo” aparece o suplemento “Artes e letras”, coordinado por Xosé Antonio Perozo.
  • En Vigo nace a revista mensual de humor “ Can sen dono”, fundada e dirixida por Pepe Carreiro e a partir de 1989 por X. A. Suárez (23 números ata 1991).
Can sen dono can sen dono 1983.jpg
  • En Carballo xorde o fanzine da banda deseñada “A Ameixa Cacofónica”.
  • Primeiros álbumes en galego de As aventuras de Tintín de Hergé (Edit. Juventud).
  • Revista de banda deseñada “Valium Diez” (sete números ata 1985).
  • Co gallo das Letras Galegas sae o 1º número da revista cultural e literaria realizada por mulleres “Festa da palabra silenciada” (2013), dirixida por Mª Xosé Queizán. Ata o 1998 foi elaborada integramente por mulleres.
  • En Compostela aparece a “Revista galega de pensamento feminista”, cuadrimestral, “Andaina”, dirixida por Ana Arellano.
  • En setembro, sae en Vigo, editada polo Grupo Editorial Galego, a revista mensual bilingüe “Galicia expresese” (Só saíron dous números).
  • Tamén de Vigo é “Neboeira”, subtitulada “Publicación de cultura galega” e editada polas Xuventudes do Círculo Ourensán de Vigo.
  • Sae o nº 0 da revista semestral “Galicia moda”, dirixida por Luís Carballo.
  • A Comisión Municipal de Cultura do Concello de Cangas edita o único número da revista “A Gavota”.
  • En novembro ve a luz “El orzán”, co subtítulo de “Semanario coruñés independiente” e dirixido por Carlos Luís Rodríguez.
  • A agrupación cultural Lumieira de Carballo edita “A Regueifa”, subtitulada “Revista cultural de Bergantiños”, que saca o nº 0 no mes de xuño, cesando o 8 de maio de 1992.
  • A edit. Galaxia, xunto con La Galera e Elkar crean a colección A Chalupa, nas catro linguas do Estado.
  • Sae en outubro co título de “Cornatum” (no nº 1 cambiaría por “Carnota”) o nº 0 do Boletín informativo do Concello de Carnota, que habitualmente tiña unha páxina poética cun texto manuscrito dun escritor galego.
  • Preséntase en Santiago a revista semestral “Galicia Moda”,dirixida por Luis Carballo.
  • O suplemento de “Faro de Vigo” “Artes e Letras” do 29 de xullo está dedicado a Castelao. Nel colabora Ramón Piñeiro con “Castelao e os amigos”.
  • Alfonso Gallego Vila: Poemas de autor.
  • Alfonso Sobrado Palomares: Una larga sed.
  • Amable Veiga Arias: Algunas calas en los orígenes del gallego (Galaxia).
  • Baldomero Cores Trasmonte: Los símbolos gallegos.
  • Benito Varela Jácome: Novela hispanoamericana en el siglo XIX eFunción de los modelos culturales en la novelística de Sabato.
  • Celestino Puga Lorenzo: Vivencias (Pontevedra).
  • César Antonio Molina: La estancia saqueada (Barcelona) e Obra poética de Álvaro Cunqueiro (Barcelona).
  • Dru Dougherty: Un Valle-Inclán olvidado: entrevistas y conferencias (Editorial Fundamentos. Madrid. “Grial” nº 84, páx. 245).
  • Fermín Bouza Álvarez: Procedimientos retóricos del cartel (Madrid).
  • Francisco Domínguez Romero: Herrumbre de los sueños.
  • Hipólito de Sa Bravo: Boticas monacales y la Medicina naturalista en Galicia.
  • Jorge Víctor Sueiro: Galicia, romería interminable (Madrid).
  • José Antonio Pet Posse: Portoceo.
  • José Luís Pensado Tomé e Carmen Pensado Ruiz: “Gueada y geada gallegas” (Anexo 21 da revista Verba).
  • Juan José Cebrián Franco: Religión, Iglesia y Nacionalidad en Galicia (Madrid).
  • Juan Paredes Núñez: La realidad gallega en los cuentos de Emilia Pardo Bazán (Ediciós do Castro. “Grial” nº 83, páx. 113).
  • Klaus Bochmann: En torno al problema de la normalización del gallego contemporáneo.
  • María do Carme Kruckenberg: 20 poemas rescatados del olvido y una elegía a Chuca Pereda (edición da autora).
  • María do Carme Ríos Panisse: Nomenclatura de la flora y fauna marítimas de Galicia. II. Mamíferos, aves y algas (“Verba”).
  • María del Carmen Porrúa: La Galicia decimonónica en las comedias bárbaras de Valle-Inclán (Ediciós do Castro. “Grial” nº 84, páx. 245).
  • María Dolores Vila Jato: La escultura manierista en Galicia (Santiago).
  • María Victoria Carballo-Calero Ramos: La ilustración en la revista Nós (A Coruña).
  • Marina Mayoral: Ensayo de comedia (Madrid).
  • Maruja Pino Piñeiro: Todo mi sentir.
  • Neira Vilas traduce ó galego Mitos e lendas da vella Grecia, de Anisia Miranda.
  • Pedro de Llano Cabado: Arquitectura popular en Galicia (COAG. Introdución xeográfica de Augusto Pérez Alberti. “Grial” nº 84, páx. 248).
  • Ramón Yzquierdo Perrín: La arquitectura románica en Lugo.
  • Sotelo Blanco: Una tierra a través de sus gentes.
  • Xosé Lois García: Antología de la actual poesía portuguesa.
  • Xosé Rubia Barcia: Mascarón de proa. Aportaciones al estudio de la vida y de la obra de don Ramón María del Valle Inclán y Montenegro (Sada).

Acontecementos

  • O grupo “Antroido” estrea O romance dos figos de ouro de Vidal Bolaño.
  • Estréase tamén Tres capitáns de tempos idos de Avilés de Taramancos.
  • Celébrase no “Museo Carlos Maside” de O Castro-Sada unha homenaxe a Luís Seoane. Pechou as intervencións García Sabell, quen dixo: “A súa relación con Galicia foi coloquial e de compaña itinerante. Galicia foi a súa máis honesta e máis nobre amiga...”.
  • O Parlamento Autonómico aproba a Lei de Normalización Lingüística (D. 135/1983 de 8 do 9).Varios escritores piden a demisión do Presidente da RAG Domingo García Sabell, tamén Delegado do Goberno español, por ter asumido o recurso que este presentou contra a Lei de normalización lingüística, ao non aceptar que figurase a obriga de coñecer o galego en Galicia, ao igual que a de coñecer o castelán imposta pola Constitución española.
  • Galeuzca: encontro de escritores galegos, bascos e cataláns.
  • A Asociación de Escritores en Lingua Galega propón a Fole como candidato para o Premio Nobel de Literatura.
  • Lois Pereiro únese ao colectivo poético “De Amor e Desamor”. Viaxa a Berlín en tren, pasando por Francia, Austria e Suíza.
  • Fúndase a Asociación Galega de Editores, dedicada a defender, promocionar e difundir a edición de libros en lingua galega e a representación, xestión e defensa dos intereses comúns dos seus membros.
  • Radio Popular de Vigo promove o primeiro curso de iniciación ao idioma galego para locutores, informadores, técnicos e colaboradores.
  • O escritor Ernesto Sábato manifesta o seguinte sobre o pobo galego nunhas declaracións feitas en Buenos Aires: “A lingua galega é unha das máis fermosas da latinidade. Galicia ten grandes cabezas universais, como Castelao, e unha literatura de primeiro orde internacional como a de Rosalía de Castro... Eu sempre lles digo aos mozos que me visitan, aos poetas novos, que teñen que ler indefectiblemente a Rosalía, entre outros grandes poetas... É a súa unha cultura con mitos e misterios, unha cultura con fondas raizames, aínda vivas. En Galicia, debería , mesmo, instaurarse unha literatura do grabador, baseada no feito de percorrer pobos e aldeas do interior, e grabar durante horas os decires dos máis vellos, os máis sabios, antes de que desapareza a inmensa riqueza das lendas que posúe, de mitos e incluso da lingua medieval” (“Grial” nº 82, páx. 519).
  • Inaugúrase en Ourense unha estatua de Manuel García, Buciños en honor de Otero Pedrayo.
  • Ramón Piñeiro asiste en Lisboa como invitado especial ao congreso internacional sobre “A situação actual da Língua Portuguesa no Mundo” entre o 28 de xuño e o 3 de xullo. No 1985 publicáronse as Actas do Congreso sobre a situação actual da Língua Portuguesa no Mundo, Lisboa, ICALP (vol.I) e no 1987 (vol. II).
  • Créase o Consello da Cultura Galega, sendo Ramón Piñeiro o seu primeiro presidente.
    Consello da cultura galega.jpg
  • Constitúese na Coruña a Fundación Alfredo Brañas.
  • Nace a asociación de renovación pedagóxica Nova Escola Galega.
  • Viaxe de Gabriel García Márquez a Galicia. Sobre as impresións publicou un artigo no xornal “El País” (11 de maio) titulado “Viendo llover en Galicia”:“Chovía na cidade, chovía nos campos intensos, chovía no paraíso lacustre da ría de Arousa e na ría de Vigo, e na súa ponte, chovía na praza, impávida e case irreal, de Cambados e ata na illa da Toxa, onde hai un hotel de outro mundo e outro tempo, que parece esperar a que escampe, a que cese o vento e resplandeza o sol para comezar a vivir... A cidade imponse de inmediato, completa e para sempre, como se se tivese nacido nela. Sempre acreditei, e sígo a acreditar, que non hai no mundo unha praza máis bela que a de Siena. A única que me fixo dubidar é a de Santiago de Compostela, polo seu equilibrio e o seu aire xuvenil, que non permite pensar na súa idade venerable, senón que parece construída o día anterior por alguén que tivera perdido o sentido do tempo... É unha cidade viva, chea dunha moitedume de estudantes alegres e algueirantes, que non lle dan nin unha única oportunidade de envellecer. Nas paredes intactas, a vexetación abre camiño por entre as gretas, nunha loita implacable para sobrevivir ao esquecemento e encontrámonos a cada paso coma se fose a cousa máis natural do mundo, perante o milagre das pedras floridas…”.(Grial nº 81, páx. 390). (“Notas de prensa” Mondadori 1991. “Grial” nº 82, páx. 390).
  • Entre o 28 de setembro e o 1 de outubro celébrase en Compostela un Coloquio sobre os Nacionalismos na España da Restauración, organizado polo Museo do Pobo Galego e as Facultades de Xeografía e Historia e Dereito, en homenaxe a Manuel Murguía no 150 aniversario do seu nacemento.
  • Instálase unha placa de bronce doada polo Concello da Coruña no Gran Teatro García Lorca de La Habana, para lembrar os 75 anos do Himno Nacional Galego, executado por primeira vez neste teatro, o 20 de decembro de 1907, pola banda municipal de La Habana.
  • Nas eleccións municipais o B.N.G. obtén 120 concelleiros e cinco alcaldías.
  • En decembro 4º Congreso da UPG (Santiago).
  • En marzo os traballadores de Ascón pasan a noite pechados na catedral de Santiago.
  • O 15 de abril manifestación en Vigo en defensa do sector naval.
  • No mes de outubro o Parlamento de Galicia aproba a instancias do deputado Camilo Nogueira, unha proposición non de lei pola que se insta á Xunta de Galicia a que realice as xestións necesarias para traer os restos de Castelao para o Panteón de Galegos Ilustres, en San Domingos de Bonaval.
  • O Parlamento Autonómico aproba por unanimidade a Lei de Normalización Lingüística.
  • Xocaloma: "Nos".

Premios

  • Premios da Crítica Galicia:

- Creación literaria: Víctor Fernández Freixanes por O triángulo inscrito na circunferencia (Galaxia).


- Ensaio e Pensamento: Ramón Villares por Foros, frades e fidalgos (Xerais).


- Investigación: Xosé Manuel Carballés Vázquez.


- Ciencias e Artes da Representación: Pepe Barro, deseño.


- Música: Daniel Quintas Calvo.


- Iniciativas Culturais: Instituto da Lingua Galega.

  • III Premio Esquío de Poesía: Sétima soidade de Pilar Pallarés e El fulgor y las sombras de Pedro Rodríguez Pacheco (castelán).
  • Premio Modesto R. Figueirido de narracións breves: A vida infame de Tristán Fortesende de Antón Castro.
  • Premio de teatro infantil “O Facho”: Grande invento para saír do aburrimento de Ana María Fernández e X. Babarro.
  • Premio Trasalba: Xoaquin Lorenzo Fernández.
  • Premio da Crítica de narrativa galega: Camilo Gonsar por Desfeita.
  • Premio da Crítica de poesía galega: Vítor Vaqueiro por A fraga prateada.
  • Miguel Anxo Murado gaña o Premio Café Gijón coa novela Metamorfosis benezianas.
  • Alfonso Álvarez Gándara premiado polo Faro de Vigo polo traballo periodístico “Santiago, corazón de Europa”.

Mail-client-Breeze-Icon.svgEpistolario


Xosé Neira Vilas publica Contos vellos pra rapaces novos. Ediciós do Castro. En carta a Ramón Piñeiro (29 de xullo), escribe sobre este libro: “É unha escolma de contos populares de 33 países dos cinco continentes, que puxen en galego e editará Isaac. Pensei que traguer a literatura popular doutras áreas ó noso mundo anchea a maxinación dos nosos nenos, potenciais lectores, e proxéctanos un chisco no mundo, coma un vencello, un chanzo máis”. Epistolario Ramón Piñeiro–Xosé Neira Vilas. Cadernos Ramón Piñeiro XXXII. Xunta de Galicia 2015.

No 1982, Manuel Lueiro Rey publica O sol na crista do galo (Ediciós do Castro, con limiar de Basilio Losada).O día 22 de xaneiro de 1983, escríbelle Valentín Paz Andrade: Moitas gracias por O sol na crista do Galo. Belo título! [...] Felicitote sinceiramente diante a nova aportación que ofereces, a narrativa galega, que pouco a pouco vai criandose. Non sempre, ou todo o que for desexable, con unha temática tan viva ou tan choida ao corazón galego, como a da Guerra Civil. Veño pensando o mesmo, desde hai moitos anos. O mesmo que agora no limiar, con certeira puntería, recolle Basilio Losada. Ainda se siguen facendo antre nos novelas sin fabula, sin trama, cando por desgracia na nosa sociedade hai tanta ao alcance da man.O libro ten outro merecemento: a lingua. Tanto pol-a riqueza do léxico, a sua viveza, como pol-a sintaxe. Somente os escritores fixarán –sempre relativamente- o idioma. As normativas oficiais ou académicas non cambiaran o proceso, senon atraveso da prosa, maiormente da narrativa [...] ( Manuel Lueiro Rey. Camiño aberto. Deputación de Pontevedra 2016).

Sumarios

GRIAL Nº 79


Xoán C. Verdini Deus: “Os Eoas” à luz de “Os Lusíadas”. Celso A. Cáccamo: Cara unha caracterización da diglósia galega: História e presente dunha dominación lingüística. A. Lúcio Vidal: Olaf Haraldson em Portucale: Notas a dois artigos sobre as sagas nórdicas e a Hispania. Marcial Gondar Portasany: Xogando coa morte: Unha ollada antropolóxica aos xogos e falcatruadas de velatorio na Galicia tradicional. Xosé Luís Axeitos: “Catecismo do Labrego”: Intertextualidade e parodia. Hans Christian Andersen: (Trad. Alberto Ferreira): Contos e historias. Manuel Vidal Villaverde: Preludio ou agoiro pra unha memoria íntima de Compostela. Juan Pérez Creus: Os fíos do recordo. R. Taboada Montoto: Cantiga alba a Álvaro Cunqueiro. Xesús López Témez: 6 poemas 6. Jordi Mota: O caso Wagner: Ós cen anos do seu pasamento. Nicandro Ares: Xián e Xiá: Notas histórico-etimolóxicas. Luís Martínez Risco-Daviña: A receptividade do proceso estatuario galego nas institucións sociais. Froilán López: Onomástica galega: Topónimo e apel. “Quiroga”. S. L. : Un médico poeta do norte lugués. Xesús González Gómez: “L’empire eclate”, de Hélene Carrere d’Encausse.



GRIAL Nº 80

Manuel Rodríguez Álvarez: Risco e o pensamento filosófico. Xoán Cuesta Pastor e Xosé Mª Folgar de la Calle: JEDN: José Ernesto Díaz Noriega, cineasta. Antonio Meijide Pardo: Pardo de Andrade, devanceiro do xornalismo galego. Xosé Doval Liz: As historias do “Merlín” cunqueirano. Helena Villar e Xesús Rábade: Sobre o final incógnito de Silvio Nasón Máximo, responsable da primeira lei lingüística dictada en Galingrávida. M ª Rosario Soto Arias: Farsa clásica en actos cinco. Farsa do Duque de Flamburgo. Xesús González Gómez: Baudelaire e os gatos. Xosé Pérez Vilariño: Recoñecemento social e frustración na sociedade tradicional galega. R. Carballo: Algunhas notas para lembranza de Salvador Mosteiro. Nicandro Ares: Bendia e Loentia: ¿Dous topónimos celtas?. A. Figueroa: Notas sobre a problemática da traducción poética. A propósito das “paráfrases” que Cabanillas fai de poemas de Baudelaire. María Inés Touza Rodríguez: Influencias da emigración no interés escolar infantil. Xavier Seoane: Unha posíbel leitura de “Praia das Furnas”.


GRIAL Nº 81

Manuel González González: O “Atlas lingüístico galego”, un paso adiante nos estudios da lingüística galega. M. Mandianes Castro: A seitura na rexión da Limia. Ramón Villares Paz: As relacións da Galiza con Portugal na época contemporánea. Francisco Candeira Mosquera: O funcionamento caciquil da Restauración en Ponteareas (1881-1894). Boleslaw Lesmian: Unha aventura de Sinbad o Mariño (Trad. de Manuel Díaz Martínez e Cosme Barreiros). Eusebio Lorenzo Baleirón: Dous poemas. Aquilino Iglesia Alvariño: Epístola a don Ramón. Xesús González Gómez: Tristán Corbière, poeta descoñecido. Xoán Xulio Alfaia: Vincent Van Gogh: A ferida de non-ser. R. C. C.: De Erinn a Babel. Anxo Tarrío. A semántica difuminada de Méndez Ferrín. Araceli Herrero Figueroa: Sobre “A xente da Barreira”. Breve aproximación á leitura dunha novela. Estelle Irizarry: Conciencia e arte en “Tres pezas de teatro” de Tomás Barros.


GRIAL Nº 82

Vicente Almazán: Unha pelengrinaxe aérea ao Xacobe de Galicia no século XIII. Xosé Ramón Barreiro Fernández: Impresores galegos: Ignacio Aguayo y Aldemunde (1754-1819). Celso Álvarez Cáccamo: A influencia do galego sobre o sistema verbal e no uso de certas perífrases verbais do castelán de Galiza. Catherine Davies: A importancia de “Cantares Gallegos”: Libro de tradición e inovación. Fernando Barros: O pensamento hermético em “La lámpara maravillosa” de Valle-Inclán. Italo Calvino: Un signo no espacio (Trad. Cosme Barreiros). Luis Rei Núñez: Cinco cartas ao Faro. Luis González Guitián: Os derradeiros días de Ramón de la Sagra. Froilán López: Onomástica galega. Os derivados de “Taxo”, “Taxone” e “Taxario”. Xosé Carlos Valle Pérez: A propósito da recente edición de “The Early Architectural History of the Cathedral of Santiago de Compostela”, de J. K. Conant. Joseph M. Piel: Sobre a origem de uma trindade toponímica galega: “Bergunde”, “Bergondo”, “Bragunde”. Rafael Chacón: Contribución á bibliografía de J. M. Pintos. Fermín Bouza Brey: Un poema non coleccionado de Rosalía: “Dend’as fartas orelas do Mondego”. Manuel Vidal Villaverde: Encol da vila romana e necrópolis de Currás. A. C. Auriense: Estado actual da cartografía en Galicia.

Flag CPLP.gif Cataluña Flag of Spain Outras culturas

NobelPREMIO NOBEL DE LITERATURA: William Golding

Flag CPLP.gif CPLP - Comunidade dos Países de Lingua Portuguesa

Nacen


'


Morren:

  • António de Cértima (Caramulo; 1894 Gesta, Oliveira de Bairro).
  • J. H. Santos Barros (1946 Angra do Heroísmo).
  • Maria Lamas (Évora; 1893 Torres Novas).
  • María Manuela Couto Viana (Lisboa; 1919 Viana do Castelo).
  • Saul Dias (Júlio Maria dos Reis Pereira); (1902 Vila do Conde).






José Antonio Llardent traduce ao castelán El banquero anarquista de Fernando Pessoa.


Afonso Ribeiro (Mozambique): Os comedores de fomes.


Agustina Bessa Luís: Os Meninos de Oiro.


Albano Martins: Os remos escaldantes (poesía).


Alberto Pimenta: In modo di-verso.


Alexandre O’Neill: Dezanove poemas.


Almeida Faria: Cavaleiro Andante.


Altino do Tojal: Viagem a Ver o que Dá (romance).


Álvaro Magalhães: O menino chamado Menino.


Álvaro Manuel Machado: A arte da fuga.


Américo Guerreiro de Sousa: Onde cai a sombra.


Ana Hatherly: O cisne intacto.


António Barahona da Fonseca: Sujata.


António Borges Coelho: Questionar a história.


António de Macedo: A pomba (teatro).


António Franco Alexandre: Visitação e A pequena face.


António Lobo Antunes: Fado alexandrino.


António Modesto Navarro: A morte dos anjos.


António Mota: O rapaz de Louredo.


António Ramos Rosa: Quando o inexorável e Gravitações.


Armando da Silva Carvalho: Alexandre Bissexto.


Arnaldo Antunes (Brasil): Ou E (poesía).


Arnaldo Saraiva: Incidências francesas no Modernismo português.


Artur Portela Filho: Cavaleiro de Oliveira, aventureiro do século XVIII.


Carlos Drummond de Andrade (Brasil): Caso do vestido.


Carlos Reis: O discurso ideológico do Neo-Realismo português.


Carlos Wallenstein: Corpo conflito.


Cecília Barreira: Sondagens em torno da cultura e das ideologias em Portugal.


Eduardo Mayone Dias: Coisas da Lusalândia.


Eduardo Pitta: A linguagem da desordem.


Eduardo Prado Coelho: Os Universos da Crítica.


Egito Gonçalves: Falo da vertigem.


Elsa Gonçalves e Maria Ana Ramos: A lírica galego-portuguesa (textos escolhidos).


Fátima Maldonado: Os presságios.


Faure da Rosa: Appassionata.


Fernando Guerreiro: Vento do norte.


Fernando Luís: Conspirador celeste.


Guilherme de Castilho: Correspondência de Eça de Queirós.


Helder Moura Pereira: À Luz do Mistério.


Hélia Correia: Montedemo.


Josué Pinharanda Gomes: Caminhos portugueses de Teresa de Ávila.


João de Melo: O meu mundo não é deste reino.


João Gaspar Simões: Crítica V: Críticos e ensaístas contemporâneos.


João Rui de Sousa: O fogo repartido (1960-80).


Joaquim Barradas de Carvalho: À la recherche de la specificité de la Renaissance Portugaise.


Joaquim Pessoa: O amor infinito e Paiol de pólen.


José Afonso: Textos e Canções (Lisboa).


José Agostinho Baptista: Morrer no sul.


José Carlos Ary dos Santos: 20 anos de poesia.


José Manuel Mendes: Limiar da terra.


José Marmelo e Silva: Desnudez Uivante.


Luís Filipe Lindley Cintra: Estudos de dialectologia portuguesa.


Luísa Costa Gomes: Arnhein & Desiré (conto).


Manuel Alegre: Babilónia (poesía).


Manuel António Pina: O pássaro da cabeça (poesía) e Os dois ladrões (teatro).


Manuel Rodrigues Lapa : A reintegração lingüística galego-portuguesa. Um drama que afecta a nós todos (Na revista “Nova Renacença”, Porto, outubro) e As minhas razões. Memórias de um idealista que quis endereitar o mundo (Coimbra Editora): “andava eu a preparar a miña tese de doutoramento (…) e convenci-me inteiramente de que, para nos conhecermos bem, teremos de conhecer a Galiza, onde está a nossa mais profunda raiz (…). Nesse mesmo ano de 1930, em que publiquei a tese, saía tembém dos prelos da Seara Nova um estudo meu sobre O vilancico galego nos séculos XVII e XVIII. Daí em diante nunca deixei de me ocupar da Galiza, que é para mim um vício e uma necessidade; e também um dever moral”. “Há povos que tem uma alma dilacerada e confusa: são aqueles que, pelos acasos da história, da história feita pelos grandes homens, são obrigados a falar duas e mais línguas: uma, a verdadeira, a que se mamou dos seios maternais, a outra, que é imposta oficialmente pelo conquistador. Temos aquí à porta exemplos desse formidável equívoco; um deles, a Galiza, interessa-nos particularmente, por se tratar de mais de dois milhões de bocas que falam como às escondidas o português”.


Maria Alzira Seixo: Letra da terra (poesía).


Maria Isabel Barreno: Contos Analógicos.


Maria Judite de Carvalho: Além do Quadro.


Maria Teresa Horta: Os anjos.


Maria Velho da Costa: Lúcialima.


Mário Braga: Contos escolhidos.


Mário de Carvalho: A Inaudita Guerra da Avenida Gago Coutinho (conto).


Mário Zambujal: Histórias do fim da rua.


Mia Couto: Raiz de orvalho (poesía).


Natália Correia: A Ilha de Circe e A Pécora.


Nuno Bermudes: Eu, caçador, e tu, impala e outras histórias de homens e bichos e Brasil redescoberto: Poesia atlântica.


Olga Gonçalves: Olotolilisobi e Caixa inglesa.


Orlanda Amarilis (Cabo Verde): Ilhéu dos pássaros.


Orlando Vitorino: Exaltação da filosofia derrotada.


Óscar Lopes: Antero de Quental: Vida e legado de uma utopia.


Paulo Castilho: O outro lado do espelho.


Pedro Tamen: Antologia provisória.


Raul de Carvalho: Mágico novembro.


Romeu Correia: O andarilho das sete partidas e O tritão.


Rubem Fonseca (Brasil): A grande arte.


Rui Knopfli: Memória consentida: 20 anos de poesia 1959-1979.


Sophia de Mello Breyner: Navegações (poesía).


Vergílio Ferreira: Para Sempre.


Viriato Teles: Zeca Afonso. As voltas de um andarilho.


Vítor Manuel Aguiar e Silva: A armonia e o caos. Estudos camonianos.


Waldo Motta (Brasil): Obras de arteiro.


Wanda Ramos: As incontáveis vésperas.


Yvette K. Centeno: Perto da terra (poesía) e A alquimia do amor (ensaio).






Cataluña


Nacen:

  • Maria Guasch (Begues).




Morren:

  • Joan Sales i Vallès (1912 Barcelona).
  • Mercè Rodoreda i Gurguí (Girona; 1908 Barcelona).

PREMI VÍCTOR CATALÀ: Pau Faner por Lady Valentine.

PREMI D’HONOR DE LES LLETRES CATALANES: Ramon Aramon i Serra .


PREMI JOSEP PLA: Pau Faner : Fins al cel.


PREMI RAMON LLULL DE NOVELA: Pere Gimferrer : Fortuny.


Avel.li Artís-Gener: Els gossos d’Acteó.


Ferrán Cremades: El cant de la Sibyla.


Francesc Parcerisas: L’ edat d’or (poesía).


Gabriel Janer Manila: Diumenge, després de lluna plena e La Serpentina.


Guillem Viladot i Puig: Amor físic (poesía).


Isabel Clara Simó i Monllor: Júlia.


Jaume Fuster: L’illa de les tres taronges.


Joan Brossa: Els entra-i-surts del poeta.


Joan Francesc Mira: Viatge al final del fred.


Joan Perucho: Incredulitats i devocions (narrativa); Pamela (narrativa) e Quadern d’Albinyana (poesía).


Josep Franco: Calidoscopi.


Josep Lluís Seguí: Biografia de J-L.


Josep Maria Castellet: Per un debat sobre la cultura a Catalunya.


Josep Maria Llompart: Obra poètica.


Josep Palau i Fabre: Contes despullats.


Marc Granell i Rodríguez: Exercici per a una veu.


Maria Àngels Anglada: Viola d’amore.


Maria Aurèlia Capmany: Lo color més blau.


Marià Villangómez Llobet: El més alt embruixament. Se suspèn la funció.


Miquel de Palol: El porxo de les mirades (poesía).


Miquel Desclot: Juvenília (poesía).


Miquel Ferrà i Martorell: Memòries secretes de Cristòfor Colom.


Miquel Martí i Pol: L’aniversari.


Nèstor Luján: Viajes por las cocinas del mundo.


Olga Xirinacs Díaz: Interior amb difunts (prosa).


Pau Faner i Coll: La vall d’Adam.


Pere Calders: Tot s‘aprofita e El sabeu, aquell?.


Ponç Pons: Al marge (poesía).


Quim Monzó: Benzina.


Ramon Folch i Camarasa: Sala de miralls e Estrictament confidencial.


Robert Saladrigas: Sóc Emma.


Sebastiá Sorribas i Roig: La cinquena gracia de Collpelat (lit. infantil).


Terenci Moix: Nuestra Virgen de los mártires.


Valentí Puig: Dones que fumen.


Vicent Andrés Estellés: Versos para Jackeley.




Flag of Spain

Nacen:


Morren:

  • José Bergamín (1894 Madrid).




PREMIO CERVANTES: Rafael Alberti (España).


PREMIO NACIONAL DE NARRATIVA FRANCISCO AYALA Recuerdos y olvidos: 1, El exilio.


PREMIO NACIONAL DE POESÍA CLAUDIO RODRÍGUEZ Desde mis poemas.


PREMIO NACIONAL DE ENSAIO EUGENIO TRÍAS Lo bello y lo siniestro.


PREMIO NACIONAL DE LITERATURA INFANTIL Y JUVENIL JOSEP VALLVERDÚ Saberut i Cua-Verd.


Álvaro Pombo: El héroe de las mansardas de Mansard.


Ángel Crespo: El bosque transparente.


Antonio Carvajal: Extravagante jerarquía. Poesía 1968-1981.


Antonio Prometeo Moya: Ópera ibérica.


Caballero Bonald: Selección natural.


Camilo José Cela: El juego de los tres madroños (colaboracións en ABC) e Mazurca para dos muertos.


Carlos Pujol: Un viaje a España.


Cristina Fernández Cubas: Los altillos de Brumal.


Daniel Sueiro Rodríguez: La flota es roja e Rescoldos de la España negra.


Elena Quiroga de Abarca: Grandes soledades.


Esperanza Guisán: Ética sin religión.


Félix de Azúa: Farra.


Fernando Arrabal: La torre herida por el rayo.


Fernando Quiñones: La canción del pirata.

Francisco Fernández Buey: Contribución a la crítica del marxismo cientifista.


Francisco Umbral. Trilogía de Madrid.


Ian Gibson: Paracuellos, cómo fue.


Javier Marías: El siglo.


Josefina Aldecoa: Los niños de la guerra.


Juan Benet: Herrumbrosas lanzas.


Juan Carlos Mestre: La visita de Safo.


Juan José Millás: Papel mojado.


Julián Ríos: Larva.


Luis Antonio de Villena: Corsarios de guante amarillo (ensaio) e Amor pasión (narrativa).


Luis García Montero: El jardín extranjero (poesía) e Rimado de ciudad (poesía).


Luis Riaza: Mazurca (teatro) e Epílogo (teatro).


Manuel Martínez Mediero: Juana del amor hermoso (teatro).


Manuel Vázquez Montalbán: Los pájaros de Bangkok.


Miguel Romero Esteo: Tartessos.


Rosa Montero: Te trataré como a una reina.


Soledad Puértolas: Una enfermedad moral.


Torrente Ballester: Quizá nos lleve el viento al infinito.


Vicente Molina Foix: Los padres viudos (Premio Azorín).





Máis culturas:


Nacen:


Morren:.

  • Manuel Scorza (Madrid; 1928 Lima).


  • Anna Seghers (1900 Mainz, Alemaña).
  • Jerzy Andrzejewski (1909 Polonia).
  • John Fante (California; 1909 Colorado).
  • Raymond Aron (1905 París).
  • Tennesse Williams (New York; 1911 Misisipi).



Alfredo Bryce Echenique: La vida exagerada de Martín Romaña (narrativa).

Amanda Berenguer: Identidad de ciertas frutas.


Cristina Peri Rossi: El museo de los esfuerzos inútiles (prosa).


García Márquez escribe no xornal “El País” (11 de maio) o artigo “Viendo llover en Galicia”: “Siempre he creído, y lo sigo creyendo, que no hay en el mundo una plaza más bella que la de Siena. La única que me ha hecho dudar es la de Santiago de Compostela, por su equilibrio y su aire juvenil, que no permite pensar en su edad venerable, sino que parece construida el día anterior por alguien que hubiera perdido el sentido del tiempo. Tal vez esta impresión no tenga su origen en la plaza misma, sino en el hecho de estar -como toda la ciudad, hasta en sus últimos rincones- incorporada hasta el alma a la vida cotidiana de hoy. Es una ciudad viva, tomada por una muchedumbre de estudiantes alegres y bulliciosos, que no le dan ni una sola tregua para envejecer. En los muros intactos, la vegetación se abre paso por entre las grietas, en una lucha implacable por sobrevivir al olvido, y uno se encuentra a cada paso, como la cosa más natural del mundo, con el milagro de las piedras florecidas…”.


Jorge Teillier: Cartas para reinas de otras primaveras.


Luis Spota: Paraíso 25.


Miguel Barnet: Gallego.


Nicanor Parra: Poesía política; Coplas de Navidad e Chistes para desorientar la poesía.


Osvaldo Dragún: Hoy se comen al flaco (teatro).


Rodolfo Enrique Fogwill: Los Pichiciegos.




Publícase Cartas al castor, correspondencia de Sartre e S. de Beauvoir.


André Kaminski: Os xardíns de Mulai Abdalá (Traducido ao galego no 2011 por Ana María Abeleira para Rinoceronte).


Annie Ernaux: La place.


Arnold Wesker: Yardsale.


Arto Paasilinna: O bosque dos raposos aforcados (Traducido ao galego no 2006 para Rinoceronte Editora por Tomás González Ahola. É o primeiro libro que se verteu do finés ao galego).


Charles Bukowski: Hot water music.


Claude Lévi-Strauss: Le regard éloigné.


Christa Wolf: Kassandra.


David Grossman: O sorriso do año.


Erín Moure: Wanted Alive.


Ernst Jünger: O problema de Aladino.


Graham Swift: Waterland.


Hugo Claus: The Sorrow of Belgium.


Ismaíl Kadaré: O cortexo nupcial conxelado na neve.


James Ellroy: Sangue na lúa.


Jean Echenoz: Cherokee.


J.M. Coetzee: Lives and Times of Michael K..


Joan Didion: Salvador.


Ken Follet: On Wings of Eagles.


Marguerite Yourcenar: O tempo, gran escultor.


Mempo Giardinelli: Luna caliente.


Natalia Ginzburg: La famiglia Manzoni.


Norman Mailer: Noites da antigüidade.


Orhan Pamuk: A casa do silencio.


Philip Roth: The Anatomy Lesson.


Philippe Sollers: Femmes.


Raymond Carver: Cathedral.


Richard Price: The Breaks.


Roberto Calasso: La rovina di Kasch.


Stephen King: Cicle of the Werewolf.


Terry Pratchett: The colour of magic.


William Burroughs: The place of Dead Roads.




Tamén sucedeu...


CINE:

- Alain Tanner : Na cidade branca.

  • José Afonso grava os discos Ao vivo no Coliseu e Coma se fora seu filho.
  • 38 persoas perderán a vida este ano en atentados de ETA.
  • O goberno expropia o grupo Rumasa.
  • O Congreso aproba a despenalización do aborto en tres supostos: perigo para a vida da nai, malformacións do feto e violación (30 de novembro).
  • A organización clandestina GAL (Grupos Antiterroristas de Liberación) secuestran a Segundo Marey ao confundilo con outra persoa, liberándoo aos 9 días.
  • Tras sete anos de ditadura militar Raúl Alfonsín é elixido presidente da Argentina.
  • Lech Walesa recibe o premio Nobel da Paz.
  • En Chipre, os turcochipriotas decláranse independentes do resto da illa.
  • EE UU invade a illa de Granada .
  • Atentado contra a embaixada estadounidense en Beirut con numerosas vítimas.
  • Morren:

- Joan Miró (Palma de Mallorca; 1893 Barcelona).

- Charlie Rivel (1896 Cubellas).