1970

De Xulipedia
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Flag of Galicia (civil).svg Cultura galega

Día das Letras Galegas

Nacementos/Pasamentos

Child in diaper icon Nacementos
Literatura
Carlos Freire Cordeiro (Moaña).
Carlos Negro (Lalín).
Marcos Lorenzo (A Coruña).
María Solar Núñez (Santiago de Compostela).
Miriam Sánchez Moreiras (Vigo).
Ricardo C. Mora (Poio).
Xerardo Quintiá (Friol).
Xoán Xosé García (Ferrol).
Xosé García Rodríguez "Cibrán Ulloa"; "Xosé de Cea" (Barcelona).
Xosé María Vila Ribadomar (Cambados).
Xosé Pablo Bueyo (A Coruña).
Outros
O deseñador gráfico e ilustador Andrés Meixide Gayoso (Vigo).
O ilustrador Pablo Otero Rodríguez “Peixe” (Ourense).
O ilustrador Miguel Robledo (Ourense).
A artista Carme Nogueira (Vigo).
O historiador Antonio Presedo Garazo (Santiago).
A pintora Almudena Fernández (Vigo).
O escritor Luís Bejarano Estévez (Noia).
O filólogo Daniel Asorey Vidal (Compostela).
O arquitecto Daniel Beiras García-Sabell (Santiago).
Skull.png
Pasamentos
Literatura
Alfonso Gayoso Frías (Buenos Aires; 1905 Barbadás, Ourense).
José María López Penelo (Buenos Aires; 1906 Piñeiro, Avellaneda, Argentina).
Outros
O escritor Virgilio Antonio Nóvoa Gil (Toén; 1913 Lalín).
O médico exiliado Antón Baltar Domínguez (Buenos Aires; 1906 Santiago). En carta de 23 de setembro escribe Luís Seoane a Díaz Pardo: “En la madrugada de hoy, día 23 de septiembre, falleció Antonio Baltar en el Hospital Rivadavia (…) Pudo haber conseguido posiciones destacadas y las despreció por ser fiel a sus conviciones. Abandonó una vida fácil, primero la de Santiago y luego la de Buenos Aires”.
A pintora María del Carmen Corredoira y Ruiz de Baro (A Coruña; ibídem 1893).
O pintor Antonio Fernández Gómez (Goián; ibídem 1882).
O pintor José Seijo Rubio (A Coruña; 1881 Madrid)
O pintor Lino Martínez Villafínez ( 1892 Marín).
O mecenas Juan López Suárez “Xan de Forcados” (Madrid; 1884 O Saviñao).
O galeguista Manuel Puente González (Buenos Aires; 1890 Salvaterra de Miño). “Dende que coñecera ao inmorrente Castelao, na sua chegada a Bós Aires, viven en apertada amizade a carón dele, e entregouse por inteiro á causa de Galiza, á causa das liberdades da súa patria…”. (“A Nosa Terra” nº 514).
María Barbeito y Cerviño, escritora, socióloga e pedagoga (A Coruña; ibídem 1880).

Publicacións

Galegas

  • Abelardo Santorum Alonso : Remol de estrelas.
  • Alfonso Gayoso Frías : Namoros e regueifas (poemas con limiar de Avelino Díaz e ilustracións de Laxeiro) e o poema “Canto á muller galega”.
  • Álvaro Cunqueiro traduce do catalán o poema de Salvador Espriu “Cando falou a choiva”. Publicado no “Faro de Vigo” (13 de setembro) co pseudónimo de Manuel María Seoane. Igualmente o 18 de outubro aparecen no “Faro de Vigo” traducidos do catalán dous poemas anónimos co pseudónimo de Manuel Mª Seoane: un “Llassa, mais m’hagra valgut” (primeira metade do século XIV) e o outro “D’on sou que tant alt veniu” (De fins do século XVI).
  • Amado Carballo (1901-1927): Obra en prosa e verso.
  • Basilio Losada : Galicia (Edit. Táber. Barcelona. “Grial” nº 29, páx. 372) e Goya.
  • Blanco Amor : Castelao e Volviendo a Ortega y Gasset (ensaios).
  • Celso Emilio Ferreiro : Paco Pixiñas. Historia dun desleigado contada por il mesmo (Romance co pseudónimo de Arístides Silveira; Ediciós do Castro, Sada). 13 poemas iracundos y una canción inesperada (Na separata do nº 2 da revista trimestral de Caracas “Expediente”).

En carta a Díaz Pardo (31 de decembro) escribe Luís Seoane: “… lástima el de Silveira, para quien los comerciantes de Caracas son, por lo visto, peores que los de Vigo o Celanova, aún teniendo en cuenta la vida que sufrieron y que narra en la primera parte del poema y que los explica, aunque no los justifique. Se trata de un poema de quien no tiene conciencia social alguna, ni escrúpulos ni caridad. No quiero polemizar sobre esto. Para entenderme, mejor es volver a leer, si te cuadra, si no tampoco vale la pena, Fardel de Eisilado”.

  • Daniel Cortezón : Prisciliano (Premio Villar Ponte do Centro Galego de Buenos Aires no 1961).
  • Darío Xohán Cabana : Verbas a un irmao (poesía) e Home e terra (poesía).
    Dario xohan cabana.jpg
  • Díaz Pardo publica os carteis de cego: O Marqués de Sargadelos, A nave espacial e Paco Pixiñas, con poemas asinados co pseudónimo de “O Cego Zago”.
  • Eduardo Moreiras Collazo : Os nobres carreiros.
  • Eugenio Vázquez Gundín : Cantos e fábulas.
  • Filgueira Valverde : Galicia en Azorín (“Boletín da Real Academia Galega”, nº 352).
  • Javier Montero Mejuto : Na ribeira do tempo.
  • Landeira Yrago adapta ao galego A barca do inferno de Gil Vicente.
  • Leiras Pulpeiro (1854-1912): Obra completa (Estudo crítico de X. L. Franco Grande. Galaxia. “Grial” nº 30, páx. 488).
  • Luis Iglesias de Souza : Meu tempo desgaxado.
  • Luís Moure Mariño : Sempre matinando (Galaxia. “Grial” nº 31, páx. 119).
  • Manuel Casado Nieto : 0, 1, 2, 3, 4… Trancos da vida do Braisiño (Ed. do Castro. Ilustracións de Díaz Pardo. Cuberta de Luís Seoane).
  • Manuel Lueiro Rey consegue o segundo premio nos Xogos Florais de Ourense cos sonetos “Orense en un pregón y varias estancias”. Colabora na revista “Ínsula” cun texto sobre Rafael Alberti. Publica “Carta escribo que non ten resposta” en Castelao na voz dos poetas e “Elexía a Che Guevara” en Homenaje al Che (La Habana).
  • Manuel María : Remol (Edicións Nós. Buenos Aires) e Cancións do lusco ó fusco (Xistral, colección Val de Lemos. A segunda edición será bilingüe galego-francés con estudo e tradución de Lleó Marzo e co título de Heures galiciennes).
  • Manuel Rodríguez López : Saudade no bulleiro (Ediciones Celta. Lugo. “Grial” nº 31, páx. 123).
  • Marcial Valladares Núñez (1821-1903): Elementos de gramática gallega (1892) (Galaxia. “Grial” nº 30, páx. 498); Cantigueiro popular (1867).
  • Margarita Ledo Andión : Parolar cun eu, nun intre, cun inseuto (poesía. Monforte).
  • Miguel González Garcés : Poemas a Albertiño (Vigo).
  • Moisés da Presa : colabora en “A Nosa Terra”.
  • Odón Luís Abad Flores : Máquinas e trebellos pra labrar a terra (Ediciós do Castro. “Grial” nº 28, páx. 250).
  • Rafael Dieste membro da Real Academia Galega co discurso "A vontade de estilo na fala popular" (publicado en 1971 coa resposta de García Sabell).
  • Valentín Arias : A lingua galega na escola.
  • Victor Luis Molinari . Poeta alófono (Buenos Aires 1904; ibídem 1980): Viaxe dun arxentino polas terras, polas xentes e pola cultura de Galicia (reedición de 1958, con 5 novos capítulos traducidos por Arturo Reguera). Edicións Celta de Lugo. Tapas de Díaz Pardo e un retrato do autor feito por Laxeiro. Ver 1958.
  • Xesús Alonso Montero : O galego na escola (En colaboración con J. M. Marcos de Abajo. Anaya); Castelao na voz dos poetas. Aportacións para unha bibliografía (en colaboración con Epifanio Ramos de Castro e Ricardo Palmás Casal. Ediciós do Castro. “Grial” nº 33, páx. 382); Os cen mellores poemas da lingua galega e Constitución del gallego en lengua literaria. Datos de una problemática cultural y sociológica en el siglo XIX. En carta de 4 de marzo, de Manuel María a Neira Vilas, escribe: “Supoño que Alonso Montero che mandaría a sua mais recente pubricación: Os cen mellores poemas de lingoa galega. Penso que non estivo acertado nin na escolla, nin nos apartados que fixo. Figurate que hasta ven un poema do P[adre] Xosé Rubinos!”. (Xosé Neira Vilas: Cartas de vellos amigos. Galaxia 2010, páx. 280).
  • Xesús Manuel Coruxo : Vixiando (Galaxia).
  • Xohán Casal Pardo (1935 – 1960): O camiño de abaixo (Ediciós do Castro). Limiar e ilustracións de Raimundo Patiño. Mensaxe de Manuel María. Tapas de Luís Seoane.
  • Xosé Luís García Mato : Monografía sobre poetas da Terra Cha.
  • Xosé María García Rodríguez : Tambre (poesía).
  • Xosé Rubia Barcia : Nova canción galega (poemas).
  • En setembro edítase en Buenos Aires o único número da revista “Cuco-Rei”, baixo a dirección de Luís Seoane. Comprende un noticiario cultural galego, un poema de Lorenzo Varela e unha reseña de La marginación de Galicia de Paz-Andrade, asinada por S. Fernández Ollarnovo (pseudónimo de Díaz Pardo). En carta dende Buenos Aires a Díaz Pardo (20 de agosto) escribe Luís Seoane: “Te escribo rápidamente. Necesito una colaboración breve, firmada por Fernández Ollarnovo, en idioma gallego (…) para “Cuco-Rei”, cuyo primer número sale en los primeros días de septiembre. A partir de ese número saldrá cuando pueda (…) Soy su único mecenas y serán cuatro páginas en papel de color que se distribuirá gratuitamente. Espero que tenga el mismo espíritu de “Galicia Emigrante”. Noutra carta do 14 de setembro engade: “Creo que voy a arruinarme haciendo “Cuco-rei, lo haré de vez en cuando”.
  • Galaxia inicia a colección Xeira Nova con A parroquia hoxe de Xosé Alvilares Moure, X. R. Barreiro, Chao Rego, Gómez Barros e Torres Queiruga (“Grial” nº 28, páx. 251).
  • A Real Academia Galega publica: Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego (A Coruña). Remata coa seguinte norma supletoria: “Nos casos non previstos nestas normas serven de supletorias as usuás na ortografía castelá”.
  • No nº 513 de “A Nosa Terra” inclúese o artigo “Méndez Ferrín foi xulgado polo Tribunal de Orde Público”: “O réxime feixista hespañol segue na sua teima de perseguir asañadamente a todos aqueles que loitan afiuzadamente pola liberdade e a democracia. Xosé Méndez Ferrín, baril patriota galego, fidel representante da “xuventude de estrelas” que loita por unha Galiza ceibe e democrática foi condenado ominiosamente a cadea polo Tribunal de Orde Público. Xunto coele foron tamén xulgados a señorita Natalia Gómez González e Carlos Otero Prado”.

Relativas a Galicia

  • Publícanse os Dibuxos de negros de Castelao (12 debuxos de 1939. Galaxia; “Grial” nº 27, páx. 111 e “Grial” nº 47, páx. 138).
  • Deixa de publicarse en setembro (nº 33) por motivos económicos a revista “Chan” (1969).
  • Publicada por Ediciós do Castro nace a revista “Cuadernos del Laboratorio de Formas de Galicia” (14 de novembro).
  • Fole dirixe “Táboa Redonda” páxina literaria dominical de “El Progreso” sendo director do xornal Xosé Trapero Pardo. Aparece en Lugo o 10 de maio.
  • Manuel Espiña comeza en xaneiro a colaborar en “La Voz de Galicia” coa sección “O outeiro de San Xusto”.
  • Publicada por Ediciós do Castro nace a revista “Cuadernos del Laboratorio de Formas de Galicia” (14 de novembro).
  • Juan Naya Pérez: Los poetas gallegos y Curros Enríquez (A Coruña).
  • A Edit. Revista Estudio de Madrid publica Diálogos sobre Amor Ruibal. Jornadas de estudio en Poyo.
  • Alberto Míguez Alvarellos: Galicia: de la estética al subdesarrollo (Zero).
  • Álvaro Cunqueiro: Laberinto & Cía (Edit. Táber) e El descanso del camellero (recompilación de artigos. Edit. Táber).
  • Anisia Miranda: 80 primaveras del tío (Ho, edic) e Vietnam y tú (Edit. Gente Nueva).
  • Arlene T. Lesser: La pastorela medieval hispánica: pastorelas y serranas galaico-portuguesas (Galaxia. “Grial” nº 29, páx. 360).
  • Carlos Martínez-Barbeito y Morás: Feliciano Rolán: el poeta y su tiempo.
  • Casado Nieto: La turbia corriente (Barcelona).
  • Celestino Fernández de la Vega: El enigma de Santa Eulalia de Bóveda (Gráficas Bao. Lugo: “Grial” nº 29, páx. 360).
  • Constantino Pallín López: Amistad de llanto.
  • Daniel Cortezón: Semáforo e La meada.
  • Eduardo Menéndez-Valdés Golpe: Separatismo e unidade. Unha mitificación histórica. (Galaxia. “Grial” nº 31, páx. 113).
  • Eloisa Vilar Checa: El Marqués de Sargadelos y su obra (Ed. do Castro. Cuberta de Luís Seoane).
  • Emilio Alarcos: Estudios de gramática funcional del español.
  • Emilio González López: Bajo la doble águila. Galicia en el reino de Carlos V (Patronato da Cultura Galega. Montevideo. “Grial” nº 32, páx. 239) e Siempre de negro (Vigo).
  • Emilio Silva: Amor Ruibal, precursor do “Aggiornamento”. (Separata da revista “Hora Presente” nº 6. São Paulo. “Grial” nº 32, páx. 248).
  • Eugenio Granell: Federica no era tonta, y otros cuentos (México).
  • Feliciano Rolán Vicente (1907-1935): Obras poéticas (“Huellas”; “De mar a mar”; “Ápices” e “Tierra”. Introdución de Carballo Calero. Edicións Castrelos. Vigo).
  • Francisco Xavier Carro Rosende: La poesía gallega, desde el silencio a la realidad.
  • Gonzalo Anaya Santos (1914 Burgos; 2008 Valencia): La depresión cultural gallega (Galaxia. “Grial” nº 31, páx. 117).
  • J.L. Pensado publica o manuscrito de Sarmiento "Colección de voces y frases gallegas" (Universidad de Salamanca. “Grial” nº 33; páx. 367).
  • Jesús Cambre Mariño: El espacio regional en el desarrollo económico de España (ZYX. Madrid. “Grial” nº 32, páx. 243).
  • Jorge Juan Eiroa: El cuarto ángel de la ira.
  • José Fernández Méndez: Sensibilidad de Galicia en la pintura de Julia Minguillón.
  • José Luis Casas Teixeira: Romances del hombre solo.
  • José Luís García Mato: “El Progreso habló de Curros, señor profesor” (artigo en “El Progreso”, Lugo 31 de maio). Diríxese a Alonso Montero ao respecto dun artigo sobre Curros publicado en “El Progreso” o 25-07-1951).
  • José Luís Pensado Tomé: “Interferencias estructurales castellano-gallegas: el problema de la geada y sus causas” (Revista de Filología Española).
  • José María Castroviejo: Las tribulaciones del cura de Noceda.
  • Juan Alejandro Apolant: Un predicador en el desierto (“Grial” nº 35, páx. 118).
  • Lino Novás Calvo: Maneras de contar.
  • Miguel Carlos Vidal: Poesía viva (Follas Novas).
  • Perfecto Yebra: La descentralización económico financiera en Alfredo Brañas (Santiago).
  • Pilar Vázquez Cuesta: "La lusofilia de doña Emilia Pardo Bazán" (Separata do Homenaje Universitario a Dámaso Alonso . Madrid. “Grial” nº 32, páx.245).
  • Ricardo L. Landeira: La saudade en el renacimiento de la literatura gallega (Galaxia. “Grial” nº 29, páx. 370).
  • Valentín Paz-Andrade: La marginación de Galicia (Siglo Veintiuno de España Editores. “Grial” nº 29, páx. 366) e El capital como factor de desarrollo de Galicia (A Coruña). Referíndose a La marginación de Galicia escribe a Neira Vilas (25 de marzo): “Estou a convalecer d-unha grave doencia que sufrín pouco despois de sahir o libro. Non deixou de me confortar que Galiza respondera ao que pudo ser meu testamento esgotando ou pouco menos en tres ou catro meses a edición. Quere-se decir que o pobo vaise dando conta do noso caso e da sua clinica, que eu pretendín poñer en formulas a mao pra todos. Xa se decataría que pol-a necesidade de impresioar os focos de onde a marxinación emerxe houbo de ser escrito no idioma que eles entenden”. (Xosé Neira Vilas: Cartas de vellos amigos. Galaxia 2010, páx. 388).
  • Víctor Luis Molinari: El perfil en la sombra (Ediciones Galicia).
  • Xavier Costa Clavell: Los gallegos (Ediciós “Nós”. Buenos Aires. “Grial” nº 33, páx. 376). Nunha carta de Basilio Losada a Ramón Piñeiro (26/I/1969) dise: “O libro que Costa Clavell tiña feito pra Llibres de Sinera (Los gallegos) tumbouno a censura por enteiro”. O 7 de abril do 1971 vólvelle a escribir: “Chegoume onte un libro de Costa editado en B. Aires. O tíduo é Los Gallegos e quería ser algo así como o que foi Nosaltres els valencians de Fuster ou Els mallorquins de Melià. Non chega. Hai erros de detalle, fallos hastra nos nomes (…) Tamén moito gazapo”.
  • Xesús Taboada Chivite: Etnografía Gallega (Vigo).
  • Xosé Manuel Beiras: Estructura y problemas de la población gallega (A Coruña).

Acontecementos

  • O Patronato da Cultura Galega de Montevideo coloca unha placa na rúa que leva o nome de Alfonso Rodríguez Castelao que di: “Alfonso R. Castelao. Nació en Rianxo (Coruña) el 30 de enero de 1886. Murió el 7 de enero de 1950. Pintor y dibujante, escritor y político. Defendió a su tierra y a su pueblo de la injusticia secular. Soñó en el exilio la Galicia ideal. Enero de 1970. Homenaje del Patronato da Cultura Galega” “Grial” nº 47, páx. 149).
  • Celso Emilio traballa no gabinete de prensa do presidente venezuelano Rafael Caldera. Acada o primeiro premio de poesía e tamén no apartado de contos nos “I Jogos Florais Minho-Galaicos de Guimaraes”.
  • J. Rodolfo López-Veiga Ponte crea o grupo de teatro Rosalía de Castro.
  • O 13 de xaneiro, Juan Naya Pérez , bibliotecario da Real Academia Galega, escríbelle ao Presidente da Institución (Sebastián Martínez Risco) comunicándolle que o Alcalde da Coruña, José Pérez-Ardá pregunta se sería conveniente o traslado ao Parque de Santa Margarida do monumento a Curros Enríquez dende os xardíns de Méndez Núñez. Tres días despois Manuel Chamoso Lamas, académico e conselleiro provincial de Belas Artes, emite un informe no que indica que o monumento por razóns técnicas e estéticas, non debe ser trasladado. O 15 de xaneiro Otero Pedrayo remite á Academia un texto: “...O poeta inmorrente non está suxeito a xubilación. O proieuto, de habelo, debe ficar no silenzo. Pois a sua soia proposta sería unha chata e lixo pra limpa e groriosa cidade da Cruña, e non digamos pra a autoridade que a propuxer”.
  • O “Centro Gallego” de Buenos Aires convoca o “Premio Galicia” de novela dotado con 10.000 pesos argentinos, equivalentes a 206.500 pesetas.
  • Juan Barreiro, nomeado director da revista “Galicia” do centro Galego de Buenos Aires. Ficará un ano no cargo.
  • O 21 de xullo, no salón Castelao do Centro Galego de Buenos Aires, Basilio Losada pronuncia a conferencia “Problemas socio-culturales de Galicia de hoxe”. Participa nunha ofrenda floral a Rosalía de Castro e o día 26 intervén na “Homaxe a Castelao” dentro do programa das “Xornadas Patrióticas Galegas”: “Non presento o meu caso como exemprar. Coma min, centos de homes de Galiza recibiron a obra de Castelao –porque a súa verba e a súa presencia estábanos vedada- o mensaxe decisivo, esa frase, esa verba, capaz de dar senso a unha vida toda e para sempre. Castelao estábanos vedado”.(“A Nosa Terra” nº 514).
  • Juan Naya Pérez viaxa a Buenos Aires como invitado de honra do Centro Gallego para a celebración do Día de Galicia. Entre os actos programados estaba unha mostra do libro galego antigo (do século XV ao XVIII) exposta na Biblioteca Nacional, e patrocinada pola RAG. Foi inaugurada o 20 de xullo e o 27 Naya imparte unha conferencia sobre o tema. En carta a Díaz Pardo dende Buenos Aires (23 de xullo), escribe Luís Seoane: “Por aquí están Basilio Losada y Naya. Losada muy bien, pero Naya actúa como funcionario, a las preguntas de los periodistas que pueden suponer cierto riesgo, libertad de prensa, opinión, etc responde invariablemente que le perdonen pero él no puede opinar, porque, claro, es funcionario…”. Noutra carta do 13 de agosto volve facer mención de Basilio Losada: “De los invitados del Centro Gallego quedó muy bien intelectualmente, sereno y justo en sus informaciones, Basilio Losada…”.
  • Ramón Piñeiro viaxa a Portugal en xaneiro, impartindo en Lisboa dúas conferencias, unha na Sociedade de Língua Portuguesa sobre a saudade e outra na Casa de Galicia sobre a situación actual da lingua galega.
  • Isaac Díaz Pardo e Luís Seoane fundan no Castro (Sada) o Museo de Arte Carlos Maside. Alí terían lugar vinteunha sesións de cine de divulgación da arte e da cultura de vangarda, sendo a primeira o día 26 de setembro, tres meses despois de inaugurarse o Museo e a derradeira no mes de xuño de 1972.
  • En Caracas, Xulio Formoso, Celso Emilio , Farruco e J.J. Sesto Novás gravan en “Pobovox” o disco “Galicia canta”. Neste disco Celso Emilio colabora tocando o pandeiro en “Pandeirada ao Che”.
  • O Instituto del Libro de La Habana edita Homenaje al Che.
  • Miguel Anxo Araújo consagrado en Ourense bispo da diócese de Mondoñedo-Ferrol. O acto celebrouse por primeira vez na historia da igrexa, en lingua galega.
  • O 18 de maio inaugúrase o Museo Galego de Arte Contemporánea Carlos Maside no Castro de Samoedo. O acto correu a cargo de Rafael Dieste e provocou críticas ao escritor dende o xornal “A Nosa Terra” de Buenos Aires por dicir o seu discurso en castelán e en setembro sae publicado o seguinte: “…O acto, que se levou a cabo nun doado marco de digna galeguidade, foi sensibelmente mancado pola nota discordante dada por Rafael Dieste, cuia perorata en língoa castelán caíu como unha xerra dauga xiada antre a numerosa concurrenza… A nós, certamente nonos estrana o feito… Rafael Dieste (pesia ós seus valedores, que algún ten, e de mérito) é un inteleitoal hespañol ó servizo da cultura colonialista na nosa Terra… que ten no seu haber, un pecado de xuventude, millor dito, dous: unha fermosiña obra de teatro, e un libro de contos, ambos os dous en galego. E non voltou pecar máis…”. Segundo carta de Seoane a Díaz Pardo do 28 de setembro, o autor sería o redactor de “A Nosa Terra” Moisés da Presa e engade Seoane: “Es una tremenda canallada y convendría que alguien hiciese ahí algo sobre la conferencia de Dieste en el Museo. Como tú puedes ver existen canallas en todas partes y aquí no faltan resentidos y envidiosos. Siempre les molestó Dieste. Si hubiese vivido Castelao estos estúpidos no se hubiesen atrevido a hacer esa nota”.
  • Na audición radial “Galicia Emigrante” do 8 de novembro Luís Seoane fai unha defensa de Rafael Dieste que lle provocará ataques dende o xornal “A Nosa Terra” en dous artigos no nº 515 do mes de decembro, un titulado “Cuco-Rei” e outro “Olimpo de palla”.
  • Noutra carta a Díaz Pardo (16 de outubro) fala Luís Seoane da audición radial “Galicia Emigrante”: “La radio se escucha bastante y es un buen vehículo de divulgación del que, sin embargo, tengo ganas de deshacerme. Estoy cansado de hacer notas, es una labor que nadie reconoce (…) Se trata de 16 años seguidos haciendo uno o dos artículos semanales, artículos y efemérides comentadas, sin más beneficio que el dar a conocer a un público, para mi naturalmente desconocido, aspectos muy diversos de Galicia y sus personalidades”.
    Andres barroso.jpg
  • Publícase o sinxelo de Andrés Dobarro “Corpiño Xeitoso” primeira canción en galego en estar no nº 1 de “Los 40 Principales”. A finais de ano edita o seu primeiro LP Me llamo Andrés Lapique do Barro que inclúe dúas cancións con letras de Xavier Alcalá: “Teño saudade” e “A uns ollos verdes”. Alcalá compuxo tamén para el as letras de “Rapaciña” e “Fogar de Breogán”. Nunha entrevista a Xavier Alcalá nun periódico de Miguel Turra en novembro de 1998 di:” Eran momentos perfectos para los “cantoautores” y nos dispusimos a dar una curiosa batalla cultural: la de frenar la invasión de Galicia por Manolo Escobar y otros cantantes “nacionales”. De Ferrol, vecino de plaza durante el curso en la ciudad y de aldea en el verano, era Andrés Lapique Dobarro, quien tocaba el bajo en una banda americana en Torrejón. Nos empeñamos en hacer baladas en gallego y la idea fructificó. “Andrés do Barro” (revísense discotecas y hemerotecas) se convirtió en un fenómeno, ganador de sucesivos discos de oro en España e Iberoamérica. Varias de las canciones triunfales llevaban letra mía. Con Andrés viajé por toda Europa e hice unas crónicas para “El Ideal Gallego” que ya marcaban el camino de mis intereses”.
  • O 10 de maio inaugúrase a planta circular de Sargadelos e ao día seguinte ten lugar nela o acto de apertura do IV “Seminario Sindical de Diseño Industrial”.
  • O pintor Manuel Colmeiro expón na galería “Camille Renault de París).
  • Nace a marca de moda “Florentino”.
  • Apróbase o Plan de Accesos a Galicia.
  • Apróbase o Plan de Explotación Marisquera de Galicia.
  • O buque noruego Polycommander que transportaba 50.000 Tm de cru, embarranca na ría de Vigo, diante das illas Cíes.
  • O cargueiro polaco Erkowit, con 2.000 bidóns de pesticidas, embarranca na bahía coruñesa.
  • Os galegos constitúen o 7,60 % da poboación do Estado Español.
  • Poboación urbana de Galicia: 23,7%. Poboación intermedia: 7,3%. Poboación rural 69,0%.

Premios

  • María Victoria Fernández España recibe o “Pedrón de Ouro”.
  • Celso Emilio Ferreiro acada o primeiro premio de poesía e tamén no apartado de contos nos “I Jogos Florais Minho-Galaicos de Guimaraes”.
  • O “Centro Gallego” de Buenos Aires convoca o “Premio Galicia” de novela dotado con 10.000 pesos argentinos, equivalentes a 206.500 pesetas.
  • Xente ao lonxe de Blanco Amor finalista do Premio de Novela Galicia do Centro Galego de Buenos Aires que gañou Adiós María de Xohana Torres.
  • Manuel Lueiro Rey consegue o segundo premio nos Xogos Florais de Ourense cos sonetos “Orense en un pregón y varias estancias”.

Mail-client-Breeze-Icon.svgEpistolario


En carta a Díaz Pardo (31 de decembro) escribe Luís Seoane: “… lástima el de Silveira, para quien los comerciantes de Caracas son, por lo visto, peores que los de Vigo o Celanova, aún teniendo en cuenta la vida que sufrieron y que narra en la primera parte del poema y que los explica, aunque no los justifique. Se trata de un poema de quien no tiene conciencia social alguna, ni escrúpulos ni caridad. No quiero polemizar sobre esto. Para entenderme, mejor es volver a leer, si te cuadra, si no tampoco vale la pena, Fardel de Eisilado”.


O 18 de maio inaugúrase o Museo Carlos Maside no Castro de Samoedo. O acto correu a cargo de Rafael Dieste e provocou críticas ao escritor dende o xornal “A Nosa Terra” de Buenos Aires por dicir o seu discurso en castelán.Segundo carta de Seoane a Díaz Pardo do 28 de setembro, o autor sería o redactor de “A Nosa Terra” Moisés Da Presa e engade Seoane: “Es una tremenda canallada y convendría que alguien hiciese ahí algo sobre la conferencia de Dieste en el Museo. Como tú puedes ver existen canallas en todas partes y aquí no faltan resentidos y envidiosos. Siempre les molestó Dieste. Si hubiese vivido Castelao estos estúpidos no se hubiesen atrevido a hacer esa nota”.


O 4 de novembro, Celso Emilio Ferreiro escribe a Neira Vilas dende Caracas: “Ferrín estivo dous meses na cadea da Cruña, pro agora está no penal de Santoña. A muller, María Xosé está moi amolada porque á Cruña éralle doado viaxar tódalas semás, pro agora a cousa é mais compricada”. (Xosé Neira Vilas: Cartas de vellos amigos. Galaxia 2010).


Nunha carta datada o 6 de outubro, Celso Emilio Ferreiro contesta a un inquérito que Suso Vaamonde lle facía sobre a canción galega: “A canción galega non será nada ou casi nada, sinón intenta sustituir na boca do pobo as tradicionás cantigas folklóricas que o pobo xa non canta. Cando Perfecto Feixoo fundou o pirmeiro coro galego, o pobo comenzaba xa a non cantar as súas cantigas. Os coros naceron pra evitar ise esquecemento e pra archivar e conservar o noso acervo musical. Na realidá, o que fixeron foi convertir en espectáculo, algo que o pobo tiña creado e abandonado. O pobo transformouse en espectador. Nada de iso debe pasarlle á Nova Canción Galega, si quere na realidá cumprir unha misión importante. Unha misión que consiste, ao meu entender, en crear un folk pra producir un fenómeno de aculturación. E decir, que o pobo faga súas esas canciós”.


Sobre os problemas que el ve na Nova Canción Galega di: “Un dos principás está no perigo de que os intérpretes caigan no vicio do “divismo”, que forzosamente os levaría a esquecer a súa misión primordial, pra convertilos nun simple produito da sociedá de consumo […] Existe tamén o perigo de que os músicos, por mimetismo, rematen por facer canciós nas que soio a letra sexa galega. Anque sexa unha perogrullada é perciso lembrar que a música moderna galega debe ser, ademais de moderna, galega; é decir, ter un matiz que a identifique como galega e, polo tanto, única”.


Á pregunta de ¿Coál é a súa opinión de A. do Barro? responde: "Non teño ningunha opinión, porque a verdá é que non tiven ocasión de adequerir os seus discos. Unha vez dixéronme que nunha emisión dominical de radio que eiquí en Caracas fai unha sociedá chamada galega (emisión na que nunca se pasan os discos da Nova Canción Galega) estaban dando unhas canciós de Andrés do Barro, pro eu non as escoitei porque teño o bo gusto, por outra parte moi hixiénico, de non escoitar esa emisión radial; e que Andrés do Barro me perdoe" (Diario 16. 31 de agosto de 1990).


En carta de Celso Emilio Ferreiro a un dos seus contactos da UPG (22 de abril) di o seguinte:“Eiquí creamos, fai dous anos, un Padroado da Cultura Galega, que pretendía ser a carátula legal do noso movimento, pro os que ingresaron na entidade, chamándose galeguistas, rersultaron ser unhos reaccionarios cavernícolas que non houbo maneira de entenderse, pois pretendían facer somente laboura cultural aséptico […] A emigración galega a Venezuela, é politicamente unha basura, incluidos os que se dicen galeguistas, comunistas, esiliados e ezquerdistas […]Somos, pois, unha minoría, pro incansabel e disposta a todo. Sabemos, por unha amarga esperiencia, que a liberación de Galicia non vai chegar por mau dos emigrantes, e por eso usámolos, cando podemos, somente pra sacarlle cartos pra nosa tarefa”. (A Nosa Terra. Celso Emilio Ferreiro. Extra Cultura 11. 1989).


Con data de 9 de xuño de 1970 Celso Emilio Ferreiro respóndelle por carta a Harguindey: Nada recibo que sirva pra darme azos na miña actividá cuasi solitaria, pois como vostede sabe o escasísimo galeguismo que hai nesta estercorenta emigración, é “galaxio”, por non decir algo peor. Teño o presentimento de que a UPG non anda ben, non sei si porque, ao “queimarse” Méndez Ferrín, ficou a direción desarbolada, ou porque as direitrices tomadas non son as correctas. […]. Dende a súa fundación –anque nunca se me fixo caso- eu fun partidario de que a actividá “pubricitária” absorvese a mor parte do noso traballo […]. Nunha palabra quero saber si efectivamente a UPG esiste, pra, en caso negativo, deixar de estar traballando pra un pantasma”. (A Nosa Terra. Celso Emilio Ferreiro. Extra Cultura 11. 1989).


O 13 de xaneiro, Juan Naya Pérez, bibliotecario da Real Academia Galega, escríbelle ao Presidente da Institución (Sebastián Martínez Risco) comunicándolle que o Alcalde da Coruña, José Pérez-Ardá pregunta se sería conveniente o traslado ao Parque de Santa Margarida do monumento a Curros Enríquez dende os xardíns de Méndez Núñez. Tres días despois Manuel Chamoso Lamas, académico e conselleiro provincial de Belas Artes, emite un informe no que indica que o monumento por razóns técnicas e estéticas, non debe ser trasladado. O 15 de xaneiro Otero Pedrayo remite á Academia un texto: “...O poeta inmorrente non está suxeito a xubilación. O proieuto, de habelo, debe ficar no silenzo. Pois a sua soia proposta sería unha chata e lixo pra limpa e groriosa cidade da Cruña, e non digamos pra a autoridade que a propuxer”.


En carta de 15 de xaneiro escribe Manuel María a Neira Vilas: “Fallouse o concurso do Centro Galego de Bós Aires. Premiaron a Méndez Ferrín, sobor dun ensaio encol da cultura galega i un libro de narraciós meu, O xornaleiro e sete testemuñas mais. Son relatos moi vividos”. (Xosé Neira Vilas: Cartas de vellos amigos. Galaxia 2010, páx. 277). Refírese ao Premio de Narrativa do Centro Galego de 1969.


Noutra carta de 24 de maio, Manuel María dille a Neira Vilas: “Os “Voces Ceibes” fixeron un grupo pecho, no que non admiten a ninguén máis. Andan sempre con caralladas. E non avantan nada. Siguen facendo cada vez piores cousas. Cousas que nun principio estaban ben porque se partia de cero. Fáltalles coñocemento a fondo da nosa cultura e tamén da música popular e coidánse todos unhos fenómenos. Xerardo Moscoso, que é moi bó rapaz, é sempre do derradeiro que chega. É un deses homes que vai cos da feira e voltan cos da romería. Ademais de que o segundo disco é moi cativo e nun galego detestabel, ten, como todos eles, unha gran desorientación en tódolos sensos i unha gran iñorancia (…) Fíxate que incruso chegaron a falar mal de Celso Emilio Ferreiro pubricamente.. Eu esto, naturalmente, non llo dixen ó Celso porque sei que sería darlle un bó disgusto. Cecais que o máis persoa de todos e o máis conscente e sensato sexa o Miro Casabella, e tamén dos mellores cantantes”. (Xosé Neira Vilas: Cartas de vellos amigos. Galaxia 2010, páx. 281).


En carta a Díaz Pardo dende Buenos Aires (23 de xullo), escribe Luís Seoane: “Por aquí están Basilio Losada y Naya. Losada muy bien, pero Naya actúa como funcionario, a las preguntas de los periodistas que pueden suponer cierto riesgo, libertad de prensa, opinión, etc responde invariablemente que le perdonen pero él no puede opinar, porque, claro, es funcionario…”. Noutra carta do 13 de agosto volve facer mención de Basilio Losada: “De los invitados del Centro Gallego quedó muy bien intelectualmente, sereno y justo en sus informaciones, Basilio Losada…”.


Nunha carta a Díaz Pardo (16 de outubro) fala Luís Seoane da audición radial “Galicia Emigrante”: “La radio se escucha bastante y es un buen vehículo de divulgación del que, sin embargo, tengo ganas de deshacerme. Estoy cansado de hacer notas, es una labor que nadie reconoce (…) Se trata de 16 años seguidos haciendo uno o dos artículos semanales, artículos y efemérides comentadas, sin más beneficio que el dar a conocer a un público, para mi naturalmente desconocido, aspectos muy diversos de Galicia y sus personalidades”.


Valentín Paz-Andrade: La marginación de Galicia (Siglo Veintiuno de España Editores. “Grial” nº 29, páx. 366) e El capital como factor de desarrollo de Galicia (A Coruña). Referíndose a La marginación de Galicia escribe a Neira Vilas (25 de marzo): “Estou a convalecer d-unha grave doencia que sufrín pouco despois de sahir o libro. Non deixou de me confortar que Galiza respondera ao que pudo ser meu testamento esgotando ou pouco menos en tres ou catro meses a edición. Quere-se decir que o pobo vaise dando conta do noso caso e da sua clinica, que eu pretendín poñer en formulas a mao pra todos. Xa se decataría que pol-a necesidade de impresioar os focos de onde a marxinación emerxe houbo de ser escrito no idioma que eles entenden”. (Xosé Neira Vilas: Cartas de vellos amigos. Galaxia 2010, páx. 388).


Xavier Costa Clavell: Los gallegos (Ediciós “Nós”. Buenos Aires. “Grial” nº 33, páx. 376). Nunha carta de Basilio Losada a Ramón Piñeiro (26/I/1969) dise: “O libro que Costa Clavell tiña feito pra Llibres de Sinera (Los gallegos) tumbouno a censura por enteiro”. O 7 de abril do 1971 vólvelle a escribir: “Chegoume onte un libro de Costa editado en B. Aires. O tíduo é Los Gallegos e quería ser algo así como o que foi Nosaltres els valencians de Fuster ou Els mallorquins de Melià. Non chega. Hai erros de detalle, fallos hastra nos nomes (…) Tamén moito gazapo”.


Con data de 15 de xaneiro, Manuel María escríbelle a Neira Vilas: “Por certo que, falando de escritores nosos, non sei si sabes que o X. Méndez Ferrín foi condeado polo Tribunal de Orden Público por propaganda ilegal. Puxéronlle, según lin na prensa, dous anos de cárcel e 25.000 pts. de multa. Según decía a prensa colleronlle unha novela inédita. O asunto ten recurso ó Tribunal Supremo. Supoño que Ferrín recurriría. (Xosé Neira Vilas: Cartas de vellos amigos. Galaxia 2010, páx. 277). A novela que lle foi incautada a Ferrín foi Os corvos, a figueira e a fouce de ouro, que estaba a medio rematar e levaba unha dedicatoria aos guerrilleiros galegos Curuxás, Foucellas, Ponte, Fresco…


En carta de 4 de marzo, de Manuel María a Neira Vilas, escribe: “Supoño que Alonso Montero che mandaría a sua mais recente pubricación: Os cen mellores poemas de lingoa galega. Penso que non estivo acertado nin na escolla, nin nos apartados que fixo. Figurate que hasta ven un poema do P[adre] Xosé Rubinos!”. (Xosé Neira Vilas: Cartas de vellos amigos. Galaxia 2010, páx. 280).


En carta dende Buenos Aires a Díaz Pardo (20 de agosto) escribe Luís Seoane: “Te escribo rápidamente. Necesito una colaboración breve, firmada por Fernández Ollarnovo, en idioma gallego (…) para “Cuco-Rei”, cuyo primer número sale en los primeros días de septiembre. A partir de ese número saldrá cuando pueda (…) Soy su único mecenas y serán cuatro páginas en papel de color que se distribuirá gratuitamente. Espero que tenga el mismo espíritu de “Galicia Emigrante”. Noutra carta do 14 de setembro engade: “Creo que voy a arruinarme haciendo “Cuco-rei, lo haré de vez en cuando”.


En 1975 Celso Emilio Ferreiro publica Al César enano (Folleto con poemas en castelán contra Franco e o seu sistema, recompilados por “Stow Kiwotto Lumen”, outro dos seus pseudónimos. Edic. El caballo del diablo). Nunha carta a Neira Vilas (4/11/1970) escribía: “Traballo tamén –isto con mais urxencia- na recopilación de tódolos versos de escarnio e maldecir, que os poetas españoles teñen escrito clandestinamente contra Franco e o seu réximen. Eu, pola miña parte aporto unhas vinte pezas entre sonetos, décimas etc. O libro posibelmente titularase, “Versos anónimos contra Franco, en la España Franquista”. (Xosé Neira Vilas: Cartas de vellos amigos. Galaxia 2010).


O 29 de maio, Gabriel Aresti dirixe unha carta a Manuel María, na que lle expón a problemática relación que el consideraba, existía entre os vascos e os galegos emigrantes no País Vasco e os seus esforzos para que reinase a comprensión e o respecto mutuos. Así, ante a invitación do Centro Galego de Barakaldo para colaborar no seu programa de festas, decide escribir uns poemas nos que fará referencia ao tema: “El primero sería un mensaje a los gallegos que viven aquí y el segundo lo mismo al pueblo vasco. Naturalmente, si quiero que me entiendan habría de hacerlo originalmente en castellano. Hablando con Martínez surgió la idea de traducirlos tanto al vasco como al gallego. Para darle más realce pensamos que en vez de hacerlo al gallego él o Domínguez lo hicieras tú, que lo harías mejor y, además, con tu nombre avalarías mi mensaje. Entonces se me ocurrió un tercer poema para pedirte que tú también te dirigieras a ambos pueblos y es lo que como muy especial favor te pido; que me traduzcas estos tres poemas en prosa gallega y que me hagas un poema en el mismo sentido que los míos para que todo ello aparezca en el programa indicado y sea una fuerte voz a dúo que clame contra esa injusticia, que es el mutuo odio y desprecio que los vascos y los gallegos se tienen en Euskadi”. Aresti escribe tres sonetos en castelán: o primeiro “Otra vez a la boca, castellana”, dirixido ao pobo galego; o segundo “A menudo los veo como encinas”, dirixido ao pobo vasco, e o terceiro, dirixido a Manuel María, “Mientras exista el pueblo habrá esperanza”. Velaí o segundo soneto:

A menudo los veo, como encinas

desarraigadas de su terra-nai.

¿A quien habrá más de parecerse un haya

errabunda del valle a las colinas?


Dime mi pueblo vasco ¿tú que opinas?

Náufragos son en forastera playa.

¿Tal vez hogar les ofreció Vizcaya

por esos altos hornos, hondas minas?


Ánades o cigüeñas son de paso

No la hostiguéis al ave de ancho vuelo,

al ave de ancha pluma y ancho cielo.


Vendrán. ¿Se irán? ¿Se quedarán acaso?

No les neguéis un ápice de suelo

para tejer su nido en ningún caso.


A intención de Aresti era facer unha tirada separadamente cos seus poemas e a tradución galega de Manuel María, para os intelectuais vascos e galegos, que non chegou a realizarse. A tradución galega de Manuel María extraviouse pero fixo unha nova que pode verse no libro Galegos en Bizkaia (2007). (Victoria Álvarez Ruiz de Ojeda: “Gabriel Aresti e as letras galegas”; “Grial” nº 223).


Sumarios

GRIAL Nº 27

D. García-Sabell: Castelao, ou Galicia ó axexo. M. Rodrigues Lapa: A questão do “Amadis de Gaula” no contexto peninsular. F. Bouza Brey: El Estado suevo en Galicia y su organización interna. Micaela Misiego: As orixes vikingas do príncipe Hamlet. Manuel Casado Nieto: O Xénesis. Versión galega da “Vulgata latina”. R. Carballo Calero: Il Canzoniere di Don Lopo Liáns. Amado Ricón: Encol dun poema galego esquecido de Benito Vicetto. Fr. Gumersindo Placer: Os santos en Galicia. Salvador Lorenzana: Lembranza da revista “Nós”. Teresa Otero Sande: Vacaciós de amor. M. Sys: ¿Living Theatre? (Trad. de Cosme Barreiros). Juan José Domenchina: El poeta Feliciano Rolán.

GRIAL Nº 28

Lois Tobío: O erasmismo de Gondomar. James Joyce: Giacomo Joyce (trad. de García Sabell). Amable Veiga Arias: Fonología Gallega. Fonemática. Más sobre vocales. Emilio González López: Na percura de novos horizontes: O expresionismo. “La media noche”. R. Carballo Calero: Auto do prisioneiro. M. González Garcés: Poemas a Albertiño. Marino Dónega: Un texto galego esquencido, de Xohán Rof Carballo. Xohán Rof Carballo: Paul Claudel. Xosé-Martiño Montero Santalla: ¿Proceso á Igrexa galega? A propósito do libro de Alvilares Moure. Marino Dónega: Un viaxe a Galicia do século XIX, narrado por D. Marcial Valladares Núñez. Marcial Valladares: Expedición de Zamora a Orense. Isidoro Millán González-Pardo: Rauda... Pranto polo fillo morto. Álvaro Cunqueiro: Un gaiteiro. C. Durán: O Centro Galego de Londres. A lingua galega na escola.

GRIAL Nº 29

Valentín Arias López: A lingua galega na escola. Hygini Anglés: A polifonía do Códice Calistino de Santiago de Compostela e o seu ritmo (Trad. de Xoán Trillo). Emilio González López: Drake en la ría de Vigo. Micaela Misiego: As orixes vikingas do príncipe Hamlet, II. Xosé Filgueira Valverde: Os nenos. Xosé M. R. Pampín: Dous contos. Xosé Antón Miguélez Díaz: 9 poemas. Salvador Lorenzana: No décimo cabodano do pasamento de Camús. Carlos Durán: Encol do ensino do galego como lingua materna. Dolores Balseiro: Aquelas noites tan longas. Pequena lembranza de Juião Bolseiro. José S. Crespo Pozo: Interpretación de algunos curiosos topónimos de Redondela y de sus municipios. Mª Mercedes Brea López: Sobre “Maxina”. William Saroyán: Dylan Thomas, o rapaz salvaxe.

GRIAL Nº 30

X. M. López Nogueira: No II Centenario de X. G. F. Hegel. A dialéctica do ser social. María Teresa Leal de Martínez: Notas ao “Elogio da Morte” de Antero de Quental. Jaime Giordano: Feijoo y el género ensayístico. Amado Rincón: Algunhas notas encol do iberismo de Antero de Quental. William Shakespeare: A traxedia de Macbeth (Trad. de Fernando Pérez-Barreiro Nolla). Xavier Carro: A señorita Rosario. Francisco Rodríguez: Caráiter da literatura galega: o exemplo da obra de Rosalía. Armando Cotarelo Valledor: La poesía del mar en el “Cancionero de la Vaticana”. Fr. Gumersindo Placer: O primeiro drama galego: “A fonte do xuramento”. A poesía de Cecilia Meireles.

No cincuentenario de “Nós, Boletín Mensual da Cultura Galega” a Real Academia Galega saca un número especial da revista o 30 de outubro co seguinte sumario: Sebastián Risco: Na soleira. Cincuentenario de NÓS. PRIMEIRA XEIRA Escritores que en época anterior. Xerardo Álvarez Gallego: NÓS en América. Xesús Bal e Gay: A revista Nós. Manuel Bergueiro López: Lembranza histórica. Francisco Luís Bernárdez: Lembranza de NÓS. Eduardo Blanco Amor: Ourense e a revista “NÓS”. Fermín Bouza Brey: Lembranzas e segredos de NÓS e mais eu. Ricardo Carballo Calero: “Nós” onte, hoxe e mañá. Leandro Carré Alvarellos: No cincuenta aniversario da revista NÓS. Augusto María Casas: Nós os inadaptados. Xosé María Castroviejo: A chamada de NÓS. Hernani Cidadi: Saudades de NÓS e da Galiza. Evaristo Correa Calderón: Compría relembrarse… Álvaro Cunqueiro: Agardando NÓS. Felipe Fernández Armesto: ¿Qué queda daquelo? Xosé Filgueira Valverde: NÓS nacéu na Cruña. Ánxel Fole Sánchez: Fai medio século, o movimento “Nós”. Antonio Fraguas Fraguas: Lembranza de unha xeneración. Avelino Gómez Ledo: Non somente unha relembranza ademirativa. Emilio González López: Un dos periodos máis vivos. Salvador Lorenzana: Catro persoeiros do grupo NÓS. Urbano Losada Martínez: Lembranza. Ramón Martínez López: Tense dito de cotío… Xosé Núñez Búa: 1918: NÓS. Ramón Otero Pedrayo: No suco da revista NÓS. Valentín Paz Andrade: Prefiguración da revista. Emilio Pita: O meu relembro de NÓS. Xosé Ramón e Fernández Oxea: O índice de NÓS. Manuel Rodríguez Lapa: Em torno da revista NÓS. Luís Seoane: Algúns aspeitos de NÓS. Antonio Taboada Roca: Lembranza dos mortos. Luís Tobío Fernández: Na historia do rexurdir da literatura galega. Alfonso Vázquez Martínez: Recordo inmorredoiro.

SEGUNDA XEIRA Xosé Ramón e Fernández-Oxea: Índice da revista NÓS. Índice xeral Índice de autores Índice de materias.

Flag CPLP.gif Cataluña Flag of Spain Outras culturas

NobelPREMIO NOBEL DE LITERATURA: Aleksandr Solzhenitsyn

Flag CPLP.gif CPLP - Comunidade dos Países de Lingua Portuguesa

Nacen



Morren:

  • João de Castro Osorio (1899).
  • José de Almada Negreiros (Lisboa; 1893 São Tomé).
  • Tomás de Figueiredo (Lisboa; 1902 Braga).


Alberto Ferreira: Quatro semanas em outubro.

Alberto Pimenta: O labirintodonte.


Alexandre Cabral: Memórias de um resistente.


Alexandre O’Neill: As andorinhas não têm restaurante.


Alfredo Pedro Guisado: Tempo de Orpheu.


Álvaro Guerra: O disfarce e A lebre.


Ana Hatherly: Anagramático.


António Alçada Baptista: Documentos políticos.


António de Cértima: Não quero ser herói.


António José Saraiva: Maio e a crise da civilização burguesa.


António Quadros (António Augusto Melo Lucena Quadros): 40 e tal sonetos de amor e circunstância e uma canção desesperada.


António Ramos Rosa: Nos seus olhos de silêncio.


António Rebordão Navarro: Um infinito silêncio.


António Torrado: Do agregado sentimental.


Armando Martins Janeira: O impacto português sobre a civilização japonesa.


Artur Anselmo: Ponto internacional.


Autran Dourado (Brasil): O Risco do Bordado.


Carlos Drummond de Andrade (Brasil): Caminhos de João Brandão.


Casimiro de Brito: Mesa do amor.


Cristóvão de Aguiar: Vietname.


Darcy Ribeiro (Brasil): Os índios e a civilização.


Domingos Monteiro: O Vento e os Caminhos (conto).


Eduardo Guerra Carneiro: Isto anda tudo ligado.


Ernesto Leal: Afonso III (teatro).


Fernando Monteiro de Castro Soromenho (1910-1968 Angola): A chaga.


Fernando Namora: Marketing.


Fiama Hasse: (Este) rosto.


Gonçalo M. Tavares: O Senhor Henri e Um Homem: Klaus Klump.


Henrique Segurado: Ressentimento dum ocidental.


João Guimarães Rosa (Brasil 1908-1967): Ave, palabra.


João José Cochofel: Uma Rosa no Tempo (poesía).


João Palma-Ferreira: Na tua morte.


João Rui de Sousa: Meditação em Samos.


Joel Serrão: Antologia do pensamento político português: liberalismo, socialismo e republicanismo.


Jorge Borges de Macedo: O aparecimento do conceito de programa político e Herculano e a arqueologia.


Jorge de Sena: A Estrutura de Os Lusíadas e Outros Estudos Camonianos...(ensaio).


José Carlos Ary dos Santos: Fotos-grafias.


José Gomes Ferreira: Poesia IV.


José Hermano Saraiva: Aspirações e contradições da Pedagogia contemporânea.


José Saramago: Provavelmente Alegria (poesia).


Lygia Fagundes Telles (Brasil): Antes do baile verde.


Manuel Alberto Valente: Viola interdita.


Maria da Graça Freire: O inferno está mais perto.


Maria Isabel Barreno: Os Outros Legítimos Superiores (romance).


Maria Ondina Braga: Amor e Morte (conto).


Maria Teresa Horta: Ambas as mãos sobre o corpo.


Mário Sacramento (1920-1969): Frátria. Diálogo com os católicos ( ou tal vez não)?


Murilo Mendes (Brasil): Convergência.


Natália Correia: As Maçás de Orestes (poesia) e Cantares dos Trovadores Galego-Portugueses.


Natália Nunes: A nuvem: história de amor.


Orlando Mendes (Mozambique): Um minuto de silêncio (teatro).


Orlando Ribeiro: A evolução agrária no Portugal Mediterrâneo.


Orlando Vitorino: A idade do corpo.


Pedro Homem de Melo: O Desterrado (poesia).


Pedro Tamen: Daniel na cova dos leões.


Prista Monteiro: A rabeca; A meio da ponte e O anfiteatro.


Raul de Carvalho: Tudo é visão.


Romeu Correia: O cravo espanhol.


Ruy Cinatti: Uma sequência timorense.


Sophia de Mello Breyner: Grades (poesia).


Vinícius de Moraes (Brasil): A Arca de Noé. Poemas infantis.


Wanda Ramos: Nas coxas do tempo.




Cataluña


Nacen:


Morren:

  • Josep Carner (Bruselas; 1884 Barcelona).
  • Ramon d‘Abadal (Barcelona; 1888 Vic).

PREMI VÍCTOR CATALÀ: Montserrat Roig por Molta roba i poc sabó.


PREMI D’HONOR DE LES LLETRES CATALANES: Joan Oliver (Pere Quart).

PREMI JOSEP PLA: Teresa Pàmies: El testament de Praga.


Agustí Calvet “Gaziel” (1887-1964): Quina mena de gent som.

Baltasar Porcel: Difunts sota els ametllers en flor (novela).


Ferran Soldevila: Al llarg de la meva vida.


Francesc Parcerisas: Homes que es banyen (poesía).

Gabriel Janer Manila: El silenci.


Jaume Fuster: Abans del foc.


Joan Colomines i Puig: Julieta (teatro).


Joan Vinyoli: Tot és ara i res (poemas).


Joan Brossa. Poesía rasa (obra poética entre 1943 e 1959).


Jordi Teixidor: El retaule del flautista (teatro). Premi Josep Maria de Sagarra 1968.


Josep Dalmau i Olivé: Contrapunts al “Cami” de l’Opus Dei.


Josep Ferrater Mora: Els mots i els homes.


Josep Vicenç Foix: Darrer comunicat (prosa) e Allò que no diu “La Vanguardia” (artigos).


Jordi Teixidor: El retaule del flautista (teatro).


Llorenç Villalonga: La Lulú.


Manuel de Pedrolo: Un amor fora ciutat.


Maria Antònia Oliver: Cròniques d’un mig estiu.


Nèstor Luján e Joan Perucho: Libro de la cocina española.


Pere Gimferrer: Els miralls (poesía).


Ramon Gomis: La petita història d’un home qualselvol (teatro).


Robert Saladrigas: 52 hores a través de la pell.


Xavier Casp: Silenci.

Flag of Spain

Nacen:




Morren:


Antonio Buero Vallejo: El sueño de la razón.

Antonio Gala: El caracol en el espejo.


Antonio Pereira: Un sitio para Soledad.


Carlos Barral: Informe personal sobre el alba.


Carlos P. Otero: Introducción a la lingüística transformacional (Ed. Siglo XXI. “Grial” nº 35, páx. 114).


Carmen Laforet: La niña y otros relatos.


Eugenio Asensio: Poética y realidad en el cancionero peninsular de la Edad Media.


Fernando Arrabal: Y pusieron esposas a las flores (teatro).


Francisco García Pavón: Una semana de lluvia.


Gloria Fuertes: Poesía (1950-1969).


Jesús Fernández Santos: Las catedrales.


José Ángel Valente: El inocente.


José Batlló: Primera exposición.


José María Bellido: Rubio cordero.


José Martín Recuerda: Las arrecogías del Beaterio de Santa María Egipcíaca.


José Miguel Ullán: Cierra los ojos y abre la boca.


José Ruibal: Curriculum vitae (teatro).


José Sanchís Sinisterra : Algo así como Hamlet (teatro).


Josep Maria Castellet: Nueve novísimos poetas españoles.


Juan Benet: Una meditación e Puerta de tierra.


Juan Goytisolo: Reivindicación del conde don Julián.


Juan Marsé: La oscura historia de la prima Montse.


Leopoldo de Luis: Con los cinco sentidos.


Leopoldo María Panero : Así se fundó Carnaby Street.


Luis Riaza: Los mirones (teatro).


María Teresa León Goyri: Memoria de la melancolía.



Martín Pardo: Nueva poesía española.


Miguel Delibes: La mortaja.






Máis culturas:


Nacen:



Morren:.

  • Manuel José Arce y Valladares (Poeta alófono. Guatemala; ibídem 1907).
  • Bertrand Russell (Gales; ibídem. 1872).
  • Edward Morgan Forster (Coventry; 1879 Londres).
  • François Mauriac (París; 1885 Bordeaux).
  • Giuseppe Ungaretti (Milán; 1888 Alexandría).
  • Jean Giono (Manosque; ibídem 1895).
  • John Dos Passos (Baltimore; 1896 Chicago).
  • Julius Pokorny (Zurich; 1887 Praga).
  • Paul Celan (París, suicídase tirándose ao Sena; 1920 Rumanía).
  • Única Zürn (París; 1916 Berlín).
  • Yukio Mishima (1925 Tokio).



Alfredo Bryce Echenique: Un mundo para Julius.

Clara Isabel Alegría Vides: Aprendizaje (poesía).


Ernesto Cardenal: Homenaje a los indios americanos.


Jorge Enrique Adoum: El sol bajo las patas de los caballos.


José Coronel Urtecho: Pol-lá d’ananta, katanta paranta (Por muchas subidas y caídas, vueltas y revueltas.)


José Donoso: El obsceno pájaro de la noche.


José Emilio Pacheco: No me preguntes como pasa el tiempo.


Julio Cortázar: Viaje alrededor de una mesa.


Luis Brito García: Rajatabla.


Manuel Scorza: Redoble por Rancas.


Miguel Otero Silva: Cuando quiero llorar no lloro.


Renato Prada Oropeza: La autonomía literaria.


Sergio Pitol: Del encuentro nupcial.



Alain Robbe-Grillet: Projet pour une révolution à New York.


Dario Fo: Morte accidentale di un anarchico.


Derek Walcott: Soño na montaña do mono (teatro).


E. Ionesco: O xogo da epidemia.


Ismaíl Kadaré: O ano negro; Crónica de pedra e Os tambores da choiva.


James Graham Ballard: A exhibición de atrocidades.


John Ashbery: O doble soño da primavera.


John Banville “Benjamín Black”: Long Lankin.


John Glassco: Memoirs of Montparnasse.


Magda Szabó: Abigél.


Malcolm Lowry (1909-1957): October Ferry to Gabriola.


Michel Tournier: Le roi des aulnes (narrativa).


Muriel Spark: The driver’s seat.


Natalia Ginzburg: Mai devi domandarmi.


Patrick O’Brien: Master and Commander.


Paul Celan: Lichtzwang (Coerción da luz. Poesía).


Peter Handke: O medo do porteiro ante o penalti.


Roland Barthes: L’empire des signes.


Richard Bach: Jonathan Livingston Seagull.


Ted Hughes: Crow (Corvo. Poesía).


Thomas Bernhard: A caleira.


Tom Stoppard: After Magritte.


Yukio Mishima: O mar da fertilidade.



Tamén sucedeu...

  • CINE: Bernardo Bertolucci: Il conformista e La estrategia del ragno.
    Jose afonso.jpg
  • José Afonso grava o disco Traz outro amigo também.
  • Bob Dylan: New Morning.
  • Promúlgase a “Ley General de Educación” do ministro Villar Palasí (4 de agosto).
  • En decembro, consello de guerra en Burgos contra varios membros de ETA: Protestas mundiais polas condenas a morte que finalmente son conmutadas por Franco.
  • Guerra civil en Xordania.
  • Tropas estadounidenses invaden Camboxa.
  • Triunfo electoral do socialista chileno Salvador Allende.
  • Pastrana Borrero, presidente de Colombia.
  • O divorcio é legal en Italia.