1960

De Xulipedia
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Flag of Galicia (civil).svg Cultura galega

Nacementos/Pasamentos

Child in diaper icon Nacementos
Literatura
Antonio Tizón Barral (Aranga).
Anxo Quintela González (Castrelos, Vigo).
Cándido Pazó González (Vigo).
Francisco Manuel López Martínez: “Alexandre Nerium” (Fisterra).
Héctor Carré Menéndez (A Coruña).
Isolda Santiago (Paxareiras, Mazaricos).
José Vázquez Peinó (Lugo).
Manuel María Lence Buíde (Lugo).
Manuel Veiga Taboada (Monforte).
Paulino Peña Álvarez (Vilardevós).
Román Raña Lama (Vigo).
Rosa María Vidal Vázquez (Laxe).
Silvia Gaspar Porras (Montevideo).
Xesús Pereiras López (Monterroso).
Outros
O actor e director teatral Quico Cadaval (Ribeira).
O pintor e escultor Tono Carbajo (Vigo).
O pintor Javier Cabo Villaverde (Compostela).
O pintor e escritor José Antonio Díaz Escolante (Lugo).
O pintor Modesto Trigo (Gundivós).
O pintor Xurxo Gómez Chao (A Coruña).
O ceramista Henrique Gutiérrez Leirachá (Ferrol).
A escultora Marga Crespo (Chacabuco, Buenos Aires).
O músico Jorge Berdullas del Río (Vilagarcía de Arousa).
O compositor Juan Durán (Vigo).
O antropólogo Luís A. Gárate Castro (Lugo).
Skull.png
Pasamentos
Literatura
Eduardo Lence-Santar y Guitián (Mondoñedo; ibidem 1876).
Prudencio Rovira Pita (Pontevedra; ibidem 1870).
Xohán Casal Pardo (A Coruña; ibidem 1935).
Outros
O escritor Manuel Casás Fernández (A Coruña; ibidem 1867).
O intelectual e escritor José Almoina Mateos (Ciudad de México; 1903 Lugo).
Cruz Ángel Gallástegui Unamuno (Pontevedra; 1891 Vergara).
Fernando Álvarez de Sotomayor y Zaragoza (Madrid; 1875 O Ferrol).
Dionisio Quintillán Cardesín, loitador pola redención da terra e colaborador da prensa obreirista (Poio; ¿? Forcarei).
O estudoso do folclore musical galego Faustino Santalices Pérez (Madrid; 1877 Granxa, Bande).
O debuxante Argimiro Suárez Ferreiro (Noia; 1905 Outes).
O líder sindical José Pasín Romero (Santiago; ibídem 1878).
Germán Vidal Barreiro (Concepción, Chile; 1892 Noia). Avogado e político.

Publicacións

Galegas

  • Alexandre Cribeiro Acoitelado na espera (poemario premiado na Unity Galega de New York. Colec. Brais Pinto con ilustracións de Mikel Forcada).
  • Álvaro Cunqueiro: Las mocedades de Ulises (Argos. Con acuarelas de José María Prim) e Escola de menciñeiros e fábula de varia xente (Prólogo de García Sabell asinado en xullo de 1959. “Grial” nº 27, páx. 114 e “Grial” nº 72, páx. 266). O libro está dedicado a Vicente Risco. Nunha carta a Fernández del Riego de 1959 escribe Cunqueiro: “… dígoche que me pareceu que eu, entre moitos viña obrigado a facerlle este galano a un home de quen aprendín, mellor ou pior –a culpa é miña-, a ollar certas cousas galegas, darlles aprecio, contalas como se amosan, sin máis…”. (Álvaro Cunqueiro: Cartas ao meu amigo. Epistolario mindoniense a Francisco Fernández del Riego 1949-1961. Galaxia 2003, páx. 171).

O 16 de marzo en “El Progreso” Manuel Cerezales escribe sobre Cunqueiro: “El escritor gallego reside en su tierra olvidado y casi desconocido en Madrid, donde hace veinte años se reveló como uno de los príncipes de aquella generación literaria. Pocos escritores encontraron como Cunqueiro una tan clara oportunidad de realizar en un plazo breve sus ambiciones. Sus escritos ganaron en poco tiempo fama y prestigio. Se comprobó una vez más que sólo el altavoz de Madrid es capaz de difundir y consagrar un hombre en todo el ámbito nacional. Pero bastó que el escritor se retirara a su país para que con su distancia se fueran gradualmente apagando las resonancias que había despertado su obra y presencia continuada en la capital del reino”.

  • Aquilino Iglesia Alvariño: De día a día (Editorial Celta). Obtén o primeiro premio de poesía “Noriega Varela” no “Certamen Literario del Miño”, organizado polo Concello de Lugo, co poema “Pastor de ríos”.
    Aquilino Iglesia Alvariño 1929
  • Daniel Cortezón: A xeva sagrada (Premio Castelao do Centro Galego de Buenos Aires); Nicolás Flamel (teatro, Vigo) e O renarte Ciprián (teatro).
  • Eduardo Blanco Amor: aparece a autotradución La parranda (Cía. General, Fabril Editora, Buenos Aires). En carta a Fernández del Riego (8 de abril) escribe: “A esmorga sae en autotradución, con tídoo de La parranda, na mais brilante editorial que oxe funciona eiquí: a Cía. Gral. Fabril Editora, potentísima e que fai grandes tiradas dos libros. O curioso é que a min nunca se me houbera ocurrido traducila e que foron iles os que a descubriron e quenes me pediron que o fixese. Como o texto depende tanto do lenguaxe, deume mais traballo a versión que o orixinal. Agora falan de traducila ó francés. ¡Xa ves o destino dos libros! Foi o que me deu menos traballo, fíxeno en pouco mais dunha semana. Están tan contentos con ela, que sae na mesma coleición en que apareceron Arthur Miller, Bertold Brecht, Priestley, Kafka, etc. ¡Deben de estar parvos!”.

Con data de 11 de abril, Rodrigues Lapa escribe a Fernández del Riego: “Acabei de ler A esmorga. É unha novela estranha e poderosa, em que as personagens se recortam, fortes e palpáveis, no cenário da velha Auria falando um galego autêntico, de excelente sabor popular. Pouco falta para se lhe poder chamar uma pequena obra-prima”. (“Grial” nº 184).

Blanco Amor escribe a Fernández del Riego o día de Corpus: “Moitas gracias polo que fas no tocantes á miña noveliña. Alédame moitísimo a opinión de Rodrigues Lapa, val por todo cuanto os outros calan. Xa me decataba que Cela non tería tempo pra se ocupar dela. Tampouco eu o tiña cando consumín tres xuntanzas co Consello de Adeministración de Emecé Editores –ameazando incluso con dimitir- para que se resolvesen a publicar o Pascual Duarte, que saíu con prólogo e solapa da miña mau e que foi o inicio do espallamento. E eso ocurría cando eu o tiña por un forte adversario político. Así son as cousas. Por outro lado goréntame mais que faga o comentario Celso Emilio; sin dúbida, será mais sentado e mais intelixente. O caso é que o faga”.

  • Faustino Rey Romero: Poema das materias sagras (Gráficas Bolfer, Porriño).(Hai unha segunda edición aumentada no 1963). A terceira composición, titulada “A ágoa” publicouse en edición bilingüe en Xerusalén (The Commercial Press) no ano 1962. A tradución ao árabe foi feita por Rafael Khoury.
  • Leandro Carré publica na revista “Céltica” que dirixe en Porto Oliveira Guerra o traballo “Literatura gallega. O romance”
  • Manuel Lueiro Rey: Sonetos a la ciudad de Vigo, premio de poesía “Ciudad de Vigo”. Gaña o premio “Pérez Lugín” da Asociación da Prensa da Coruña con La colmena y sus celdillas. Foi tamén finalista do V Premio de Contos “Leopoldo Alas” de Barcelona.
  • Neira Vilas: Dende lonxe (Edit. Follas Novas. Prólogo de Rafael Dieste e cuberta de Luis Seoane). En carta do 1 de xullo escríbelle Otero Pedrayo: “(…) tres derradeiros poemas do seu Dende lonxe van conmigo. Cando vago polas grandeiras ermanzas, cando unha vez e outra procuro nas vellas rúas o brilar de azuis vidros da xuventude. Son a millor compaña (…) Graciñas polos poemas verdadeiros, de un o outro vaise polas corredoiras da ialma (…). Polo demais, a verba limpa, folla orballada, pedra lucidía ou arelanza de néboa, garda en todo intre sua dinidade” (“Grial” nº 187, páx. 114).

En carta de 31 de agosto escríbelle Carballo Calero dende Lugo, referíndose a Dende lonxe: “Lino con pracer i emoción. Hai nil pulo, seriedade, nobreza, saudade, enxebreza. A edición é escelente. Por todo, reciba a miña embora” (Xosé Neira Vilas: Cartas de vellos amigos. Galaxia).

Manuel Fabeiro escríbelle con data de 1 de novembro: “(…) Teu libro Dende lonxe, que che agradezo moito. Sabía das túas condicións, pro non sabía que eras un poeta enteiro. Nos poemas do teu pequeño libro está todo o teu sentir de ausente, ou “desterrado”. (…) O mar, amigo Neira, non é a corredoira pola que fuxen os cobizosos. E a estrada, ancha, de ceos abertos, por onde camiñan os libres e valentes. Os que non quixeron vivir na tiranía. Os que buscan nas terras alléas, aquello que lles falta na súa. O mar non é máis que os cons da costa feitos bágoas de saudade. Podiamos estudear os teus poemas, a poucos. Sacaríamos a conclusión de que todo é un soio poema. Un grande poema. O poema teu e de todos os desterrados”. (Xosé Neira Vilas: Cartas de vellos amigos. Galaxia 2010).

Dende Vigo, con data de 24 de agosto, escríbelle Celso Emilio: “Chegoume Dende lonxe o seu fermoso e triste libro de poeta desterrado que lin dunha sentada, como se bebe dun só grolo a cunca de bon viño. Hai moita dor –i emporiso moita poesía- nos seus versos. E hai tamén moita protesta. Ista é a tarefa mais urxente dos poetas de hoxe. Non se pode vivir nun mundo noxento sin deixar testimuña da nosa disconformidade e da nosa protesta. Pode que a isto lle chamen poesía social, pero ocurre que si non é social a poesía non é nada. O poeta é un ser social, que vive na sociedade e que, si se pon ao marxe dela, comete un delito de frivolidade imperdonavel. Vostede é dos que non esqueceu a sua obriga. Adiante. E pensen tamén un pouco en nós, nos que estamos desterrados na nosa propia terra”. (Xosé Neira Vilas: Cartas de vellos amigos. Galaxia 2010).

Pola súa parte, Valentín Paz-Andrade escríbelle: “Recebín Dende lonxe. E un libro que deixará un ronsel renovador na poesía galega. As composicións están cheas de verdadeiros achádegos estéticos, e todas responden a un senso de incorporación da lírica as inquedanzas do noso tempo, que nos fai moita falla”. (Xosé Neira Vilas: Cartas de vellos amigos. Galaxia 2010, páx.383).

Igualmente escríbelle Ramón Piñeiro (10 de xullo): “Con todo interés, fixen unha primeira leitura do libro. En todo il está a tremer a presencia acesa da terra soñada e tamén a inquedanza e a fe do seu destino. Nos quince poemas atopei un alento de sinceiridade humana que lles dá forza comunicativa, que os fai penetrar na intimidade do leitor”. (Epistolario Ramón Piñeiro–Xosé Neira Vilas. Cadernos Ramón Piñeiro XXXII. Xunta de Galicia 2015).

  • Ramón Otero Pedrayo: O señorito da Reboraina (“Grial” nº 52, páx. 262 Reeditado por Galaxia 1996) e Traxicomedia da noite dos santos (peza curta na revista portuguesa “Quatro ventos”.

Relativas a Galicia

  • A número 10 da revista “Aturuxo” do Ferrol, saca en febreiro un monográfico en homenaxe a Luís Pimentel publicado co gallo do segundo cabodano do poeta e inclúe poemas de Luz Pozo, Cunqueiro, González Garcés, Manuel María e Carballo Calero e estudos sobre a súa obra de Ramón Piñeiro: “Galicia e Rosalía na poesía de Luís Pimentel”, de Carballo Calero, co pseudónimo de Fernando Cadaval e de López Nogueira, entre outros.
  • Desaparece a revista “Vida gallega en Cuba” (xaneiro 1950).
  • O nº 10 da revista “Alba” é un monográfico dedicado a Luís Pimentel.
  • Tamén está dedicado a Luís Pimentel o número 10 da revista ferrolá “Aturuxo”.
  • O número de marzo da revista “Galicia” do Centro Galego de Buenos Aires está dedicado a Lugo, nel, Salvador Lorenzana fai unha “Guía de escritores lucenses”.
  • A “Peña Galega Manuel Murguía” edita na cidade arxentina de Santa Fé a publicación “Aturuxo” dirixida por Antonio Ucha.
  • Editada polo párroco Enrique Rodríguez Troncoso, sae o primeiro número de “Lonxe da Terriña”, co subtítulo de “Hoja informativa y orientadora dedicada por la parroquia de Ponteareas a sus hijos emigrantes con ocasión del Día de las Migraciones”.
  • Anisia Miranda: Esta es Cuba, hermano (Edit. Follas Novas). O 30 de xuño escríbelle Otero Pedrayo: “O seu libro é un paxaro de ouro e dor, choutando paralelos (…). Endexamais tiven a sensación da luz e da pasión da lapa votiva de Cuba coma nos seus versos, querida Anisia, inda que teño lido moito sobre a Antilla (…). As cordas da lira de Anisia latexan como feitas de corazóns, e saben gardar unha elegancia de vella raza”. (Grial” nº 187, páx. 116).
  • Antón Tovar: El tren y las cosas (Ourense).
  • Antonio Meijide Pardo: La emigración gallega intrapeninsular en el siglo XVIII (Madrid) e El comercio marítimo de Galicia con los países del norte de Europa en la segunda mitad del siglo XVIII (Madrid).
    Emigracion gallega antonio meijide.jpg
  • Baldomero Isorna Casal: Voz en blanco y tres poemas abstractos (Madrid).
  • Carlos Rivero Troncoso: Mañana empieza el alba.
  • Díaz Pardo: Discusión sobre organización de industrias manufactureras (A Coruña. O libro foi secuestrado). O 10 de marzo Díaz Pardo marcha para Buenos Aires.
  • Fuco Gómez: Ensayos de crítica e Historia de Galicia.
  • Francisco Xavier Carro Rosende: El dolor de la carne (poemas).
  • Isidro Conde: Poesía de Galicia (México).
  • José Blanco Amor: Duelo por la tierra perdida (Buenos Aires).
  • José Luis Prado Nogueira: Miserere en la tumba de R. N. (Sevilla).
  • José María Castroviejo: El pálido visitante e Galicia. Guía espiritual de una tierra (Madrid. Espasa Calpe); (“Grial” nº 33, páx. 373).
  • Juan Farias Díaz- Noriega: Después amanece (Tenerife).
  • Juan María Gallego Tato: El hombre que volvió a ser joven (Teatro; Lugo).
  • Juan Rof Carballo: Urdimbre afectiva y enfermedad.
  • Luís Pimentel (1895-1958): Barco sin luces (Imprenta Celta de Lugo), con prólogo de Dámaso Alonso: “No toqueis a este libro. Podría deshacerse, porque es todo de rosas ceniza, de cristal, de hundidas sombras, de aire. Quizá mejor que no entréis en este misterio”. A edición está ao coidado de Ángel Johán.O prólogo de Dámaso Alonso fora xa publicado no 1952 en Poetas españoles contemporáneos, na colección que el dirixía na Biblioteca Románica Hispánica da Editorial Gredos en Madrid.
  • Río Barja: Bibliografía de Geografía económica de Galicia (Vigo).
  • Salvador de Madariaga: De Galdós a Lorca (Buenos Aires).
  • Tomás Barros Pardo: La estrella y el cocodrilo (Ferrol).
  • Valentín Paz-Andrade: Los derechos sobre el espacio marítimo.
  • Xesús Alonso Montero : Textos literarios y geográficos sobre Tierra de Campos. Con Esteban Ortegal Gato. Palencia. Diputación Provincial.
  • Xosé María Álvarez Blázquez: La ciudad y los días. Calendario histórico de Vigo. (Editado en galego no 2008 por Xerais).

Acontecementos

  • En febreiro Cunqueiro emprende unha xira de conferencias por Madrid e Barcelona. É nomeado Cronista Oficial de Mondoñedo en substitución do seu amigo Eduardo Lence Santar, morto en xaneiro.
  • O grupo Brais Pinto (Méndez Ferrín, Bernardino Graña, Xosé Alexandre Cribeiro, Ramón Lorenzo...) fai unha homenaxe a Pimentel no Centro Galego de Madrid.
  • Xosé Velo Mosquera cos xenerais portugueses Bayo e Humberto Delgado fundan o ( DRIL Directorio Revolucionario Ibérico de Liberación), que tiña como obxectivo planificar accións violentas para derrocar os ditadores de Madrid e Lisboa.
  • J.Rodolfo López-Veiga Ponte crea o grupo de teatro de “Cantigas e Agarimos”, única agrupación que fai teatro exclusivamente en galego.
  • Agustín Magán funda o Teatro de Cámara Ditea.
  • Sebastián Martínez-Risco, presidente da “Real Academia Gallega” (1960-1977) pola vacante producida pola morte de Manuel Casás Fernández.
  • Ánxel Fole colabora en “El Progreso” coa sección “Índice”.
  • Borobó” director de “El Correo Gallego”.
  • Xosé Neira Vilas funda a editora “Follas Novas” (Buenos Aires).Exposición de libros galegos na sede do Banco de Galicia de Montevideo.
  • Primeira Exposición do Periodismo Galego na Argentina (Centro Lucense de Buenos Aires), organizada pola entidade libreiro-editorial "Follas Novas". Ver 1973
  • Fúndase en Rosario (Argentina) a “Peña Cultural Gallega Rosalía de Castro”, baixo a dirección de Dolores López, que publicará un periódico bilingüe “Aquí Galicia” no que colabora Neira Vilas.
  • Luís Soto Fernández, exiliado en México, consegue que se lle autorice a entrada en España.
  • Lino Novás, como xefe de redacción da revista literaria “Bohemia” foi acusado de alta traición á patria e de traballar ao servizo do imperialismo ianqui. Pide asilo na embaixada de Colombia en La Habana. Viaxa a Miami e mais tarde a New York.
  • O 30 de xaneiro a Academia Galega faille unha homenaxe a Ramón Cabanillas. Ás 7,30 na igrexa de San Jorge, na Coruña celebra unha misa Enrique Chao Espiña, membro numerario da Real Academia Galega. Ás oito na “Reunión de Artesanos”, hai un acto literario coa intervención da Agrupación de Teatro de Cámara da Coruña dirixida polo escritor Antonio Naveira. O 3 de xullo ten lugar en Cambados unha homenaxe póstuma a Ramón Cabanillas.
  • Ramón Luis Chao Rego ingresa en Radio France Internacionale como comentarista musical e logo dirixe as emisións en galego de Radio París.
  • O 4 de novembro Manuel Caamaño funda a “Mocedade Galega de Barcelona”. Da primeira xuntanza consérvase un folleto no que se recollen os obxectivos: 1º Coñecer i estimar os valores do noso patrimoño espritoal, escomenzando polo idioma, e 2º Coñecer i estudiar a nosa realidade económico-social. O tema tratado este día foi sobre o Himno Galego.
  • Fernández del Riego elixido membro da Real Academia Galega para cubrir a vacante de Cuevillas. Entrou co discurso “Un país e unha cultura. A idea de Galicia nos nosos escritores”que foi respondido por Ricardo Carvalho Calero, quen fai unha afouta reivindicación dos labores do Seminario de Estudos Galegos que os uniu e da propia cultura galega. O profesor ferrolán conclúe a súa resposta así:

Os que chegáramos a ser camaradas cordialísimos, fomos separados pola vida, pródiga pra nós, como pra todos os homes da nosa xeración, en dramáticos acontecimentos. Mais os vencellos da antiga amistade non foron rotos nunca. Hoxe, cando pesan sobre as nosas costas duros anos de vida, que axiña sumarán o meio século, cómpreme recibir na Academia a aquil vello amigo que un día coñecín no Seminario. Entón éramos mozos: hoxe non o somos. Daquela traballábamos afervoadamente por Galicia: arestora tamén. Na Academia como no Seminario: ben vido (Ramón Nicolás: Francisco Fernández del Riego. Vida e obra dun obreiro do galeguismo. Xerais 2022).

Premios

  • Aquilino Iglesia Alvariño: De día a día (Editorial Celta). Obtén o primeiro premio de poesía “Noriega Varela” no “Certamen Literario del Miño”, organizado polo Concello de Lugo, co poema “Pastor de ríos”.
  • Cunqueiro recibe os premios Flor Natural do “Juegos Florales de Galicia” e o “Bodas de Oro de La Región”.
  • A noite vai coma un río de Cunqueiro recibe o Premio Valle-Inclán de teatro galego no I Festival literario galego-portugués de Lugo.
  • O padronés Daniel Sueiro, Premio Nacional de Literatura.
  • Antón Tovar gaña o 1º e 3º premio nos Jogos Florais de Guimaraes cos poemas “O can” e “Responso saudoso para don Henrique o Navegante”.

Mail-client-Breeze-Icon.svgEpistolario


Álvaro Cunqueiro publica Escola de menciñeiros e fábula de varia xente (Prólogo de García Sabell asinado en xullo de 1959). O libro está dedicado a Vicente Risco. Nunha carta a Fernández del Riego de 1959 escribe Álvaro Cunqueiro: “… dígoche que me pareceu que eu, entre moitos viña obrigado a facerlle este galano a un home de quen aprendín, mellor ou pior –a culpa é miña-, a ollar certas cousas galegas, darlles aprecio, contalas como se amosan, sin máis…”. (Álvaro Cunqueiro: Cartas ao meu amigo. Epistolario mindoniense a Francisco Fernández del Riego 1949-1961. Galaxia 2003, páx. 171).


Eduardo Blanco Amor: aparece a autotradución La parranda (Cía. General, Fabril Editora, Buenos Aires). En carta a Fernández del Riego (8 de abril) escribe: “A esmorga sae en autotradución, con tídoo de La parranda, na mais brilante editorial que oxe funciona eiquí: a Cía. Gral. Fabril Editora, potentísima e que fai grandes tiradas dos libros. O curioso é que a min nunca se me houbera ocurrido traducila e que foron iles os que a descubriron e quenes me pediron que o fixese. Como o texto depende tanto do lenguaxe, deume mais traballo a versión que o orixinal. Agora falan de traducila ó francés. ¡Xa ves o destino dos libros! Foi o que me deu menos traballo, fíxeno en pouco mais dunha semana. Están tan contentos con ela, que sae na mesma coleición en que apareceron Arthur Miller, Bertold Brecht, Priestley, Kafka, etc. ¡Deben de estar parvos!”.

Con data de 11 de abril, Rodrigues Lapa escribe a Fernández del Riego: “Acabei de ler A esmorga. É unha novela estranha e poderosa, em que as personagens se recortam, fortes e palpáveis, no cenário da velha Auria falando um galego autêntico, de excelente sabor popular. Pouco falta para se lhe poder chamar uma pequena obra-prima”. (“Grial” nº 184).
Blanco Amor escribe a Fernández del Riego o día de Corpus: “Moitas gracias polo que fas no tocantes á miña noveliña. Alédame moitísimo a opinión de Rodrigues Lapa, val por todo cuanto os outros calan. Xa me decataba que Cela non tería tempo pra se ocupar dela. Tampouco eu o tiña cando consumín tres xuntanzas co Consello de Adeministración de Emecé Editores –ameazando incluso con dimitir- para que se resolvesen a publicar o Pascual Duarte, que saíu con prólogo e solapa da miña mau e que foi o inicio do espallamento. E eso ocurría cando eu o tiña por un forte adversario político. Así son as cousas. Por outro lado goréntame mais que faga o comentario Celso Emilio; sin dúbida, será mais sentado e mais intelixente. O caso é que o faga”.


Neira Vilas: Dende lonxe (Edit. Follas Novas. Prólogo de Rafael Dieste e cuberta de Luis Seoane). En carta do 1 de xullo escríbelle Otero Pedrayo: “(…) tres derradeiros poemas do seu Dende lonxe van conmigo. Cando vago polas grandeiras ermanzas, cando unha vez e outra procuro nas vellas rúas o brilar de azuis vidros da xuventude. Son a millor compaña (…) Graciñas polos poemas verdadeiros, de un o outro vaise polas corredoiras da ialma (…). Polo demais, a verba limpa, folla orballada, pedra lucidía ou arelanza de néboa, garda en todo intre sua dinidade” (“Grial” nº 187, páx. 114).

En carta de 31 de agosto escríbelle Carballo Calero dende Lugo, referíndose a Dende lonxe: “Lino con pracer i emoción. Hai nil pulo, seriedade, nobreza, saudade, enxebreza. A edición é escelente. Por todo, reciba a miña embora” (Xosé Neira Vilas: Cartas de vellos amigos. Galaxia).
Manuel Fabeiro escríbelle con data de 1 de novembro: “(…) Teu libro Dende lonxe, que che agradezo moito. Sabía das túas condicións, pro non sabía que eras un poeta enteiro. Nos poemas do teu pequeño libro está todo o teu sentir de ausente, ou “desterrado”. (…) O mar, amigo Neira, non é a corredoira pola que fuxen os cobizosos. E a estrada, ancha, de ceos abertos, por onde camiñan os libres e valentes. Os que non quixeron vivir na tiranía. Os que buscan nas terras alléas, aquello que lles falta na súa. O mar non é máis que os cons da costa feitos bágoas de saudade.Podiamos estudear os teus poemas, a poucos. Sacaríamos a conclusión de que todo é un soio poema. Un grande poema. O poema teu e de todos os desterrados”. (Xosé Neira Vilas: Cartas de vellos amigos. Galaxia 2010).
Dende Vigo, con data de 24 de agosto, escríbelle Celso Emilio:“Chegoume Dende lonxe o seu fermoso e triste libro de poeta desterrado que lin dunha sentada, como se bebe dun só grolo a cunca de bon viño. Hai moita dor –i emporiso moita poesía- nos seus versos. E hai tamén moita protesta. Ista é a tarefa mais urxente dos poetas de hoxe. Non se pode vivir nun mundo noxento sin deixar testimuña da nosa disconformidade e da nosa protesta. Pode que a isto lle chamen poesía social, pero ocurre que si non é social a poesía non é nada. O poeta é un ser social, que vive na sociedade e que, si se pon ao marxe dela, comete un delito de frivolidade imperdonavel. Vostede é dos que non esqueceu a sua obriga. Adiante. E pensen tamén un pouco en nós, nos que estamos desterrados na nosa propia terra”. (Xosé Neira Vilas: Cartas de vellos amigos. Galaxia 2010).
Pola súa parte, Valentín Paz-Andrade escríbelle: “Recebín Dende lonxe. E un libro que deixará un ronsel renovador na poesía galega. As composicións están cheas de verdadeiros achádegos estéticos, e todas responden a un senso de incorporación da lírica as inquedanzas do noso tempo, que nos fai moita falla”. (Xosé Neira Vilas: Cartas de vellos amigos. Galaxia 2010, páx.383).
Igualmente escríbelle Ramón Piñeiro (10 de xullo): “Con todo interés, fixen unha primeira leitura do libro. En todo il está a tremer a presencia acesa da terra soñada e tamén a inquedanza e a fe do seu destino. Nos quince poemas atopei un alento de sinceiridade humana que lles dá forza comunicativa, que os fai penetrar na intimidade do leitor”. (Epistolario Ramón Piñeiro–Xosé Neira Vilas. Cadernos Ramón Piñeiro XXXII. Xunta de Galicia 2015).


En carta a Celestino F. de la Vega escribe Ramón Piñeiro o 27 de abril: “Acabo de recibir a túa carta. Sinto verdadeiro pesar ó ver o estado de ánimo que estás atravesando e que tan ben reflexas nela. Eu sei por propia experiencia o penosos que son tales desalentos, que sumen a un nunha especie de escuridade erma e déixano sen ganas nin folgos para nada. Porque os conozo sei que convén saír deles, canto máis axiña mellor. Comprendo que padezas de vez en cando crises de irritación contra a necedade ambiental… o primordial é crear, aportar, facer obra boa; o secundario, a crítica da obra mala. Non se debe invertir esta orde… O que ocurre é que, pola inercia dun puro hábito, non adaptas a túa actividade a esa orde natural que o labor cultural debe ter e consumes máis tempo e máis enerxías en criticar e combatir as obras malas ou mediocres que en crear a túa propia obra. O resultado é que perdes a paciencia e alporízaste…”. (“Grial” nº 111).


Vicente Risco escribe a Fernández del Riego sobre un posible libro que Galaxia pensaba publicarlle con escritos anteriores á Guerra Civil: “Coido que axuda moito a indicar o que en grande parte podo eu representar na cultura galega. Nela fun e son, un pouco o Gandhi que eiquí cumpría. Vestido de Gandhi fun representado en caricatura, e campaba ben coa sábana branca… Fun – e son- ademáis, tan ineficaz coma il. A India actual arrédase máis de Gandhi do que o faría a India inglesa. Sonche as paradoxas da historia. En troques, Gandhi ten discípulos ilustres en Europa; polo menos, un home a quen admiro moito: Lanza del Vasto. Máis ou menos sómolos santos das catacumbas”.


Nun principio o libro ía consistir nunha escolma de glosas que Risco publicara en distintos periódicos durante a súa etapa nacionalista pero decidiu que non servían:“Moitas son máis ou menos políticas, outras axustadas a situacións pretéritas sen interés, noutras digo cousas que agora non quero repetir, porque […] todas levaban algunha intención de propaganda, a propaganda fai decir a un cousas coas que non está conforme pra que lle gusten á xente diste lado ou do outro, e máis nun caso coma o noso, en que se trataba de achegar ós máis, e non podía un aterse excrusivamente ó seu modo de pensar, como lle acontece a tódolos políticos, que cáxeque sempre teñen que decir o que non pensan”.(Carlos Casares: Para ler a Vicente Risco. Galaxia 1997, páx.102). Entón Risco decidiu substituír estes textos por outros, algúns dos cales foran publicados en “Nós”, dando lugar ao volume Leria publicado en Galaxia no 1961.


Anisia Miranda: Esta es Cuba, hermano (Edit. Follas Novas). O 30 de xuño escríbelle Otero Pedrayo: “O seu libro é un paxaro de ouro e dor, choutando paralelos (…). Endexamais tiven a sensación da luz e da pasión da lapa votiva de Cuba coma nos seus versos, querida Anisia, inda que teño lido moito sobre a Antilla (…). As cordas da lira de Anisia latexan como feitas de corazóns, e saben gardar unha elegancia de vella raza”. (Grial” nº 187, páx. 116).


Neira Vilas exerce de anfitrión de Machado da Rosa en Buenos Aires, quen estaba acompañando a un grupo de estudantes norteamericanos de portugués. Con data de 14 de maio, Ramón Piñeiro escribe a Neira Vilas dende Compostela: “Recibín a sua carta. Sabía polo propio Machado da Rosa, que me escribíu dende ahí de B. Aires, da visita que lle fixo e das conversas que tivo con outros amigos. Tamén Agostinho da Silva me tivo ó tanto dos preparativos e da creación do Seminario de Estudos Galegos e do correspondente Boletín. Tanto no Brasil como en Portugal comenza a tomarse en serio o noso rexurdir cultural. Si temos tino, en poucos anos chegaremos a consolidar a nosa presencia aitiva nise mundo fraterno”.(Xosé Neira Vilas: Cartas de vellos amigos. Galaxia 2010, páx. 407).


A finais de febreiro, Luís Seoane emprende unha longa viaxe por Europa. O 21 de marzo, escribelle a Díaz Pardo dende Basilea: “Fue una lástima que Castelao, que tanto quiso a algunos alemanes, no hubiese sabido ver, a mi juicio, a sus contemporáneos de Alemania, como se refleja en la página de su diario”.


Dirixido por Jacinto do Prado Coelho, publícase o Dicionário das Literaturas Portuguesa, Galega e Brasileira (Porto. Livraria Figueirinhas). Con data de 17/XII/1969 escribe Ramón Piñeiro a Basilio Losada: “En principio estou comprometido a ir a Lisboa a mediados de xaneiro. Pensaba enviarche por correo dende alí o Dicionário das literaturas portuguesa, galega e brasileira. Como ves, trátase dunha obra interesante da que circulan tres ediciós, dúas aparecidas en Portugal e unha no Brasil. Non deixa de ser importante pra nós esta aparición conxunta coas outras dúas grandes literaturas irmás. A idea xurdiu do Ernesto Guerra Da Cal e foi acollida con fraternal entusiasmo polo direitor da obra, profesor Jacinto do Prado Coelho, que vén seguindo con gran atención todo o movemento de promoción cultural desenvolto por Galaxia”. (Ramón Piñeiro, Basilio Losada Do sentimento á conciencia de Galicia. Correspondencia (1961-1984). Galaxia, páxina 777).

En carta do 20 de decembro, o lingüista Tomás Navarro Tomás contéstalles a algúns dos seus ex alumnos que lle pedían que reconsiderara a súa actitude política e volvese a España: “No tengo proyecto de ir a España en plan turístico mientras no cambien las circunstancias. Mis sentimientos son los mismos que cuando salí de ahí. (Américo) Castro y (Agustín) Millares se condujeron durante la guerra de diferente modo que yo. Es lógico que yo tampoco me conduzca ahora como ellos. Algunos compatriotas han creído bien acogerse a la amnistía que Franco concedió a los refugiados. Otros refugiados estamos firmes en el principio de no conceder amnistía a Franco, aunque nos cueste no volver a nuestra tierra”.(No volume La historia interna del Atlas lingüístico de la península Ibérica. Universitat de Valencia).


Nunha carta de 19-V-1960 de Ramón Piñeiro a Carballo Calero di o seguinte: “Con López Abente estivemos hai 15 días en Muxía. Por certo que nos amostrou a casa dos seus abós, na que estivo Rosalía co tifus e máis Eduardo Pondal. Pregunteille si Rosalía e o Pondal se conocían con anterioridade e díxome que non e que a coincidencia alí en Muxía fora casual”.(Cadernos Ramón Piñeiro XXXIII. Epistolario Ricardo Carballo Calero, Ramón Piñeiro. Xunta de Galicia. 2015).

Sumarios

Flag CPLP.gif Cataluña Flag of Spain Outras culturas

NobelPREMIO NOBEL DE LITERATURA: Saint-John Perse

Flag CPLP.gif CPLP - Comunidade dos Países de Lingua Portuguesa


'


Nacen:




Morren:

  • António de Assis Júnior (Lisboa; 1887 Luanda).
  • António Correia de Oliveira (Esposende; 1878 S, Pedro do Sul).
  • Jaime Cortesão (Lisboa; 1884 Ançã, Cantanhede).
  • João de Barros (Lisboa; 1881 Figueira da Foz).
  • Tomás Vieira da Cruz (Lisboa; 1900 Constância).




Afonso Duarte (1884-1958): Lápides e outros poemas.

Agustina Bessa Luís: Ternos Guerreiros.


Alexandre O’Neill: Abandono vigiado.


Alfredo Margarido: No fundo deste canal.


Alves Redol: Cavalo Espantado.


Ana Hatherly: A dama e o cavaleiro.


António Aurélio Gonçalves (Cabo Verde): História do tempo antigo.


António de Macedo: A evolução estética do cinema (vol.2).


António de Cértima: Primeiro dia do Homem fora do Paraíso.


António José Saraiva: Dicionário crítico de algumas ideias e palavras correntes.


António Quadros: Anjo branco, anjo negro e Fernando Pessoa: a obra e o homem.


António Ramos Rosa: Viagem a través duma nebulosa.


António Rebordão Navarro: O dia dentro da noite.


Antunes da Silva: Suão.


Ariano Suassuna (Brasil): Farsa da boa preguiça.


Armindo Mendes de Carvalho: O rei de Montoya.


Augusto Abelaira: Os Desertores.


Bernardo Santareno: António Marinheiro (O Édipo de Alfama).


Carlos de Oliveira: Cantata (poesía).


David Mourão-Ferreira: Vinte Poetas Contemporâneos (ensaio).


Eduardo Lourenço: Presença ou a Contra-Revolução do Modernismo português.


Egito Gonçalves: Memória de setembro.


Ernesto Leal: A velha e o barco.


Ernesto Manoel de Melo e Castro: Entre o som e o sul.


Fernanda Botelho: A gata e a fábula.


Fernando Guedes: A viagem de Ícaro.


Fernando Monteiro de Castro Soromenho (Angola): Histórias da terra negra.


Fiama Hasse: Os chapéus de chuva (teatro).


Francisco Bugalho (1905-1949): Poesia.


Francisco Fernando da Costa Andrade: Terra das acácias rubras.


Guedes de Amorim: Francisco de Assis, Renovador da Humanidade.


Irene Lisboa (1892-1958): Crónicas da Serra.


Jacinto do Prado Coelho: Obra Selecta de Camilo Castelo Branco.


Jaime Salazar Sampaio: O silêncio de um homem e O ramal de Sintra.


João Cabral de Melo Neto (Brasil): Dois Parlamentos e Quaderna.


João Maia: Égloga impossível.


João Rui de Sousa: A hipérbole na cidade e Circulação.


Joel Serrão: Temas de cultura portuguesa.


Jorge de Sena: Andanças do Demónio (conto).


José Augusto França: Dez anos de cinema.


José Blanc de Portugal: Parva naturalia (poesía); O espaço prometido (poesía) e Anticrítico (ensaio).


José Cardoso Pires: O render dos Heróis (teatro) e Cartilha do Marialva (ensaio).


José Carlos González: Naufrágio.


José Gomes Ferreira: O mundo desabitado.


José Rodrigues Miguéis: A Escola do Paraíso.


José Sebastião da Silva Dias: Correntes de sentimento religioso em Portugal nos séculos XVI a XVIII.


Júlio Dantas: Tribuna.


Luís de Sttau Monteiro: Um homem não chora.


Luísa Dacosta: Notas de Crítica Literária.


Luiz Francisco Rebello: Teatro português, do Romantismo aos nossos dias.


Luiza Neto Jorge: Noite vertebrada.


M. S. Lourenço: O desequilibrista.


Manoel de Barros (Brasil): Compêndio para uso dos pássaros.


Manuel Antunes: Ao encontro da palabra e Do espírito e do tempo.


Manuel de Seabra: O retrato esboçado.


Manuel Ferreira Gomes (1860-1941): Correspondência.


Maria Teresa Horta: Espelho inicial (poesía).


Mário Braga: O livro das sombras.


Mário Fonseca (Cabo Verde): Quand la vie naîtra.


Natália Nunes: Regresso ao caos.


Orlando Ribeiro: Atitude e explicação em Geografia Humana.


Pedro Alvim: Sábado.


Pedro Tamen: Primeiro livro de Lapinova.


Reinaldo Ferreira (Mozambique 1922-1959): Poemas.


Romeu Correia: O vagabundo das mãos de ouro (teatro).


Ruben A.: Cores (contos).


Tomaz da Fonseca: A mulher, chave do céu ou porta do supremo?.


Urbano Tavares: Nus e Suplicantes (conto).


Vergílio Ferreira: Cântico Final.


Víctor de Sá: Amorim Viana e Proudhon.


Virgílio de Lemos (Mozambique): Poemas do tempo presente.


Dirixido por Jacinto do Prado Coelho, publícase o Dicionário das Literaturas Portuguesa, Galega e Brasileira (Porto. Livraria Figueirinhas). Con data de 17/XII/1969 escribe Ramón Piñeiro a Basilio Losada: “En principio estou comprometido a ir a Lisboa a mediados de xaneiro. Pensaba enviarche por correo dende alí o Dicionário das literaturas portuguesa, galega e brasileira. Como ves, trátase dunha obra interesante da que xa circulan tres ediciós, dúas aparecidas en Portugal e unha no Brasil. Non deixa de ser importante pra nós esta aparición conxunta coas outras dúas grandes literaturas irmás. A idea xurdiu do Ernesto Guerra Da Cal e foi acollida con fraternal entusiasmo polo direitor da obra, profesor Jacinto do Prado Coelho, que vén seguindo con gran atención todo o movemento de promoción cultural desenvolto por Galaxia”. (Ramón Piñeiro, Basilio Losada Do sentimento á conciencia de Galicia. Correspondencia (1961-1984). Galaxia, páxina 777).









Cataluña


Nacen:

Morren:

  • Jaume Vicens Vives (Lyon; 1910 Girona).

PREMI VÍCTOR CATALÀ: Ramon Folch i Camarasa por Sala d’espera.

Fúndase a “Escola d´Art Dramàtic Adrià Gual”, dirixida por Ricard Salvat e M. A. Capmany.


O 12 de marzo a revista “Destino” de Barcelona dedícalle un número extraordinario a Joan Maragall no que colaboran entre outros, Ramón Otero Pedrayo (“En el borde de la actualidad del poeta”), Aquilino Iglesia Alvariño (“Unos pasos sin huellas”) e Camilo José Cela (“Recuerdo de un poeta que nació hace cien años”), artigos que foron reproducidos en La Noche de Santiago o 10 de outubro xunto coa tradución ao galego de X. L. Franco Grande do “Cant Espiritual”.



Agustí Calvet “Gaziel” Trilogia ibèrica: Portugal enfora.


Avel.lí Artís-Gener: Paraules d‘Opoton el Vell.


Enric Valor i Vives: L‘ambició d‘Aleix.


Ferran de Pol: Érem quatre.


Gabriel Ferrater: Da nuces pueris (poesía).


Joan Fuster: Judicis finals (ensaio).


Joan Perucho. Les històries natural. Publícase en castelán no 1968.


Josep Vicenç Foix: Onze Nadals i un Cap d‘Any (poemas).


Lluís Ferran de Pol: Érem quatre.


Miquel Batllori: Ramón Llull en el món del seu temps.


Salvador Espriu: La pell de brau (poesía).


Flag of Spain


'


Nacen:



Morren:


  • Gregorio Marañón (1887 Madrid).



En carta do 20 de decembro, o lingüista Tomás Navarro Tomás contéstalles a algúns dos seus ex alumnos que lle pedían que reconsiderara a súa actitude política e volvese a España: “No tengo proyecto de ir a España en plan turístico mientras no cambien las circunstancias. Mis sentimientos son los mismos que cuando salí de ahí. (Américo) Castro y (Agustín) Millares se condujeron durante la guerra de diferente modo que yo. Es lógico que yo tampoco me conduzca ahora como ellos. Algunos compatriotas han creído bien acogerse a la amnistía que Franco concedió a los refugiados. Otros refugiados estamos firmes en el principio de no conceder amnistía a Franco, aunque nos cueste no volver a nuestra tierra”. (No volume La historia interna del Atlas lingüístico de la península Ibérica. Universitat de Valencia).


Agustín Yáñez: La tierra pródiga.

Alfonso Sastre: La cornada.


Antonio Buero Vallejo: Las Meninas.


Antonio Gamoneda: Sublevación inmóvil.


Armando López Salinas e Antonio Ferres: Caminando por las Hurdes.


Camilo José Cela: Cuaderno del Guadarrama. Escrito no 1952.


Carlos Sahagún: Como si hubiera muerto un niño.


Carmen Martín Gaite: Las ataduras.


Diego Salvador: …Y volver a empezar e Mirando hacia atrás.


Ernestina Champourcín: El nombre que me diste.


Fernando Macarro Castillo “Marcos Ana”: Poemas desde la cárcel (Brasil).


Fernando Quiñones: Cinco historias del vino e Tres piezas de horror.


Francisco Brines: Las brasas.


Josep Maria Castellet: Veinte años de poesía española.


Jorge Guillén: Que van a dar en la mar...


José Ángel Valente: Poemas a Lázaro.


José María Pemán: La viudita naviera.


José María Viqueira Barreiro: Portugal en el teatro de Calderón de la Barca.


José Martín Recuerda: Como las secas cañas del camino.


José Ruibal: El bacalao.


Josefina Aldecoa: El arte del niño.


Juan Antonio de Zunzunegui: El mundo sigue.


Juan Goytisolo: Campos de Níjar.


Juan Marsé: Encerrados con un solo juguete.


María Zambrano: La España de Galdós.


Ramiro Pinilla: Las ciegas hormigas.


Torrente Ballester: Donde da la vuelta el aire.


Máis culturas:


Nacen:




Morren:.

  • Albert Camus (Villeblevin; 1913 Arxelia).
  • Boris Pasternak (1890 Moscú).
  • Pierre Reverdy (Solesmes; 1889 Narbona).
  • Victor Klemperer (Landsberg; 1960 Dresde).
  • Yuri Olesha (Moscú; 1899 Kirovogrado, Ucraína).


Gabriel Aresti Segurola: Maldan behera.


- Álvaro Mutis Jaramillo; Diario de Lecumberri.


-Augusto Roa Bastos: Hijo de hombre e El naranjal ardiente (poesía).


-Borges: El hacedor (poesía).


-Cabrera Infante: Así en la paz como en la guerra.


-Enrique Buenaventura: A la diestra de Dios Padre (teatro).


-Ernesto Cardenal: Hora cero (poesía).


-Ida Vitale: Cada uno en su noche.


-Jorge Eduardo Eielson: Canto visible e Papel.


-José Revueltas: Dormir en tierra (prosa).


-Julio Cortázar: Los premios.


-Mario Benedetti: La tregua.


-Nicanor Parra: Antipoemas.


-Octavio Paz: Libertad bajo palabra (poesía).


-Pablo Neruda: Canción de gesta (poesía).


-Raúl Gustavo Aguirre: Alguna memoria.


-Salvador Elizondo: Poemas.



Alberto Moravia: La noia.


Arnold Wesker: I’m talking about Jerusalem (teatro).


Claude Simon: La route des Flandres.


Dino Buzzati: Il grandei ritratto.


Ernst Jünger: O estado universal.


Günter Grass: Vía triangular.


Harper Lee: Matar a un reiseñor.


Harry Harrison: Deathworld.


Henry Miller: Nexus.


Isaac Bashevis Singer: The magician of Lublin.


James Purdy: The nephew.


Jean Cocteau: Le testament d’Orphée (teatro).


John Berger: Permanent Red.


John Updike: Corre, Coello.


Louis-Ferdinand Destouches “Celine”: Nord.

Martin Walser: Medio tempo.


Michel Butor: Degrés.


Philip Larkin: The Whitsun weddings (As bodas de Pentecostés. Poesía).


Randall Jarrell: The Woman at the Washington Zoo.


Simone de Beauvoir: La force de l’âge.


Vasili Grossman: remata de escribir Vida e destino, obra que foi prohibida e logo acabaría publicándose en Suíza.


Witold Gombrowicz: Pornografía.


Yukio Mishima: Despois do banquete.



Tamén sucedeu...

  • CINE:

- François Truffaut: Tirez sur le pianiste. (Nouvelle vague).

- Luchino Visconti: Rocco e os seus irmáns (Neorrealismo de cuño marxista).

- Luis Buñuel: The young one.

- Jean-Luc Godard : À bout de souffle.

- Federico Fellini: La dolce vita.

La-dolce-vita.jpg
  • O Opus Dei funda a Universidade de Pamplona.
  • Comeza a descolonización de África. Independencia de 17 colonias africanas.
  • John Kennedy, presidente dos Estados Unidos.
  • Nacionalización de propriedades estadounidenses en Cuba, que acaba aliñándose coas potencias comunistas.
  • Independencia de Chipre coa presidencia do arcevispo Makarios.
  • Disturbios no Congo.
  • Acordo internacional para reservar o continente Antártico para a investigación científica.
  • Francia fai estoupar a súa primeira bomba atómica.
  • O Sputnik 5 ruso orbita a terra con dous cans.
  • Sae ao mercado a pílula anticonceptiva.
  • Morren:

- O director de cinema Mack Sennett (1880).

- O director de cinema Victor Sjöström (1879).