1959
Índice
Cultura galega
Nacementos/Pasamentos
Pasamentos |
---|
Literatura |
Ramón Cabanillas Enríquez (Cambados; ibídem 1876). O día 11 de novembro, no xornal de Buenos Aires “La Nación” publícase un artigo que comeza así: “ Quizais non exista pobo algún que teña razóns máis fondas que o pobo galego pra se laiar da morte dun poeta. Porque Don Ramón Cabanillas, que acaba de finar na súa vila natal de Cambados, era o poeta galego por antonomasia...E cando un poeta axunta en sí as características esenciais do seu pobo, de toda unha comunidade humana., a gloria é tan segura pra el como o destiño de sobrelevar a cárrega que eso significa”. (reproducido en “Grial” nº 54, páx. 540).No panteón familiar aparece o epitafio que o poeta pedía no seu poema “Sono dourado” de Vento Mareiro “Quero na lousa que me dé sosego esta palabra que ten luz: “Gallego” e esta palabra que ten ás: “Poeta”.
En carta de 28 de xaneiro de 1960 Otero Pedrayo escribe a Neira Vilas: “A morte de Ramón Cabanillas afonda nosa soedade. Sabíamolo moi velliño e decrebadiño, non podía vivir moito. Pro alí estaba beira da mar de Arousa e o saudaba o vento mareiro no areal de San Sadurniño e as fresqueiras voces das mozas pescantinas”. (Xosé Neira Vilas: Cartas de vellos amigos. Galaxia 2010, páx. 217).
|
Outros |
Andrés Gaos Berea (Mar del Plata; 1874 A Coruña). |
O músico Ricardo Fernández Carreira (Santiago; 1881 Caldas de Reis). |
O músico Ricardo Fortes Alvarellos (La Habana; 1876 Ourense). |
O pintor Roberto González del Blanco (Santiago; 1887 León). |
O arqueólogo Ramón Sobrino Lorenzo-Ruza (1915 Poio). |
Publicacións
Galegas
- Aquilino Iglesia Alvariño: artigo necrolóxico sobre Carles Riba, en “La Noche” (Santiago, 13 de xullo).
- Avilés de Taramancos: A frauta i o garamelo (A Coruña).
- Eduardo Blanco Amor: A esmorga (Edit. Citania de Buenos Aires; con ilustracións de Isaac Díaz Pardo. “Grial” nº 30, páx. 494). No ano 1979 nunhas conversas con Víctor Freixanes que este recolle no libro Unha ducia de galegos Blanco Amor di: “O idioma da novela é un descubrimento e ten, ao mesmo tempo, moito de koiné persoal, resultado dunha longa loita por conquerir a lingua que necesitaba e non tiña chuchado de neno. O que son as cousas: a miña grande aventura coma escritor foi chegar dende fóra do idioma, tiven que crear a miña propia lingua literaria recollendo aquí e acolá a fala de todos, os dialectos de cada un. En Buenos Aires vivían catrocentos mil galegos de todas partes de Galicia, cada quen coa súa fala, coas súas características dialectais lingüísticas e léxicas. Eu fixen de todo aquello unha koiné xeral, deille un xeito literario, estético, sen que iso supoña un afastamento da lingua. Eu estaba ceibe no intre de escribir, podía escoller do que me ían ensinando uns e outros, vivía rodeado de case que medio millón de galego falantes. De aí saíu a lingua d’A esmorga”.
En carta de 17 de novembro, Blanco Amor escribe a Fernández del Riego: “Si sae algo sobor de A esmorga, mándamo. Eiquí sigue o boicot, entre as nosas xentes que esgarabellan nos pasquís coleutivos. La Prensa pubricóu un longo comentario no que ven a decir -¡santo Deus!- que ten a mesma importancia pra evolución da narrativa en galego que tivo o Lazarillo no seu tempo. Fóiselle a mau…”.Nunha autocrítica deste ano, Blanco Amor deixa claro o único motivo polo cal a novela non fora publicada tres anos antes: “Los criterios que hasta ahora han funcionado en torno a la ineditez de A esmorga han sido dos: el muy honroso dictamen del Consejo de lectura de la Editorial Galaxia –Vigo- para la cual fue escrito, y el NO, mondo y lirondo, sin siquiera los habilidosos, hasta parecer corteses, pretextos de todo jesuitismo, de la censura española que prohibió su publicación. Quiero decir, del aparato policial montado, con el pretexto de las buenas costumbres, para la persecución política de las obras literarias y de sus autores, ejercida por uno de los organismos más arbitrarios, siniestros y corruptos de la España actual”.(Blanco Amor. “Libros gallegos. A esmorga” Galicia, marzo-abril). No 2014 aparece traducida ao catalán co título de La gresca en “El Gall Editor” (“Grial” nº 202).
- Emilio Pita Robelo: Os relembros. As cantigas (Colec. Herba de Namorar da Editorial Citania. Buenos Aires).
- Ernesto Guerra da Cal: Lúa de Alén-Mar (poemas. Galaxia). Prefacio de Jacinto do Prado Coelho.
- Faustino Rey Romero: Escolanía de melros (Gráficas Bolfer, Porriño).
- Fernández del Riego traduce ao castelán As crónicas do Sochantre de Álvaro Cunqueiro para a editorial AHR.
- Gumersindo Placer López: Algas (Madrid).
- Luís Pimentel: Sombra do aire na herba (Galaxia. Prólogo de Celestino Fernández de la Vega).
- Luís Seoane: As cicatrices, (poemas, Edit. Citania. Buenos Aires), El irlandés astrólogo, teatro (Edit. Losange. Buenos Aires).
- Manuel Lueiro Rey: Juncia de amor y vida (poemas). Recibe o premio xornalístico do Centro Ourensán de Buenos Aires polo texto “Curros Enríquez, poeta monumental de Galicia”.
- Ramón Cabanillas (1876-1959): Obra completa (A obra remátase de imprimir en Buenos Aires o día 12 de novembro, tres días despois da súa morte. A portada do libro é de Luís Seoane). O 7 de xuño de 1958, Ben-Cho-Shey presentou unha instancia para editar a obra completa do escritor. Emilio Sáez, o censor que valorou a solicitude fixo constar o seguinte no informe: “Ramón Cabanillas Enríquez, a cuyas Obras completas se refiere este dictamen, es un lírico gallego de gran inspiración pero también uno de los sostenedores intelectuales de un separatismo gallego anacrónico y absurdo y de un anticlericalismo no menos incongruente. Su crítica social –pregona la rebelión violenta de los campesinos- es también un extremismo sin mucho sentido. La presente obra puede autorizarse con las tachaduras siguientes: […]. Dado que as mutilacións eran vinte e cinco poemas de No desterro, Vento mareiro, e Da terra asoballada, alén da peza teatral O mariscal completa, a obra non se publicou en Galicia no ano anterior. (“Grial” nº 181). Nun breve artigo na revista Galicia dise: “O Centro Gallego, que tiña asumido o compromiso honroso de publicar a Obra Completa de Cabanillas, non puido acadar a ledicia de que chegase a tempo ás súas mans esta proba da comprensión e do amor dos seus irmáns emigrantes. Saíu da imprenta poucos días despois do seu pasamento. Morre o poeta sen poder apreixar contra o corazón a suma do seu esforzo creador xuntada nun libro. A responsabilidade deste ferinte e absurdo despoxo, cae por enteiro sobre a intolerancia da censura do Estado español, que fixo imposible a publicación da Obra completa a comezos do ano pasado en Galicia. (“Grial” nº 183). Existe unha carta de Ramón Piñeiro a Carballo Calero (5-II- 1958) que di: “A edición das “Obras” de Cabanillas anda bastante mal. De América anunciaron varias veces a súa pubricación inminente. A derradeira vez o mesmo Blanco Amor lle decía a Paco nunha carta que pra fin de ano estaría na rúa. Cando andaban dispoñendo as cousas pra que así fose, meteu baza no asunto Paz Andrade coa desafortunada suxerencia de que enviasen de novo os orixinás a Galicia e que fixeran eiquí a edición, co que aforrarían cartos. Meteulles esa torpe idea na cabeza e paralizaron a edición alá pra comenzar a facer xestións i estudos do que lles costaría editalas eiquí. Neso están. O memo do Valentín esqueceuse das dificultás que eiquí representa o trámite obrigado da previa censura. Como ves, retrasouse unha vez máis a edición”. (Cadernos Ramón Piñeiro XXXIII. Epistolario Ricardo Carballo Calero, Ramón Piñeiro. Xunta de Galicia. 2015).
- Ramón González-Alegre Bálgoma: Antología de la poesía gallega contemporánea (Madrid. Rialp Colección Adonais). Sobre esta obra escribe Cunqueiro nunha carta a Fernández del Riego: “Recibín a Antoloxía de Moucho (así se refire Cunqueiro a González Alegre). É un disparate como escolma –dacabalo da túa de Galaxia- e as traduciós cando non mete a pata, pedestres. E traduce “adufe” por “frauta” e “serán” por “amanecer”, e sobre todo, non entende ren do que traduce. Alberto dime nunha carta que Alegre anda medio tolo e que hai que deixalo por caridades … Quizaves seña mellor o silenzo arredor de todo o que fai e di, deica que se canse”. (Álvaro Cunqueiro. Cartas ao meu amigo. Edit. Galaxia. Páx. 67).
- Ramón Lorenzo: O que se foi perdendo (poesía).
- Ricardo Palmás Casal: “Comunidade Ibérica de Naciós” (“A Nosa Terra” nº 502).
- Xosé Conde Fernández: Terra aluciada (Buenos Aires).
- Xosé Fernández Ferreiro: A noite (poesía Edit. Brais Pinto, con ilustracións de Reimundo Patiño).
- Xosé María Álvarez Blázquez: Escolma de poesía galega II: A poesía dos séculos XIV a XIX.
- Xosé Rubinos Ramos: Covadonga (poema épico) e Cantigas de novo xeito vello (La Habana).
Aparece en México a revista “ Vieiros”, subtitulada “Revista do Padroado da Cultura Galega do México” (monolingue en galego, con algún traballo en portugués): sairán 4 números; o 2º en 1962, o 3º en 1965 e o 4º en 1968. Figuran como directores Luis Soto Fernández, Carlos Velo Cobelas e Delgado Gurriarán. Nos números 3 e 4 Delgado Gurriarán é substituído por José Caridad Mateo. O responsable artístico é Arturo Souto, pero colaboran tamén Castelao, Maside, Seoane, Díaz Pardo, Xaime Quesada, Acisclo Manzano, Reimundo Patiño, Prego de Oliver... No primeiro número publica Celso Emilio Ferreiro “Carta a Fuco Buxán”, poema que remata con esta estrofa:“Mentras o tempo da patria non chega,/ mentras non pasa o tempo que denigra, / deixa ese escuro afán que te atafega, / Fuco Buxán, ¡emigra!”. A súa actitude sobre a emigración cambiará no poema inicial de Viaxe ao país dos ananos (1968). Tamén hai colaboracións de Ramón Piñeiro, Méndez Ferrín, Antón Tovar, Xosé R. Fernández Oxea, Otero Pedrayo, Cabanillas, Neira Vilas, Bernardino Graña…. Será reeditada por “A Nosa Terra” no 1989. “Grial” nº 104. |
Relativas a Galicia
- Albino Núñez Domínguez: Grandezas e miserias da Nosa terra.
- Alejandro Finisterre: Con, sin, sobre, tras la poesía (México).
- Baldomero Isorna Casal: Campanas de palo (Madrid).
- Dosinda Areses: Poemas malditos de Antero de Quental (Edicións Quetzal).
- Eugenio Granell: La novela del indio Tupinamba (México).
- Evaristo Correa: Teoría de la Atlántida y otras historias fabulosas (Revista de Occidente).
- Francisco Fernández del Riego: Galicia y nuestro tiempo. La obra de una generación. Edit. Citania. Buenos Aires). Edición ao coidado de Luís Seoane. Incorpora debuxos de Castelao, Manuel Colmeiro, Luis Huici, Laxeiro, Isaac Díaz Pardo, Xohán Ledo e do propio Seoane, que tamén se responsabilizou da cuberta.
- José Luis Casas Teixeira: Páginas (Porto Alegre).
- Julio Martínez Almoyna: A obra espanhola de Camoes (O Porto. Limiar de Menéndez Pidal).
- Julio Penedo Iglesias: La barraca de la risa.
- Lois Galo Carré Alvarellos: Romanceiro popular galego de tradizón oral.
- Luís Seoane: Figurando recuerdos (Ed. Citania).
- Mariano Tudela: El techo de lona (Barcelona).
- Rodolfo Grande Salgueiro: Una vida es seis meses.
- Salvador de Madariaga: General, márchese Vd. (New York).
- Valentín Paz-Andrade: Galicia como tarea (Buenos Aires).
- O pintor Reimundo Patiño escribe Bandeiras neboentas, poemas que serán publicados en 1992.
|
|
|
Acontecementos
- Na súa correspondencia con Fernández del Riego, Cunqueiro queixase da censura que pesa sobre o “Don Hamlet”: “Os achegados á Delegación de Información y Turismo na Coruña, din que Serrano (Serrano Castilla, censor responsable da prohibición) confesa que non quer facer daño, que il foi obrigado por denuncias sobre a inmoralidade de Don Hamlet, e que ten interés en que fique claro que il non é autor voluntario das decisións tomadas, e que fai o posible porque en Madrid autoricen a representación, conforme ó texto presentado. Insiste en que será autorizado, ¿cando?...”. Finalmente, Antonio Naveira Gondar, fundador e director do Teatro de Cámara da Asociación Cultural Iberoamericana, estrea o 31 de agosto no Teatro Colón da Coruña O incerto señor don Hamlet de Cunqueiro. O 11 de outubro habería outra representación en Lugo co gallo do San Froilán.
- Carlos Casares nomeado profesor no Colegio Libre Adoptado de Viana do Bolo, do que é expulsado aos poucos meses por orde do Gobernador Civil, acusándoo de separatista e comunista. O reitor da Universidade de Santiago polas mesmas razóns prohíbelle exercer o ensino en todo o distrito universitario, tendo que marcharse a Bilbao, ao Colexio Vizcaia de onde é excluído tamén por motivos políticos.
- Avelino Pousa Antelo pide a excedencia do Maxisterio e volta a Galicia (1955).
- Manuel María casa con Saleta Goi (9 de maio).
- Instituto Arxentino de Cultura Galega.
- Exposición do libro galego contemporáneo, organizada pola editora Follas Novas na casa de Galicia de Caracas.
- Nas “Conversas de Formentor”, organizadas por Camilo José Cela, traban grande amizade Celso Emilio Ferreiro, Aquilino Iglesia Alvariño e o poeta catalán Carles Riba.
- Non se atopa no seu mellor momento a amizade de Cunqueiro con Celso Emilio Ferreiro; nunha carta a Fernández del Riego refírese a el como “El puñal de Celanova”.
- En Buenos Aires publícase o xornal “Loita”, órgano do Movimento Galego de Liberdade Nacional.
- Otero Pedrayo inicia unha segunda viaxe de conferencias por América. (A primeira fora en 1947). O 30 de xullo asiste no Centro Galego de Buenos Aires a unha conferencia de Blanco Amor sobre os poemas galegos de García Lorca. En Buenos Aires, no mes de agosto, “Follas Novas” organiza un acto literario na súa honra no Centro Lucense. No Colexio Nacional de Buenos Aires imparte a conferencia “La cultura clásica como anhelo y como recuerdo”. Con data de 15 de febreiro escríbelle Otero Pedrayo a Neira Vilas: “Moitas veces penso no esforzo que siñifica a Feira Permanente do Libro Galego, valente e fermoso esforzo (…) Vai bogante a nosa nau literaria da Galiza. Témos bos tripulantes novos. Son a espranza dos vellos. Xa podemos descer seréos o seo da terra…”. (Xosé Neira Vilas: Cartas de vellos amigos (Galaxia 2010, páx. 355).
- O 10 de outubro constitúese a entidade “Asociación Argentina de Hijos de Gallegos” con sede social na librería “Follas Novas”.
- Amado Ricón emigra a Estados Unidos, de onde regresará no 1993.
- En decembro chega Díaz Pardo a Galicia onde permanecerá até marzo de 1960, poñendo a funcionar a nave de Cerámicas do Castro.
- Edítanse dous discos de poemas de María do Carme Kruckenberg, un en galego e outro en castelán, recitados pola propia autora.
- Desaparece a revista “Galicia Emigrante” (Buenos Aires 1954).
- No nº 502 de “A Nosa Terra” (maio) podemos ler no artigo “A nosa representación en París”: Don César Alvajar Diéguez, representante en París do Consello de Galiza e da Irmandade Galega de Buenos Aires, ven desenrolando na Capital de Francia –pulso e corazón de Europa- unha profícua labor patriótica, cultural e informativa encol da nosa Patria, dos seus problemas e das súas espranzas”.
- Fúndase a Agrupación Fotográfica Lucense.
- Xosé Velo colabora en Venezuela coa emisora clandestina Radio Claridad, da UCE (Unión de Combatientes Españoles).
Premios
- Manuel Lueiro Rey recibe o premio xornalístico do Centro Ourensán de Buenos Aires polo texto “Curros Enríquez, poeta monumental de Galicia”.
- Cunqueiro recibe o Premio Nacional de la Crítica pola versión en castelán de As crónicas do sochantre. A raíz da concesión, o escritor Joan Perucho escribe un artigo que despois se recollerá no seu libro Galería de espejos sin fondo no que di: “Cunqueiro é un poeta. Polo xeral, aos poetas non lles gusta a realidade. A Cunqueiro non lle gusta nada, en absoluto. Nestes tempos nos que se entende a literatura como documento, e que até a poesía se tinxe do inmediato, Cunqueiro percura e atopa acobillo nun mundo inventado, lonxano no tempo, no que a realidade se atopa evaporada” (“Grial” nº 72, páx. 275).
Epistolario
|
|
|
|
|
Noutra carta a Fernández del Riego, no Nadal, di Cunqueiro:“Oxe mesmo recibín unha carta de Lolo de Llano, na que do aprieto en que o poñen, me comunica de parte de Emilio Rey, o presidente da Voz, que teño que escoller entre escribir na Voz ou en “La Noche”, que el coida que hai incompatibilidade! Eu contesto sin perder correo que teño a vaga sospeita de que “La Voz de Galicia” non me paga a min unha escrusiva, precisamente. Que eu debo ser torpe cando non atopo esa incompatibilidade e que prantexadas así as cousas, eu deixo de colaborar agora mesmo na Voz, solución a máis lóxica e a máis dina, xa que os de “La Noche” non me puxeron dediante dese inconcebible dilema. ¡Que vida, Señor! ¡Que xente, que cousas! Como si non abondara con Serrano Castilla e con Moure Mariño ou como se chame”. (Álvaro Cunqueiro: Cartas ao meu amigo. Epistolario mindoniense a Francisco Fernández del Riego 1949-1961. Galaxia 2003, páx. 170). |
|
|
En carta de 15 de xullo, Ben-Cho-Shey escribe a Fernández del Riego, cando o Don Hamlet de Cunqueiro foi secuestrado pola censura: “Non me sorprende o da supresión da representación do Hamlet nin o da recollida da edición. O que me sorprende foi que pasase pola censura, pois con bastante menos motivo non autorizaron A esmorga, de Blanco Amor, que é moito máis limpa de lenguaxe”. |
|
|
|
|
|
|
|
|
Sumarios
VIEIROS REVISTA DO PADROADO DA CULTURA GALEGA DO MÉXICO
Ramón Otero Pedraio: Noite compostelán. Galiza.
Manuel Curros Enríquez: Poemas. Galiza.
Ramón Cabanillas: A laboura de Avantora. Galiza.
Carlos Velo: Os fitos da xuventude. México.
F. L. Cuevillas: Evocación de Lamas Carbajal. Galiza.
Valentín Lamas Carbajal: Galicia. Galiza.
Domingo García Sabell: Galicia sin tópico. Galiza.
A. Vázquez Humarqué: Praneazón agro-pecuaria. México.
César Teixeira: Lúa. Portugal.
Luis Soto Fernández: A doenza das dúbidas. México.
Julio Evangelista: Joao Verde, poeta minhoto. Portugal.
Johan Viqueira: Diálogo. Galiza.
Alfonso R. Castelao: Pedimos. Bós Aires.
Marcial Fernández: A poesía de Delgado Gurriarán. México.
Florencio Manoel Delgado Gurriarán: Poemas. México.
A. Núñez Domínguez: Grandezas e miserias da nosa terra. Galiza.
Celso Emilio Ferreiro: Poemas. Galiza.
Hilario Caloto: A eleitrificazón da Galiza. México.
Salvador Lorenzana: Presencia da nosa cultura. Galiza.
F. Bouza-Brey: Unha hora na paz do cimiterio de Noia. Galiza.
Ricardo Carballo Calero: Poesías paralelas. Galiza.
Ramón Piñeiro: A lingoa, sangue do esprito. Galiza.
A. Rey Romalde: Gil Vicente, pai do teatro galegoportugués. México.
As ideias. Os homes. Os feitos. As labouras.
Deseños: Castelao. A. Souto. Maside. E. Gascón. V. Rojo. Bartolí. Gironella. Ledo.
NÚMARO EISTRAORDINARIO MÉXICO VRAN -1959.
DIREITORES: Luis Soto Fernández. Carlos Velo. Florencio Delgado Gurriarán.
PREMIO NOBEL DE LITERATURA: Salvatore Quasimodo
Outras culturas
CPLP - Comunidade dos Países de Lingua Portuguesa
Nacen:
Morren:
Afonso Botelho: Meia hora de espera.
Afonso Ribeiro (Mozambique): Três setas apontadas ao futuro (teatro).
Agostinho da Silva: Um Fernando Pessoa.
Agustina Bessa Luís: Embaixada a Calígula (Libro de viaxes).
Alberto Ferreira: Diálogos com a realidade.
Alexandre Cabral: As duas faces (teatro).
Álvaro Ribeiro: Escola formal.
Alves Redol: Uma Fenda na Muralla.
Ana Hatherly: As aparências.
António Botto: Ainda não se escreveu.
António Cândido de Mello e Souza: O observador literário.
António de Macedo: A evolução estética do cinema (vol.1).
António Henrique Rodrigo de Oliveira Marques: A sociedade medieval portuguesa e Hansa e Portugal na Idade Média.
António Manuel Couto Viana: Mancha solar.
António Quadros: A existência literária.
António Reis: Novos poemas quotidianos.
Antunes da Silva: Sam Jacinto (contos).
Aquilino Ribeiro procesado pela dictadura do Estado Novo, por causa do romance Quando os lobos uivam.
Bernardo Santareno: O lugre e O crime da aldeia velha.
Casimiro de Brito: Telegramas.
Cristovam Pavia: 35 poemas.
David Mourão-Ferreira: Gaivotas em Terra.
Esther de Lemos: Companheiros.
Fernando Guimarães: Os habitantes do amor (poesía).
Fernando Namora: Cidade Solitária.
Fidelino de Figueiredo: Entre dois Universos.
Godofredo Rebello de Figueiredo Filho (Brasil): Lamento da perdição de Enone.
Henrique Segurado: Asa de mosca.
Hilda Hilst (Brasil): Roteiro do silêncio.
João de Araújo Correia: Folhas de Xisto (conto).
Joel Serrão: Temas oitocentistas I.
Jorge de Sena marcha ao Brasil.
Jorge Dias: Sistemas primitivos de moagem em Portugal I. Moinhos de água e de vento II.
José Augusto França: Situação da pintura ocidental.
José Hermano Saraiva: A reforma constitucional e a eleição do chefe do estado.
José Osório de Oliveira: Fogueiras no deserto.
José Rodrigues Miguéis: Um Homem Sorri à Morte com Meia Cara.
José Terra: Espelho do invisível.
Luís Filipe Lindley Cintra: A linguagem dos foros de Castelo Rodrigo.
Luísa Dacosta: Aspectos do Burguesismo Literário.
Luiz Francisco Rebello: Teatro I e II e Os pássaros de assas cortadas.
Manuel de Seabra: Terra de ninguém.
María Judite de Carvalho: Tanta gente, Mariana.
Mário Braga: O cerco.
Mário Cesariny de Vasconcelos: Nobilíssima visão.
Mário Sacramento: Ensaios de domingo I.
Nuno Bermudes: Gandana e outros contos.
Orlando Vitorino: Filosofia, ciência, religião.
Pedro da Silveira: José Leite de Vasconcelos nas ilhas de baixo.
Tomaz Ribas: O cais das colunas e O que é o ballet (ensaio).
Urbano Tavares Rodrigues: Bastardos do Sol e As Aves da Madrugada (conto).
Vergílio Ferreira: Aparição.
Vinícius de Moraes (Brasil): Novos poemas II.
Vitorino Nemésio: O Verbo e a Morte (poesía).
|
Nacen:
- Albert Roig Antó (Tortosa).
- Andreu Vidal (1959 Palma; 1998).
- Carles Duarte i Montserrat (Barcelona).
- Josep Gregori Sanjuan (Alzira, Ribera Alta).
- Josep Maria Fonalleras (Girona).
- Ramon Guillem Alapont (Catarroja).
- Xulio Ricardo Trigo (Betanzos).
Morren:
- Carles Riba i Bracóns (Barcelona; ibídem 1893). No 1962, publica Celso Emilio Longa noite de pedra onde aparece o poema “Pranto por Carles Riba”:
Irmán maor. Bandeirante / de aqués que labouramos no misterio / da palabra viva / e loitamos sin trégola / contra o anxo e a noite. / Tenro vendimador de dondos acios áticos / rente ao mar da esperanza / i as tépedas seráns con gueivotas / na doce Catalunya, terra esgrevia.
- Josep Maria López-Picó (1886 Barcelona).
PREMI VÍCTOR CATALÀ: Josep A. Boixaderas por Perquè no.
Agustí Calvet “Gaziel”: Trilogia ibèrica: Castella endins.
Baltasar Porcel: La simbomba fosca (teatro) e Els condemnats (teatro).
Fèlix Cucurull i Tey: El temps que se’ns escapa (poesía) e La pregunta i l’ atzar.
Francesc de Borja Moll i Casasnovas: Els llinatges catalans..
Joan Oliver “Pere Quart”: Primera representació (teatro).
Jordi Pere Cerdà: Contalles de Cerdanya.
Jordi Sarsanedas: Plou i fa sol (narracións curtas).
Josep Maria Espinàs: Varietés e Combat de nit.
Luis Romero: El carrer.
Manuel de Pedrolo: Homes i no (teatro).
Miquel Llor: Un camí de Damasc (novela).
Pere Calders: Demà a las tres de la matinada.
Ramon Folch i Camarasa: El nàufrag feliç.
Morren:
Alfonso Paso: Receta para un crimen. Ana María Matute: Primera memoria (Premio Nadal).
Ángel Crespo: Junio feliz.
Antonio Ferres: La piqueta.
Armando López Salinas: La mina.
Caballero Bonald: Las horas muertas (poesía).
Camilo José Cela: Primer viaje andaluz.
Concha Castroviejo: Víspera del odio.
Daniel Sueiro Rodríguez: Los conspiradores (Premio Nacional de Literatura).
Diego Salvador: Pequeña ilusión.
Dolores Medio: El pez sigue flotando.
Emilio Orozco: Poesía y Mística.
Francisco Ayala: Muertes de perro.
Gabriel Celaya: El corazón en su sitio.
García Hortelano: Nuevas amistades.
García Nieto: El parque pequeño e Elegía en Covaleda.
Gil de Biedma: Compañeros de viaje.
José Agustín Goytisolo: Claridad.
Juan Bernier: Una voz cualquiera.
Juan García Hortelano: Nuevas amistades.
Juan Ignacio Luca de Tena: ¿Dónde vas, triste de ti?.
Julia Uceda. Mariposa en cenizas.
Max Aub: Cuentos mexicanos.
Miguel Delibes: La hoja roja.
Miguel Mihura: Maribel y la extraña familia.
Rafael Santos Torroella: Cerrada noche.
Tomás Navarro Tomás: Arte del verso.
Torrente Ballester: Siete ensayos.
Victoriano Crémer: Con la paz al hombro (poemas).
|
Máis culturas:
Nacen:
- Alan Pauls (Buenos Aires).
- Carla Guelfenbein (Santiago de Chile).
- Zoé Valdés (La Habana).
- Fergus Fleming (Gran Bretaña).
- Gerard Donovan (Wexford, Irlanda).
- Hitonari Tsuji (Tokio).
- Jon Fosse (Haugesund, Noruega).
- Jonathan Franzen (Illinois).
- Liz Jensen (Oxfordshire, Reino Unido).
- Michel Onfray (Argentan, Normandía).
- Milena Agus (Génova).
- Sandro Veronesi (Prato, Toscana).
- William T. Vollmann (Los Ángeles, California).
- Yasmina Reza (París).
Morren:.
- Luis Palés Matos (Santurce; 1898 Guayama, Puerto Rico).
- Boris Vian (París; 1920 Ville d'Avray).
-Augusto Monterroso: Obras completas (y otros cuentos).
-Bioy Casares: Guirnalda con amores (conto).
-Carlos Fuentes: Las buenas conciencias.
-Humberto Arenal: El sol a plomo.
-Juan García Ponce: La feria distante.
-Juan Gelman: El juego en que andamos.
-Juan José Arreola: Bestiario.
-Luis Spota: La sangre enemiga.
-Mario Benedetti: Montevideanos.
-Pablo Neruda: Navegaciones y regresos (poesía).
-Roberto Fernández Retamar: En su lugar, la poesía.
-Salvador Garmendia: Los pequeños seres.
-Sergio Pitol: Tiempo cercado.
Alain Robbe-Grillet: Dans le labyrinthe.
Alan Sillitoe: The loneliness of the long-distance runner.
Anna Seghers: A decisión.
Arnold Wesker: Roots (teatro).
Günter Grass: O tambor de folla de lata.
Harry Mulisch: O leito nupcial de pedra.
Italo Calvino: Il cavaliere inesistente.
J. Kerouak: No camiño.
Jacques Audiberti: Effet Glapion (teatro).
Jaime Sabines: Poema de la sinceridad.
James Purdy: Malcolm.
Jean Genet: Les nègres (teatro).
Lars Gustafsson: Últimos días e morte do poeta Brumberg.
Marguerite Duras: Hiroshima, mon amour.
Muriel Spark: Memento Mori.
Pier Paolo Pasolini: Unha vida violenta (Traducido ao galego no 2015 por Gonzalo Vázquez para a editorial de Santiago Hugin e Munin).
Raymond Queneau: Zazie dans le métro.
Robert Lowell: Life studies (poesía).
Rui Knopfli: O país dos outros.
Uwe Johnson: Conxecturas sobre Jakob (traducida ao castelán por Ramón Lorenzo e Úrsula Heinze en 1973).
Vidiadhar Surajprasad Naipaul: Miguel Street.
W.D. Snodgrass: Heart‘s needle (A agulla do corazón). Poesía).
Tamén sucedeu:
- CINE:
- François Truffaut: Os catrocentos golpes. (Nouvelle vague).
- Alain Resnais: Hiroshima, mon amour (Nouvelle vague).
- Marcel Camus: Orfeo.
- Severo Ochoa, premio Nobel.
- Franco aplica o seu Plan de Estabilización. Recibe en Madrid a Einsenhower.
- Nace ETA (Euskadi ta Askatasuna).
- “Ley de Orden Público” (29 de xullo).
- As tropas de Fidel Castro entran en La Habana derrocando o réxime de Batista.
- Créase a EFTA (Asociación Europea de Libre Comercio).
- Sofocado no Tibet un levantamento contra China. O Dalai Lama foxe á India.
- Bahamontes gaña o Tour de Francia.