1952

De Xulipedia
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Flag of Galicia (civil).svg Cultura galega

Nacementos/Pasamentos

Child in diaper icon Nacementos
Literatura
Alfonso Álvarez Cáccamo (Vigo; ibídem 2024).
Antonio García Teijeiro (Vigo).
Anxo Adolfo Rei Ballesteros (Codesedo, Boqueixón; 2008 O Barqueiro, Ortigueira).
Constantino Rábade Castiñeira (Betanzos).
Darío Xohán Cabana (Roás, Cospeito; 2021).
Fina Casalderrey Fraga (Xeve).
Francisco López-Barxas (Francisco López Rodríguez) (Ponte Barxas, Ourense).
Henrique Feixoo Feixoo (O Carregal, Cartelle).
Hixinio Puentes Novo (Porto do Barqueiro).
Luís González Tosar (Buenos Aires).
María Xosé Porteiro García (Madrid).
Miguel Suárez Abel (Campo. Arzúa; 2017).
Pilar Cibreiro Santalla (Vilaboa, Valdoviño).
Xosé Carlos Bermejo Barrera (Santiago).
O romanista Takekazu Asaka (Tokio). Segundo Alonso Montero “o máis grande galaicista que a Romanística ten producido no Xapón”. É autor de estudos gramaticais e lexicográficos sobre o galego. Traduciu ao seu idioma os Cantares gallegos de Rosalía, os Seis poemas galegos de García Lorca, unha escolma de Ramón Cabanillas e no 2015 as sete cantigas de Martín Códax, con estudo e notas do tradutor e un disco coa interpretación musical do grupo xaponés Yuri Ensemble.
 
Outros
O pintor Rafael Cidoncha (Vigo).
O pintor Antón Sobral Iglesias (Marín).
O pintor Jorge Llorca Freire (Ferrol).
O pintor Pedro Bueno Salto (A Coruña).
O pintor Xabier Correa Corredoira (A Coruña).
O pintor César Otero (Ferrol; 2004 A Coruña).
O escultor Ignacio Nóvoa Basallo (Ourense).
O fotógrafo e pintor Manuel Vilariño Seco (A Coruña).
O compositor Rosendo Fernández Soutelo (Baldráns, Tui). ¿?
O economista e ex-presidente da Xunta Fernando González Laxe (A Coruña).
O historiador Antonio de la Peña Santos (Pajares de los Oteros, León).
O arqueólogo Antón Abel Rodríguez Casal (Ponteceso).
A filóloga Rosario Álvarez Blanco (Pontevedra).
A romanista Catherine Davies (Liverpool).
O biólogo e escritor Ramón Varela Díaz (Escairón).
Skull.png
Pasamentos





Outros
O pintor Felipe Bello Piñeiro (Mugardos; ibídem 1888).
O pintor José Cela Míguez (Buenos Aires; 1897 Os Baos, Láncara).
O debuxante e pintor Federico Ribas Montenegro (Madrid; 1890 Vigo).
O artista Indalecio Díaz Baliño (A Coruña; 1896Ferrol).
O gaiteiro Manuel Dopazo Gontade (Buenos Aires; 1882 Silleda).
O músico Bernardo del Río Parada (Santiago; 1893 Vilagarcía de Arousa).
Manuel Portela Valladares (Bandol, Francia; 1867 Pontevedra).
O boticario e fotógrafo Salvador Castro Freire (1869).
É executado a garrote Benigno Andrade “Foucellas” (A Coruña; 1908 Foucellas, Cabrui, Mesía, A Coruña).

Publicacións

Galegas

  • Publícase en Galaxia o libro colectivo 7 ensayos sobre Rosalía (Rof Carballo, Celestino Fernández de la Vega, Ramón Piñeiro, García Sabell, Ricardo Carballo Calero, Salvador Lorenzana, Carlos Maside, Jacinto do Prado Coelho). O censor do informe que autorizou o libro escribe: “Conjunto de artículos encomiásticos deRosalía de Castro, en general de buena calidad, y en donde posibles pequeños lunares no impiden la publicación” (“Grial” nº 181).
  • Álvaro Cunqueiro  : Nun artigo publicado en “Faro de Vigo” (6 de decembro) escribe sobre un encontro con Valle Inclán, encontro que non foi máis que literario: “Yo cruzaba bajo el sol, rapazuelo aún, aquella plaza del mercado yendo hacia la casa de mi tía abuela Concha Montenegro, donde una tarde, que se aposentó en mi imaginación para siempre, me encontré en la suave penumbra de la sala a mi señor tío don Ramón María del Valle Inclán con la gran barba de plata dormida, como una mañana en el remanso de su pecho. Me hizo acercarme a él y posó su mano sobre mi cabeza mientras contaba, no recuerdo que historia familiar: Una mano como una pluma de un ave tibia y sonora…”. (En César Cunqueiro “Cando o coñece, saúdao como parente”. “Faro de Vigo” 10/03/2010).

Álvaro Cunqueiro publica no nº 12 da revista “Alba”, a tradución do poema “A casa dos sete pilares” de T. E. Lawrence.

  • Augusto González Besada e Melendo Abad: Manuel Curros Enríquez Biografía. Madrid, Artes Gráficas Minerva (prólogo de Ramón Cabanillas. Traballo premiado no Centro Galego de Madrid no 1951).
  • Bieito Carballo : “Non son tempos” (“A Nosa Terra” nº 481).
  • Carballo Calero : Poemas pendurados dun cabelo (Colección de Poesía Xistral).
  • Celestino Fernández de la Vega e Ramón Piñeiro publican a tradución do volume de Julius Pokorny Cancioeiro da poesía céltiga.
  • Eduardo Jorge Bosco Poeta alófono (Buenos Aires 1913; ibídem 1943): Obras (4 poemas en galego, dos sete que escribiu no 1939). Ver 1994.
  • Eliseo Alonso : Seara de romances (prólogo de Fermín Bouza Brey). Ediciones Botella al Mar. Buenos Aires.
  • Faustino Rey Romero : Catro sonetos ó destino dunha rosa (Tui) .Imparte unha conferencia sobre “Curros Enríquez, poeta Mariano”, no Pazo de Anaya, na Facultade de Filosofía e Letras de Salamanca. (“A Nosa Terra” nº 517 de marzo de 1972).
  • Fernando Pérez Barreiro : El Digesto no indigesto' (Anecdotario forense del humorismo galaico). Prólogo de Otero Pedrayo e debuxos de González Collado.
  • García-Sabell : Rosalía y su sombra.
  • José Ramón y Fernández : “De Toponomástica” (“A Nosa Terra” nº 481).
  • Luís Pimentel publica poemas na revista ferrolá “Aturuxo”.
  • Luís Seoane : Fardel de eisilado (poesía. Edic. Ánxel Casal, Buenos Aires). Sobre el di Ramón Piñeiro: “quedará nas nosas letras como o primeiro grande intento de cantar dignamente a enorme e penosa epopeia anónima da emigración”.

No nº 482 de “A Nosa Terra” (marzo de 1953), escribe Lourenzo Fragoso: “Fardel de eisilado”: “Identificado co intenso drama do noso povo, canta barudamente, sin laios, choromiqueiros ó emigrante, ó home galego como atal, esforzado e baril, competindo no traballo con xentes de todal-as razas i en todol-os climas”.

En carta a Maside (14/11) Luís Seoane describe o libro Fardel do eisilado: “… dedicado ós emigrantes, onde intento cunha especie de poemas dar unha visión distinta da habitual do emigrante, situándoa na emigración dentro da súa categoría social e na historia do país no que se estableceron”.

Con data de 30 de xaneiro escríbelle Alberto Vilanova: “Moito lle agradezo o envío do seu libroFardel do eisilado, que lin e saboreei con eisquisita deleitación. Prodúxome gran ledicia seu contido, non soio pola importancia literaria, senón pola integridade ideolóxica e polo calor humán que latexa en tódalas súas páxenas (…) Cando tantos febles de esprito craudican e emporcan en tantas impudizas e vilezas, conforta o ánemo alcontrar persoas que, como vosté, manteñen en pé auténticas arelas no meio de brutaes e corruptoras tempestades. (…) Eu soio lles digo que non deben sentir morriña por ista Galiza aferrollada i escrava (…) ¡Levarían unha noxenta deceición se coñeceran coma tantos que lles parescen dende ehí bos e xenerosos, i enfouzaron nista podremia civil que corroe a terra”. En resposta a Alberto Vilanova (19 de marzo) escribe Seoane: “Creo ter feito un libro sinceiro, no que intentei concederlle máis importancia á anguria coleitiva que á propia neste intre en que os modelos da máis moza xente galega son aqueles que buscan máis ben eispresar o contrario, e síntome por moi premiado e satisfeito conque os escritores galegos como vostede, que eu estimo fondamente pola súa obra e aititude, tivesen atopado nel algún mérito”.


Os libros de debuxosTestimonio de vistaeParadojas de la Torre de marfil(Os dous en Edit. Botella al Mar. Buenos Aires).

  • Luís Soto Fernández : “Encol do centenario de Curros Enríquez” na revista “Saudade” de México (25-7): “Mais, deixemos isto, pois o Centenario de Curros Enríquez será celebrado cando voltemos á nosa terra, liberada da pauliña regresiva...”.
  • Luz Pozo Garza : O paxaro na boca (Inicia a Colección de poesía Xistral). El vagabundo (Con dúas ilustracións de Urbano Lugrís).
  • Manuel Cuña Novás : Fabulario Novo (Colección Benito Soto). “Sabe o poeta apañar a rosa sin abalar a roseira” (Fermín Bouza Brey, no limiar do libro).
    Portada fabulario.jpg
  • Manuel Lueiro Rey acada o Premio Casa de Galicia de Buenos Aires polo artigo “Sinfonía de luz galaica”.
  • Manuel María : Morrendo a cada intre subtitulado Anacos dunha vida e Contos en cuarto crecente e outras prosas (Edicións Celta). Este último verá a luz nunha segunda edición, dez anos máis tarde, autocorrixida polo autor, na que suprime catro textos e engadindo outros novos até completar un total de dez relatos.Tamén escribe neste ano Poemas a Compostela que non se publicará até 1993.
  • Pura Vázquez : Íntimas (Colección de Poesía Xistral).
  • Ramón Otero Pedrayo : O desengano do prioiro (Edic. Monterrey; colección “Leixado do Vento”. Vigo), Por os vieiros da saudade (Vigo) e El doctor Varela de Montes, médico humanista compostelano del siglo XIX (Santiago).
  • Ramón Piñeiro : A saudade en Rosalía (nun volume colectivo dedicado á escritora padronesa).
  • Rodolfo Prada :“Carta aberta ao Excmo Señor don Francisco Xavier Sánchez Cantón ”: “O noso grorioso Castelao áchase no sono e no silenzo de pra sempre; íl non pode conoscer o escrito que vosté lle adicou, no fasc. XIX de Cuadernos Gallegos, en col da sua escrarecedora obra “As Cruces de Pedra na Galiza”. Primeiro de ren […] nin tan siquera respetou a língua galega na que eles foron escritos e pubricados… No debullar da nota de vosté, feriunos moito iste párrafo: “El libro, hermosísimo, quedará como recuerdo duradero de un espíritu extraordinario, al que desvió durante algunos años un apasionamiento que debió superar”. ¡Desvío! ¡Desvío en Castelao! Non. […] En cantas ocasións comentabamos con Castelao a tristeira e deprimente liña seguida pol-o Instituto Padre Sarmiento, de facer e pubricar todol-os traballos en idioma castelán, desprazando eisí a nosa lingua do cerne da cultura galega. Castelao non compartía a creenza xeral de que isa liña fora imposta, a nome do centraismo oficial hespañol, pol-a entidade nai: o “Consejo Superior de Investigaciones Científicas” de Madrid. Castelao sostiña que vosté e Filgueira puxeran […] a nosa cultura nas fauces dun Estado devorador. De agora en adiante, xa Galiza sabe, sen lugar a dúvidas, que a proscripción da língua galega no Instituto Padre Sarmiento, non foi eisixida nin imposta; xa sabe cómo e por quén, graciosa e voluntariamente, con deixazon das máis elementaes obrigas patrióticas, se está facendo entrega dos froitos da outa cultura galega a orgaismos alleos, servidos, pra maor vergoña, na bandexa do idioma castelán”.(“A Nosa Terra” nº 481).
  • Ricardo Carballo Calero : As pitas baixo a chúvia.
  • Ricardo Flores Pérez : estrea a obra Pra iso son teu amigo.
  • Vicente Llópiz Méndez-Esperante : Tres andrómenas con retrouso (contos breves na revista “Alborada” de Barcelona).
  • Vicente Risco publica en “La Región” o artigo “Franco en Ourense”: “Nunca hemos visto al pueblo de Orense en una expansión tan entusiasta y tan jubilosa como en esta visita de Franco (…) Uno lo ha visto en ocasiones señaladas: en el balcón del Palacio de Oriente, que llenaba multitud inmensa; subiendo por la Gran Vía, de pie en el coche, entre la guardia mora, una de las más bellas y brillantes cosas que uno ha contemplado; en la Plaza de Toros de San Sebastián,… Pero sólo otra vez tan cerca como ahora, aquí en Orense mismo…”. (Carlos Casares. Para ler a Vicente Risco. Galaxia 1997, páx.99, 100). Nunha reseña que Xosé Luís López Cid publicou en “La Hoja del Lunes de Ourense” en 1981, cando apareceu a primeira edición desta obra de Casares, aseguraba que el estivera presente na redacción do periódico o día que Risco escribiu ese artigo e que lle foi dictado practicamente polo director Ricardo Outeiriño.
  • Xosé Conde Fernández : Nouturnio de soedades (Buenos Aires).
  • Xosé Fernández Ferreiro : Ribeirana do Sil (poesía).
  • Xosé María Álvarez Blázquez : Escolma de poesía galega : Escola medieval galego-portuguesa (limiar de R. Lapa).Una cabaña en el cielo (A Coruña) e Industrias paleolíticas do Baixo Miño.
  • Xosé Ramón Fernández Oxea : Arturo Vázquez Núñez e o seu tempo (Edicións Monterrey).
  • Derradeiro libro da Colección Grial de Galaxia: "Aspectos económicos y jurídicos de Galicia" que ve a luz no mes de abril. Suspendida por decisión da Dirección General de Prensa por non contar co preceptivo permiso oficial en calidade de publicación de periodicidade regular, Galaxia xestiona a correspondente licenza cunha instancia asinada o 30 de maio por Xaime Isla Couto: “La Colección GRIAL se propone impulsar un sincero planteamiento de los problemas vivos de la existencia cultural de Galicia y de sus hombres, alentando la búsqueda y aportación de una respuesta propia y constructiva a las universales inquietudes del tiempo presente, en abierta y cordial comunicación con las demás tierras de España y con los países espiritualmente afines”.Diante desta solicitude, o delegado provincial, Julián Álvarez Villar, reclama informes das persoas que colaboraron nos catro números da Colección GRIAL:

- Nun informe secreto sobre Celestino Fernández de la Vega datado en 12 de agosto e asinado polo máximo responsable da Comisaría de Lugo dise o seguinte:“ … el cual es persona de buena conducta moral, pública y privada. Desde el punto de vista político, de los antecedentes del mismo y referencias obtenidas, no se deduce que haya realizado actividades contrarias al Régimen actual, y por el contrario, ha tomado parte en nuestra Cruzada de Liberación con la graduación de Oficial Provisional de Infantería, luchando en los frentes de combate. En los últimos años se viene observando que está muy relacionado con elementos que han figurado adscritos a partidos de tendencia izquierdista y galleguista, suponiéndose que dichas relaciones obedecen más bien a motivos literarios y culturales que a fines políticos, pues incluso en el campo de la literatura gallega encuentran grande atracción su afición y actividades literarias; no obstante, a veces ha llegado a resultar sospechoso en contacto con los individuos de dichos campos ideológicos”.

- Con esa mesma data emítese outro informe sobre Ánxel Fole : “… el cual viene observando buena conducta pública y privada. Políticamente y con anterioridad al Glorioso Movimiento Nacional muy entusiasta de las ideas de extrema izquierda, y perteneció a la ORGA, y al Partido Radical Socialista, por el cual fue candidato a diputado a Cortes, teniendo en la ficha de dicho partido el número 35, de fecha 22 de junio de 1931. Fue gran propagandista del Estatuto Gallego, interviniendo en varios mítines a favor de su concesión y publicando varios artículos en la prensa gallega en el mismo sentido. Colaboró en los periódicos de tendencia extrema editados en Lugo –Horizontes, Guión y Yunque- con artículos o trabajos en consonancia con dicha tendencia. Al iniciarse el Alzamiento desempeñaba el cargo de secretario provincial del comité del Partido Galleguista y por temor a las consecuencias derivadas de sus actividades, se escondió durante algún tiempo, apareciendo luego en esta capital y sufriendo sanción económica de 100 pesetas, en junio de 1937, por desafección al Régimen. En la actualidad, por sus antecedentes y porque no se cree en una rectificación de su ideología, sigue siendo un probable sospechoso de desarrollar actividades políticas contrarias al Régimen”.

- Noutro informe sobre Ánxel Johán : “…dicho nombre viene a ser el seudónimo artístico y literario que utiliza don Ángel González López, (…) el cual viene observando buena conducta moral. El Glorioso Movimiento Nacional le sorprendió hallándose destinado en Canarias, donde según informes, siendo empleado de Telégrafos, puso obstáculo o más bien se negó a que fuese entregada la Central de Telégrafos, donde desempeñaba el cargo, al Ejército Nacional, motivo por el cual se dice que fue separado del Cuerpo. Durante la República tuvo colaboración en algún periódico extremista de esta capital, y estuvo afiliado a la Organización Republicana Gallega desde el 5 de mayo de 1931, con el número 71, y luego a la ORGA, desconociéndosele otras actividades. Después del Movimiento y durante los años que lleva residiendo en esta ciudad, no se le observaron actividades políticas dignas de mención”.

- En canto a Ricardo Carballo Calero : “…durante el escaso tiempo que lleva residiendo en esta capital –cerca de dos años- observó buena conducta moral, pública y privada, si bien en el aspecto religioso está conceptuado como incrédulo, y por tanto acatólico, habiendo influido incluso en su esposa (…). El Glorioso Movimiento Nacional le sorprendió en Madrid, y en dicha capital fue detenido y condenado posteriormente a 18 años, estando unos dos años en prisión por sus ideas extremistas y actuación en relación con el Alzamiento, siendo luego indultado y puesto en libertad (…) Su principal tendencia política fue, y se cree sigue siendo, galleguista. También es sospechoso de filiación o concomitancias masónicas…”.

- Finalmente o Jefe de la Sección de Papel y Revistas emite un informe referendado por Juan Aparicio , Director General de Prensa, con data de 7 de outubro: “Los informes político-sociales de la mayor parte de los colaboradores que han de intervenir en esta publicación tienen un marcado carácter galleguista y parecen tener, además una señalada orientación internacional antiespañola aunque disfrazada. Como quiera que esta publicación va dirigida, en parte, para América es posible que pudiera producir una desorientación en la opinión. Por todo lo cual el Jefe que suscribe propone a V. I. la denegación de esta revista poética”. (GRIAL nº 206).

Relativas a Galicia

  • Edicións Monterrey na súa colección “Beatus Iacobus” publica: Vida y viajes literarios, número y calidad de los escritos del Rvdo. P. M. Fray Martín Sarmiento; escritos de Sarmiento transcritos e ordenados por Viñas Cortegoso.
  • Antonio Bonet Correa: Ovidio Murguía. Estudio y catálogo de su obra. Santiago
  • Antonio Rosón Pérez: Concentración parcelaria y patrimonio familiar. Bases de la resolución agraria gallega.
  • Francisco Javier Sánchez Cantón: Los dibujos de Goya.
  • Francisco Leal Insua: Semillero de poemas (Vigo).
  • Isabel Calvo de Aguilar: El palacio chino.
  • José Luis Arias: Dos mujeres.
  • Juan Antonio Martínez Sevilla (pseudónimo de Juan Antonio Martínez Pérez): Pompas humanas (A Coruña).
  • Julio Martínez Almoyna: Contribução de Camoes na literatura espanhola (Porto).
  • Luis Iglesias de Souza: La voz en el viento.
  • Mariano Tudela: El hombre de las tres escopetas (Santander).
  • Matilde Lloria: Aleluya.
  • Nabor Vázquez Montero: Lejanías del alma (Madrid).
  • Pedro Blanco del Pueyo: He rogado por ti.
  • Pilar Vázquez Cuesta: Miguel Torga: Antología Poética (Madrid).

Acontecementos

  • Aquilino Iglesia Alvariño instálase en Santiago de Compostela como catedrático de latín do instituto feminino Rosalía de Castro.
  • Rafael Dieste viaxa a New York e México (coñece a Gabriel Zaid, intelectual mexicano). Profesor de Lingua e Literatura Española en Monterrey durante dous anos.
  • Rubia Barcia vítima da “caza de bruxas”.
  • Deixa de publicarse en Vigo a revista “ Mensajes de poesía ” (1948-1952). O derradeiro número foi un monográfico de Blas de Otero. Pechouse por orde do Ministerio de Información, a causa de dous poemas: “A la inmensa mayoría” e “Plañid así”, especialmente por estes versos:

“Las niñas de las escuelas públicas ponen el grito en el cielo,

pero parece que el cielo no quiere nada con los pobres,

no lo puedo creer. Debe de haber algún error

en el multiplicando o en el multiplicador.

Las que tengan trenzas que se las suelten,

Las que traigan braguitas, que se las bajen rápidamente”.

  • Tomás Barros Pardo e Miguel Carlos Vidal fundan a revista “Aturuxo” (1952-1960).
  • O 25 de xullo, e dirixida por Antonio Somoza Outeiral aparece a revista do Centro Galego de Caracas “Galicia” (1954). Entre os seus colaboradores están Francisco Fernández del Riego, Ramón Piñeiro, Camilo José Cela, Ramón Lugrís e García-Sabell.
    Revista galicia.jpg
  • Tamén en xullo ve a luz “Mundo gallego”, “Órgano del Centro Gallego de Madrid”.
  • Dirixida por Gonzalo Álvarez Besada publícase en Tui a revista “Tuy”, publicación do Instituto Laboral San Pelayo.
  • O 21 de xuño, no xornal “La Noche”. Otero Pedrayo concédelle unha entrevista a Concha Castroviejo , falando da editorial Galaxia, que aínda non levaba un ano funcionando: “A pesar de ser una compañía mercantil su finalidad está orientada a altos y espirituales propósitos: los de prestigiar y difundir las creaciones de la cultura gallega. Por eso los socios de la entidad limitan cualquier posible beneficio económico en aras del gran éxito difusivo de nuestros libros” (“Grial” nº 218).
  • Eduardo Dieste nomeado cónsul en New York.
  • Fermín Bouza Brey suspendido de emprego e soldo como xuíz.
  • Evaristo Mosquera está preso en Madrid segundo se desprende da correspondencia entre Ramón Piñeiro e Fermín Bouza Brey (4 de outubro): “Estivemos en Madrid deica o día 2, pois os meus parentes non nos deixaron vir inantes. Alí vimos a moitos amigos. Falei dúas ou tres veces co Álvaro, que se amostrou moi ben disposto pra todas as cousas de “Galaxia”, da que agora se adica a facer moitas e grandes gabanzas. Craro que sigue tan fantaseoso coma de cote. Tamén fomos a visitar ó Mosqueiriña o Ben-Cho-Sey e mais eu. Emocionouse moito. Está moi ledo porque lle queda somentes un mes e poucos días máis pra se ver ceibe”. (Cartas a Fermín Penzol. Cadernos Ramón Piñeiro XXVII. Xunta de Galicia, 2013).
  • Vicente Risco concorre ao Premio Nadal con La puerta de paja que ficará no terceiro posto, detrás de Nosotros, los Rivero de Dolores Medio e La ciudad sin horizontes de Severiano Fernández Nicolás.
  • Aparece un artigo en portugués de Manuel Rodrigues Lapa en “Cuadernos de Estudios Gallegos”.
  • Nos números 1254-55 do 21-28 de xuño aparecen na revista portuguesa “Seara Nova” colaboracións de Carballo Calero e nos números 1260-61 de setembro, un artigo de Ramón Piñeiro asinado co pseudónimo de Luis Veiga do Campo.
  • O nº 481 de “A Nosa Terra” leva o titular: “A Anguriosa Situación do Povo Galego Baixo o Franquismo”, asinado por M. D. P.
  • Manuel María cumple o servizo militar en Compostela, xunto con Uxío Novoneyra . Polas tardes asiste á tertulia do Café Español, onde participan Carlos Maside, Otero Pedrayo, Bouza Brey, García Sabell, Ramón Lugrís, Borobó, Ramón Piñeiro…
  • Valentín Paz-Andrade viaxa a Chile requerido pola FAO para dar cursos de capacitación pesqueira na Universidade de Valparaíso. Alí estaba como máis alto cargo da FAO o pontevedrés Osorio Tafall. Con data de 20-V-1952, dende Madrid, escribe Ramón Cabanillas a Fermín Penzol : “Estivo aquí Paz Andrade con quen iréi pasar uns días en Vigo. dimpois do vinte do mes que vén, porque do dez o vinte estará en Roma”. (Cartas a Fermín Penzol. Cadernos Ramón Piñeiro XXVII. Xunta de Galicia 2013). Aos motivos desta estancia romana fai referencia Osorio-Tafall nunha conferencia no 1991 onde a Academia Galega de Ciencias honrou a Paz Andrade: “Un buen día en Roma, [na FAO] se me presenta Pilar (a súa dona) y Valentín y me formulan la demanda más inesperada y más insólita, para un hombre como yo; me pedían que les consiguiera una audiencia con el papa, entonces Pío XII. Yo les advertí que era la persona menos indicada para esa misión, pero en fin, como ellos insistieron, y tenía [yo] buenos contactos, prometí esforzarme. […] Fuimos a Castelgandolfo. Me senté pacientemente en una mesita de un bar cercano, enfrente a la bonita iglesia de Santo Tomasso sopra Vilanova, obra del genial Bernini, ante la entrada al Castillo. Cuando regresan, sobre todo Pilar, sumamente emocionada, me dice: “Bueno, te traemos la bendición papal, porque Pío XII nos ha dicho que esta bendición se extiende a los parientes y amigos”.
  • Luís Cochón: “Valentín, sempre ao seu aire: “A velas vir e a pillalas todas”. Boletín da Real Academia Galega, num. 373.
  • O 24 de xullo, diante da vella casa de Rosalía ten lugar o acto de entrega das chaves ao Patronato, que nese momento estaba presidido por Juan Gil Armada.
  • Alonso Montero pronuncia no mes de maio, no Centro Galego de Madrid, a conferencia "La muerte de las lenguas y la agonía del gallego", sendo presentado por Ben Cho-Shey.
  • Detido en Oza dos Ríos o guerrilleiro Benigno Andrade García “Foucellas”. Agarrotado na Prisión Provincial da Coruña.
  • Once mortos nun choque de trens entre Padrón e Escravitude.
  • Franco inaugura en Vigo o Instituto de Investigaciones Pesqueras.
  • Fernando Quiroga Palacios nomeado Cardeal.
  • Inicia as súas emisións Radio Juventud de la Coruña.
  • Sotomayor pinta “Niños de aldea”.

Premios

O traballo de Xesús Alonso Montero "Estudio de un vocabulario agrícola: la vid y la viticultura de O Ribeiro (Orense)", premiado no Centro Galego de Buenos Aires.

Mail-client-Breeze-Icon.svgEpistolario

En carta a Maside (14/11) Luís Seoane describe o libro Fardel do eisilado: “… dedicado ós emigrantes, onde intento cunha especie de poemas dar unha visión distinta da habitual do emigrante, situándoa na emigración dentro da súa categoría social e na historia do país no que se estableceron”.
Con data de 30 de xaneiro escríbelle Alberto Vilanova : “Moito lle agradezo o envío do seu libro Fardel do eisilado, que lin e saboreei con eisquisita deleitación. Prodúxome gran ledicia seu contido, non soio pola importancia literaria, senón pola integridade ideolóxica e polo calor humán que latexa en tódalas súas páxenas (…) Cando tantos febles de esprito craudican e emporcan en tantas impudizas e vilezas, conforta o ánemo alcontrar persoas que, como vosté, manteñen en pé auténticas arelas no meio de brutaes e corruptoras tempestades. (…) Eu soio lles digo que non deben sentir morriña por ista Galiza aferrollada i escrava (…) ¡Levarían unha noxenta deceición se coñeceran coma tantos que lles parescen dende ehí bos e xenerosos, i enfouzaron nista podremia civil que corroe a terra”. En resposta a Alberto Vilanova (19 de marzo) escribe Seoane: “Creo ter feito un libro sinceiro, no que intentei concederlle máis importancia á anguria coleitiva que á propia neste intre en que os modelos da máis moza xente galega son aqueles que buscan máis ben eispresar o contrario, e síntome por moi premiado e satisfeito conque os escritores galegos como vostede, que eu estimo fondamente pola súa obra e aititude, tivesen atopado nel algún mérito”.
Evaristo Mosquera está preso en Madrid segundo se desprende da correspondencia entre Ramón Piñeiro e Fermín Bouza Brey (4 de outubro): “Estivemos en Madrid deica o día 2, pois os meus parentes non nos deixaron vir inantes. Alí vimos a moitos amigos. Falei dúas ou tres veces co Álvaro, que se amostrou moi ben disposto pra todas as cousas de “Galaxia”, da que agora se adica a facer moitas e grandes gabanzas. Craroque sigue tan fantaseoso coma de cote. Tamén fomos a visitar ó Mosqueiriña o Ben-Cho-Sey e mais eu. Emocionouse moito. Está moi ledo porque lle queda somentes un mes e poucos días máis pra se ver ceibe”.Cartas a Fermín Penzol. Cadernos Ramón Piñeiro XXVII. Xunta de Galicia, 2013.
Con data de 20-V-1952, dende Madrid, escribe Ramón Cabanillas a Fermín Penzol: “Estivo aquí Paz Andrade con quen iréi pasar uns días en Vigo. dimpois do vinte do mes que vén, porque do dez o vinte estará en Roma”. (Cartas a Fermín Penzol. Cadernos Ramón Piñeiro XXVII. Xunta de Galicia 2013).
Fernández del Riego (Vigo) escribe a Lois Tobío (Montevideo) con data de 11 de novembro): Imos a preparar un volume de ensaios sobre a saudade, semellante ô que lle adicamos a Rosalía, e que tí xa conoces. Queremos que tí nos fagas un traballo sobre o tema, dende o punto de vista que estimes comenente. A estensión, pol-o estilo da/dos que se prubricaron sobre Rosalía. Deberá estar escrito en galego, e firmado co teu nome, agás que prefiras o emprego de seudónimo. Quixéramos tel-o no noso poder antes de primeiros de ano, pra non demorar a edición do volume. (Epistolario Lois Tobío. Consello da Cultura Galega).

Sumarios

Flag CPLP.gif Cataluña Flag of Spain Outras culturas

NobelPREMIO NOBEL DE LITERATURA: François Mauriac

Flag CPLP.gif CPLP - Comunidade dos Países de Lingua Portuguesa

Nacen





Morren:

  • Sebastião da Gama (Lisboa; 1924 Vila Nogueira de Azeitão).
  • Teixeira de Pascoaes (Gatão; 1877 Amarante).“Galicia lo ha llorado como suyo y no ha hecho de más, pues le debe la revelación de la saudade, en la que se cifra el sentido profundo de nuestra intimidad poética”. (Vicente Risco).






Adolfo Casais Monteiro: Fernando Pessoa e a crítica (ensaio).


Afonso Duarte: Canto de Babilónia e Canto de morte e amor.


Alberto de Serpa: Poetas… poetas; Vê se vês terras de Espanha.


Amândio César: A terra onde um homem vive.


Antero de Figueiredo: Traição à arte.


António Maria Lisboa: Ossóptico.


António Quadros: Viagem desconhecida.


Armando Martins Janeira: O teatro moderno.


Branquinho da Fonseca: Mar Santo.


Carlos Drummond de Andrade (Brasil): Passeios na ilha.


Carlos Eurico da Costa: Sete poemas de solenidade e um requiem.


Egito Gonçalves: A evasão possível.


Faure da Rosa: Retrato de família.


Figueiredo Filho (Brasil): Poema das rosas.


Godofredo Rebello de Ilse Losa: Rio sem Ponte.


Isabel da Nóbrega: Os anjos e os homens.


João Dias (1926 Maputo; 1949 Lisboa): Godido e outros contos.


Joaquim de Carvalho: Elementos constitutivos da consciência saudosa.


Joaquim Paços d’Arcos: O Navio dos Mortos.


Jorge de Lima (Brasil): Invenção de Orfeu (poesía).


José Cardoso Pires: Histórias de Amor.


Manuel Mendes: Estrada (narrativa).


Manuel Rodrigues Lapa : “A obra máis urgente da galeguidade” (Na revista “Galicia” do Centro Galego de Montevideo).


Maria Archer: O Mal está Entre Nós.


Maria da Graça Freire: A primeira viagem.


Maria Lamas: A Mulher no Mundo.


Natércia Freire: Anel de sete pedras.


Pedro da Silveira: A ilha e o mundo (poesía).


Rafael Santos Torroella: Sombra infiel (poesía)


Rogério de Freitas: A porta fechada.


Romeu Correia: Gandaia.


Saul Dias: Sangue.


Tomás de Figueiredo: Uma Noite na Toca do Lobo.


Tomaz Ribas: Roberto e Melisandra (teatro).


Vítor Matos e Sá: Horizonte dos dias.




Cataluña


Nacen:

Morren:

  • Josep Pous i Pagès (Barcelona; 1873 Figueres).


Carles Riba: Salvatge cor (poesía). Asiste ao Congreso de Poesia celebrado en Segovia.


Clementina Arderiu: Poesies completes.


Fèlix Cucurull i Tey: Els altres mons.


Francesc de Borja Moll i Casasnovas: Rudiments de gramàtica normativa.


Joan Sales: Viatge d’un moribund (poesía).


Josep Carner: Llunyania (poesía).


Josep Palau i Fabre: Poemes de l‘alquimista.


Josep Pla: El carrer estret; Llagosta i pollastre; El vent garbí; Girona e Els pagesos.


Llorenç Villalonga: La novel-la de Palmira.


Maria Beneyto i Cuñat: Eva en el tiempo (Poesía. En castelán) e Altra veu (Poesía).


Matilde Lloria: Altissim Regne (Premio Valencia de Literatura).


Miquel Llor: Tots els contes.


Rosa Leveroni: Presència i record.


Salvador Espriu: Les horas (poesía) e Mrs. Death (poesía).

Flag of Spain


Nacen:




Morren:

  • Enrique Jardiel Poncela (Madrid; ibidem 1901).



Nace a revista: “Revista”.


Ángel Crespo: Quedan señales.


Antonio Buero Vallejo: La tejedora de sueños.


Camilo José Cela: Del Miño al Bidasoa.


Carlos Barral: Las aguas reiteradas.


Dámaso Alonso publica Poetas españoles contemporáneos, no que inclúe o prólogo que fixo para Barco sin luces de Luís Pimentel, aínda inédito (1960):“No toquéis a este libro. Podría deshacerse, porque es todo de rosas ceniza. De cristal, de hundidas sombras, de aire. Quizá mejor que no entréis en este misterio. Tiene difícil entrada. Está en los extremos del sueño, cerca del centro obsesionante. Es un reino sin banderas, enlutado de blanco.... Pero... ¡Dios mío, qué poder diste a los poetas, cómo los has hecho las criaturas más próximas a Ti, tus más cercanas imitadoras, Tú, vivificador de la arcilla! Y siempre, siempre, en aquel día de la Creación virginal, Tú labras tus instrumentos, tus trémulos stradivarius, para que se te parezcan y resuenen. E hiciste este delicadísimo instrumento tuyo, este Luis Pimentel, para que creara...”.


Dolores Medio: Nosotros, los Rivero (Premio Nadal).


Edgar Neville: El baile.


Elena Quiroga Abarca: La sangre.


Ernestina Champourcín: Presencia a oscuras.


Gloria Fuertes: Canciones para niños.


José Ares Montes: Cervantes en la poesía portuguesa del siglo XVII.


José Ferrater Mora: El hombre en la encrucijada.


José Luis López Aranguren: Catolicismo y protestantismo como formas de existencia.


José Manuel Caballero Bonald: Las adivinaciones (Premio Adonais de poesía).


José María Pemán: Callados como muertos.


Juan Antonio de Zunzunegui: Esta oscura desbandada.


Julián Ayesta: Helena o el mar del verano.


Miguel Mihura: Tres sombreros de copa.


Rafael Alberti: A la pintura.


Víctor Ruiz Iriarte: Juegos de niños.





Máis culturas:


Nacen:


Morren:.

  • Enrique González Martínez (1871 Guadalajara, Jalisco).
  • Mariano Azuela (1873 Lagos de Moreno, Jalisco).
  • Pedro Prado (Viña del Mar; 1886 Santiago de Chile).
  • Paul Eluard (Eugène Grindel) (Charenton-le-Pont; 1895 Saint-Denis).
  • Knut Hamsun (1859 Noruega).

Amanda Berenguer: El río.


Arturo Uslar Pietri: Apuntes para retratos.


Borges: Otras inquisiciones.


Celestino Gorostiza: El color de nuestra piel (teatro).


Horacio Armani: La música extremada.


Jorge Enrique Adoum: Carta para Alejandra.


Juan José Arreola: Confabulario (prosa).


Luís Romero: La noria.


María Rosa Lida: La idea de la fama en la Edad Media castellana.


Raúl Gustavo Aguirre: Antología de una poesía nueva.


René Marqués: La carreta (teatro).


Sebastián Salazar Bondy: El fabricante de deudas.


Victoriano Crémer: Nuevos cantos de vida y esperanza.





Claude Lévi-Strauss: Races et histoire.


Francis Ponge: La rage de l’expressión.


Hemingway: O vello e o mar (traducida ao galego por Carlos Casares no 1998; Galaxia. “Grial” nº 140).


Ignazio Silone: Una manciata di more (narrativa).


Italo Calvino: Il visconte dimezzato (narrativa).


Jack Kerouac: Doctor sax.


Jean Cocteau: Le chiffre sept e Journal d’un inconnu.


John Fante: Full of life.

John Steinbeck: East of Eden.


Marguerite Duras: Le marin de Gibraltar.


Natalia Ginzburg: Tutti i nostri ieri.


Paul Bowles: Let it come down (narrativa).


Paul Celan: Mohn und Gedächtnis (Adormideira e memoria).


Ralph Ellison: Invisible man (narrativa).


Samuel Beckett: En attendant Godot (Á espera de Godot). Estreada ao ano seguinte. Traducida ao galego por Francisco Pillado Mayor para a Biblioteca Galega de Clásicos Universais.


Wolfgang Koeppen: O invernadoiro.




Tamén sucedeu...

  • CINE:

- Luis Buñuel : Subida al cielo. El bruto e Robinson Crusoe.

- Luis García Berlanga : Bienvenido Mister Marshall.

Bienvenido mr marshall-746624914-large.jpg

- Stanley Donen e G. Kelly: Cantando baixo a choiva.

- Chaplin : Candilejas.

- Vittorio De Sica : Umberto D.

  • España ingresa na UNESCO o 18 de novembro en París, na VII Conferencia Xeral da Institución. Tivo 44 votos a favor, 4 en contra e 7 abstencións. Houbo protestas como a de Albert Camus: “L’Espagne de Franco est introduite à la sauvette dans le temple bien chauffé de la culture et de l’ education pendant que l’Espagne de Cervantes et de Unamuno est une fois de plus jetée a la rue... Oui, des l’instant où Franco est entré à l’ UNESCO, L’UNESCO est sortie de la culture universelle».O violoncelista exiliado Pau Casals, renunciou á súa condición de asesor da UNESCO). Non existe segundo Alonso Montero documentación sobre se houbo protestas por parte dos galegos. Os que si protestaron en París foron os cataláns do exilio. No libro Cronologia de la repressió dise: “La UNESCO acull un memoràndum de catalans exiliats en què s’explica i s’informa de la persecució contra la llengua i la cultura catalanes”.
  • Celébrase enSalamanca o 2º Congreso de Poesía.
  • Desaparecen tras doce anos de funcionamento as cartillas de racionamento.
  • Nacionalízase a Compañía Telefónica.
  • Ben Bella forma no Cairo o comité revolucionario argelino.
  • Insurrección contra Francia en Marrocos (ata 1956).
  • Comezan disturbios en Chile.
  • Grecia e Turquía ingresan na OTAN.
  • China acusa a EE.UU de practicaren Corea a guerra bacteriolóxica.
  • Gran Bretaña realiza a súa primeira explosión atómica.
  • Instauración da ditadura de Batista en Cuba.
  • Revolución popular en Bolivia contra a ditadura militar, provocada pola precariedade en que viven obreiros e campesiños. Iniciase espontaneamente polas rúas de La Paz, onde grupos de mineiros provistos de dinamita e dirixidos por Juan Lechín , se lanzan contra o réxime militar.