1950

De Xulipedia
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Flag of Galicia (civil).svg Cultura galega

Nacementos/Pasamentos

Child in diaper icon Nacementos
Literatura
Adolfo Domínguez (Pobra de Trives).
Antonio Rodríguez Baixeras (Ribadeo).
Brais do Castro (A Coruña).
Carme López Taboada (Sendelle, Boimorto).
Concha Blanco Blanco (Lires, Cee ).
Luís Manuel García Mañá (Ourense).
Roberto Vidal Bolaño (Santiago; 2002 Santiago).
Vicente Araguas (Xuvia, Narón).
Xoán Xesús González Gómez (A Rúa de Petín).
Xosé María Álvarez Cáccamo (Vigo).
Xosé María Dobarro Paz (Ferrol).
Xosé Ramón Mariño Ferro (Castrofeito, O Pino).
Outros
O cantautor Suso Vaamonde (Regodobargo, Pontecaldelas; 2000 Vigo).
O cantautor Jei Noguerol (Xosé Antonio González Noguerol) (Covas, Viveiro).
O cantautor Bibiano Morón Giménez (Santiago de Compostela; 2016 Vigo).
A mestra e filóloga Sabela Labraña Barrero (Cedeira; 2015 Barcelona).
O filólogo José Manuel Díaz de Bustamante (Santiago).
O etnógrafo Xosé María Lema Suárez (Bamiro, Vimianzo).
O historiador Bernardo Máiz (Ferrol).
O debuxante e deseñador Xosé María Rodríguez Iglesias “Loquis” (Lugo).
O pintor Juan García Pardiñas “Xan Pardiñas” (Negreira).
O pintor Zacarías Castro González (Ponteareas; 2019 Vigo).
O pintor Lino Silva (Cambados).
O pintor Luciano Couselo Castro (Santiago de Compostela).
O pintor e escultor Enrique Conde Escuredo (Benavente, Zamora).
O escultor Luís Fernández González “Cochorro”. (Rubiá, Ourense).
O escritor José Ángel Basanta Folgueira (Crecente, A Pastoriza).
O escritor Alfonso Blanco Torrado (Montevideo).
A filóloga María de las Mercedes Brea López (A Estrada).
A actriz teatral Rosa Álvarez Cabo (Carballeda de Avia, Ourense).
O ilustrador Lázaro Enríquez (La Habana; 2005 Vigo).
O militante do FRAP José Humberto Baena Alonso (Vigo; 1975 Fusilado en Hoyo de Manzanares).
Moncho Reboiras, dirixente da UPG (Imo, Dodro; 1975 Asasinado en Ferrol).
O deportista da vela Pedro Campos (Cuntis).
Skull.png
Pasamentos
Literatura
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (Buenos Aires; 1886 Rianxo).O día 4 de xaneiro é operado polo doutor Uribe, asistido polo profesor Sánchez Guisande e falece na sala 203 do Sanatorio do Centro Gallego.Enterro multitudinario de Castelao no Panteón do Centro Galego do Camposanto de Chacarita. Con data de 20 de febreiro, Rodolfo Prada dende Buenos Aires, envía unha carta a Otero Pedrayo na que o informa dos derradeiros días da vida de Castelao e da súa morte (“Grial” nº 47).

“A Nosa Terra” saca un número especial dedicado a Castelao (nº 474, do 25 de xullo), preparado por R. Rey Baltar, X. Núñez Búa, R. Prada, Moisés da Presa e L. Seoane. Nel, Cabanillas escribe o poema ¿De que morte morreu a nosa prenda? e Fernández del Riego publícao nun recordatorio que distribúe clandestinamente:“Irmán Daniel / Na praia de Rianxo / caían como bágoas as estrelas,/ espallaban teus aies derradeiros / bruantes ventos das andinas serras, / e ondas galgantes, en cramor, chegadas / da pratense ribeira,…”. Tamén nese número de “A Nosa Terra” lembran a Castelao:

Ramón Otero Pedrayo: “Gardado pol-o seu recordo”: “Seus arquivos eran os ollos dos vellos patrós, a sinxeleza das mociñas. As candeas do piñeiral, as augas do rego bulindo pol-as empedradas calzadas”.

Ramón Piñeiro: “Castelao era o símbolo humán das arelas morales do seu povo, das arelas de bondade e de xusticia que sempre están aniñadas na sensibilidade coleitiva”.

Marcial Fernández: “Castelao, guieiro e símbolo”: “Castelao non loitou propiamentes por ideoloxías restrictas de partido ou bandeiria, senón por un ideal concreto de xustiza e de liberdade: a liberazón de Galiza e a diñificazón e o melloramento do seu povo. Non é eisaxerado afirmar que á súa obra artística, cheia de outo senso político foi unha das cousas que máis contribuiron para crear na súa terra a revolta moral que conduciu ó madurecemento político e a afirmazón da persoalidade nazonal”.

Ánxel Fole: “Relembro”: “Era Castelao unha das máis esgrevias persoalidades galegas de todol-os tempos. Ninguén como íl espresou as arelas da i-alma do noso povo; ninguen –tampouco- maís enxebre, no mais fondo senso da verba”.

Antonio Baltar: “Lembranza”: “Castelao dou forma concreta é realidade aos anceios que latexaban no esprito dos Precursores. A sua obra está ahí fermentando, e os froitos d-ela xa se están vendo en Galiza”.

O xornal compostelán “La Noche” dedícalle o seu suplemento do sábado nº 13 (14-01) a Castelao, feito que provocou quince días despois a suspensión do suplemento, a causa das presións recibidas polo director do xornal José Goñi Aizpurua. No nº 15, (28 de xaneiro), o derradeiro, Otero Pedrayo publica o artigo “A casiña de Rianxo”, no que evoca a figura da nai de Castelao.

O número de febreiro da revista “Galicia” do Centro Galego de Buenos Aires, dedicado integramente a Castelao.

Catro días antes do pasamento, chegou de Galicia Perfecto López, traendo unha caixa con terra recollida nas beiras do río Miño para ser espallada no cadaleito de Castelao.

Jaime Cortesão: escribe en “A Nosa Terra” nº 474 o artigo “Heroi e santo”, lembrando a Castelao: “Á candura lírica e feminina duma Rosalía unía o vigor e a capacidade de expressão dramática dum Goya. E se foi um condutor de homens, não obrigava com as qualidades de mando, mas pelo poder de simpatia e encarnação generosa dos ideais duma grei, secularmente oprimida”.

Manuel Rodrigues Lapa escribe a Virginia Pereira de Castelao: “Senti a sua morte como a dum irmáo; porque éramos verdadeiramente irmáos, na lingoa em que falávamos, na cultura em que entranhávamos o ser, na “arela” de justiça e no amor do povo em que comulgábamos”. (“A Nosa Terra” nº 474).

No nº 474 de “A Nosa Terra”, dedicado a Castelao figuran unha carta de M. Serra Moret, “Presidente do Parlamento Catalán no Eisilio” e outra do “lider vasco, Ex-Ministro da República Hespañola, Dr. Manuel Irujo”.


Álvaro de las Casas Blanco (Barcelona; 1901 Ourense).
Armando Cotarelo Valledor (Madrid; 1879 Vegadeo).
Francisca Herrera Garrido: A Coruña; ibídem 1869).
Outros
Antonio López Hernández (Madrid; 1879 A Coruña).
O ilustrador Roberto Eduardo Padín Rodríguez (Vigo; 1886 Tui).
O político e avogado Santiago Casares Quiroga, ex presidente da República (París; 1884 A Coruña).
O arqueólogo Eugenio Augusto dos Anjos Jalhay (Lisboa; ibídem 1891).
O industrial José Barreras Massó (Vigo; 1867 Póboa do Caramiñal).
O violinista Antonio Fernández Bordas (Madrid; 1870 Ourense).

Publicacións

Galegas

  • A. Suárez Do Pazo: “Castelao, esprito immorrente da Galiza eterna” (“A Nosa Terra” nº 474).
  • Alfredo Somoza : “O loitador caído” (“A Nosa Terra” nº 474).
  • Álvaro Cunqueiro : Dona do corpo delgado (colec. Benito Soto).

Publica un caderno dedicado a Hölderlin, con dez poemas deste traducidos por el mesmo, e un da súa autoría dedicado ao escritor alemán. É un folleto impreso en Mondoñedo, baixo o selo “Edizós do Pescador de Cana” e do que se tiraron 200 exemplares numerados; no colofón figura a data do 1 de xuño.Cunqueiro comeza no Faro de Vigo a serie “Pasajero en Galicia” (até 1954). Escríbelle a Fernández del Riego: “Hai que traducir ó galego aquelo que é apremiante, urxente, que seña dito entre nós, e si todo se fai arqueoloxía e cacheo de castros e arquivos, hai que botarse fóra e decir, con boca de outros, anosado, aquelo que os galegos deben saber. Quizabes todo seña labrar e paredar no mar, pero non por iso deixarei de facelo”.

  • Antón Baltar : “Lembranza” (“A Nosa Terra” nº 474).
  • Antón Crestar : “Loito nos corazós…” (“A Nosa Terra” nº 474).“Morreu Castelao. Loito nos corazós, bágoas nos ollos, nas gorxas, puños pechados, frentes outas e paso firme para seguir o roteiro qu’il nos sinalou caraa a liberazón da NAI TERRA”.
  • Arturo Cuadrado : Dibujos de Seoane (Edit. Botella al Mar. Buenos Aires).
  • Augusto María Casas Blanco : Cantigas da noite moza (colec. Benito Soto).
  • Ánxel Fole : “Relembro” (“A Nosa Terra” nº 474).
  • Avelino Díaz : “Na morte do mestre” (“A Nosa Terra” nº 474).
  • Ben-Cho-Shey : “Guieiro i espello de galeguismo” (“A Nosa Terra” nº 474).
  • Benito Cupeiro: “Castelao, esprito de Galiza” (“A Nosa Terra” nº 474).
  • Castelao : As cruces de pedra na Galiza (discurso na RAG en 1934; texto definitivo e ilustrado. Ed. Nós. Buenos Aires. Castelao non chegou a ver o libro rematado, só puido ver as probas. Ver 1964). O nº 474 de “A Nosa Terra”, “Número especial adicado a Castelao”: “Cerca dun ano estivemos escrebendo sen facer mención da súa enfermedade, apesares de que sabíamos que era mortal […] Si Galiza poidera mañifestar con liberdade os seus sentimentos, veríamos locir as fogueiras no cume dos montes, ouviríamos as campás de todal-as eirexas e soarían as voces profundas da patria en louvor do seu fillo máis enxebre […] A súa conduta limpa, reitiliña, que se distingueu dende os seus comenzos na vida púbrica, é dunha exempraridade ausoluta. Os seus dibuxos, os seus escritos pingaban o zume da nosa raza, da nosa tradición e dos nosos anceios. […] Pero o amor á súa Terra levouno por outros camiños, que o consagraron como político de visión certeira e dunha honestidade intachabel”.
    Cruces de pedra na galicia a.jpg
  • Edmundo Nóvoa : “Carta d´un amigo uruguaio” (“A Nosa Terra” nº 474).
  • Eliseo Alonso : Cantos de cotovía (poesía en castelán na colec. Benito Soto).
  • Emilio González López : “Castelao e Rosalía” (“A Nosa Terra” nº 474): “Si Galiza alcanzou con Rosalía a sua madurez poética, a concencia de sí mesma e a voz poética que a expresara, con Castelao chegou a eisistir con persoalidade propria nas artes plásticas”.
  • Florentino López Cuevillas : “Foi pol-a súa arte” (“A Nosa Terra” nº 474).
  • Francisco Fernández del Riego: Danzas populares gallegas (Centro Gallego de Buenos Aires) e “Hölderlin en galego” (artigo en “La Noche” o 21 de xuño).“Castelao sempre” (“A Nosa Terra” nº 474).
  • José Ibáñez Fernández : Diccionario galego da rima e galego-castelán (Madrid).
  • José Otero Otero: O feitizo da gaita (curto para teatro no nº 3 da revista “Rianxo”).
  • Luís Pimentel : Triscos (Colección Benito Soto de Pontevedra, con prólogo de Fole). É o único poemario seu que chegou a ver imprentar. Publica poemas en “El sobre literario” con comentario de Ramón Piñeiro.

“A morte de Castelao” (“A Nosa Terra” nº 474): “Somentes unha vez na miña vida –fai xa moitos anos- ollei a Castelao. Pro fiteino ben ós ollos. Xa tiña entón ollos do que vai pra cego. Eran como duas limpas pozacas entre o acantilado celta dos seus pómulos duros. Tiñan isa craridade profunda, queda, que algunhas veces sorprendemos no mar; isa i-auga feita ár callado; isa doce trasparencia do mais tenro cristal. Paresciame que os seus ollos escoitaban isa lonxana e misteriosa música que das outas noites ven. Fiteille ós ollos e nada había alí de turbador… estancia limpa, sosegada, nobre boa”.

  • Luís Tobío Fernández: “Castelao, mensaxeiro da terra” (“A Nosa Terra” nº 474).
  • Manuel Celso Garrido : “Castelao, esgrevio e immorrente patriota” (“A Nosa Terra” nº 474).
  • Manuel García Sánchez: Americano del pote (teatro, en colaboración con Ramón Santamarina e Joaquín Pérez).
  • Manuel Lueiro Rey : Nacencia. Cuentos y poemas (Co pseudónimo de “Gudea”; Vigo).
  • Manuel María : Muiñeiro de brétemas (colección Benito Soto. Pontevedra). Tamén escribe o libro de poemas Elexías á miña vida pequeniña, que non se publicará ata o 2004. Está dedicado: “Para Álvaro Cunqueiro que ollou nacer a cotovía e que merece ser un abate rococó do XVIII francés”. Como epílogo aparece un artigo de Álvaro Cunqueiro publicado en “La Voz de Galicia” o 30 /05 / 1954 titulado “Terra Cha: ir e vir”: “O poeta ándaa cos seus versos coma os seus habitantes, os chairegos, a camiñan coas zocas chinelas. O poeta vai poñendo os versos coma quen pon o arco dunha ponte dunha a outra beira do río… E a Terra Cha, coma un país nunha bóla de cristal, tédela na cunca das vosas mans se nas vosas mans tedes estes fermosos versos de Manuel María”.
  • Manuel Pérez Martínez: Margaritas silvestres (Poemas en galego e castelán. Ponteareas).
  • Manuel Portela Valladares : “Unha soia ara ergueita…”(“A Nosa Terra” nº 474).
  • Manuel Silva : “O intre do pasamento” (“A Nosa Terra” nº 474).
  • Marcial Fernández Vázquez: “Castelao, guieiro e símbolo” (“A Nosa Terra” nº 474).
  • Pedro Campos Couceiro : “Fóisenos Castelao” (“A Nosa Terra” nº 474).
  • Ramón Otero Pedrayo : La vocación de Adrián Silva (A Coruña. “Grial” nº 52, páx. 266) e Juan Manuel Bedoya (Santander).Otero Pedrayo, acada a cátedra de Xeografía da Universidade de Santiago. O 7 de abril, escríbelle a Fernández del Riego: “Sabía ser vostede, pois a mocedade é xenerosa, un dos amigos máis ledos polo meu éxito nas oposicións á cátedra de Compostela, virxinal e doncela; pois enxamáis tivo “titular” e son eu ca miña testa albescente e pedernalosa-seixenta o seu primeiro cabaleiro e paladín”.

O 15 de abril escríbelle a Fermín Penzol dende Trasalba:“Chego un pouco vello á Universidade. Soio podo dar froitos outonizos. As veces son as máis celmosas e sucradas as seródeas do pomareiro. En Compostela pódese traballar. Non falta laboura pra encher unha vellez”.(Cartas a Fermín Penzol. Cadernos Ramón Piñeiro XXVII. Xunta de Galicia 2013).Con data de 18 de abril escríbelle a Abelardo Moralejo, decano da Facultade de Filosofía e Letras de Santiago: “Como a viejo amigo y como a Decano me complazco en comunicarle en estas líneas mi buen éxito en las oposiciones a la cátedra de Geografía de la Facultad de Filosofía y Letras. Siempre me atrajo Compostela. Llego un poco viejo a la cátedra universitaria. Obligan mucho el amor y los años y procuraré ser digno de una hermosa cátedra que no tuvo, a lo que yo creo, titular hasta hoy en esa Universidad.Los viajes, no pocas preocupaciones y trabajos no me han dejado escribir antes esta carta tan grata para su constante amigo y servidor q. s. s. m.”.“Gardado pol-o seu recordo” (“A Nosa Terra” nº 474).

  • Ramón Rey Baltar : “El Barbero Municipal”. Primeiras caricaturas de Castelao”. (“A Nosa Terra” nº 474).
  • Ricardo Carballo Calero : Anxo de terra (poesía, colec. Benito Soto). Con data de 24 de abril escríbelle Ramón Piñeiro: “Xa temos autorización de Heidegger pra traducir ó galego un traballo filosófico seu e incluso trataremos de que lle faga, si pode ser, un prólogo especial. Así combatiremos a lenda insidiosa de que “o galego soio sirve pra facer versos e pra falaren os labregos”. O teu trunfo tamén lles lembrará que sirve pra facer novelas. (Cadernos Ramón Piñeiro XXXIII. Epistolario Ricardo Carballo Calero, Ramón Piñeiro. Xunta de Galicia. 2015).
  • Rodrigues Lapa escríbelle a Fernández del Riego o 9 de agosto: “Fiz saber ao director gerente da “Seara Nova”, o meu amigo Dr. Câmara Reys, o que me diz sobre uma possivel colaboração de jovens intelectuais galegos. A Seara, como debe saber, é uma revista das esquerdas, com feiçao mais ou menos socialista, e de aberta oposiçao ao regime actual. Além disso, é exigente na qualidade da colaboração, como revista de verdadeira cultura que é... Ninguén mais do que eu deseja essa colaboração; mas ela terá de dar-se numa esfera de elevada cultura que honre Portugal e Galiza”. (Ver 1951-1952).
  • Tomás Barros : Gárgolas (colec. Benito Soto, en castelán).
  • Víctor M. Balboa : “De cómo vin a coñecer a Castelao” (“A Nosa Terra” nº 474).
  • Xesús Nieto Pena : “Homaxe a Castelao” (“A Nosa Terra” nº 474):Pois perdimol-ó Pai, orfos ficamose unha anguria de morte nos rodea-anque, se o pai morreu, ficou a Idea,con ela viva ao Pai resucitamos…
  • Xosé María Álvarez Blázquez : Roseira do teu mencer (Primeiro libro de Edicións Monterrey, inaugural da colección “Leixado do Vento”. Dedicado á súa primeira filla, Colorín).
  • Xosé Núñez Búa : Vida e paixón de Castelao (“A Nosa Terra” nº 474. Buenos Aires).

Relativas a Galicia

  • O 9 de outubro, aparece en Ourense “Hoja del lunes”, editada pola Asociación da Prensa (12-1985).
  • En Noia nace a revista literaria “Tapal”, dirixida por Andrés Rodríguez Millares e Manuel Fabeiro Gómez. (Sairán 10 números até 1955).
  • Alejandro Finisterre: Cantos rodados (Roma).
  • Alfredo Bufano (Mendoza-Argentina 1895-1950): Junto a las verdes rías (poemas).
  • Evaristo Correa: Los costumbristas españoles (Madrid).
  • Horacio Ruíz de la Fuente: Aurora negra.
  • José Almoina Mateos: Yo fui secretario de Trujillo. Obra de loas ao ditador Trujillo para servir de distracción das súas actividades antitrujillistas.
  • José Couselo Bouzas: La pintura gallega (A Coruña).
  • Juan Naya Pérez: Murguía y su obra poética (A Coruña).
  • Luís Seoane: “El cazador” e “Pelando patacas” (óleos).
  • Manuel Casás Fernández: Páginas de Galicia. Notas históricas y literarias (A Coruña).
  • Manuel Colmeiro: “Paisaxe”.
  • Marcial Suárez Fernández: Calle de Echegaray (Madrid).
  • Matilde Lloria: Camino del cántico.
  • Pilar Vázquez Cuesta: Tres poetas del Brasil: Bandeira, Drummond, Schmidt (Madrid), en colaboración con Leónidas y Vicente Sobrino Porto.
  • Plácido Ramón Castro del Río: Un tema de Galicia: la saudade y la poesía (Boletín del Instituto Español de Londres).
  • Víctor Lis Quibén: La medicina popular en Galicia.
  • Victoriano García Martí: Tres narraciones gallegas. (“La tragedia del caballero de Santiago” 1930; “El emigrante” , e “Don Severo Carballo” 1917).
  • Xesús Carro García: Las catedrales gallegas.
  • Xosé María Álvarez Blázquez: Vigo.

Acontecementos

  • Fúndase en Vigo a Editorial Monterrey , dirixida por Xosé María Álvarez Blázquez.
  • Fundación en Vigo da Editorial Galaxia . O 25 de xullo reúnense nun xantar nos baixos do Hotel Compostela, na cidade de Santiago os compoñentes do futuro núcleo de accionariado que fundará a Editorial Galaxia. A esa primeira reunión non acudirá Ramón Piñeiro por unha convalecencia ocular e sobre todo para evitar problemas pola súa situación de liberdade condicional. O 3 de novembro, asínase en Vigo a escritura fundacional da sociedade mercantil anónima, nun documento redactado en galego e castelán, acolléndose a unha norma regulamentaria da época da II República que seguía vixente. A Editorial Galaxia dedicará os seus esforzos á difusión e defensa da lingua e cultura galegas sen propósito lucrativo. Tódolos beneficios da empresa invístense en publicacións e no mantemento da Biblioteca Penzol, a máis importante de Galicia en fondos sobre o propio país. Na súa fundación interviron persoeiros coma Xaime Isla Couto, Ramón Otero Pedrayo, Francisco Fernández del Riego e Ramón Piñeiro. Otero Pedrayo nomeado Presidente do Consello de Administración.
  • Nunha carta a Xaime Isla, escribe Ramón Piñeiro: “Por aquí andamos a dar “unha batida” en procura de accionistas para Galaxia […]. Fíxenlle a Celestino [Fernández de la Vega] unha proposta que aceptou gustoso: para botar abaixo a tese insidiosa de que o galego é unha lingua puramente poética, non apta para as funcións nobres da creación cultural extrapoética (ciencia, filosofía, etc.) o mellor argumento sería traducir ao galego algún traballo filosófico dos de máis resonancia europea que aínda non estea traducido ao castelán. A teoría da verdade de M. Heidegger responde moi ben a ese fin […]. Un destes días escribiremos a Friburgo a un discípulo e amigo de Heidegger para que lle pida permiso para publicar o seu traballo en galego e, tan pronto veña a resposta, se é favorable, poñémonos á tarefa”.
  • O 3 de setembro, comeza a emitirse dende os estudios de Radio Carve de Montevideo o programa dominical en galego “Sempre en Galicia”: “Bos días, galegos. Aquí Sempre en Galicia, audición radial ó servicio da arte e da cultura do pobo galego que tódolos domingos ás nove e media da mañá, transmite a onda amiga de CX 16, Radio Carve de Montevideo…”. O director do programa é Manuel Meilán Martínez.
  • Valentín Paz-Andrade viaxa a Buenos Aires invitado polo Centro Galego para dar unhas conferencias. É recibido por Perón interesado polas súas opinións sobre o desenvolvemento da pesca. Aquí entra en contacto con Seoane, Lorenzo Varela, Núñez Búa, Elpidio Villaverde, Ramón de Valenzuela, Antón Alonso Ríos…Nunha carta de Ben-Cho-Shey a Fermín Penzol (17 de agosto) comenta: “ Xa verías que o Valentín anda a dar conferencias en Bos Aires, coa asistencia do embaixador e do representante de Perón. Vin unha foto na “Noche” na que aparece coa muller depositando unha coroa de loureiro no panteón dos galegos”. (Cartas a Fermín Penzol. Cadernos Ramón Piñeiro XXVII. Xunta de Galicia).
  • Celso Emilio Ferreiro trasládase a Vigo e colabora no “Faro de Vigo”, “Papeles de son Armadans” e “Alba”.
  • Aquilino Iglesia Alvariño ocupa a cátedra de latín no Instituto de Pontevedra.
  • Carballo Calero traslada a súa residencia a Lugo, onde se fai cargo da dirección do colexio Fingoy.
  • Sebastián Martínez-Risco Macías colabora entre 1950 e 1956 co programa da BBC de Londres “Galician Programme”.
  • Rafael Dieste: Lector de Lingua e Literatura Española en Cambridge durante dous cursos.
  • Ramón Cabanillas instálase de novo en Madrid, asistindo regularmente ás sesións da Real Academia Española. Na capital, asiste ás tertulias no café Lyon D’or, na rúa Alcalá 18, onde se ve con Álvaro Gil, Ben-Cho-Shey, Fermín Penzol, Evaristo Correa Calderón, Faustino Santalices. Celestino Fernández de la Vega, Isidro Maiztegui, Antonio Lorenzo, Evaristo Mosquera, Pura Vázquez e Xesús Alonso Montero. Esporadicamente tamén o fan Otero Pedrayo, Díaz Pardo, Paz-Andrade ou Ramón Piñeiro. Asistía tamén segundo conta Alonso Montero en “Escritores galegos, letras galegas en Madrid: a tertulia do café Lyon d’Or (1952-1954”, Edmundo Estévez, que fora gobernador civil de León no Goberno de Lerroux e gran amigo Pío Baroja. Antes de reunírense neste café, algúns asistían a unha tertulia de La Granja del Henar, entre eles, Álvaro Gil, Penzol, Ben-Cho-Shey e Evaristo Mosquera.
  • Poboación urbana de Galicia: 14,2%. Poboación intermedia: 5,4%. Pobación rural: 80,4%.
  • Fin da guerrilla galega.
  • Autodisolución do Partido Galeguista.
  • Emilio Rodríguez, gañador da Volta a España.

Premios

  • O 22 de abril, reúnese na Casa da Conga da Praza da Quintana dos Mortos o xurado encargado de fallar o primeiro concurso de novela de asunto galego convocado pola “ Editorial de los Bibliófilos Gallegos”. A novela gañadora, a única redactada en galego foi A xente da Barreira (1951) de Carballo Calero.

Mail-client-Breeze-Icon.svgEpistolario


Nunha carta a Xaime Isla, escribe Ramón Piñeiro: “Por aquí andamos a dar “unha batida” en procura de accionistas para Galaxia […]. Fíxenlle a Celestino [Fernández de la Vega] unha proposta que aceptou gustoso: para botar abaixo a tese insidiosa de que o galego é unha lingua puramente poética, non apta para as funcións nobres da creación cultural extrapoética (ciencia, filosofía, etc.) o mellor argumento sería traducir ao galego algún traballo filosófico dos de máis resonancia europea que aínda non estea traducido ao castelán. A teoría da verdade de M. Heidegger responde moi ben a ese fin […]. Un destes días escribiremos a Friburgo a un discípulo e amigo de Heidegger para que lle pida permiso para publicar o seu traballo en galego e, tan pronto veña a resposta, se é favorable, poñémonos á tarefa”.


Otero Pedrayo, acada a cátedra de Xeografía da Universidade de Santiago. O 7 de abril, escríbelle a Fernández del Riego: “Sabía ser vostede, pois a mocedade é xenerosa, un dos amigos máis ledos polo meu éxito nas oposicións á cátedra de Compostela, virxinal e doncela; pois enxamáis tivo “titular” e son eu ca miña testa albescente e pedernalosa-seixenta o seu primeiro cabaleiro e paladín”.


O 15 de abril escríbelle a Fermín Penzol dende Trasalba: “Chego un pouco vello á Universidade. Soio podo dar froitos outonizos. As veces son as máis celmosas e sucradas as seródeas do pomareiro. En Compostela pódese traballar. Non falta laboura pra encher unha vellez”. (Cartas a Fermín Penzol. Cadernos Ramón Piñeiro XXVII. Xunta de Galicia 2013).


Con data de 18 de abril escríbelle a Abelardo Moralejo, decano da Facultade de Filosofía e Letras de Santiago: “Como a viejo amigo y como a Decano me complazco en comunicarle en estas líneas mi buen éxito en las oposiciones a la cátedra de Geografía de la Facultad de Filosofía y Letras. Siempre me atrajo Compostela. Llego un poco viejo a la cátedra universitaria. Obligan mucho el amor y los años y procuraré ser digno de una hermosa cátedra que no tuvo, a lo que yo creo, titular hasta hoy en esa Universidad.Los viajes, no pocas preocupaciones y trabajos no me han dejado escribir antes esta carta tan grata para su constante amigo y servidor q. s. s. m.” (“Gardado pol-o seu recordo”, “A Nosa Terra” nº 474).


Con data de 24 de abril escríbelle Ramón Piñeiro a Carballo Calero: Xa te podes maxinar canta ledicia me produxo o fallo do “Concurso de novela gallega”. Foi unha doble ledicia: pol-o trunfo persoal do amigo e pol-o trunfo comun que así lle podemos chamar das letras galegas; despois do resoante trunfo académico de Otero o teu trunfo literario veu a ser coma un podente aturuxo que pregoa o rexurdir das letras galegas. [...]Xa temos autorización de Heidegger pra traducir ó galego un traballo filosófico seu e incluso trataremos de que lle faga, si pode ser, un prólogo especial. Así combatiremos a lenda insidiosa de que “o galego soio sirve pra facer versos e pra falaren os labregos”. O teu trunfo tamén lles lembrará que sirve pra facer novelas. (Cadernos Ramón Piñeiro XXXIII. Epistolario Ricardo Carballo Calero, Ramón Piñeiro. Xunta de Galicia. 2015).


Rodrigues Lapa escríbelle a Fernández del Riego o 9 de agosto: “Fiz saber ao director gerente da “Seara Nova”, o meu amigo Dr. Câmara Reys, o que me diz sobre uma possivel colaboração de jovens intelectuais galegos. A Seara, como debe saber, é uma revista das esquerdas, com feiçao mais ou menos socialista, e de aberta oposiçao ao regime actual. Além disso, é exigente na qualidade da colaboração, como revista de verdadeira cultura que é... Ninguén mais do que eu deseja essa colaboração; mas ela terá de dar-se numa esfera de elevada cultura que honre Portugal e Galiza”. (Ver 1951-1952).

Sumarios

Flag CPLP.gif Cataluña Flag of Spain Outras culturas

Nobel


PREMIO NOBEL DE LITERATURA: Bertrand Russell

Flag CPLP.gif CPLP - Comunidade dos Países de Lingua Portuguesa

Nacen



Morren:



Aparece en Lisboa a revista “Contraponto” onde colaboran algúns surrealistas como Mário Cesariny.

Tamén nace en xaneiro a revista “ Távola Redonda ” que desaparecerá en xullo de 1954.


En Barcelona ve a luz o único número da revista “O cavalo de todas as cores” dirixida polo portugués Alberto de Serpa e polo brasileiro João Cabral de Melo Neto.


A “Associação dos Naturais de Angola” publica Antologia dos novos poetas angolanos.


Adolfo Casais Monteiro: O romance e os seus poemas (ensaio).


Afonso Duarte: Sibila.


Agustina Bessa Luís: Os Super-Homens.


Albano Martins: Secura verde (poesía).


Alexandre Pinheiro Torres: Novo Génesis e Quarteto para instrumentos de dor.


António Correia de Oliveira:A Virgem Peregrina.


António de Sousa: Livro de bordo.


António Maria Lisboa: Erro próprio.


Armindo Rodrigues: Beleza prometida e Retrato de mulher.


Carlos de Oliveira: Terra de Harmonia (poesía).


Egito Gonçalves: Poema para os companheiros da ilha e Um homem na neblina.


Eugénio de Andrade: Os Amantes sem Dinheiro.


Fernando Guedes: O poeta.


Ferreira de Castro: A Curva da Estrada.


Guilherme de Castilho: António Nobre.


Hernâni Cidade: Luís de Camões II – O Épico.


Hilda Hilst (Brasil): Presságio.


Ilse Losa: Histórias Quase Esquecidas.


Jaime Cortesão : escribe en “A Nosa Terra” nº 474 o artigo “Heroi e santo”, lembrando a Castelao: “Á candura lírica e feminina duma Rosalía unía o vigor e a capacidade de expressão dramática dum Goya. E se foi um condutor de homens, não obrigava com as qualidades de mando, mas pelo poder de simpatia e encarnação generosa dos ideais duma grei, secularmente oprimida”.


João Cabral de Melo (Brasil): O Cão sem Plumas.


João Gaspar Simões: Vida e obra de Fernando Pessoa.


João José Cochofel: Os Días Íntimos (poesía).


Joaquim de Carvalho: Problemática da saudade.


Joaquim Paços d’Arcos: Espelho de Três Faces.


Jorge Borges de Macedo: A situação económica no tempo de Pombal. Algúns aspectos.


Jorge de Sena: Pedra Filosofal (poesía).


José Gomes Ferreira: Poesia II.


Luís Forjaz Trigueiros: Sombra do tempo (Crónicas).


Luís Veiga Leitão: Latitude.


Manuel de Seabra: Eu e o diabo.


Manuel Rodrigues Lapa escribe a Virginia Pereira de Castelao: “Senti a sua morte como a dum irmáo; porque éramos verdadeiramente irmáos, na lingoa em que falávamos, na cultura em que entranhávamos o ser, na “arela” de justiça e no amor do povo em que comulgábamos”. (“A Nosa Terra” nº 474).


María Manuela Couto Viana: Menina Mansa e outras poesias.


Mário Cesariny de Vasconcelos: Corpo visível.


Mário Martins: Correntes da Filosofia religiosa em Braga nos séculos IV a VII.


Mário Dionísio: O Riso Disonante (poesía).


Miguel Torga: Portugal e Cântico do Homem (poesía).


Ruben A.: Diário de D. Pedro V e D. Pedro V: um homem e um rei.


Sidónio Muralha: Companheira dos Homens.


Soeiro Pereira Gomes (1909-1949): Refúgio Perdido (conto).


Sophia de Mello Breyner: Coral (poesía).


Teixeira de Pascoaes: O Empecido.


Tomás Vieira da Cruz (Angola): Cinco poesias de África e Cazumbi.


Vitorino Nemésio: Festa Redonda (poesía).







Cataluña


Nacen:

Morren:



Créase o “Premi Ossa Menor” de poesía.


Jordi Pere Cerdà: La guatlla i la garba.


Josep Maria de Sagarra: El poema de Montserrat.


Josep Pla: Bodegó amb peixos.


Manuel Sanchis Guarner: Gramàtica valenciana.


Marià Villangómez Llobet: Els dies (poesía).


Miquel Llor: Jocs d‘infants.


Ventura Gassol: Miratges (Lausanne).


Víctor Català: Vida mòlta.


Xavier Casp: Aires de cançó.

Flag of Spain

Nacen:




Morren:




Alfonso Costafreda: Nuestra elegía.


Alonso Quesada (1885-1925): Lunar.


Antonio Buero Vallejo: En la ardiente oscuridad.


Antonio Tovar: La lengua vasca.


Blas de Otero: Ángel fieramente humano.


Darío Fernández Flórez: Lola, espejo oscuro.


Dionisio Ridruejo: En once años.


Gloria Fuertes: Isla ignorada.


Ildefonso-Manuel Gil: El tiempo recobrado (poesía).


Jorge Guillén: Cántico (derradeira versión).


José Hierro: Con las piedras, con el viento.


José López Rubio: Celos del aire.


José María Millares: Ronda de luces.


José María Viqueira Barreiro: El lusitanismo de Lope de Vega y su comedia “El Brasil restituído”.


José Ruibal: El Dios de los precipicios (con prólogo de Vicente Risco; colec. Benito Soto).


Juan Antonio de Zunzunegui: Las ratas del barco.


León Felipe: Llamadme publicano.


Luis Romero: Cuerda tensa.


Manuel Álvarez Ortega: Clamor de todo espacio.


Miguel Delibes: El camino. No 1957, Miguel Dinis Jacinto tradúcea ao portugués: O caminho.


Pablo García Baena: Antiguo muchacho.


Tomás Segovia: La luz provisional.


Torrente Ballester: Ifigenia e La pequeña durmiente va a la escuela.


Vicente Aleixandre: Mundo a solas.







Máis culturas:


Nacen:




Morren:.

  • Baldomero Fernández Moreno (1886 San Telmo, Buenos Aires).
  • Luis Carlos López (Cartagena de Indias; ibídem 1879).
  • Xavier Villaurrutia (Ciudad de México; ibídem 1903).
  • Aubrey Fitz Gerald Bell (1881 Cumberland).
  • Cesare Pavese (Turín; 1908 Santo Stefano Belbo).
  • Edgar Lee Masters (1868 Garnett, Kansas).
  • Francesco Jovine (Roma; 1902 Guardialfiera).
  • George Bernard Shaw (Reino Unido; 1856 Dublín).
  • George Orwell (Londres; 1903 Motihari, India).



Nicolás de Ormaechea: Euskaldunak (Os vascos).



Jorge Eduardo Eielson: Tema y variaciones.


Luis Spota: Más cornadas da el hambre.


Miguel Ángel Asturias: El papa verde.


Octavio Paz: El laberinto de la soledad (ensaio).


Pablo Neruda: Canto General (poesía).

Canto General - Neruda


Roberto Fernández Retamar: Elegía como un himno.


Sebastián Salazar Bondy: Los ojos del pródigo (Botella al Mar).



Créase en Francia a revista “Action Poétique”.


Boris Vian: L’herbe rouge, Le ratichon baigneur; Elles se rendent pas compte e Le dernier des métiers.


Cesare Pavese: La luna e i falò.


Denton Welch: A voice trough a cloud.

Doris Lessing:The grass is singing.


Elias Canetti: Comedia da vanidade.


Ernest Hemingway: The old man and the sea (O vello e o mar).


Eugène Ionesco: La cantatrice chauve (teatro).


Francesco Jovine: Le terre del Sacramento.


Friedrich Dürrenmatt: Rómulo o Grande.


Gore Vidal: A Search for the King.


Gottfried Benn: Dobre vida.


Graham Greene: O terceiro home. Traducido ao galego por María Dolores Martínez Torres para a Biblioteca Galega de Clásicos Universais.


Hermann Broch: Os inocentes.


Isaac Bashevis Singer: The family Moskat.


Jaime Sabines: Horal.


Julien Green: Moira (narrativa).


Margaret Mead: Antropoloxía social.


Marguerite Duras: Un barrage contre le Pacifique.


Pär Lagerkvist: Barrabás.


Paul Eluard: Le désir de durer (poesía).


Pelham Grenville Wodehouse: The girl on the boat.


Ray Bradbury: Crónicas marcianas (Editado por Xerais en galego no 2004 en tradución de María Magdalena Fernández. “Grial” nº 164).




Tamén sucedeu...

  • CINE:

- Luis Buñuel: Los olvidados e Susana.

- Akira Kurosawa: Rashomon.

  • A Asemblea Xeral da ONU, autoriza o envío de embaixadores a Madrid e ofrécese ao Goberno español o seu ingreso nos organismos especializados.
  • Balduino, Rei de Bélxica.
  • Comeza a guerra de Corea: Corea do Norte apoiada por China; Corea do Sur polas forzas da ONU.
  • A Unión Soviética e China asinan un tratado de amizade.
  • China invade e ocupa o Tibet.