1948

De Xulipedia
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Flag of Galicia (civil).svg Cultura galega

Nacementos/Pasamentos

Child in diaper icon Nacementos
Literatura
Alfonso Pexegueiro González (Angoares, Ponteareas).
Araceli Herrero Figueroa (Lugo; ibídem 2020).
Aurora Marco López (Noguera de Albarracín, Teruel).
Camilo Gómez Torres (Covas de Augasmestas, Quiroga).
Carlos González Reigosa (Lagoa de Pastoriza).
Cristina Berg (Halmstad, Suecia; 2012 Vigo).
Eduardo Alonso Rodríguez Escritor e director teatral. (Vigo).
Jorge Parada Mejuto (Vigo).
Luís Álvarez Pousa (Viladerrei, Ourense).
Marcial Gondar Portasany (Pontevedra).
María Pilar Campo Domínguez “Marica Campo”(Val do Mao).
Vítor Vaqueiro Foxo (Vigo).
Xavier Navaza Blanco (Lalín).
Outros
O arqueólogo e historiador Felipe Senén López Gómez (O Carballiño).
A historiadora María del Carmen Pallares Méndez (Agolada).
O historiador Ramón Yzquierdo Perrín (Santiago).
O historiador Francisco Calo Lourido (Porto do Son).
O historiador Ángel Sicart Jiménez (Vilameá, A Pontenova).
A escritora Rosa María Seoane (A Coruña). ¿?
O tradutor e director teatral Miguel Pérez Romero.
O pintor Víctor Corcoba Conde (Pontevedra).
O pintor Roberto González Fernández (Monforte).
O pintor Armando López Guerra (Santiago).
O pintor Francisco Mantecón (Vigo; ibídem 2001).
A pintora Marta María Pardo de Vera López (A Coruña).
A pintora Ana Fariña Potel (Caldas de Reis).
O pintor José Manuel Vidal Souto (Ourense).
O pintor Eduardo Fernández Rivas (Sada; 2016).
O xornalista Xosé Luís Blanco Campaña (Camariñas).
O arquitecto Xerardo Denís Estévez Fernández (Santiago).
O arquitecto Iago Seara Morales (Ourense).
O economista e político Emilio Pérez Touriño.
O debuxante e humorista Álvaro de la Iglesia Caruncho (A Coruña; ibídem 2011).
O biólogo Xurxo Pérez Pintos (Vigo).
O director de cine Miguel Gato (Moeche, A Coruña; 2010 Madrid),
Skull.png
Pasamentos



Literatura
Francisco Portela Pérez (Pontevedra; ibídem 1864).
José María Crecente Vega (Segovia; 1896 Santa María de Outeiro).
Rogelio Rodríguez Díaz (Buenos Aires; 1888 Petín, Ourense).
Xosé Luís Parente del Riego (Ourense; 1903 Celanova).
Outros
Executados na Coruña José Gómez Gayoso (1909 Maceda), máximo dirixente comunista en Galicia e Antonio Seoane, xefe militar do Exército Guerrilleiro de Galicia. Foron fusilados o 6 de novembro para que coincidise co aniversario do fusilamento en Paracuellos do Xarama do fundador da Falanxe coruñesa Juan Canalejo. A eles dedicoulles Alberti os seguintes versos:


“Si uno es glorioso, en glorioso

al otro no hai quien le gane.

Si digo Gómez Gayoso,

ya estoy diciendo Seoane”.


O pintor Virxilio Blanco Garrido (1896 Forcarei).
O pintor Fernando Cortés Bugía (A Coruña; 1874 Betanzos).
O pintor Francisco Lloréns (Madrid; 1874 A Coruña).
O xornalista e escritor Alfonso Díaz Rodríguez (Buenos Aires; 1895 Lugo).
O músico Gustavo Freire Penelas (Lugo; ibídem 1885).
O músico Luís Xunqueira Mouriz (Lugo; ibídem 1866.
O escritor e periodista Alejandro Barreiro Noya (A Coruña; 1874 Santiago).
Jesús Peynó (La Habana; 1869 Lugo). Fundou e dirixiu varias publicacións en La Habana.

Publicacións

Galegas

  • "Abellón": colabora en “A Nosa Terra”.
  • Antón Alonso Ríos : “ Os vencidos e suicidas ” (“A Nosa Terra” nº 460). No nº 464: “Da Galiza emigrada”.
  • Castelao : O Estatuto de Galiza. Antecedentes e comentarios (Ed. da colectividade galega de Buenos Aires). No nº 463 de xullo, da revista “A Nosa Terra”, reprodúcese o ensaio Alba de Groria.
  • Florencio Delgado Gurriarán publica na revista " Galicia" de Buenos Aires o poema " Ranae ad Solem" (24 de abril) e en " Opinión Gallega" o poema Valdeorras (4 de decembro).
  • Ramón Otero Pedrayo : “Sete paisaxes galegos e mais os alicerces d’unha teoría” (“A Nosa Terra” nº 458, 460, 461).
  • Ramón Rey Baltar “Verduguillo”: “Nobreza de novo cuño” (“A Nosa Terra” nº 460):

¡Hespaña xa está salvada! / ¡O porco vai a crear / unha nobreza sin par! / ¡Nobreza descamisada! / ¡Unha cousa nunca vista! / ¡Invención de Lucifer! / ¡Intentar ennobrecer / a morralla falanxista!...

No nº 463: “Ao son da zanfona. Sant-Iago repudia ao porco”: Co rabo antre as pernas /o porco fuxía; / despertei do sono…/ ¡Todo era mintira!

No nº 464: “Ao son da zanfona. Non hai quen-o queira”.Hai que decidirse / dunha ves por todas¡ / Meterlle o coitelo / enteiro na gorxa!

No nº 465 “Tocan as campanas”.

No nº 466: “Alboroto no cortello”.

  • No nº 463 de “A Nosa Terra”: “Discurso de Avelino Díaz no Homaxe do Centro Galego a Rosalía co gallo do Día de Galiza”.
  • No nº 466: “Diada de loito pra Galeguidade”. “O Centro Gallego de Buenos Aires foi luxado e a coleitividade galega foi ferida”: “O presidente Sr Villamarín mandou franquear as portas do Centro Galego para recibir a un persoaxe da súa patria, non autorizado po-a opinión dos asociados”. Refírese á visita do embaixador franquista ao Centro Galego.
  • Castelao no 467: “Acusacións de ”. “Responsabiliza aos dirixentes das agrupacións Celta e Galicia pol-a visita do embaixador franquista ao centro Galego”.

Relativas a Galicia

  • No número correspondente a novembro, da revista “Galicia” do Centro Galego de Buenos Aires Salvador Lorenzana (pseudónimo de Fernández del Riego ), elabora un “ Panorama actual de las letras en Galicia ”.
  • O nº 10 da revista “Sonata gallega” está dedicado á cidade de Coimbra, cun artigo de Celso Emilio sobre a poesía de Antero de Quental, outro de Otero Pedrayo sobre Almeida Garret e poemas de varios poetas portugueses e galegos.
  • Ramón González-Alegre Bálgoma funda a revista bilingüe de poesía, sen periodicidade fixa “ Alba ”.
  • Aparece o primeiro número da revista “Alborada”, do Centro Galego de Barcelona.
    Alborada.jpg
  • O Concello de Betanzos comeza a editar o “Anuario Brigantino”, dirixido por Francisco Vales Villamarín.
  • Eduardo Moreiras imprime en Vigo (setembro), a revista: “Mensajes de poesía” (1948- xaneiro de 1952). Nela aparecen poemas en galego de Emilio Álvarez Blázquez, Carballo Calero, Aquilino Iglesia Alvariño, Celso Emilio Ferreiro, Julio Sigüenza, Pura Vázquez, Luz Pozo Garza, Cunqueiro, Ánxel Fole e Luís Pimentel en castelán.
  • Ramón Torrado dirixe “Sabela de Cambados”.
  • Alejandro Finisterre: Cantos esclavos (París).
  • Andrés Martínez Salazar (1846-1923): Algunos temas gallegos.
  • Blanco Amor: La catedral y el niño (Santiago Rueda Editor, Buenos Aires).
  • Dionisio Gamallo Fierros: Gustavo Adolfo Bécquer. Páginas abandonadas. Del olvido en el ángulo oscuro… Ensayo biocrítico, apéndices y notas (Madrid. Prólogo de Dámaso Alonso).
  • Filgueira Valverde publica na “Revista de Filología Española” (Madrid) o traballo “Don Quijote y el amor trovadoresco”.
  • Jesús Suevos: La luna y sus cómplices (Madrid).
  • Luis Iglesias de Souza: Lo que don Juan no sabía; Cuando tú sonreías e El amor de cuatro muchachas.
  • Luís Pimentel colabora na revista coruñesa e logo viguesa “Alba” e na viguesa “Mensajes de poesía”.
  • Luís Seoane: Tres hojas de ruda y un ajo verde (Edit. Botella al Mar, fundada por el e Arturo Cuadrado). Buenos Aires.
  • Luis Vázquez de Parga e Iglesias: Las peregrinaciones a Santiago de Compostela (Madrid).
  • Manuel Blanco Tobío: El Kominform.
  • Marcial Suárez Fernández: La llaga (Madrid).
  • Mariano Tudela: La linterna mágica (Madrid).
  • Rafael Dieste: Luchas con el desconfiado.
  • Ramón María Aller Ulloa: Astronomía a simple vista (Santiago).
  • Uxío Novoneyra: Co nome de E. Novoneyra, escribe o seu primeiro libro, en castelán, co título de Abrojos (poemas cortos). No 2009 está aínda sen publicar, pero Alonso Montero posúe unha libretiña con 41 follas manuscritas e autógrafas cos 36 poemas, moi breves e con certo aire becqueriano, segundo explica nun artigo en “La Voz de Galicia” do 11 de xullo de 2009 e anteriormente nun artigo na revista Madrigal (Madrid, nº 5, 2002).
  • Vicente Risco: "Notas sobre la fiesta de Carnaval en Galicia" (Revista de Dialectología y Tradiciones Populares. Tomo IV. Madrid) e Satanás. Biografía del diablo (Madrid). Escribe Carlos Casares en Para ler a Vicente Risco (Galaxia 1997, páx. 96) “A publicación deste libro iría acompañada dunha serie de sucesos desgraciados que inquietarían a Risco, convencido de que non se podía descartar unha intervención do demo na súa vida: o editor e a edición desaparecen practicamente sen deixar rastro, el mesmo ten problemas de saúde e as cousas do traballo empézanlle a ir bastante mal…”.
  • Xosé María Álvarez Blázquez: Arquitectura rural gallega. Un plano de Fray Manuel Caeiro (Santiago).

Acontecementos

  • Xosé María Álvarez Blázquez e Luís Viñas Cortegoso fundan na rúa General Aranda de Vigo a librería anticuaria Monterrey que dous anos máis tarde daría pé á fundación da Editorial Monterrey.
  • Xosé María Díaz Castro trasládase a Madrid, onde alterna a docencia co seu labor de tradutor no Ministerio da Gobernación.
    Escola Agrícola da Granxa de Barreiros
  • Plácido Ramón Castro del Río exíliase en Portugal.
  • Otero Pedrayo reposto na súa cátedra do Instituto de Ourense.
  • Ánxel Johán trasládase coa súa familia a Lugo.
  • O 15 de outubro ingresa na Academia Victoriano Taibo co discurso “Rosalía de Castro, precursora da Fala” acto que se desenvolve en galego, incluída a resposta de Otero Pedrayo,
  • Fúndase o Patronato Rosalía de Castro.
  • Colmeiro participa na exposición de artistas españois en Brasil.
  • Xosé Velo Mosquera , detido en Portugal, consegue marchar a Caracas ao interesarse por el o presidente de Venezuela Rómulo Gallegos. Alí reemprende a súa actividade docente.“9 de octubre de 1948. Acabo de salir para el exilio [...] Nada traigo conmigo. Una maleta vacía, cinco dólares, muchas esperanzas arruinadas; pero sobre todo, la vocación millonaria de paz y libertad que nos prohíbe hacernos viejos.El avión, molinero del aire, muele que muele cosechas de distancia noche adentro. Por una hora de vuelo, mil costales de lejanía me van aplastando el alma. ¿Por qué estas angustiosas ganas de llorar? ... (¡Muera España! ¡Viva Hespaña! Fragmentos do capítulo IV: “ Exilio – Exilismo”. Xosé Velo. Textos escollidos. Deputación de Pontevedra 2022.
  • Vicente Risco regresa a Ourense dende Madrid (1945).
  • Inaugúrase o 1 de febreiro a Escola Agrícola da Granxa de Barreiros (Sarria), dirixida por Avelino Pousa Antelo; a primeira granxa-escola de Galicia, baixo o mecenazgo de Antón de Marcos (Antonio Fernández López).
  • Créase o coro “Cantigas e Frores” dirixido por José García Rodríguez.
  • Luís Seoane expón na Galería Cruz del Sur, en Caracas: “Joven vestida de rojo” e “Joven con conejo” (óleos).
  • O P.C.E. ordena a fin da actividade guerrilleira.
  • O guerrilleiro antifranquista Pancho devolve as patacas requisadas pola Mariña de Guerra a labregos de Valdoviño.

Premios

Nun certame literario organizado con ocasión das festas da Peregrina en Pontevedra, os temas eran os seguintes: 1º Un poema en loubanza da Divina Peregrina. Resultou premiado o poema de Fermín Bouza Brey “Gozos á divina Peleriña”. 2º Conto sobor dun tema folclórico. O gañador foi Celso Emilio Ferreiro co conto en castelán “Meigallo”. 3º Un artigo exaltando a personalidade de Pontevedra, recaendo o premio en Xosé Sesto López co artigo en castelán “La plaza de la peregrina o el bonito juego de las cuatro esquinas”. (Xosé Sesto López: “Autobiografía con Celso Emilio”; A Nosa Terra, Celso Emilio Ferreiro, A Nosa Cultura 11, 1989).

Mail-client-Breeze-Icon.svgEpistolario

A partir de xullo, Ramón Cabanillas empeza a pasar tempadas no Mosteiro de Samos. En carta a Fernández del Riego (14 de agosto) escribe Ramón Cabanillas: “Ten presente que nos comezos da miña laboura atopábame cáseque soio na trincheira poética combatente, e como había que alporizar xente representativa bombeáronme sin ton nin son e cangáronme a cruz do ridículo “poeta da raza”.



Tamén dende o Mosteiro de Samos noutra carta a Fernández del Riego: “Nos meus anos mozos, seminarista nugalleiro, coa cabeza ós paxaros, cando traguía nas mans decotío os autores latinos, a miña devoción polos poetas estaba somentes un degrau máis abaixo da dos santos”.


Nun artigo publicado en “La Noche” Fernández del Riego eloxia a figura intelectual de Vicente Risco. Este contéstalle nunha carta con data de 1 de novembro: “Non é que eu mereza tódolo que me dis, mais era tempo de que alguén se lembrara dun e máis cando un está no desterro. Entendámonos, que iste desterro non é por estar eiquí, porque en Ourense é igual. É un desterro que vai comigo, como as pulgas do zorro, que vai comigo, en parte, dende que nacín. (…) Quedamos en que me sinto verdadeiramente contento, satisfeito, “encantado”, como din aínda, de ter inda que non sexa máis que un recantiño na túa lembranza. Dios cho paque”. Carlos Casares: Para ler a Vicente Risco (Galaxia 1997. Páx.96, 97).



Con data de 19 de decembro Otero Pedrayo escribe a súa nai: "Se ha suspendido lo de la Coruña por ahora. Yo iré a Santiago el 27 o 28. Me refiero al ingreso de Aquilino Iglesia". (Aquilino Iglesia Alvariño ingresou na R. A. G. o 16 de abril de 1949 a proposta de Ramón Otero Pedrayo e Antonio Couceiro Freijomil. Otero Pedrayo: Cartas á nai 1905-1950 Galaxia 2007).

Sumarios

Flag CPLP.gif Cataluña Flag of Spain Outras culturas

Nobel


PREMIO NOBEL DE LITERATURA: T. S. Eliot


Flag CPLP.gif CPLP - Comunidade dos Países de Lingua Portuguesa

Nacen




Morren:

  • Afonso Duarte (Coimbra; 1884 Ereira).





Agustina Bessa Luís: Mundo Fechado.


Alberto de Serpa: Vida, poesias e males de António Nobre.


Alexandre O’Neill: A ampola miraculosa.


Alves Redol: Forja (teatro).


António Aleixo: Auto da vida e da morte.


António Manuel Couto Viana: O avestruz lírico.


Antunes da Silva: Vila adormecida (contos).


Aquilino Ribeiro: Cinco reis de gente e Uma luz ao Longe.


Armando Martins Janeira: Sentidos fundamentais do romance português e Esta dor de ser homem. Contos. (Co pseudónimo Mar Talegre).


Armindo Rodrigues: Cantigas de circunstância e A esperança desesperada.


Carlos de Oliveira: Pequenos Burgueses (romance) e Colheita Perdida (poesía).


Carlos Queirós: Breve Tratado de não Versificação (poesía).


Domingos Monteiro traduce ao Portugués Sonatas. Memórias do Marquês de Bradomin de Valle-Inclán.


Eugenio de Andrade: As Mans e os Frutos.


Fernando Guedes: A esfera (poesía).


Jorge Dias: Vilarinho da Furna, uma aldeia comunitária e Os arados portugueses e as suas prováveis origens.


José Gomes Ferreira: Poesia I.


José Marmelo e Silva: Adolescente.


Manuel Ferreira: Morna.


Maria Lamas: Mulheres do Meu País.


Mário Braga: Caminhos sem sol.


Mário Braga: Serranos.


Miguel Franco: Rosa benedita.


Pedro Homem de Melo: Miserere (poesía).


Ramada Curto: As meninas da fonte da bica.




Cataluña


Nacen:

Morren:

  • Pompeu Fabra (Prada de Conflent; 1868 Vila de Gràcia).
    Revista Dau al Set 1948


Revista “Dau al Set” . Nace en setembro, chegándose a publicar 56 números. Os fundadores foron o poeta Joan Brossa, o filósofo Arnau Puig e os pintores Joan Ponç, Antoni Tàpies, Modest Cuixart e Joan Josep Tharrats.


Agustí Bartra: Màrsias i Adila (poesía).


Fèlix Cucurull i Tey: Vida terrena.


Joan Teixidor: Camí dels dies (poesías).


Joan Triadú: Endimió.


Joan Vinyoli: De vida i somni (poesía).


Jordi Rubió i Balaguer: De l‘Edat Mitjana al Renaixement.


Jordi Sarsanedas: A trenc de sorra.


Josep Maria de Sagarra: Galatea (teatro) e Ocells i llops (teatro).


Josep Maria López-Picó: Job.


Josep Ferrater Mora: El llibre del sentit.


Josep Vicenç Foix: Les irreals omegues.


Marià Manent i Cisa: Montseny, Zodíac d’un paisatge.


Marià Villangómez Llobet: Elegies i paisatges e Terra i somni (poesía).


Pere Quart: Epístola d‘alta mar (poemas).


Salvador Espriu: Primera història d‘Esther (estreada no 1957).


Xavier Casp: Jo sense tu.

Flag of Spain

Nacen:





Morren:

  • Francisco Camba Andreu “El Hidalgo de Tor” (Madrid; 1882 Vilanova de Arousa).




Américo Castro: España en su historia.


Ana María Matute: Los Abel.


Camilo José Cela: Viaje a la Alcarria.


Dionisio Ridruejo: Elegías.


Elena Quiroga de Abarca: La soledad sonora.


Eugenio de Nora. Contemplación del tiempo.


Francisco Ayala: Los usurpadores.


Francisco Camba: Los jabalíes del jardín florido e De Castiblanco a Villacisneros.


Francisco González Ledesma: Sombras viejas.


Gerardo Diego: Soria.


Guillermo Díaz-Plaja: F. García Lorca.


Juan Bernier: Aquí en la tierra.


Juan Ignacio Luca de Tena: Dos mujeres.


Juan Ramón Jiménez: Romances de Coral Gables.


Leopoldo de Luis: Huésped de un tiempo sombrío.


Manuel Álvarez Ortega: La huella de las cosas.


Manuel Gil: Ensayos sobre poesía portuguesa.


Miguel Delibes: La sombra del ciprés es alargada (Premio Nadal).


Pablo García Baena: Mientras cantan los pájaros.


Ramón Gómez de la Serna: Automoribundia (Editorial Sudamericana. Buenos Aires). Fala de cando no 1915 ao non poder ir a París por mor da guerra mundial, descobre o país veciño: “… allí encontré sol y aire de últimos de siglo, un lado del mundo rezagado y cordial, lejos de todo, lejos de Europa y lejos de América, un escondite de gaviotas. En la Lisboa que descubrí encontré la sombra de mi tía Carolina Coronado, la poetisa de 1850, y todo tenía el atuendo el romanticismo” Conta tamén como no ano 1923 comezaba a construción dun chalet en Estoril: “Fija en mí la idea de vivir en aquel recodo y regato del mundo, próximo a España y lejano de ella, en en clima más sin muerte que el de España, aunque como buen español no dejase de pensar en la muerte, me dediqué a construir el chalet ideal, y en él metí además de la pequeña herencia de mi padre esos miles de pesetas que me tocaron en la lotería, todo lo que gané en aquella época excepcional del munífico Calpe y del más munífico El Sol…” (En Sobre el iberismo y otros escritos de literatura portuguesa de César Antonio Molina. Edit. Akal 1990).


Ricardo Molina: Elegías de Sandua e Tres poemas.


Tomás Navarro Tomás: Manual de entonación española e El español de Puerto Rico.


Victoriano García Martí: Don Quijote y su mejor camino'.




Máis culturas:


Nacen:


Morren:.

  • Vicente Huidobro (Cartagena, Chile; 1893 Santiago de Chile).
  • Antonin Artaud (Ivry-sur-Seine; 1896 Marsella).
  • Denton Welch (1915 Shanghái).
  • Georges Bernanos (Neuilly-sur-Seine; 1888 París).




Clara Isabel Alegría Vides: Anillo de silencio (poesía).

Eduardo Barrios: Gran señor y rajadiablos.


Ernesto Sábato: El túnel.


García Márquez inicia a súa carreira periodística en “El Universal”, diario do balneario caribeño de Cartagena.


Gonzalo Rojas Pizarro: La miseria del hombre.


Horacio Armani: Esta luz donde habitas.


Luis Spota: Murieron a mitad del río.



Aimé Cesaire: Soleil cou coupé.


Boris Vian: Et on tuera tous les affreux.


Curcio Malaparte: Du côté de chez Proust (teatro).


Francis Ponge: Proèmes (poesía).


George Orwell: 1984 (Traducido ao galego no 2011 por Fernando Moreiras para Faktoría K).


Gottfried Benn: Poemas estáticos.


Halldór Laxness: A estación atómica.


Jacques Prévert: Paroles.


Jerzy Andrzejewski: Cinzas e diamantes.


John Steinbeck: A perla.


Junichirô Tanizaki: Neve fina.


Kawabata Yassunari: País de neve.


Léopold Sédar Senghor: Hosties noires.


Norman Mailer: The naked and the dead.


Paul Eluard: Poèmes politiques.


Wolfgang Koeppen: Apuntamentos de Jacov Littner desde un burato no chan (Traducido ao galego por Eva Almazán para Rinoceronte Editora).


Yukio Mishima: Confesións dunha máscara.


Tamén sucedeu...

  • CINE:

- Vittorio de Sica: O ladrón de bicicletas.

- Visconti: La terra trema. Detalladísimo documento sobre a vida e a morte dos pescadores sicilianos.

  • O 25 de agosto ten lugar unha entrevista no iate Azor entre Franco e don Juan de Borbón.
  • O P.C.E abandona a loita armada.
  • Fúndase a revista vangardista “Dau al Set”. Desaparece no 1954.
  • Fleming, descubridor da penicilina e dos antibióticos, visita Madrid e Barcelona.
  • Breve experiencia de retransmisión por TV en Madrid por parte da compañía holandesa Philips.
  • Os comunistas fanse co poder en Checoslovaquia e forman unha república popular.
  • A ONU recoñece o estado de Israel, asentado en Palestina e adopta a Declaración Universal dos Dereitos do Home.
  • A Asemblea Xeral da ONU proclama a “Declaración Universal dos Dereitos do Home”.
  • Os EE.UU. poñen en marcha o Plan Marshall. O primeiro barco con axuda para a reconstrución da economía europea, chega a Burdeaux. Nel transpórtanse alimentos e materias primas que serán pagados cos créditos á importación que os Estados Unidos conceden aos países europeos.
  • División de Corea.
  • Créase a Organización mundial da saúde ( OMS).
  • Morren:

- Asasinato de Mahatma Gandhi (Nova Delhi; 1869 Porbandar).

- En Holliwood o director David Wark Griffith, pioneiro da moderna linguaxe cinematográfica (1875).

- O director de cine Serguéi Eisenstein (Moscú; 1898 Riga).