1945

De Xulipedia
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Flag of Galicia (civil).svg Cultura galega

Nacementos/Pasamentos

Child in diaper icon Nacementos
Literatura
Alfredo Conde Cid ( Allariz).
Antonio Domínguez Rey (Rianxo).
Anxo Tarrío Varela (Santiago de Compostela).
Arturo Reguera López (Lugo).
Camilo Cao Martínez (Celanova).
Chelo Suárez Muíños (A Coruña).
Euloxio Rodríguez Ruibal (Ordes).
Fernando Bel Ortega (Salcedo, Pontevedra).
Francisco Rodríguez Sánchez (Serantes, Ferrol).
Heidi Kühn Bode (Eching, Baviera; 2020 A Coruña).
Luís Lamela García (Corcubión).
María Camino Noia Campos (Santiago).
Olegario Sotelo Blanco (Quintela de Mazaira, Castro Caldelas).
Xavier Rodríguez Baixeras (Tarragona).
Xelucho Abella Chouciño (Malpica).
Xosé Francisco Armesto Faginas (Tui; 2006 Vigo).
Xosé Lois García Fernández (Lugo).
Xosé Luís Axeitos Agrelo (Asados, Rianxo).
Xosé Ramón González Álvarez (Feás, Betanzos).
Outros
Rafael Bárez (Sigrás, A Coruña; 1996), Avogado e poeta. No 1972 escribe no cárcere da Coruña vintecinco poemas que titulou Poemas del diez de marzo (escritos en la cárcel) publicados no 2017 por Alvarellos Editora.
O arqueólogo e prehistoriador M. Carlos García Martínez (Santiago de Compostela; ibídem 2018).
O escultor Xavier Costa López (Chantada).
O profesor e crítico de ascendencia galega Gustavo Fabra Barreiro (Madrid; ibídem 1975).
A pintora residente en Lugo Clara Fernández Marín (Barcelona).
A pintora Alicia Alonso Fernández (A Guarda).
O pintor escultor e ceramista Fernando Paz Escudero; 2009.
O pintor Eduardo Martínez González “Chelín” (A Coruña).
O cantautor Xerardo Moscoso (Ciudad de México; 2021 Coahuila, México).
O político Anxo Guerreiro Carreiras, máximo dirixente do Partido Comunista de Galicia e de Esquerda Unida (Xermade; 2013 A Coruña).
Carmen Avendaño, impulsora do activismo social en Galicia (Lavadores, Vigo).
O pintor Alexandre González Cruz (Ourense).
Skull.png
Pasamentos



Literatura
José Baña Pose (Pepe de Xan Baña); (La Habana; 1872 Varilongo, Santa Comba, A Coruña).
José Canedo (Lens, Ames; 1902 Tordoia).
Juan Tizón Herreros (Porto; 1895 A Coruña).
Manuel Prieto Marcos (Buenos Aires; 1905 Tui).
Ramón Sindín Barreiro (Lugo; 1862 Ferreira de Pallares, Guntín).
Samuel Eiján Lorenzo (Santiago; 1876 San Clodio, Leiro).
Executada por estar acusada de axudar a cidadáns xudeos a filóloga e profesora de español na Universidade de Berlín Margot Sponer (1898 Silesia). Doutorouse cun traballo sobre as orixes do galego antigo Altgalizische Urkunden (1931), dirixido por Eduard Wechssler e Ernst Gamillscheg. Participou na resistencia contra os nazis, foi internada nun campo de concentración e executada acusada de axudar a cidadáns xudeos.
Outros
O escritor Manuel Bares Giráldez (Buenos Aires; 1855 Bueu).
O arquitecto Antonio Palacios Ramilo (Madrid; 1876 Porriño).

Publicacións

Galegas

  • No nº 434 de “ A Nosa Terra ” (xaneiro): “Periplo galeguista de Rodolfo Prada, o traves do Continente Americano” e “O derradeiro discurso de D. Indalecio Prieto”.
  • No 437: “Galeuzca de Montevideo, celebrou un acto lembrando o 8º ano do marteiro de Guernica”.
  • O número 440 leva o titular “Adhesión de Don Manuel Portela Valladares ao Consello de Galiza ”: “Velahí algúns treitos d-únha carta súa, dirixida ao presidente do Consello de Galiza: “Soupen como erguera o corazón dos nosos irmáns… E agora leo a sua grande, a sua fonda labra pra que froitifique na América a loucura pol-a redenzón, pol-a liberdade, pol-a xusticia da nosa terra. Dígalle a Alonso Ríos as miñas emocións diante da ceifa santa de vostedes. Escoito adentro de mín , percorro as frebas todas do meu esprito, e non atopo máis que unha voz, rexa, limpa, fera: ¡Galiza! que enche o peito e, mandando n-él, dóalle acougo e confianza e amor”. Tamén neste número: “O Presidente do Consello de Galiza Alfonso R. Castelao fixa a posición política do Galeguismo n-iste intre hestórico. Discurso no Ateneo de Montevideo”.
  • No nº 439 de “A Nosa Terra” publícase “Unha carta a Oliveira Salazar”, asinada por Alfonso R. Castelao e Ramón Suárez Picallo que xa se publicara o 20 de abril de 1937 en “Nova Galiza” de Barcelona e que remata así: “Pois nós decímoslle que vostede causou o loito de moitas familias galegas por non abrir xenerosamente as portas de Portugal. E decímoslle máis: vostede será para os sobreviventes de Galiza algo menos que un asesiño; será un cómplice de asesiños”.
  • No nº 441 de “A Nosa Terra”, publícase “o telegrama que o coronel Enrique Líster , xefe do exército republicano, lle enviou ao presidente do Consello de Galicia, don Alfonso R. Castelao. Que di así:“Castelao. Buenos Aires. Santiago Álvarez comisario milicias gallegas durante defensa Madrid después comisario del Quinto Regimiento y Sebastián Zapirain, comisario del Cuarto Regimiento durante la batalla de Guadalajara, están arrestados en Madrid. Te ruego hagas todas las gestiones para hacer cesar las torturas y evitar sean asesinados por Franco y Falange. Salutaciones. Enrique Líster.
  • No 442 infórmase de “O viaxe a México dos nosos Diputados”: Os diputados galegos, residentes n-esta parte do continente e que forman o Consello de Galicia, a representación máis auténtica da nosa nazonalidade, acudiron a convocatoria das Cortes a celebrarse en México. Castelao, Alonso Ríos e Villaverde, residentes entre nós, e Suárez Picallo, residente na veciña nación trasandina, emprenderon viaxe ao gran país americano, que con xenerosidade fraternal, ampara e cobixa, dando garantías extraterritoriales, as institucións básicas da República Hespañola, legalmente restaurada no exilio”.
  • Nacionalistas galegos, vascos e cataláns publican en Buenos Aires a revista “ Galeuzca ”, subtitulada “Galiza-Euzcadi-Catalunya. Revista mensual” (12 números, dende agosto ata xullo de 1946). En castelán. Colaboradores galegos: Castelao, Alonso Ríos, Núñez Búa, Portela Valladares).
    Galeusca 4

No nº 441 de “A Nosa Terra”: “A revista Galeuzca, será mensual e adicarase a facer coñecer as carauterísticas e razós hitóricas, económicas, sociaes e lingüísticas, das tres nacionalidades peninsuares: Galiza, Euzcadi e Cataluña. Esimesmo defenderá o direito dises povos a reconquerir a sua vella persoalidá pra logo, en exercicio da sua autodetermiñazón percurar un acordo con Castela pra xunguirse n-un pacto destiñado a formación d’un Estado Hespañol baixo un réxime repubricano federal”.

  • O Bloque Repubricán Nazonal Galego edita en Toulouse o voceiro “Galiza”. En “A Nosa Terra” nº 442 dáselle a benvida a este “Voceiro Galego na Franza”: “E así nos foi doada a emozón de ler no editorial de presentazón do periódico “Galicia” de Toulouse o seu lema de combate: “Unidade, Loita e ESTATUTO, editorial posto a veira d-un fermoso dibuxo simbólico onde, baixo o tíduo de “Terra Nosa” o povo berra afervoado: “¡Viva Galicia!”.
  • Antón Vilariño: colabora en “A Nosa Terra”.
  • Avelino Gómez Ledo : Templos serenos (Madrid; 155 sonetos dos que só un está en galego “Xelmírez”).
  • Castelao : “Falemos en lingoaxe intelixible” (“A Nosa Terra” nº 437).“Unha carta esquecida” (“A Nosa Terra” nº 438).

“Saudo de agarimo pra vós, gaiteiros celtas.

homes lanzais e fortes de louras cabeleiras

oasis de saudade na Cartago deserta:

¡Gaiteiros de Montgomery,

irmáns na raza anterga!

  • Manuel Cereijo Muíños: publica versos en galego na revista “La Merced”.
  • Manuel Portela Valladares : no nº 442 de “A Nosa Terra” reprodúcese o artigo “Chegaron os tempos”, publicado anteriormente (25 de xullo) na revista “Galicia” de Toulouse.
  • Ramón Carballo: “As parolas e os feitos” (“A Nosa Terra”, nº 442).“Prieto, constante da anti-Hespaña” (nº 443).
  • Ramón Rey Baltar “Verduguillo” publica na revista “A Nosa Terra” “A oración do porco”(nº 438).

“Despertade galegos”, no 439.

No 442: “Os apuros do porco”:

Pero faga o que quixer,

habrá de cumplirse o fallo,

e moi pronto o hemos de ver

esperneando no tallo.

  • Xosé Vázquez: “A parroquia galega como núcleo social” (“A Nosa Terra” nº 441).

Relativas a Galicia

  • Nace en Buenos Aires a revista “ Galeuzca ”, deseñada por Castelao.
  • Aparece en París a revista “Iberia”, a iniciativa do exilado antisalazarista portugués José Domingues dos Santos, (antigo presidente do Consello de Ministros da República Portuguesa) e con colaboración da Delegación vasca na capital francesa.

A ela fai referencia Castelao nunha carta “ós galegos do interior” do 5 de xullo de 1945 na que anuncia a colaboración nela de Portela Valladares e a del mesmo.

  • Rodolfo Prada pronuncia un discurso de homenaxe a Companys o 15 de outubro no Anfiteatro Bolívar de México, nun acto organizado polo Consell Nacional de Catalunya.
  • En Buenos Aires, a editorial vasca Ekin publica o libro colectivo La comunidad ibérica de naciones (Armando Cortesão, Luis Araquistain, Manuel de Irujo; Carlos Pi Sunyer).
  • Rubia Barcia e Luis Buñuel: La novia de medianoche (guión cinematográfico, cos pseudónimos I. Brunell e A. Aragón).
  • Luís Pimentel colabora en verso na revista madrileña “Garcilaso” e na leonesa “Espadaña”.
  • En novembro deixa de publicarse en Buenos Aires a revista “Correo Literario” (15-11-1943).
  • Cunqueiro publica o poemario Balada de las damas del tiempo pasado e San Gonzalo (asinada co pseudónimo “Álvaro Labrada”).
  • Aparece en Pontevedra o semanario “Ciudad”, dirixido por Emilio Canda. Celso Emilio ocúpase das seccións fixas “Siluetas locales” e “Escenario”.
  • Edítase no Instituto de Ensino Medio de Santiago, no curso académico 1945-46, “Gelmírez”, co subtítulo de “Hojas de otoño a primavera”. Só saíron tres números, baixo a dirección de Enrique Vidal Abascal e Manuel Rabanal Álvarez.
  • En Ourense ve a luz en xullo a revista literaria e cultural bilingüe “Posío”, dirixida por José Luis Varela Iglesias.
    Cándido Viñas Calvo 1935
  • Ángel Lázaro Machado: Con el alma (teatro).
  • Cándido Viñas Calvo: Galas y gozos de Pontevedra (Pontevedra).
  • Carlos de Santiago: Caminos de mar.
  • Francisco Leal Insua: Versos. Primera antología (Lugo).
  • Horacio Ruíz de la Fuente: No me esperes mañana.
  • José Rodríguez Lence: Memorias de un periodista (Buenos Aires).
  • Joseph Maria Piel: Os nomes germânicos na toponimia galego-portuguesa.
  • Lorenzo Varela publica o ensaio El Renacimiento.
  • Rafael Dieste: Viaje, duelo y perdición (Edit. Atlántida); Camino de Santiago (narración na revista “Escritura”).
  • Rafael López: Alaricanos egregios. Gándara y Loya (Ourense. Prólogo de Otero Pedrayo).
  • Ramón Fernández Mato: Trujillo o la transfiguración dominicana.
  • Xavier Bóveda: El perfecto optimista (teatro).
  • Xosé María Álvarez Blázquez: En el pueblo hay caras nuevas ( Barcelona. Foi finalista do I Premio Nadal de Novela).
  • Xosé María Castroviejo: Los paisajes iluminados (con ilustracións de Urbano Lugrís).

Acontecementos

  • A “Irmandade Galega de Buenos Aires” envía unha protesta á UNESCO pola persecución do idioma galego na España franquista.
  • Alfredo Ángel Aróstegui, Fernando Iglesias Sánchez "Tacholas" e Maruxa Boga inician na Argentina, en Radio Buenos Aires, a audición “Recordando a Galicia”. A primeira emisión ten lugar o 5 de agosto e a derradeira en marzo de 1984. En “A Nosa Terra” (nº 442) faise referencia a esta emisión: ”Por L. S. 2 Radio Buenos Aires, os domingos de 13 a 13 e 30, trasmítese esta fina e ben ourentada audición radial […] Por ela falan e falaron Castelao, Prada, Alonso Ríos, Sánchez Guisande, Núñez Búa e outros coñecidos intelectuales galegos que informan os moitos radiouvintes, sobre múltiples problemas relacionados coa nosa Terra…”.
  • En xuño Castelao presenta no salón de exposicións do Ateneo de Montevideo os álbumes Atila en Galicia, Milicianos e Galicia mártir, acto no que estivo presente o presidente da República Uruguaia Juan José de Amézaga. O 30 de xuño fai un discurso na conmemoración do noveno aniversario do Estatuto de 1936 onde se fai tamén a presentación pública do “Consello de Galiza”, coa asistencia dos representantes dos gobernos vasco e catalán no exilio; “…Nosotros defendemos el principio de autodeterminación para todos los pueblos que han sabido conservar, a través de los siglos, su personalidad nacional; pero nos consideramos autorizados a restringir este derecho a lo que es racionalmente justo, conveniente y posible, descartando de antemano el separatismo y abogando por una unión paccionada de todos los pueblos diferenciados de España en un Estado Plurinacional y republicano, capaz de atraer a Portugal”. O 1 de xullo asiste a un xantar de máis de mil persoas en lembranza do noveno aniversario do plebiscito que aprobou o Estatuto de Autonomía o día 28 de xuño de 1936. Entre as comidas do menú había un prato denominado “callos á moda de Rianxo”. En nome do pobo uruguaio falou o poeta excónsul de Uruguay na Coruña Julio J. Casal, fundador da revista literaria “Alfar”.
  • Leandro Carré Alvarellos le o seu discurso de ingreso na RAG titulado “El idioma gallego en la Edad Media”.
  • Chega a Galicia José Gómez Gayoso, enviado polo Comité Central do Partido Comunista de España co propósito de organizar política e militarmente as guerrillas.
    Francisca Herrera Garrido 1926
  • Castelao viaxa a México, centro do exilio republicano.
  • Azorín nomeado Académico de Honor da Real Academia Galega.
  • Nas tertulias no café Alameda de Vigo reúnese Valentín Paz-Andrade con Laxeiro, Prego de Oliver, Fernández del Riego, os irmáns Emilio, Xosé María e Alfonso Álvarez Blázquez, Pedro Díaz …
  • 25 de xullo, reúnense na casa de Francisco Fernández del Riego, en Coruxo, Gómez Román, Marino Dónega, Ánxel Fole e Ramón Piñeiro, onde se tratou da creación dunha editorial e dunha revista que acabarían sendo “Galaxia” e “Grial”.
  • Francisca Herrera Garrido primeira muller elixida para ocupar un sillón na Real Academia Galega, aínda que morrerá antes de ler o discurso de ingreso. O presidente da Academia tarda dous anos en enviarllo ao académico Couceiro Freijomil para que escriba a resposta e este non envía a contestación ata 1949.
  • O Instituto de Artes Gráficas de New York e a Pierpont Morgan Library desa cidade seleccionan Homenaje a la Torre de Hércules de Luís Seoane como un dos dez mellores libros de debuxos publicados no mundo entre 1935 e 1945.
  • Vicente Risco trasládase a Madrid, onde colaborará con xornais como “El Español”, “Pueblo” e “La Estafeta Literaria”, traballando tamén no “Centro de Estudios de Etnología Peninsular”, onde continúa investigando sobre etnografía galega. (1948).
  • María Mariño Carou trasládase a Euskadi polo novo destino do seu home.
  • Torrente Ballester dá tres conferencias sobre Rainer María Rilke na Facultade de Filosofía e Letras da Universidade de Santiago de Compostela no primeiro trimestre do curso 1945/46.
  • Fernando Quiroga Palacios nomeado bispo de Mondoñedo: “Eu teño pra min que o crego da aldea non pode levar a cabo a súa misión esencial, a súa obriga de ensinar o Evanxeo, namentras non ensine en galego” (na revista “Logos”).
  • Luís Seoane: “Mujer con caracola” e “Joven peinándose” (debuxos).
  • O director de cine ourensán Antonio Román dirixe a película Los últimos de Filipinas.
  • Sotomayor pinta “Pepa das nenas”.
  • Delio Rodríguez, gañador da Volta a España.

Premios

  • Sebastián Martínez-Risco Macías : gañador dos Xogos Florais organizados en Compostela, no apartado de poesía en galego polo seu poema "O boneco" e dúas mencións honoríficas por "O apestado" e "Canteiros".
  • Ramón Marcote Miñarzo: premiado polo Centro Galego de La Habana o seu traballo “Influencia de los gallegos en Cuba”.

Mail-client-Breeze-Icon.svgEpistolario

Con data de 23 de xaneiro Castelao escribe a Manuel Portela Valladares: “(…) Pero, qué é de vostede, meu bon amigo? Onde se atopa, tan calado e tan esquecido das axencias periodísticas cando xa debía zoar o seu nome como unha das máis vivas espranzas? Porque eu non creio que o tomara a vostede o sono, que sempre viveu cos ollos abertos e ben espelidos.(…) Escríbolle non somentes por obriga senón por devoción, afecto e respeto á súa rexa persoalidade, pois non esquecemos canto lle debe Galiza. Alonso Ríos como segredario i eu como presidente do Consello Galego sentiríamonos orgullosos de merecer o parabén de vostede; pero reloucaríamos de ledicia se nos outorgase a sua confianza e quixera compartir connosco a responsabilidade de dirixir un movimento que debe salvar a Galiza e que pode ser clave d-unha República futura. (…) Estamos avencellados cos vascos e cataláns en novo pacto de Galeuzca i entendémonos con demócratas portugueses, cousa que corre ao noso cárrego. (...) Pergúnteme vostede o que queira, se é que toma en consideración os nosos desexos e necesita máis elementos de xuicio para decidirse a integrar o Consello Galego.(A Nosa Terra. A Nosa Cultura 12. Castelao, as cartas de América e Obras Castelao Vol. 6 Nº 210, Galaxia 2000).

O 3 de xaneiro, Castelao dende Buenos Aires escribe a José Antonio Aguirre en New York: [...] Todo el movimiento de resistencia en Galicia se agrupa alrededor de los galleguistas [...] y si la cosa responde al unánime sentimiento que allí existe contra la dictadura, creo que mi tierra será un baluarte de primer orden. [...] He contestado a mis correligionarios de allá con una extensa carta, a fin de que mis instrucciones y avisos sean bien comprendidos. Lo primero que les digo es que deben entenderse con los vascos y, a través de éstos, con los catalanes, para reconstruir Galeuzca y contar así con una unidad de dirección política para cuando llegue el momento de entendernos con el resto de los españoles.[...] Por los peligros que tan fácilmente se advierten, yo les pido que constituyan el Consejo de Galicia sin perder un solo minuto, y de tal manera que en él se reflejen proporcionalmente las fuerzas políticas y sociales del país.[...] No somos, por lo tanto, un Gobierno preparado en el extranjero para llegar a Galicia después de la liberación y sentarnos en la cabecera de la mesa servida... Eso, no. Allá están los que deben ocupar todos los puestos de honor y nosotros solo aspiramos a no ser repatriados como cadáveres políticos. Esto es, en resumen, lo que les digo. [...] Está visto que los "repúblicos" exiliados en Méjico no tienen derecho a ostentar la representación del republicanismo español, pues las repetidas estupideces de que hacen gala los inhabilita para volver a gobernar [...] En fin; el Madrid mejicano es un cáncer político, que debemos evitar a toda costa, y por mi gusto saldrían de allí todos los refugiados vascos, catalanes y gallegos. Abandonemos la idea de unirnos a los cadáveres de la segunda República y vayamos a un entendimiento con los que proclaman un nuevo estado constituyente. A Franco no se le derriba desde Méjico; se le derribará desde la propia España [...] Obras Castelao Vol 6 Nº 208, Galaxia 2000.

Con data de 22 de xaneiro, Castelao, desde Buenos Aires, escribe a París a Manuel Martínez Risco: [...] Vuestra suerte nos ha tenido constantemente preocupados [...] Nos imaginamos el dolor y la zozobra en que vivísteis durante el cautiverio alemán y créeme que jamás dejamos de pensar en vosotros. [...] Trabajé intensamente, a pesar de mi escasez de vista, cada día más precaria. Vencí en todas partes, si por vencer se entiende andar con la conciencia limpia y sin hambre. Me gané la vida sin abjurar de mis convicciones políticas y morales.[...] No hemos descuidado nuestra comunicación e influencia sobre la Galicia verdadera. En esto nos han ayudado los vascos, aunque ahora ya contamos con una vía gallega. Puedo decirte que conocemos todo lo que allí ocurre, como piensa nuestra gente y como respira. Existe en nuestro país una de las mejores organizaciones clandestinas de España. [...] Y en resumen te digo que los gallegos representamos hoy una de las fuerzas más efectivas y considerables de toda la democracia española. [...] Se ha renovado el viejo pacto de Galeuzca, pero ya no a base de partidos sino de Gobiernos. Para ello y con objeto de solventar nuestra falta de antecedentes gubernamentales, por no haber sido promulgado el Estatuto Gallego, fué necesario que constituyésemos el Consejo de Galicia, para equipararnos a los vascos y catalanes. [...] Nuestro fin es defender la autonomía de Galicia dentro de la forma republicana y trabajar por una nueva estructura del Estado, capaz de engrandecerse con Portugal dentro de la ansiada Confederación Ibérica. A este efecto se reconstituyó Galeuzca, que proclama y desea entrar en una concordia general española. [...]. Obras Castelao. Vol. 6 Nº 209, Galaxia 2000.

O 30 de xaneiro, Castelao dende Buenos Aires escribe a Marcial Fernández en México: [...] Comunicoume Prada o teu parescer a prol d-un Congreso Galego en algún ponto de América [...] Pero ese magno proieuto resulta imposible nas circunstancias atuaes, se quixéramos axuntar representacións proporcionalmente equilibradas de todal-as colonias galegas de América. Pensando somentes nos homes que deben concurrir, para que o Congreso respondera ao estraordinario fin que perseguimos, e tendo en conta as dificultades de transporte e gastos conseguintes, resulta algo moi superior as nosas posibilidades.[...] Mellor me parescería unha xuntanza de galegos representativos n-un ponto céntrico de América a onde concurríramos levando cada un de nós a representación autorizada da colonia en que residimos [...] Para min os partidos políticos carecen de obxeto e de fín fora da Patria [...] Os Partidos no eisilio son unha ficción perniciosa [...] Unha ducia de homes, poño por caso, pretenden representar a un partido que ficou alá, e como non se conforman c-unha representación simbólica póñense a discutir antre sí ou cos demáis, e d-esta tristísima función nasceu o desbaraxuste republicán. [...] Entendo que a custión dos partidos debe reservarse para cando retornemos a nosa Terra e nos poñamos a carón das realidades democráticas [...] Obras Castelao Vol 6 Nº 211, Galaxia 2000.



Castelao dende Buenos Aires escribe a Xoán López Durá en México (31 de xaneiro): Soupen por Prada a boa disposición de Marcial Fernández a prol da nosa Causa, e considerei oportuno escribirlle nos termos que ti verás pol-a copia adxunta [...] A min parésceme que a entrada de Marcial (que foi o lider de Estatuto Galego na Asambleia de Monforte) sería útil e moi oportuna: pero a miña opinión neste caso debe supeditarse á vosa. Recibimos por via aérea o pacto de Galeuzca en México, firmado por ti e Delgado Gurriarán. Parésceme moi ben a redaición que acordáchedes. [...] De Galiza temos as millores noticias que se podían maxinar, e podo asegurarche que os galeguistas multiplicaron as suas forzas e dispoñen dunha simpatía xeral. Estou a fala con Martínez Risco, que reside en París, amistosamente avencellado cos vascos, e agardo resposta a unha carta que lle escribín a Portela Valladares. As nosas relacións cos demócratas portugueses están a ponto de desembocar en Galeuzca pra un plan de longa trascendencia. [...]. Obras Castelao.Vol 6 Nº 212, Galaxia 2000.

O 26 de marzo, Castelao diríxese por carta a Manuel Gómez Román (Ós irmáns do interior): Esta carta ten caráiter oficial. Non somentes está avalada pol-o Consello que presido, senón que ademáis, responde ao ditamen da súa Comisión consultiva. [...] Todo canto levades feito está admirablemente ben e todo canto pensades facer terá o mesmo éisito que tiveron as vosas operacións anteriores. [...] Unha advertencia: os vosos nomes non deben correr en ningunha carta, por seguro que sexa o conduto, a non ser en casos excepcionaes o por absoluta necesidad. Eu utilizarei as letras ABCDEF ou os números 123456 para desiñar os seis membros do Comité [...] En resume a nosa decidida aspiración está en representar a toda-las forzas democráticas orgaizadas en Galiza e representalas como un Goberno provisional que aglutine aos galegos desterrados e defenda eficientemente os dereitos de Galiza dentro da futura República Federal, e si fose posible, a Confederación de nacionalidades Ibéricas. [...] Xa temos tres forzas –galeguismo, republicanismo e agrarismo- como obxetivos e finalidades que se confunden ao albiscar o futuro próisimo. [...] En fin; esa representación que hoxe ostenta o Partido Galeguista de todo o republicanismo galego, debe ser definitiva, contando co beneplácito dos republicáns, que ben se poden confundir connosco. Chegou Prada do seu percorrido por toda América. Realizou unha inxente laboura a prol da orgaización galeguista e do entendimento con vascos e cataláns. Hoxe contamos con grupos en moitos paises. En Cuba con moita forza, que ourenta e dirixe Álvarez Gallego. En Chile está Picallo traballando ben e manténdose en pé. Sebastián González está en Porto Rico, sen núcleo de galegos. Temos un bó grupo en Venezuela. Illa Couto represéntanos en Bogotá. Etc. etc. [...] A Nosa Terra publícase regularmente e sirve de enlace a todol-os gallegos eisilados. En México, a nosa Delegación está presidida por López Durá e Delgado Gurriarán, que firmaron o pacto local de Galeuzca [...] Parece seguro que a Penínsua, cos seus dous Estados, caerá baixo a influencia e vixilancia do veciño inglés. [...] Obras Castelao.Vol 6 Nº 214, Galaxia 2000.

Dende Buenos Aires Castelao diríxese por carta “ós irmáns do interior”. (5 de xullo). [...] Por certo que debedes sinalar dous ou tres sitios ben seguros, onde as nosas “anduriñas” poidan deixar e recoller a correspondencia. [...] O día 13 de xunio inaugurouse en Montevideo unha exposición de oitenta dibuxos meus: as estampas do album “Nós” para amostrar as inxusticias que o noso pobo sofria e a súa eistraordinaria bondade, e os tres albums de guerra, en dibuxos orixinais –“Galicia mártir”, “Atila en Galicia” e “Milicianos”- para amostrar o crime que co noso povo se cometeu. A Exposición tivo un éisito escepcional, pois calcúlase que desfilaron por diante dos meus dibuxos máis de cincoenta mil persoas [...] Está aberta no salón Fabini do Ateneo, que é a institución máis prestixiosa do Uruguay e cicais de todo Sudamérica. [...] N-este mesmo intre acaban de entregarme unha carta de don Manuel Portela Valladares, adheríndos ao Consello. Escribe dende Franza, e a dita carta é tan afervoadamente galeguista, que conmove. Xa sabedes que Portela portouse como un bó republican na hora en que outros máis obrigados que él fuxiron de Hespaña. Contame cousas espantosas que el pasou no cautiverio teutón [...] Debo decirvos que Prieto é un detractor de Galiza e non somentes insiste na probeza que xeralmente se lle atribue e que lle aconsellou paralizar as obras do noso ferrocarril, senón que agora nos ofende gratuitamente sacando a relocir o consabido caciquismo galego, asegurando que Galiza é un foco indecente de malas costumes, indino de que se lle outorgue a autonomía [...] Un grave defecto catalán é o de axeitarse á postura do nemigo e falar de distinto modo en Barcelona e Madrid, ou entre eles e os demáis [...] Na Franza vense publicando unha revista galeuzquiana, tiduada IBERIA, sen colaboración galega nos primeiros números. No derradeiro que se recibeu anuncian xa a colaboración de Portela, e axiña terá a nosa [...] Obras Castelao.Vol 6. Nº 216 Galaxia 2000.


O 19 de agosto, Castelao escribe a Xoán López Durá en México: [...] Na imposibilidade de presentarme eu ahí, pois o arranxo dos meus papeis duraría máis d-un mes, diriximos ao presidente Aguirre o seguinte telegrama: RUEGOTE REPRESENTES CONSEJO GALICIA TRAMITACIÓN CRISIS RECABANDO PUESTO GALICIA IGUAL HIZOSE PRIMER GOBIERNO PROVISIONAL REPUBLICA MAXIME AHORA TENIENDO ESTATUTO PLEBISCITADO STOP PERSONA PARA CARGO OFRECERIAMOSLA OPORTUNAMENTE STOP AGRADECERE INFORMES ABRAZOS CASTELAO [...] Unha parte do telegrama que eu lle enviei prevé o caso de que se nomée a calquera exministro galego e que con eso se entenda que Galiza fica suficientemente representada no Goberno provisional [...] Cónstanos que se pensa en Portela Valladares –por fortuna adherido ao Consello de Galiza-, pero ninguén que represente a Galiza poderá entrar no Goberno sen estar avalado por nós, comprometido por nós, disposto a loitar pol-a causa galega e comprometido en Galeuzca. Os galegos estamos escarmentados dispois de padecer a Casares Quiroga [...] Estamos enterados da inquina de Prieto contra Galiza e coñecemos todo canto di de nós e do noso povo [...] A nosa política será sempre limpa e honesta. Non negamos que en política poden luxarse as mans, a condición de lavalas dispois; pero a conciencia non a luxaremos endexamais [...] Obras Castelao.Vol 6. Nº 217 Galaxia 2000.


Con data de 31 de decembro, Castelao diríxese por carta aos galeguistas do interior dende Buenos Aires: [...] Acabo de enterarme por carta que recibiron os vascos, que vós estades queixosos de nosoutros pol-o pouco intrés que amostramos para comunicarnos convosco. [...] Sempre, sempre, a nosa Anduriña levou cartas nosas para vós, pero algunhas veces non trouxo máis que recados verbales, porque non tiñades nada escrito nin preparado para mandarnos, e n-esta derradeira vez, a nosa Anduriña non atopou a quén entregarlle a correspondencia [...] A perda d-un correio supón seis meses de silenzo nas nosas relacións, e quen desaproveita tan raras oportunidades non ten dereito a queixarse [...] En Bos Aires estamos publicando unha revista mensual tiduada “Galeuzca”, que xa vai no quinto número e foi ben acollida en todas partes. [...] Temos, á nosa veira, co nome de “Comisión de Finanzas do Consello de Galiza”, uns cantos homes ricos, que imos preparando para que mañán sexan os impulsores financeiros do Seminario de Estudos Galegos. [...] Blanco Amor aproveitouse da nosa ausencia para sementar cuestións, que non teñen máis obxeto que satisfacer a súa ridícola vanidade; pero todo esto esvaerase en canto nós soplemos [...] Obras Castelao. Vol 6. Nº 219 Galaxia 2000.

Sumarios

Flag CPLP.gif Cataluña Flag of Spain Outras culturas

NobelPREMIO NOBEL DE LITERATURA: Gabriela Mistral

Flag CPLP.gif CPLP - Comunidade dos Países de Lingua Portuguesa

Nacen






Morren:

  • Mário de Andrade (São Paulo; ibídem 1893).






Agostinho da Silva: Sete cartas a um jovem filósofo.


Alberto de Serpa: Nocturnos.


Álvaro Ribeiro: Leonardo Coimbra.


Amândio César: Batuque de guerra e Subsolo.


António Cândido de Mello e Souza: Introdução ao método crítico de Silvio Romero.


Aquilino Ribeiro: Lápides partidas.


Armindo Rodrigues: Em cada instante cabe o mundo.


Branquinho da Fonseca: Rio Turvo (conto).


Carlos de Oliveira: Mãe Pobre (poesía).


Carlos Drummond de Andrade (Brasil): A rosa do povo.


Domingos Monteiro: O Mal e o Bem (conto).


Eduardo Schwalbach: As duas máscaras.


Eugénio de Andrade: Pureza.


Faure da Rosa: Fuga.


Fausto Duarte: A revolta e Foram estes os vencidos: contos.


Fernanda de Castro: Maria da Lua.


Fernando Monteiro de Castro Soromenho (Angola): Calenga.


Fernando Namora: Casa da Malta.


Graciliano Ramos (Brasil): Infância e Dois dedos.


Jacinto do Prado Coelho: A Poesia de Teixeira de Pascoaes.


João Cabral de Melo (Brasil): O Engenheiro.


João Cabral do Nascimento: Confidência.


João Gaspar Simões: Vida e obra de Eça de Queirós.


João José Cochofel: Descoberta (poesía).


João Mendes: Monte Parnaso-Monte Carmelo e Eça de Queirós.


Joaquim Namorado: Incomodidade (poesía).


Jorge Amado (Brasil): Bahia de Todos os Santos (guía).


José Marinho: O Pensamento Filosófico de Leonardo Coimbra.


José Régio: A Velha Casa (5 volumes autobiográficos 1945,1947,1953,1960,1966) e Mas Deus é Grande (poesía).


Lêdo Ivo (Brasil): Ode e elegía.


Manuel Mendes: Bairro.


Manuel Rodrigues Lapa : Estilística da lingua portuguesa (Coimbra Editora). Xunto con autores portugueses, brasileiros e africanos, contén exemplos de autores galegos que foi incluindo en sucesivas edicións como Blanco Amor, Xavier Alcalá, Cabanillas, Carballo Calero, Castelao, Díaz Castro, Novoneyra, Ánxel Fole, Dieste, Otero Pedrayo, Pondal, Silvio Santiago, Luis Seoane …


Maria da Graça Freire: Quando as vozes se calam.


Mário Dionísio: As Solicitações e Emboscadas (poesía).


Mário Sacramento: Eça de Queirós. Uma estética da ironia.


Miguel Torga: Vindima.


Natércia Freire: A alma da velha casa (contos).


Orlando Ribeiro: Portugal, o Mediterrâneo e o Atlântico.


Oswald de Andrade (Brasil): O escaravelho de ouro.


Ruben A.: O método e o pensamento religioso nas “pensées” de Pascal.


Sant’Anna Dionísio: Atlânticas.


Sebastião da Gama: Serra-mãe.


Teixeira de Pascoaes: Santo Agostinho (biografía).


Víctor de Sá: Bibliografía queirosiana.


Vitorino Nemésio: Ondas Médias (ensaio).







Cataluña


Nacen:


Morren:



Avel.li Artís-Gener: 556 Brigada Mixta.


Joaquim Amat-Piniella: K..L. Reich. (Escrita entre 1945 e 1946, non foi autorizada pola censura ata o 1963).


Josep Palau i Fabre: Imitació de Rosselló-Pòrcel. Marcha a París ata o 1961.


Josep Pla: Un señor de Barcelona e La huida del tiempo.


Xavier Casp: La inquietud en calma.

Flag of Spain

Nacen:






Morren:


Nacen as revistas “Postismo” e “La Cerbatana”.

Aparece como suplemento da revista “Cuadernos de literatura contemporánea” (1942-1946) a “Antología de la literatura contemporánea”, que na sexta entrega inclúe poemas de Pessoa e os seus heterónimos Alberto Caeiro, Ricardo Reis e Álvaro de Campos.


Publícase en Madrid Ofrenda lírica a José Luis de Arrese en el IV año de su mando con sonetos de D’Ors, Gerardo Diego, Manuel Machado, Adriano del Valle…


Camilo José Cela: Pisando la dudosa luz del día. Poemas de una adolescencia cruel e Mesa revuelta (recompilación de artigos).


Carlos Bousoño: Subida al amor.


Carmen Laforet: Nada (Primeira edición do Premio Nadal).


Eugenio de Nora: Cantos al destino.


Francisco Camba: La rebelión de los mandos e Los mosqueteros de la neutralidad.


García Nieto: Retablo del ángel, el hombre y la pastora e Toledo.


Jacinto Benavente: La infanzona.


Jacinto Grau: Destino.


José Ferrater Mora: Cuatro visiones de la historia universal.


José Luis Hidalgo: Los animales.


José María Bellido: Cuando termine la guerra.


José María Valverde: Hombre y Dios.


Juan Antonio de Zunzunegui: El barco de la muerte.


Julio Camba: Esto, lo otro y lo de más allá e Etc., etc.


Luisa Carnés: Rosalía de Castro. Raíz apasionada de Galicia (Ediciones Rex. México).


María Zambrano: Pensamiento y poesía en la vida española.


Max Aub: Campo de sangre.


Miguel Labordeta: Sumido 25.


Pedro Laín Entralgo: La generación del 98.


Rafael Alberti: La gallarda.


Ricardo Molina: El río de los ángeles.








Máis culturas:


Nacen:


Morren:.

  • Francisco González de León (1862 Lagos de Moreno, Jalisco).
  • Juan José Tablada (1871 Ciudad de México).


  • Paul Valéry (París; 1871 Sète).
  • Pierre Drieu La Rochelle (París; ibídem 1893).
  • Theodore Dreiser (Hollywood; 1871 Indiana).
  • Yu Dafu (1896 China).



Amanda Berenguer: Elegía por la muerte de Paul Valéry.


Arturo Uslar Pietri: Las visiones del camino (ensaio).


Bioy Casares: Plan de evasión.


Conrado Nalé Roxlo: El pacto de Cristina (teatro).


Cintio Vitier: De mi provincia e Extrañeza de estar.


Eduardo Mallea: Todo verdor perecerá.


Ernesto Sábato: Uno y el universo.


Jorge Eduardo Eielson: Reinos (poesía).


Octavio Paz: Libertad bajo palabra.



Albert Camus: Le malentendu.


André Bretón: Arcane 17.


Bertolt Brecht: Kaukasischer Kreidekreis (O círculo de xiz caucasiano. Teatro).


Carlo Levi: Cristo si è fermato a Eboli.


Denton Welch: In youth is pleasure.


Elizabeth Smart: By Grand Central Station i sat down and wept.


Evelyn Waugh: Brideshead revisited.


Gabriel Chevallier: Chemins de solitude.


George Orwell: Animal farm.


Hermann Broch: A morte de Virxilio.


Ivo Andric: A ponte sobre o Drina.


Jack Kerouac e William Burroughs: And the hippos where boiled in their tanks.


Jean-Paul Sartre: Huis clos.


Léopold Sédar Senghor: Chants d’ombre.

Leopold sedar senghor.jpg


Mika Waltari: Sinuhé o exipcio.


Philip Larkin: The North ship (O barco do Norte. Poesía).


Vitaliano Brancati: Il vecchio con gli stivali.


Wilhelm Reich: A revolución sexual.


Tamén sucedeu...

  • CINE:

- Roberto Rossellini:Roma cidade aberta. Realizada aínda baixo a ocupación alemá, é a gran película do neorrealismo. Crónica entrañable e desgarradora da cidade ocupada. Foi o canto á liberdade e á fraternidade fronte á opresión e o terror. Este filme aúna os dous autores máis interesantes do movemento neorrealista, os dous camiños máis persoais e diversos: o que seguirá Rosselini, o seu director, un camiño innovador, pero enormemente contido e clasicista, e o de Federico Fellini, guionista da película, un camiño barroco, lírico, surreal e circense.


- Vittorio De Sica: O limpabotas.


- Eisenstein: Iván O Terrible.

  • Manifesto de don Juan, xefe da Casa Real Española e pretendente ao trono.
  • O 17 de xullo as Cortes aproban o “Fuero de los Españoles”.
  • Constitúese en México un Goberno republicano no exilio, presidido por José Giral.
  • Primeiro indulto político, dos once que vai conceder o réxime franquista.
  • “Ley de Referéndum Nacional”.
  • Ofensiva inglesa en Birmania.
  • Os rusos toman Varsovia.
  • O 8 de maio, asínase en Berlín a capitulación incondicional de Alemaña.
  • Conferencia de Ialta entre Churchill, Roosevelt e Stalin.
  • Bombas atómicas en Hiroshima e Nagasaki.
  • Conferencia de Potsdam e fin da segunda guerra mundial.
  • O 25 de abril, representantes de 47 países crean en San Francisco a Organización das Nacións Unidas.