1944

De Xulipedia
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Flag of Galicia (civil).svg Cultura galega

Nacementos/Pasamentos

Child in diaper icon Nacementos
Literatura
Fernando Alonso Romero (A Coruña).
Francisco Barxa Iglesias "Paco Barxa" (Santa Cruz de Terroso, Vilardevós).
José María Monterroso Devesa-Juega “José Devesa”; “Andrés Terra” ; “UN-DO-CHAN” (A Coruña).
José Luís Fontenla Rodrigues “João Padrão” (Pontevedra).
Lois Diéguez Vázquez (Monforte).
Manuel Anxo Laxe Freire (Duarría, Castro de Rei; 2006).
Manuel Vilanova Rodríguez (Barbantes, Punxín; 2019 Vigo).
Xesús Xosé Ferro Ruibal (Rebón, Moraña).
Xoán Xulio Alfaia (Tui).
Xosé Manuel López Gómez “Ardeiro” (Logrosa, Negreira; 2007 Ferrol).
Outros
O historiador e escritor Jorge Juan Eiroa García (Laxe).
O doutor en Historia Pedro López Gómez (Madrid).¿?
A doutora en Hispánicas Ana Vázquez Estévez (Vilachá, Saviñao).
O lingüista Javier López Facal (Toba, Cee).
A musicóloga e compositora Dorothé Schubarth (Basilea; ibídem 2023
O arquitecto José Antonio Franco Taboada (A Coruña).
O pintor Javier Garaizábal (Ferrol).
O pintor Ánxel Huete (Ourense).
O pintor Antonio Pulido Novoa (Bóveda de Amoeiro).
O pintor Isidro Albariño (San Miguel de Reinante, Lugo; 2023).
O pintor Francisco González Lagares (Vigo).
O escultor Manuel Ferreiro Badía (A Coruña).
O historiador Manuel Núñez Rodríguez (Ourense).
O escritor Carlos Fernández Santander (A Coruña).
O político e profesor de Dereito Administrativo Pablo González Mariñas (A Coruña).
O escritor e editor Bieito Ledo Cabido (Padroso, Xunqueira de Ambía).
Xosé María Méndez Doménech (Santiago; 1920). Un dos creadores da revista "Vagalume".
Skull.png
Pasamentos
Literatura
Antolín Santos Mediante (Piantón; 1880 Taramundi, Castropol).
Outros
O poeta Manuel Álvarez Rivero “Manuel de Ventosela” (O Rosal).
Atanasio López Fernández (Santiago de Compostela; 1876 Boñar, León).
O pintor Máximo Ramos (1880 Ferrol).
O crítico literario Enrique Díaz-Canedo y Reixa (México; 1879 Badajoz).

Publicacións

Galegas

  • Antón Zapata García : “O remorso do mar” (“A Nosa Terra” nº 430).“O perdón das furnas” no nº 433.
  • Antón Vilariño colabora en “A Nosa Terra”.
  • Antonio Noriega Varela : “Á Nosa Señora de Belén”, poema na revista “El Eco Franciscano” de Santiago (decembro). Xa aparecía en D’o ermo (1922).
  • Avelino Díaz: “Con boa vountade”… (“A Nosa Terra” nº 431). “Frente a realidade”, no nº 432.
  • Castelao: Sempre en Galiza (Ensaio político. Edit. As Burgas, Buenos Aires (“Grial” nº 47, páx. 141). A 2ª edic., ampliada é de 1961). Co gallo da publicación do libro crúzanse entre o autor e Claudio Sánchez Albornoz unhas cartas nas que expoñen os seus puntos de vista sobre a realidade española (“Grial” nº 47): “Me permito, sin embargo, reprocharle su injusticia con Castilla... medite en el peligro que para nuestros gallegos de mañana representaría reducirles su capacidad de adquisición de cultura al habla sólo de la lengua de Galicia.. Con la esperanza de que rectifique su castellanofobia, le saluda y abraza...”. A isto contéstalle Castelao:“No ha leído Vd mi libro y lo prejuzgó torpemente... yo sólo pido que el gallego vaya a la escuela y a la Universidad, como va el castellano... Yo deseo que en Galicia se hable tan bien el gallego como el castellano y el castellano tan bien como el gallego. Deseo, además, que el gallego se acerque y confunda con el portugués, de modo que tuviésemos así dos idiomas extensos y útiles. Y aún desearía más: desearía que en la segunda enseñanza fuese obligatorio el inglés y otro idioma extranjero...”.

.

Castelao sempre en galiza.jpg

Sempre en Galiza é un libro-caderno de bitácora que nos propón navegar unha singradura que cursa episodios de gran relevancia na historia de Galiza e na vida de Castelao. Desde o desterro a Badaxoz ordenado por Lerroux en outubro de 1934 como castigo á figura máis destacada do Partido Galeguista, pasando polos vaivéns da tramitación do Estatuto de Autonomía, os avatares da Guerra do 36, até chegarmos ao exilio definitivo en Bos Aires a comezos dos anos 40. Alén do episódico, os lectores e as lectoras han de encontrar da man de Castelao reveladoras e actuais análises sobre o status de Galiza como nación, os dereitos que como tal lle corresponden, interpretacións moi lúcidas sobre a nosa problemática lingüística e atinadas pescudas sobre a historia de Galiza”. (Manuel Rei Romeu, diario “Nós”, 19/05/2021).

Castelao recibido en Buenos Aires: “Agasallades en min a un artista civil que puxo sempre o seu arte ó servizo das causas populares”.

No nº 430 de “ A Nosa Terra ” publica “O bloqueo comercial de Galiza”. No 431 “O problema ferroviario de Galiza”.

  • Ánxel Fole reside temporalmente en Pacios, na Terra Cha e colabora en “El Progreso” na sección “Lecturas”, con recensións de obras literarias. Publica na revista “Númen” Nocturno dedicado a Rosalía.
  • Lois Tobío : “Na porta dunha nova etapa” (“A Nosa Terra” nº 433).
  • Lorenzo Varela : "Ofrenda a los franceses" (poema na revista “Correo Literario” de Buenos Aires) e "Catro poemas pra catro grabados" (para o álbum de Luís Seoane María Pita e tres retratos medievales).
  • Luís Seoane e Arturo Cuadrado fundan a Editorial Nova , onde Luís Seoane publica o libro de debuxos Homenaje a la Torre de Hércules (prólogo de Rafael Dieste. Edit. Nova) e o álbume de gravados María Pita e tres retratos medievales (Resol. Buenos Aires). Na Editorial Poseidón publica unha monografía encol do pintor húngaro Jules Pascín.
  • Ramón Carballo: “As parolas e os feitos” (“A Nosa Terra” nº 430.“Unha xeneración desertora” (nº 433).
  • Ramón Rey Baltar “Verduguillo” publica na revista “A Nosa Terra” (nº 429, 25 de xullo) a composición “O porco está triste”. O porco como metáfora de Franco:

O porco está murcho,

o porco non fala,

nin come nin bebe,

nin gruñe nin nada.

¿Qué lle pasa ao quiño

meirande d-Hespaña?

No nº 430 “O porco ten razón”:

Un suceso portentoso a relatar oxe vou

¡Un porco, en trance de morte,

reclamando confesión!

No 431: “Malos ventos”:

Xa se sinten os tiros nos Pirineos.

Por eso o porco berra:“¡Válanme os ceos!”.

O final está preto do probe quiño.

Pronto vai a chegarlle seu Samartiño.

No nº 433: “¡Viva a democracia!”.

  • Victoriano Martínez Baqueiro: ¡Sementadores!”, poema en “A Nosa Terra” nº 433.
  • O 16 de novembro estréase no Teatro Argentino de Buenos Aires, O ferreiro de Santán de Manuel Daniel Varela Buxán , pola compañía Boga-Tacholas. (Editada no 1975). En “A Nosa Terra” nº 433 (decembro): “Un estreno de Varela Buxán”: “A posta en escea de “Os vellos non deben namorarse” de Castelao, foi a sua proba de fogo; e saíron airosos. Con este cuño patriótico e artístico, presentouse ao público galego e porteño na sáa do teatro Argentino, coa comedia orixinal de Varela Buxán, “O ferreiro de Santán”.
  • No nº 429 de “A Nosa Terra” (Bos Aires): “A Galeguidade Emigrada Reaizou un Aito Hestórico”. “Castelao, persoeiro maisimo da Galiza, foi ouxeto d-un grandeiro homaxe. Asistiron o banquete enriba de 1.500 comensais i-estiveron representados máis de 300.000 galegos. Concurriron delegaciós de Euzcadi e Cataluña e representantes dos republicanos hespañoes”. O acto tivo lugar o 2 de xullo e inclúense neste número os discursos de Manuel Puente, Castelao e Sánchez Guisande.
  • No nº 430 publícase o artigo de Eloy Luis André “La Lengua Gallega y la lucha por la Cultura en Galicia”, coa seguinte aclaración: “Este traballo que publicamos hoxe en castelán –arredándonos da ortodoxia idiomática tradizonal de “A Nosa Terra”- é motivado pol-a tenzón de que poida ser lido e ben comprendido pol-os leitores castelás, vascos e catalás. Foi escrito pol-o gran filósofo galego ANDRE, en réplica a Unamuno, que nas Cortes hespañolas, co gallo de discutirse o Estatuto catalán, pretendeu esmagar, co peso da sua despótica autoridade de califa das letras castelás, os idiomas hispánicos non oficiaes: catalán, galego e vasco”.
  • No nº 431: “Homaxe de Galiza ao presidente Mártir de Cataluña”.

Relativas a Galicia

  • Sae en Compostela o primeiro número de “ Cuadernos de Estudios Gallegos".
    Cuadernos de estudios gallegos.jpg
  • Publícase en Madrid a “Revista de dialectología y tradiciones populares”, dirixida por Vicente García de Diego. Nela haberá moitas colaboracións de galegos, como Fermín Bouza Brey, Vicente Risco, Filgueira Valverde, Otero Pedrayo, Fernández Oxea, Antón Fraguas, Lis Quibén, Xesús Taboada, Laureano Prieto, J. Álvaro Porto da Pena e Manuel Mandianes.
  • Publícase o opúsculo de Francisco Marcos Raña (1900 Carballiño; 1990 Madrid) "El espíritu de libertad y rebeldía en Curros Enríquez" (Habana. Gráfica Moderna); conferencia pronunciada o 9 de setembro de 1944 na Casa de Cultura de La Habana “A beneficio del pueblo español”: “Para mi, Curros era, si, un rebelde, pero no un revolucionario. Un rebelde un tanto anárquico y sentimental, que sentía las injusticias de su época y se rebelaba contra ellas por instinto y por temperamento. Pero, tengo para mi, que no había leído a Marx, ni a ninguno de los grandes pensadores y sociólogos del pasado siglo...”.
  • Co gallo dunha actuación do cantante Antonio Machín no café Urquín de Pontevedra, un grupo de poetas pontevedreses organizaron unha velada literaria en honor do artista, editándose un folleto titulado “Antonio Machín, el famoso cantor internacional”, e que incluía poemas en castelán de Celso Emilio Ferreiro, Manuel Cuña Novás, Emilio Álvarez Negreira, Ángel Luis Sesto, E. G. Arton e Enrique Vasno. O poema de Celso Emilio titulouno “Zéjel a la rumba de Antonio Machín” e remata con estes versos:

Dices, dicen, yo te digo / ¡Dame tu mano de amigo /y yo marcharé contigo,/que tu cantar me derrumba! / La cadencia de tu rumba,/Machín, me vuelve tarumba.

  • O 15 de agosto Julio Cortázar publica o seu primeiro relato, titulado “Bruja” no número 19 da revista “Correo Literario”, codirixida en Buenos Aires por Luís Seoane, Lorenzo Varela e Arturo Cuadrado.
  • En México nace a publicación “Galicia. Órgano de Alianza nazonal galega”.
  • En xullo aparece “Airiños”, órgano da Asociación Casa de Galicia de Buenos Aires.
  • Aparece en La Habana no mes de agosto a revista “Curros Enríquez”, órgano da sociedade do mesmo nome que agrupaba aos naturais do partido xudicial de Celanova. O director era Antonio Tonda Doltz.
  • O 10 de novembro ve a luz “El Orensano”, órgano de expresión do Centro Orensano de Buenos Aires, e dirixido por Rodolfo Prada Chamochín.
  • En Pontevedra aparece a revista cultural e literaria “Sonata gallega”, subtitulada “Publicación de Céltiga”. O seu director era Ramón Peña e Celso Emilio ten a función de responsable de “Selecciones literarias” (1949).
  • Carlos Rivero Troncoso: Ancla (poesía, Ourense).
  • Eugenio Montes Domínguez: Interpretación de Portugal.
  • Francisco Elías de Tejada Espínola: La tradición gallega con prólogo de Otero Pedrayo: “Su libro es el primero, a mi parecer, en el que un escritor no gallego alcanza la entraña de Galicia con amor, saber y esperanza…”.
  • Francisco Leal Insua: Plegaria por la novia buena.
  • José Gómez Posada Curros: escribe a obra coral en castelán Canción Galega, publicada no 1991 en galego co título de Nin me abandonarás nunca con tradución de Méndez Ferrín.
  • Manuel Barbeito Herrera: El retorno (A Coruña).
  • Gumersindo Díaz García: El jardín de los romances.
  • Manuel Domínguez Benavides: La escuadra la mandan los cabos.
  • Manuel García Gerpe: La configuración constitucional de la postguerra (Madrid; prólogo de Augusto Barcía).
  • Rafael Dieste: Cuentos simples (Catro relatos en “Correo Literario”). Tratado mínimo del arte de la escena (na mesma revista).
  • Vicente Risco: Historia de los judíos desde la destrucción del templo (Madrid).
  • Victoriano García Martí: Rosalía de Castro o el dolor de vivir.
  • Xavier Bóveda: Galicia madre (teatro).

Acontecementos

  • Créase o Instituto Padre Sarmiento de Estudios Gallegos nunha reunión á que asistiron o rector da Universidade de Santiago Legaz, Albareda Herrera, secretario xeral do CSIC, Sánchez Cantón, Bouza Brey, Carro García, Cordero Carrete, Figueira Valverde, Moralejo Laso, Pedret Casado, e Zamora Vicente, uníndose a eles máis adiante. Otero Pedrayo, Martínez Risco e Cuevillas, quen dirixirá a sección de Prehistoria.
  • Castelao viaxa a Montevideo coa finalidade de consultar con Lois Tobío a posibilidade de constituír o “Consello de Galiza”, un órgano se mellante aos que tiñan os vascos e cataláns no exilio.
  • Constitúese o 15 de novembro en Buenos Aires, (anque oficialmente figurase Montevideo) o Consello de Galiza, baixo a presidencia de Castelao. Formaban tamén parte del os deputados Ramón Suárez Picallo, Antón Alonso Ríos, e Elpidio Villaverde (de Izquierda Republicana).
    Acto de constitución do Consello de Galicia
  • Foucellas” únese ás guerrillas antifranquistas; concretamente ao destacamento “Santiago Álvarez” de Unión Nacional, que xunto co destacamento “Líster” e o “Manuel Botana” formaban a IV Agrupación Guerrilleira de Galicia.
  • José Gómez Gayoso regresa clandestinamente a España.
  • Luís Pimentel nomeado médico do Concello de Lugo.
  • Rubia Barcia, en New York, consegue un traballo na Office of War Information, como escritor e comentarista da radio gubernamental, pero é despedido por negarse a transmitir coa súa propia voz un discurso-loanza sobre Franco pronunciado no Parlamento inglés por Churchill, agradecéndolle ao dictador español a non intervención na Guerra Europea. Este mesmo ano coñece a Luis Buñuel.
  • Plácido Ramón Castro del Río casa en Cambados con Jesusa Piñeiro, con quen tivo oito fillos.
  • Cunqueiro sancionado coa retirada do carnet de periodista por ter cobrado uns artigos que non realizou para a revista “Misión” e nos que falaría do país veciño co pretexto do Camiño de Santiago. Foi denunciado polo embaixador de Francia en Madrid e a sanción levouna a cabo Juan Aparicio.
  • Ramón Cabanillas: o 9 de xaneiro ten lugar en Cambados a representación dos poemas "Ofrenda das fadas no portal de Belén".
  • Antonio Román dirixe a película “Lola Montes”.
  • Santiago Álvarez regresa clandestinamente a España.

Premios

Mail-client-Breeze-Icon.svgEpistolario

Castelao: Sempre en Galiza (Ensaio político. Edit. As Burgas, Buenos Aires (“Grial” nº 47, páx. 141). A 2ª edic., ampliada é de 1961). Co gallo da publicación do libro crúzanse entre o autor e Claudio Sánchez Albornoz unhas cartas nas que expoñen os seus puntos de vista sobre a realidade española (“Grial” nº 47): Escribe Claudio Sánchez Albornoz: “Me permito, sin embargo, reprocharle su injusticia con Castilla. Galicia no ha sido víctima de Castilla. Galicia, Castilla, Cataluña, etc... fueron víctimas del poder central y de la política general en Europa a la sazón. Se tendía en todo Occidente a superar la etapa medieval del fraccionamento [...] Por lo demás, contra su opinión yo reprocho a los reyes todos no haber hecho España, cuando se hizo Francia e Inglaterra y cuando podía hacerse. [...] Sería daño irreparable suprimir el bilingüismo de Galicia, Vasconia o Cataluña. [...] Ama V, a Galicia y yo también, pues mi madre se llama Teresa Menduiña y no suelo suprimirle jamás, de mis libros ese apellido gallego, medite en el peligro que para nuestros gallegos de mañana representaría reducirles su capacidad de adquisición de cultura al habla sólo de la lengua de Galicia. [...] Con la esperanza de que rectifique su castellanofobia, le saluda y abraza...”.

A isto contéstalle Castelao:

“No ha leído Vd mi libro y lo prejuzgó torpemente [...] Sepa Vd, que yo no odio a Castilla en si misma, pues sólo combato su hegemonía actual, mantenida por los centralistas de toda España [...] Reprocha Vd a los reyes por no haber unificado España cuando se unificó Francia e Inglaterra; pero yo le digo a Vd, que no se puede asimilar lo que es inasimilable, y que Castilla no podía absorber a Galicia, como Francia no ha podido absorber a Bretaña ni Inglaterra a Escocia [...] Sepa Vd. amigo mío que yo sólo pido que el gallego vaya a la escuela y a la Universidad, como vá el castellano... Yo deseo que en Galicia se hable tan bien el gallego como el castellano y el castellano tan bien como el gallego. Deseo, además, que el gallego se acerque y confunda con el portugués, de modo que tuviésemos así dos idiomas extensos y útiles. Y aún desearía más: desearía que en la segunda enseñanza fuese obligatorio el inglés y otro idioma extranjero. Termino esta carta felicitándolo a Vd por tener una madre gallega. ¡Que Dios se la bendiga y se la guarde! Claro está que hace Vd. muy bien en usar en sus libros el apellido Menduiña, que además de ser el de su madre no desmerece en nada al lado de sus apellidos paternos. Lo absurdo sería que Vd. ocultase un motivo de tanta honra. Pero mi caso es mucho más admirable que el de Vd. porque yo sólo uso el primer apellido de mi madre y me llamo Castelao a secas (Castelao=Castellano) lo cual delata una ascendencia nada grata para la castellanofobia de que Vd. me supone poseído [...]

O 31 de marzo Castelao diríxese por carta ao Presidente do Centro Pontevedrés de Buenos Aires: “Non teño ningún documento, nin tansiquera unha partida de nascimento, para acreditar a miña calidade de pontevedrés; pero se non fun consultado antes de nacer, sábese ben que dispois de ter nascido escollín a Pontevedra para vivir e morrer, e se o tal programa non chega a cumplirse non será certamente por culpa miña. Non son, pois un pontevedrés de partida de nascimento, que âs veces esto é entrar pol-a porta falsa; eu son pontevedrés pol-a miña propia vontade e pol-a miña identificación coa terra e as xentes de Pontevedra [...]”. (Obras Castelao. Vol.6 Nº 193. Galaxia 2000).

Por iniciativa de Filgueira Valverde ve a luz en 1942 o Cancioneiro musical de Galicia, froito dun laborioso traballo de campo de Casto Sampedro y Folgar quen recolleu xunto cos seus colaboradores 509 pezas con partitura entre os anos 1884 e 1924, en máis dun cento de concellos galegos. En carta de Ramón Piñeiro a Filgueira Valverde (5-1-1944) escribe: “También he leído… la noticia de la edición del Cancionero de Sampedro. La participación que Vd. ha tenido en esta edición merece la gratitud de todos nosotros porque constituye la aportación más positiva y valiosa que recibió la cultura gallega durante estos años”. (Cadernos Ramón Piñeiro XI. Cartas. Instituto Ramón Piñeiro, Xunta de Galicia. 2009).

O 10 de abril Castelao (Buenos Aires) escribe a José Añón en Montevideo: [...] Yo no puedo concurrir al acto que va a celebrar en Montevido con la asistencia de Albornoz, en representación de la JEL [...] Claro que yo no he rehusado asistir a una conmemoración republicana, sino a un acto que pretende consagrar en estas latitudes la Junta de Liberación, porque Galicia aun no está representada en este organismo ni nadie ha sido invitado para representarla [...] (Castelao. Obras. Vol. 6 Nº 194. Galaxia. 2000). (JEL. Junta Española de Liberación).

Con data de 20 de abril, Castelao escribe a Ramón Suárez Picallo en Santiago de Chile: Escríboche con absoluta reserva e no suposto de que xa recibín de ti o xuramento de que esta carta non será coñecida por ninguén. Xa nos puxemos dacordo cos homes que representan a Euzcadi e Cataluña. Chegou, por fin a nosa hora e sería unha cobardía recuar ante a misión que o destiño nos sinala. Galeuzca vai a reorganizarse axiña sobor de compromisos inquebrantables, con programa de aición que nos dará categoría internacional. O pacto será, non de partidos, senón de Gobernos. Para eso é indispensable que, sen perda de tempo, formemos nós o “Consello Nacional de Galiza”. O noso Consello será recoñecido pol-os Gobernos de Cataluña i Euzcadi e será coñecido nos Centros chamados a rexiren a proisima sorte do mundo. [...] Os puntos de coincidencia antre vascos, cataláns e galegos, a orixinalidade política e as posibilidades que se abesullan para todos, incluido para Portugal farán estremecer os fondos mortos da Penínsua [...] (Castelao. Obras. Vol. 6 Nº 195. Galaxia. 2000).

Castelao escribe a Valentín Paz Andrade: Pasaron os tempos escuros e hoxe contamos en América cunha impoñente opinión ao noso favor. As múltiples entidades de emigrados en Cuba, Bos Aires e Montevideo están saturadas de galeguismo, gacias âs nosas prédicas e traballos. Os mellores e máis conscentes galegos depositaron en min a súa confianza e por eso tomei ao meu cárrego a responsabilidade de dirixir un movimento que ten por fito terminal a liberdade de Galiza. [...] Hoxe Galeuzca é un compromiso de tres Gobernos, que representa ante os homes do mañán trunfante, a única posibilidade de equilibrio e de paz na penínsua hispana. [...] Os irmáns sobrevientes –ti, Otero, Román, Plácido e cicais outros-, debedes xuntarvos ou poñervos dacordo para desiñar a unha persoa, non moi siñificada, pero aitiva e segura, ao que eu me poida dirixir para darlle instrucións e telo ao corrente de todo [...] (Castelao. Obras. Vol. 6 Nº 196. Galaxia. 2000).

Na data do 12 de xuño Castelao escribe a José Antonio Aguirre unha extensa carta: Tu carta, muy deseada, cayó sobre nosotros como la lluvia en tierra sedienta [...] Supongo en tu poder el libro que acabo de publicar. [...] Me alegraría que lo leyeses, no para satisfacer mi vanidad de escritor, sini para que te penetres del hecho gallego y de sus problemas, así como de nuestra posición ideológica respecto a España. [...] El reconocimiento del Consejo de Galicia por los gobiernos de Euzkadi y Cataluña tendrá un valor extraordinario, pues si moralmente somos equiparables, jurídicamente no somos la misma cosa, ya que vosotros habéis realizado la voluntad de gobierno propio entanto que nosotros sólo la hemos expresado, de cuya diferencia se aprovechan los centralistas, directamente contra Galicia e indirectamente contra el régimen de autonomías. [...] Ideológicamente estoy dispuesto a considerar el separatismo con todas sus consecuencias, porque soy nacionalista; pero en este punto ya no me atrevería a representar a la Galicia actual, sino a una Galicia potencial. recuerdo que al principio de nuestras campañas los galleguistas avanzábamos tanto con el pensamiento que al volver la mirada hacia atrás nos encontrábamos solos. Entonces adoptamos una táctica posibilista, que consistía en avanzar cautelosamente, destacándonos de los demás gallegos. Si alguien nos acompañaba retrocedíamos con él para tomar contacto con los demás y repetir el mismo avance. Así con este procedimiento, hemos reconquistado el sentimiento diferencial de nuestro pueblo frente a Castilla y el anhelo de una vida libre; pero la opinión que hoy nos acompaña aun no está preparada como para abrazar, sin mas ni mas, el separatismo [...] España o Iberia? He aquí una cuestión adjetiva, politicamente vidriosa, que tu me planteas de soslayo sin dejar de advertirme que los vascos prefieren la palabra Iberia [...] Todos los portugueses son partidarios de la “alianza peninsular”, pero no de la “Unión ibérica”, y creo que la idea de una Confederación sería viable en cuanto Castilla dejara de ser señora de España [...] De Galeuzca, pues, depende la incorporación de Portugal a una soberanía peninsular concertada [...] Para nosotros tu eres la cabeza de Galeuzca y como tal te debemos respeto, en cuyo sentimiento entra la confianza que tu persona nos inspira [...]. (Castelao. Obras. Vol. 6 Nº 199. Galaxia. 2000).

Co gallo dunha viaxe de negocios que Rodolfo Prada vai facer por varios países hispanoamericanos, Castelao redacta a seguinte carta-credencial dende Buenos Aires (12 de agosto): Como xefe circunstancial do galeguismo político –democráticamente autorizado e recoñecido pol-a inmensa coleitividade galega da Arxentina e do Uruguai- deposito a miña absoluta confianza no irmán Rodolfo Prada e delego n-él a mesma autoridade que a min se me outorgou, para que me represente, ante quenqueira que sexa, nos diferentes paises de América que vai a percorrer. Prégolle moi encarecidamente a todol-os irmáns galegos –en especial aos de Chile, Cuba e México- que faciliten, con decidido patriotismo, a misión que Prada vai a desempeñar no meu nome e para ben da nosa Terra. Saude e liberdade. ('Castelao. Obras'. Vol. 6 Nº 200. Galaxia. 2000).

Con data de 17 de novembro, Castelao diríxese por carta a Carles Pi i Sunyer : Ya le comuniqué a V., por cablegrama, la constitución del Consejo de Galicia, que viene a satisfacer una necesidad largamente sentida y cuidadosamente estudiada. No necesito decirle que, aparte los fines privativos del galleguismo, nos ha incitado el interés de Galeuzca, cuyo porvenir depende, tal vez, de una pronta intervención en el caos constituyente de España [...] (Castelao. Obras. Vol. 6 Nº 202. Galaxia. 2000).

Dende Buenos Aires, Castelao escribe unha extensa carta a José Antonio Aguirre en New York (28 de novembro): Ya te comuniqué, por telégrafo, la constitución del Consejo de Galicia, sobre las bases que previamente te dí a conocer [...] Vosotros sois los fuertes, y a mí no me duele el corazón al decirte que nos resignamos a ocupar un tercer puesto [...] Vais a prestarnos un gran servicio, porque al equiparar Galicia a Euzcadi y Cataluña no sólo se hará posible la libertad de mi patria, sino que avanzaremos inmediatamente en la conquista interior del pueblo gallego –en su conciencia íntima- acortándose el plazo que necesitamos para eliminar los obstáculos que acumularon los siglos [...] La Delegación vasca de aquí ya te habrá comunicado mis relaciones con un grupo de amigos portugueses –gente muy importante que concuerda con nosotros- y espero que pronto me veré con ellos. [...]. En cuanto al delegado nuestro para el secretariado de París, yo pienso en dos diputados gallegos que allí quedaron: Portela Valladares y Martínez Risco [...] (Castelao. Obras. Vol. 6 Nº 203. Galaxia. 2000).

Dende Buenos Aires, (30 de novembro), Castelao escribe a Germán Vidal: [...] Particípoche que o novo pacto de Galeuzca xa está escrito e aprobado pol-as tres partes, e a súa publicación causará agradable sorpresa no campo democrático hespañol, debido aos términos conciliadores en que se inspira [...] Non hai dúvida de que para equipararmos aos cataláns e vascos era indispensable crear o Consello de Galiza, e creámolo. [...] Por eso eu me dirixo a ti, coa sinxeleza d-un home de ben, que, por fatalidade se vé obrigado a presidir unha campaña de gran trascendencia, rogándoche, moi encarecidamente, que te incorpores â Delegación de Chile d-un modo efeitivo e oficial, dende cuia Delegación nos prestarás un enorme servicio. [...] O momento escepcional en que vivimos non é cousa de partidos, é cousa de povos [...] (Castelao. Obras. Vol. 6 Nº 204. Galaxia. 2000).

Dende Buenos Aires, Castelao escribe a Xoán López Durá en México (5 de decembro): Aínda non chegou Prada, que o agardamos con impaciencia para ensanchar o noso radio de aición, sabendo a concencia o que compre facer. Soio sabemos, por unha postal súa, que ti quedaches ao frente da Delegación Galega que nos representa en Galeuzca de México, cousa que nos enche de ledicia. E sen saber máis, escríboche por conduto dos vascos para encomendarche unha misión, que espero compriredes sen demora. Xa está escrito e aprobado por nós o novo pacto de Galeuzca, que será firmado pol-os tres Presidentes e que axiña se dará a coñecer. [...] Creo que en México están cinco diputados galegos: Bibiano F. Osorio Tafall, Alexandro Viana Esperón, Alfonso Pazos Cid, Edmundo Lorenzo Santiago e Pedro Longueira Patiño [...] Si coñecese a fondo a postura política de cada un –no eixilio sófrense mudanzas increibles- escribirialle co corazón aberto. [...] Compre que os cinco diputados galegos reciban unha copia da acta, acompañada d-unha carta firmada por ti, como Delegado do Consello. Na tua carta dirás que eu non me dirixo direitamente a eles por descoñecer a súa direición [...] (Castelao. Obras. Vol. 6 Nº 205. Galaxia. 2000).

O 14 de decembro Castelao dirixe dende Buenos Aires unha extensa carta ao Partido Galeguista no interior: Meus queridos irmáns: Envíovos unha copia da acta de constitución do Consello de Galiza. [...] A creación do Consello de Galiza era obrigada para equipararnos aos vascos e cataláns, politicamente, e para poder firmar o novo pacto de Galeuzca, que xa non é un convenio de partidos senon de Gobernos [...] Debo decirche que me puxen á fala coa representación máis pura da democracia portuguesa [...] Son políticos moi avezados ao xogo internacional e teño a evidencia que eles son os que gobernarán en Portugal en canto caia o dictador.[...] Podemos aceptar a Constitución do 31 como punto de partida; pero endexamais como tope das nosas aspiracións. [...] Se fose doado restaurar normalmente as institucións republicáns e, por consiguente, os Estatutos de Cataluña i Euzkadi, nós pediríamos a promulgación do Estatuto Galego, de modo que as tres autonomías comezaran a funcionar na mesma hora. [...] Hespaña non é única e indivisible porque é plurinacional, e, pol-o tanto, non debe ser único e indivisible o seu poder público e a súa soberanía. [...] Os problemas básicos de Hespaña sóio se poden resolver de dous modos: ou coa federación ou coa separación. Nós, os galegos, somos partidarios da federación hespañola, que terá de ser tan honestamente respetuosa que poida atraer a Portugal [...] Sempre procedimos como galeguistas, pero galeguistas de ningún partido ou de todol-os partidos, porque eu entendo que no eisilio os partidos carecen de obxeto e fin [...] Para rematar quero facervos unha confesión. Os meus tres albums de guerra déronme sona e creto internacional, pois algún d-eles publicouse en varias linguas, incluso en chino. Sen disfroitar de enchufes comprin como bó. As miñas campañas de Norte América e Cuba foron intensas e proveitosas, para o republicanismo e o galeguismo. Asi foi que as Irmandades de América, por iniciativa do Grupo galeguista de Bós Aires nomeáronme xefe do Partido, por entender que era precisa unha cabeza autónoma para rexir provisionalmente o noso movimento [...] Pero ante vós eu son aquel home que obedecía en todo canto o Partido me ordeaba, e ante vós eu sóio aspiro a que me teñades como un dos “bós e xenerosos” [...] (Castelao. Obras. Vol. 6 Nº 206. Galaxia. 2000).

Sumarios

Flag CPLP.gif Cataluña Flag of Spain Outras culturas

Nobel


PREMIO NOBEL DE LITERATURA: Johannes V. Jensen

Flag CPLP.gif CPLP - Comunidade dos Países de Lingua Portuguesa

Nacen



Morren:

  • Eugénio de Castro (1869 Coimbra).



Ve a luz en Cabo Verde a revista “Certeza”.


Agostinho da Silva: Conversação com Diotima.


Alberto de Serpa: Poesia (antoloxía).


Andrée Crabbé Rocha: O teatro de Garrett.


António Botto: O Libro do Povo.


António Correia de Oliveira: Saudade nossa.


António de Sousa: O náufrago perfeito.


Aquilino Ribeiro: Wolframio.


Camilo Pessanha (1867-1926): China (poesía).


Carlos Drummond de Andrade (Brasil): Confissões de Minas.


Carlos de Oliveira: Alcateia.


Carlos Queiroz dirixe en Lisboa a revista “Litoral”.


Clarice Lispector (Brasil): Perto do coração selvagem.


Fernando Monteiro de Castro Soromenho (Angola): Mistérios da terra.


Fernando Pessoa (1888-1935): Obras Completas de Fernando Pessoa. II Poesias de Álvaro de Campos.


Fidelino de Figueiredo: Um Pobre Homem da Póvoa de Varzim.


Francisco Costa: Primavera cinzenta.


Guilherme Moniz Barreto (1863-1899): Ensaios de Crítica (reunidos por Vitorino Nemésio).


Jacinto do Prado Coelho: A Poesia Ultra-Romântica.


Jaime Cortesão: Cabral e as origens do Brasil.


João Sarmento Pimentel: Terra ardente.


Joaquim Paços d’Arcos: O Caminho da Culpa (romance).

José Osório de Oliveira: Contos brasileiros; Pequena antologia da moderna poesia brasileira; Literatura africana; História breve da literatura brasileira (Nova edición revisada e aumentada) e Exame da vida portuguesa (artigos. Edições Ultramar). Neste último libro aparece o artigo “A propósito de Timor” no que escrebe: “Se a literatura clássica espanhola se conserva tão viva que no Quijote ou nos picarescos do Lazarilho de Tormes a El sombrero de tres picos, de Alarcón, encontramos o retrato de uma Espanha que não é só de ontem, mas de hoje e de sempre; se a comédia dramática de Lope de Vega: Fuente Ovejuna –espelho da paixão espanhola -, parece reflectir um episódio da última guerra civil, é porque o povo da Espanha profunda, mas limitada, continua igual a si próprio e fiel às suas raízes. É verdade que, para essa literatura se conservar assim, contribuiu, também, o facto de mais do que nenhuma outra literatura europeia, se manter em íntimo contacto com a vida popular. Mas Gil Vicente, embora tenha andado tão próximo do povo, não exprime o que somos hoje. Porqué? Já o dissemos: “porque, depois dêle, Portugal fez como Fernão Mendes Pinto: misturou-se com o Mundo, por tôda a parte repartindo pedaços da sua alma (para adoptar a imagem camoneana), e de tôda a parte trazendo novos elementos para a amálgama que é o seu carácter nacional”.


Lêdo Ivo (Brasil): As imaginações.


Luiz Francisco Rebello: A invenção do guarda-chuva (con José Palla e Carmo).


Lygia Fagundes Telles (Brasil): Praia viva.


Manuel de Lima: Um homem de barbas.


Manuel Ferreira: Grei.


Maria Archer: Ela é apenas Mulher.


Mário Braga: Nevoeiro.


Mário Dionísio: O Dia Cinzento (conto).


Mário Sacramento: Retrato de Eça de Queirós.


Miguel Torga: Novos Contos da Montanha e Libertação (poesía).


Murilo Mendes (Brasil): As Metamorfoses e O Discípulo de Emaús.


Pedro Homem de Melo: Príncipe Perfeito (poesía).


Políbio Gomes dos Santos (1911-1939): Voz que Escuta (poesía).


Sophia de Mello Breyner: Poesía.


Vasco de Magalhães Vilhena: Filosofia e cultura.


Vergílio Ferreira: Onde Tudo Foi Morrendo.


Vitorino Nemésio: Mau Tempo no Canal.




Cataluña


Nacen:

Morren:

  • Salvador Guinot (Castelló de la Plana; ibídem 1866).

Publicáronse as “Obras Completas” de Verdaguer, aínda que falanxistas do SEU de Barcelona queimaron exemplares desta edición.


Aparece a revista “Poesia” (1945), dirixida por Josep Palau i Fabre.


Joan Brossa: El cop dessert (teatro).


Josep Ferrater Móra: Les formes de vida catalana.


Josep Pla: El pintor Joaquín Mir.

Flag of Spain

Nacen:



Morren:

  • Manuel Chaves Nogales (Londres; 1897 Sevilla).
  • Miguel Asín Palacios (1871 Zaragoza).
  • Joaquín Álvarez Quintero (1873 Sevilla).



Comeza a publicarse en León a revista “Espadaña”.

Tamén aparece “Entregas de poesía”.


No número de maio da revista “Garcilaso” (1943-1946), dirixida por José García Nieto, inclúese a tradución feita por Rafael Morales do poema de Pessoa “Cualquier música”.


Alejandro Casona: La dama del alba.


Alonso Quesada (1885-1925): Los caminos dispersos.


Camilo José Cela: Nuevas andanzas y desventuras de Lazarillo de Tormes.


Dámaso Alonso: Hijos de la ira e Oscura noticia.


García Nieto: Poesía e Tu y yo sobre la tierra.


Ignacio Agustí: El viudo Rius.


José Luis Hidalgo: Raíz.


Julián Ayesta: La ciudad lejana (teatro).


Leopoldo Panero: La estancia vacía.


Luis Cernuda: Como quien espera el alba.


Max Aub: Morir por cerrar los ojos e No son cuentos.


María Teresa León: La historia tiene la palabra (Noticia sobre el salvamento del tesoro artístico de España) (Buenos Aires).


Paulino Masip: El diario de Hamlet García.


Pedro Laín Entralgo: Menéndez Pelayo.


Rafael Alberti: El adefesio.


Vicente Aleixandre: Sombra del paraíso.


Vicente Gaos: Arcángel de mi noche.


Victoriano Crémer: Tacto sonoro.





Máis culturas:


Nacen:

  • Anna Ferrari (Roma; 2023). « ... as bágoas de Anna Ferrari tiñan o sal da ría de Vigo e o recendo da illa de san Simón » (Xesús Alonso Montero "Anna Ferrari : elexía"; La Voz de Galicia 11 /8/2023).
  • Bernhard Schlink (Bielefeld, Alemaña).
  • Elisabeth Badinter (Boulogne-Billancourt).
  • Morris Berman (Rochester, New York).
  • Richard Ford (Jackson, Mississippi).
  • Tahar Ben Jelloun (Fez, Marrocos).
  • Ulrich Beck (Stolp; 2015).
  • W. G. Sebald (Baviera; 2001 Norfolk).

Morren:.

  • Luis Lloréns Torres (Santurce; 1876 Juana Díaz, Puertorrico).
  • Antoine de Saint-Exupéry (en misión aérea; 1900 Lyon).
  • Filippo Tommaso Marinetti (Bellagio; 1876 Alexandría).
  • Romain Rolland (Vézelay; 1866 Clamecy).



Cintio Vitier: Experiencia de la poesía.

Jorge Luis Borges: Ficciones.


José Revueltas: Dios en la tierra.


Pablo Neruda: Canto general.




Bertolt Brecht: El círculo de tiza caucasiano.


Curcio Malaparte: Kaputt.


Giani Stuparich: L’altra riva.


Jean-Paul Sartre: Huis Clôs.


Julius Pokorny: Antigas poesías celtas (Berna. Traducido ao galego no 1952 por Ramón Piñeiro e Celestino Fernández de la Vega co título Cancioeiro da poesía céltiga.


Louis Aragon:Aurélien.


Paul Eluard: Au rendez-vous allemand.


Saul Bellow: Dangling man.


Tennesse Williams: The glass menagerie (teatro).



Tamén sucedeu...

  • Nace o director de cine Eliseo Subiela (Buenos Aires; 2016).
  • “Ley de Contrato de Trabajo”.
  • Regreso da División Azul.
  • Conmutación de penas aos vencidos na guerra.
  • “O Maquis ” comeza a actuar.
  • Picasso afíliase ao Partido comunista francés.
  • Créase en España o DNI
  • Os aliados desembarcan en Normandía, no norte de África e en Italia.
  • Contraofensiva alemana nas Árdenas.
  • Roosevel presidente dos EEUU por cuarta vez.
  • A Cruz Vermella recibe o Premio Nobel da Paz.
  • Morre o pintor Mondrian (New York; 1872 Amersfoort).