1943

De Xulipedia
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Flag of Galicia (civil).svg Cultura galega

Nacementos/Pasamentos

Child in diaper icon Nacementos
Literatura
Ánxeles Penas García (Teixeiro, Curtis).
Carlos Durán Rodríguez (Madrid; 2023 Vigo).
Francisco Sesto Novás (Vigo)
Manuel Lourenzo Pérez (Ferreira de Valadouro).
Maximino Cacheiro Varela (A Coruña; 2020 Vigo).
Perfecto Conde Muruais (Xinzo, A Pontenova).
Xesús Franco González (Vigo).
Outros
O economista Ramón López Suevos (O Ferrol).
O economista Juan Ramón Quintás Seoane (A Coruña).
O debuxante e ilustrador Xaquín Marín Formoso (Ferrol).
O artista plástico e xornalista Siro López Lorenzo (Ferrol).
O pintor e gravador Manuel Facal (Carballo, A Coruña; 2024).
O pintor Alfonso Costa Beiro (Noia).
O pintor Xosé Luís de Dios (Ourense; 2010 Tui).
O pintor José María Lugilde Pena (Lugo).
O tallista e escultor Xosé González Lorenzo (Ribadavia).
O filósofo Felipe Martínez Marzoa (Vigo).
O compositor Nemesio García Carril (Sobrado dos Monxes).
O catedrático de latín José Luis Moralejo Álvarez (Santiago).
O antropólogo Tito Antonio Varela López (O Sabiñao; 2023 Escairón).
O escritor e periodista Ignacio Ramonet Míguez (Redondela).
David Mackenzie (Sutton-Ashfield, Nottinghamshire; 2016 Santiago de Compostela). Investigador decisivo na creación e expansión dos estudos galegos no mundo académico anglófono e internacional. Fundador dos centros de estudos galegos nas universidades de Birmingham e Cork. Pedrón de Ouro no 1994 e Premio da Cultura 2014. Membro correspondente da Real Academia Galega. Socio de honra da Asociación Internacional de Estudos Galegos.
O actor Ernesto Chao Pino (Ribadavia; 2018 Santiago de Compostela).
O atleta Javier Álvarez Salgado (Vigo).
Skull.png
Pasamentos
Literatura
César Abellás Vázquez (Lugo; 1873 O Carballiño).
Eduardo Jorge Bosco suicídase nas augas do Río da Plata (Buenos Aires; ibídem 1913). Ver 1952 e 1994.
Lisardo Rodríguez Barreiro (Vilagarcía; 1862 Noia).
Luis Tobío Campos (Santiago; 1861 Lamiño, Brión).
Outros
O líder agrarista Basilio Álvarez (Florida; 1877 Ourense).
O historiador e arqueólogo Federico Maciñeira y Pardo de Lama (Ortigueira; 1870 Santa María de Mogor).
O pintor Eduardo de la Vega (Ferrol; 1859 A Coruña).
O militar e estudoso da agricultura Valeriano Villanueva Rodríguez (Santiago de Compostela; 1865 Pontedeume).

Publicacións

Galegas

Pol-os mares da vida as nosas naves

-ti garrida goleta i eu navío-

ancoraron no PLATA, no gran río,

recollendo o velorio como as aves.

  • Castelao : “A nosa door e a nosa fe” (“A Nosa Terra”, nº 428).
  • Emilio Pita : “A Lois Seco Piñeiro” (Poema no nº 428 de “A Nosa Terra”).
  • J. R. Vázquez: “O idioma galego e a escola” (“A Nosa Terra” nº 428).
  • Pura Vázquez : Peregrino de amor (Poemas en galego e castelán. Imprentas militares do Tercio. Larache) e Márgenes veladas (Deputación de Ourense).
    Cancioneiro da loita galega.jpg
  • Reedítase en Madrid co selo da Librería y Editorial Casa Hernando o volume I das Obras completas de Manuel Curros Enríquez , que contén sen supresións Aires da miña terra e O divino sainete. É a sexta edición (1908, 1911, 1917, 1922 e 1929) deste primeiro volume das “Completas”, promovida probablemente, segundo Alonso Montero polo fillo de Curros, Adelardo, persoa pouco problemática para os poderes. Só están ausentes as páxinas do Proceso, certas notas e dúas cartas, supresións que non se deben a razóns políticas. Segundo Xosé Manuel Dasilva en "Rosalía, Pondal e Curros diante da censura", artigo publicado na revista “Grial” nº 181, a instancia de permiso foi presentada pola editorial o 12 de novembro, é dicir, non interveu directamente o fillo de Curros. No impreso da resolución figuraba a seguinte advertencia: “Los impresos autorizados no podrán ser puestos en circulación sin el previo envío a esta oficina de cinco ejemplares a efectos de control. Queda prohibido poner visado por la censura. Solamente se admite en los libros escolares la fórmula aprobado por la Autoridad”. No expediente de censura figura que houbo unha denuncia da que se garda o escrito que di: “El autor de esta obra ha merecido la más rotunda excomunión pública. O divino sainete es una colección de blasfemias, así como las poesías tituladas “Mirando o chau” y “A igrexa fría”. La titulada “Diante de unha imaxe de Íñigo de Loyola” no solo injuria al Santo con los más horrendos dicterios, sino que dice que es hijo de la coyunda de la adúltera esposa del Cantar de los Cantares y del demonio. El libro está plagado de las mayores infamias para la Iglesia y para el Pontificado. Y es tremendo que esa obra gallega, que llegó a ser prohibida en los tiempos liberales de la Monarquía por su infamia para la Iglesia y el Estado, haya podido ser publicada hoy”. A continuación sinálase nunha nota: “Autorizada su publicación el 13 de noviembre de 1942, sin que en el expediente aparezca informe alguno de censor. Contiene poesías inmorales, antirreligiosas y blasfemas” (“Grial” nº 181).
  • O Partido Galeguista publica en México o Cancioneiro da loita galega (Delgado Gurriarán, Ramón Rey Baltar, Ramón Cabanillas Álvarez, Emilio Pita...); reeditado en 1996 por Ediciós do Castro. O prólogo, anónimo, é de Cabanillas Álvarez, quen tamén publica o soneto en galego “A un miliciano”. De Delgado Gurriarán aparece entre outros, o poema " Falan castelán", asinado co pseudónimo "Nadel" (agulla en alemán).
  • O 25 de xullo publícase en Buenos Aires o nº 428 de “ A Nosa Terra ”. Periódico galego. Faise referencia ao papel representado por Galicia no gran mitin republicano de Montevideo e ao acto de Buenos Aires para conmemorar o 7º aniversario do Plebiscito da autonomía de Galicia.
  • En México, Francisco Mendoza publica “Loita”, considerada a segunda etapa do “Boletín galego de informazón” editado pola Comisión Galega do PC de Hespaña (sic). Trátase da primeira publicación dun grupo comunista escrita totalmente en galego.

Relativas a Galicia

  • Aparece en Pontevedra a revista mensual “Finisterre” con Celso Emilio de redactor-xefe e Emilio Canda de director. Levaba o subtítulo de “Revista de Galicia” (Ver 1946).
  • En Vigo aparece a revista quincenal de estudos poéticos “Númen”, dirixida por Julio Sigüenza Raimúndez .
  • En Buenos Aires ve a luz a revista “Lugo”, subtitulada “Órgano oficial del Centro Lucense” e dirixida por Alfonso Díaz Trigo.
  • Eduardo Lence-Santar Guitián edita en Mondoñedo o 25 de decembro o único número de “Nadal”, subtitulado “Los villancicos del glorioso nacimiento de Nuestro Señor y Redentor Jesucristo”.
  • Fole escribe en “El Progreso”, na sección “Kaleidoscopio de Lugo”.
  • José Canedo: Resumen de literatura sánscrita (Consejo Superior de Investigaciones Científicas).
  • Luís Seoane funda con Lorenzo Varela e Arturo Cuadrado a revista quincenal en castelán "Correo Literario" (40 números dende o 15 de novembro ata novembro de 1945).
  • Álvaro Fernández Suárez:Cosas vistas y oídas(Montevideo).
  • Emilio Sáez Sánchez:Cartas de población del Monasterio de Meira(Madrid).
  • Francisco Leal Insua:Pastor Díaz, príncipe del romanticismo(biografía).
  • Hipólito de Sa Bravo:Sin luz: Sentires íntimos saturados de lágrimas y amores(poemas).
  • Joaquín Calvo Sotelo:Cuando llegue la nocheeLa última travesía.
  • José Díaz Jácome:La huella del ángel.
  • Juan López Soler:Peregrinaciones. Caminos de peregrinos. Santiago de Compostela(Madrid).
  • Lino Novás Calvo:Un dedo encima.
  • Lorenzo Varela:Actualidad de la obra crítica de Baudelaire(Buenos Aires).
  • Luciano Taxonera y Vivanco:Mi amigo el soldado Kanya.
  • Pedro Blanco del Pueyo :Heroídas. Cartas apócrifas de mujeres novelescas(Barcelona).
  • Ramón María Aller Ulloa:Introducción a la Astronomía(Madrid).
  • Gamallo Fierros:Aportación de Lugo y su provincia a la literatura galaico-castellana.
  • Lorenzo Varela traduce para a editorial de Buenos Aires “Poseidón” o libro no que o pintor francés Gauguin (1848-1903) conta as súas experiencias en Tahití, co título Noa Noa. La isla feliz.
  • Rafael Dieste: Historias e invenciones de Félix Muriel (Ilustrado por Seoane. Edit. Nova, Buenos Aires. “Grial” nº 78, páx. 503).
  • Ramón Otero Pedrayo: Vida del doctor don Marcelo Macías (A Coruña) e Guía de Santiago de Compostela (Santiago).
  • Vicente Risco: Los “nubeiros” o tempestarios de Galicia (Boletín del Museo de Orense) e “El fin del mundo en la tradición popular gallega” (Boletín de la Comisión de Monumentos de Ourense).
  • Xavier Bóveda:Cartas a una mujer.
  • Xesús Calviño de Castro:Hojas dispersas.

Acontecementos

  • Díaz Pardo profesor na Escola de Belas Artes San Jordi de Barcelona.
  • Lueiro Rey obtén praza como funcionario en Pontevedra e casa con Maruxa Lores.
  • Manuel Daniel Varela Buxán: estréase no Teatro Artigas de Montevideo pola Compañía Juan Leal a súa obra en castelán Gracias, padre Ramón.
  • Eugenio Montes, director do Instituto Español de Lisboa (1943-1950).
  • Cunqueiro dase de baixa en F.E.T y de las J.O.N.S.
  • María Mariño Carou marcha a Arzúa polo destino do seu marido Roberto Pose Carballido.
  • En xaneiro fúndase o Centro Lucense de Buenos Aires.
  • Son creadas as Contra-partidas, pola Falanxe e a Garda Civil (Garda civís, criminais, bandoleiros, falanxistas e antigos soldados da División Azul).
  • Rubia Barcia deixa Cuba para emprender a longa aventura norteamericana.
  • O 18 de abril, no estadio Centenario de Montevideo, Castelao fala ante máis de cincuenta mil persoas, nun mitin na conmemoración do décimo segundo aniversario da proclamación da Segunda República Española. No acto participaron Augusto Barcia, expresidente do Consello de Ministros, o xeneral Miaja, Diego Martínez Barrio, presidente das Cortes. No nome de Cataluña falou Manuel Serra Moret e no de Euskadi Ramón María de Aldasoro. Castelao di entre outras cousas: “…vengo a este acto republicano y españolísimo, como diputado de Galicia e intérprete del sentir y pensar de la mayoría de gallegos, para proclamar que somos españoles porque somos gallegos, pues si no fuésemos gallegos no seríamos nada. Galicia tiene una personalidad intransferible, que se revela en su morfología social y económica, en su derecho consuetudinario y, por ende, democrático, en su lengua, en su cultura y, también en su voluntad de existir manifestada a través de muchos siglos y últimamente en el plebiscito autonomista del día 28 de Junio de 1936…”. (Manuel Meilán Martínez: “Castelao en Montevideo”).
  • Luís Iglesias de Souza funda e dirixe na Coruña a agrupación artística “La Farándula”.
  • O músico Gustavo Freire estrea en Lugo a zarzuela Non chores, Sabeliña, con letra de Trapero Pardo.
    Non chores sabeliña.jpg
  • Eduardo Dieste nomeado cónsul en San Francisco.
  • Xosé Rubia Barcia, que estaba en Cuba dende 1939, onde impartía a docencia, trasládase a EEUU por iniciativa de Américo Castro.
  • Fundación de FENOSA por Pedro Barrié de la Maza.
  • O 14 de abril, Franco inaugura a liña férrea Santiago - A Coruña e o 15 de agosto a Escola Naval Militar de Marín.
  • Antonio Román dirixeLa casa de la lluvia e Intriga.

Premios

Mail-client-Breeze-Icon.svgEpistolario

Ramón Cabanillas Álvarez escribe a Castelao dende México D. F. con data de 8 de maio: “… Disde logo teño a invitación para dar unha conferencia i estouna retrasando, por non saber se “meterei a pata” cando chegue a falar da posición política do Partido nos intres autuaes. De forma concreta intrésanos os seguintes puntos: Posición do Partido Galeguista. – Estado das relacións con vascos e cataláns. –Estado das relacións cos Partidos políticos hespañoles. –Posición do Partido Galeguista antes os comunistas. –Posición do Partido ante a posibilidade d’un Goberno Martínez Barrios, ou de outro político hespañol que formase Goberno. –Posición concreta con respeuto ao separatismo de vascos e cataláns. Todo esto, como dígoche, intrésanos sobremaneira, pois as aitividades políticas dos refuxados en México son moi grandes e nós non podemos estar calados.… Non son partidario da colaboración cos comunistas, porque son uns homes que endexamais compren os compromisos contraídos e que todo o supeditan aos mandados segredos da súa orgaización e cuios segredos non confían a ninguén… Esta posición miña a comparten Delgado, Illa e outros rapaces que non se deixan domeñar por ninguén e que teñen unha clara concencia de que o Partido Galeguista sóbrase a si mesmo pra definir a política comenente á nosa Terra, e o prestixio suficiente pra ser a primeira voz nos asuntos galegos”. (“Grial” nº 201; 2014).


Con data de 6 de novembro Vicente Risco escribe a Carlos de Passos: (…) Comprendo que es imperdonable, pero hace mucho tiempo que no escribo a nadie, salvo caso de necesidad extrema, y que he dejado infinitas cartas sin contestar. No por mala voluntad, sino por aplazamiento que, después, una suerte de incapacidad invencible va dilatando indefinidamente. (…) Lo principal es la verdad patente y que casi no hace falta mencionar, de que la vida de todos ha variado profundamente, ya que no estamos en el mismo mundo en que nos hemos conocido. (…) A impulso de la necesidad porque a diferencia de lo que antes acontecía, y sin que esto haya sacado a uno de pobre, ahora cobro mis artículos.(Patricia Arias Chachero: “O historiador portugués Carlos de Passos e a súa relación cos intelectuais galegos”; “Grial” nº 227; 2020).

Con data de 29 de novembro, Castelao escribe desde Buenos Aires a José Antonio Aguirre en New York: [...] Los galleguistas estimamos que tú eres la cabeza indiscutible de “Galeuzca”, pues habiendo muerto Companys y no habiéndose promulgado el Estatuto de Galicia y, por lo tanto, no habiendo tenido nosotros un Gobierno propio, es evidente que tu persona adquiere una autoridad máxima entre las personalidades de nuestro grupo. [...] Empezaré manifestándote nuestro pensamiento acerca de los cuatro puntos neurálgicos de la cuestión republicana: 1º Constitución de 1931 [...] 2º Gobierno provisional [...] 3º Soberanía nacional [...] 4º República federal [...] (Obras Castelao. Vol. 6. Nº 191 Galaxia 2000).

Sumarios

Flag CPLP.gif Cataluña Flag of Spain Outras culturas

NobelPREMIO NOBEL DE LITERATURA: Non entregado a causa da Segunda guerra mundial

Flag CPLP.gif CPLP - Comunidade dos Países de Lingua Portuguesa

Nacen





Morren:

  • Rui de Noronha (Maputo; ibídem 1909).





Afonso Ribeiro (Mozambique): Aldeia.


Alberto de Serpa: Fonte (poesía).


Álvaro Ribeiro: O problema da filosofia portuguesa.


Alves Redol: Avieiros.


Antero de Figueiredo: Pessoas de bem.


António Aleixo: Quando começo a cantar.


António Correia de Oliveira: No refúgio e Elogio da monarquia.


António de Sousa: Sete luas.


Armindo Rodrigues: Voz arremessada ao caminho.


Carlos de Oliveira: Casa na Duna.


Carlos Selvagem: Dulcineia ou a última aventura de Dom Quixote.


Domingos Monteiro: Enfermaria, Prisão e Casa Mortuária (conto).


Fernando Monteiro de Castro Soromenho (Angola): Sertanejos de Angola e Rajada e outras histórias.


Fernando Namora: Fogo na Noite Escura. (No 1963 a editorial Seix Barral fará unha tradución ao castelán titulada Fuego en la noche oscura).


Fernando Pires de Lima: Romanceiro Minhoto.


Francisco Costa: A garça e a serpente.


Geraldo Bessa Victor (Angola): Ao som das marimbas (poesía).


Hernâni Cidade: A Literatura Portuguesa e a Expansão Ultramarina. As ideias, os Sofrimentos; as Formas de Arte.


João Cabral de Melo Neto (Brasil): Os Três Mal-Amados.


Joaquim Namorado: Vida e obra de Federico García Lorca.


Jorge Amado (Brasil): Terras do Sem-Fim (romance).


José Lins do Rego (Brasil): Fogo morto (narrativa).


José Marmelo e Silva: O Sonho e a Aventura.


José Osório de Oliveira: Aspectos do romance brasileiro.


Manuel da Fonseca: Cerromaior.


Manuel Laranjeira (1877- 1912): Cartas.


Miguel Torga: Lamentação (poesia).


Nelson Rodrigues (Brasil): Vestido de Noiva (teatro).


Tomaz Kim: Os quatro cavaleiros.


Vasco de Magalhães Vilhena: Filosofia e História.


Vergílio Ferreira: O Caminho Fica Longe e Sobre o Humorismo de Eça de Queiros.


Vinícius de Moraes (Brasil): Cinco elegias.


Vitorino Magalhães Godinho: Documentos sobre a expansão portuguesa (3 volumes 1943-56).






Cataluña


Nacen:


Morren:

  • Adrià Gual (1872 Barcelona).
  • Jaume Massó i Torrents (1863 Barcelona).


En Coyoacán, nace a revista mensual en catalán "Quaderns de l’exili" (1947), financiada por Joan Linares i Dolhom, sendo os directores Joan Sales i Vallès e Lluís Ferrán de Pol.

Carles Riba en Francia, regresa a Catalunya: Elegies de Bierville. Escritas entre 1939 e 1942, publícanse en Barcelona nunha edición reducida, aínda que no pé de imprenta figura Buenos Aires e con data de 1942. No 1949 sairá en Santiago de Chile a primeira edición completa da obra e no 1951 sae a edición completa en Barcelona.



Josep Palau i Fabre: L’aprenent del poeta (poesía) e Pensaments (ensaio).


Miquel Ferrà: Mater amabilis.


Xavier Casp:Volar.

Flag of Spain

Nacen:




Morren:

  • Carlos Arniches (1866 Alicante).
  • Francisco Rodríguez Marín (Madrid; 1855 Osuna).
  • Ricardo León (Galapagar, Madrid; 1877 Barcelona).





Aparece en Madrid a revista "Garcilaso" fundada por José García Nieto.


Alejandro Casona: Prohibido suicidarse en primavera.


Camilo José Cela: Pabellón de reposo.


Dionisio Ridruejo: Sonetos a la piedra e Fábula de la doncella del río.


Enrique Jardiel Poncela: Blanca por fuera y rosa por dentro.


Fernando Díaz- Plaja: Teresa Cabarrús.


Gerardo Diego: Poemas adrede.


Ignacio Agustí: Mariona Rebull.


José María Pemán: Hay siete pecados.


José Suárez Carreño: Edad del hombre.


Juan Antonio de Zunzunegui: ¡Ay, estos hijos!.


Juan Gil-Albert: Las ilusiones.


Julián Ayesta: El tímido Serafín (teatro).


León Felipe: Ganarás la luz…


Max Aub: Campo cerrado.


Rafael García Serrano: La fiel infantería.


Rafael Morales. Poemas del toro.


Torrente Ballester: Javier Mariño.


Wenceslao Fernández Flórez: El bosque animado.





Máis culturas:


Nacen:




Morren:.

  • Gertrud Kolmar (Auschiwitz; 1894 Berlín).


Cintio Vitier: Sedienta cita.

Emilio Ballagas: Nuestra Señora del Mar.


José Revueltas: El luto humano.


Juan Carlos Onetti: Para esta noche (prosa).


Sebastián Salazar Bondy: Bahía del dolor (poemas).


Xavier Villaurrutia: La mujer legítima (teatro) e Invitación a la muerte (teatro).




Eugenio Montale: Finisterre (poesía).


Friedrich Dürrenmatt: Nadal.


Georges Bataille: L‘expérience intérieure.


Hermann Hesse: O xogo dos abalorios (narrativa).

O ser e a nada.jpg


Jean-Paul Sartre: L’être et le méant e Les mouches (Traducido ao galego no 2008 por Xosé Manuel Beiras para Laiovento co título de As moscas).


Marguerite Duras: Les impudents.


Pelham Grenville Wodehouse: The man with two left feet.


Saint-Exupéry: Le petit prince (traducido ao galego por Carlos Casares no 1972).


Stella Gibbons: Ticky.


Tamén sucedeu...

  • CINE:

- Luchino Visconti: Obsesión.


- Akira Kurosawa: A lenda do judo.

  • Picasso: “Mujer en silla de mimbre”.
  • España declárase neutral na contienda europea.
  • Hitler ordena unha política de terra queimada en Rusia, ao iniciarse a retirada alemana.
  • Mussolini destituído; os aliados invaden Italia.
  • Os aliados comezan o bombardeo continuo de Alemaña.
  • Golpe militar na Argentina.
  • Morre o director de cine Jacques Feyder (1888).