1937

De Xulipedia
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Flag of Galicia (civil).svg Cultura galega

Nacementos/Pasamentos

Child in diaper icon Nacementos
Literatura
Herminio Barreiro Rodríguez (Dorrón, Sanxenxo; 2010 Santiago de Compostela)
Xosé Agrelo Hermo (Noia; 2006 Santigo)
Outros
O pintor Juan José Cebral Rodríguez ( Ferrol)
O escultor Víctor Corral (Baamonde; 2021).
O pintor, gravador Xaime Quesada Porto “Xaime Quessada” (Ourense; 2007 Paradela, Ourense).
O pintor Carlos Barcón Collazo (Ferrol).
O arquitecto César Portela Fernández-Jardón (Pontevedra)
O escritor Rodolfo Grande Salgueiro (A Coruña; suicídase en Salamanca 1961)
A profesora e escritora Sara Freijido Fidalgo (Pereiro de Aguiar)
O músico Miguel de Santiago (Miguel Santiago Sánchez Chouza) (Vilagarcía de Arousa; 2019).
O periodista, escritor e guionista de cine Juan Antonio Porto (A Coruña; 2021 Madrid).




Skull.png
Pasamentos
Literatura
Eleuterio Luaña Fernández “Añaul” (Logrosa; ibídem 1913).
Xermán Alonso Hortas (Lugo; ibídem 1881). Médico, padrastro de Luís Pimentel.
Xosé Gómez de la Cueva “Johán Carballeira”(fusilado en Poio; 1902 Vigo).
Outros
O pintor Arturo Fernández Cersa (A Coruña; ibídem 1866).
O escultor e debuxante Rafael de la Torre Mirón (Santiago; 1871 Madrid).
O pintor Silvio Fernández Rodríguez (Ourense; Ribadavia 1859).
O erudito Casto Sampedro y Folgar (Pontevedra; 1848 Redondela).
O fuxido Manuel González Fresco “O Fresco” (perto de Ponteareas).
O arquitecto Daniel Vázquez-Gulias Martínez (A Coruña; 1869 Beariz, Ourense).
O xeógrafo e escritor Fernando Martínez Morás (León; 1885 A Coruña).
O político Luís Espada Guntín (Madrid; 1859 Ourense).
O político comunista Benigno Álvarez González (Maceda; ibídem 1900).

Publicacións

Galegas

  • Nace o 5 de abril, en Barcelona, na imprenta President Maciá, pertencente á Generalitat, a revista “ Nova Galiza ”, co subtítulo de “Boletín quincenal dos escritores galegos antifeixistas”. (Saíron 18 números, o derradeiro en xullo de 1938). No seu primeiro número expón a súa orientación: “Xuntar a vos dos galegos antifeixistas que traballamos pol-a liberdade na Hespaña xa redimida, coa dos hirmáns de fala e de nacencia que vivindo en América non foron aínda trabucados pol-a distancia e pol-o influxo dos que minten en grande escala; decir con eles a verdade e defender a dignidade: velahí, en poucas verbas, as miras conque nace este pequeno boletín”. Está redactada en galego e castelán e os seus principais artífices foron Castelao e Rafael Dieste. Tamén aparecen Ramón Suárez Picallo, Blanco Amor, Basilio Álvarez, Otero Espasandín, Ramón Rey Baltar, Arturo Cuadrado… Os debuxos tratan de denunciar a represión que se vivía en Galicia e eran da autoría de Castelao, Luis Seoane, Arturo Souto , Víctor Cortezo, Ramón Gaya e Colmeiro.
    Nova galiza.jpg

No número do 20 de abril publícase “Unha carta a Oliveira Salazar”, asinada por Alfonso R. Castelao e Ramón Suárez Picallo que remata así: “Pois nós decímoslle que vostede causou o loito de moitas familias galegas por non abrir xenerosamente as portas de Portugal. E decímoslle máis: vostede será para os sobreviventes de Galiza algo menos que un asesiño; será un cómplice de asesiños”. Esta carta aparece reproducida no nº 439 de “A Nosa Terra” (Buenos Aires, xuño de 1945).

E xa que de todo temos

eí vos vai, pra que vos rixa,

o noso xeneral FRANCO,

que vale, se ben se mira,

por todos nós xuntos, pois

ten por todos valentía

e saber, i autoridá

i o que compre ter na vida.

¡Porque naceu no teu chan,

madia levas, Nai Galicia.

“Non está de acordo Xosé Ramón Freixeiro Mato , importante estudioso do poeta. Este especialista afirma nunha nota ó noso poema: “Razóns de carácter fundamentalmente lingüístico, aínda que tamén métrico, estilístico e ideolóxico, lévannos a custionar seriamente tal autoría, a pesar de vir refrendada por Xosé Filgueira Valverde ”. Nas razóns non ideolóxicas non vai descamiñado Freixeiro Mato, pero, verbo das estrictamente ideolóxicas, non hai nos “Xuícios” nada que non poida subscribi-lo cidadán Antonio Noriega Varela, antirrepublicano, antigaleguista, afervoado franquista e ata falanxista”. ( Xesús Alonso Montero : Os poetas galegos e Franco. Estudo e antoloxía. Akal Ediciones, 1997).

  • Castelao trasládase a Valencia. Colabora en “Nova Galiza” (órgano do Partido Galeguista en Barcelona), onde na sección “Loito na nosa terra”, se foron publicando listas das vítimas da barbarie fascista en Galicia, e onde aparecen incorrectamente como asasinados Fole, Ramón Piñeiro, César López Otero e Pepe Pimentel. Colabora tamén en “ Nueva Galicia ”, órgano da Brigada Líster, revista bilingüe subtitulada “Portavoz de los antifascistas gallegos”, que comeza a editarse en Madrid o 17 de maio. Estivo dirixida por José Gómez Gayoso e Manuel Moure. No número 10 do 25 de xullo, Castelao publica o manifesto “Nós” e no nº 15 (29-IX), publica os debuxos de guerra, estampas dos álbumes Atila en Galicia e Milicianos, editados en Valencia (1937) e Nova York (1938). Publica tamén: Galicia Mártir (10 debuxos. Ministerio de Propaganda. Valencia). A segunda edición é de Ediciones Españolas, Madrid – Valencia, e Atila en Galicia (10 debuxos. Comité Nacional de la CNT). Tamén en Valencia.
  • Florentino Barreira García: “A memoria d’o Xeneral Mola” (Vallibria. Mondoñedo):

“Morréu o Xeneral Mola

sin acabar c-os canallas

pro dendes do Camposanto

librará boas batallas”.

  • Herminia Fariña y Cobián : ¡Por España y para España! (El libro del combatiente). Contén catro composicións en galego, entre elas os versos “Meus irmáns galegos de todolos frentes”. (Talleres Tipográficos Faro de Vigo).
  • En Madrid aparece o 1 de agosto a revista bilingüe “ El Miliciano Gallego ”, promovida por Santiago Álvarez. Subtitulábase “Órgano del Cuarto Batallón de la Primera Brigada Mixta de Lister”.

Relativas a Galicia

  • Álvaro Cunqueiro : publica en “Era azul” o 7 de xaneiro o artigo “Miguel de Unamuno”: “…é unha especie de oración que se publica ós sete días da morte do gran escritor. ¿Sabía Cunqueiro que as derradeiras palabras públicas de don Miguel foran “Venceréis, pero no convenceréis”, dirixidas case temerariamente, ás autoridades franquistas, na Universidade de Salamanca, o 12 de outubro de 1936?”. O 15 de abril, tamén en “Era azul”, escribe “A la anchura del César”: Quisiéramos poder hacer, en el tono mayor de las estirpes laureadas, el elogio del Caudillo, el homenaje a la anchura del César…Todo esto y mucho más quisiéramos poder decir a la anchura del César, al señor mortal y fuerte, al que ya definimos una vez “Conductor recto, arma, justicia y lector máximo de la Ley”. Y para él, para su frente abierta, la corona, la palma y la alegría de las aves y las naves por la aventura”. (Xesús Alonso Montero: Os poetas galegos e Franco. Estudio e antoloxía. Akal Ediciones, 1997).

En “El Pueblo Gallego” (21 de outubro) publica o poema “El César escucha como cantas”, en honor a José Antonio Primo de Rivera.

Incorpórase á redacción de “El Pueblo Gallego” en Vigo, onde o 12 de febreiro publica un texto “Con Roma resucitada” cunha especie de posdata ou envío que recolle Alonso Montero en Os poetas galegos e Franco. Estudio e antoloxía. Akal Ediciones, 1997: “Contesto: Por lealtad a mi propio ánimo y por confesión de mi libertad de español y de gallego, sumisión a mis límites y fe en mi destino y con mi suerte, vuelvo a escribir en esta hoja española, en cuyo blanco y en cuya holgura me hallo hombre de nuevo. No he vacilado nunca y eso se sabe siempre por los que me leen”.

Na revista “Galicia” de Buenos Aires escribe: O 3 de xaneiro (nº 501): “Don Miguel de Unamuno”: “Unamuno muere de la misma herida que desangra a España. Porque Unamuno era carne, cuerpo y alma de España. […] El temporal de hierro y sangre que desataron sobre el suelo de la patria sus enemigos de siempre, partió con golpe seco el árbol fuerte de esta vida, que había soportado ya tantos embates. Renunció al honor de morir fusilado en manos de los traidores y asesinos”.

O 10 de xaneiro (nº 502): “Carta de Ramón Suárez Picallo” e “Una tumba y una aurora”.

O 31 de xaneiro (nº 505): “La palabra que está por decir”.

O 14 de febreiro (nº 507). “España bajo el ejército invasor”.


O 28 de febreiro (nº 508): “Los intelectuales señoritos”: “En lo sucesivo, Gregorio Marañón será siempre un español traidor, en la misma medida que Franco o que Mola. Desde el punto de vista político, un renegado sin grandeza y desde el punto de vista patriótico, un profesional cobarde que huye dejando a su patria en llamas, en los momentos precisos en que su presencia sería de específica utilidad.[…] Esta guerra bárbara, a la que hemos sido arrastrados, que hoy llena de lágrimas nuestros ojos y de rabia nuestro espíritu, pero de la que, al final tendremos que alegrarnos, servirá para muchas cosas. Y entre ellos para poner al descubierto las zonas más recónditas de este señoritismo intelectual que en cuanto fue sometido a la prueba de fuego, retiró la mano con presteza nítidamente reveladora. Marañón ingresa en la caverna. ¡Paz en su tumba!”.(A fuxida de Gregorio Marañón a París e as súas declaracións en contra da República en “Le Petit Parisien”, causaron unha gran trasfega no círculo dos intelectuais republicanos, motivando a contestación conxunta de Antonio Machado, León Felipe, Jacinto Benavente ou José F. Montesinos entre outros, que sairía publicada na prensa no mes de marzo, despois do artígo de Blanco Amor).


O 7 de marzo (nº 509): “Sobre eso, de la Cámara de Comercio”.

O 14 de marzo (nº 510): “Con España o contra España”.

O 28 de marzo (nº 512): “Ofensa y defensa de Margarita Xirgu”: “Conozco , pues, de cerca su talento soberano, su emoción contagiosa, su culta ductilidad y docilidad casi infantil para recoger el aporte de toda extraña sugerencia que pueda añadir un matiz más a la riqueza del temperamento magnífico”.


O 28 de marzo (nº 512): “Frente al dilema”.


O 4 de abril (nº 513): “Psicología de la victoria”.


O 14 de abril (nº 524): “¡14 de abril!


O 18 de abril (nº 515): “Inglaterra humillada” e “España es TODOS”.


O 25 de abril (nº 516): “Los indianos cavernícolas”.


O 2 de maio (nº 517): “¡Ya lo ven, todos los pueblos del mundo…!”: “Ya lo ven los pueblos del mundo, todos. ¡Eso es el fascismo! Guernica: el incendio sistemático, el asesinato científico, el terrorismo llevado con una perfección de cálculo diabólica hasta el matiz infinitesimal. […] Sabedlo, pueblos todos, que para que lo sepáis, muere mi patria. ¡O DAIS LA MUERTE ANTICIPADA AL FASCISMO, PORTADOR Y CAMPEÓN DE LA MUERTE, O ESPERAD, PARA MUY PRONTO, VUESTRA HORA!


O 16 de maio (nº 519): “Cambalache”: “Con los ojos arrasadísimos de lágrimas hemos seguido esta conmovedora cruzada del alto clero argentino y su colecta subsiguiente para adquirir vasos sacramentales destinados a las iglesias españolas, arrasadas por los rojos, ¡esos bárbaros!... […] Los que se morían de hambre tendrían, al menos, el consuelo de comulgar en copones de oro”.


O 23 de maio (nº 520): “El nuevo gobierno de España”.


O 30 de maio (nº 521): “Retablo” e “España en crisol”.


O 13 de xuño (nº 522): “Adelante con la farsa… ”.


O 20 de xuño (nº 523): “Posibles consecuencias de la lucha en Bilbao”.


O 27 de xuño (nº 524): “¡Odio bendito!”: “Las lágrimas por dentro. Pero como un combustible, como un ácido, alimentando cada vez más la hoguera interior, la llama viva del odio. ¿Del odio? Sí, del odio. Nuestra generación ya no puede vivir más que para el odio, a ver si con este enconado sacrificio, hacemos posible que la que nos sigue pueda amarse”.


O 18 de xullo (nº 527): “Un año de guerra”.


O 25 de xullo (nº 528): “Dos discursos”.


O 1 de agosto (nº 529): “Notas de la semana”: “Quienes nos motejan de antipatriotas, internacionalistas, descastados y rojos, nos verán salir, si llega el caso, de este país donde hemos pasado la mayor parte de nuestra vida, arrojados de él por haber defendido, con palabras de fuego, nuestra patria, nuestra casta y nuestra nación”.

Blanco amor 1937.jpg


O 8 de agosto: “Responsabilidad de la cultura”.


O 29 de agosto (nº 533): “Nuestra fe indemne”.


O 5 de setembro (nº 534): “Elogio del Uruguay”.


O 12 de setembro (nº 535): “Vísperas del fracaso fascista”.


O 19 de setembro (Nº 536): “El fascismo derrotado”.


O 10 de outubro (nº 539): “Lección de dignidad”.


O 7 de novembro (nº 543): “Los pueblos de América, con España”.


O 5 de decembro (nº 547): “Palabras vacías y silencio elocuente”.


O 26 de decembro (nº 550): “Semana de gloria”.


(Eduardo Blanco Amor. En defensa e ilustración de la Segunda República Española en los años de la Guerra Civil (1936-1939). Mar Maior 2016).

  • Celso Emilio Ferreiro : En “El Compostelano” de Santiago (4-11), aparece sorprendentemente un romance seu con louvanzas a Franco:

“Van llegando los vencidos,

los vencidos, van llegando,

doblados, sucios los cuerpos

llenos de lacras y harapos…”.

O poema aparecerá no 1939 en Lira bélica.

  • Evaristo González Fernández “Evaristo de Sela”: escribe Boieiras e A propósito de mi vida o a impulsos del corazón.
  • Francisca Herrera Garrido: “Al Excmo. e Iltmo. General D. Francisco Franco Bahamonde, gloria de su siglo y honor y admiración de los siglos venideros”:

¡A la orden, glorioso general,

el invicto, el preclaro, el conceptuoso

nuestro Generalísimo, español ilustrísimo.

¡El general que es hoy universal”.


Ten outro poema dedicado ao tenente coronel Jesús Teijeiro, titulado “¡Nuestra Galicia!”:

¡Tierra de los Andrades y los Lemos

fuertes con tus bellos castiñeiros!...

¡Tierra de los Teijeiros!...

¡Luchemos por España!...

¡Aturuxemos!

(“Galicia por la España Nueva”. Tipografía La Voz de la Verdad. Lugo).

  • José María Acebo: o 27 de xuño, no nº 7 de “Nueva Galicia” relata a traxedia dos nove antifascistas do bou Eva (Vigo, 23-4-1937) e lémbrase de Curros Enríquez:

Si tuviera de nuestro gran Curros

la pluma y la frente

cantaría con versos sublimes

la gesta valiente”.


Tamén publica en “Nueva Galicia” (nº 9 do 11 de xullo) o poema “¡Mercenarios de la pluma! No que entre outras cousas di de Curros:

Tú ante nadie humillaste tu cabeza

ni cantaste a los reyes ni a los papas.

Tu musa fue el gemir de los humildes,

el llanto de las madres y los parias.

Si ahora vivieras, tronarías de nuevo

contra los que asolaron nuestra patria,

y caerías sobre los traidores

haciendo de tu pluma fuerte espada.


  • No nº 12 (8 de agosto) de “Nueva Galicia”, revista do V Rexemento, reprodúcese o poema “Mirando ó chau” de Curros.
  • Luís Seoane: Trece estampas de la traición (recompilación de debuxos satíricos. Buenos Aires).
  • Rafael Dieste promove en Valencia a fundación da revista “Hora de España” (xaneiro ata novembro de 1938), con María Zambrano, A. Sánchez Barbudo, Juan Gil-Albert… A partir do número 13 edítase en Barcelona. Aparecen traballos de Dieste e poemas de Rosalía de Castro e Lorenzo Varela. Tamén publicará unha antoloxía de poetas cataláns.
  • Xavier Prado “Lameiro”: “Al Generalísimo Franco”, soneto en “La Región” (1 de xaneiro):

Yo quisiera tener justa medida

para cantar la gloria en vos lograda,

mas es ella tan noble y elevada

que no encuentro la forma apetecida.

Trece estampas de la traición.jpg
  • Sae en Valencia, no mes de xaneiro a revista mensual “Hora de España”. Na súa fundación intervirán entre outros os escritores Rafael Dieste, María Zambrano e Arturo Serrano Plaja. A partir do nº 13 pasa a editarse en Barcelona (11-1938).
  • En Buenos Aires aparece “Galicia libre”, “Semanario popular informativo”, fundado e dirixido por Xosé Núñez Búa e Luís Seoane. Co mesmo nome de “Galicia libre”, e subtitulado “Órgano de la agrupación de gallegos libertarios”, aparece en Madrid unha publicación que desaparecerá en Valencia en 1939.
  • A revista cubana “Cultura Gallega” (1936-40) convoca un concurso para conmemorar o centenario do nacemento de Rosalía. O gañador foi Xerardo Álvarez Gallego e os textos foron publicados nun número monográfico que a revista sacou co gallo de dita conmemoración.
  • O primeiro poema do exilio contra Franco, un soneto, foi publicado na revista “Galicia” (3 de xaneiro) de xeito anónimo:

“Engendro de Satán, chacal o hiena;

bandolero sin ley, ruin bergante,

vil mercader, infame traficante;

España está, por ti, de dolor llena”.

  • O segundo, asinado por “Fray Ortiga” na mesma revista, é tamén un soneto: “Rehabilitación de Judas”.
  • O terceiro, (7 de febreiro), asínao “Fray Lito” co título de “A Franco”:

A España quieres salvar

¿de que, brutal asesino?

¿Te ha señalado el Destino

como su ángel tutelar?

  • O 16 de febreiro Ricardo Outeiriño funda en Ourense o primeiro número de “Misión”, co subtítulo de “Revista quincenal de la parroquia y la escuela”. Consideraban que “la escuela y la parroquia son los dos pilares sobre los que ha de asentarse y erguirse la España recobrada”. Con ela colaboraron Vicente Risco, Florentino Cuevillas, Manuel Casado Nieto, José Luís Parente e Otero Pedrayo, quen asina cos pseudónimos Santiago Amaral, Luis de Alba, Luis Peñanofre e Juan Gallego. Está enteiramente escrita en castelán. “Unha vez máis, Risco vai dispoñer dun órgano de expresión, esta vez para difundir o seu pensamento católico, moi radicalizado polas circunstancias e ancorado xa en posicións doutrinais abertamente integristas” (Carlos Casares: Para ler a Vicente Risco Galaxia 1997. Páx.86). O 15 de febreiro de 1937 en “Misión” escribe o artigo “Sobre el pacifismo y la guerra” no que di:“¿Tienen los malos derecho a la paz? Las guerras –se dice con acierto- han sido muchas veces necesarias para la defensa de la civilización. Los pueblos que, con un trabajo de siglos han creado bienes culturales de un alto valor espiritual, están obligados a defenderse hasta el último extremo contra los asaltos de la barbarie. No se puede dejar perder el patrimonio Espiritual del género humano. El hombre está expuesto siempre –efecto, todavía, del pecado original- a recaer en el salvajismo, y tiene, con demasiada frecuencia, el prurito de destruir sus propias creaciones. Por esto, la cultura, desarmada, está siempre expuesta a perecer. Por lo tanto, ¿tienen derecho a la paz los destructores de la cultura? Atengámonos a la plegaria de la Iglesia, cuando pide: “Paz y concordia entre los Príncipes cristianos”. (Carlos Casares: Para ler a Vicente Risco Galaxia 1997. Páx. 87).
  • O Centro Galego de Santiago de Cuba, publica unha revista mensual bilingüe co título de “Rosalía”, que foi galardonada co Diploma de Mérito na Gran Exposición Internacional de Publicaciones Periódicas que se celebrou na cidade cubana de Matanzas, o mes de nadal de 1937.
  • Dirixido por Eduardo P. Marzoa comeza a publicarse o 5 de maio en La Habana o periódico quincenal en castelán “La Voz Gallega”.
  • Desaparece o diario ourensán “Galicia” (1929).
  • En decembro aparece en Buenos Aires o número 1 da revista “Resol” de Galicia en Buenos Aires , cun suplemento popular titulado “El Bululú”, e ilustrado por Carybé (ver 1932) con caricaturas e viñetas alusivas á sublevación fascista e á Guerra Civil. Nos dous números de “Resol” que sairán en Buenos Aires, á dereita da cabeceira aparece un fragmento de Quevedo: “Inventose la artillería contra las vidas seguras y apartadas, falseando el cal y canto a las murallas y dando más victorias al certero que al valeroso. Empero, luego se inventó la imprenta contra la artillería, plomo contra plomo.
  • O 13 de decembro, aparece en Ourense “Hoja oficial del lunes”, dirixido polo falanxista J. Cantalapiedra Barés (18-12-1939).
  • Ángel Lázaro Machado: Romances de Cuba y otros poemas.
  • Antón Zapata García: publica o poema francófobo “Ametralladoras líricas” na revista “Galicia” (14-2):

En las cuevas de Altamira

han encontrado una tira

de la hipertrófica cola

de un enorme “dromedario”

o de un mono de Indranira;

mas, al verla, un anticuario

dijo: -¡Parece mentira!...

que no sepáis que es de Mola!

  • Carlos Prado Nogueira: Canción sentimental (Madrid).
  • Dionisio Gamallo Fierros: en “El Compostelano” (16 de xaneiro) figura un poema seu co título de ¡Arriba España!
  • Felipe Cordero Carrete: publica en “El Compostelano” co pseudónimo de “Jaime de Compostela” o poema “Franco. Su nombre lo comprende todo”. Tamén foi reproducido no “Faro de Vigo”.
  • José Caamaño Bournacell: publica o poema “Bandera roja y gualda” (“El Compostelano, 4 de marzo):

“avanza Franco con nobles hidalgos restaurando la Patria”.

  • José Santos Rodríguez: publica no “Faro de Vigo” o poema “Clamores de España” imitando a métrica dunha rima de Bécquer:

“Volverán los valientes soldaditos

Por España su sangre a derramar,

Y otra vez, buscando nuevas glorias,

Por ella morirán".

  • Leocadio López (¿?; 1947), “General de Estado Mayor”, publica na revista relixiosa “Spes” de Pontevedra (outubro) o soneto ¡Franco!, que aparecerá no seu libro Mis amores: Dios, patria, Franco (1938):

Franco, de España salvador Caudillo;

Franco, legislador sabio y prudente;

franco de corazón, noble y clemente;

franco carácter, prócer y sencillo.

  • Manuel Remuñán, publica en “El Compostelano” (25 de xullo) o poema “Medalla Jacobea”, que o autor dedica “A Santiago, Capitán Celeste, y a Franco, Salvador de España”. “Velaquí un caso –un máis- de poeta forzado a versificar como se sentise tan rotundos e sonoros adxectivos. O autor, Manuel Remuñán, era masón”. (Xesús Alonso Montero: Os poetas galegos e Franco. Estudo e antoloxía. Akal Ediciones, 1997).
  • Margarita Losada y Pardo: publica en “Faro de Vigo” o poema “Al Generalísimo Franco, arquetipo de la raza hispana” (28 de maio).

Acontecementos

  • Álvaro Cunqueiro dá clases de portugués no Instituto de Ensino Secundario de Vigo. Milita en Falange Española. O 22 de febreiro estréase na cidade a súa obra teatral Érase una vez.
  • Blanco Amor é nomeado Vicecónsul da República Española en Buenos Aires.
  • Celso Emilio , por unha denuncia, pasa catro xornadas encarcerado nunha cela do Mosteiro de San Rosendo, onde nacería o seu poema “Longa noite de pedra”.
  • Ramón Cabanillas está temporalmente en Valencia, lugar a onde foron evacuados os intelectuais ante a ofensiva fascista sobre Madrid. Alí coñece a Ricardo Carballo Calero, co que fai tertulia no café Aquarium. No mes de xuño xa está en territorio nacional. En setembro gaña o posto de secretario interino do Concello de Meis, sendo cesado uns meses despois por unha denuncia contra el polas súas actividades durante a República.
  • O 21 de xaneiro foi publicada en Lugo no Boletín Oficial de la Provincia unha circular subscrita por unha Comisión Depuradora de Bibliotecas Escolares na que figuraba Xosé Filgueira Valverde e na que se ordenaba retirar das escolas varios libros, entre eles Aires da miña terra de Curros.
  • Mostra de Arturo Souto en Valencia, con óleos e debuxos de guerra. A súa obra figura no volume colectivo Madrid, álbum homenaje a la gloriosa capital de España, publicado polo Ministerio de Instrucción Pública e Sanidade da República Española.
  • Arturo Souto : Dibujos de la guerra (Valencia: Ediciones Españolas-Ministerio de Propaganda de la República). No 1977 Ediciós do Castro publicará Dibuxos da guerra de Arturo Souto, que con prólogo de Luís Seoane reproduce o álbum Dibujos de la guerra de 1937.
    Arturo Souto
  • En Valencia publícase o opúsculo Protección del Tesoro Bibliográfico nacional. Réplica Miguel Artigas no que se fai referencia á biblioteca de Rey Soto: “A. Rey Soto, sacerdote, fuera de España antes de estallar la guerra. Poseedor de una de las mejores colecciones de libros gallegos del mundo, vivía en la llamada Casa de las Flores. El Ministerio de Instrucción Pública la puso bajo su custodia. Vinieron los días trágicos de noviembre; se hundió a cañonazos la mayor parte de la Casa de las Flores… Allá en un tercer piso se hallaban los libros de Rey Soto, sacerdote, fuera de España. El Ministerio de Instrucción pública destacó los bibliotecarios de la Junta de Protección del Tesoro, y a costa de enormes esfuerzos y de exposición personal –no se olvide que estaba en zona constantemente batida por la artillería- recogieron sin dejar ni uno los libros que su dueño podrá retirar tan pronto vuelva a nuestro país y justifique no haber tomado parte en la rebelión” Conta Alonso Montero en “La Voz de Galicia” (22/08/2009) que segundo puido saber el por un recorte de periódico de (5-4-1966) quen alertou os responsables do tesouro bibliográfico español da existencia e da extraordinaria valía da biblioteca de Rey Soto foi Castelao. Nese recorte tamén se conta: “Terminada la guerra, regresó Rey Soto a Madrid y, tras angustiosas indagaciones, dio con los cajones depositados en la Biblioteca Nacional… para él constituía un verdadero misterio la providencial salvación de sus libros, hasta que un día del año 1946 recibió en Orense la visita de Rodolfo Prada quien llevaba el encargo de saludarlo y referirle lo que dejamos dicho”. No artigo de 2009 Alonso Montero dá conta tamén de que se nos atemos ao Epistolario, nunca Rey Soto lle agradeceu o feito a Castelao a pesar de teren unha gran relación persoal (non política) ata o punto de que foi el quen oficiou a voda do rianxeiro.
  • O 23 de abril, convencidos de que serían torturados se se entregaban, deciden matárense, dentro do bou “Eva”, no porto de Vigo, os nove antifascistas Manuel Rodríguez Castelao, José Losada Castelao (curmáns de Castelao), Luis Álvarez González, Camilo Campos Méndez, Manuel Martínez Moroño, Carmen Miguel Agra, o seu esposo Ángel Nogueira Nogueira, Fernando Rodríguez Lorenzo e José Rodríguez Lorenzo. Valentín Paz Andrade que nestas datas estaba confinado en Verín, procuráralles acubillo en Vigo nun andar deshabitado de Ramiro Isla Couto, onde viviran varios meses. “Fiquei co remorso de que se eu seguise en Vigo, eles non se embarcarían nunha aventura tan arriscada”. No 2016 a editorial Discursiva publica a obra de teatro Unha morte lanzal. A traxedia do bou “Eva”, de Julián Rodríguez Novo. O 4 de xullo inaugúrase en Valencia, capital, nestas datas da República Española o “Congreso dos Escritores contra a Guerra e o Fascismo”, no que participaron Rafael Dieste, Lorenzo Varela e Arturo Souto.
  • Otero Pedrayo afastado da súa cátedra do instituto de Ourense por resolucion da “Junta Técnica del Estado”, ata 1948.
  • Cándido Fernández Mazas , prisioneiro, salva a vida grazas á mediación de Sebastián Martínez- Risco.
  • Ánxel Johán sofre prisión nas Palmas dende o 27 de novembro ata o 30 de marzo de 1942.
  • Lueiro Rey agóchase en Portovilán, parroquia de Fornelo de Montes. Máis adiante alístase no exército sublevado no corpo de Sanidade.
  • Emilio Canda Pérez redactor-xefe e director do periódico falanxista ourensán “Rumbo”.
  • Valentín Paz-Andrade desterrado á Pobra de Trives onde coñecerá a súa dona Pilar Rodríguez Prada.
  • Instrúeselle a Gonzalo López Abente un expediente de incautación: “Fue un gran entusiasta, afiliado, cotizante y organizador del “Frente Popular” y además peligroso por su forma de actuar, dedicándose por algún tiempo y sobre todo cuando se aproximaban las elecciones, a desarrollar una gran propaganda y campaña política en pro de dicho frente. Por su cultura (es Abogado) era siempre el que en los mitines de propaganda electoral, presentaba a los oradores socialistas, galleguistas y de izquierdas que con tal fin llegaban a Mugía, contribuyendo a envenenar el ambiente con sus palabras saturadas de extremismos. Este Sr. en unión de D. Manuel Lastres García, ambos íntimos amigos del funesto Casares Quiroga, tenían fundada una especie de Agencia de colocaciones, que utilizaban como gancho para captarse la voluntad de los vecinos pregonando que el que no fuera de izquierdas no obtendría trabajo…”.
  • Xulio Sigüenza cesa como redactor xefe do “Pueblo Gallego”.
  • Xosé María Álvarez Blázquez é desterrado a Coreses (Zamora), onde traballará cinco anos.
  • Basilio Álvarez vese obrigado a exiliarse, primeiro na Argentina, despois Cuba e logo Estados Unidos. En carta de Xavier Bóveda a Blanco Amor (9 de outubro de 1938) dille: “Pero veamos si mi acción republicana, aunque desconocida por la masa, es nula. ¿Quieres decirme en virtud de quien pudo permanecer Basilio Álvarez en Buenos Aires? ¿Quieres decirme quién le facilitó trabajo haciendo que se ganase así los medios necesarios a su sustento? Cuando nuestro querido maestro y amigo arribó trágicamente a Buenos Aires, fue, tú lo recordarás, fulminantemente deportado a título estricto de comunista. Salir a la defensa de él, equivalía a ganarse ante la policía y las derechas de la Argentina idéntico sambenito. ¿Quieres decirme quién se jugó por entero para que tal monstruosidad no pudiese llevarse a cabo? ¿Se llamaba o no Xavier Bóveda quien se opuso, por intermedio de tres senadores amigos suyos, ante el propio ministro del Interior, a esa injustísima deportación?[…] Y ten en cuenta que Basilio fue deportado tres veces: una, por la policía, a las dos horas de llegar; otra, a los quince días, por gestiones de las derechas ante el ministro del Interior, y la tercera, según se dice, por gestión de una eminencia eclesiástica ante el propio presidente de la República. Ninguna de esas deportaciones llegó a hacerse efectiva, y si finalmente Basilio Álvarez abandonó el país, no fue, tú lo sabes, como deportado, sino por su exclusiva voluntad”.(Eduardo Blanco Amor: En defensa e ilustración de la Segunda República Española en los años de la Guerra Civil (1936-1939). Mar Maior 2016).
  • Manuel Colmeiro: “Traxedia”.
  • O pintor Mario Fernández Granell preso na Coruña por intentar pasar á zona republicana. Recobra a liberdade no 1942.
  • O violinista Manuel Quiroga, atropelado por un tranvía en Times Square o que lle provocou unha perda progresiva da mobilidade do brazo dereito.

Premios

Mail-client-Breeze-Icon.svgEpistolario

Basilio Álvarez vese obrigado a exiliarse, primeiro na Argentina, despois Cuba e logo Estados Unidos. En carta de Xavier Bóveda a Blanco Amor (9 de outubro de 1938) dille: “Pero veamos si mi acción republicana, aunque desconocida por la masa, es nula. ¿Quieres decirme en virtud de quien pudo permanecer Basilio Álvarez en Buenos Aires? ¿Quieres decirme quién le facilitó trabajo haciendo que se ganase así los medios necesarios a su sustento? Cuando nuestro querido maestro y amigo arribó trágicamente a Buenos Aires, fue, tú lo recordarás, fulminantemente deportado a título estricto de comunista. Salir a la defensa de él, equivalía a ganarse ante la policía y las derechas de la Argentina idéntico sambenito. ¿Quieres decirme quién se jugó por entero para que tal monstruosidad no pudiese llevarse a cabo? ¿Se llamaba o no Xavier Bóveda quien se opuso, por intermedio de tres senadores amigos suyos, ante el propio ministro del Interior, a esa injustísima deportación?[…] Y ten en cuenta que Basilio fue deportado tres veces: una, por la policía, a las dos horas de llegar; otra, a los quince días, por gestiones de las derechas ante el ministro del Interior, y la tercera, según se dice, por gestión de una eminencia eclesiástica ante el propio presidente de la República. Ninguna de esas deportaciones llegó a hacerse efectiva, y si finalmente Basilio Álvarez abandonó el país, no fue, tú lo sabes, como deportado, sino por su exclusiva voluntad”. Eduardo Blanco Amor: En defensa e ilustración de la Segunda República Española en los años de la Guerra Civil (1936-1939). Mar Maior 2016).

Sumarios

Flag CPLP.gif Cataluña Flag of Spain Outras culturas

NobelPREMIO NOBEL DE LITERATURA: Roger Martin du Gard

Flag CPLP.gif CPLP - Comunidade dos Países de Lingua Portuguesa

Nacen



Morren:


Aparece a revista “Sol Nascente”.


Vitorino Nemésio funda a “Revista de Portugal”.


Alexandre Cabral: Cinzas da nossa alma.


António de Sousa: Ilha deserta.


António Pedro da Costa: Desimaginação.


António Sardinha: Pequena Casa Lusitana.


Armando Côrtes Rodrigues: Poesia popular açoriana.


Bernardo de Passos (1876-1930): Refúgio.


Diogo do Couto (1542-1616): O soldado prático (Edición de Rodríguez Lapa).


Hernâni Cidade: As Cantigas de Amigo.


Irene Lisboa: Outono, Havias de Vir (poesía).


João José Cochofel: Instantes (poesía).


Jorge Amado (Brasil): Capitães da areia.


José Marmelo e Silva: Sedução.


José Osório de Oliveira: Aventura.


José Régio: António Botto e o Amor (ensaio).


Manoel de Barros (Brasil): Poemas concebidos sem pecado.


Manuel Ferreira Gomes: Miscelànea.


Mário de Sá-Carneiro (1890-1916): Indícios de Oiro (poesía).


Miguel Torga: A Criação do Mundo, os Dois Primeiros Días.


Murilo Mendes (Brasil): A poesía em pânico.


Rachel de Queiroz: Caminho de pedras.


Teixeira de Pascoaes: O Homem Universal (ensaio).


Vitorino Nemésio: A Casa Fechada.




Cataluña


Nacen:

Morren:

  • Antoni Rubió i Llunch (Barcelona; 1856 Valladolid).
  • Felip Cortiella (Barcelona; ibídem 1871).
  • Juli Vallmitjana (Barcelona; ibídem 1873).




Apel-les Mestres (1854-1936): No nº 1 da revista “Resol” na súa etapa en Buenos Aires publícase o seu poema “No passareu!:

“No passareu! i si passeu

será damunt d’un clap de cendres

les nostres vides les prendeu,

nostre esperit no l`heu du prendre,

Mes no será. Per més que feu,

no passareu!”.



Carles Riba: Tres suites (poesía) e Per comprendre (artigos).


Joan Oliver “Pere Quart”: Bestiari (poesía), Cambrera nova (teatro) e Contraban (novela).


Joan Teixidor: L’aventura fràgil (poesía).


Joan Vinyoli: Primer desenllaç.


Josep Sebastià Pons: Cantilena (poemas).


Salvador Espriu: Letizia i altres proses.

Flag of Spain

Nacen:




Morren:



Concha Espina: Retaguardia.


Guillermo Díaz-Plaja: Historia de la poesía lírica española.


Juan Gil-Albert: Siete romances de guerra.


Manuel Azaña: La velada de Benicarló.


Miguel Hernández: Viento del pueblo.


Pío Baroja: Locuras de carnaval.


Rafael Alberti: De un momento a otro.



Máis culturas:


Nacen:


Morren:.

  • Horacio Quiroga (Buenos Aires; 1878 Salto, Uruguai).
  • Attila József (Suicídase; 1905 Hungría).
  • Edith Wharton (París; 1862 New York).
  • Howard Phillips Lovecraft (Providence, Rhode Island; ibídem 1890).



Eduardo Mallea: Historia de una pasión argentina.


Francisco González de León: De un libro de horas (poesía).


Jorge Carrera Andrade: Biografía para uso de los pájaros.


José Lezama Lima: Muerte de Narciso.


José Santos Chocano (1875-1934): Poemas del amor doliente.


Luis Palés Matos: Tuntún de pasa y grifería (poesía).


Mauricio Magdaleno: El resplandor.


Nicolás Guillén: Cantos para soldados y sones para turistas (poesía).


Oliverio Girondo: Interlunio (poemas).


Pablo Neruda publica un artigo titulado “A mis amigos de América” na revista “Nuestra España”, editada en París, no que fai referencia aos mestres galegos exterminados nos primeiros tempos da Guerra Civil: “El asesinato y el crimen presiden el programa del militarismo fascista español, inspirado en el pavoroso régimen alemán. Los maestros de Galicia han sido casi enteramente exterminados: la caza de maestros de primera enseñanza era un deporte diario de los falangistas” (Alonso Montero. La Voz de Galicia 17/04/04. Tamén trata o tema no mesmo xornal o 28/12/2018, no artigo "A derradeira leición do mestre").



André Bretón: L’amour fou.


André Malraux: L’Espoir.


Arthur Koestler: Spanish Testament.


Bruno Schulz: O sanatorio baixo o reloxo de auga.


Ernest Hemingway: Terra española.


Filippo Tommaso Marinetti: Il poema del vestito di latte.


Georgios Seferis: Caderno de estudos.


Ignazio Silone: Pane e vino.


Jacques Maritain : Los rebeldes españoles no hacen una guerra santa (Ediciones Españolas). O 6 de xullo de 1938 en «Cosas y Días» en «La Región» escribe Vicente Risco: «Maritain, ese descubridor del Catolicismo, ese antiguo protestante que, con no sabemos que autoridad –como no sea la que le dan su orgullo y su pedantería- se permite el lujo de opinar sobre los asuntos de España –sin escuchar más que a una de las partes- y pretende nada menos que darnos lecciones de moral y de política. Y se permite, todavía, desoir la voz del Romano Pontífice y despreciar el testimonio del Episcopado español. Maritain ha publicado un libro que se titula Los rebeldes españoles no hacen una guerra santa. Un ejemplar de ese libro fue encontrado en poder de los rojos en uno de los avances de nuestras tropas. Con lo cual podemos decirle a Maritain: «Dime quien te lee y te dirá cómo piensas».(Carlos Casares: Para ler a Vicente Risco Galaxia 1997, páx. 88).


John Steinbeck: Of mice and men.


Joseph Roth: O peso falso.


Karen Blixen: A granxa africana.


Paul Eluard: L’évidence poétique e Les mains libres.



Tamén sucedeu...

  • Picasso: “Gernika”.
  • Miró realiza o manifesto “Ayudad a España”.
  • Batalla del Jarama (6 de febreiro).
  • Batalla de Guadalajara (8 de marzo).
  • Creación da “Falange Española Tradicionalista y de las JONS”.
  • Avións alemáns bombardean Guernica (26 de abril).
  • Crise política en Cataluña.
  • Dimisión de Largo Caballero e Goberno de Juan Negrín.
  • Toma de Bilbao (19 de xuño).
  • Batalla de Brunete (6 de xullo).
  • Batalla de Belchite (22 de agosto).
  • Ocupación de Santander (26 de agosto).
  • Toma de Asturias (21 de outubro).
  • O Goberno republicano trasládase a Barcelona (31 de outubro).
  • O 27 de maio, o goberno franquista establece a censura de prensa.
  • Inaugúrase en San Francisco a ponte do Golden Gate, que entón era á máis longa do mundo.
  • Chamberlain convértese en primeiro ministro inglés e segue unha política de apacigüamento con Hitler.
  • Forzas xaponesas invaden China.
  • Independencia de Irlanda do Sur.
  • Italia sae da Sociedade de Nacións trala conquista de Abisinia.
  • Morre o compositor George Gershwin (Hollywood; 1898 Brooklyn).