1932

De Xulipedia
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Flag of Galicia (civil).svg Cultura galega

Nacementos/Pasamentos

Child in diaper icon Nacementos
Literatura
Agustín Rodríguez Caamaño (A Coruña; ibídem 2014).
Anisia Miranda (Ciego de Ávila, Cuba; 2009 Vila de Cruces)
B. N. Teensma (Sumatra-Indonesia). Escritor alófono.
Bernardino Graña Villar (Cangas).
Francisco Delgado Rodríguez (Soutelo, Esgos).
Manuel Álvarez Torneiro (A Coruña; ibídem 2019).
Nicanor Rielo Carballo (“R. Lenza”); (Arcos de Frades, Pol; 2000)
Ramón Lugrís Pérez (Ferrol; 2015)
Xosé Chao Rego (Vilalba; 2015
Xosé Manuel López Nogueira (Ferrol; 1983). Colaborador de Grial
Outros
O pintor Xosé Lodeiro Fernández (Vigo; ibídem 1996).
O pintor Alfonso Crespo Fernández (Ferrol; ibídem 2008).
O pintor Antonio Quesada Porto (Ourense; 2015 Vigo).
O pintor Rafael Úbeda Piñeiro (Pontevedra).
O pintor Antón García Patiño (A Coruña; 2010).
A pintora María Formoso Prego (A Coruña): “Si la tierra, los arduos montes y la ola que muere en el arenal, se enteraran de la caricia maravillosa, apasionada y fiel, que supone la pintura de María, se lo agradecería con la voz del vendaval montesío y del mareiro salobre”. (A. Cunqueiro).
O escultor Camilo Otero (Santiago; 2003).
O escultor e pintor Pedro Solveira Collazo (Vigo).
O pianista e compositor Casiano Paredes Romero (Mondariz-Balneario).
O sacerdote José Morente Torres (Santa María de Ois, Coirós); un dos primeiros sacerdotes, xunto con Manuel Espiña en promover o emprego do galego na liturxia católica.
O sacerdote e musicólogo Xesús Mato Mato (Cabo de Vila, Paradela; 2024 Lugo).
Juan José Rosón Pérez, ministro do Interior no Goberno de Adolfo Suárez (Becerreá; 1986 Madrid).
O avogado e economista Carlos Otero Díaz (San Fiz de Asma, Chantada; 2005 Santiago de Compostela).
O político e reitor da universidade de Santiago José María Suárez Núñez (Santiago; ibídem 1987).
Skull.png
Pasamentos


Literatura
Amador Montenegro Saavedra (Lugo; 1864 Santiago)
Juan Bautista Armada y Losada (Abegondo, Betanzos; 1861 Madrid)
Manuel Valcarce (Vilamartín de Valdeorras; ibídem 1862
Uxío Carré Aldao (A Coruña; ibídem 1859
Outros
Reveriano Soutullo Otero (Madrid; 1880 Ponteareas
O químico José Rodríguez Mourelo (Madrid; 1859 Lugo
O político Gabino Bugallal y Araújo (París; 1861 Ponteareas

Publicacións

Galegas

  • No nº 291 de “A Nosa Terra” (1 de xaneiro), publícase o “Programa do Partido Galeguista ”. En febreiro (nº 292) inicia unha nova etapa “A Nosa Terra”, como “Boletín do Partido Galeguista” (xullo 1936). A dirección do periódico pasaría polas mans de Víctor Casas, Aquilino Iglesia Alvariño e Ramón Suárez Picallo. No nº 292 expón: “Por acordo do Partido Galeguista “A Nosa Terra” será dende agora órgao oficial do Partido. Con tal motivo a residencia do noso boletín trasládase a Pontevedra con ouxeto de que a súa direición fique a cárrego do Comité executivo do Partido Galeguista”. A continuación figura unha “Nota do Partido Galeguista” e “Partido Galeguista. Estatutos”. No nº 294: “A posición do Partido diante do Estatuto galego”. “Estatuto catalán e Reforma agraria”. O nº 296 de “A Nosa Terra” abre con este titular: “Co-a Repúbrica e contra a reaición do absolutismo centralista”. No nº 297 dáse a noticia da visita de Azaña a Galicia e en el figura o “Estatuto de Galicia. Anteproyecto redactado pol-a Comisión nomeada na Asambreia do 3 de Xulio, en Santiago”.
  • Álvaro Cunqueiro : Mar ao norde (Poemas. Ed. Nós. Ilustrado por Seoane). No 2011 o selo editorial Alento fai unha edición bilingüe en galego e castelán. (“Grial” nº 192). Publica 5 poemas na revista lisboeta “Descobrimento”.
  • Amaro de Vilamelle: colabora en “A Nosa Terra”.
  • Ánxel Fole : "Diana" (romance no número extraordinario do 1º de maio da revista “Yunque”). Fole coñece en Lugo a Lorca, de quen publica no nº 6 da revista luguesa “Yunque” o “Madrigal a la ciudad de Santiago” (decembro); case simultaneamente aparece tamén no nº 6 da revista santiaguesa “Resol”.
  • Josefa Iglesias Vilarelle : Método de lectura (Primeiro manual coñecido para o ensino da nosa lingua. Publicado polo Seminario de Estudos Galegos).
  • Rafael Dieste director e animador nas “Misiones Pedagógicas”; creador do Teatro Guiñol das Misiones, para o que escribe e dirixe numerosas farsas.
  • Rafael Pazos Giménez: escribe o libro inédito Lecer, composto por 25 poemas que lle enviará no 1936 a Filgueira Valverde, quen os recollerá no libro Os poetas galegos (1936) Antoloxía consultada que editarán no 2008 Ana Acuña e Xesús Alonso Montero.
  • Ramón Otero Pedrayo : Contos do camiño e da rúa (Nós. “Grial” nº 52, páx. 268). No núm. 108 de “Nós” (15 de decembro), escribe Ricardo Carballo Calero no artigo “Balance e inventario da nosa literatura”: “Contos do camiño e da rúa é a mellor obra litararia escrita na nosa fala no ano que acaba de finar. De conceición menos vasta que Os camiños da vida, é, dentro da súa meirande limitación, obra máis perfeita, pois está ceibe das tres ou catro páxinas hiperrománticas e melodramáticas que escorregaron n-aquela obra, e que non nos acaban de satisfacer, cicáis pol-a tendencia un pouco socarrona do noso esprito”. Morte e resurreición (Ourense) e Lembranza de Goethe (Santiago).“Un sermón agardado”, no nº extraordinario de “A Nosa Terra” do 25 de xullo.
  • Ramón Villar Ponte : “Lembrando un aniversario”: “O dia 16 do mes de maio, fará dezaseis anos que apareceu na Cruña a primeira Irmandade da Fala”. (No nº 294 de “A Nosa Terra”.
  • Vicente Risco : “Non lle cantes cantos brandos” (Nº 291 de “A Nosa Terra”: “Galiza non quere ser cantada. Galiza quer vivir, e pra vivir quer libertade. Libertade pra todo, e máis que pra nada, porque isto é o esencial da sua vida, libertade pra ser galega”. No nº 293 de “A Nosa Terra” aparece : “Unha das misións que o Consello asinou a “A Nosa Terra”, é a de contribuir á maisima preparación teórica dos afiliados. Escomenzamos dende hoxe mesmo ista laboura pubricando, ca previa autorización do seu autor, i-en xeito de folletón coleicioabre A Teoría do Nazonalismo Galego de Vicente Risco.
  • Xosé Filgueira Valverde : “Chamamento aos mozos”, no nº 297 de “A Nosa Terra”: “Mozos: Tornai a ollar pra vós mesmos e coidade no voso rol, miudo pero cicais transcendental, na gran carta do mundo. Sodes os cidadáns de unha Repúbrica: Hespaña. A Repúbrica Hespañola é o Estado que coa sua orgaización xurídica regula a vosa convivencia cos demais homes. Sodes os fillos de unha nacionalidade: Galicia. A Nación Galega é a Patria que sentides na participación de unhas características, en irmandade con outros galegos”.

Relativas a Galicia

  • Comeza a publicarse no Mosteiro de Poio “El amigo feligrés. Revista parroquial de San Juan de Poyo” , que a partir do nº 10 dá entrada ao galego pola presencia de freires coma os Padres Crespo e Silva (1935).
  • Comeza a publicarse en Madrid, da man de José Boullón a publicación “Galicia”.
  • En xaneiro aparece en Madrid a publicación “Galicia en Madrid”, subtitulada “Órgano del Lar Gallego de Madrid. Revista mensual”, dirixida por Xosé Manuel Poyán (abril 1936).
  • Ve a luz en Pontevedra “El País”, co subtítulo de “Diario republicano de la tarde”, fundado por Maximiliano Pérez Prego. Desaparece en xullo do 1936.
  • Xorde en Lugo o 1 de maio “Yunque. Periódico de vanguardia política”, dirixido por Ánxel Fole que contaba coa axuda de Arturo Cuadrado . Sairán 6 números; no derradeiro (otoño de 1932), publicábase por primeira vez o “Madrigal a la ciudad de Santiago” de Lorca, que sería posteriormente reproducido por outras publicacións. O seu prezo pasou de 10 cts. no seu número 1 a unha peseta no número 6.
  • En maio aparece en Santiago a revista, mellor chamada prego de difusión da poesía “Resol”, co subtítulo “hojilla volandera del pueblo” (só o nº 10, editado en Lugo, levou o subtítulo en galego: “Folla voandeira do pobo adicada aos escritores da terra luguesa”). Foi unha iniciativa de Arturo Cuadrado en colaboración con Luís Seoane e logo Ánxel Fole . Tivo tres etapas:
    Resol.jpg


- Galicia (1932-1936, con 10 números. O derradeiro foi publicado en Lugo por Fole o 25 de xullo, co que se converte na primeira publicación periódica en galego despois do 18 de xullo. Os seis primeiros números aparecen no 1932: o nº 1 só conta como autores galegos a Amado Carballo co poema “Noivos” todos os demais son estranxeiros. No nº 2 (xuño), leva un “Suplemento popular”, que vén ser unha homenaxe a Castelao; o nº 3 (xullo), constitúe unha breve escolma de literatura galega. O nº 4 sae tamén no mes de xullo. O nº 5 carece de textos en galego. No nº 6 (decembro), ocupan boa parte das páxinas romances, cantigas, cantares e adiviñas recollidas da tradición popular. Aparece tamén o poema en galego de García Lorca, co título en castelán, “Madrigal, a la ciudad de Santiago” que aparecera en outubro nas páxinas de “Yunque”. O nº 7, de abril de 1933 está dedicado a Portugal e contén unha antoloxía de poesía portuguesa. A periodicidade mensual interrómpese dende o número 4. Sairán dous números en 1933 e ningún en 1934.

- Buenos Aires 1937-1938, con dous números: 1 de decembro de 1937 e o 2 de xaneiro de 1938. Ambos números levan unha folla complementaria, un “Suplemento popular de Resol en dibujos” titulado “El Bululú” e ilustrado por Carybé (nº 1) e Seoane (nº 2).

- O 25 de xullo de 1990, aparece un novo número cun rexistro editorial ao pé: Ediciós do Castro, do grupo Sargadelos, en homaxe a Luís Seoane e a Arturo Cuadrado, tira do prelo, no verán de 1990 esta folliña volandeira do povo.

  • En marzo, aparece en Ourense a revista pedagóxica e obreirista “Escuela del Trabajo”, subtitulada “Órgano de la Asociación de Trabajadores de la Enseñanza de Orense”. Publicou 26 números até abril de 1934. O primeiro director foi Albino Núñez Domínguez.
  • Co subtítulo de “Revista de la FUE”, en marzo xorde a publicación bilingüe “Universitarios”, voceiro da Federación Universitaria Estudiantil que se editaba en Santiago baixo a dirección de Francisco Fernández del Riego.
  • Aparece en Vilalba o 22 de xaneiro “Faro Villalbés” (28-06-1936).
  • O 25 de xullo sae a revista pontevedresa “ Cristal ” (Publicaranse 10 números ata maio de1933. Xosé Mª Álvarez Blázquez, Antonio Díaz Herrera, Juan Vidal Martínez, Turas e os irmáns José Luis e Alejandro de la Sota). Os primeiros números de “Cristal” custaban 15 cts. e os dous números finais chegaron aos 40 cts.
  • Desaparece a revista “Galicia Federal” (1931).
  • Nace na Pobra do Caramiñal o semanario “La Lucha”, órgano do Partido Socialista e da U.G.T.
  • Acevedo y Fernández: Vocabulario del bable de occidente (Madrid).
  • César Alvajar: Estudio crítico del poeta Pondal.
  • Feliciano Rolán: Huellas (ilustrado por Seoane. Ed. Nós).
  • José Díaz Andión: Los precursores de la libertad.
  • José García Acuña: Estudio de la conquista y evangelización de Nueva Galicia. Fr. Martín de la Coruña (discurso de ingreso na Academia Galega).
  • Lino Novás Calvo: Aquella noche salieron los muertos.
  • Luciano Taxonera y Vivanco: ¿Qué haces que no llegas?
  • Manuel Pérez Diéguez: Canto a Galicia (Santiago).
  • Santiago Montero Díaz: Fascismo.
  • Matías Usero Torrente: El peligro religioso.
  • Virgilio Antonio Nóvoa Gil: Silencio (Madrid).
  • Xosé María Álvarez Blázquez: Abril (poemas en castelán; Pontevedra).

Acontecementos

  • En marzo chega García Lorca a Galicia como director de La Barraca, realizándose representacións nas seguintes cidades: 22 e 23 de agosto en A Coruña, 24 de agosto en Santiago de Compostela, 25 de agosto en Vigo, 27 e 28 de agosto en Pontevedra, 29 de agosto en Vilagarcía e 31 de agosto en Ribadeo, saíndo para Asturias o 1 de setembro.
  • Cunqueiro coñece en Santiago a García Lorca . Libra do servizo militar.
  • En xaneiro, a Deputación de Pontevedra retírallle a Cabanillas a subvención que viña percibindo.
  • Primeira viaxe a Galicia de Rodrigues Lapa con ocasión de celebrarse en Lugo unha homenaxe a Castelao . Desta viaxe deixou un relato na revista “Seara Nova” (nº 309), logo reproducido en “Nós” (nº 105 do mes de setembro) co título “Homenagem a Castelao”: “(…) Vicente Risco ou Ánxel Casal, já não sei bem, apresenta-me o herói do dia: um homem alto, vestido de luto, portador de óculos, por tras dos quais espreitan uns olhos extraordinários, húmidos de ternura: uma simplicidade e uma simpatia comunicativas e un entusiasmo viril de galego, ao dizer-me, convictíssimo:-Galiza começa a renascer! (…) Posto isto, digam-se me não esta sendo de grande urgência a realização duma Semana Galega em Portugal (Porto e Lisboa), projectada há tempos, mas malograda por não sei que desgraça, que sempre persegue estas puras manifestações do espírito. Com uma Semana Portuguesa em Santiago de Compostela, feita com decência e bom gosto, estaria dado o primeiro passo para o nesessário e indispensável entendimento entre os dois povos. Que isto se realice quento antes; a ocasião não pode ser melhor”.
  • Castelao e Otero Pedrayo viaxan a Barcelona convidados por Maciá.
  • Constitución da Unión Socialista Galega por Xoán Xesús González.
  • Maruxa Mallo expón na Galerie Pierre de París.
  • Fole entra no Partido Republicano Radical Socialista.
  • Fernández del Riego elixido Secretario Xeral da agrupación “Ultreya”, organización xuvenil galeguista constituída en Santiago baixo a inspiración de Álvaro das Casas.
  • O 3 de xuño celébrase no paraninfo da universidade de Santiago a “Asamblea preparatoria de los Ayuntamientos de Galicia para la elaboración del anteproyecto del Estatuto”, Nela noméase unha ponencia de nove membros, presidida por Cabeza de León, para a redacción do anteproxecto estatuario. A aprobación final do anteproxecto tería lugar na 2ª “Asamblea de Municipios” (17-19 de decembro), baixo a presidencia do pontevedrés Bibiano Fernández Osorio y Tafall. O 77 % dos concellos galegos, que representaban o 84 % da poboación da comunidade deron a aprobación ao proxecto de Estatuto.
  • Nace en Santiago a Unión Socialista Gallega como unha escisión do PSOE.
  • Constitúense en Ourense e a Coruña as primeiras “Mocedades Galeguistas”.
    Retrato de Lorca por Maside
  • Maside fai un retrato de Lorca.
  • Luís Seoane licénciase na Facultade de Dereito.
  • Créase o Teatro Guiñol das “Misiones Pedagógicas”.
  • Ramón Puga Noguerol inicia en Ourense unhas experiencias radiofónicas.
  • En marzo, Blanco Torres toma posesión do cargo de Gobernador Civil de Palencia para abandonalo en xuño.
  • Fúndase Radio Galicia.
  • Inaugúrase en Tui o monumento aos mártires de Sobredo (Guillarei), obra do escultor Camilo Nogueira.
  • Manuel Portela Valladares pronuncia o 25 de xullo no Centro Galego de Barcelona a conferencia “Unificación e diversificación de las nacionalidades”.
  • Inicia a súa actividade a Estación de Bioloxía Mariña de Marín (Pontevedra).
  • O 22 de marzo, “El Eco de Santiago” publica o seguinte anuncio de Correos: “Finalizado el 31 del mes actual el plazo para la obtención de licencias de aparatos receptores, se advierte a los señores poseedores de los mismos que no hayan satisfecho el canon correspondiente, que la Dirección General de Telégrafos y Teléfonos, por medio de sus agentes está decidida a hacer efectivas con todo rigor, a partir del 1 de abril, las sanciones reglamentarias referentes a aparatos clandestinos”.
  • Folga na Constructora Naval de Ferrol.

Premios

Mail-client-Breeze-Icon.svgEpistolario

Nunha carta a Antonio Pillado , do mes de agosto, escribe Ramón Cabanillas : “Conceptúo un gran error de las derechas su oposición a los estatutos. Por lo que afecta a Galicia, y a las regiones que pudieran llamarse sanas, la autonomía tendría la enorme ventaja de independizarnos de este centralismo que es la causa de todos los males de la hora presente (…) el gran acierto sería ir a una república federal”.

Con data de 8 de agosto, Castelao escribe a Eduardo Blanco Amor dende Madrid: [...] Pero... proclamouse a República e metinme en política e dende entón non tiven un intre libre para poñer man nos meus traballos. Alá en Pontevedra durme unha novela miña no trecho máis intresante para un artista, cando a frebe de creación era máis lediciosa; alá durme un material enorme de notas e dibuxos para un libro encol das cruces de pedra de Galiza que me darían creto e sona; alá durme outro libro de anécdotas da miña vida; alá durme, en fin, o terceiro libro de "Cousas". En Pontevedra durmen todal-as miñas ilusións. ¿Comprendes a miña fonda door de artista? Pois todo pasou por meterme en política. Agora xa non podo recuar. [...] Pídoche unha e mil veces que me perdoes por non che ter escrito antes. (Obras. Castelao. Vol VI. Galaxia. 2000).


Sumarios

Nós Boletín Mensual da Cultura Galega.


Nº 97 (15 de xaneiro):

Outeiro Espasandín: A lúa sigueute… (poema). Xesús Bal: Epifanía (música). Paulino Pedret Casado: Traducción galega da obra de San Martiño de Braga “De correctione Rusticorum”. Álvaro de las Casas: En procura da realidade galega. A nosa Universidade. Arquivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza. (Novas cántigas e triadas da parroquia de Paradela, na Terra da Ulla, por F. Bouza Brey)


Nº 98 (15 de febreiro).

R. Alfonso Castro-Dono: O milagre da conceición da natureza. Armando de Mattos: Nótulas nobiliárquicas luso-galaicas. Avelino Gómez Ledo: Elexías de ovidio. Xaquín Lourenzo Fernández: A muller no cancioeiro galego. Sebastián González: Miscelánea: Un mapa inédito do arcebispado de Sant-Iago. Os homes, os feitos, as verbas.


Nº 99 (15 de marzo).

Aquilino Iglesia Alvariño: Meu corazón…Víctor Lis Quibén: A medicina e a superstición. Xaquín Lourenzo Fernández: A muller no cancioeiro galego.

Arquivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza.Os homes, os feitos e as verbas.


Nº 100 (15 de abril).

R. Carballo Calero: Ó vir a primadeira. R. Otero Pedrayo: Lembranza de Goethe: A ronda dos amigos. R. Villar Ponte: Unhas liñas históricas: o epílogo da traxedia mindoniense. F. Bouza Brey: Nótulas epigráficas: o mestre Martiño. Alfonso Vázquez: Notas encol da laboura de restauración de documentos. V. Risco: Da Alemaña. Xaquín Lourenzo Fernández: A muller no cancioeiro galego. Arquivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza. Os homes, os feitos e as verbas.


Nº 101 (maio)

Aníbal Outeiro: Eso. Xesús Carro García: Unha táboa do convento de Belvís. Xermán Prado: O antigo melodrama pascoal. Alfonso Vázquez Martínez: Notas encol da laboura de restauración de documentos. Xán Astorga: Miscelánea. Un castro na beira do Miño. Carballo Calero: Cossante. Os homes, os feitos e as verbas


Nº 102 (xuño).

Outeiro Espasandín: Na miña lista de noites… J. la B: Hora d’unha raza (trad. de Vicente Risco). F. Bouza Brey: Encol das neveiras do mosteiro de Acebeiro e das mámoas da serra de Candán. Alfonso Vázquez Martínez: Notas encol da laboura de restauración de documentos. Vicente Risco: Da Alemaña. Os homes, os feitos, as verbas.


Nº 103 (xullo).

Xosé Filgueira Valverde (escolma e anotación): Cancioneiriño de Compostela.


Nº 104 (agosto).

Emilio Pita. Romance dos sete mariñeiros. Alfonso Vázquez: Programa pra unha investigación documental nos arquivos parroquiaes. Paulino Pedret Casado: Un amor cando neno. Guido Batelli: Pianto (trad. de Lamas Carvajal).Vicente Risco: Da Alemaña. Xosé Filgueira Valverde (escolma e anotación): Cancioneiriño de Compostela. Os homes, os feitos, as verbas:- A homaxe a Castelao (19 de xuño, en Lugo).- Asambreia preparatoria do Estatuto Galego.

Nº 105 (setembro).

Aquilino Iglesia Alvariño: Corazón ó vento. Ramón Otero Pedrayo: Encol do elemento animal na paisaxe. R. Carballo Calero. Robert Burns e o diaño. Rodrigues Lapa: Castelao e a Galiza (traballo publicado no nº 309 de “Seara Nova”).Vicente Risco: Da Alemaña. Arquivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza: “Pra un canzoneiro de Noia” por Álvaro de las Casas. Os homes, os feitos, as verbas.


Nº 106 (outubro).


R. Carballo Calero: Semellas ser somente. Álvaro das Casas, Remixio González Gándara e Alexandre Agra Cadarso: Ultreya. Vicente Risco. Da Alemaña. Os homes, os feitos, as verbas



Nº 107 (novembro).

Xosé Luís Parente: Romance da entrana da campía. Magariños Negreira: O monte sagrado dos celtas. Bouza-Brey: Miscelánea: O emprazamento de unha célebre estatua galaica. C: Compostela na “Lenda dourada”. Vicente Risco: Da Alemaña. Miguel Roig Lestón, Rufo P. González, Carlos R. Padín, Xohán Astorga Anta, Xaime Isla Couto e Manuel Rei Lado: Ultreya. Os homes, os feitos, as verbas


Nº 108 (decembro).

Rafael Pazos Jiménez: Madrigal morto. Antón Fraguas Fraguas: As lendas da fonte Pormás. Ricardo Carballo Calero: Balance e inventario da nosa literatura. Álvaro das Casas: Papai. Xosé Pereiro Carrón: Carmina Citharae. X. L.: Miscelánea: contra la pestilencia. Arquivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza: -Cantigas populares de Cedeira (Recollidas por Isaac Forneiro Barandela). -Do cancioneiro de Borneiro (Cabana) (Recollidas por Xaquín Lorenzo). Os homes, os feitos, as verbas

Flag CPLP.gif Cataluña Flag of Spain Outras culturas

NobelPREMIO NOBEL DE LITERATURA: John Galsworthy

Flag CPLP.gif CPLP - Comunidade dos Países de Lingua Portuguesa


Nacen




Morren:



Créase por Orde Ministerial do 12 de setembro o Instituto Español de Lisboa.

No xornal “ Diário da noite” de Lisboa (24 de agosto) reprodúcese unha entrevista a Rodrigues Lapa, recén chegado da Galiza: [...] Conhecia já a Galiza? –interrompemos. -Sim... pode dizer-se que conhecia a Galiza através dos seus escritores. E não podendo, como desejava, fazer na Faculdade de Letras uma série de confêrencias sobre literatura galega, aproveito o curso de Literatura Portuguesa Medieval para pôr os alunos em contacto com alguns nomes: Rosalía Castro, Pondal, Cabanillas, Otero Pedrayo, etc. [...] Faltava, porém averiguar, ainda uma coisa: se à identidade da cultura correspondia também uma simpatia moral. Neste ponto ainda recebi uma jubilosíssima impressão: apesar da influência machucadora da civilizaçao castelhana, tão diferente, a alma galega vira-se para nós num aceno fraterno. E nós debemos corresponder a ele, quanto antes. -Qual o papel para desempeñar pelo Estatuto? -O Estatuto virá resolver dois grandes problemas da mais transcendente importância: o da terra, demasiado repartida e onerada de tributações incomportáveis, e o da língua, conservada pura nos lugarejos remotos e nas serras, mas afrontosamente deturpada nos grandes centros populacionais.

- Deve iniciar-se ese intercâmbio...

- ...imediatamente, com uma propaganda inteligente. Para esta indispensável aproximação, é necessário em primeiro lugar reformar a ortografia galega no sentido da nossa ortografia oficial, sempre que isto seja possível, que quase sempre o é [...]

(Rodrigues Lapa: Estudos Galego-Portugueses. Sá da Costa Editora. Lisboa 1979).



Antero de Figueiredo: Toledo: impressões e evocações.


Aquilino Ribeiro: As três mulheres de Sansâo.


Assis Esperança: O dilúvio.


Branquinho da Fonseca: Mar Coalhado (poesía).


Castelo Branco Chaves: Estudos críticos.


Fernando Pessoa escribe un prefacio ao libro Alma Errante do seu amigo Eliezer Kamenezky. En novembro publica "O Caso Mental Portugués" na revista “Fama” dirixida por Augusto Ferreira Gomes.


Fidelino de Figueiredo: As duas Espanhas.


Godofredo Rebello de Figueiredo Filho (Brasil): Poema de Ouro Preto.


João Gaspar Simões: Elói ou o romance numa cabeça.


José Lins do Rego (Brasil): Menino de engenho.


José Osório de Oliveira: Diário romântico.


José Rodrigues Miguéis: Páscoa Feliz.


Manuel Ferreira Gomes: Cartas a Columbano.


Rachel de Queiroz: João Miguel.


Ramada Curto: A cadeira da verdade e A recompensa.


Saul Dias: Mais e mais.


Tomás Vieira da Cruz (Angola): Quissange – saudade negra.


Vitorino Nemésio: Sob os Signos de Agora (ensaio).





Cataluña


Nacen:

Morren:

  • Antoni M. Alcover (1862 Mallorca).
  • Martí Genís i Aguilar (1847 Vic, Osona).
  • Pere Aldavert (1850 Barcelona).


Antoni Rovira i Virgili: El principi de les nacionalitats.


Ignacio Agustí: El veler.


Jaume Massó i Torrents: Repertori de l’antiga literatura catalana.


Joan Teixidor: Poemes.


Josep Vicenç Foix: KRTU.


Josep Maria de Sagarra: Vida privada.


Mercè Rodoreda: Sóc una dona honrada?.


Pompeu Fabra: Diccionari general de la llengua catalana.


Salvador Espriu: Laia.


Sebastià Juan Arbó: Terres de l‘Ebre.


Xavier Benguerel: El teu secret.

Flag of Spain

Nacen:



Morren:



Ernesto Giménez Caballero: Genio de España.


García Lorca : Madrigal á cibdá de Santiago, en “El Sol” de Madrid (11 de decembro) e en “El Pueblo Gallego” (8 de decembro). Tamén no nº 6 de “Resol” (decembro).


Gerardo Diego : No nº 6 de “Resol” (decembro) publícase o seu soneto “Ante las torres de Compostela”.


Joaquín de Entrambasaguas: Una guerra literaria del Siglo de Oro: Lope de Vega y los preceptistas aristotélicos.


Juan Pérez Creus: Poemas del sur (Xaén).


Ramón J. Sender: Siete domingos rojos.


Vicente Aleixandre: Espadas como labios.


Wenceslao Fernández Flórez: El hombre que compró un automóvil.


Segunda viaxe de García Lorca : a Galicia: Dá unha conferencia (6 de maio) no Teatro García Barbón de Vigo sobre “Arquitectura del cante jondo”. O 7 de maio, en Santiago, Lorca pronuncia a conferencia: “Paraíso cerrado para muchos, jardín abierto para pocos (Granada y su poeta del siglo XVII)”, título dun libro do poeta gongorino Pedro Soto de Rojas (1584-1658).


O día 11 de maio deposita un ramo de flores na tumba de Rosalía, na compaña de Carlos Martínez-Barbeito. Regresará a Galicia por 3ª vez en agosto, como director de “La Barraca”: o día 22 representa no Teatro Rosalía de Castro da Coruña La Cueva de Salamanca e La guardia cuidadosa e o 23 na praza de María Pita La vida es sueño e Los dos habladores. Irá a Santiago, Vigo, Pontevedra, Vilagarcía, Ribadeo. En novembro sería a cuarta e derradeira viaxe a Galicia; o día 20 pronuncia en Pontevedra a conferencia “María Blanchard, gloria y angustia de la pintura moderna”. En Lugo entrégalle a Fole para a revista “Yunque” o primeiro dos seus poemas galegos “Madrigal á cibdá de Santiago”.


O 7 de maio do 2018, coincidindo co 86º aniversario da presencia de Lorca en Santiago, preséntase no Casino de Santiago o “Premio Lorca, Guerra da Cal, Blanco Amor” para recoñecer o labor de persoas que fomenten o diálogo, a concordia e a fraternidade. A rexidora de París Anne Hidalgo será a primeira gañadora.





Máis culturas:


Nacen:



Morren:.



Borges: Discusión.


Carlos Reyles: El gaucho florido.


Gregorio López y Fuentes: Tierra.


Manuel Rojas: Lanchas en la bahía.


Mariano Azuela: La luciérnaga.


Oliverio Girondo: Espantapájaros (poesía).


Roberto Arlt: El jorobadito (prosa); El amor brujo (prosa) e 300 millones (teatro).



Aldous Huxley: Brave new world. (Un feliz mundo novo).Traducida ao galego por Anxo Romero para a Biblioteca Galega de Clásicos Universais.


André Bretón: Les vases communicantes.


Antonin Artaud: Manifesto do teatro da crueldade.


Bertolt Brecht: Die heilige. Johanna der Schalachthöfe (Santa Xoana dos matadoiros. Teatro).


Elias Canetti: A voda (teatro).


Ernest Hemingway : Death in the afternoon (Morte na tarde): “Galicia está á beira do mar e como é un país pobre, onde os homes ou emigran ou van para o mar, a morte non é un misterio que se busca ou no que se medita, senón máis ben un perigo diario que hai que evitar, e a xente é práctica, astuta, con frecuencia estúpida, ás veces avarenta e a súa diversión favorita é cantar en grupo”.


Ernst Jünger: O traballador.


Philéas Lebesgue: L’heritage intellectuel de Virgile au Portugal et en France.


François Mauriac: Nœud de vipères.


John Dos Passos: 1919.


Joseph Roth: A marcha de Radetzky.


Louis-Ferdinand Destouches “Celine”: Voyage au bout de la nuit.


Paul Eluard: La vie inmédiate.


Stella Gibbons: Cold comfort Farm.


William Faulkner: Light in August (Luz de agosto).



Tamén sucedeu...

  • CINE:

- Nace Carlos Saura (Huesca; 2023 Madrid).

- Howard Hawks : Scarface, a primeira gran película do “cine negro”.

Las Hurdes Tierra sin pan-618902623-large.jpg

- Buñuel : Las Hurdes.

  • Picasso : “Bañista xogando á pelota”.
  • O 5 de xaneiro, enfrontamentos en Arnedo (Rioja) entre traballadores e Garda Civil. Morren once persoas e 30 quedan feridas por disparos dos gardas.
  • Pronunciamento en Sevilla do xeneral Sanjurjo , xefe da Garda Civil (10 de agosto) que é detido cando intentaba fuxir a Portugal.
  • Ley de Bases de la Reforma Agraria que persigue rematar co latifundismo, penalizar o absentismo e axeitar a extensión dos cultivos a fin de que a terra proporcione aos que a traballan un beneficio suficiente.
  • Apróbase o Estatuto de Autonomía de Cataluña.
  • Créase o Instituto de Reforma Agraria.
  • Entra en vigor unha lei de matrimonio civil e de divorcio.
  • Secularización do matrimonio e dos cemiterios.
  • Disolución da Compañía de Xesús e confiscación dos seus bens.
  • Imposto sobre a renda.
  • Calcúlase que neste intre entre o 30% e o 50 % dos españois son analfabetos e que máis dun millón de rapaces non asiste á escola. No primeiro ano a Republica edificou máis de 7000 escolas prevendo a construción graduada doutras 20.000.
  • Nace Víctor Jara (San Ignacio, Chile; 1973 Santiago de Chile).
  • Oliveira Salazar continúa a ditadura en Portugal.
  • Declárase ilegal o partido do congreso indio; Gandhi detido.
  • Albert Einstein abandona Berlín.
  • Roosevelt elixido presidente dos Estados Unidos.
  • Guerra entre Perú e Ecuador.
  • Comeza unha guerra entre Bolivia e Paraguay polo control do Chaco Boreal.
  • O paro calcúlase en 30 millóns de persoas en todo o mundo.
  • Morre o compositor Amadeo Vives (Barcelona; ibídem 1871).