1929

De Xulipedia
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Flag of Galicia (civil).svg Cultura galega

Nacementos/Pasamentos

Child in diaper icon Nacementos
Literatura
Baldomero Cores Trasmonte (Cee; 2014 Santiago).
José Ángel Valente Docasar (Ourense; 2000 Xenebra).
Manuel Blanco Mariño (Iria Flavia; 2021 Vilagarcía). Colaborador da revista “Galicia”.
Manuel María Fernández Teixeiro (Outeiro de Rei; 2004 A Coruña); (pseudónimos: “Manuel Hortas Vilanova”; “Ernesto Alfonso Reque Varela”; “Xoán Carneiro”).
Walter Fugarolas Soilán (Lugo; ¿?). Colaborador de “Vieiros” (nº 4) e de “Nova Galicia” (nº 4).
Xesús Mariño Lago (Cabral; 1958).
Outros
O arabista Ramón Lourido Díaz (San Clodio; 2009 Madrid).
O pintor Xosé López Guntín (Vilalba; 1996 Lugo).
O pintor e escultor Luis Caruncho Amat (A Coruña; 2016 Madrid).
O pintor Afonso Díaz Jato (Lugo; ibídem 1990).
O pintor José Luis Posada (Villaviciosa, Asturias; 2002 San Antonio de los Baños). Fuxiu a Francia e de alí a Cuba. Ilustrou A muller de ferro e as dúas edicións cubanas de Memorias dun neno labrego que prologou José Antonio Portuondo.
O enxeñeiro e escritor Odón Luís Abad Flores (Puerto Tarafa, Cuba; 2016).
O antropólogo Carmelo Lisón Tolosana (Puebla de Alfindén, Zaragoza; 2020 Madrid).
O escritor Alejandro Campos Ramírez “Alejandro Finisterre” (Fisterra; 2007).
O escritor e xornalista Albino Mallo Álvarez (Vigo; 2020 A Coruña).
O escritor Miguel Carlos Vidal (Ferrol).
O escritor Jorge Víctor Sueiro (Rois; 1991 Madrid).
O cantautor portugués José Manuel Afonso Cerqueira dos Santos (Aveiro; 1987 Azeitão), que influirá notablemente nos cantantes galegos xurdidos a raíz do movemento “Voces ceibes”.
O pintor Tomás Pereira (A Coruña; 1993).
A pintora María Teresa Arias-Esperanza (Lugo). ¿?
O director e actor teatral Xosé Redondo Santos (A Coruña). ¿?
O filólogo Amable Veiga Arias (Triacastela; 1994 Benquerencia).
Elías Valiñas Sampedro, o “cura do Cebreiro” (1989).
Skull.png
Pasamentos
Literatura
Antón Losada Diéguez (Pontevedra; 1884 Moldes, Boborás).“Non deixa libros. Somentes unha maravillosa noveliña “Camiñantes” pubricada na coleizón “Alborada” que dirixía outro inesquencibre morto o poeta Amado Carballo. A obra de Lousada está en xornás, en revistas, en discursos e conferencias, en todal-as entidás culturás, políticas e económicas onde autuou”.(Nº 266 de “A Nosa Terra”).
Celestino García Romero (Santiago; 1855 Boiro).“Finouse un xesuíta enxebre”:“O P. Celestino García Romero soupo dar un notabre exemplo d’enxebreza e de feliz senso pedagóxico escribindo cousas en galego n’unha revistiña que pubricaba a Residenza dos fillos de S. Iñigo en Compostela baixo o rubro de “Catecismo de Niños y Niñas” para espallar entr’os meniños que ían a sua Catequesis”.(No nº 257 de “A Nosa Terra”).
Outros
O arquitecto Guillermo Álvarez Pérez (Buenos Aires; 1867 Cortegada).
O escritor e historiador Enrique Zas y Simo (La Habana; 1877 A Coruña).

Publicacións

Galegas

  • Abel Demo: colabora en “A Nosa Terra”. Nos nº 257 e 260: “Encol do renacimento das literaturas rexionaes no Midi Francés”.
  • Antón Fraguas Fraguas : “O Carmelo do Cordillo”, no nº 258 de “A Nosa Terra”. No nº 261 “Unha serán na catedral”.
  • Antón Goy Díaz colabora en “A Nosa Terra” coa sección “Dóas”. No nº 256 "O tío Manoel de Campá". No nº 262: "Cantiga".
  • Avelino Rodríguez Elías : “A alborada dende lonxe”, poema no nº 260 de “A Nosa Terra”. No 263: “A onda”. No 265: “Ti e mais eu”. No 267: “O inferno no purgatorio”.
  • Ben-Cho-Shey : colabora en “A Nosa Terra”: No nº 256: “Lerias”. No nº 257: ¡Viva o Celta!. No 265 “Notas de viaxe”.No 266 “Conto inmoral”.
  • Camilo Díaz Baliño “A miña estrela”, poema dedicado a Antón Fraguas, humildade sinxela, corazón esgrevio, No nº 263 de “A Nosa Terra”.
  • Castelao : Cousas (Edit. Nós, A Coruña. Só o 2º libro).
    Cousas.jpg
  • Celestino García Romero (1855-1929): “A Galicia Himno”, no nº 260 de “A Nosa Terra”. “A Galicia” (poema no nº 11 da revista “Abrente”, traducido ao italiano por Guido Batelli).
  • Corona González colabora en “A Nosa Terra”. No nº 258 " A bordo do Arlanza". No 264: "¡Sempre as ditosas saudades!".
  • Damil colabora en “A Nosa Terra” na sección “Con ferreñas e pandeiro”.
  • Eduardo Blanco Amor viaxa a Galicia no vapor Werra, onde escribe Bitácoras; aquí coñecerá a Castelao.
  • Fiz Mosteiro colabora en “A Nosa Terra”. No nº 259 "Un comentario sobre o tema do turismo".
  • Gonzalo López Abente : Vaosilveiro (novela longa) e Nemancos (poemas). No nº 263 de “A Nosa Terra” figura o poema “Non me esperes” deste libro.
  • Manuel Gulín colabora en “A Nosa Terra”. No nº 267: "Probremas da cultura galega".
  • Millobre Pinto colabora en “A Nosa Terra”. No nº 258 "Con sentimento". No 260 "Comentarios". No 265 "Feitos".
  • Ramón Otero Pedrayo : Pelerinaxes (Crónica da viaxe a pé dende Ourense a Santo Andrés de Teixido, na compaña de Vicente Risco e Xosé Ramón e Fernández-Oxea. A Coruña. “Grial” nº 52, páx. 261), A lagarada (Nós. A Coruña), Treinta y tres lecciones de geografía general (A Coruña), Lecciones elementales de historia universal (A Coruña) e Unha impresión da Galicia do sul no derradeiro ano do século XVIII (A Coruña). En “A Nosa Terra” colabora coa sección “Esquemas e lembranzas”. No nº 256 escribe: “O paisano aseñoritado de Ponteceso non sabía quen foi D. Eduardo Pondal. Sábeo o pinal de Tella i-a onda morrente do Anllóns”. No nº 260: "A cultura dos paisanos". No nº 263: “Pasado e porvir”.
  • Ramón Villar Ponte : O sentimento nazonalista e o internazonalismo (ensaio que presentou para ingresar no 1927 no Seminario de Estudos Galegos. Publicado por artigos en “A Nosa Terra”, nº 257, 258, 259, 261). No nº 263: “Eu vos digo irmans…” e “Unha afirmación inxusta”, na que comenta a afirmación de Fernández Armesto falando de Rosalía: “A Rosalía se le llama hoy en Galicia, Santa y Azorín la ha llamado divina, Rosalía ha sido una mujer excepcional, santa o divina, más no poeta”.
  • Roberto Blanco Torres : Orballo da media noite (poemas). BlancoTorres pide autorización por carta a Unamuno para traducir o poema “Galicia” ao galego e poñelo como limiar deste poemario. Non o concede e en carta do 5-III-1930 contéstalle o autor galego: “No hallo intraductibles mas que las cosas del esperanto, porque no tienen hueso ni hay corriente sanguínea en una lengua artificial”.

Blanco Torres publica nunha revista galega de Montevideo o artigo “La emigración y sus tácitos colaboradores” na que fai referencia a Portela Valladares, masón e propietario do periódico “El Pueblo Gallego” de Vigo: “En los periódicos gallegos, salvo honrosísimas excepciones, no se puede decir nada contra la inagotable sangría emigratoria. Recuerdo –y lo recordaré siempre, porque en aquella ocasión me di cuenta de la abyección a que llegan gentes a quienes la moralidad social no ha aislado todavía- cómo el propietario de cierto periódico de Vigo en que yo trabajé amenazaba a un redactor con echarlo a la calle “si le quitaba a él mil pesetas”, (palabras textuales). Le quitaba mil pesetas, por lo visto si publicaba alguna cosa contra la emigración. Lo que el redactor había hecho fue componer una noticia telefónica acerca de la mala situación económica de algunas repúblicas de América. Los consignatarios en comisión, habían ido a la administración a conminar con la retirada de los anuncios si el periódico volvía a dar noticias por el estilo. Al enterarme de ello quedé estupefacto; pero en mi estupefacción no sabía qué despreciar más: si la vileza de los que viven a expensas del infortunio, negociando con los desventurados a quienes la necesidad impele a emigrar; si el cinismo de aquellos señores que sin rebozo ni escrúpulos trataban de imponer a un periódico la negrura de sus conciencias y la inmoralidad de su triste tráfico, o la actitud de sometimiento del administrador, que era un pobre hombre incapaz de discernir en una cuestión de ética, y del propietario, quien quiere pasar por hombre culto y liberal, que fue ministro, que pertenece con grado elevado a una institución universal que tiene por finalidad el bien y el apoyo mutuo entre los hombres (la masonería) y que, en suma, es millonario”. (Aparece recolleito no libro de Blanco Torres De esto y de lo otro 1930). En “La Voz de Galicia” 11/05/1999 Xesús Alonso Montero: “A palabra fronte o poder de Portela Valladares”.

  • Seixo Rei colabora en “A Nosa Terra”.
  • Vicente Risco : No nº 256 de "A Nosa Terra" remata a publicación dos artigos da serie "Da Galiza renascente". “Meixelas de rosa” no nº 264 de “A Nosa Terra”. No 266 “Os irmanciños”.
  • Víctor Casas colabora en “A Nosa Terra” coas sección “Cousas” e “Faíscas”. Nos nº 262, 263, 264: "Pois verás...". No 267: "O purgatorio".
  • Victoriano Taibo : “Ante a saída de Enxangadas. A miña primeira interviú”, en “A Nosa Terra” nº 262.
  • X. Lamenú colabora en “A Nosa Terra”.
  • Xesús Carro: Sinos de estaño e plomo de Sant-Iago de Compostela.
  • Xosé Iglesias Roura fai a tradución ao galego do poema de Joan Maragall “Himno da arbre froital” (“A Nosa Terra” nº 258, 1 de marzo). No nº 259 de “A Nosa Terra” (1 de abril), recóllese a noticia “A Festa da Arbre Froital”: “Resultou un fermoso aito galeguista a festa da arbre froital celebrada no Seixo o 3 de Marzal. A Irmandade da Fala da Cruña estivo representada pol-os irmáns Lugrís Freire e Somoza. [,,,] Cantouse por primeira vegada o Hino ao arbre froital de Maragall con letra galega de Iglesias Roura…”.
  • Xosé Vázquez Sánchez: “Impresiós de Compostela”, no nº 263 de “A Nosa Terra”.
  • Os números de “ A Nosa Terra ” levan a advertencia de que foron revisados pola censura. No nº 262 figura: “O galego é idioma. Unha entrevista con Cabanillas”.

Relativas a Galicia

  • Wenceslao Fernández Flórez nunha entrevista feita en Madrid polo periodista portugués Novais Teixeira e publicada no “Diario de Notícias” de Lisboa afirma que non lle disgustaría escribir en Portugués e di o seguinte: “Ha quinze anos a esta parte reconhece-se, efectivamente, essa necesidade. Eu pertenço á geração que iniciou o movimento, e, despois de nós, vieran as Irmandades da Fala, cujo labor de compreensão nacionalista é digno de todo o aplauso. Já se vai notando grande variedade de termos portugueses em substituição de barbarismos castelhanos, e eu confio que a minha lingua, alentada agora pela acção evolutiva, ha-de mais cedo ou mais tarde ceder a este inevitavel fenomeno de encorporação natural. Facilmente nos compenetraremos da consideravel importancia disto, se não esquecermos que a população galega hoje 3.000.000 de habitantes, numero superior a muitas nações europeias, e que aínda se fala galego nas quatro quintas partes da Galiza”.
  • A “Revista del Centro Gallego de Montevideo” (12-X-1917) pasa a denominarse “Galicia. Revista del Centro Gallego de Montevideo” cando se publica o nº 151. (xaneiro 1931).
  • O Centro Galego de Barcelona comeza a publicar “Galicia en Cataluña”.
  • Fúndase en Buenos Aires “Dolmen”, revista oficial da Asociación Nueva Casa de Galicia.
  • Marcial Ginzo Soto funda en Ourense o diario “Galicia” que desaparecerá no 1937.
  • Aparece na Coruña a revista “Galicia Clínica”.
  • Eugenio de Olano funda en Vigo a revista “Gaceta de Galicia” co subtítulo de “Letras, artes, industrias, actualidades…” e que só acadou dúas entregas. O director do primeiro número foi José L. Viñas Castro, quen xa non constaría como tal no segundo. Nela colaboraron Otero Pedrayo, Florentino López Cuevillas, Eugenio Montes, Primitivo Rodríguez Sanjurjo… Baixo o epígrafe “Proloquios” colabora tamén Blanco Torres cun artigo titulado “La intelectualidad gallega y la cultura” e co que sería o derradeiro nesta revista titulado “Saludo a Luis Bello en Galicia”.
  • Antonio Couceiro Freijomil: Ortografía gallega. Bases para su unificación.
  • Benito Menacho Ulibarri: Gotas de agua pasada (México).
  • Carlos Montenegro: El renuevo y otros cuentos.
  • Evaristo Correa Calderón: Índice de utopías gallegas (Madrid).
  • Gabino Díaz de Herrera: Versos marineros.
  • José Díaz Andión: La historia y sus héroes (Lugo).
  • Juan Vicente Martínez Quelle: Memorias de mis viajes. Relato anecdótico y descriptivo.
  • Luis Peña Novo: Nuevas orientaciones sociales.
  • Manuel Linares Rivas: Hilos de araña.
  • Otero Pedrayo edita os libros de texto Treinta y tres lecciones de Geografía General (A Coruña) e Lecciones elementales de Historia Universal (A Coruña).
  • Ramón Fernández Mato: La tragedia del delantero centro (Vigo).

Acontecementos

  • Fúndase na Coruña ORGA ( Organización Republicana Gallega Autónoma ), presidida por Santiago Casares Quiroga (1934).
  • Castelao viaxa pola Bretaña francesa.
  • Vicente Risco ingresa na Real Academia Galega co discurso “Un caso de Lycantropía (O home-lobo)”, lido o 23 de febreiro no salón de actos da “Reunión Recreativa e Instructiva de artesanos da Coruña”. Respondeulle Ramón Cabanillas. A noticia está recollida no nº 258 de “A Nosa Terra”. Vicente Risco parte para Alemaña cunha beca para estudar etnografía e folklore.
  • Ramón Cabanillas e Armando Cotarelo ingresan na Real Academia Española como representantes da lingua galega. O 26 de maio Cabanillas le o seu discurso de ingreso na Real Academia Española: “Un somero recuerdo de la vida y obra de Eduardo Pondal”. Respóndelle o seu amigo o Marqués de Figueroa. O número correspondente ao 30 de xuño, do semanario “La temporada en Mondariz” está dedicado á entrada de Cabanillas na RAE, incluíndo un artigo de Luís de Zulueta, en castelán, sobre a obra poética do escritor cambadés: “Pero este poeta de ingenuas ternuras, cantor de la santa pobreza y el santo trabajo, es también, por natural contraste, el vate de la protesta y la rebeldía. Si en una mano levanta la rama del olivo, empuña la hoz en la otra. El hambre, el frío, la miseria en la choza labriega, las inicuas vejaciones, arráncanle gritos de lucha “¡Solta a tralla, negreiro, e limpa o corazón!”… e a reprodución dunha entrevista que lle fora realizada por Antonio Ferro para o “Diário de Notícias” de Lisboa. A sección galega da Academia queda constituída por Menéndez Pidal, Cotarelo (pai e fillo), Marqués de Figueroa e Cabanillas.
  • Maximino Castiñeiras emigra a América onde exercerá como practicante.
  • Emilio Canda Pérez redactor-xefe de “Vida Gallega”.
  • Lueiro Rey traballa como contable nunha fábrica de conservas no Grove, sendo despedido no 1931 por solidarizarse publicamente cunhas traballadoras.
  • En Montevideo créase a “Asociación Protectora de la Cultura Gallega” que pretende recadar axudas para o “Seminario de Estudos Galegos”, a “Real Academia Galega” e outras obras culturais. No mes de xullo aparece “Arazúa”, que leva o subtítulo de “Boletín de la Asociación Protectora de la Cultura Gallega”.
  • Na Argentina, as loitas entre bandos dentro da Federación de Sociedades Gallegas, Agrarias y Culturales, fan que o sector socialista abandone a Federación, creando a “Federación de Sociedades Gallegas de Buenos Aires”, cunha nova revista, “Acción Gallega”. No mes de outubro de 1936, reunificaranse de novo co nome de “Federación de Sociedades Gallegas de la República Argentina”.
  • Fole cursa Dereito na Universidade de Santiago de Compostela, estudos que abandonará sen licenciarse. Aquí compartirá pensión con Cunqueiro e relacionarase con Seoane, A. Cuadrado e Luís Manteiga.
    Eduardo Rodríguez-Losada
  • Seoane fai a súa primeira exposición na santiaguesa sala “Amigos del Arte”, presentando un feixe de debuxos e caricaturas de amigos e personaxes da vida compostelá.
  • Colmeiro estuda as iconografías do mundo rural e da antropoloxía galega, interesándose pola paisaxe, o bodegón, a temática social, a mitoloxía, as maternidades, a etnografía e a antropoloxía.
  • Manuel Antonio embarca en Cádiz no pesqueiro vigués “Arosa”, faenando en augas africanas, pero verase obrigado a desembarcar por mor da súa tuberculose.
  • Fermín Bouza Brey nomeado xuíz de primeira instancia. Fai viaxes de estudo a Francia e Portugal (este último con Cuevillas).
  • Estréase o 31 de maio no Teatro Tamberlick de Vigo a ópera O Mariscal baseada no texto de Cabanillas. O proxecto musical é obra de Eduardo Rodríguez-Losada Rebellón e o escenógrafo é Camilo Díaz Baliño.
  • O Tribunal Supremo condena a Blanco Torres á pena de dous anos de desterro a 150 km da cidade de Vigo e 1500 pts de multa por un delito de inxurias a Portela Valladares.
  • Terceira viaxe de Hemingway a Galicia.
  • Primeira viaxe de Gerardo Diego a Galicia que resultará fortemente impresionado polo Pórtico da Gloria. Escribe dous sonetos: “Ante las torres de Compostela” e “Aquella noche”. En 1940 publicará o libro Ángeles de Compostela. Escribirá outros poemas dedicados a Martín Códax, Macías o Namorado, Valle-Inclán Rosalía de Castro e o Apóstolo Santiago.

Premios

Mail-client-Breeze-Icon.svgEpistolario

No mes de maio, Castelao escribe a Javier Sánchez Cantón: Ya llevo varios días en Bretaña. Tiempo podrido. Empiezo por Quimper. Sólo llevo visto dos cruceros, pues con la lluvia estamos bloqueados. Esto resulta interesante y la vista se regala viendo cosas y gentes que parecen nuestras. Vida cara; para ingleses [...]. (Obra. Castelao. Vol. VI Galaxia 2000).

Noutra carta dende Bretaña a Casto Sampedro: Aquí la gaita está tan olvidada como en Galicia la zafona. He procurado encontrar el método de gaita para enviárselo; pero nadie sabe que aquí se hubiese publicado semejante libro [...] He visitado dos museos de prehistoria, el de Kermuz y el de Penmarc’h. ¿Cuando tendremos nosotros uno así? [...] (Obra. Castelao. Vol. VI. Galaxia 2000).


Cara a finais de ano escribe a Salvador Cabeza de León: Xa din remate o meu traballo en col das cruces de Bretaña. Non é un traballo moi longo; pero levará moitos dibuxos, que xa están feitos. Dígame cando podo ir a Sant’iago para leel-o no Seminario. [...] Como eu non dispoño de cartos somentes poderei publicar o meu traballo contando co Seminario. Non sei o que custaría o conto; pero cicais non sexa moito, pois os dibuxos son a liña e o fotograbado non pode ascender a moito máis de unhas quiñentas ou seiscentas pesetas. Si o traballo lles parece dino de ir á imprenta e houbese cartos non estaría mal publicalo deseguida, pois antretanto pode aparecer un libro alá en Bretaña e o meu traballo pode ser xa reseso... (Obra. Castelao. Vol. VI. Galaxia 2000).

Sumarios

Nós. Boletín Mensual da Cultura Galega.


Nº 61 (xaneiro).

R. Carballo Calero: Poesía. Fermín Bouza Brey: O puñal do Museu Antropolóxico de Madride. Avelino Gómez Ledo: Por terras orientais II. F. Lanza: O insino en Ribadeo dende o século XVI ó XIX. R. Otero Pedrayo: Unha impresión da Galicia do Sul no derradeiro ano do s. XVIII. Catálogo dos castros galegos, da Seizón de Prehistoria do S. E. G. Arquivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza: Folklore en Ribadeo. Os homes, os feitos, as verbas.

Nº 62 (febreiro).

R. de Serpa Pinto. Petroglifos de Sabroso e a Arte Rupestre em Portugal. Xosé Filgueira Valverde: A eirexa pre-románica de Francelos. Avelino Gómez Ledo: Por terras orientals III. Os homes, os feitos, as verbas.


Nº 63. (marzo).

A. Guimerá: As catro viuvas (Trad. Abel Demo). Arturo Noguerol: (Vilas galegas): Rianxo. S.N.: O movemento Pan-Celtista. Fermín Bouza Brey e Luís Brey Bouza: Cancioeiro das Ribeiras do Tea. Arquivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza. Os homes, os feitos, as verbas: A recepción de Vicente Risco na Academia Galega.

Nº 64 (abril).

Arturo Noguerol: Romances mariñeiros de calima rianxeira. A. Villar Ponte: O asilo azul (conto)... Florentino L. Cuevillas: As insculturas do Coto do Corno. R. Otero Pedrayo: Do século XIX. Un latrofaccioso. Manuel F. Costas: As industrias líticas da Guardia. Novas estazóns. Arquivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza. Os homes, os feitos, as verbas.


Nº 65 (maio).

Euxenio Montes: Río (poema). Ramón Otero Pedrayo: Fabricio del Dongo e Federico Moreau, ou dous tipos da paixón romántica. Antón Taboada Roca: A nascencia do xeneral La Carrera. S.N.: Armórica e Galiza. Avelino Rodríguez Elías: O termo “Confurco”. Manuel F. Costas: As industrias líticas da Guardia. Novas estazóns. Arquivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza: Toponimia do Partido de Ribadeo. Os homes, os feitos, as verbas: Cotarelo na Academia Española. O seu discurso.

Nº 66 (xuño).

Fermín Bouza Brey: Tenzón co malvís amigo. Ramón Otero Pedrayo: Xelmírez, orador. Manuel F. Costas: As industrias líticas da Guardia. Novas estazóns. Arquivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza: Folk-lore dos Chaos d’Amoeiro. Os homes, os feitos, as verbas: O estreno de “O Mariscal”.


Nº 67 (xullo).

Blanco Amor: Canzón leda. Castelao: Sant-Iago na Bretaña. Ramón Otero Pedrayo: As sombras nais. Vicente Risco: Dedalus en Compostela (Pseudoparáfrase). Arquivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza.

Nº 68 (agosto)

Gonzalo López Abente: Estreliña…! (poesía). Ramón Otero Pedrayo: A visita. Catálogo dos castros galegos do Seminario de Estudos Galegos. Arquivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza. Os homes, os feitos, as verbas.


Nº 69 (setembro)

Roberto Blanco Torres: Elegía do esprito enfermo. Ramón Otero Pedrayo: Pesadelos. Catálogo dos castros galegos polo Seminario de Estudos Galegos. Manuel P. Costas: Ilustrazóns das Industrias Líticas da Guardia. Os homes, os feitos, as verbas.

Nº 70 (outubro).

Georges Chenneviere: Pamir (trad. de R. O. P.). Vicente Risco: Jogadores de cartas. Catálogo dos castros galegos polo Seminario de Estudos Galegos. F. Bouza Brey: Encol da voz Magorrento. Arquivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza. Os homes, os feitos, as verbas. Respostas a un questionario. Freguesía de San Pedro de Moreiras (Toén).


Nº 71 (novembro).

Antón Lousada Diéguez morto en Pontevedra o 15 de outono de 1929. Inéditos do Lousada. Unha lección de Lousada Diéguez. Arquivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza.

Nº 72 (decembro).

Mário Cardozo: Jóias arcaicas encontradas em Portugal. Emilio González López: Bocetos de Munich. Arquivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza

Flag CPLP.gif Cataluña Flag of Spain Outras culturas

NobelPREMIO NOBEL DE LITERATURA: Thomas Mann

Flag CPLP.gif CPLP - Comunidade dos Países de Lingua Portuguesa


Nacen




Morren:

  • Augusto Gil (Guarda; 1873 Lordelo do Ouro).
  • Wenceslau de Moraes (Tokushima; 1854 Lisboa).




En Vila Nova de Famalição comeza a editarse no mes de xullo a publicación “Revista internacional. O soneto neo-latino” subtitulada “Florilégio de sonetos inéditos das linguas latinas e suas afíns”. Como directores figuran Álvaro de Castellões e Júlio Brandão. Entre os colaboradores figuran Noriega Varela, Otero Pedrayo, Aquilino Iglesia Alvariño e Álvaro das Casas.


Adolfo Casais Monteiro: Confusão (poesía).


Afonso Duarte: Os sete poemas líricos.


Agostinho da Silva: Sentido histórico das civilizações clássicas.


António Pedro da Costa: Devagar.


António Sardinha: Purgatório das Ideias.


Aquilino Ribeiro: O romance da raposa.


Eça de Queirós (1845-1900): Cartas Inéditas de Fradique Mendes.


Fernando Pessoa: Antologia de poetas portugueses modernos. No libro Temas de João Gaspar Simões aparece o primeiro estudo crítico sobre a poesía de Pessoa. Rexorde a amizade de Pessoa con Ophélia, sobriña do poeta Carlos Queiroz.


Hernâni Cidade: A Marquesa de Alorna, Vida e Obras.


José de Almada Negreiros: S.O.S. (teatro).


José Régio: Biografia (poemas).


Manuel Rodrigues Lapa: Das origens da poesia lírica em Portugal na Idade-Media (Seara Nova. Lisboa).


Olga Gonçalves: A floresta em Bremenhaven.


Raul Brandão: O avejão (teatro).





Cataluña


Nacen:

Morren:


Carles Soldevila: Fanny (novela).


Francesc Trabal: L’home que es va perdre.


Guerau de Liost: Sàtires.


Joan Estelrich i Artigues : La qüestió de les minories nacionals i les vies del dret (Llibreria Catalonia, Barcelona). Hai unha versión en francés sen censura: La question des minorités et la Catalogne (1929). En carta de Antón Villar Ponte dille: “El artículo que dediqué a su notable libro sobre las minorías nacionales lo dejó reducido la censura a unos cuantos renglones sin coherencia que son los que Vd ha visto. Yo ya no sé cómo hablar ni de qué hablar para que el lápiz rojo no me mutile. Leo a diario la prensa catalana y puedo darme cuenta de que ahí hila la censura más delgado todavía. El galleguismo se va intensificando más cada vez. Yo, que he tenido la honra de darle el impulso inicial, me siento satisfecho por ello. Los prestigios mayores de Galicia están con nosotros. […] De buen grado iríamos a los Congresos de Ginebra; pero económicamente aún no somos todo lo fuertes que debiéramos serlo”.(“Grial” nº 210. “No centenario das Irmandades da Fala. Epistolario entre Antón Villar Ponte e Joan Estelrich”.


Joan Maragall (1860-1911): No nº 258 de "A Nosa Terra", Xosé Iglesias Roura fai a tradución de "Himno da arbre froital":


«Pranta a cantar, canta ô prantar

est’arbre espida.

Prantándoa ben, no Abril verás,

que frorescida!.


Joan Oliver i Sallarès “Pere Quart”: Gairebé un acte o Joan, Joana I Joanet (teatro).


Joaquim Ruyra: Entre flames.


Josep Maria de Sagarra: Cafè, copa i puro (artigos) e All i salobre (novela).


Josep Pla: Cartes meridionals e Madrid (Un dietari).


Salvador Espriu: Israel (O seu primeiro libro, escrito en castelán).


Xavier Benguerel i Llobet: Pàgines d’un adolescent.

Flag of Spain

Nacen:





Morren:


  • Torcuato Luca de Tena y Álvarez Ossorio (Madrid; 1861 Sevilla).




A partir do nº 49 (1 de xaneiro), a revista “La Gaceta literaria” comeza a incluír as primeiras “Gacetas”. A “Gaceta catalana” estaba dirixida por Tomás Garcés dende Barcelona e Juan Chabás dende Valencia. A “Gaceta portuguesa” (na que tamén se recollían noticias provenientes de Galicia e de Brasil), estaba coordinada dende Lisboa por António Ferro e Ferreira de Castro. Da “Gaceta americana” facíanse cargo Guillermo de Torre, en Buenos Aires e Benjamín Jarnés en Madrid e da “Gaceta del arte” ocúpanse Antonio Espina e Sebastián Gasch. Máis tarde aparecerán outras como a “Gaceta política y diplomática”. No nº 62 (15 de xullo), João Gaspar Simões publica o artigo “Modernismo” subliñando as figuras de Mário de Sá Carneiro e Fernando Pessoa. No nº 63 (1 de agosto), Juan Estelrich publica o artigo “La cuestión de las minorías nacionales”: “… entre los derechos y libertades necesarios al hombre, hay el de guardar sus características personales o colectivas: lengua, religión, cultura. La asimilación forzosa, es decir, la supresión por la violencia, la amenaza, el temor, es el procedimiento utilizado por el estado mayoritario imperialista contra sus minorías nacionales”.(En Sobre el iberismo y otros escritos de literatura portuguesa de César Antonio Molina. Edit. Akal. Madrid 1990).

Azorín : Leyendo a los poetas (Zaragoza, librería General). Aparecen artigos sobre Rosalía de Castro. Veraneo sentimental (Zaragoza, Librería General). Referencia a unha viaxe de Azorín ao balneario de Mondariz en 1905. Superrealismo; Blanco en azul.


Carmen Conde: Júbilos.


Ernesto Giménez Caballero: Julepe de menta.


Jacinto Benavente: Vidas cruzadas.


Julio Camba: La casa de Lúculo o el arte de comer.


Luis Cernuda: Un río, un amor.


Manuel Chaves Nogales: La bolchevique enamorada.


Miguel de Unamuno: El hermano Juan.


Ortega y Gasset: La rebelión de las masas.


Rafael Alberti: Cal y canto; Sobre los ángeles e Yo era un tonto y lo que he visto me ha hecho dos tontos.


Ramón Menéndez Pidal: La España del Cid.


Victoriano García Martí: La emoción del momento e El sentimiento de lo eterno.






Máis culturas:


Nacen:




Morren:.


Borges: Cuaderno de San Martín (poesía).

José Carlos Mariátegui: Siete ensayos de interpretación de la realidad peruana.


Mariano Brull: Poemas en menguante.


Martín Luis Guzmán: La sombra del caudillo.


Roberto Arlt: Los siete locos.


Rómulo Gallegos: Doña Bárbara.


Samuel Eichelbaum: Cuando tengas un hijo (teatro).


Teresa de la Parra: Las memorias de Mamá Blanca.




Alberto Moravia: Gli indifferenti.


Alfred Döblin: Berlin Alexanderplatz.


Bertolt Brecht: Aufstieg und Fall der Stadt Mahagonny (Ascensión e caída da cidade Mahagonny).


Breton: Segundo Manifesto do surrealismo.


Ernest Hemingway: Farewell to arms (Adeus ás armas).


Halldór Laxness: O libro do pobo.


Henri Michaux: Ecuador (poesía).


Italo Svevo: Profilo autobiografico.


Jean Cocteau: Les enfants terribles e Opium.


Louis Aragon: La grande gaîté (poesía) e con André Breton: Le trésor des jésuites.


Luigi Pirandello: Questa sera si recita a soggetto (teatro).

Un cuarto de seu. Virginia Woolf


Paul Eluard: L‘amour, la poésie.


Saint-Exupéry: Courrier-Sud.


Virginia Woolf: A Room of One’s Own (trad. ao galego Un cuarto de seu) e To the Lighthouse (trad. ao galego Cara ó faro (1993).


Vladimir Maiakovski: A chinche.


Wilhelm Reich: Materialismo dialéctico e psicoanálise.


William Faulkner: The sound and the fury (O son e a furia ) e Sartoris.



Tamén sucedeu...

  • Nacen:

- O director de cine Alain Tanner (Xenebra; ibídem 2022).

- O cura guerrilleiro Camilo Torres (Bogotá; 1966 San Vicente de Chucurí).

  • Luís Buñuel e Salvador Dalí, en París, cos surrealistas.
  • Revolta estudiantil: péchanse as universidades españolas.
  • Exposición Iberoamericana en Sevilla e Exposición Universal de Barcelona.
  • Por vez primeira en España, transmítese por radio unha estrea teatral: Las hogueras de San Juan, de Juan Ignacio Luca de Tena .
  • Luís Buñuel e Salvador Dalí: Un perro andaluz, un clásico do cine surrealista, causa sensación e escandaliza na exposición de París.
  • Gala abandona a Éluard para vivir con Salvador Dalí que pinta: “Adaptación del deseo” e “El gran masturbador”. Realiza unha exposición en París.
  • Picasso: “Mujer en una butaca roja”.
  • Celébrase en España o primeiro campionato de liga, que gaña o F.C. Barcelona.
  • Salazar inicia en Portugal unha ditadura que durará case 50 anos.
  • O 24 de outubro, o xoves negro: Quebra da bolsa de valores de New York. Millóns de persoas quedan sen emprego.
  • Tratado de Letrán entre a Santa Sé e Italia polo que se permite a creación do estado independente do Vaticano.
  • Mussolini asina co Vaticano os acordos de Letrán.
  • Créase o Partido Revolucionario Institucional (PRI) en México.
  • Trotski é expulsado da URSS.
  • Reunificación de Servia, Croacia e Eslovenia.
  • Goberno laborista en Gran Bretaña.