1923

De Xulipedia
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Flag of Galicia (civil).svg Cultura galega

Nacementos/Pasamentos

Child in diaper icon Nacementos
Literatura
Adolfo Rey Ruibal (Buenos Aires; 1867 A Coruña).
Agustín González López (Louro, Muros; 1989 A Coruña).
José Landeira Yrago (Santiago; 1995 Vigo).
Xavier Costa Clavell (Chantada; 2006 Barcelona).
Outros
O prehistoriador e antropólogo Alfredo García Alén (Pontevedra; ibídem 1981).
O antropólogo nacionalizado mexicano Santiago Genovés Tarazaga (Ourense; 2013 Ciudad de México) .
Luis Caparrós Muñoz (Sevilla; 1983 A Coruña). Xornalista
A escritora e xornalista sueca Christina Lilliestierna (Gotemburgo; 2000 Marín).
O avogado Modesto Rodríguez Figueiredo (Porriño; 1976 Baio).
O pintor Xosé Conde Corbal (Pontevedra; 1999 Vilagarcía).
O pintor Antonio Tenreiro Brochón (A Coruña; 2006).
O humorista gráfico Xosé María Pérez Forxán (Cons, A Coruña; 2000 Madrid).
José Manuel Rey de Viana, fundador do Ballet Gallego (Ourense; 1995 A Coruña).
O fotógrafo Manuel Ferrol Fernández (Cabo Vilán, Camariñas; 2003 A Coruña).
O contista e actor teatral Daniel González González “Xanete” (Filgueira, Lalín; ibídem 2013).
O político Antonio Carro Martínez (Lugo; 2020 Madrid).
O político Pío Cabanillas Gallas (Pontevedra; 1991 Madrid).
A pedagoga Antía Cal (La Habana; 2022 Meira, Moaña).
Skull.png
Pasamentos
Literatura
Andrés Martínez Salazar (A Coruña; 1846 Astorga).
Manuel Murguía (A Coruña; ibídem 1833).“Murguía non era somente un sabio, foi ademais un nauta que soupo indircitar as nosas mocedades pol-o camiño que leva ás definitivas reivindicaciós da Terra”. (“A Nosa Terra”, 179, 15 de febreiro).
José María Barreiro (Baiona; ibídem 1883).
Outros
Asasinado, o periodista e escritor Luís Antón del Olmet (Madrid; 1886 Bilbao). Deputado datista por Padrón.
O galeguista Constantino Horta y Pardo (La Habana; 1860 Pontedeume). Colaborou en diversas publicacións galegas de Cuba. Fixo a carreira de Dereito e foi abogado gratuito dos galegos emigrados na Illa.
O violinista Humberto González (Madrid; 1868 Pontevedra).
O erudito sueco Göran Björkman que traduciu ao sueco a varios escritores galegos (1860).
José Riestra López, Primeiro Marqués de Riestra (Pontevedra; ibídem 1853).
O poeta e xornalista Renato Ulloa Varela (1850 Pontevedra).
O escritor José Millán Astray (Madrid; 1850 Santiago).

Publicacións

Galegas

  • No nº 190 de “ A Nosa Terra ” aparecen as “Bases das Escolas do Insiño Galego, Anexas a “Irmandades da Fala ” na Cruña”. Na base 1ª das dez existentes dise: “O insino n’estas Escolas farase no idioma hespañol, si ben utilizando tamén o galego na letura da nosa literatura peculiar e demais libros didáiticos que se poidan outer, e para algunhas espricaciós de leiciós práitcas, a fin de qu-os nenos poidan comprender mellor as ensinanzas d-os mestres”.
  • No nº 190 infórmase dunha homenaxe a Rosalía celebrada no mes de xullo polo Instituto Histórico do Minho de Viana do Castelo no que interviron entre outros Teixeira de Pascoaes e Noriega Varela .
  • No nº 192 de “A Nosa Terra” (12-9-1923): “Os nosos poetas. Ramón Cabanillas ”: Vemos pola prensa galega que o noso meirande poeta actual, o poeta da raza, vai emprender novamente o camiño do desterro para facer frente á vida que na sua terra amóstraselle fosca e despiadada.Tódolos diarios din que eso sería un baldón para Galicia, mais, que seipamos, nen un sô ofreceulle o agarimo dun lugar na sua redacción; nen un só facilitoulle un emprego decoroso, d’eses que tantas veces se lle conceden a algúns periodistas de menor cuantía…
  • No núm. 197 publícase o artigo “Fomentando o insiño. As escolas da Irmandade”: “O xefe do autual Goberno ten dito en varias ocasiós que se robustecería a persoalidade das rexiós e que habería respeto para as línguas rexionaes.[…] Así o pregoa tamén a real Orden do 21 de Nadal pubricada na “Gaceta” do 29 que no seu preámbulo di: “Considerando que no existe ninguna disposición que prohiba en el orden privado la enseñanza de dialectos o lenguas regionales, por lo que sin incluirla en los establecimientos docentes oficiales pueda considerarse su enseñanza y práctica particular”.
  • O 25 de xuño ve a luz en Buenos Aires a revista “ Terra ”. Autodenominouse “Órgano da Irmandade Nazonalista Galega da América do Sul”, saíndo co subtítulo de “Boletín da cultura galega”. O director era Ramiro Isla Couto, facendo de secretario Eduardo Blanco Amor. Nela participaron entre outros, Castelao, Risco, Cabanillas, Bouza Brey… e tamén os portugueses Teixeira de Pascoaes, Leonardo Coimbra e García Oliveira. No primeiro número, na folla da portada aparecía o artigo “Isto é o que é o Nazonalismo Galego”, de Vicente Risco. Desaparece co número 5.
  • Alfredo Brañas : “O Hino galego de Alfredo Brañas” (“A Nosa Terra” nº 186).
  • Ánxel Casal : “Escolas do Insiño Galego. Pol-o ben de Galicia” (“A Nosa Terra” nº 191).
  • Eugenio López Aydillo : "Los cancioneros gallego-portugueses como fuentes históricas" (Revue Hispanique París-New-York).
  • Eugenio Montes : “Tornan as vacas para a aldea”, poema no nº 189 de “A Nosa Terra”.
  • Leandro Carré : colabora en “A Nosa Terra”. No núm. 184 (1 de maio) publica o artigo “A moderna orientación do teatro galego”. Trátase dunha conferencia organizada pola “Seición de Cultura e Fala” (6 de abril): “E ao me referir ao Teatro Galego, non falo naturalmente mais que do escrito na nosa fala, porque eu non podo en maneira algunha considerar como obras galegas a todas aquelas que, ainda tratando de copiar tipos da terra, son escritas en castelán. […] Certamente que en Galicia, coma en todol-os pobos do Universo, existen homes viles e iñorantes; mais ¿a qué ven ese empeño en presentar escrusivamente estas lacras da humanidade cando se quer facer unha pintura das nosas xentes? Por qué ese afincar mais e mais na crenza dos estranos que os galegos somos todos altamente cobizosos, torpes e grotescos? Se algúns escritores, galegos somente porque abriron os ollos á vida en terras de Galicia, mais non pol-o amor que lle teñan, non pol-o que a conozan, non pol-o que a estimen, imitando os moitísimos autores estranos que de cote nos tratan con bulra e con desprecio, d’unha maneira falsa, torpe e burda que revela canta é a sua iñorancia e mais a sua baixeza espiritual, nos aldraxan e nos rebaixan ante os alleos no nivel que ocupamos ¿non imos ter o dereito de lles cuspir no rosto? […] Somente nesta Irmandade da Fala vense sostendo unha “Escola Dramática Galega” que fai o posibre, dentro dos medios reducidos con que conta, para intensificar e perfeicionar as manifestaciós da nosa arte teatral. Se esta “Escola” lograse algún apoyo que lle permitise dispoñer de mais amplio campo de acción, podería efectuar representaciós nos teatros de toda Galicia, e a nosa Dramática resprandecería así pol-o seu propio valimento en pouquísimo tempo”. No nº 192 “A fala nos une e nos alenta”.
  • Manuel Antonio escribe o poemario Sempre e mais dispois (1972). Remata os estudos de Náutica.
  • Noriega Varela : No nº 87 do semanario “Justicia” de Mondoñedo, publícase o poema “Coa mudez”.
  • Padre Sarmiento : Onomástico etimológico de la lengua gallega (escrito entre 1757 e 1769; edición de Lago González, “La Integridad”; Tui).
  • Rafael Dieste : primeiras colaboracións co “Faro de Vigo”. Amizade con Carlos Maside.
  • Ramón Cabanillas : “Galicia diante dos mártires de Sobredo”, poema en “A Nosa Terra” nº 181. No nº 194, o poema “O paxariño”.
  • Rosalía de Castro (1837-1885): Conto gallego (publicado no “Almanaque gallego para 1923” de Manuel de Castro López, en Buenos Aires). Nunha extensa nota explica a procedencia do manuscrito orixinal, que consideraba inédito e escrito de puño e letra pola autora e que pertencera a Florentino Corbeira Marín. Publícase como inédito e así se consideraría ata que no 1994 María do Carme Ríos Panisse descobre que xa fora editado no 1864 nun folletín do xornal coruñés “El Avisador”, asinado coas iniciais R. C.. Máis tarde aparecería tamén no xornal “El Eco Ferrolano” no 1868, esta vez asinado como Rosalía de Castro de Murguía. O texto do folletín de “El Avisador” coincide basicamente co de “El Eco Ferrolano”, pero en cambio as distorsións que presenta con aqueles a edición do “Almanaque Gallego para 1923”, fai pensar que este sería unha copia da edición ferrolá de 1868 e os erros en gran parte debidos ao tipógrafo arxentino. (“Grial” nº 195, 2012).
  • Xavier Fraga: “Sobre a reforma da división rexional” (“A Nosa Terra” nº 194).
  • O nº 101 do 1 de febreiro, da revista compostelá “ La Renovación ”, inclúe o poema “Muiñeira” de Luis Tobío Fernández, dedicado a Filgueira Valverde.
  • Deixa de publicarse a colección literaria Céltiga (marzo de 1922) dirixida por Xaime Quintanilla. O derradeiro número é o 13 Semprenoiva, novela galega por Francisco Cabo Pastor, con portada de María Cabo. Aparece anunciado o número 14 coa novela de Vicente Risco: A trabe d’ouro e a trabe d’alquitrán que xa non se publicaría.

Relativas a Galicia

  • Aparece en setembro a revista coruñesa “ Alfar ”, continuadora da “Revista de Casa América-Galicia”, dirixida polo poeta uruguaio Julio José Casal (1889-1954). A partir de 1929, co núm. 61 pasará a editarse en Montevideo. O derradeiro número será o 91 (1954-1955), coincidindo coa data de falecemento do seu fundador e director. Conta con colaboracións de Antonio Machado, Manuel Machado, Azorín, Ricardo Baroja, Gabriel Miró, Unamuno, Ramón María Tenreiro, Cipriano Rivas Cherif, Rafael Cansinos, Borges, Luis Buñuel, Ernesto Giménez Caballero, Rafael Alberti, Gerardo Diego, Amado Carballo, Eladio Rodríguez, Noriega Varela, Victoriano Taibo…En carta de Seoane a Díaz Pardo do 3 de marzo de 1971 di: “Alfar fue muy importante, por ella entraron en España las inquietudes renovadoras europeas”. Nun artigo en “Alfar” de Ramón María Tenreiro co título “Una visita a Picasso” escribe: “En la Coruña pasé los últimos años de mi niñez y los primeros de la mocedad. No he vuelto por allí, pero sabe usted del cariño que le conservo a aquella tierra, que me parece bellísima en el recuerdo. Mire, mire aquí tengo postales de La Coruña: los Cantones, el Relleno, el Jardín de San Carlos, la Torre de Hércules, el Instituto da Guarda donde estudié mi bachillerato”.
  • O 28 de outubro, aparece no xornal “Galicia” de Vigo a sección “Domingos literarios de Galicia”.
  • En La Habana, Miguel Fernández Seijo, dirixe a revista ilustrada, bilingüe “Galicia Gráfica” da que só saíron dous números.
  • Na revista portuguesa “ A Aurora do Lima ”, editada en Viana do Castelo, no número 52 do 13 de xullo, aparecen xunto a poemas de escritores portugueses outros de Rosalía de Castro, Noriega Varela, Manuel Núñez González, Francisco Salgado y López-Quiroga e Ramón Fernández Mato.
  • José Ortega y Gasset funda a “Revista de Occidente” na que colaborarán escritores galegos como Euxenio Montes, Evaristo Correa Calderón, Roberto Nóvoa Santos…
  • Álvaro de las Casas: Los villanos de Armentar (Madrid).
  • Benito Veloso Prado: Sangre gorda (monólogo en verso).
  • Germán Rodríguez García: La meiga de Vilquirime (Madrid).
  • Hugo Obermaier: Impresiones de un viaje prehistórico por Galicia.
  • Isidro Buceta: El agrarismo gallego y su momento actual (Madrid).
  • José García Acuña: La Mariñana (Madrid).
  • Manuel Linares Rivas: La mala ley.
  • Nicasio Pajares: El conquistador de los trópicos.
  • Pilar Millán-Astray: Al rugir del león.
  • Primitivo Rodríguez Sanjurjo: Escenas de gigantomaquia.
  • Xavier Bóveda: Canto a la raza gallega; Versos de fe y de silencio e Penumbras (Buenos Aires).
  • Xulio Sigüenza: De los agros celtas (Prólogo de Jacinto Benavente).

Acontecementos

  • Álvaro Cebreiro en París.
  • V Asemblea Nacionalista na Coruña.
    Seminario en Ortoño
  • O 12 de outubro, na casa de Castro de Ortoño reúnense un grupo de mozos universitarios; a partir do tratado alí, asínase o día 23 a acta fundacional do “ Seminario de Estudos Galegos” (1923-1936); entre outros asinan Armando Cotarelo Valledor, Fermín Bouza Brey, Xosé Fernando Filgueira Valverde, Ramón Martínez López, Manuel Magariños Negreira, Xosé Pena e Pena, Wenceslao Requejo Bouet, Francisco Romero Lema, Luis Tobío Fernández e Alberte Vidán Freiría. Ingreso nel de Castelao, Manuel Lugrís Freire; Otero Pedrayo responsable do apartado de xeografía.

“Non eran tempos doados para Galicia aqueles. Facía un mes que o Dictador Primo de Rivera estaba no Poder. O galeguismo andaba desacougado, aqueloutrado, atouteñado. Se cadra é un dato revelador o feito de que a revista “Nós” non se publique dende o 1 de xulio de 1923 ó 25 de xulio de 1925. Vese que os vellos non saben ben qué facer. Mentras “Nós” cala, mentras os vellos inquiren cáles serán as reales intencións da Dictadura, un fato de rapaces firma na aldea de Ortoño o nacemento do Seminario. O escenario confírelle á empresa unha fasquía de galeguismo cultural, de galeguismo non político, e no programa queda claro que se trata dunha laboura estrictamente intelectual. (...) O certo é que quen conoza o publicado, decatarase decontado de que nesas páxinas están examinados anacos moi importantes da realidade galega, do existir dos galegos. Sabido é que o conocemento dun país implica e suscita compromisos” (Xesús Alonso Montero, Revista das Letras. El Correo Gallego 1/10/1992).

“Un dos feitos máis importantes e siñificativos da laboura (que desenvolveu o Seminario) é o emprego do galego por primeira vez como lingua de espresión científica. Da mesma maneira de como fixeran os seus colegas do Institut d’Estudis Catalans ou millor ainda da Institució Catalana d’Historia Natural, o galego, de mans dos científicos daba un paso mais na sua normalización como medio de espresión axeitado a tódolos materiáis e contenidos. (...) Os traballos en ciencias naturáis do Seminario convírtensenos, para os que nestes tempos teimamos en facer unha ciencia xenuinamente galega, en guieiro entrañable e inesquecible” (Francisco Díaz Fierros. Revista das Letras. El Correo Gallego 1/10/1992).

“Da semente de Nós nace o Seminario de Estudos Galegos, istitución chea de vitalidade, na que uns mestres únecos na sua sabencia e, especialmente no seu maxisterio e amor á Terra, conseguiron organizar algo que non ten paralelo no desenrolo da cultura galega. Elí, man a man mestres e discípulos, foise faguendo unha escola de investigación que aixiña deu brilantes froitos”. (Xaquín Lorenzo Fernández. Revista das Letras. El Correo Gallego 1/10/1992).

  • Carlos Maside participa na “Exposición Regional Gallega de Bellas Artes” con dúas caricaturas e un debuxo. Coñece a Rafael Dieste. Amizade con Castelao.
  • Blanco Torres director do xornal agrarista “ La Zarpa”.
  • Eduardo Blanco Amor e quince emigrantes máis fundan a Irmandade Nazonalista Galega n’ América do Sul”.
  • Antonio Rey Soto marcha de novo a Cuba.
  • O pai de Lueiro Rey, mestre, obtén destino no Grove, a onde se traslada con toda a familia.
  • O 21 de agosto celébrase na Coruña o primeiro congreso rexional do anarquismo galego.
  • Homenaxe a Murguía en Viana do Castelo.
  • Os restos de Nicomedes Pastor Díaz trasladados a Viveiro. Co gallo do traslado, o día 13 de setembro, o crítico literario Enrique Díez-Canedo y Reixa (1879 Badajoz; 1944 México) pronuncia en Viveiro a conferencia “Pastor Díaz poeta” que será publicada dous días despois no “Heraldo de Viveiro”.
  • Coa fusión do Vigo e do Fortuna nace o Real Club Celta de Vigo.

Premios

Epistolario

Mail-client-Breeze-Icon.svgEpistolario

En carta de Seoane a Díaz Pardo do 3 de marzo de 1971 di: “Alfar fue muy importante, por ella entraron en España las inquietudes renovadoras europeas”. Nun artigo en “Alfar” de Ramón María Tenreiro co título “Una visita a Picasso” escribe: “En la Coruña pasé los últimos años de mi niñez y los primeros de la mocedad. No he vuelto por allí, pero sabe usted del cariño que le conservo a aquella tierra, que me parece bellísima en el recuerdo. Mire, mire aquí tengo postales de La Coruña: los Cantones, el Relleno, el Jardín de San Carlos, la Torre de Hércules, el Instituto da Guarda donde estudié mi bachillerato”.

Sumarios


Nós (nº 15) 1 de xaneiro.

O pintor Imeldo Corral. V. Taibo: Prosa. Jaime Quintanilla: Razas loiras e razas morenas. Vicente Risco: O teósofo alemán Rudolf Steiner. Manoel Fuentes Canal: Do cançoneiro Colocci-Brancuti. W.B. Yeats: Literatura céltiga: Nosa Señora dos Outeiros. Quod nihil scitur (continuación); tradución de Xan Aznar Ponte. Seición arqueolóxica: Intento de catalogación dos castros galegos. Archivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza. Os homes, os feitos, as verbas. Fóra de testo:

- Estética da muiñeira (separabre), por E. Montes.

- Castro Gil: Os caciques (augaforte).


Nós (nº 16) 1 de febreiro).


Manoel Murguía. Castelao: Do meu diario. Xaquín Arias Sanxurxo: Papeletas cervantinas ao marxe de Galiza. Arqueoloxía. Bello Piñeiro: A pintura galega. As nosas pubricaciós. Archivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza. Os homes, os feitos, as verbas.



Nós (nº 17) 1 de marzo.

O noso arcebispo galego: “Dempois de mais d-un século en que ningún galego rexiu a groriosa Eirexa Compostelán, co-a mais grande ledicia vemos hoxe nomeado pr-o mais outo posto relixioso de Galiza ó siñor Manoel Gonzales Lago…”. Manoel Portela Valladares: En col da lingua. A.Villar Ponte: A cantiga do fento. Vicente Risco: O teósofo alemán Rudolf Steiner (proseguimento). Castelao Cruceiros (grabado). Eduardo de Ontañón: En col da chuvia. F. Bouza Brey: Seición arqueolóxica. As fontes pr’a hestorea antiga de Galiza. Archivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza. Os homes, os feitos, as verbas.


Nós Nº 18 (1 de xullo).


Castelao: Do meu diario. E. Blanco Amor: Noiturnio. Xavier Prado Lameiro: Firma de creto. Francisco Luís Bernárdez: Apoloxética do cadaleito. Vicente Risco: A estrela do Apóstolo. R. Cabanillas: Noso Señor Sant’Yago. Vicente Risco: O teósofo alemán Rudolf Steiner. Ángel del Castillo e Florentino L. Cuevillas: Seición arqueolóxica: Os restos da eirexa visigótica de San Martiño de Ourense. Os dólmenes do Monte das Motas en Lobeira. Guerra Junqueiro.Teixeira de Pascoaes: A Galiza.Os homes, os feitos, as verbas.



Nós. (Nº 19). 25 de xullo).


Florentino L. Cuevillas: A Edade do Ferro na Galiza. Euxenio Carré Aldao: A lenda de San Amaro o Pelengrino. Quod nihil scitur (continuación); tradución de Xan Aznar Ponte. Archivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza: Contos. Ramón Otero Pedrayo: Temas compostelanos. Os homes, os feitos, as verbas.



A revista “Nós” que até este número do mes de xullo se imprimía nos talleres do xornal ourensán “La Región”, pasará a imprimirse despois dunha interrución, en Pontevedra co número 20 do mes de agosto de 1925.

Flag CPLP.gif Cataluña Flag of Spain Outras culturas

NobelPREMIO NOBEL DE LITERATURA: William Butler Yeats

Flag CPLP.gif CPLP - Comunidade dos Países de Lingua Portuguesa


Nacen






Morren:

  • Abílio Manuel Guerra Junqueiro (Lisboa; 1850 Freixo de Espada à Cinta).







Manuel Teixeira Gomes elixido Presidente da República, cargo ao que renuncia dous anos despois en protesta contra a falta de ética dos políticos.


Alberto de Serpa: Saudades do mar.


Alberto Sampaio: Estudos históricos e económicos (2 volumes).


Alfredo Cortês: O lobo.


Álvaro de Campos publica dous opúsculos: Sobre un Manifesto de Estudantes (en defensa de Raúl Leal) e Aviso por Causa da Moral.


Antero de Figueiredo: Espanha: páginas galegas, leonesas, asturianas, vasconças e navarras.


António Botto: Motivos de Beleza (cunha nota de Pessoa).


António Ferro: A idade do jazz-band.


António Sardinha: Chuva da Tarde.


Castelo Branco Chaves: Fialho de Almeida e A ideia de nobreza em Camilo.


Florbela Espanca: Livro de soror saudade.


Guerra Junqueiro (1850-1923): No nº 193 de “A Nosa Terra” figura o seu poema:


“Quando eu morrer, abram-me o peito

E desta jaula onde houve un leão

Tiren (o cárcere era estreito)

Meu velho e altivo coração.


Dempois, sen dô e sem respeito,

Sem un murmurio de orazão

Lancem-no assim! vai satisfeito.

 vale escura, â podridâo…”.


Henrique Lopes de Mendonça: O crime de Arronches.


Jaime Cortesão: Divina voluptuosidade.


José de Almada Negreiros: Os Outros (teatro).


Leonardo Coimbra: A razão experimental.


Mário Beirão: Pastorais.


Menotti del Picchia (Brasil): Dente de ouro.


Ramada Curto: A fera.


Raul Brandão: Os pescadores (viaxes); O Gebo e a Sombra (teatro); O Rei Imaginário (teatro) e O Doido e a Morte (teatro).


O nº 7 de “Comtemporânea” inclúe os poemas de Pessoa en Francés "Trois Chansons mortes".


A editorial “Olisipo” publica en febreiro o folleto de Raúl Leal, asinado co pseudónimo de “Henoch” "Sodoma Divinizada". O Gobernador Civil de Lisboa ordea o seu secuestro , e a mesma sorte corren as Canções de António Botto.


A recén constituída “Liga de Acción dos Estudantes de Lisboa” publica Manifesto dos Estudantes das Escolas Superiores de Lisboa, ofensivo contra a denominada “Literatura de Sodoma”.


Pessoa, Raúl Brandão, António Sérgio, Aquilino Ribeiro, Luís de Montalvor e Jaime Cortesão asinan un escrito contra a prohibición pela censura de Mar Alto de António Ferro.


Raúl Leal publica un novo manifesto: "Uma Leção de Moral aos Estudantes de Lisboa e o desmascaramento da Igreja Católica".


Tomaz da Fonseca: Ensino laico.


Wenceslau de Moraes: Ó-Yoné e Ko-Haru.







Cataluña


Nacen:

Morren:


No artigo “A moderna orientación do teatro galego”, (“A Nosa Terra, núm. 184 do 1 de maio) no que se recolle a súa conferencia organizada pola Seición de Cultura e Fala, que tivo lugar o 6 de abril de 1923, Leandro Carré di, no apartado “O que se fai por fora”: “En Cataluña, que é a rexión onde maor atención merescen a música e mais a dramática xenuinamente catalás, ergueuse un “Pazo de música catalá” e téñense feito xa estudos para levantar tamén o “Pazo da dramática catalá”. En Barcelona funciona unha “Escola catalá d’arte dramática” e o “Fomento do Teatro catalá”, ambas de fundación particular. Varias revistas contribuiron sempre ao fomento e progreso d’esta arte; entre elas lembramos: “Lo Teatre regional”, “La Escena catalana”, “Juventut Teatral” e “Lo Teatre catalá”, ademais d’outras pubricaciós periódicas de numerosas obras dramáticas catalás. E consagrados á esta arte esisten os teatros “Catalá Romea” e “Espanyol” na capital, e outros varios e mais de moitas sociedades artísticas nas diferentes cidades”.


Eugeni d´Ors vaise vivir a Madrid.


Àngel Guimerà: Rosa de Lima (prosa).


Carles Riba: Les aventures d‘en Perrot Marrasquí (conto). Traballa no Instituto d‘Estudis Catalans xunto a Pompeu Fabra na confección do Diccionari.


Jaume Massó i Torrents: La cançó provençal en la literatura catalana.


Joan Puig i Ferrater: Un home genial (teatro).


Joan Salvat-Papasseit: Poema de la Rosa als Llavis.


Josep Maria de Sagarra: Cançons de rem i de vela (poesía).


Marià Manent: Poesia.


Prudenci Bertrana: El meu amic Pellini i altres contes.


Ventura Gassol: Les tombes flamejants (poemas).

Flag of Spain


Nacen:






Morren:



Aparece en Madrid o primeiro número da “Revista de Occidente”, fundada por Ortega y Gasset.

Unha das publicacións oficiais do Directorio Militar de Primo de Rivera foi o “Catecismo del ciudadano” de Teodoro Iradier.


Ernesto Giménez Caballero: Notas marruecas de un soldado.


Eugenio d´Ors: Tres horas en el Museo del Prado.


García Lorca escribe dúas cartas a Teixeira de Pascoaes : “Querido poeta: Desde San Sebastián le recuerdo con todo cariño. Ha sido para mi un gran placer el conocerle y haber pasado unos días en su gratísima compañía…”. Na segunda: “Mi querido poeta: Desde la expléndida vega de Granada donde paso el verano, le envío un saludo muy admirativo y cariñoso. Nunca olvido los días que pasamos juntos en la Residencia de estudiantes, ni se me puede borrar de la memoria su figura, tan llena de castidad y de pura poesía. ¿Tendré noticias vuestras? Foron publicadas por Enrique J. Nogueras Valdivieso no nº 4 do mes de febreiro de 1985 na revista “Olvidos” de Granada.


Guillermo de Torre: Hélices.


Juan Ramón Jiménez: Poesía e Belleza.


Julio Camba: Aventuras de una peseta.


Ortega y Gasset: El tema de nuestro tiempo.


Pío Baroja: El laberinto de las sirenas.


Ramón Gómez de la Serna: El chalet de las rosas. Comeza a construír en Estoril un chalet ao que denomina “El Ventanal”, feito que relata en La Sagrada Cripta del Pombo (1924): “El único fajo de billetes que he poseído –cuarenta mil pesetas mondas y lirondas, que me dejó mi padre- lo he empleado íntegro en ese hotelito para la digna soledad del novelista, sin atender el familiar consejo de “y con qué vivirás si caes enfermo?”.


Wenceslao Fernández Flórez: El secreto de Barba Azul.








Máis culturas:


Nacen:




Morren:.

  • Jaroslav Hasek (1881 Checoslovaquia).
  • Katherine Mansfield (1888 Nova Zelanda).
  • Maurice Barrès (Neuilly-sur-Seine; 1862 Charmes).
  • Raymond Radiguet (París; 1903 Saint-Maur).



Borges: Fervor de Buenos Aires (poesía).


César Vallejo: Escalas melografiadas (relatos).


Pablo Neruda: Crepusculario.


Ricardo Güiraldes: Xaimaca.



Edward Estlin Cummings: Tulips and chimneys (poesía).


George Bernard Shaw: Santa Xoana (teatro).


Isaak Bábel: O exército de cabaleiría (1923-1925).


Italo Svevo: La coscienza di Zeno.


Jean Cocteau: Thomas l’imposteur.


Paul Valéry: L’âme et la danse e Eupalinos ou l’architecte.

Rainer Maria Rilke, 1900


Raymond Radiguet: Le diable au corps.


Rilke: Sonetos a Orfeo (Vertida ao galego en 1980 por Lois Tobío).


Wallace Stevens: Harmonium (poesía).



Tamén sucedeu...

  • Nacen:

- En Estrasburgo o mimo Marcel Marceau ; 2007).

- En Barcelona Antoni Tàpies (2012).

  • Wassily Kandinsky : “No cadrado negro”.
  • CINE: Buster Keaton: A lei da hospitalidade.
  • Juan de la Cierva inventa o autoxiro.
  • O compositor Amadeo Vives estrea “Doña Francisquita”.
  • Ditadura de Primo de Rivera, 1923-1930: O 13 de setembro inicio da ditadura de Primo de Rivera. Nin o Goberno nin Alfonso XIII amosan unha forte oposición ao golpe militar.
  • Reforma institucional: unha Xunta militar substitúe o Goberno; suspéndense os xurados, disólvense os concellos e as deputacións.
  • Tropas francesas e belgas ocupan o Ruhr ante o impago das indemnizacións alemás.
  • Hitler intenta derrocar o goberno bávaro en Múnich pero fracasa e é encarcerado.
  • Mussolini inicia a transformación de Italia nun estado fascista.
  • Nevada e Montana convértense nos primeiros estados de Estados Unidos que implantan un sistema de pensións de xubilación.
  • Morren:

- O pintor Joaquín Sorolla (Cercedilla; 1863 Valencia).

- O compositor Tomás Bretón (Madrid; 1850 Salamanca).

- Asasinado o Secretario da CNT Salvador Seguí.

- Asasinato do revolucionario mexicano Pancho Villa.