1922

De Xulipedia
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Flag of Galicia (civil).svg Cultura galega

Nacementos/Pasamentos

Child in diaper icon Nacementos
Literatura
Isidoro Millán González Pardo (Pontevedra; 2002).
Joaquín Meira Díaz (Carballo; ¿?). Tivo Mención honorífica no "Premio Castelao de Teatro Galego" dos anos 1965 e 1966.
Josefina López de Serantes “Josefina López González” (A Coruña; ibídem 1998).
Ketty Quintana Lacaci (Cee; 2012 A Coruña).
Luz Pozo Garza (Ribadeo; 1920).
Manuel García Sánchez (A Roda, Tapia de Casariego. Escritor de teatro en lingua galega A fala).
Segundo Alvarado Feixóo-Montenegro (Ourense; 2007).
Sindo Seixido (Limodre, Fene).
Tomás Barros Pardo (Toledo; 1986 A Coruña). Pintor, poeta e dramaturgo.
Outros
A actriz María Casares (Montrove, A Coruña; 1996 Lavergne).
O pintor Luis Limés Ambrós (Vigo; ibídem 2011).
O pintor Jaime del Valle-Inclán Blanco (A Pobra do Caramiñal; 1985 Barcelona).
O musicólogo José López Calo (Nebra, Porto do Son; 2020 Salamanca).
O compositor Carlos López García-Picos (Betanzos; 2009 Oleiros).
O escritor Lauro Olmo Gallego (Barco de Valdeorras; 1994).
A escritora María Victoria Villaverde (Vilagarcía de Arousa; 2017 Ribadumia).
O xornalista Maximino Rodríguez Buján “Máximo Sar”; (Padrón; 2022 Caldas de Reis).
O arquitecto José Bar Bóo (Vigo; 1994 Madrid).
A pintora Asunción Bonet Correa “Choncha Bonet” (A Coruña; 2011).
Manuel Fraga Iribarne (Vilalba; 2012).
José Cora Rodríguez (O Barqueiro; 2008 A Coruña); primeiro Valedor do Pobo de Galicia.
O fotógrafo Cándido Souza Fernández (1984).
O historiador José Manuel Pita Andrade (A Coruña; 2009 Granada).
O editor Francisco Porrúa (Corcubión; 2014 Barcelona).
Skull.png
Pasamentos
Literatura
Benito Fernández Alonso (Ourense; 1848 Santa María a Real de Entrimo).
Ricardo Carballal (A Coruña; ¿?). “Foi un dos fundadores da “Irmandade da Fala” na Cruña, foi xornalista en lingua galega e foi tamén un vidente nas evoluciós que foron sucedéndose no desenvolvemento do nacionalismo”. (“A Nosa Terra”, nº 174).
Xavier Valcarce Ocampo (A Coruña; ¿? Lugo).
Outros
O escultor José Cerviño García (Aguas Santas, Cotovade; ibídem 1843).
O músico Ricardo Courtier (Ourense; 1865 A Coruña).
O arquitecto Jenaro de la Fuente y Domínguez (Vigo; ibídem 1851).
O industrial Antonio Sanjurjo Badía (Vigo; 1837 Sada).
O fotógrafo José Sellier Loup (A Coruña; 1850 Givors, Francia). Pioneiro da filmación e da difusión do cine.
O escritor e xornalista José María Riguera Montero (Viveiro; 1845 Nogueira, Ourol).

Publicacións

Galegas

  • No mes de marzo aparece no Ferrol, auspiciada pola editorial do mesmo nome, a colección literaria Céltiga dirixida por Xaime Quintanilla, e subtitulada “Novela mensual ilustrada”, que se inicia coa súa novela curta Saudade, ilustrada por Imeldo Corral. Vendíase a 30 céntimos e chegaron a saír 13 números, o último en xaneiro de 1923.
  • No nº 2 do mes de abril, publícase Os catro cisnes brancos, lenda celta por Louey Chisholm, traducida ao galego por Manoel Fernández Barreiro e cun debuxo de Castelao na portada.
  • O nº 3 (maio) é a obra de Antón Villar Ponte Almas mortas, ilustrada por Camilo Díaz. No remate dise nunha nota da redacción: “Céltiga está sendo o mais grande éisito literario de Galicia. Abonda con decire que o número primeiro esgotouse compretamentes e que, aínda dupricando a tirada, vai pol-o mesmo camiño o número 2”.
  • No nº 5 publícase, cunha ilustración de Cebreiro, Axúdate e O menciñeiro de Eugenio Charlón e Sánchez Hermida.
  • No nº 7 publica Castelao Un ollo de vidro (Memorias d’un esquelete) con oito debuxos do autor.
    Céltiga un ollo de vidro.jpg
  • No nº 10 Euxenio Montes publica O vello mariñeiro toma o sol, O aniño da Debesa e Como na parábola de Peter Breughel. Con portada de Fer-Mazas.
  • O nº 11 é A santa compaña de Roberto Nóvoa Santos , con portada e debuxos de Bello Piñeiro (tradución de Xaime Quintanilla).
  • O nº 13 Semprenoiva, novela galega por Francisco Cabo Pastor , con portada de María Cabo. Aparece anunciado o nº 14 coa novela de Vicente Risco: A trabe d’ouro e a trabe d’alquitrán que xa non se publicaría.
  • Amado Carballo, Juan Vidal Martínez e Modesto Bará Álvarez fundan en Pontevedra a revista escrita totalmente en galego “ Alborada ”. Sairán 4 números, o primeiro no mes de maio.
  • Comeza a publicarse en Madrid, na Editorial Ibérica a revista para nenos “ As Roladas ” co subtítulo de “Folla dos rapaciños galegos”, dirixida por Ramón Cabanillas. Só saen dous números á rúa, un en maio e o derradeiro en xullo deste mesmo ano. No primeiro número sinálase que a publicación pretende educar os nenos galegos no amor á Terra e á súa cultura. Propón a creación “en cada vila, en cada escola, en cada sociedade de labregos” dunha Rolada. A Rolada colle o nome da “fuxida de paxariños que deixan o niño tépedo para ensaiar o primeiro vóo no azul luminoso”. “As roladas terán, cando menos, cinco rapaciños irmandados, e traballarán con todo amor e vontade en recoller notiñas e apuntes, sobor da toponimia e o folklore de Galicia e, en xeral, no que teña intrés e relación coa cultura galega”.

“A Primeira Rolada” (mes de Santiago de 1922), comeza así: “O fondo amor a Terra de Enrique Peinador, corazón sempre aberto a toda nobre e xenerosa empresa, e do Sr. Couñago, Mestre da escola de San Cibrán de Mouriscados, debemos o enxergamento da primeira rolada. Chéguenlles con toda a devoción con que llos mandamos, o noso saúdo, a nosa embora e o noso agradecimento”.

  • Aparece en Santiago “ Cuentos Nuevos ”, revista literaria que publica tres contos de Marcial Cebral e tres de Rafael Dieste, todos en castelán.
  • En Betanzos ve a luz “ Rexurdimento ”, co subtítulo de “Boletín quincenal. Órgao dos intereses mariñás”, dirixido por Salvador Mosteiro. Tería unha segunda parte como boletín da Irmandade Nacionalista Galega, aparecendo artigos políticos de Vicente Risco en todos os números.
  • O nº 155 de “ A Nosa Terra ” abre co seguinte titular: “Despois de unha labor de varios anos en que puxo toda a ideoloxía da nosa Santa causa neste boletín, Antón Villar Ponte presentóu a sua dimisión de director de “A Nosa Terra”. Dende hoxe un Consello de Redacción composto de prestixiosos literatos e entusiastas irmáns, redactará este boletín que recibirá a inspiración d’esta e demais Irmandades de que é orgo”.

Por amar non sabiamente

mais como louco servente

ei servido á quen non sente

meu cuidado….

  • A partir do nº 170 inclúese un vocabulario castelán- galego.
  • Armando Cotarelo : Trebón (teatro). Sobre ela di Leandro Carré en “A moderna orientación do teatro galego”, conferencia organizada pola “Seición de Cultura e Fala” (6 de abril de 1923) e publicada logo en “A Nosa Terra” o 1 de maio de 1923: “Trebón é unha obra compreta, nela vive a vida das nosas viliñas rurales e noustante ten un âr de señorío que encanta, pol-a sua delicadeza, pol-a forma culta en que se desenvolve, e pol-a beleza das frases que a animan. As figuras están ademirabremente trazadas, e teñen todas elas unha persoalidade tan definida que son realmente persoas vivas, coas suas almas, coas suas pasiós, coas virtudes e defeitos á que responden de cote as suas acciós e os seus pensamentos todos”.
  • Asieumedre : colabora en “A Nosa Terra”: nº 155 “A mareira”. No 157 “O primeiro cacique”. No 169 “Asorey”.
  • Castelao : Un ollo de vidro. Memorias d’un esquelete (Céltiga 7, con gravados do autor. Ver 1976). Publica en “Nós” (20/04; nº10) "Do meu diario" (Dend’o mes de xaneiro ó mes de San Xoan en París) e o 26/06; nº 11 "Cubismo". Colabora con “La Zarpa” (Ourense) e “Galicia” (Vigo).
  • Euxenio Montes : O vello mariñeiro toma o sol e outros contos (O vello toma o sol, O aniño da devesa, Como na parábola de Peter Breughel) e "Estética da muiñeira" (ensaio nos números 13, 15 de “Nós”).
  • Francisca Herrera Garrido : A ialma de Mingos (Ferrol). En castelán Pepiña (novela). No nº 166 de “A Nosa Terra”: “¿Cántigas…? para a Nosa Terra”. No 168 “Portugal e Galiza”.
  • Galo Salinas y Rodríguez : estréanse Feromar e Copas e bastos. No artigo de Leandro Carré “A moderna orientación do teatro galego”, (“A Nosa Terra, núm. 184 do 1 de maio de 1923) no que se recolle a súa conferencia organizada pola Seición de Cultura e Fala, que tivo lugar o 6 de abril de 1923, Leandro Carré di: “En diversos certames que se fixeron en Santiago e no Ferrol foron premiados Feromar, un intenso drama pasional de Salinas, aínda sen estrenar porque a Escola Rexional de Declamación para o que foi escrito desfíxose disgraciadamente axiña, e non sendo aquela obra impresa fíxose pouco conescida”.
  • Leandro Carré Alvarellos : A venganza. Colabora en “A Nosa Terra”. No nº 172: “Unha bruxa”. No 173 “A Cátedra de literatura galaico-portuguesa”: “Anda estes días pol-os diarios de Galicia a nota de que a “Asociación de Estudiantes Católicos” proponse facer rexurdir o asunto da creación d’unha cátedra de Literatura galaico-portuguesa na Universidade de Santiago, e traballar pola súa realización.[…] Qué contraste hai entre toda esta frialdade, este desinterés ou mais ben a oposición que se fai en España á estes estudos, que pertenecen á propia vida dos pobos hispánicos, e a importancia que se lles concede en países estranxeiros. Nos Estados Unidos, por exemplo, na Universidade de Yale existe a cátedra de idioma e literatura española, e, semanalmente, fanse leiciós sobre as linguas e literaturas rexionais, entre as que figura a galega. En Lubeck, tamén o Dr Bjorkman ven facendo estudos sobre a nosa fala e literatura; e esisten igualmente na de Coimbra, onde doña Carolina Michaelis ten unha atención preferente para o galego. E así en Suecia, e en Francia; en Inglaterra e Italia, hai quen se preocupa de nos estudar como pobo vivo, con arte e literatura propios; mais en España…¡Que noxo produce todo esto!”.
  • Lois Peña Novo colabora en “A Nosa Terra”. No nº 155 “Da inferioridade do enseño centralista”. No 174 “Contestando a Risco. O Nacionalismo e a Política”: “A disparidade fundamental entre o criterio de Risco e mail-o meu está en que para él o nacionalismo non é mais que un problema de cultura; e para min, sendo un problema de cultura, é denantes de todo un problema de libertade”.
  • Manuel Antonio comeza o poemario Foulas (28 poemas datados entre 1922 e 1925. Editados no 1972).
  • Manuel Fernández y González: O gaiteiro das Penizas (Córdoba, Argentina).
  • Manuel Lugrís Freire: Gramática do idioma galego (Primeira redactada en galego. A Coruña, Moret). No nº 166 de “A Nosa Terra”: “Este novo libro contén un estudo sintético e integral do noso idioma; e na fonética e morfoloxía resolve todal-as dúbidas en col do emprego das voces. A Sintaxis é compreta e crara, fixando regras seguras para o bon orde das palabras na oración. Leva como aditamentos os nomes de persoas, toponimia, meses e días, denominación dos ventos, táboa dos principais castelanismos, mostras literarias escolleitas e un vocabulario galego-castelán.Véndese a 3,50 pesetas o exemplar na libreiría e imprenta de “Zincke Hermanos”, Cantón Grande, 21-A Cruña”.
  • Ramón Cabanillas : "O cabaleiro do Sant Grial" (no volume I, de maio, da revista pontevedresa “Alborada”). Colabora en “A Nosa Terra”. No nº 162 “Terra”. No 163 “Meus irmáns”. No nº 164: “Aos escolares lusitanos”.
  • Ramón Otero Pedrayo : “Encol da aldeia” (núm. 14 de “Nós”): “… eu cando chego a unha cibdade descoñecida, o primeiro que fago é buscar unha torre alta e rubir a ela pra coller d’unha ollada ambiciosa a maneira como o pobo está posto no campo, si está torto ou direito, se s’espalla ou si s’encolle. Cando non hai torre enton rubo n-un tellado. A comparanza das tres visións: Toledo, Sevilla, Santiago enseñan mais sobr’a hestoria, a arte, o carauter dos pobos hespañoes que longas leuturas e cen eruditos cursos.

[…] Santiago rise do sol, da lúa e da auga. Non-a teme: ó contrario, ela, continúa a obra dos arquiteitos e dos escultores, decorándoa co-as preciosas coloraciós dos musgos e liquens, dos orecelos e das parietarias. […] Compre que todos s’afagan a pensar que só no cultivo da xente do campo está a formación d’unha Galiza com’a que desexamos todol-os verdadeiros fillos d’ela. A vida escasa, recollida, imperfeita das aldeias, está necesitada d’un amoroso coidado, d’unha longa milloración chea pra nós de sacrifizos e desespranzas, mais que é un deber pra nós”.

  • Vicente Risco : colabora en “A Nosa Terra”. No nº 155 “O que é unha nación”: “ Estes vínculos (fala, tradiciós, costumes, historia, etc.), añadindo a sua acción â da étnia e á da terra, determinan nos individuos certas coincidencias psicolóxicas, certo modo de ser común a todos eles, que constiuie o “caracter nacional”, e xunguen n-unha solidaridade necesaria os intereses de todos eles, n’un interés colectivo superior que é o “interés nacional”. No nº 171: “A ineficacia do Estado hespañol”.
  • Víctor Casas: colabora en varios números de “A Nosa Terra” no apartado “Cousas”.
  • Victoriano Taibo : Abrente (poemas con ilustracións de Álvaro Cebreiro. Santiago). Figuran algúns poemas seus en “A Nosa Terra”, moitos pertencentes a este libro “Non son os ollos fagueiros” no nº 158. No nº 163, o poema “Poderan as cadeas” dedicado a Luís Peña Novo. No 171: “O meniño está no berce”. No 172 “Chegou a min un alalá perdido”.

Relativas a Galicia

  • Blanco Amor , director do “Correo de Galicia”, inclúe na portada do número do 11 de xuño o artigo de Vicente Risco “Nazonalismo galego”.
  • Ernesto Cádiz Vargas funda o xornal “ Galicia. Diario de Vigo”, dirixido primeiro por Felipe Lavandeira e logo por Valentín Paz-Andrade. Manuel Lustres Rivas foi o redactor xefe, cargo que ocuparía máis tarde Roberto Blanco Torres. Desaparecerá o 15 de setembro de 1926, despois dunha suspensión gubernativa en 1925, debido á súa inspiración galeguista e de esquerdas.
  • Dirixido por Antón Alonso Ríos, nace en Buenos Aires, o 1 de xaneiro “ El Despertar Gallego”, órgano da “Federación de Sociedades Gallegas, Agrarias y Culturales” da República Arxentina, nacida en outubro de 1921. (Desaparece no 1930 coa ruptura da federación).
  • En xullo ve a luz na Coruña a revista “Luz”, dirixida por Juan María Felipe. Saíron catro números, nas catro semanas dese mes de xullo.
  • O 20 de agosto comeza a edición na Coruña de “Gráfica”, co subtítulo de “Revista quincenal ilustrada”. Só sairán tres números até o 1 de outubro de 1922. No número 1 réndese unha homenaxe a Murguía e faise referencia ao manifesto “Máis alá! de Manuel Antonio e Álvaro Cebreiro. Ten colaboracións en castelán e en galego.
  • En setembro nace na Coruña a “ Revista de Casa América-Galicia”, continuadora de “América-Galicia”.
    Spanishgalicia00bellrich.jpg
  • Alberto Insúa (1883-1963) publica El negro que tenía el alma blanca.
  • Álvaro de las Casas: Las caracochas (Valladolid).
  • Aubrey Fitz Gerald Bell: Spanish Galicia (Galicia vista por un inglés) (Londres. Publicado por Galaxia no 1994. “Grial” nº 124). Tamén hai unha tradución ao galego de X. M. Gómez Clemente para a Biblioteca Galega de Clásicos Universais.
  • Enrique Estévez Ortega: El alma de Galicia (Madrid).
  • Herminia Fariña: Cadencias.
  • José González Carbalho: Campanas en la tarde.
  • Javier Montero Mejuto: El más valiente (Madrid).
  • Juan Barcia Caballero e o seu fillo Juan Barcia Eleizegui: El señor Nin (novela inserta en forma de folletín en “El Eco de Santiago”).
  • Manuel Carlos Vidal Rodríguez estrea o drama El abuelo de Rosendo.
  • Manuel Linares Rivas: Almas brujas.
  • Ramón Fernández Mato: Heroica cobardía.
  • Salvador de Madariaga: Romances de ciego (Madrid. Con limiar de Unamuno).
  • Simeón Blanco Cicerón: La noche clara (Madrid).
  • Victoriano García Martí: Lugares de belleza y devoción. Impresiones de Galicia.
  • Represéntase na Coruña o drama de José Castro Lens A xusticia pol-a man.

Acontecementos

  • Manifesto Máis alá de Manuel Antonio e Álvaro Cebreiro. No nº 166 de “A Nosa Terra” do 1 de xullo coméntase: “Vimos unhas folliñas impresas que nos enchen de ledicia. Nelas asegúrase que unha nova era de escentilante alborada vai chegar axiña para a nosa literatura. […] Pol-o visto Rosalía, Curros, Pondal, etc., etc., non fixeron nada, perderon o tempo como uns coitados, ao dicir dos firmantes da folliña de referencia…”.
  • Vicente Risco, nunha carta a Vicente Viqueira fala duns 500 afiliados ás Irmandades, dos que uns 300 estarían na Coruña.
  • Antonio Rey Soto marcha a Cuba regresando pronto, para voltar a marchar ao ano seguinte.
  • O pintor Arturo Souto instálase en Madrid ingresando na Academia de Bellas Artes de San Fernando.
  • IV Asemblea Nacionalista en Monforte.
  • Ruptura das Irmandades da Fala. Aparece a Irmandade Nazonalista Galega (Vicente Risco, Antón Losada) e o Partido Nazonalista Galego.
  • Blanco Torres, traballa en Ourense como xefe de redacción do xornal agrarista “La Zarpa”.
  • Xosé Ramón Fernández Oxea comeza a empregar o pseudónimo Ben-Cho-Shey nuns artigos enviados dende Melilla a “La Zarpa” de Ourense.
  • Luís Pimentel licénciase en Medicina en Santiago e marcha a Madrid para facer o doutoramento.
  • O 28 de novembro, morreron tras enfrontamento coa Garda Civil, Venancio González Romero, Xaquín Estévez Besada e Cándida Rodríguez González, en Sobredo (Guillarei), despois de que dous mil veciños da comarca se manifestaran en solidariedade cun labrego ao que as autoridades lle ían embargar os seus bens por negarse a pagar os foros.
  • O prehistoriador alemán Hugo Obermaier realiza unha viaxe arqueolóxica por Galicia, a resultas da cal publicará un libro no ano seguinte.
  • Créase a Facultade de Ciencias na Universidade de Santiago de Compostela.

Premios

Mail-client-Breeze-Icon.svgEpistolario

En marzo, Vicente Risco escríbelle a Teixeira de Pascoaes “Supoño seguirá recibindo puntualmente “Nós”. Hoxe, imos bastante ben xa, e cada día temos mellores espranzas. A vida inteleutual de Galiza intensifícase mais cada día; a xente emprincipia a ver xurdir a planta, gracias a Deus... Cando “Nós” voltará a se ver honrado coa súa firma..,?” (Grial nº 86).

Ramón Villar Ponte publica no 1921 Doctrina nazonalista (Con prólogo de Puig y Cadafalch. Ferrol). Con data de 27 de xaneiro de 1922 escríbelle Gonzalo López Abente dende Muxía: “... Arrematéi de lêre o teu libro “Doctrina Nacionalista” e, impresionado fondamente, escríboche para darche a miña cordial embora.

Coido un acerto o contido do teu libro, e fora de desexar que se espallase por todol-os currunchos da nosa Patria e se fixese tan coñecido como o Astete. Canto ben poide producire na Terra! Lástima que ainda a maoria dos nosos paisanos tomen a nosa fala como orgo tan sô de parvadas mais ou menos chistosas, e non dean importancia senón ao que está escrito na lingua da meseta árida e irta. Está feito con craridade e orden e vaise escorrendo pol-as suas páxinas suavemente, aumentando decote o interés e deixando no espírito o convencimento da nobre doctrina que defendes. E unha cousa seria i elevada. E un libro do que estábamos moi necesitados. El poide facere mais pol-a causa que toda a literatura nosa” (Miro Villar: “Dez cartas de Gonzalo López Abente aos irmáns Villar Ponte. “Grial” nº 230. 2021).

En febreiro, Castelao escribe a Ramón Villar Ponte co gallo da publicación de Doctrina nazonalista (1921): Unha das cousas que máis me gostou do teu libro foi que o lin sen alentar. Está moi ben, moi ben, querido Ramón e eu douche unha embora sinceira. Eu vou decirche unha cousa. A min non sei qué me dá darlle a embora a un irmán, primeiramente por sermos da familia, dispois por que as cousas que fai un calquera de nós parece que as fixesemos todos nós. Eu son tan parvo que razono d'iste xeito: un de nós fai calquera cousa boa y-eu póñome gorde de ledicia, considerando que o fixemos todos. De tal maneira que eu coido que por calquera cousa boa que se faga as emboras debemos faguelas á todos. O teu libro, Ramonciño, doume moita ledicia e agradecinche de certo a garimosa dedicatoria. [...] Oxe recibín carta de Risco participándome que o Basilio quer asistir á Asambleia. Eu non vexo a razón de non deixal-o ir. O Basilio é un home de curazón. ¿Porqué non pode ser dos nosos? Supoño que ti e Antón estaredes conformes. (Obras. Castelao. Vol. VI. Galaxia 2000).

A comezos do mes de xullo Castelao escribe a Manuel Antonio: Querido irmán: Porqué non me tuteas? Coido que non son ningún vello, anque teña alguns anos do século derradeiro... Eu quero tutearche, pois como rianxeiro estou orguloso de tí. Ainda creo en Rianxo. O manifesto xa está ben espallado antr’os elementos condicionados pra comprendel-os. Algún leva ben que rillar, pois o manifesto é cousa forte e dina da boa e nobre xuventude. Eu atopo moi ben o manifesto, moi ben, moi ben. [...] Canto mirei no estranxeiro no me convenceu. Algo da escola “espresionista” alemana e nada mais. Nós temos que crear unha escola galega, cousa que non rifa co individualismo, ou se qués, que cada artista crée un xeito enteiramente novo de Arte galego. Eu penso que na literatura é onde se pode facer. Ainda non se fixo a novela. [...] (Obras. Castelao. Vol. VI. Galaxia 2000).

Noutra carta de finais de xullo Castelao diríxese tamén a Manuel Antonio: Querido irmán: O voso manifesto dou que falar e que escribir, cousa que proba ben craro que non fixéchedes mal en dal-o ô día. Na Zarpa, de Ourense, escriben Villar Ponte, Risco e o Euxenio Montes. Villar Ponte defendéndose de que o considerasen pai do neno. Risco aproveitándose pra mallar no foulardismo e o Euxenio Montes, que presume de xefe da nosa xuventude, pra dar consellos... Eu felicítovos con tod-o corazón desexando que agora o teu talento faga unha cousa xurdia, que sexa o modelo do mañán. Eu non quero enseñarte; mais eu quero abrirche o meu corazón. [...] Eu coido estar d'abondo enterado dos novos movimentos artísticos e dígoche que sômentes Rusia debe intresarnos. Poida que haxa outros paises pequenos onde teñamos que deprender tamén... [...] (Obras. Castelao Tomo VI Galaxia 2000).


Sumarios


Nós (nº 9) 31 de xaneiro.

Gonzalo López Abente: Medo. Hernani Cidade: O aspecto actual da Literatura portuguesa. Julio A. Cuevillas: O monopolio do comercio do diñeiro. Castelao: Novela. Ramón Vilar Ponte: Berros do alén. Florentino L. Cuevillas: A mansión Aquis Querquernis. Os homes, os feitos, as verbas:

- A volta de Castelao.

- A homaxe a Leiras Pulpeiro en Mondoñedo.


Nós (Nº 10) 20 de abril.


Castelao: Do meu diario. Euxenio Montes: Na esposición Lamas (Confrencia inaugural). Arturo Noguerol: Na esposición Castelao (confrencia de clausura). A. N. Políteca arancelaria. Florentino L. Cuevillas: Seición Arqueolóxica. A Compostela dos doentes. Os homes, os feitos, as verbas. Fóra de texto: Xulio Prieto: Augaforte. Farruco Lamas: Dibuxo ó carbón. Para que sirva de exempro, dibuxos de Camilo Díaz, versos de Victoriano Taibo.


Nós (Nº 11) 26 de xuño.

Antonio de Cértima Cunha Barros: A nossa Taça. Julio A. Cuevillas: Un punto de vista do Nazonalismo. Castelao: Cubismo. Florentino L. Cuevillas: Seición Arqueolóxica. Souza Aguiar: Os netos de Cabral. Luís Huici: Ánxelus. E. Peinador Lines: Archivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza: Vocabulario dos cesteiros de Mondariz. Handicap: Notas deportivas. Arturo Noguerol: Notas financieras. Os homes, os feitos, as verbas


Nós (Nº 12) 25 de agosto.


Nota da Redaución: “NÖS chegou á findal-a sua pirmeira serie de doce númaros…A crecente demanda, que nos obriga a aumental-a tirada a cada novo númaro, dinos ben que non imos descamiñados e que o boletín NÖS responde a unha necesidade fondamente sentida no nóso País…”. Euxenio Montes: Alalás da noite de San Xoán. Xan Aznar: O Filósofo de Tuy. Castelao: Cubismo (concrusión). Fermín Bouza Brey: Pra facer un feitizo… Florentino L. Cuevillas: Seición Arqueolóxica. Arturo Noguerol: Notas financeiras. Goal: Notas deportivas. Os homes, os feitos, as verbas. Aviso ós leutores. Fora de testo: Dibuxo por Castelao. Fotografías de Samaniego.



Nós (Nº 13) 1 de novembro.

Leonardo Rodríguez. Castelao: Do meu diario. Amador Villar: A escrava. Xan Aznar: O filósofo de Tuy. Florentino L. Cuevillas: Seición Arqueolóxica. E. Peinador Lines: Archivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza: Vocabulario dos cesteiros de Mondariz. Goal: Notas deportivas. Os homes, os feitos, as verbas. Fóra de testo: Estética da muiñeira (separabre) por E. Montes.


Nós (Nº 14) 1 de decembro.


Ramón Otero Pedrayo: Encol da aldeia. Teixeira de Pascoaes: De mim. Blanco-Amor: Orballo. Francisco Lois Bernárdez: A estrela y-o aturuxo. Quod nihil scitur (continuación), trad. de Xan Aznar Ponte. Antón Vilar Ponte: Unha nova teoría encol do home. Vicente Risco: Unha “História da Colonização Portuguesa do Brasil”. Xoquín Arias Sanxurxo: Seición Arqueolóxica: Nota encol da eirexa de Santa María de Marrube. E. Peinador Lines: Archivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza: Vocabulario dos cesteiros de Mondariz. Os homes, os feitos, as verbas. Fóra de testo: Estética da muiñeira (separabre) por E. Montes. Fernández Mazas: Arco da vella.

Flag CPLP.gif Cataluña Flag of Spain Outras culturas

Nobel


PREMIO NOBEL DE LITERATURA: Jacinto Benavente

Flag CPLP.gif CPLP - Comunidade dos Países de Lingua Portuguesa


Nacen




Morren:

  • João Albasini (1876 Mozambique).




En maio aparece o primeiro número da revista “Contemporânea” fundada e dirixida por José Pacheco e editada por Agostinho Fernandes. Xorde co seguinte manifesto: “O Director da “Contemporanea” propoz em assembléa geral da Sociedade Nacional de Bellas Artes, realizada em 16 do corrente, a fundação da Sociedade dos Amigos da Espanha.- Propoz tambem sócio honorário S. Exca. O Sr. Conde de Romanones, presidente da Sociedade dos Amigos de Portugal- Pela Sociedade dos Amigos de Espanha! Pela Sociedade dos Amigos de Portugal! Por Portugal! Pela Espanha!”.


No primeiro número publica Pessoa a novela O Banqueiro Anarquista e António Sardinha escribe sobre “O Pan-Hispanismo”: “Mas o peninsularismo não é senão a jornada inicial! Na margem oposta do Oceano –de Oceano que nós tornámos algum dia como mare nostrum, num perfeito lago familiar-, outras patrias existem que falam a nossa lingua e que não ficam insensiveis ao nosso apelo. O pan-hispanismo nos surge daqui, como conclusão lógica, constituido por dois elementos estructuraes –o espanholismo e o lusitanismo- “Voz clamorosa de la sangre, contra el pan-americanismo”- foi como definiu o pan-hispanismo o ano passado, por ocasião da Festa da Raça, no seu fermoso discurso do Teatro Real de Madrid o conde de la Montera, D. Gabriel Maura Gamazo, acrescentando em seguida que “los pueblos que no se agrupen en organizaciones más amplias que la sociedad nacional, sucumbirán bajo el imperialismo”.No nº 3º (setembro) António Botto e o Ideal Estético em Portugal que recibirá unha resposta polémica de Álvaro Maia no número catro (novembro) baixo o título de Literatura de Sodoma.


No nº 4 aparece tamén unha carta de Álvaro de Campos a José Pacheco.


No nº 6 (decembro) publícase o poema de Pessoa Nadal.


Foi o órgano máis destacado do modernismo portugués.


Afonso Lopes Vieira: País Lilás. Desterro azul e Em demanda do Graal.


Almeida Garrett (1799 Porto; 1854 Lisboa): No nº 156 de “A Nosa Terra” figura con tradución ao galego de Florencio Vaamonde o opúsculo de Antonio Padula publicado en Nápoles o 4 de febreiro de 1899, co gallo do centenario de Garret.


António Feijó (1859-1917): Sol de Inverno (poesía).


António Sardinha: Na Corte da Saudade.


Aquilino Ribeiro: Estrada de Santiago (conto. Inclúe O Malhadinhas).


Armando Côrtes Rodrigues: Ode a Minerva.


Eugénio de Castro: A Tentação de São Macário e Cravos de Papel.


Jaime Cortesão: O teatro e a educação popular.


João Carlos Celestino Gomes (1899-1960): no nº 162 de “A Nosa Terra” aparece o seu poema “O Tsuki-Sama”.


José Leite de Vasconcelos  : “Galicia”, poema en “A Nosa Terra” nº 170.


José Osório de Oliveira: Oliveira Martins e Eça de Queiroz.


Mário de Andrade (Brasil): Paulicéia desvairada (poesía).


Mário Saa: Camões no Maranhão.


Menotti del Picchia (Brasil): A mulher que pecou.


Teixeira de Pascoaes : Hai colaboracións súas no nº 160 de “A Nosa Terra”. No 166 “O bailado”.


Tomaz da Fonseca: História da civilização relacionada com a história de Portugal e Cartas espirituais. A mulher e a Igreja.


Vieira de Almeida: A impossibilidade da negativa.



Cataluña


Nacen:

Morren:

  • Miguel Costa i Llobera (Palma; 1854 Pollença).



Carles Riba, bo coñecedor do grego e do latín, colabora nas tarefas de traducións clásicas da Fundació Bernat Metge.

Jaume Massó i Torrents: L’antiga escola poètica de Barcelona.


Joan Salvat-Papasseit : Les conspiracions (oito poemas) e La gesta dels estels. Deste libro traduce Álvaro Cunqueiro o poema "E decíalle o namorado…" co pseudónimo de C. X. iniciais de Cristóbal Xordán (Faro de Vigo 9 de xullo de 1972).


Josep Maria de Sagarra: Cançons de taverna i d‘oblit (poesía) e El matrimoni secret (teatro).


Tomàs Garcés: Vint cançons (poemas).

Flag of Spain


Nacen:





Morren:

  • José Ortega Munilla (Madrid; 1856 Cárdenas, Cuba).






Alonso Quesada: La umbría.


Américo Castro: La enseñanza del español en España. Afirma cousas coma estas que recolle Carlos Callón en O libro negro da lingua galega (Xerais 2022): Hay que llevar urgentemente el español a las montañas gallegas, a las aldeas vascas, a la montaña catalana, y a donde quiera que falte. El que en estos sitios no se hable español procede del bajo nivel de cultura de la nación, que convierte casi en objetos inertes a muchos millones de compatriotas (…). En estos rincones donde no se entiende la lengua nacional (…) hacía falta mandar una legión de maestros, con preparación adecuada. Un país bien organizado lograría en diez o quince años que sólo los viejos quedaran sin hablar español.


Azorín: De Granada a Castelar e Don Juan.


García Lorca: Canciones.


Gerardo Diego: Imagen e Manual de espumas.


Juan Ramón Jiménez: Segunda antolojía poética.


Miguel de Unamuno: Andanzas y visiones españolas.


Valle-Inclán: Cara de plata.


Wenceslao Fernández Flórez: Tragedias de la vida vulgar.




Máis culturas:


Nacen:

Morren:.

  • Giovanni Verga (Catania; ibídem 1840).
  • Marcel Proust (París; ibídem 1871).

Carlos Reyles: El embrujo de Sevilla.


César Vallejo: Trilce.


Francisco González de León: Campanas de la tarde (poesía).


Gabriela Mistral: Desolación (poesía).


José González Carbalho: Campanas en la tarde.


Juan José Tablada: El jarro de flores (poesía).


Juana de Ibarbourou: Raíz salvaje.


Manuel Maples Arce: Andamios interiores (poesía).



Attila József: O mendigo da beleza (poesía).


Edward Estlin Cummings: The enormous room.


Filippo Tommaso Marinetti: Gli indomabili.


Hermann Hesse: Siddharta. Traducida ao galego por Franck Meyer para a Biblioteca Galega de Clásicos Universais.


James Joyce: Ulises.

Ulises


Karel Capek: A fábrica do absoluto.


Luigi Pirandello: Enrico IV (Traducido ao galego por Antonio Colmenero: Henrique IV; Laiovento 1996).


Marcel Proust: Sodome et Gomorrhe (4ª entrega de A la recherche du temps perdu).


Paul Valéry: Charmes (poesía).


Rabindranath Tagore : no nº 160 de “A Nosa Terra” figura traducido ao galego “A escola das frores”.


Rainer Maria Rilke: Elexías do Duino (poesía) e Sonetos a Orfeo.


Roger Martin du Gard: Les Thibault (1922-1940).


Sinclair Lewis: Babbitt.


Thomas Eliot: The waste land (A terra baldía. Poesía).


Virginia Woolf: O cuarto de Jacob.


Escisión no movemento vangardista. Algúns escritores non asisten ao congreso organizado por André Breton.



Tamén sucedeu...

  • Nacen:

- O debuxante Charles Schulz (Minnesota; 2000).

- O pintor Lucian Freud (Berlín; 2011 Londres).

  • Picasso: "Deux femmes courant sur la plage".
  • CINE:

- Jacques Feyder: A historia dun humilde.

- F. W. Murnau: Nosferatu o vampiro (Expresionismo alemán).

  • Goberno de José Sánchez Guerra (8 de marzo).
  • Goberno de concentración de Manuel García Prieto (7 de decembro).
  • Créase a Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas (URSS).
  • Creación do Partido Comunista chileno.
  • Marcha fascista sobre Roma. O rei Victor Manuel III ofrece a Mussolini o cargo de Primeiro Ministro.
  • Stalin, secretario xeral do Partido Comunista ruso.
  • Tratado de non agresión entre Alemaña e Rusia.
  • Mustafa Kemal Atatürk depón o sultán de Turquía e inicia a modernización do país.
  • Pío XI, papa.
  • Howard Carter descobre a tumba de Tutankhamon.
  • Remata o protectorado inglés sobre Exipto.
  • Frederick Banting e Charles Best aíllan a insulina do páncreas.
  • Os aviadores portugueses Sacadura Cabral e Gago Coutinho voan dende Lisboa a Río de Janeiro sendo a primeira travesía aérea do Atlántico Sur.
  • Morre en Canadá Graham Bell, inventor do teléfono. (1847 Edimburgo).