1920

De Xulipedia
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Flag of Galicia (civil).svg Cultura galega

Nacementos/Pasamentos

Child in diaper icon Nacementos
Literatura
Antonio Lorenzo Sánchez (Ribeira; 1989 Madrid).
Carlos Rivero Troncoso (Ponteareas; 1994 Madrid).
Isaac Díaz Pardo (Santiago; ibídem 2012).“Cando está preso no cárcere de Santiago, despois do golpe de 1936, a principal inquedanza de Camilo Díaz Baliño é a sorte do fillo. Do adolescente Isaac. Aqueles días de confusión e incerteza, Camilo retrata a lapis os seus compañeiros de prisión. E escribe algunhas notas para a familia. Entre elas, un poema que semella un ex conxuro protector, un canto de berce para unha re-existencia: “Prendinlle na cabeza do meu fillo, unha estreliña / forxada na irmandá / e quero ver brillar á lús d’esa estreliña / hastra chegar cegar. / Que vexan os demais n’esa estreliña / a lus da Libertá. / Que vexan que o tesouro máis querido / o ten o seu brilar. / Estreliña feituca de cariños, / estrela do meu lar, / que sempre te levei como reliquia / de Terra, Dios e Nai, / xa te deixo prendida no meu fillo/ pra sempre endexamais”. (Manuel Rivas, “El País” 20/01/2012).
Ramón González-Alegre Bálgoma (Vilafranca do Bierzo; 1968 Vigo).
Outros
O xornalista Mario Couceiro Bescos (Ferrol; ibídem 2003).
O gaiteiro Ricardo Portela (Viascón; 1992).
O bispo de Mondoñedo Miguel Anxo Araújo Iglesias (Sabadelle, Pereiro de Aguiar; 2007 Ourense).
José Guerra Campos, secretario da Conferencia Episcopal Española, procurador nas Cortes españolas por designación directa de Franco (Ames; 1997 Sentmenat, Barcelona).
O pintor Francisco Luis López Carballo (Santiago; 1992).
O pintor e atleta Manuel Molezún (A Coruña; 2001).
O pintor Alejandro Paisa Gil (Medina del Campo; 2019 Pontevedra)
O escultor Xoán Piñeiro Nogueira (Hío; 1980).
O autor teatral Víctor González Faya (Ordes; 1989).
A poeta Carmen Gloria González Prado (Nigrán). ¿?
O escultor e pintor Eduardo Rodríguez Osorio (Esmeriz, Chantada; 1995 Madrid).
Carmela Arias y Díaz de Rábago, condesa de Fenosa (A Coruña; ibídem 2009).
O médico e presidente da Xunta de Galicia na etapa preautonómica José Quiroga Suárez (Petín; 2006 A Rúa).
A tradutora Aurora Bernárdez, filla de pais galegos e muller de Julio Cortázar (Buenos Aires; 2014 París).
Skull.png
Pasamentos
Literatura
Cástor Méndez Brandón (Celanova; 1864 Xinzo de Limia).
Luís Otero Pimentel (Cádiz; 1834 Outeiro, Vila de Cruces).
Ramón Armada Teixeiro (La Habana; 1858 Santa Marta de Ortigueira).
Outros
O escritor Manuel Martínez Sueiro (Salamanca; 1873 Ourense).

Publicacións

Galegas

  • Alfredo Canalejo : “Bicos”, poema dedicado a Álvaro Cebreiro (“A Nosa Terra” nº 123).
  • Antón Villar Ponte : Entre dous abismos (Teatro. “Grial” nº 140). No nº 120 de “A Nosa Terra” (25 de maio) figura a “Conferencia lîda no Salón de actos da Económica. Dos Nosos Valores”. No núm. 128 “Portugal e Galiza. Leonardo Coimbra e a “Revista” do Porto”.
  • Antonio Noriega Varela :Do ermo (editado en Ourense polos seus amigos Risco, Losada e Noguerol). En “A Nosa Terra” 22-28, de xullo de 2010 escribe Xosé Lois García o artigo “Vivencias e convivencias de Noriega Varela en Portugal”: “Teixeira de Pascoaes foi o hospitaleiro de Noriega e mentor de que o libro Do ermo tivese espallamento en Portugal. O recoñecemento foi moi puntual e expansivo de que un poeta galego, por primeira vez, en vida, entrase pola porta grande das letras portuguesas”. “Nosa fala”, no nº 124 de “A Nosa Terra”.
  • Avelino Rodríguez Elías : No nº 109 de “A Nosa Terra”: “Consello d’amigo”; no nº 110“O cruceiro”. No 114 “Machucade”.
  • Blanco Amor comeza a colaborar no “Correo de Galicia” (Argentina), converténdose no 1922 no seu director literario.
  • Castelao : no nº 115 de “A Nosa Terra” publícase “A notable conferencia do xenial Alfonso. Humorismo. Dibuxo humorístico. Caricatura”. No nº 129 escribe o artigo “Escoita, ti, literato rico e vanidoso…” : “Cando negas capacidade literaria ó galego negas a tua propia capacidade literaria. Cando dis que non-o sabes, eu entendo que non tes talento d’abondo pra escribil-o […] Escribindo en galego xa non é o mesmo. Quén queira faguer literatura galega ten que saca-la do seu miolo. En galego hay moito que faguer e pouco que roubar. Por iso ti non escribes en galego”. (Repítese no nº 184). Colabora con publicacións portuguesas e con intelectuais do país veciño. Director artístico da revista “Nós”.
  • Euxenio Montes : traduce o poema “Un carballo na Luisiana” de Walt Whitman no nº 109 de “A Nosa Terra”(1 de xaneiro).
  • Evaristo Correa Calderón : “Pra acompañamento de gaita, o lonxe”, poema en “A Nosa Terra” nº 109. No nº 126 (20 de agosto): “Vello fala á nena das strelas”; “Stampa Insénua” e “Sensación do Xardín Botánico”.“Poemas sinxelos”: Nature Morte, O morto que s’ergue, O instinto, Carnaval tráxico, Semana Santa.
  • Florencio Vaamonde : “Transporte báquico” no nº 118 de “A Nosa Terra”. No nº 121-122 “Sonetos” (Aos heroes do Medulio e a Fernán Ruiz de Castro). No 126 “Sonetos”.
  • Florentino López Cuevillas : “Dos nosos tempos”; artigo no nº 1 de “Nós”, no que amosa un cambio debido á crise que produciu nel a 2ª Guerra Mundial e a Revolución Rusa e que o levará a entrar no campo do galeguismo: “E non se diga o que pra tranquilizal-a sua concencia din os ricos. Que nunca a xente tanto se divertiu, que nunca o diñeiro correu mais d’abondo, que nunca a vida foi mais brilante y-atraitiva, porque istas épocas nas que o mundo treme convulsionado, foron sempre com’as mazás do Xordán, douradas por fora, e podres por dentro.[…] Eu creio no trunfo do socialismo, porque creio que a sociedade humana é un orgaismo vivo, suxeito a leis biolóxicas parecidas ás que rixen o desenvolvemento d’unha planta ou d’unha besta. Quero dicir co’esto que do mesmo xeito que cando vemos botós n-unha roseira, supomos que d’elí van sair rosas, ó ver qu’unha ideia calquera vai conquerindo as concencias e facéndose un lugar nos espirtos, hai que supór que a realización d’aquela ideia é cuestión de tempo nada mais. Pensar outra cousa sería pensar que a natureza fai tonterías, e pol-o d’agora, a natureza conservou sempre a sua seriedade.[…] Eu creio pol-o tanto que dentro d’unhos anos, a Europa inteira ha ser un campo d’esprimentación de sociedades futuras, e creio tamén que pr’ó desenvolvemento da humanidade, esta ha ser unha cousa útil e boa, do mesmo xeito que é boa que os nenos boten os dentes ou que os paxaros muden a pruma. O que non impide que n-ises intresantes periodos das suas vidas, o paxaro non cante, y-o neno berre adoecido de doores. Por eso ten pouco d’agradabre nacer n-unha d’estas épocas en que o mundo cambea de pruma ou de dentes…”.
  • Francisca Herrera Garrido : Néveda (A Coruña). No nº 128 de “A Nosa Terra” escribe Vicente Risco sobre este libro: “Unha verdadeira novela galega: vida interior, sensibilidade entenrecida, gracia bucólica, cheiro d’herbas homildes como nas páxinas mais diliciosas de Francis Jammes, cheiro de lameiros e de piñeiros; fabulación crara e sinxela, sentimentos enxebres, ideias eternas”.
    Francisca Herrera Garrido 1920
  • Gonzalo López Abente : O escándalo (novela curta publicada no nº 121-122 de “A Nosa Terra do 15 de xuño). En “A Nosa Terra” colabora coa sección “Cartas de aldea”. No nº 119 aparece o poema “Ofertorio”.
  • Johán Vicente Viqueira : No nº 117 de “A Nosa Terra” (10 de abril), publícase “A fermosa disertación de Viqueira. Divagacións engebristas”, “Do cursillo de conferencias nazonalistas na Exposición Castelao”.
  • Lois Peña Novo : “A unidade hespañola” (“A Nosa Terra” nº 126, 20 de agosto).
  • Luis Amado Carballo : “Supersticeón”, conto dedicado a Castelao, no nº 131-132 de “A Nosa Terra”.
  • Manuel Antonio comeza a escribir Con anacos do meu interior (18 poemas datados de abril de 1920 ata maio de 1922. Editados no 1972). Afiliase á Xuventude Nazonalista Galega. Publica “Dispois…” poema no nº 118 de “A Nosa Terra (25 de abril). No nº 128 “A cantiga de María”. Discusión epistolar con Rafael Dieste, sobre a poesía realista e sobre o grao de compromiso coa lingua.
  • Ramón Cabanillas : “Vía crucis” no nº 111 de “A Nosa Terra”. No 119 “A princesa roiba”. No nº 129 “A saudade nos poetas galegos”.
  • Ramón Golpe Sánchez colabora en “A Nosa Terra”.
  • Ramón Villar Ponte : “Vai sendo hora…” (“A Nosa Terra” núm 128): “Falen os nosos interlocutores en castelán ou como queiran, si eisí lles peta, mais non por iso deixemos de falárelles en galego. […] ¿Eisisten individuos dispostos a choutaren por encol de todol-as imposizóns do castelanismo ridicolo e vergoñoso daas nosas crases meia e aristocrática? Pois a demostralo. O movimento se demostra andando e a hora de facelo xa vai sendo”.

Escribe Ramón Villar Ponte en “A Nosa Terra” nº 121-122 (15 de xuño) no artigo “Galegos contra Galicia”: “Poucos pobos haberá como o galego que teñan feito tantos esforzos por desgaleguizarse, por perdere as suas características nazonaes mais típicas e diferenzadoras... Todo o que un pobo calquera teña feito no senso que poderiamos chamar de suicidio espritual, fíxoo Galicia por donare termo ó seu latexare difrenzal, revelador d‘unha persoalidade, eisponente d‘un pobo único e orixinal”.

  • Roberto Blanco Torres : “O neno”, poema no nº 111 de “A Nosa Terra”. No nº 109 do 1 de xaneiro traduce dous poemas de Detlev von Liliencron (“Duas millas o trote” e “Morto no trigal”).

No nº 109 de “A Nosa Terra” publica “Liminares”.


No nº 113 de “A Nosa Terra” (25 de febreiro) figura unha composición que el titula “U…ju juu…(Poema futurista)”.

Poema futurista- V. Risco.jpg


No nº 114 de “A Nosa Terra, do 20 de marzo publica “Estudios críticos. Eça de Queirós e Guerra Junqueiro.

No nº 119 “Crítica literaria. Letras portuguesas” sobre “Oração da raça” de Manuel de Figueiredo e “Rainha Santa” de João de Castro.


No nº 123 (15 de xullo): “Rabindranath Tagore i-o nazonalismo indio. A i-alma da terra”.


No nº 124 (25 de xullo): “Mística disertación na que se declara o simbolismo y-espirtual sinificado que ten a vida groriosa do Santo Apóstol San Yago, assí como a festa que hoxe principia a celebrare a nazón galega”.


No nº 126 no artigo “Valle-Inclán ultraista” escribe: […] Pro Don Ramón non fixo na sua vida mais qu’enriquecer o castelán á conta do galego. Il levou da nosa lingoa frases, xiros, modismos, verbas de que hoxe s’ufana o castelán, que s’atopa que campa moi ben esí adornado de galas alleas. Don Ramón levou pra casa allea os bés da sua casa, misturou o viño das suas terras pr’endulzar o viño acedo do veciño, adornou a sua querida coas alhaxas da sua muller. Eis o galeguismo de Valle-Inclán… E nós, como lle imos querer ben? Escribe tamén neste número de: “Letras galegas en Francia”, “Euxenio Montes” e “A Avant-Garde Catalana”.


En carta a Manuel Antonio do 15 de outubro, escribe Risco sobre escolas e modalidades que daquela estaban de moda: “Mais como cómpre que esteamos enterados de todo, que non sexamos alleos ó mundo de fora, por iso me teño dedicado a espallar isas cousas na nosa Terra (…) Moi ben que queiramos faguer cousas novas - sempre dentro do noso- pro, cando as fagamos, non sexan como as fan en Londres, nin en París, nin en ningures, senón como non as haxan feito ainda en ningunha parte do mundo”.


O 14 de setembro, o poeta Manuel Antonio escribe a Vicente Risco: “Eu sei que é vostede persoa conecente d’os fundamentos teóricos das máis novas tendenzas literarias. Teño interés en poder xuzgar por min mesmo os derradeiros “ismos”. E sendo esto case imposibel n’unha aldea, a trasmán de todo movemento cultural, coidei axeitado molestal-o, e perdoe, pra lle facer estas preguntas...” (Grial nº 86). O 15 de outubro respóstalle Risco, informándoo das novas tendencias literarias:“...e conte tamén que o que os estranxeiros han estimar máis en nós, ha ser o carácter nacional, o galeguismo, o enxebrismo da nosa arte e da nosa literatura, pois eso é o que ha ter novedade pra eles, e o que eles, se nós faguemos cousas boas, chegarán a imitar...”.

  • Víctor Casas : “O noso día” en “A Nosa Terra” nº 124 (25 de xullo).
  • Victoriano Taibo : “Noitébrega”, no nº 124 de “A Nosa Terra”. No 131-132 “¡Somos tristes!”.
  • Xaime Quintanilla Martínez : O nazonalismo musical galego (“Nós”). Estréase o 7 de abril no Teatro Xofre do Ferrol o seu drama Donosiña, dedicado a Antón Villar Ponte. Leandro Carré di en “A moderna orientación do teatro galego”, conferencia organizada pola “Seición de Cultura e Fala” (6 de abril de 1923) e publicada logo en “A Nosa Terra” o 1 de maio de 1923: “Denosiña e Alem, de Quintanilla son duas obras exóticas pol-os tipos, pol-o ambente e pol-o asunto. A primeira parece inspirada nas cousas francesas en que abondan os maridos anganados, as cobizosas aventureiras, os amigos que se finxen amigos dos que explotan, e hastra os cínicos chantaxistas. Somella como se Quintanilla quixera satisfacer co’esta obra os gustos do púbrico afeito ás producciós cinematográficas por series en que se ven as cousas mais estranas. Houbo quen comparóu esta obra coas de Maeterlink. ¿E en qué se asomella esta producción âs do gran autor belga? ¿Onde ten esa delicadeza, esa forma dramática e misteriosa que tanto emociona n-aquel autor?”.
  • Xavier Montero colabora coa revista “A Nosa Terra”.
  • En Ourense, sae o 30 de outubro, o primeiro número da revista Nós (ata 1936), fundada por Risco, Castelao, Losada e Noguerol. Arredor dela fórmase o grupo Nós.

Vicente Risco escribe a Teixeira de Pascoaes : “Pois ben: eu quixera que no pirmeiro número, que sairá pra o 1º de Setembro, o seu nome honrase as páxinas da nosa revista; quixera que me dera licencia pra incluilo antr’os colaboradores de Nós”. (“Grial” nº 86). A través desta revista descubrirá Blanco Torres o escritor saudosista portugués, Teixeira de Pascoaes ao que tratará longo tempo.

  • No nº 1 de “Nós” (30-10-1920), publícase o artigo “Primeiras verbas”:[…] Os colaboradores de Nós poden ser o que lles pete: individualistas ou socialistas, pasatistas ou futuristas, intuicionistas ou racionalistas, naturistas ou humanistas, pódense pór en calquera das posiciós posibles respeito das catro antinomias da mente contemporánea: poden ser hastra clásicos, con tal de que poñan por riba de todo o sentimento da Terra e da Raza, o desexo coleitivo de superación, a orgulosa satisfaición de seren galegos.

[…] Querendo suprimir entremediarios antr’o pensamento galego e o pensamento dos pobos cultos, Nós abre as suas páxinas a prestixiosas persoalidades estranxeiras que contan de nos honrar co’a sua colaboración e tamén ha informar ó púbrico galego do movemento das ideias no mundo civilizado”.

  • No nº 112 de “A Nosa Terra”, co título de “Shakespeare en galego”, dáse conta de que “no teatro da “Irmandade” estrenóuse o arregro, en galego, da fermosa e chistosísima comedia de Shakespeare “As alegres comadres de Windçor”, baixo o títolo de “Xan entre elas”.

O nº 114 leva por títular “Cursillo de conferencias nazonalistas na Esposición de Castelao. Notable disertación de Vicente Risco. Arte nova”.

No nº 119 figura unha partitura de José Baldomir sobre o poema de Rosalía de Castro “Tal com’as nubes…” e o artigo “Lingua Galega” do filólogo portugués J. J. Nunes. Tamén hai un apartado co título “Pra rezar en galego” con “O Padre-Noso”, “A Ave-María”, “O Credo” e “A Salve”.

No núm. 128 aparece o artigo “A Academia Galega e os nazionalistas en Mondariz”: “Teñen falado xa os xornaes dos solenes aitos feitos en Mondariz para recibir académicos de númaro da Academia Gallega, a rey Soto e Cabanillas. A eses aitos asistiron algús representantes autorizados dasIrmandadese do nacionalismo galego. despois de se recibiren académicos aqués poetas, e de lles daren resposta ôs seus notabres discursos - que axiña ofercéronse imprentados- Marcelo Macías i Eladio Rodríguez González, orgaizouse outro aito de homenaxen a Murguía. E ne’el falaron os nosos irmáns Cabanillas, Rodríguez de Vicente, Risco e Villar Ponte”.

A portada do nº 129 de “A Nosa Terra” é para o alcalde de Cork, preso polas autoridades inglesas: “O héroe mártir da raza”. “O alcalde de Cork é un irmán noso de Raza. A sua lembranza ha ser eterna no agarimo da ialma dos nazionalistas galegos”. No nº 130-131, xunto cunha poesía do alcalde titulada “Aprendamos a morrer” figura en francés e en galego a “Copia do mensaxe que os nazonalistas galegos dirixiron aos irmaos irlandeses”: “Un fondo sentimento d’amizade, de devoción fraternal, cecais de solidaridade de sangue móvenos pra nos dirixirmos a vos, nobres fillos d’Irlanda, nosos irmans polo amor sagrado do chan natal enviándovos, sobrecollidos d’ademiración polo voso esforzo heroico, o saúdo antusiasta dos bos fillos de Galizia”.


En “A Nosa Terra” do 5 de setembro escribe Paz d’Andrade no artigo “Pequenos ensaios de bioloxía políteca”: “As difrencias d’idioma, de psicoloxía coleitiva, de sentimentos, de raza, que no devalar eterno dos tempos determiñan as distintas costituciós estóricas dos povos, son as manifestaciós culminantes da vida e canto mais pronunciadas sexan, demostran mais intensa plenitude. Pretender a desaparizión de tais variantes, e tanto como cospirar contra a vida mesma: fomentálas e robustecelas, e tanto como alongar no tempo i-ensanchar no espazo a subsistencia dos povos”.

Relativas a Galicia

  • Alfredo Fernández, “Nan de Allariz”: Del salón al sotobanco (Madrid).
  • César Alvajar: El regionalismo gallego: orígenes, desenvolvimiento, soluciones posibles.
  • Eugenio Alfredo de la Iglesia Santos (A Coruña; ibídem 1933) remata o manual que titulou “Resumen de Historia de la literatura gallega” e que nunca se chegou a publicar.
  • José Costa Figueiras: Las fraguas de la Fortuna.
  • José J. Pérez: Sonatas (A Pobra do Caramiñal).
  • José Rodríguez Martínez: Colón español, hijo de Pontevedra (A Coruña).
  • Manuel Fuentes Jorge: El soneto de las catorce rosas. Florilegio de amor (Madrid) e Oro de la amanecida. Ofertorio lírico (Santiago).
  • Manuel Linares Rivas: Cristobalón, con influencia de Terra Baixa de Àngel Guimerà. Houbo actos de protesta cando se estreou a peza na Coruña como recolle “A Nosa Terra” (nº 131-132 do 5 de nadal no artigo “O caso do “Cristobalón”: “Un povo bárbaro pintou Linares no «Cristobalón», e houbo algús probes inconscientes –non’os estraña dos asalariados– que aplaudiron aquelo qu’era abofé o mesmo que chamarse eles bárbaros a si propios.

Os señoritos que tomaron a defensa do «Cristobalón» á saída do teatro, despois da protesta dos galeguistas, costituyen a Galizia de Linares, de Lugín, da «Voz» de García Prieto e d’outros pol-o xeito. ¡Probe terra se agarda algo d’eles!

  • P. Samuel Eiján: Historia de Rivadavia y sus alrededores (Madrid. Establecimiento Tipográfico de San Bernardo).
  • Pilar Millán-Astray: Todo amor (Contos de ambiente galego. Madrid).
  • Ramón Marcote Miñarzo: Colón pontevedrés (La Habana).
  • Xesús Fernández González: Gallegos ilustres. Montero Ríos.
  • Estréase na Coruña o drama Xusticia de Higinio Suárez Pedreira.
  • No mes de xullo aparece na Coruña a revista “Vida”, “revista mensual ilustrada” que se editaba nos talleres do xornal “El Noroeste”. Como director-xerente figura Jacobo Casal. Contén artigos de Luis Huici, Julio R. Yordi, Ángel Ferrant, César Alvajar… Valentín Paz Andrade asina un artigo de viaxe titulado “Combarro”. Entre os colaboradores gráficos están Abelenda, Rafael Barradas, Luis Huici, Castro Gil, Francisco Miguel…O derradeiro núm. foi o 5 (setembro de 1921). No núm. 2 da revista “Nós” hai unha nota sen firma referida a esta revista: “Temos recibido iste boletín imprentado na Cruña por rapaces, case todos eles estraños á nósa Terra, ó menos en esprito…”.
  • Comeza a publicarse na Coruña o “Boletín de Casa América-Galicia” ao servizo da “Asociación Regional Hispanoamericana” e que a partir de 1923 se denominará “Alfar” (1920-1927), dirixida polo poeta uruguaio Julio José Casal .
  • Tamén en A Coruña ve a luz o 1 de novembro o periódico “Acción coruñesa” subtitulado “Periódico defensor de los intereses de la capital de Galicia”. Cesa a publicación o 26 de xuño de 1922.
  • En outubro ve a luz en Pontevedra a revista quincenal “ Hebe ”, dirixida por Modesto Bará Álvarez (17-05-1921).
  • Os alumnos do Instituto de Bacharelato de Lugo editan o semanario “Juvenilia”, dirixido por Antonio Goy Díaz.
  • O 1 de xullo sae en Corcubión o primeiro número de “ Nerio ”, revista quincenal dirixida por Segundo Rey Fernández (setembro 1921).
  • Co subtítulo de “Semanario de Chantada”, sae o 1 de xaneiro “ El Regionalista ”, dirixido por José Costa Figueiras (1924).
  • En maio aparece na Argentina a publicación “A terra” co subtítulo de “Revista mensual. Órgano del Centro Gallego” de Córdoba. Estaba dirixida por Manuel Fernández González (1924).
  • Comeza a publicarse na Coruña “ Acción Coruñesa”, semanario republicano, dirixido por Joaquín Martín Martínez (desaparece no 1922).
  • Blanco Torres dirixe en Ferrol o periódico “El Correo Gallego”.
  • Sae na Estrada o 15 de setembro, o primeiro número do periódico semanal “El emigrado” que se define como “órgano de las sociedades de emigrados y de agricultores”; dirixido por Xosé Otero Abelleira, tiña como principal colaborador ao poeta estradense Manuel García Barros, máis coñecido polo seudónimo de “Ken Keirades” (1940).Tiña unha sección titulada “Postales habaneras” e outra “De Cuba”.
  • Edítase en Santiago o xornal “El Compostelano”.
  • No nº 130 do “Boletín de Comisión de Monumentos de Ourense” publícanse en tradución en Sefardí, 19 cantigas recollidas por Juan Antonio Saco y Arce . Van precedidas dunha carta do tradutor Jos. Nehama ao director do Boletín Benito Fernández Alonso: “Pero lo que non me canso de rever y de releer son las deliciosas coplas recogidas por D. Juan Antonio Saco y Arce . Bendicho sea este buen hombre. Si lo tiene a su lado abrácelo usted de mi parte. Dígale, le rogo, que él me percuró uno de los placeres los más vivos que tengo vivido. Tanto leí esas coplas que muchas me quedaron en la memoria... amo arrepetirlas”.
  • Nun artigo declara Unamuno : “En cuanto a lo del celtismo gallego, habría mucho que hablar. La manía céltica en Galicia ha sido tanto más intensa cuanto menos se ha sabido de cosas célticas. Aquel fantástico erudito pontevedrés (C. García de la Riega) dió en sacar etimologías célticas del gallego, sin saber celta, por supuesto, pero además sin saber apenas latín ni filología. Que de haber sabido latín, no se le habría ocurrido cosa tan peregrina como suponer céltica la voz gallega “cheirar”, que es lo mismo que la francesa “flairer, derivada del latín “flagare”...

Acontecementos

  • No balneario de Mondariz teñen lugar os seguintes actos: O 31 de agosto, Ramón Cabanillas entra na Real Academia Galega co discurso “A saudade nos poetas galegos” a quen lle contesta Eladio Rodríguez González , secretario da Academia e o día 30 de agosto Antonio Rey Soto tamén, co discurso “El libro en Galicia”, respondéndolle o tamén cura Marcelo Macías. O Presidente da Academia Manuel Murguía estaba ausente por motivos de saúde. No libro de ouro do Balneario escribe Ramón Cabanillas o 1 de setembro:

“As augas de Mondariz

viñeron a pôr en claro

que son Dios e a nosa Terra

os mellores boticarios”.


E foi o maor acerto da nosa Terra e de Dios

que llas puxeron nas mans

â casa de Peinador”.


No número 40 da revista “Mondariz”, do 20 de outubro, infórmase da sesión que en Mondariz celebrou a RAG co gallo do ingreso nela de Antonio Rey Soto e Ramón Cabanillas e da homenaxe que nela se lle rendeu a Murguía.

  • Homenaxe a Murguía no balneario de Mondariz por iniciativa dos irmáns Peinador Lines. Marcelo Macías presidiu o acto por ausencia do homenaxeado, tomando a palabra Vicente Risco, Rei Soto, Antón Vilar Ponte e Manuel Lezón. Tamén interviu a escritora inglesa Meakin. Rematou o acto Marcelo Macías con esta frase: “Nós os loitadores da pluma debemos berrar: Murguía e anchéese Galicia”.
  • Castelao: exposición “Nós” mostra de 49 estampas e un autorretrato que estivo exhibida ao público por primeira vez do dous ao vintedous de marzo no salón do Círculo de Artesanos da Coruña, a iniciativa da irmandade da Fala coruñesa. Ao redor da exposición, a Irmandade da Fala organizou un ciclo de conferencias no que intervén o propio Castelao coa conferencia "Humorismo. Dibuxo humorístico. Caricatura"; Vicente Risco "Arte Nova", Xaime Quintanilla e X. V. Viqueira, coa conferencia "Divagacións enxebristas".
  • A “Junta para la Ampliación de Estudios”, concede a Castelao unha pensión de 425 pesetas ao mes, co desconto do 12% para estudar principalmente augaforte, litografía e gravado en Francia, Bélxica, Alemaña e Inglaterra (a onde non chegou a ir).
  • Otero Pedrayo destinado a Santander.
  • Arturo Cuadrado instálase en Santiago, procedente de Carballo.
  • O pintor Arturo Souto Feijoo trasládase coa súa familia a Sevilla.
  • Luís Peña Novo, membro das Irmandades da Fala, elixido concelleiro da Coruña, sendo a primeira persoa que accede a un cargo público representando ao nacionalismo galego. É o primeiro en utilizar o galego nun acto institucional (7 de xullo).
  • O 25 de xullo, Irmandades da Fala organiza o 1º Día de Galicia”.
  • Xaime Quintanilla entra a militar no PSOE.
  • Amado Carballo marcha a Madrid mantendo contacto co mundo literario.
  • Constitúese a “Xuventude Nazonalista de Santiago”.
  • Poboación activa de Galicia: - Agricultura e pesca: 691.728.- Industria: 60.984.- Servizos: 82.918.

Premios

Mail-client-Breeze-Icon.svgEpistolario


En carta a Manuel Antonio do 15 de outubro, escribe Vicente Risco sobre escolas e modalidades que daquela estaban de moda: “Mais como cómpre que esteamos enterados de todo, que non sexamos alleos ó mundo de fora, por iso me teño dedicado a espallar isas cousas na nosa Terra (…) Moi ben que queiramos faguer cousas novas - sempre dentro do noso- pro, cando as fagamos, non sexan como as fan en Londres, nin en París, nin en ningures, senón como non as haxan feito ainda en ningunha parte do mundo”.

O 14 de setembro, o poeta Manuel Antonio escribe a Vicente Risco : “Eu sei que é vostede persoa conecente d’os fundamentos teóricos das máis novas tendenzas literarias. Teño interés en poder xuzgar por min mesmo os derradeiros “ismos”. E sendo esto case imposibel n’unha aldea, a trasmán de todo movemento cultural, coidei axeitado molestal-o, e perdoe, pra lle facer estas preguntas...” (Grial nº 86).O 15 de outubro respóstalle Risco, informándoo das novas tendencias literarias:“...e conte tamén que o que os estranxeiros han estimar máis en nós, ha ser o carácter nacional, o galeguismo, o enxebrismo da nosa arte e da nosa literatura, pois eso é o que ha ter novedade pra eles, e o que eles, se nós faguemos cousas boas, chegarán a imitar...”.
Vicente Risco escribe a Teixeira de Pascoaes: “Pois ben: eu quixera que no pirmeiro número, que sairá pra o 1º de Setembro, o seu nome honrase as páxinas da nosa revista; quixera que me dera licencia pra incluilo antr’os colaboradores de Nós”. (“Grial” nº 86).

Con data de 29 de marzo Castelao escribe a Vicente Viqueira : [...] Eu non sei cómo podería decirlle o meu agradecimento pol-a súa conferencia tan chea de loubanzas pr'o meu arte. Verdadeiramente eu non merezo tantas verbas garimosas, mais con tudo eu estóu contente de certo, pol-o que ganóu a Causa. Tiña verdadeira fame de coñecel-o e agradeceríalle de curazón acollese a miña amistade coma si xa fixese mil anos que nos coñecemos. Lín o resumo da súa conferencia nos xornáes e non podo negarlle que fiquéi un pouco orguloso ó ver cánto ben me conceptuaba vostede; máis eu asegúrolle que as verbas non me deixarán acougar até merecel-as e faguerme dino d'elas. O non atopar aínda os cartiños que preciso pra edital-o álbum faime cabilar moito; máis xa estou preparando outros traballos que cicáis poida espoñer pr'o ano que ven na Cruña. Estes novos traballos serán en córes e terán máis lirismo. Ando co-a intención de solicitar unha pensión pra ir ó extranxeiro. López Suárez metéume isa ideia na cachola. (Obras. Castelao. Tomo VI. Galaxia 2000).

Sumarios

Nós. Boletín Mensual da Cultura Galega, órgao da sociedade galega de pubricaciós “Nós”.

Direitor: Vicente Risco.

Xerente: Arturo Noguerol.

Redautor-xefe: Xavier Prado (Lameiro).

Segredario da Redaución: Xulio Gallego.

Redautores: Ramón Cabanillas, Alfonso R. Castelao, Antón Losada Diéguez, Ramón Otero Pedrayo, Florentino L. Cuevillas.


Nº 1 (30 de outubro). Primeiras verbas. Teixeira de Pascoaes: Fala do Sol.

Vicente Risco: O sentimento da terra na raza galega.

Philéas Lebesgue: Poetas de Galizia.

Florentino L. Cuevillas: Dos nosos tempos.

Arturo Noguerol: O problema do traballo en Galicia.

Archivo Filolóxico e Etnográfico de Galizia

Os homes, os feitos as verbas:

- Teixeira de Pascoaes e NÓS.

- Philéas Lebesgue.

- Letras e artes galegas.

- Libros.

- Revistas

Fora de testo: A roda de San Xoán por Castelao.



Nº 2 (novembro).

Philéas Lebesgue: Coimbre.

Antón Losada. Teoría cuasi trascendental de velocidade.

Jaime Quintanilla: O Nazonalismo musical galego.

Portugal e Galizia

Xavier Prado (Lameiro): ¡Ten fé, poeta!

Arturo Noguerol: Políteca social.

Archivo Filolóxico e Etnográfico de Galicia: adiviñas; as bruxas.

Os homes, os feitos, as verbas


- Castelao en Ourense.

- Jean Revel.

- As letras catalanas en Galizia e as letras galegas en Cataluña.

- Libros.

- Revistas.

Fora de testo: A tola do monte, Castelao.


Nº 3 (decembro).

Marqués de Figueroa: ¿Fada ou quimeira? ¿Vixilia ou sono?.

Unha carta de Leonardo Coimbra a Vicente Risco.

Vicente Risco: Galizia céltiga.

Tomás Garcés: Lletres catalanes: Angel Guimerá, poeta.

Antón Losada Diéguez: Conto sinxelo.

Letras irlandesas: W. B. Yeats.

Archivo Filolóxico e Etnográfico de Galizia: Repertorio de refráns pra todol-os meses do ano.

Os homes, os feitos, as verbas

Fóra de texto: Poemiña de Castelao.

Flag CPLP.gif Cataluña Flag of Spain Outras culturas

NobelPREMIO NOBEL DE LITERATURA: Knut Hamsun

Flag CPLP.gif CPLP - Comunidade dos Países de Lingua Portuguesa


Nacen




Morren:


Alfredo Pedro Guisado: A Lenda do Rei Boneco. No nº 110 de “A Nosa Terra” (10 de xaneiro) aparece o poema seu“Introito”.

António Botto: Canções do Sul.


António Correia de Oliveira: Pão nosso: alegre vinho, azeite de candeia e Na hora incerta ou a nossa pátria.


António de Cértima: Fado das Capas. Serenata do Amor.


António Ferro: Teoria da indiferença.


António Sardinha: No nº 109 de “A Nosa Terra” figura o seu poema “Emigrados”.


António Sérgio: Ensaios (oito volumes publicados entre 1920 e 1958).


Aquilino Ribeiro: Filhas de Babilónia.


Armando Boaventura: No nº 113 de “A Nosa Terra” escribe o artigo “O Fado”.


Augusto d’Esaguy: No nº 130-131 de “A Nosa Terra” figura o texto seu “Impressões da noite. A serra”.


Augusto Gil: Craveiro da janela.


Camilo Pessanha: Clepsidra (poesía).


Carlos Selvagem: Ninho de águias.


Fernando Pessoa publica na revista inglesa “The Athenaeum” o poema Meantime e na revista portuguesa “Ressurrección” o soneto Abdicação. En marzo coñece a Ophélia Queiroz e escríbelle a súa primeira carta de amor. A súa nai e os seus irmáns regresan a Portugal. En outubro sofre unha forte depresión. Escribe a serie de poemas ingleses que titula Inscriptions. En novembro rompe as súas relacións con Ophélia Queiroz.


Francisco Costa: .


Guerra Junqueiro: Poesias dispersas.


Henrique Lopes de Mendonça: Sangue português: contos de outro tempo.


João Pina de Morais: Colabora no nº 131-132 de “A Nosa Terra” co artigo “Portugal na península. Galiza-Catalunha-Portugal”.


Leonardo Coimbra: No nº 129 de “A Nosa Terra” figura un artigo de Johan Viqueira sobre el: “O noso esprito filosófico, ainda por desenvolver, está ben perto do esprito filosófico de Portugal que convén tanto coñecer aos galegos. Eu recoméndo-lles a leitura das obras de Leonardo de Coimbra”. E no nº 128 outro de Antón Villar Ponte: “Leonardo Coimbra e a “Revista” do Porto”.


Menotti del Picchia (Brasil): Flama e argila.


Wenceslau de Moraes: Fernão Mendes Pinto no Japão.




Cataluña


Nacen:

Morren:

  • Joan Martí i Trenchs (1844 Sant Vicenç dels Horts).
  • Miquel dels Sants Oliver (Barcelona; 1864 Campanet, Mallorca).
  • Pompeu Gener (1848 Barcelona).


No nº 2 da revista “Nós”, no apartado “Os homes , os feitos, as verbas” aparece o artigo “As letras catalanas en Galizia e as letras galegas en Cataluña” que comeza así: “Pol-a iniciativa de Tomàs Garcés , agudo e despexado inxenio catalán –d’hoxe en adiante, corresponsal de NÓS en Barcelona- vaise inaugurar, nas páxinas literarias de El Dia de Tarrassa –das que nos ocupabamos no númaro derradeiro- a colaboración dos escritores galegos . Cabanillas envioulles versos “trements d’emoció poètica i patriòtica” según a espresión do Garcés. Do mesmo xeito, o nóso amigo ofércenos, respondendo ós nosos requerimentos, traguer ás páxinas de NÓS un reflexo da moderna cultura catalana…”.


No nº 3 da revista “Nós” Tomás Garcés publica en catalán o artigo “ Àngel Guimerà, poeta”. E no nº 128 de “A Nosa Terra” figura en galego o seu artigo “As predicaciós no deserto”.


Àngel Guimerà: Segon llibre de poesies (pròleg de Lluís Via) e L´ànima es meva (teatre).


Clementina Arderiu: L’alta llibertat.


Eugeni d´Ors comeza a colaborar en castelán no diario “Las Noticias” de Barcelona.


Guerau de Liost: Selvatana amor.


Joaquim Ruyra: Pinya de rosa.


Josep Carner ingresa na carreira consular e marcha de Catalunya.


Josep Maria Junoy: Poemes i cal-ligrames.


Josep Pla: Enric Casanovas (biografia).


Marià Manent: La collita en la boira.


Prudenci Bertrana: Els herois (narracio curta).


Salvat-Papasseit publica o manifesto "Contre els poetes en minúscula". No nº 128 de “A Nosa Terra” (25-09), publica Risco un resumo en galego do manifesto de Salvat Papasseit "Contra els poetes amb minúscula" que aparecera dous meses antes en catalán.


Ventura Gassol: La Nau.


Víctor Català: La mare balena (novela).

Flag of Spain

Nacen:



Morren:

  • Benito Pérez Galdós (Madrid; 1843 Las Palmas de Gran Canaria).




García Lorca: El maleficio de la mariposa.

Julio Camba: La rana viajera.


Miguel de Unamuno: El Cristo de Velázquez.


Valle-Inclán: Divinas palabras; Farsa y licencia de la reina castiza; El pasajero e Luces de Bohemia.


Wenceslao Fernández Flórez: Ha entrado un ladrón.




Máis culturas:


Nacen:




Morren:.

  • Maria Antonietta Torriani “Marchesa Colombi”; (Milano; 1840 Novara).


Ramón García González (Castropol): Amarguras d’un viaxe.



Polémica entre Huidobro e Pierre Reverdy (1889-1960) sobre o creacionismo.


Armando Mook: La serpiente (teatro).


Enrique López Albújar: Cuentos andinos.


Huidobro colabora con Le Corbusier.


Joaquín Edwards Bello: El roto (narrativa).


Juana de Ibarbourou: El cántaro fresco e Raíz salvaje (poesía).


Julio Vicuña Cifuentes: Cosecha de otoño.


Luis Carlos López: Por el atajo.


Luis Gonzaga Urbina: El corazón juglar.


Samuel Eichelbaum: La mala sed (teatro).




Dadaísmo en París: Tzara, Bretón, Aragón, Péret, Rigaud...


Auguste Angellier (1848-1911): No nº 112 de “A Nosa Terra”, no apartado “Poetas estranxeiros”, Roberto Blanco Torres fai a tradución do seu poema “As caricias dos ollos”.


David Herbert Lawrence: 'Women in love (Mulleres namoradas).


Edith Wharton: The Age of Innocence.


Ernst Jünger: Tormentas de aceiro.


Eugene O’Neill: O emperador Jones (teatro).


Philéas Lebesgue: publica en “La Revue de L’Époque” de París o artigo “La Galice litteraire d’aujourd’hui” que reproduce “A Nosa Terra” no nº 120 do 25 de maio.Tamén en “A Nosa Terra” do 20 de agosto, Vicente Risco fai referencia a este autor que no “Mercure de France” (15-VI-1920), na sección de letras portuguesas escribe sobre “Le reveil litteraire de la Galice”. Do mesmo xeito, Vicente Risco, no nº 128 de “A Nosa Terra” (25 de setembro), escribe en “Letras galegas en Francia”: “O noso ilustre amigo Philéas Lebesque pubrica na revista Les Tablettes de Sain-Raphael (Var) un lumioso artigo titulado Poetes de Galice, onde, logo de chamar a atención sobre do noso renacemento de dempois do 1900, traduz algunhas estrofas de Cabanillas, Noriega e López Abente ós que dedica agudas e xustas verbas de loubanza”.


Francis Scott Fitzgerald: This side of Paradise (A este lado do Paraíso).


Friedrich Hebbel (1813-1863): No nº 112 de “A Nosa Terra”, no apartado “Poetas estranxeiros”, Roberto Blanco Torres fai a tradución do seu poema “O neno do pozo”.


Gerhart Hauptmann: Indipohdi.


Hrand Nazariantz: En “A Nosa Terra” do 5 de setembro no artigo “Os poetas extranxeiros d’agora”: “Hrand Nazariantz, inda non e conecido para os peninsuares de fala castelán; algunhas das suas poesías foron vertidas a lingua da patria irmá Cataluña e pubricadas en “La Revista” de Barcelona, e d’ela as collemos e traducimos ao galego”. A continuación aparecen “Matar Dolorosa”, “O sono do meu sol” e “Curazón da miña raza, saude!.


Louis Aragon: Feu de joie (poesia).


Marcel Proust: Du coté de Guermantes (3ª entrega de A la recherche du temps perdu).


Sinclair Lewis: Main street.


Vladimir Maiakovski: 150.000.000 (poesía).



Tamén sucedeu...''''

  • Nace Charlie Parker (Kansas City; 1955 New York).
    Voto feminino en EEUU
  • Picasso: “Tres músicos”.
  • Créase o Partido Comunista Español (15 de abril).
  • Gabinete Dato (5 de maio).
  • Eleccións xerais (19 de decembro).
  • Créase en Bilbao o primeiro Tribunal de Menores.
  • Segundo o censo da poboación española, o 57% dedícase ao sector primario, o 21,9 % ao secundario e 20,81% ao terciario.
  • Promovido por Millán Astray, fúndase o “Tercio de Extranjeros” que despois sería “La Legión Española”.
  • Nace o Partido Comunista francés.
  • A Cámara dos Lores británica aproba a división de Irlanda en dous territorios autónomos, o norte protestante e o sur católico.
  • Na India Mahatma Gandhi inicia a campaña de desobediencia civil contra a dominación inglesa.
  • Inaugúrase a Sociedade de Nacións de Xenebra.
  • Concédese o voto ás mulleres en EEUU.
  • Establécese en USA a “lei seca”.
  • Emítense por primeira vez noticias radiofónicas, a través da estación 8 MK de Detroit.