1919

De Xulipedia
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Flag of Galicia (civil).svg Cultura galega

Nacementos/Pasamentos

Child in diaper icon Nacementos
Literatura
Emilio Álvarez Blázquez (Tui; 1988 Vigo).
Benito Varela Jácome (Soutolongo, Pontevedra; 2010 Santiago de Compostela).
Luis Iglesias de Souza (A Coruña; ibídem 1995).
Xosé Fariña Jamardo (Caldas de Reis; 2008 Madrid).
Outros
O pintor e escultor Leopoldo Nóvoa García (Salcedo, Pontevedra; 2012 París).
O intelectual e libreiro Antón Patiño Regueira (A Coruña; 2005 Vigo).
O empresario Eduardo Barreiros Rodríguez (Gundís, Ourense; 1992 La Habana).
O periodista Manuel Blanco Tobío (Lérez; 1995 Madrid).
O profesor e escritor José Antonio Míguez Rodríguez (A Coruña; ibídem 2005).
O arqueólogo e filólogo Luis Monteagudo García (A Coruña; 2018 Santiago).
O escritor José Luis Prado Nogueira (Ferrol; 1990).
O xeógrafo Francisco Javier Río Barja (Lugo; 2011 Canarias).
A musicóloga Pilar Magadán Chao (Meira, Lugo; 2016 Salamanca).
O médico e primeiro alcalde de Ferrol trála dictadura franquista Xaime Quintanilla Ulla (Ferrol; 2002).
Skull.png
Pasamentos
Literatura
Outros
O pintor José Bouchet Blanco (Buenos Aires; 1852 Valga, Pontevedra).
O pintor Germán Taibo González (1889 A Coruña).
José Fontenla Leal (La Habana; 1864 Ferrol).
O político e escritor Augusto González-Besada Mein (Madrid; 1865 Tui).

Publicacións

Galegas

  • Álvaro Cebreiro : “Cántigas”,en “O tío Marcos d’a Portela”, 7 de abril. En “A Nosa Terra” (nº 87) o poema “Canto d’un neno”.
  • Antón Losada Diéguez : Orientacións. Os camiños d‘o agrarismo galego e A sinificación profunda do galeguismo. En “O tío Marcos d’a Portela”: “Todos rexionalistas” (21 de xaneiro).
    Antonio Losada y Diéguez, sinatura
  • Antón Villar Ponte : “Pangaleguismo. O camiño direito” no nº 77 de “A Nosa Terra” do 15 de xaneiro: “[…] Galicia, emporiso, debe ter sempre latexante no seu idearium nazonalista este principio: “A libertade e a independenza de Portugal considerámol-a os galegos como nosa mesma libertade e independenza, e estaremos dispostos de cote a erguérmonos violentamente contra dos que quixesen esnaquizar aquela”. No nº 85-86 “Primeiro amore”. No nº 92… “Cartas da vila”.
  • Antonio Estévez Cao : colabora en “O tío Marcos d’a Portela” con “O meu delirio” (21 de maio).
  • Asieumedre ” (Manuel Lugrís): En “O tío Marcos d’a Portela":“Un aldraxe”, (21 de xaneiro). “O mellor amante” (7 de febreiro). “Boa meiciña” (21 de febreiro). “A illa milagreira! (7 de marzo). “¡Protestante!” (21 de marzo).”Os tres soldados” (7 de abril). “O carneiro” (21 de xuño). “¡Esquenceuse!” (7 de xullo).
  • Avelino Rodríguez Elías : En “O tío Marcos d’a Portela”: “O espantallo”, 21 de xaneiro. “O lume do inferno é pouca cousa” (7 de marzo). “O burro da sorte” (21 de marzo). “Unha criada ofendida” (21 de abril). “Caetaniño” (21 de maio). “Un preguicento” (7 de xuño). “¿Morreu ou non morreu? (7 de xullo). En “A Nosa Terra” nº 82 “Contos do adro”. No 88 ¡Isto non e adianto!.
  • Bastián d’as Laxas: “O presupuesto d’a fame”, en “O tío Marcos d’a Portela”, 7 de febreiro.
  • Castelao , mítines e prosas anticaciquís en “El sol” e “El Noroeste”. Publícase a súa conferencia Arte e Galeguismo (Tip. de “El Noroeste”; A Coruña). No nº 95 de “A Nosa Terra”: “Peito de lobo”. No 96 “Lembranzas”. No 99 “Cousas da vida”. No 101 “O aparello dos apóstoles”.
  • Emilia Pardo Bazán : escribe un artigo en galego titulado “A música galega” no xornal bonaerense “Correo de Galicia” (3 de agosto): “As catro provincias da rexión tan diferentes na sua unidade son’o tamén na musica. Temas musicás galegos lograron cruzal-os portos; hastra Francia levounos o mestre Baldomir, noso ilustre Montes, o chorado Veiga e algúns mais cuios nomes están nos beizos de todos; teñen revelado o partido que se pode sacare…”.
  • Evaristo Martelo : Landras e bayas (nesta obra aparece un himno militar galego carlista).
  • Farruco Lamas: “Arelas d’un emigrado”, en “O tío Marcos d’a Portela”, 7 de xaneiro. “As autonomías” (7 de febreiro). “En defensa d’o labrego” (21 de febreiro). “Sentimento autonomista do pobo español” (21 de abril). “Parés que dorme” (7 de maio). “Abesullemos o noso chan” (21 de maio). “A nazonalizazón do chán” (7 de xuño). “A Don Xaime Solá” (21 de xuño). “O noso rexionalismo” (7 de xullo).
  • Fol de Gaita : colabora en “O tío Marcos d’a Portela” con “O boi e a ran” (21 de febreiro).
  • Francisco Cabo Pastor : Versos gallegos: cantigas e cousas d’a nosa terra (Ferrol). Deste libro aparece publicado en “O tío Marcos d’a Portela”, o 21 de xaneiro o poema “Chuvia gallega”.
  • Francisco Salgado y López Quiroga : “Cantares”, en “O tío Marcos d’a Portela”, 7 de xaneiro. “Cantares” (21 de xaneiro). “Cantares” (7 de febreiro). “Conto” (21 de marzo). “As cousas d’España” (21 de maio). “Poemas curtos” (7 de xuño). “Poemas curtos” (7 de xullo). En “A Nosa Terra” nº 78 “Os caciques”. No nº 85-86 “Cantares”. No 88 “O xardín d’ancianidá”. No 93 “Poemas curtos”. No 97 “O a-la-lá”.
  • Gerardo Álvarez Limeses: “Entre lusco e fusco” poema no nº 81 de “A Nosa Terra”.
  • Gonzalo López Abente : O diputado por Veiramar (novela curta. Imprenta Nova). “A muiñeira” en “O tío Marcos d’a Portela” (7 de marzo). “O héroe” (21 de maio). “A Ribeira” (7 de xullo).

En “A Nosa Terra” nº 78 o poema “Esperanzas”. No nº 84 “A furna”. En “A Nosa Terra”: “Cartas da aldea” (nº 89, 90, 91). No nº 96 “A miña terra”. No nº 106 “Versos lidos en Compostela n’un íntimo homenaxe a Porteiro”.

  • Herminia Fariña Cobián: “Lembranzas", poema no nº 93 de “A Nosa Terra”. “Nouturnio”, no nº 99 e “Orfo” no 108.
  • Johán Viqueira: “Da renascenza lingüística” en “A Nosa Terra” nº 77. “Pensando na futura patria. Novos poetas de Portugal” no nº 95.
  • José Alcrudo Gorch: "Posta de sol" (en “Terra a Nosa”, suplemento do diario “El Noroeste”).
  • José María Barreiro : Pan quente (comedia de costumes).Juan Vicente Martínez Quelle redactor do xornal “La Nación”. Traduce para o “Diario de la Marina” (La Habana) a obra de Castelao Un ollo de vidro.Luis Fernández Gómez: Amor sinxelo (no suplemento “Terra a Nosa” de “El Noroeste”. A Coruña).
  • Leandro Carré : “Conto de Reises”, en “O tío Marcos d’a Portela”, 7 de xaneiro. Enredos (Teatro. En “Terra a Nosa”, suplemento do diario “El Noroeste”).
  • Manoel Roel : colabora en “O tío Marcos d’a Portela” con “Gallegadas” (7 de febreiro).
  • Manoel Iño: colabora en “O tío Marcos d’a Portela” con “Nenerías” (21 de marzo).
  • Manuel Barros Arbones : Esceas da terra e ¡Todo mal é comenzar...! (no nº 9 da revista “Terra a Nosa”, suplemento do diario “El Noroeste”).
  • Manuel Lugrís Freire : Versos de loita (Como suplemento do periódico “El Noroeste”) e A estadeíña (teatro).
  • Murguía escribe no xornal “El Noroeste” o texto “A Curros”: “Baixo do ceo a cuio amparo repousas, volven hoxe a levantarse as alabanzas, en que o pobo, para quen a túa voz de inspirado tuvo sempre unha santa e eterna defensa, renova a expresión de amor que ten consagrado ao seu poeta predilecto. A ese coro entusiasta quero que vaia unida a miña voz e o meu recordo entrañable, para que seipas que no meu corazón vive e vivirá para sempre a memoria de quen foi para min un queridísimo irmán. Ben pronto, irmán infortunado, a quen feriron todas as doores que acosan ao home na terra, podrá verte e renovar os nosos interrumpidos coloquios, pois chámanme e réndenme os anos que me acercan a ti e a cantos me esperan”.
  • Ramón Cabanillas : O 22 de abril, represéntase no Pabellón Lino da Coruña a súa obra A man de Santiña. Farsada en dous pasos. Publicada no 1921 en Mondariz. Sobre ela di Leandro Carré en “A moderna orientación do teatro galego”, conferencia organizada pola “Seición de Cultura e Fala” (6 de abril de 1923) e publicada logo en “A Nosa Terra” o 1 de maio de 1923: “Non foi baldío o esforzo da Irmandade cruñesa, e o chamado “Conservatorio Nazonal de Arte Galega” tivo o mais formidable éisito coa representación de: A man de Santiña, esa delicada comedia de Cabanillas, que é unha xoya pol-a galanura das frases, pol-a poesía que arrodea c’unha aureola recendente as figuras que nela teñen vida. Lástima que un lenguaxe tan poético, tan belo, non dé relevo á unha acción mais emocionante. Un anaquiño que afondase a pasión, o drama que se inicia, e a comedia de Cabanillas ocuparía o mais alto lugar na Dramática galega. Noustante A man de Santiña logróu o éisito que merece. Tivo parte nel o perfeito da presentación, que se fixo con coidado e cariño, con decoraciós pintadas para ela como requería, e c’un perfeito estudo dos tipos debido ao conocimento técnico do actor Fernando Osorio, entón direitor do Conxervatorio. E hai que notar outra cousa. A man de Santiña é a primeira obra galega representada en que todol-os personaxes son fidalgos, señores. Este é o cambio, o camiño que se inicia, para o progreso do noso Teatro, a nova orientación que ha dar impulso á Dramática galega”.

No nº 77 de “A Nosa Terra” (6 de xaneiro) aparecen os seus poemas “A un namorado” e “Ditos dos vellos”.

No nº 77 (15 de xaneiro): “Meu amoriño…”.

No nº 78 “Rimas”.

No 79 “Coma o cuco…” e “Rimas”.

No nº 81 “A cantiga das nenas” e “Probiña”.

No 84 “¡Miserere nobis!”.

No 88 “Foliada”.

No 89 “Bágoas de nai”.

No nº 92 fai a tradución dun poema do escritor francés Catulle Mendès (1841-1909).

No 93 dise: “…o fermoso e esquisito poema dramático “A man de Santiña”, vénno traducindo direitamente do galego ó catalán, co’a licencia do seu autore, Avis Marti, un dos novos e mais apraudidos dramaturgos barceloneses para poñelo en escea na cidá condal na tempada d’inverno próisima”.

No 94 “Do berce a cova”.

No nº 100 Poema para a “Homenaxe dos coros gallegos a Perfecto Feijóo”.

No 101 “O madrigal das rosas bermellas”.

No 103 “Agoíña de Dios”.

  • Ricardo Carballal: "O tesouro acobillado" (no suplemento “¡Terra a Nosa!” do diario coruñés “El Noroeste”).
  • Roberto Blanco Torres : “Unha conferencia de Unamuno. Comentarios”, no nº 78 de “A Nosa Terra” do 25 de xaneiro. No nº 83 “Curros Enríquez”. No 93 “Panteística”.No 95 “Diante da natureza”.No 106 “O cego de Padrenda”.
  • V. Loureiro: colabora en “O tío Marcos d’a Portela” con “O brasileiro” (21 de abril). “Dispois d’as eleuciós” (21 de xuño).
  • Vicente Risco : colabora en “Nós. Páxinas gallegas do diario da Cruña El Noroeste”. O 28 de xaneiro aparece un poema del:

“O tempo foxe.

Nin o cigarro

deixa apurar.

O tempo foxe.

Non trai vagar.

Os doces froitos

das outas polas

van a pingar.

Extende a saia

miniña loita

prós apañar.

O tempo foxe.

Non trai vagar”.


O 6 de xaneiro publicárase outro poema del no nº 77 de “A Nosa Terra” co seguinte comentario: “Son, quizais, os versos mais modernos feitos no idioma galego. Versos que teñen a ánda esencia do tremar sotil e cristaiño das poesías de Verlaine, Baudelaire e Euxenio de Castro e moito d’aquelas evaporaciós de sentimentos musicaes de J. R. Ximénez” e que comeza así:


“Morreu un mozo

qu’inda na feira

topei antronte

Lobos famentos

lobos qu’oubean

baixan do monte”.


No nº 85-86 de “A Nosa Terra” aparecen tres poemas del: “Cántiga pra’compañar co pandeiro”, “Balada de mal cristiano” e “Interior o Gaston La Touche”. Tamén traduce poemas de Rimbaud (nº 92) e Max Jacob. Publica en ¡Terra a Nosa!, suplemento de “El Noroeste” a noveliña Do caso quell‘aconteceu ó Dr Alveiros.


No número 98 de “A Nosa Terra” (25 de agosto) escribe no artigo “Da nazonalización galega”, “Cosmopolitismo e universalismo”: “Este deber obríganos a conservare e desenrrolare a tradición galega na língoa, no arte, na cencia, no direito, no traballo e a remover tódol-os obstáculos que s’opoñan a elo, seian os que fosen. Tod’a nosa aución política ten coma fin ese ideal. Nós non concebimol-a política pol-a política mesma ou a política por negocio; á maioría de nos danos noxo: acetámol-a coma s’aceta o vaso d’auga de Carabaña. Mais nosa finalidade está sempre mais aló de todo eso: é un senso ideal d’umanidade. Este deber imponnos o cultivo constante, incansabre, da nosa orixinalida nazonal, qu’e a que pode donarlles valor universal ás nosas creaciós, a que nos pode levar a sermos creadores d’unha civilización Galicia non será nada se uniformizase co resto d’Hespaña. Ser diferente e ser esistente. Na conservación dos nosos carauteres nacionaes, hemos ser intransixentes. Pódese ceder en todo, agás n’eso: do noso patrimonio espiritoal non debemos consentire que nos despoxen. Sobre d’él ten un direito, unha especie de “dominio eminente” a humanidade”.


No nº 101 de “A Nosa Terra”: “A Atlántida”.

  • A Nosa Terra ” publica en galego, co consentimento de Valle-Inclán, os contos “Malpocado” (nº 77 do 6 de xaneiro); “Medo” (nº 77, 15 de xaneiro e “Un cabecilla” (nº 78 do 25 de xaneiro).
  • Victoriano Taibo : “Sol-por”, en “O tío Marcos d’a Portela” (21 de maio). En “A Nosa Terra”, nº 84 “Inverniza”. No nº 90 “Dous consellos”. No 95 “A estrada da libertade”.
  • Xacobe Casal Rey : Limpa, fixa e dá esprendor e No íntimo. No artigo de Leandro Carré “A moderna orientación do teatro galego”, (“A Nosa Terra, núm. 184 do 1 de maio de 1923) no que se recolle a súa conferencia organizada pola Seición de Cultura e Fala, que tivo lugar o 6 de abril de 1923, Leandro Carré di: “É lástima que Xacobe Casal non se decida dunha vez a escribir para o Teatro. O camiño, única obra de importancia que conozo das que leva producido, ten condiciós para trunfar, é unha obra de traza moderna, que á par dunha forma correcta alenta unha idea grande e nobre, señala O camiño que se debe seguir para o progreso da nosa Terra e a derrota definitiva dos caciques que a teñen asoballada”.
  • Xavier Prado “Lameiro”: En “O tío Marcos d’a Portela” :“Tristes realidás”, (7 de xaneiro). “Os novos concellos” (21 de xaneiro). “Costume ribeirá” (7 de febreiro). “O cocón” (21 de febreiro). “¡Alá tu…! (7 de marzo). “Á entrada d’o feiral” (21 de marzo). “Conto véllo” (7 de abril). “N-o millor d’os mundos” (21 de abril). “Cousas d’os pais” (7 de maio). “Si non e vero…” (21 de maio). “Gañando tempo” (7 de xuño). “Cantigas” (21 de xuño). “Epigramas” (7 de xullo).

En “A Nosa Terra: “O cacique rural” (nº 103).

  • Xosé Benifacio Suárez: “Pingotas de fel”, en “O tío Marcos d’a Portela”, 7 de abril.
  • Xosé Bravo Collazo: colabora en “A Nosa Terra”.
  • Xosé Ramón Fernández Oxea “Xan Fouciño”: En “O tío Marcos d’a Portela”,“Noite de reises”, (7 de xaneiro). “Galicia ¿ê d’España?” (21 de xaneiro). “Nenos bien” (7 de febreiro). “D. Lamberto” (21 de febreiro).“Almas en pena” (7 de marzo).“Algo de…múseca” (21 de abril). “Romerías” (7 de maio). “¿Por qué será? (7 de xuño).
  • Julio Senador Gómez colabora en “A Nosa Terra”(nº 83 do 15 de marzo), co artigo “Verbas d’un castelán” no que fala dos segadores galegos en Castela . (Do libro recén saído do prelo La canción del Duero).
  • Na revista “ A Nosa Terra ” aparecen dous exemplares co número 77, o do 5 de xaneiro e o do 15 de xaneiro.

No nº 90 aparece en portada o “Manifesto do partido nazonalista galego”.

No nº 99 baixo o título de “Galicia e Portugal. Dúas poesías” figuran dous poemas dedicados ao río Miño, un de Avelino Rodríguez Elías e outro de Oscar del Pratt.


O nº 103 está dedicado a Lois Porteiro e muda o encabezamento, era “Idearium da Irmandade da Fala” e pasa a ser nalgúns números “das Irmandades da Fala”.

No nº 104 faise referencia ao abandono da tumba de Pondal, no artigo “Os herdeiros de Pondal”: “(…) Con esa pobreza nada temos que ver os galegos. Pondal, solteiro, deixou mais d’un millón de reás a ricos parentes seus. Eses parentes son os responsabres da probeza d’esa tomba. Se eles, logo d’herdar ô bardo, abandonan as suas cinzas. é cousa de chamarlles o pior dos aldraxes. ¡Que parentes tan desleigados! E que pena nos produce que Pondal, sen fillos, e dono de moitos cartos, non deixou nada pra instituciós galegas! A nós, pois, só nos corresponde lembrar as suas poesías. Dos seus restos mortaes que s’encarguen quenes o herdaron “materialmente”.

O nº 105 leva por titular “A II Asambleia nazionalista galega. Concrusios aprobadas en Santiago”.

Relativas a Galicia

  • Francisco Lanza Álvarez funda en Ribadeo o semanario “La Comarca”.
  • Comeza a saír en febreiro, na Coruña, como suplemento do xornal “El Noroeste”, “Terra a Nosa”, subtitulada “Bibrioteca Popular Galega”. Saía os días 10, 20 e 30 ao prezo de 10 céntimos.
  • En resposta a Francisco Camba di Unamuno: “... El idioma gallego se muere y cuando un organismo cualquiera ha decidido renunciar a la vida, no puede haber remedios, ni aún los más heroicos, que lo salven. A los gallegos ya no les sirve su idioma. Tenían que trabajar mucho sobre él hasta llegar a adaptarlo a sus nuevas necesidades. El pueblo no realiza nunca trabajos inútiles. ¿Para qué empeñarse en reconstruir un idioma cuando se les ofrede, fácilmente, otro ya hecho? Por eso los gallegos se van todos hacia el castellano...”.(Alexandre Rodríguez Guerra: Miguel de Unamuno e a lingua galega; tresCtres, 2002, páx. 101).
  • Recolle Carlos Callón en O libro negro da lingua galega (Xerais 2022) un artigo do diario ABC (12 de xaneiro): “El separatismo y el idioma”: "El idioma es el lazo espiritual que une a los pueblos pudiendo afirmarse que el día en que en Europa se hablase una sola lengua, a la unidad espiritual seguiría bien pronto la unidad política.Por ser esto cierto, en España debemos velar celosamente por la existencia de una sola lengua oficial que, en beneficio de todos, sea vehículo de cultura y nos preste esa cohesión tan necesaria en la vida de las naciones".
  • García Lorca con data de 29 de marzo, redacta o poema " Salutación elegíaca a Rosalía de Castro", que comeza con estes versos

Desde las entrañas de la Andalucía, / mojados con sangre de mi corazón, / te mando a Galicia, dulce Rosalía, / claveles atados con rayos de sol.

  • Publícase en Santiago a revista “ El Perro Chico” que inclúe algún espazo en galego e da que só verá a luz un número, no mes de decembro.
  • Sae a publicación agrarista “ A Fouce”, “Orgo da federación Agrario Rexionalista de Barcala”. Boletín quincenal dirixido por Salvador García-Bodaño Fernández.
  • A Casa de Galicia de Buenos Aires comeza a publicar “Acción Gallega” (desaparecerá en 1925).
  • O 10 de xaneiro aparece en Vigo “Galicia Social”, subtitulado “Publicación semanal. Órgano de las instituciones sociales y sindicatos católicos de la diócesis de Tuy”.
  • Dirixido por Manuel Fernández Doallo, ve a luz en La Habana o semanario bilingüe “ Heraldo de Galicia”.
  • En Santiago, e baixo a dirección de Armando Cotarelo Valledor aparece “ Ultreya”, co subtítulo de “Revista quincenal de cultura galaica. Arte-literatura-historia-sociología” (1920).
    Ultreya
  • En agosto comeza a publicarse en Montevideo “ Alma Gallega”, revista en castelán, que viviu dúas épocas: ata novembro de 1927 a primeira e dende decembro de 1934 ata outubro de 1967 a segunda.
  • Eugenio Alfredo de la Iglesia Santos conta nunha nota do seu manual "Resumen de Historia de la literatura gallega" que nunca chegou a publicar: “¡Triste es confesarlo! La primera vez que en mi clase de Gramática expliqué en gallego y pregunté en gallego, a un alumno, educado y nacido en uno de los hermosos pueblecitos de la provincia de Pontevedra, una carcajada general acogió mis primeras frases. Todos aquellos ingenuos naturales de Galicia encontraban ridículo que el catedrático del instituto explicase en gallego. No tardaron mucho, afortunadamente, en reconocer su error, principalmente cuando vieron que su compañero había entendido la explicación y en mal castellano contestó con acierto”. (Xesús Alonso Montero “Da vida e da obra dun descoñecido e sorprendente intelectual galego”; “Grial” nº 216).
  • Alejandro Pérez Lugín: La corredoira y la rúa.
  • Antonio García Hermida: El jardín de Roberto (Vilalba).
  • Francisco Javier Sánchez Cantón: Los retratos del Museo del Prado.
  • Jaime Solá Mestre: El otro mundo (narrativa) e El nacer de un día (poesía).
  • José Costa Figueiras: La sugestión de América (Barcelona).
  • José García Sánchez: La rifa de un novio.
  • Luciano Taxonera y Vivanco: Lo que nos dicen las ruinas.
  • Manuel Fuentes Jorge: Preludio matinal (Santiago).
  • Miguel García Teijeiro: Brétemas y lerias. Por el labriego gallego Xelos da Forxa (Lugo).
  • Pilar Millán-Astray Terreros: La hermana Teresa (novela curta).
  • Ramón Sobrino Buhigas: Insculturas galaicas prerromanas (Santiago).
  • Renato Ulloa Varela: De la vida (Mondariz).
  • Salvador Cabeza de León: La Universidad de Santiago y D. Ramón de la Sagra.

Acontecementos

  • II Asemblea Nacionalista en Santiago (“A Nosa Terra” nº 106 do 25/11) á que asiste Manuel Antonio.
  • As Irmandades da Fala crean o “Conservatorio Nazonal de Arte Galego” (“A Nosa Terra” nº 78; 25/01).
  • Blanco Amor emigra a Argentina.
  • Castelao enfróntase co cacique liberal e secretario da Deputación da Coruña Manuel Viturro por mor dun hórreo da familia Castelao, que este pretendía derrubar “esta clase de artefactos, situados a la faz de los caminos, son de un pésimo efecto al ornato” (“A Nosa Terra” nº 97 (15 de agosto) e 98 do 25 de agosto).
  • Ao terceiro intento, Otero Pedrayo aproba oposicións a cátedras de Xeografía e Historia en Institutos de Ensino Medio. Foi destinado ao Instituto de Burgos.
  • Rafael Dieste coñece a Vicente Risco con ocasión dunha conferencia que este pronunciou en Santiago. Tamén Manuel Antonio que estuda en Vigo na Escola Oficial de Náutica, entra en contacto nesta conferencia, con Risco, con quen manterá correspondencia.
  • O 3 de decembro, ás 10,30 da noite, mentres se proxectaba a película “Mefisto”, arde na Coruña o “Pabellón Lino”.
  • No parrafeo 51 de “O Tío Marcos d’a Portela” do 21 de marzo cóntase que: “O día 12 derradeiro tivo lugar n-o teatro d’a rua d’a Paz, o segundo concerto d’a Sociedade Filarmónica ourensá. Por segunda vez tamén, Manolo Quiroga, acompañado pol-a sua fermosa muller Marta Lemán, deixou oubir elí as notas meigas do seu máxico violín”.
  • VII Asemblea Agraria (A Coruña).
  • Folga xeral en Vigo.

Premios

Mail-client-Breeze-Icon.svgEpistolario

Castelao escribe a Rafael Dieste: “O nazonalismo galego é cousa moi outa. En Portugal temos amigos que tamén son rapaces. Moito me alegra que che gostase Risco, pois il é, sen dúbida, o definidor do noso Ideal. Cando falemos xa che direi canto val Risco”. Obras Castelao. Tomo VI Galaxia 2000.

Sumarios

Flag CPLP.gif Cataluña Flag of Spain Outras culturas

NobelPREMIO NOBEL DE LITERATURA: Carl Spitteler

Flag CPLP.gif CPLP - Comunidade dos Países de Lingua Portuguesa



Nacen:




Morren:



Abel Botelho (1856-1917): Amor Crioulo.


António de Cértima: Bodas de Vinho (poemas).


António Patrício: Dinis e Isabel (teatro).


Aquilino Ribeiro: Terras do Demo.


Carlos Malheiro Dias: A esperança e a morte.


Carlos Soto de Oliveira No nº 102 de “A Nosa Terra”: “Oda a Galiza”.


Fernanda de Castro: Antemanhá.


Fernando Pessoa escribe Poemas Inconjuntos do heterónimo Alberto Caeiro que levan a data fictícia de 1913-1914 por coherencia diacrónica coa biografía deste heterónimo morto no 1915. Publica os ensaios políticos Como Organizar Portugal e Opinião Pública na revista “Acção”, órgano de “Acción Nacional”.


Ricardo Reis parte para o Brasíl.


Eça de Queirós (1845-1900): No nº 83 de “A Nosa Terra” figura un conto de Eça de Queiroz, “O miñato” e outro, “No moiño” nos números 84 e 85-86.


No nº 87 aparece un fragmento de “A correspondenza de Fradique Méndez”.


No 89 e 90, tamén de Eça: “Notas marxinaes” e no 100, “Prosas marginaes”.


No 101 “Misticismo humorístico”.


Florbela Espanca: Livro de mágoas.


Jaime Cortesão: Memórias da Grande Guerra.


João Grave: O Mutilado.


Joaquim Novais Teixeira: No 103 de “A Nosa Terra” o poema “Menino e moço”. No 105 “Senhora dos meus cuidados” e no 108, do mesmo autor “As saudades das minhas trovas…”.


Jose Figueira Lopes: No nº 104 de “A Nosa Terra”: “Heráldica do Reino”.


Manuel Bandeira (Brasil): Cinza das horas (poesía).


Raul Brandão: Memórias (tres vol., 1919,1925,1933).



Cataluña


Nacen:

Morren:

  • Dolors Monserdà de Macià «Dolors Monserdà i Vidal» (1845 Barcelona).
  • Jaume Brossa (Barcelona; 1875 Sant Andreu de Palomar).
  • Joaquim Folguera (Barcelona; 1893 Colònia Güell, Santa Coloma de Cervelló).

Carles Riba: Primer llibre d‘Estances. Traduce l‘Odissea d‘Homer (unha segunda versión no 1948).

Joan Puig i Ferreter: El gran enlluernament (teatro).


Joan Salvat-Papasseit: Sóc jo, que parlo als joves; El concepte de poeta e Poemes en Ondes Hertzianes.


Joaquim Folguera: Les noves valors de la poesia catalana.


Joaquim Ruyra: La parada.


Josep Maria de Sagarra: Paulina Buxareu.


Josep Sebastià Pons: El bon pedrís (poemas).


Miquel Ferrà: La Rosada.


Miquel Forteza: L’estela.

Flag of Spain


Nacen:






Morren:


Edítase a revista “Cosmópolis”, dirixida por Enrique Gómez Carrillo e nos dous últimos meses de 1922, ano en que desaparece, por Alfonso Hernández Catá. Nela vai escribir Teixeira de Pascoaes sobre “El moderno pensamiento lusitano” e Philéas Levesgue sobre “La influencia de España y Portugal en la civilización”. Dende o número 21 ata o 34 Carmen de Burgos fai unhas crónicas literarias de Portugal, escribindo sobre Guerra Junqueiro, Eça de Queirós, Eugenio de Castro, Theophilo Braga, Gómez Leal, Camilo Pessanha, Mário de Sá Carneiro…


Ultraísmo e vangardismo nas revistas Grecia e Cervantes.


Alonso Quesada: Crónicas de la ciudad y de la noche.


Américo Castro: Vida de Lope de Vega.


Gerardo Diego publica o poema Film.


Juan Ramón Jiménez: Piedra y cielo.


Julio Senador Gómez :La canción del Duero. Arte de hacer naciones y de deshacerlas(Valladolid). Aparece un anaco deste libro no nº 83 de “A Nosa Terra” (15 de marzo), co título “Verbas d’un castelán”.


Miguel Asín Palacios: La escatología musulmana en la Divina Comedia.


Pío Baroja: La caverna del humorismo.


Ramiro de Maeztu: La crisis del humanismo.


Valle-Inclán: La pipa de kif. No núm 77 de “A Nosa Terra” publícase en galego o conto “O medo”.



Máis culturas:


Nacen:



Morren:.

  • Amado Nervo (Montevideo, Uruguay; 1870 Tepic, México).
  • Ricardo Palma (Miraflores; 1833 Lima).

Alcides Arguedas: Raza de bronce (narrativa).

Horacio Quiroga: El salvaje (narrativa).


Juan José Tablada: Un día (poesía).


Ramón López Velarde: Zozobra (poesía).




André Bretón funda en París con André Gide: Symphonie pastorale.

Littérature


Aragón e Soupault a revista “Litterature”, órgano do movemento dadaísta.


Bertolt Brecht: Trommeln in der Nacht (Tambores na noite, teatro).


Giuseppe Ungaretti: L’allegria (poesía).


Gottfried Benn: O eu moderno.


Hermann Hesse: Demián.


Marcel Proust: A l’ombre des jeunes filles en fleurs (2ª entrega de A la recherche du temps perdu).


Seumas O’Kelly (1875-1918): A tumba do tecedor.


Sherwood Anderson: Winesburg, Ohio.


Tamén sucedeu...

  • CINE:

- David Wark Griffith: Lirios rotos.

- Robert Wiene: O gabinete do Dr. Caligari (Expresionismo alemán).

  • Manuel de Falla: “El sombrero de tres picos”.
  • Picasso viaxa a Londres para preparar os decorados para o ballet “El sombrero de tres picos” de Manuel de Falla.
  • As autoridades declaran o estado de guerra en Cataluña, ante a folga xeral. Os patronos contratan pistoleiros para protexérense.
  • Antonio Maura forma Goberno (15 de abril).
  • Eleccións xerais (1 de xuño).
  • Goberno de Sánchez de Toca (20 de xullo).
  • Goberno de Manuel Allendesalazar (12 de decembro).
  • En Asturias, os mineiros conseguen a xornada laboral de 7 horas.
  • Inaugúrase en Madrid o primeiro treito do metro.
  • Fúndase o Banco Central.
  • Prohibición da venda de bebidas alcólicas nos EEUU.
  • Conferencia de paz e Tratado de Versailles entre Francia e Alemaña que pon fin á Primeira Guerra Mundial.
  • Fúndase en Rusia a III Internacional.
  • Semana tráxica na Argentina.
  • Mussolini funda o Partido Fascista.
  • Gran Bretaña adopta a semana laboral de 48 horas.
  • Establécese un servizo aéreo diario Londres-París.
  • Walter Gropius funda A Bauhaus e revoluciona o ensino das artes, a arquitectura e o deseño industrial.
  • Dous pilotos británicos John Alcock e Arthur Whitten Brown conseguen voar dende preto de San Juan de Terranova, sen escalas a Clifden en Irlanda, sendo o primeiro voo trasatlántico.
  • Morren:

- En Francia Auguste Renoir (1841).

- Juan Eduardo Zúñiga Amaro (Madrid; ibídem 2020).

- Asasinado Emiliano Zapata .