1917

De Xulipedia
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Flag of Galicia (civil).svg Cultura galega

Nacementos/Pasamentos

Child in diaper icon Nacementos
Literatura
Evaristo González Fernández “Evaristo de Sela” (Sela, Arbo; 1994 Vigo). Foi o tradutor de Homero ao galego, da Ilíada en 1990 e da Odisea en 1992.
Outros
O paleógrafo Manuel Lucas Álvarez (Santiago; ibídem 2014).
O poeta e músico José Ameijide Martínez (Lugo; 1989).
O pintor Ignacio Arrondo Moro (Vigo; ibídem 2000).
O pintor Luciano Cárcamo Ullanga (Vitoria; 1995 Ourense).
O pintor Ricardo García Suárez “Xohán Ledo” (Ferrol; 2006 Vigo).
O químico Ramón Dios Vidal (Pontevedra; ¿?)
O escritor Francisco Elías de Tejada Spínola (Madrid; ibídem 1978).
O periodista Ángel Huete Rodríguez (A Coruña; 1971).
O médico e político Gerardo Fernández Albor (Santiago; ibídem 2018).
O político e empresario Euloxio Gómez Franqueira (Cenlle, Ourense; 1988 Ourense).
O xeógrafo e investigador Antonio Meijide Pardo (O Barco de Valdeorras; 2004 A Coruña)
Josep Pedreira Fernández (Barcelona; 2003), de pais galegos, como editor foi decisivo na recuperación da actividade literaria en Cataluña despois da guerra civil
O actor Fernando Rey (Fernando Casado Arambillet) (A Coruña; 1994 Madrid)
O fotógrafo Julio Souza Fernández "Julio Mayo" (A Coruña; 2018 México).
Andrés Díaz de Rábago, médico e misioneiro (Pobra do Caramiñal; 2022 Taiwán).
Skull.png
Pasamentos



Literatura
Eduardo Pondal Abente (A Coruña; 1835 Ponteceso). Morre na súa derradeira hospedaxe, o hotel “La Luguesa”, na rúa Juana de Vega, na Coruña.

“Ouh Bardo bergantiñán!

o teu nome xa resona

esgrevio como o de Ossián.

O teu nobre e baril son

leva gardada a semente

da gallega redenzón!”


(Manuel Lugrís Freire)


Heliodoro Fernández Gastañaduy (Pontevedra; ibídem 1859).
Manuel Núñez González (Vilardevós; ibídem 1865).
Xesús Rodríguez López (Lugo; ibídem 1859).
Outros
O compositor Xosé Castro “Chané” (La Habana; 1856 Santiago de Compostela). En “O Tío Marcos d’a Portela” (17-21 de marzo), recóllese a noticia: “O dia 3 d’iste mes chegaron â Cruña n-o vapor María Cristina os restos do mestre Chané morto n-Habana, e foi verdadeiramente unha demostración de loito a qu’a Cruña tributou ô seu insine fillo…”. A continuación aparece un poema que comeza así:


“Campaniñas, as d’a Cruña,

campaniñas d’as eirexas,

soade tristes, soade,

qu’hoxe dend’Habana chegan

os restos d’un que foi groria

d’a Cruña e Galicia enteira”


A escritora Francisca González Garrido “Fanny Garrido” e “Eulalia de Liáns” (Liáns; 1846 A Coruña).
Sabino Enrique Peinador Vela, fundador do balneario de Mondariz (Mondariz; 1847 Pontevedra ).
O mariño e escritor Patricio Montojo y Pasarón (Madrid; 1839 Ferrol).
O banqueiro Pedro Romero Cambón (Ourense; ibídem 1880).

Publicacións

Galegas

  • Neste boletín decenal publícase no nº 6 do 5 de xaneiro a versión en galego dun fragmento do Quixote feita por Antón Valcárcel e que ten o mérito de ser, segundo Alonso Montero (“La Voz de Galicia” 5/03/2005) a primeira que se fixo ao galego dunha páxina cervantina. Valcárcel titúlao “O sígalo d’ouro”.
  • No nº 7 Leandro Carré traduce un anaco de A brancura de Pierrot de Jacinto Benavente e no nº 10 Gabanza sentimental do acordeón de Pío Baroja.
  • No nº 8 aparece o artigo “Falan autoridades na materia. Cousas que non temos d’esquencere”:

-“Nas miñas relacións como notario co home da campía e da mariña, falo gallego y-obrigo a que eles m’o falen tamén, dende que téñome convencido de que, cando queren castelanizar, din tod’o contrario do que desexan…” (Ramón Díaz Ponte, notario).

- “A palabra é o elemento esencial da formación inteleitual do home. Toda representación, toda imaxen, devén súpeta d’un continxente verbal. ¡Que confusión non ten que facerse nos ternos miolos dos nosos meniños –sóbor de todo nos das aldeias-, ó sentire falar ó mestre n’un idioma difrente do familiar, do que iles levan drento de sí. Si no orde espritual é unha profanación, pedagóxicamente é un fondonísimo erro”. (Enrique Castiñeiras Díaz, mestre do primeiro enseño).

- “Predicare o Santo Evanxelio, espricarlles a doctrina en castelán ós nosos labregos y-os nosos mariñeiros, e o mesmo que encher d’auga un carabelo”. (Un abade do alciprestazgo de Monforte).

  • O nº 13 de “A Nosa Terra” é unha “Homenaxe a Pondal”. Cabanillas envía á redacción o soneto “Na morte do poeta”: “Tremendo de dôr, na folliña azul do voso parte, escribín…É todo o que por hoxe podo levar á cova do chorado Mestre, o primeiro antr-os primeiros”:

Dou o queixume derradeiro o inxente

bardo d-outras edás, forte e varudo

cantor d-un pobo lexendario e rudo

asoballado de estranxeira xente.

Dos guerreiros de Suevia posto á frente.

ós pés a lanza y-o batido escudo,

agárdao Breogán, doido e mudo,

antr-os pinos da costa verdecente.

Mentras…da praya ó castro solitario

vai do vento costeiro no bruido,

com-un puñal, este firente berro:

¡Morreu Pondal!, o vello lexionario!

¡Cayéu en terra o pino mais brandido!

¡Crebouse a lira celta de ouro e ferro!

  • O número 18 leva o titular de “Unha nova xornada groriosa. Homenaxe ós mártires de Carral ”.
  • O nº 19 (20 de maio) leva na cabeceira “Santiago-Cruña-Monforte-Pontevedra. As Irmandás da Fala, cada vez mais fortes”.
  • O nº 20 (30 de maio): “Verbes d’un apostol. Do Evanxelio Nacionalista” por Francisco Cambó .
  • Na portada do nº 25 aparece o debuxo de Castelao “¡Lástema de bois!...e no nº 27 un de nenos: “E ti, ¿por qué non falas en gallego, ho?”.
  • O titular do 26 é “No XXXII aniversario da morte de Rosalía . Honrando a quen nos honróu”.
  • O nº 31 contén o aviso: “Este número de A Nosa Terra foi levado â censura”.
  • O 28-29, que saen xuntos correron a mesma sorte.
  • O núm. 36 leva na cabeceira: “O cabalo de batalla. O idioma por riba de todo”: “Quen non teña unha y-alma de seu, non pode ser nada no mundo. A y-alma dos pobos é o idioma; e nos deixamos perder a nosa y-alma, trocándoa pol-as imposiciós d’un alma estrana. […] A autonomía dos pobos, mais forte que as armas e a lingua. E con que direito pidimos autonomías ó Estado, si nós escomenzamos por non querer facer autónoma a nosa concencia e o noso esprito, cando está na nosa man facelo soio con falarmos na nosa lingua? […] Tiña razón Cambó este gran escultor de pobos cando nos dixo: “O día que o voso idioma morrese, habería eiquí homes, pero non cidadanos ; habería eiquí un territorio con fautorías fenicias de riqueza illada; pero non un pobo: a libertá non podería frolecer en Galicia porque haberiades deixado de sere dinos d’ela.[…] Siñoritos e vilegos que vos esquencedes do galego, que vos rides do galego, sodes a negación da xeografía e da historia, sodes a parede maestra do caciquismo que impide que chegue a libertade ô pobo; sodes a arma suicida conque unha iñorancia secular alenta contra a vosa propia vida”.
  • Os nº 40-41 levan de título “A aperta de duas nazonalidades irmáns. O viaxe dos nosos repersentantes”.
  • Comeza a terceira etapa da publicación fundada por Lamas Carvajal no 1876 “ O Tio Marcos d'a Portela ”, agora baixo o impulso das Irmandades da Fala de Ourense. Reiníciase a súa numeración, saíndo o primeiro parrafeo con data 18 - 21 de febreiro, e rematando o 7 de xullo de 1919 co nº 58. Mantense o subtítulo do xornal de Lamas “Parrafeos c’o pobo galego”, sendo dirixido por Hixinio Ameixeiras. No saúdo do comezo di: “Todol-os que vos desprendíchedes d’o cariñoso regazo d’ista doce Nai, en busca de riquezas con que engrandecela y-engrandecervos; todol-os que comedes o duro pan d’a emigración, e nos sabemos que negro ê, n-os rincós mais apartados d’o mundo, n-as prayas mais inhospitalarias d’outros continentes, tende a seguridá qu’O Tío Marcos, identificado con vos, goza e sofre co-as vosas vitorias e desgracias”. (…)“Sostede en todas partes as virtudes d’esta raza, e anque as necesidades d’a vida vos leven a desempeñar os mais homildes oficios, pro sempre honrados, erguede a frente retadora, e apretade os potentes puños dispostos a descargalos n-o peito do bellaco que vos chame gallegos en son de escarnio”. Máis adiante aclara: “Ó sair novamente â lus púbrica, anímannos dous motivos moi poderosos, rendir agarimoso testimonio d’ademiración â memoria do mestre d’a fala gallega Valentín Lamas Carvaxal, e recramar pr’Ourense o posto que de direito lle pertenece n-esta era de resurximento d’a literatura rexional”. O parrafeo quince, do 21 de setembro é unha homenaxe a Lamas Carvajal: “Homenaxe ó noso mestre”: “E vergonzoso, en verdá, que dempois d’once anos que deixou este mundo, aind’o teña a terra esta á qu’adicou tantas e tan agarimosas poesías, sen premear c’un púbrico testimonio, seus patreótecos e incomparabres traballos”.
  • O Parrafeo terceiro (17-21 de marzo) de “O Tío Marcos d’a Portela” comeza coa noticia “¡Morreu Pondal ”!:“Foi a sua unha personalidá que sobresaíu pol-a carauterística da sua bondá e a grandeza da sua y-alma sempre retratadas n-os seus versos, n-os que cantou como ninguén o fixo as afirmaciós recias do valimento d’a raza celta, n-os que somella ouvirse o zoar do vento entre’os piñeirás, e òs qu’en mais d’unha ocasión puxo como romate un enérxico e varil aturuxo”.
  • O 9 de marzo escribe Antón Villar Ponte o artigo “Honremos al bardo” (La Voz de Galicia): “En Pondal se reunieron todos los elementos necesarios para integrar una personalidad de intenso relieve. Su apellido eufónico; su físico de una bella masculinidad; su léxico fuerte y selecto; su voz robusta, su excentricidad de solitario –evocadora de los tipos ibsenianos-; todo, todo…[…] Pondal nació póstumo, como Nietzsche. Sus versos hasta ahora poco popularizados, versos de alma osiánica, de reciedumbre ancestral, serán los predilectos de las nuevas generaciones”.
  • Alfredo Tella : “Morreu o Bardo”, en “O Tío Marcos d’a Portela”, (7 de novembro).
  • Álvaro Mª Casas : “D’o natural” en “O Tío Marcos d’a Portela” (7 de abril).
  • Antón Cazón e Gómez colabora en “A Nosa Terra”. No nº 22 publica o conto “O ben da nosa terra”.
  • Antón Villar Ponte : “A frol da Y-auga” (Conto en “A Nosa Terra” nº 20). No nº 31 do 20 de setembro publica a “Carta aberta â Condesa de Pardo Bazán” que remata así: “Queda xa descarregada nosa concencia. Desimule o estrevimento que supoñen istas liñas, feitas de presa, nosa ilustre enimiga a quen lle bico os pes”.
  • Antonio Rey Soto : “O vento”, poema en “O Tío Marcos d’a Portela” (7 de marzo). “Nome” (7 de outubro). En “A Nosa Terra”: “Tío Sendo”, conto no nº 40-41
  • Antonio Valcárcel López : Poesías e a conferencia “O municipio galego”. Porén, no nº 51 de “A Nosa Terra” (10 de abril de 1918, xunto ao poema seu “A alma d’as frores” di “do libro próisimo a pubricar, Poesías. O poema “A Galicia” en “A Nosa Terra” nº 24.
  • Asieumedre ” (Manuel Lugrís): En “O Tío Marcos d’a Portela” “Unha cantiga de Chané”, (Parrafeo primeiro, 18-21 de febreiro). “Ir pon lan” (7 de setembro). “Boa resposta” (21 de setembro). “Axúdate” (21 de outubro). “A nogueira” (7 de novembro). “Homero” (21 de novembro). ¡A xusticia! (7 de decembro).
  • Aurelio Ribalta : “Verbas d’un mestre”, en “O Tío Marcos d’a Portela”, (21 de outubro).
  • Avelino Rodríguez Elías : En “O Tío Marcos d’a Portela”:“Berros de loita”, (7 de xuño). “Memento homo” (7 de agosto). “N-un homenaxe á Lamas Carvaxal” (7 de setembro). En “A Nosa Terra”: “Homes e homes”, no nº 42.
  • B. Calderón: “Verbes dos mestres. Un artigo que debera ser moi leído” (“A Nosa Terra” nº 35): “Si o galego ten de salvárese da fatal decadencia qu’o ameaza con faguelo desaparecer axiña, será reaccionando â veira d’un renacimento económico rexonal; será obrando coma istrumento do noso progreso material. […] No estado atrasado da nosa rexión, o galego terá de sere un meio de progreso ou non será nada. A humanidade xa non rixese con siloxismos e redondillas; é a caldeira de vapor, o dinamo, o forno eléutrico, o rendimento libre das vacas e da hectárea de terra o que prima; a literatura e o arte en xeneral, veñen logo coma corolario”.
  • Eduardo Pondal (1835-1917): No apartado “Lira gallega” en “O Tío Marcos d’a Portela” (parrafeo terceiro, 17-21 de marzo) aparece un poema seu que comeza “Xa chegaron os dias”.
  • Eladio Rodríguez González : colabora en “A Nosa Terra”. No nº 19 do 20 de maio publica o poema “¡Meus marelos! No nº 22 o poema “Ribeirana”. No 31 Pintores d’almas: “Sotomayor”; no 33 “Castelao”; no 34 “Sobrino”; no 35 “Concheiro”; no 36 “Xan Luis”; no 37 “Abelenda”; no 38 “Asorey”; no 39 “Seijo Rubio”.
  • Emilio M. Buxán: “O Lázaro d’o Ameixeiras”, en “O Tío Marcos d’a Portela” (21 de maio e 7 de xuño).
  • Emilio Rodríguez Lema: “Consellos d’un emigrado”, en “O Tío Marcos d’a Portela” (7 de maio). “Os mayos” (21 de maio). “A cincenta” (7 de xuño).
  • Eugenio Carré : colabora en “O Tío Marcos da Portela”: “A santísima virxen” (7 de xuño).

Co gallo do 84 aniversario de Murguía publica en “A Nosa Terra” (nº 18 do 10 de maio) o poema “A Murguía”:


“Eu quero n-este día, o corazón erguido,

contarvos do petrucio a loita longa e dura:

¡Se fun seu compañeiro nas horas de amargura,

testigo dos seus trunfos tamén o teño sido!...

  • Farruco Lamas: colabora en “O Tío Marcos d’a Portela”: “Alma d’a raza” (7 de novembro). “Contas sinxelas” (20-21 de decembro).
  • Filomena Dato : “Valeira” , poema en “O Tío Marcos d’a Portela” (Parrafeo primeiro, 18-21 de febreiro).
  • Francisco Salgado y López Quiroga: “A don Hixinio Ameixeiras”, poema en “O Tío Marcos d’a Portela” (7 de xullo). “Cantares d’a regueifa” (21 de xullo). “Cántigas” (21-26 de agosto). “Conto” (7 de setembro). “Salvémol-a muiñeira” (7 de outubro). “Conto” (21 de outubro). “O libro de Xaime Solá” (7 de novembro).
  • Gonzalo López Abente : Alento da raza. (Imprimido por Xan Pérez Torres, sen indicación da data). O 22 de xuño escribe Antón Villar Ponte o artigo “Alento da raza” (La Voz de Galicia): “Así el autor de “Alentos da Raza” divide su obra en varias partes. La primera es simbólica y representa la génesis y la formación de la patria gallega. En la segunda canta a la montaña, a la costa brava, a las rías mansas, al dolmen, al castro, a los pinos, a la furna, al “orballo” y al sol. En la tercera canta a la música y a los bailes. En la cuarta evoca el trabajo local, las industrias domésticas -¡oh la dulce loa de las encajeras!-, el labradoiro, la pesca y la emigración. En la quinta habla de creencias y supersticiones. Y en la sexta entona un himno a la raza. Pero la verdadera musa de López Abente es la cosa bergantiñana que también fue la inspiradora de Eduardo Pondal…”.

“A gaita”, poema en “O Tío Marcos d’a Portela” (21 de xullo).En “A Nosa Terra”:“O porvir” nº 23 (30 de xuño). “O castro” nº 24. “Ao noso reiseñor” nº 27. “Aos arriscados irmáns da Nosa Terra” (nº 36). No 39 “Valentes”.

  • José Bonifacio Suárez: “Espellos”, poema en“O Tío Marcos d’a Portela” (21 de setembro). “Fuxitiva” (20-21 de decembro).
  • Juan Bautista Armada y Losada : Del solar galaico. Os poemas galegos aparecen baixo o epígrafe de “Relembranzas e trasacordos”. Sobre este libro hai unha recensión no apartado Bibliocrítica do nº 5 (outubro), da revista “ La Centuria ” que dirixía en Ourense Vicente Risco que di:

"Hoy se hace literatura gallega, acaso más gallega que nunca; pero la mejor se hace en castellano. En castellano, porque el gallego ya no es una lengua literaria; sirve solo para la sátira y para el regocijo rabelesiano. Ello es lamentable; pero ¿es tiempo de remediarlo? [...] El gallego debe conservarse como una parte de nuestro rico, de nuestro bellísimo folk-lore –contra el que tantos poetas gallegos han tirado tan cruelmente–, pero el que quiera ser leído que escriba en castellano”.


  • Leandro Carré : En “O Tío Marcos d’a Portela”:“As ortigas”, (7 de abril). “Aquel bó Paulos…!” (21 de abril). “O ladrón” (21 de maio). “Honrémol-as festas” (7 de xuño). “Contos d’a terra” (21 de xuño). “Unha alma en pena” (21 de xullo). “Unha trasnada” (7 de agosto). “Os segadores” (21-26 de agosto). “Boa feira” (21 de setembro). “A volta do emigrante” (21 de outubro). “Órfo” (21 de novembro). “Noite boa” (20-21 de decembro).

Colabora tamén en “A Nosa Terra”. No nº 6 (5 de xaneiro) publica “Conto de Reises”; no nº 14 “Neboeiro”. O conto “No cume” no nº 23.

  • Lois Peña Novo colabora en “A Nosa Terra”. No nº 19 (20 de maio) publica “Probremas agrarios. Sindicación”. No núm. 28-29: “Os vellos e os novos. Cabanillas, Barcia Caballero”.
  • Luís Amor Soto: ¡Miña Terra!.

O parrafeo 13 de “O Tío Marcos d’a Portela” (21-26 de agosto) dedícase a D. Manuel Lago González “O novo obispo de Tuy”. “Saudamos reverentes a iste príncipe d’Eirexa e d’as nosas letras” (…) que “moito ben ha de facer pol-a sua terra este seu ilustre y-enxebre fillo”.

  • Manuel Lugrís Freire : O pazo (teatro). Sobre ela di Leandro Carré en “A moderna orientación do teatro galego”, conferencia organizada pola “Seición de Cultura e Fala” (6 de abril de 1923) e publicada logo en “A Nosa Terra” o 1 de maio de 1923: “D’esta sorte aparesceu tamén a comedia O Pazo de Lugrís, que quixo demostrar co’esta obra chea de vida e intención que ridiculiza os malos galegos coa santa idea de que devolvan todo o seu querer á Terra, que así como emociona co drama sabe facer rir e pensar coa comedia”.

En “O Tío Marcos d’a Portela”: “O castro” (7 de xuño). “A covadanca” (7 de xullo).

  • Manuel Quiroga Villarino: “O gaiteiro d’a granxa”, conto en “O Tío Marcos d’a Portela” (21-26 de agosto).
  • Marcos: colabora en “O Tío Marcos d’a Portela”.
  • Martín Díaz Spuch: “Os derradeiros druidas”, poema en “A Nosa Terra” nº 40-41.
  • Martiño d’Obané: “O premeo gordo”, en “O Tío Marcos d’a Portela” (21 de xullo).
  • Murguía : Don José Cornide y sus versos en gallego (Boletín da Real Academia Galega).
  • Ramón Cabanillas : Da terra asoballada. Publícase en Vilagarcía de Arousa na imprenta do xornal “Galicia Nueva”, debido á amizade de Cabanillas co propietario do citado xornal Xosé Benito Fernández Peón. O debuxo da portada é de Castelao.
    Da terra asoballada

Con data de 04-10, escribe Antón Villar Ponte en “La Voz de Galicia” o artigo “El libro gallego”: “Ramón Cabanillas, un soñador que a semejanza de los pájaros no vive de sus cantos, y por eso vive pobremente, quiere que exista en Galicia una gran casa editora. Quiere que lleguemos cuantos escribimos en Galicia a proclamar “nuestra declaración de independencia editorial” a la que va anexa la de independencia intelectual, que nosotros pedimos a gritos, base de todo positivo regionalismo nacionalizante. Ramón Cabanillas entiende que las obras producto de cerebros gallegos deben ser editadas en nuestra tierra. […] Y ahí está el volumen Da terra asoballada, prodigio tipográfico y de economía, ya casi agotado, en poco tiempo, que honra unos talleres gallegos y que nos demuestra como puede irse del arte al negocio y viceversa, siempre que la voluntad y el buen sentido imperen, para crear una industria, para llegar a la redención de nuestros escritores de la tiranía centralista, tiranía de la cual son los propios gallegos los principales culpables”.

En " El Eco de Santiago” (8-8-1917) escribe Juan Barcia Caballero o artigo “Da Terra Asoballada”: Escrito bajo una dolorosa impresión. Acabo de recibir este libro, que leí de un tirón, y siento el alma llena de angustia y el corazón atribulado. Cabanillas a quien yo tenía por uno de nuestros primeros poetas; el cantor afortunado de Vento Mareiro, donde anidan tantos ruiseñores y estallan como luminarias en noche de fiesta tantas armonías… Cabanillas contagiado de la peste reinante y engarzando en sus cristalinos versos maldiciones y denuestos […] ¿Es que no se puede defender a nuestra tierra y a nuestras gentes, a nuestras costumbres y a nuestros derechos sin fulminar anatemas contra todo y contra todos? ¿Es menester para ello predicar el incendio y el asesinato? ¿Es esa doctrina de odios y rencores la de nuestra redención? Es ese el regionalismo de hoy? Si es así ¡pobres de nosotros y pobre Galicia! […] Fuera de esto, de este condenable pecado que comete, Cabanillas es el mismo de siempre; el poeta valiente y varonil que cincela, graba y esculpe sus versos en mármol y bronce de la peregrina manera en que es maestro. Lástima que en esta ocasión estén consagrados a tan perniciosa causa, que obcecándolo como lo hace, le obliga a ver con engañosos espejuicios cosas y personas que yo no aplaudo, pero ni defensa ni disculpa merece. (Ramón Cabanillas. 3 Obra Completa. Akal Editor. 1981).


A este artigo resposta L. Peña Novo en “A Nosa Terra”, 28-29 (30-8-1917) en “Cabanillas. Barcia Caballero”: "O día 8 deste mes, D. Xán Barcia Caballero pubricou no “Eco de Santiago” unha “crónica literaria” sobor do derradeiro libro de Cabanillas Da Terra Asoballada, crónica que parez inspirada pol-a musa fúnebre d’un desenterrado. […] mais o señor Barcia no seu esquirto censura sin razón a Cabanillas, ataca sañudamente ás Irmandades da Fala, e pra iso básase en falsedades e andrómenas, e decir, esquirbe de mala fe; e iso xa non poide pasar...[…] Ó Sr. Barcia, “bon médico entre os literatos e bon literato entre os médicos” […] Pra criticar a obra de Cabanillas hai que entendelo, e o señor Barcia non-o entende, Cabanillas é un poeta de hoxe, fecundo de ideás outos que inspiran a sua poesía esgrevia; Barcia é un valor histórico que se sobrevive a si mesmo, esquirbe e pensa como no século pasado; pra el a finalidade suprema da poesía é a múseca a sonoridade de palabras como canto de ruisiñol, como estalidos de lumiaria. E os tempos de lumiarias fináronse Sr. Barcia; a gran virtude d´oxe está en apricar a ideas sanas e redentoras isas enerxías que vosté e os poetas da sua xeneración gastaron en lumiarias queixentas e en folklorismos estériles […] Na obra de Cabanillas ferve soilo un gran amor: Galicia; e un gran ideal, a sua redenzón. Vosté non fala de nada diso; parouse nos detalles e non percibeu o conxunto.[…] E pra que no seu retiro pense con más xeito sobor nós dámoslle a estudio istas perguntas: ¿qué fixo vosté pol-a redenzón galega? ¿qué conquireu a sua xeneración soilo con chorar?".


Francisco Fernández Rei escribe no diario “Nós” (11/05/2021): “O poemario Da terra asoballada (1917) de Ramón Cabanillas é froito do redencionismo do sindicato agrario Acción Gallega e do movemento cultural e político das Irmandades da Fala. Trátase dun libro social e político, o máis compacto de poesía civil da literatura galega. Nos versos agraristas chama os labregos a queimaren pazos e triparen na tumba dos caciques, mentres que nos da xeira irmandiña pretende educar e concienciar o pobo galego para achegalo ó nacionalismo. Os dous poemas máis populares son dous himnos de loita patriótica e revolucionaria, o agrarista “Acción Gallega” e o irmandiño “En pé”. En 1926 editouse a segunda edición, que case constitúe un libro novo, con só catro poemas da primeira.


En “O Tío Marcos d’a Portela” (21 de setembro) aparece o seu poema “A rosa que sangra”. ¡En pé! (20-21 de decembro).

En “A Nosa Terra” nº 18, (10 de maio) publica “Sono dourado”. No nº 28-29 (30 de agosto) “Dous raposos”. No 31 “A filla do Rey”. No 33 “O gaiteiro de Cambados”.

  • Ramón Otero Pedrayo publica os seus dous primeiros artigos: La confesión del hombre culto (nº 2 de “La Centuria”) e Cartas espontáneas (nº 3 de “La Centuria”).
  • Ramón Villar Ponte : “Ao marxe da mundial traxedia. A imposición nacionalista” en “A Nosa Terra nº 20.
  • Ricardo Carballal colabora en “A Nosa Terra”. No núm. 19: “Lóstregos. Por Galicia e por nós”. No núm. 20 (30 de maio) publica: Lóstregos. “A pirmeira baixa”.“¡Ou libres ou mortos!” (núm. 21). “A malla dou comezo” (núm. 22). “Sarcasmo e sacrilexio” (núm. 23): “E, ¡pol-a nobre acordanza de Breogán!, meus siñores, falar de Rosalía, Curros e Pondal, na língoa de Castela, conocendo a obra galeguizante que cada un dos tres deixou feita, e a loita que sostêron por erguer e porpagar o noso idioma qu’arrincaron ôs labregos i-espallaron pol-as vilas –onde si o falan o non sinten-, coido qu’ê un sarcasmo. Invocare a Curros e Pondal que a cotío degoraron días de redenzón pr’â terra asoballada e irredenta, os que pregoan un rexionalismo escravizante que ainda enxugará mais a nosa terra ô centralismo, coido qu’è un sacrilexo”.

“Noite boa sin festa” (núm 40-41). “O derradeiro beixo” (núm. 42).

  • Rogelio Riveiro : “Terra, a nosa”, en “O Tío Marcos d’a Portela” (7 de xuño).
  • S. V. Viqueira : “Verbes d’un mestre. A nosa escola” (“A Nosa Terra” núm 28-29 : “Non esquezamos que un meio poderosísimo para o espertar da raza é a escola. Aún debemos pôr os nosos esforzos na creazón d’unha escola galega. Como esta escola ha de corresponder â súa outísima misión non ten de limitarse â actual de, escreber, lêr, e contar. –Seus fins son mais elevados!- Sua aspirazón dirigise a facer germolar todo canto hay de bô na nosa raza. Surgirá d’ela novamente o vello carácter celta, audaz, forte, romántico, sen quixotismos nen baixezas, equilibrado. […] “Quixera eu ainda que a escola fixese mais. Quixera ver n’ela o centro cultural dos campos e d’as pequenas vilas. N’ela deben fondarse bibliotecas, n’o posible circulantes, n’ela deben organizarse conferenzas sobr’os problemas do momento, agrícolas e económicos”.
  • Valentín Lamas Carvajal (“Carvaxal”) (1849-1906): En “O Tío Marcos d’a Portela”:“Á rola de Galicia. Rosalía Castro de Murguía”, (7 de agosto). “N-o cimeterio d’Ourense” (21 de outubro). “Os aires d’a miña terra” (20-21 de decembro).
  • Vicente Risco : comeza a publicar na revista “La Centuria” o texto “Preludio a toda estética futura” que se reproducirá nos sete números que durará a revista.
  • Victoriano Taibo : “Fala y estética”, en “O Tío Marcos d’a Portela” (7 de xuño).

Colabora en “A Nosa Terra”: No nº 18 (10 de maio) publica o poema “Os lobos”. No nº 20 aparece o seu poema “A cantiga da lembranza” e o poema “Espiñas e bágoas” en “A Nosa Terra” nº 23. No nº 32 do 30 de setembro aparece o seguinte: “Saiu do carce de Santiago noso quirido irmán, o gran poeta e entusiasta galeguista Victoriano Taibo. Dimoslle unha forte aperta: unha aperta latexante d’agarimo. E oxe saudamos a sua liberación dos ferros co iste berro: ¡Terra a nosa!.

  • Xan d’o Posío: “Galicia gallega”, en “O Tío Marcos d’a Portela” (21 de xuño).
  • Xan Pla Zubiri : colabora en “O Tío Marcos d’a Portela” co poema “O dia de Corpus” (7 de xuño). “Ramallo de pensamentos” (21 de xuño). “Galicia” (21 de novembro).
  • Xavier Prado “Lameiro”: “O fiadeiro”, poema en “O Tío Marcos d’a Portela” (Parrafeo primeiro, 18-21 de febreiro). “N-o escuro” (17-21 de marzo). “¡Venganza! (7 de abril). “Cousas da feira” (21 de abril). “Pobo, o meu” (7 de maio). “Remordemento” (21 de maio). “Comendo a cabra” (21 de xuño). “Unha malva” (21 de xullo). “Un consello” (7 de agosto). “¡Fóra os poetas!” (21-26 de agosto). “O pé d’o fregadeiro” (7 de setembro). “N-a rateira” (21 de setembro).“Meiciña conecida” (7 de outubro). “A casamenteira” (21 de outubro). “O manciñeiro” (7 de novembro). “Boa louza” (21 de novembro). “O tío Guedellas” (7 de decembro).
  • Xosé Bonifacio Suárez: “Desleiro” en “O Tío Marcos d’a Portela” (7 de decembro).

A VACA CEGA

Baténdolla na testa a relfa dos valados

e tropezando en todol-os petons do camiño,

marchando ô tino e soia, a probe vaca vella

vai abrevar no río.

Un coyo mal guindado foille sacar un ollo

e cubréuselle o outro d’unha tea: está cega.

Vai beber no regato onde adoito bebía

mais non co-as compañeiras,

nin co-aquel firme paso con que marchaba outrora;

a vaca vai sin guía

anda ô tino e vai soia.

As irmáns po-los cómaros e prados e ribeiras

pacen a fresca herba facendo soar as chocas;

mais ela caería. Foi a bater co-os berlos

n’un aguzado seixo e cía recelosa,

mais volve e se abaixando hasta atopal-a auga

bebe d’ela, calmosa, bebe pouco sin sede.

Sobre as mortas meniñas palpebrexa e a testa

cara ô ceo co-un certo aire tráxico ergue;

orfa de luz desanda con paso cauteloso

pol-as corgas e sendas nunca d’ela esquecidas;

movendo a longa cauda, baixo d’un Sol que abura

vacilante camiña...


No nº 25 aparece o seu poema “Tras do arado” e no 26 a tradución “Orfa e sin amor” de Eduard Mörike (1804-1875). No 40-41 “Xusticia a pau de cego”.


  • Xosé Núñez Bua : “Cada un como poida”, en “O Tío Marcos d’a Portela” (Parrafeo primeiro, 18-21 de febreiro).

Relativas a Galicia

  • Castelao profesor auxiliar de debuxo no instituto de Pontevedra. Inicia as colaboracións gráficas en “A Nosa Terra”. Publica catro caricaturas en “El Ideal Gallego” e "Algo acerca de la caricatura" (Conferencia no Ateneo de Madrid en 1909. Establecimiento tipográfico de la Viuda de Landín; Pontevedra).
  • Andrés Martínez Salazar: publica unhas liñas en prosa galega en "Homenaje de la prensa orensana a D. Marcelo Macías". Imprenta y papelería de “La Región”. Colaboran tamén neste libro Murguía, Filomena Dato, Emilia Pardo Bazán e outros eruditos e literatos.
  • O 17 de xuño sae á rúa en Ourense o primeiro número da revista “ La Centuria”, subtitulada “Revista neosófica-Orense-España”, fundada por Vicente Risco, Arturo Noguerol Buján, Julio Alonso Cuevillas, Otero Pedrayo, Primitivo Rodríguez Sanjurjo, Florentino López Cuevillas e Marcelo Macías; (só sairán 7 números, ata xullo de 1918). No nº 5 do mes de outubro publícase sen asinar o seguinte texto que é da autoría de Vicente Risco: “Hoy se hace literatura gallega, acaso más gallega que nunca; pero la mejor se hace en castellano. En castellano porque el gallego ya no es una lengua literaria; sirve sólo para la sátira y para el regocijo rabelesiano. Ello es lamentable; pero ¿es tiempo de remediarlo? Eso se quiere hoy, yendo acaso contra el espíritu de expansión de nuestro pueblo, pueblo de colonizadores, de conquistadores pacíficos... el gallego debe conservarse como una parte de nuestro rico, de nuestro bellísimo folklore -contra el que tantos poetas gallegos han tirado tan cruelmente-, pero el que quiera ser leído que escriba en castellano”.
    La Centuria
  • Baixo a dirección de Gonzalo Albarrán Botana, ve a luz en Vilagarcía o semanario “ Heraldo de Arosa”.
  • Aparece na Coruña o 1 de abril “El Ideal Gallego”, subtitulado “Diario católico, regionalista e independiente”.
  • O 1 de abril, Marino López Blanco funda en Santiago “Maruxa”, subtitulado “Semanario escolar”. O derradeiro número é o 35 do 2 de decembro.
  • O 18 de febreiro edítase “Pro neutralidad”, publicación redactada por “elementos de la Juventud Católica de Viveiro”, dirixida por Fernando Pérez-Barreiro Nolla (4-VII--1918). Esta publicación, ultraconservadora e xermanófila, defendía a neutralidade española no conflito bélico mundial e sobre ela, recaía a sospeita de estar subvencionada polo vicecónsul alemán en Viveiro Cloos.
  • O 4 de febreiro sae en Pontevedra o semanario “La Provincia” que levaba o subtítulo de “Actualidades. Literatura. Arte. Turismo. Agricultura. Industria. Comercio. Sociología”. Estaba dirixido por Luciano del Río Fernández.
  • Tamén en Pontevedra, aparece o 9 de decembro a publicación “La Raza” (1920).
  • O 12 de outubro o Centro Galego de Montevideo edita o primeiro número da revista “ Centro Gallego” que en 1929 (co número 151), mudaría a cabeceira pola de “Galicia. Revista del Centro Gallego de Montevideo”. Subtítulábase “Órgano de la colectividad gallega del Uruguay”.
  • Tamén en Montevideo ve a luz “Tierra Gallega”, co subtítulo de “Semanario regional ilustrado bilingüe” (Entre o 11 de febreiro e o 28-IV- 1918).
  • En Buenos Aires aparece “A Terra”, revista na liña do galeguismo das Irmandades da Fala.
  • En La Habana aparece a revista semanal escrita en castelán “ Alma Gallega”, dirixida por Luís E. Rey.
  • Tamén aparece o xornal “Eco de Galicia”, fundado por Manuel Fernández Doallo. Desaparece en xuño de 1936. Segundo Neira Vilas "Xunto con "Galicia" e "Cultura Gallega" (a que dirixira Adolfo V. Calveiro), foi unha das máis importantes publicacións galegas de Cuba. [...] "O galego está presente arreo nas páxinas desta revista". (A prensa galega de Cuba. Ediciós do Castro 1985).
  • Cita tamén Neira Vilas o boletín editado pola asociación que agrupaba en La Habana os emigrantes da comarca coruñesa de Ares “El Aresano”, aínda que non conseguiu ver exemplares desta publicación.
  • Aparece na Coruña o xornal “El Ideal Gallego”.
  • En Santiago de Compostela publícase co subtítulo de “Revista semanal de literatura y arte” e baixo a dirección de Manuel Ortiz Novo a revista “ Suevia” 7-10 (12-03 -1919).
  • Eduardo Vincenti Reguera: El problema agrario en Galicia. Redenciones. Censos y foros. Acción parlamentaria (Madrid).
  • Emiliano Balás estrea en Ferrol o monólogo A noite de San Xuan.
  • Jaime Solá Mestre: Anduriña (Madrid); aparecida antes como folletón na revista “Vida Gallega”.
  • José Calvo Sotelo: El proletariado ante el socialismo y el maurismo (Madrid).
  • José María Barreiro estrea a obra Gente de mar en Montevideo.
  • Juan Bautista Andrade y Tojedo: Al desplegarse la rosa.
  • Luís Otero Pimentel: Un coronel, drama en cuatro actos en prosa y verso.
  • Manuel Barbeito Herrera: Y el bufón reía (A Coruña).
  • Manuel Linares Rivas: Las zarzas del camino.
  • Manuel María Puga y Parga “Picadillo”: Mi historia política.
  • Marino López Blanco: Íntimo.
  • Ramón Fernández Mato: Muros de oro (Barcelona).
  • Unamuno publica o 24 de xaneiro o artigo “Vascuence, gallego y catalán” no xornal barcelonés “La Publicidad”:“Y sabido es que cuando Curros Enríquez, que pensaba en castellano de Orense y no en gallego, quiso remozar la lengua enxebre – de la que decía poéticamente que acabaría siendo la lengua universal- la aportuguesaba por una parte y la plagaba por otra de terminachos cultos castellanos chapurrados en un gallego convencional".. Xan d´o Posío replícalle dende “O Tío Marcos d´a Portela” (21 de maio) no apartado “Falando con Unamuno”, dicindo que fala do galego á lixeira, sen coñecelo: “Mire, señor Miguel, ainda entre a xente de letras haille moita besta, e vosté, con perdón, non calveou n-os estudios gallegos. Asi que calvée n’iles, darémoslle o doutorado alá”.
  • Wenceslao Fernández Flórez : Volvoreta. O 22-03 escribe Antón Villar Ponte o artigo “La nueva novela de Flórez” (La Voz de Galicia): “Quizás pueda afirmarse que, después de Valle Inclán, gallego, uno de los primeros estilistas españoles es Fernández Flórez, también gallego. En observación detallista, nadie le aventaja. describe lo que vimos y sentimos todos sin darle importancia, aunque la tenga. Fernández Flórez, es, además, un gran humorista, que sólo encuentra rival en otro conterráneo nuestro, Julio Camba, heredero directo de Larra, sin la cultura ni la ideología de Larra”.

Acontecementos

  • Rafael Dieste viaxa a Tampico (México), onde escribe os primeiros relatos. Paga a viaxe de regreso co diñeiro dun premio literario.
  • En novembro de 1917 Losada Diéguez forma parte da comisión das “Irmandades” que visita Barcelona atendendo a unha invitación dos catalanistas da “Lliga” para celebrar unha “Semana galega en Cataluña”, preludio da alianza dos rexionalistas de cara ás eleccións parlamentarias de 1918. Á volta convenceu a Otero Pedrayo e, máis tarde a Vicente Risco.
  • No parrafeo vinte de “O Tío Marcos d’a Portela” (7 de decembro) no apartado “Galicia en Cataluña” coméntase: “Damos con gusto os nomes e algunhas carauterísticas d’os nosos hirmaus que levando a voz d’a nosa terra foron a cibdá condal pra facer a Semana gallega, estudear a organizaceón rexionalista d’aquel país, e trocar impresiós c’os correlixionarios catalás sobre d’a próusema propaganda d’aqueles pol-a nosa querida Galicia”. A continuación nomean a Rodrigo Sanz, Aurelio Ribalta, Manuel Banet Fontenla, Antón Valcárcel, Luís Porteiro Garea, Luís Peña Novo, Antón Villar Ponte, Antón Losada Diéguez, Ramón Villar Ponte, Leandro Pita e o avogado e concelleiro de Santiago Vázquez Enríquez.
  • Viaxe de Francesc Cambó a Galicia. O parrafeo 21 de “O Tío Marcos d’a Portela” (20-21 de decembro) ábrese con “Os cataláns en Galicia” e dise: “Atópanse entre nós e hoxe nos farán conocer seu modo d’entender o problema rexionalista gallego as mais sinificadas representaceós d’o rexionalismo catalán (…) Y-o berrar hoxe, ¡Viva Cataluña! e ¡Viva Galicia! non se coide qu’estos berros supoñen desleigamento pr’a nai común, senón que pol-o contrario queren dar púbreca mostra d’o afeuto que lle temos, pois nós como galegos y-eles como cataláns, soilo entendemos e queremos entender qu’o berrar asina berramos ó mesmo tempo ¡Viva España!”. A continuación vén de Losada Diéguez: “O meu saudo”: “ (…) Cataláns, ô saudarvos n-esta terra nosa, ô darvos graceas pol-a vosa axuda temos fe en vos, e esperamos n-a forza d’a nosa hirmandade gallega. Ben vidos catalans, con vosco levaredes o reconocemento de Galicia e a gratitude d’os seus fillos”. Tamén en “A Nosa Terra” (nº 30, 31 e 32) se fai referencia á viaxe de Cambó: “Cambó en Galicia”; “O viaxe de Cambó”; “D’unha interviu con Cambó”; “Villalba e Cambó”.
  • Comeza o achegamento de Risco ás Irmandades da Fala, quizais por influencia de Antón Losada Diéguez. O 15 de decembro participa na recepción que os galeguistas ourensáns ofrecen a Cambó. Xunto con Risco están tamén Losada Diéguez, Otero Pedrayo e Arturo Noguerol. Tres días despois, cando Cambó fala en Ourense, Risco empregará por primeira vez o galego nun acto público. O xornal “La Región” recólleo así: “Habla en gallego, diciendo que el regionalismo es una palpitación de cordialidad que recorre España entera, especialmente los pueblos del Norte, que tienen personalidad más definida” (21-XII-1917).
  • Xaime Quintanilla acada unha praza de médico no Ferrol, onde monta unha clínica de cirurxía.
  • Xoán Vicente Viqueira gaña a Cátedra de Psicoloxía, Lóxica e Ética no “Instituto General y Técnico de Santiago”.
  • O 10 de agosto folga ferroviaria en toda España. O 13 declárase a folga en todas as cidades galegas agás Lugo.
  • Folgas revolucionarias e protestas campesiñas contra o acaparamento de mercadurías e a constante alza dos prezos: 25 mortos en Narón e Luján (Carballo).
  • Fúndanse as Irmandades de Ferrol, Vigo, Mondoñedo, Melide e Baralla.
  • Antón Losada Diéguez, Risco, Cuevillas e Otero Pedrayo ingresan na Irmandade da Fala de Ourense (11 meses despois de que se constituíra).
  • Aurelio Ribalta pronuncia nove conferencias no Ateneo de Madrid co título xenérico de “Personalidad filológica de Galicia”.
  • Fúndase o Partido Regionalista Gallego nomeándose presidente a Rodrigo Sanz López.
  • Inaugúrase no paseo da Ferradura de Compostela un monumento a Rosalía.
  • A nai de Luís Pimentel casa co doutor Germán Alonso Hortas.
  • Sotomayor pinta “Parolando”.
  • Colmeiro inicia en Buenos Aires os seus estudos de pintura.
  • Evaristo Castromil Otero funda a empresa Castromil que este ano fará a rota Santiago-Pontevedra.
  • O 18 de xullo ten lugar a primeira actuación da agrupación folclórica “ Cántigas da Terra”, que preside Eladio Rodríguez González.
  • Antonio Rey Soto estrea a súa obra Amor que vence al amor.

Premios

  • Premiado nun concurso na Casa de Galicia en Madrid a obra de Valeriano Villanueva Rodríguez Medios prácticos más eficaces de impulsar el progreso material y moral de Galicia y de conservar las virtudes y corregir los defectos de sus hijos. (Madrid 1918).

Mail-client-Breeze-Icon.svgEpistolario

Sumarios

Flag CPLP.gif Cataluña Flag of Spain Outras culturas

NobelPREMIO NOBEL DE LITERATURA: Karl Gjellerup e Henrik Pontoppidan

Flag CPLP.gif CPLP - Comunidade dos Países de Lingua Portuguesa


Nacen







Morren:

  • Abel Botelho (Buenos Aires; 1856 Tabuaço).
  • António Feijó (Estocolmo; 1859 Ponte de Lima).






Almada Negreiros pronuncia no Teatro República a conferencia "Ultimatum futurista às gerações portuguesas do século XX" ante a percepción da decadencia en que cría sumiran a Portugal algúns dos escitores da xeración anterior.


Publícase en novembro o primeiro e único número da revista “Portugal Futurista”, dirixida por Carlos Filipe Porfirio, no que aparecen poemas de Almada Negreiros, Sá Carneiro; Fernando Pessoa ortónimo e o Ultimatum de Álvaro de Campos. Pretendía ser a voz do futurismo en Portugal e foi secuestrada pola policía á porta da tipografía.


Afonso Lopes Vieira: Ilhas de bruma.


Alfredo Pedro Guisado:Mais Alto.


António de Assis Júnior (Angola): Relato dos acontecimentos de Dala Tando e Lucala.


Carlos Selvagem: Entre giestas.


João Cabral do Nascimento: Hora de Noa.


José de Almada Negreiros: A Engomadeira (novela).


Latino Coelho: Garrett e Castilho.


Mário Beirão: Lusitânia.


Mário Saa: O Evangelho de São Vito.


Menotti del Picchia (Brasil): Juca Mulato.


Raul Brandão: Húmus.





Cataluña


Nacen:

  • Josep Palau i Fabre (Barcelona; ibídem 2008).
  • Josep Pedreira i Fernández (Barcelona; 2003). Fillo de emigrantes galegos, é autor dalgún poema en galego. No 1950 acada un dos premios da “Fiesta Gallega de las Letras” organizada polo Centro Galego no Teatro Poliorama, o 18 de xuño.

Morren:


Aparecen en Cataluña as revistas “Troços” e “Un Enemic del Poble”. Enfrontamento entre Puig i Cadafalch (segundo presidente da Mancomunitat) e Eugeni d’Ors. Este rompe as súas relacións cos centros de poder cataláns e no 1923 trasládase a vivir a Madrid.


Francis Picabia edita en Barcelona a revista “391”.


Àngel Guimerà: Jesús que torna (teatro) e Indíbil i Mandoni (teatro).


Carles Soldevila: L‘abrandament (novela prologada por Josep Carner).


Joan Martí i Trenchs publica en catalán Poesies gallègues extretes del llibre titolat Cantares Gallegos traduhides en vers catalá per en Joan Martí i Trenchs llicenciat en Filosofía y Lletras y Farmacéutich de Sant Vicèns dels Horts (Barcelona. Imprenta de Gisbert & Vives), no que recolle trinta e un poemas en catalán de Cantares gallegos de Rosalía de Castro. É a primeira colección de traducións de Rosalía ao catalán publicada en libro, pero antes xa se publicaran poemas soltos, como “Adeu rius, adeu fontetes” en tradución de Josep Aladern ("Cosme Vidal i Rosich") para Lo Somanent de Reus (1897) ou as feitas polo propio Martí i Trenchs para Lo Gay Daber (1868). As razóns desta primeira escolma de Rosalía en catalán feita por Martí i Trenchs, acláraas o autor do limiar Joseph Granger: “Compráceme consignar que o tradutor quixo facer obra patriótica ao espallar entre o noso pobo a inspiración da gran poetisa galega que tan simpática resultou sempre aos corazóns cataláns, versos amantes de todo o que arrecende a rexión, pois que nos lembra á nai Cataluña”.


Joan Salvat-Papasseit funda a revista dunha soa folla, “Un enemic del Poble” co subtítulo “Fulla de subversió espirituale”. Publica Columna vertebral: sageta de foc.


Joaquim Folguera: El poema espars.


Llorenç Riber: Les corones.


Miquel Ferrà: Cançó d’ahir.


Santiago Rusiñol: L‘auca del senyor Esteve (teatro. Adaptación da novela de 1907) e La Niña Gorda (novela).


Ventura Gassol: Àmfora.

Flag of Spain



Nacen:






Morren:


Azorín : El paisaje de España visto por los españoles (Renacimiento, Madrid). Referencias a Galicia e a Rosalía de Castro.

Federico García Lorca publica na revista “Letras”, de Granada (10 de decembro), a súa primeira páxina de tema galego: “Impresiones de viaje. Santiago”: "El paisaje, espléndido, todo verdura: multitud de parrales, graciosamente sostenidos por largas piedras: las montañas muy altas y en el fondo de ellas por entre muchas piedras, corre el río Miño lentamente… Se comprende viendo el paisaje de Galicia, el carácter triste de sus habitantes y su música, que dice de penas, de amores, de imposibles… La gaita gallega tiene sonidos de miel, sus melodías huelen a cantueso y a tomillo”.


Gabriel Miró: El libro de Sigüenza.


Gonzalo Cantó Villaplana: Buenaventinas (poesía).


Jacinto Grau: El conde Alarcos.


Juan Ramón Jiménez: Primera antolojía poética e Sonetos espirituales.


Julio Camba: Un año en el otro mundo.


Miguel de Unamuno: Abel Sánchez. Publica o artigo “Portugal independiente” incluído en Álbum de la Guerra. Los aliados en 1917, publicación del Comité de Periodistas Catalanes para la Propaganda Aliadófila. Barcelona, A. Artis: “El triunfo de Alemania, hoy ya imposible, hubiera significado en España, entre otras cosas, el destaparse de ese por muchos trogloditas mal encubierto deseo de que nuestra patria se anexione por la fuerza la república portuguesa, para que deje de ser república y deje de ser liberal y democrática ante todo y sobre todo (…). Portugal hoy enseña a España cuál es el camino para cobrar la verdadera independencia. Y sólo cuando seamos libres unos y otros podremos entendernos hermanalmente y en la unión de los pueblos libres.(En Escritos de Unamuno sobre Portugal (Fundação Calouste Gulbenkian. París 1985).


Pérez de Ayala: Las máscaras.


Pío Baroja: Juventud, egolatría.


Rafael López de Haro : Los nietos de los celtas (análise da Galicia negra). No nº 25 de “A Nosa Terra” (20 de xullo), aparece a seguinte nota: “Santiagueses: Si ainda latexa nas vosas almas o agarimo â terra, si sodes bôs galegos a non tedes o nome de Galicia por un paxe d’estrume, non consintades que Lope de Haro, o autore do libro Los nietos de los celtas, no que nos pon â outura d’un pobo salvaxe, fale na inaugurazón do moimento a Rosalía. Sede barudos, rexos, que berre en vós a concenza galega, i-evitade ise novo aldraxe do manchego, no qu’envolveita vai a afirmazón da nosa descultura por non enxerguel-o, ou a da nosa afeminazón por consentil-o”.


Ramón Gómez de la Serna: Greguerías.






Máis culturas:


Nacen:



Morren:.

  • José Enrique Rodó (1871 Uruguai).
  • Octave Mirbeau (París; 1848 Trévières).


Leopoldo Lugones: El libro de los paisajes.

Mariano Azuela: Los caciques.


Ricardo Jaimes Freyre: Los sueños son vida.


Vicente Huidobro: Horizon carré. Vive en París, onde colabora con Pierre Reverdy na revista “Nord-Sud”, xunto ao dadaísta Tzara e a André Breton.



Guillaume Apollinaire: Les mamelles de Tirésias.


James Joyce: O artista adolescente.


Knut Hamsun: O espertar da terra.


Paul Eluard: Le devoir et l‘inquiétude (poemas).


Paul Valéry: La jeune Parque (poesía).


Robert Walser: O paseo.


Vladimir Maiakovski: Guerra e paz.


William Sidney Porter “O. Henry” (1862-1910): Waifs and Strays.


Tamén sucedeu...

  • Intensa colaboración na revista “Nord-Sud”, entre pintores e poetas: Juan Gris, Huidobro, Picasso, Reverdy, Max Jacob, Tristan Tzara, André Breton, Apollinaire...
    Revolución de Outubro
  • Picasso : “Arlequín de Barcelona”.
  • Folga Xeral Revolucionaria.
  • Comeza a publicarse o diario “El Sol”.
  • García Prieto forma Goberno (19 de abril).
  • Eduardo Dato presidente do Goberno (11 de xuño).
  • Asemblea de Parlamentarios de Cataluña.
  • Puig i Cadafalch, presidente da Mancomunidade de Cataluña.
  • Proclamado presidente de Portugal o comandante Sidónio Pais.
  • Os EEUU entran na confrontación europea.
  • Abdica o tsar Nicolao II. Lenin proclama a Revolución Bolchevique, creando o Consello de Comisarios do Pobo.
  • Constitución mexicana, a máis progresista de toda América latina.
  • O 15 de outubro é fusilada no bosque de Vincennnes, preto de París, a espía e bailarina Mata Hari, condenada por pasar información a Alemaña.
  • Morren:

- O escultor Auguste Rodin (Meudon; 1840 París).

- Edgar Degas (París; ibídem 1834).

- Enric Prat de la Riba (Castellterçol; ibídem 1870). No nº 27 de “A Nosa Terra” (10 de agosto), hai unha lembranza a Prat de la Riba: “Finouse o pensador de Cataluña. O noso sentimento fondo”. “Diriximos, cumprindo un deber o siguente telegrama:“Lliga Regionalista. –Barcelona- Irmandades Fala e nacionalistas galegos c’o corazón cheo de loito, choran morte Prat da Riba, xenial escultor pobos que no bloque da raza catalana sacóu de puntos nacionalitat rica e prena. Millor oración, alma mestre. ¡Visca Catalunya, mater iberorum!.