1916

De Xulipedia
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Flag of Galicia (civil).svg Cultura galega

Nacementos/Pasamentos

Child in diaper icon Nacementos
Literatura
Anne Marie Morris Poeta alófona (Evanston, Illinois; ibídem 1999) Ver 1964, 1965 e 1966.
Francisco Mayán Fernández (Cee; 2010 Lugo).
José Luís López Cid (Ourense; ibídem 1992).
Manuel Fabeiro Gómez (Muros; 1992).
Manuel Celso Garrido Rodríguez (A Merca; 1961 Santiago de Chile).
Manuel Lueiro Rey (Fornelos de Montes; 1990 O Grove).
Manuel Reimóndez Portela (San Miguel de Castro, A Estrada; ibídem 1994).
Marino Dónega Rozas (Huelva; 2001 A Coruña).
Miguel González Garcés (A Coruña; ibídem 1989).
Raimundo García Domínguez “Borobó” (Pontecesures; 2003 Santiago).
Xaquina Trillo Sánchez (Vilagarcía de Arousa; ibídem 2004).
Xesús Manuel Lorenzo Varela Vázquez “Lorenzo Varela” (Nun barco a poucas millas do porto de La Habana; 1978 Madrid).
Xosé Velo Mosquera, escritor e creador do DRIL (Directorio Revolucionario Ibérico de Liberación) (Celanova; 1972 São Paulo).
Outros
Ángeles Alvariño González (Serantes, Ferrol; 2005 La Jolla, California). Oceanógrafa e zoóloga.
O pintor Antonio Lago Rivera (A Coruña; ibídem 1991).
O guerrilleiro antifranquista Francisco Martínez Leira “Pancho” (Ombre, Pontedeume; ibídem 1954).
O escritor Baldomero Isorna Casal (Catoira; 1987 Madrid).
A investigadora arxentina Josefa Emilia Sabor Riera (Vilanova de Arousa; 2012).
O directivo da Fundación Barrié de la Maza Xoaquín Arias Díaz de Rábago (Santiago; 2007 A Coruña).
O xeneral Constantino Lobo Montero (Ferrol; 1993 Madrid). Presidente do Centro Galego de Madrid e Correspondente da Real Academia Galega.
Skull.png
Pasamentos
Literatura
José Salgado Rodríguez (Caldas de Reis; 1852 Santo André de César).
Xulio Alonso Sánchez (Cangas do Morrazo; 1859 Lugo).
Outros
O pintor e farmacéutico Gumersindo Pardo Reguera (A Coruña; 1847 Valgos, Cervantes, Lugo).
O pintor Serafín Avendaño (Valladolid; 1838 Vigo).
O xornalista Bartolo Sabas Catá (Cuba; ¿? Marín).

Publicacións

Galegas

  • Sae na Coruña, a publicación “ A Nosa Terra ”. Boletín decenal. “Idearium da Hirmandade da Fala en Galicia e nas colonias gallegas d’América e Portugal” (14 de novembro). A súa redacción establécese no despacho do poeta Xosé Iglesias Roura. O seu primeiro director foi o xornalista Antón Villar Ponte. A partir de 1922 (nº 155), pasa a dirección a Víctor Casas. En decembro de 1932 “A Nosa Terra” comezará unha nova etapa ao disolverse as Irmandades da Fala e cederen a súa cabeceira ao Partido Galeguista. A partir de aquí os directores serán Iglesia Alvariño, Suárez Picallo e novamente Víctor Casas. No número 1 deste boletín trae a seguinte advertencia: “O primeiro número d’este boletín, non demostra ben o que han de sere os mais. Foi feito de presa, porque tiña que saír n’unha data fixa, con apremio de tempo. Antre outras seiciós “A Nosa Terra” terá as seguintes: “Os poetas d’agora”, “Estudios económicos”, “Lendas gallegas”, “Traduciós”, “Queixas dos pobos”, “Follas Novas, (crítica)”, “Ouro vello”, “O pensamento da xuventude" (tribuna libre), “Novas da causa”, “Peneirando”, “Caricaturas sin cliché”.
    A Nosa Terra, 1916


No nº 5 de “A Nosa Terra” (25 de decembro), L. de Sergude escribe o artigo “Pol-as escolas galegas”: “Os nenos das nosas aldeas e vilas falan galego; fálano enxebremente, e nos seus beizos de anxeliños é unha música a dozura d’ista nosa fala melosiña. [...] Os mestres, que xeneralmente non son da terra desconocen a nosa fala, dispréciana, aborrécena, e fan que os nenos, que por eles se guían, vayan pouco á pouco esquecéndoa, mirándoa coma un lenguaxe dispreciabre".


  • Antón Villar Ponte : El nacionalismo gallego: nuestra afirmación regional. No nº 1 de “A Nosa Terra” publica “A bandeira ergueita”: “Chegou a hora de definirnos. Nos, expoñemos cartos e traballo. Damo-lo exemplo. Quen non faga o pequeño sacrificio económico de axudarnos a erguer esta folla enxebre, que de chegar a ser diaria resolvería moitas cousas de fondo interés patriótico, non terá dereito a chamarse bo gallego. […] Fixádevos en que soyo hai un rexionalismo que nos poida servire d’exempro: o catalán. Predicar ideas boas non é nada: hai que predicar e dar froito. Cataluña predica e praitica. Cataluña encarnou na realidade do pobo a doitrina rexionalista. […] A traballar con fe. Este boletín e de todol-os gallegos. A sua dona e Galicia enteira. Non ten outra. Polo mesmo, as suas follas serán dinas de se coleicionar. Perpetuarán o pensamento dunha época”. E no número 4: “O 17 de Nadal do 1483. Non esquezamos a nosa hestoria. Cando morreron as libertades gallegas”, lembrando a figura do mariscal Pardo de Cela.
  • “Asieumedre” (Manuel Lugrís) colabora habitualmente en “A Nosa Terra”. No número 1 publica o conto “A crus”.
  • Castor de Aira Barrera: Bágoas conxeladas (poemas).
  • José Iglesias Roura colabora en “A Nosa Terra”. No nº 1 publica o artigo “Orientaciós”.

Ont’as cordas que tiñan as liras

d’os nosos poetas

eran feitas de fibras sensibres

tecidas por fadas

de máxicos dedos.

Ó pulsálas soaban as cordas

melosiñamente

e faguían q’os nosos peisanos,

sempre adormecidos,

vivisen morrendo.

A morriña cebábase fera

nos nosos labregos

e namentras se vía apertado

por trabucos, preitos,

caciques e cregos.

Durmindo e soñando, letárxicamente,

o pobo gallego

conta se non daba

das treidoras feras

que, con rabia louca

roíanll’o peito.

Hox’as liras que pulsan os vates

da terra gallega

xa non xemen, xa non adormecen,

pois teñen as cordas

de fíos de ferro.

Virilmente resoan seus cantos

por vales e leiras,

despertando nos nosos peisanos

ideas subrimes

de loita e progreso.

Xa non choran, son gritos de guerra,

cal vos de trompetas

os que soan pol’as corredoiras

de monts e vilas,

lugares e aldeas.

Retumbantes escóitans’os ecos

pol’a carballeira

e a seus sones congresas’o pobo,

o pobo que antrontes

xemía morrendo.

¡Tembrade tiranos!

Q’os gallegos,

xa ben cansos d’as ingratitudes

d’os que mal lle queren,

aprestans’a loita

baix’a insignia dos vates modernos

que tañen suas liras

de cordas de ferro.

  • Ramón Cabanillas : no nº 1 de A Nosa Terra publica “A traxedia das follas”; no nº 2 (24 de novembro), “A morte do gaiteiro” e no nº 3 (5 de decembro) o artigo “Nazonalismo ou soberanía rexional” no que se manifesta a favor da autonomía de Galicia.

Relativas a Galicia

  • Edítase en Barcelona Escolma de poesías de Rosalía de Castro, ordenadas e prologadas por Aurelio Ribalta. No colofón, pódese ler: “Este libro foi feito en omenaxe a Rosalía de Castro, polos coidados da Liga Rexionalista na zibdá de Barcelona. E acabouse d’imprentare na ofizina tipográfica de N. Poncell, de Igualada, a trinteún días andados do mes d’outono de M.C.M.XVI”.
  • Ramón Suárez Picallo publica o seu primeiro artigo en “Adelante”.
  • O 1º de xaneiro ve a luz en Buenos Aires a revista “ Suevia ”, subtitulada “Revista gallega” e que estaba dirixida por Joaquín Pesqueira "Conde de Cela". Pode ser unha segunda época da revista que coa mesma cabeceira se publicou tres anos antes.
  • Co mesmo nome de “Suevia”, sae en Cuba a revista mensual bilingüe de curta andaina, dirixida por Jesús Peynó en colaboración con Ricardo Carballal.
  • A revista “ Labor Gallega ” de La Habana publica a Cantiga de vellas de Valle-Inclán.
  • A revista “ Acción Gallega”, dirixida por Basilio Álvarez (1910), reaparece como folla incorporada ao diario madrileño “El Parlamentario” entre o 1 de agosto e o 16 de novembro.
  • Aparece o 4 de xuño, a publicación bilingüe “La Voz de Ortigueira”, que saía os venres, sendo fundada por Jesús Fojo Díaz.
  • O 30 de abril aparece na Pobra do Caramiñal, dirixido por Antonio Ferreiro “ La Razón”, co subtítulo de “Semanario crítico. Órgano del Partido Obrero”.
  • O 5 de xuño sae en La Habana “ Galicia Nueva”, publicación decenal bilingüe, dirixida por Eugenio Mañach.
  • Adolfo Rey Ruibal: In memoriam. Dedicado a la memoria de la Srta Magdalena Aída Rey (folleto).
  • Alberto Aguilera y Arjona: Galicia. Derecho consuetudinario. Sumaria noticia del régimen foral, usos locales. Historia, estado presente, necesidades, azotes, anhelos y pintorescas escenas campesinas de Galicia (Madrid, Imprenta Española).
  • Atanasio López Fernández: Estudios crítico-históricos sobre Galicia (Santiago).
    Augusto gonzalez besada.jpg
  • Augusto González-Besada Mein: La mujer gallega y Rosalía de Castro (Madrid) e Rosalía Castro. Notas biográficas. Publicado en galego no 2004 na súa terceira edición, primeira en galego, por María Pilar García Negro, con epílogo de Francisco Rodríguez (A Nosa Terra). No nº 223 de “Grial” (2019), escribe Victoria Álvarez Ruiz de Ojeda no artigo “Victor Said Armesto e Rosalía de Castro”: “… esa obra de Besada, que foi o seu discurso de ingreso na Academia Española, está escrita tendo á vista os apuntamentos de Said Armesto. […] constrúe o seu discurso utilizando como fonte esencial os materiais arrecadados por Said Armesto, a tal punto que é difícil atoparmos afirmación de Besada relativa a Rosalía que non fose antes pensada, escrita ou elaborada por Said Armesto. Como chegaron a Besada os papeis de Said Armesto? […] a intervención de Besada é decisiva para que, en 1914, Said Armesto consiga a cátedra de Literatura Galaico-Portuguesa na Universidade Central. A oposición, en que Said Armesto é o único concursante, está presidida polo propio Besada, que era, daquela, presidente do Consello de Instrucción Pública […] Non é de estrañar que, cando o político foi elixido académico da Española, solicitase a axuda erudita de Said Armesto e que este lla emprestase. Tamén puido suceder que fose a viúva de Said Armesto, coñecedora da intervención que Besada tivera na operación a cátedra, quen lle emprestase eses papeis.
  • Benito Fernández Alonso: Orensanos ilustres.
  • César Alvajar: El espionaje alemán en las costas de Galicia.
  • Francisco Javier Sánchez Cantón:Los pintores de cámara de Los Reyes Católicos.
  • Javier Montero Mejuto: Valores nuevos de la política. Basilio Álvarez y los agrarios gallegos (Madrid).
  • José María Alonso Trelles y Jarén “El Viejo Pancho”: Paja brava.
  • José María Crespo Rodríguez: Nociones de Geografía de Galicia y Nociones de Historia de Galicia (Pontevedra).
  • Juan Fernández Gil y Casal: Apuntes arqueológicos.
  • Luciano Taxonera y Vivanco: El corazón batalla.
  • Manuel Amor Meilán: Romances.
  • Manuel Linares Rivas: Toninadas.
  • Ramón Fernández Mato: Patriotismo (Lugo).
  • Xavier Bóveda Pérez: El madrigal de las hermosas (Ourense).

Acontecementos

  • A familia de Luís Seoane regresa a Galicia.
  • Castelao ingresa na Delegación do Instituto Xeográfico Estatístico de Pontevedra. Colabora en “ Suevia” (revista modernista de Buenos Aires). Ingresa nas Irmandades da Fala.
  • Lois Porteiro Garea di nun discurso o 28 de maio: “Ouviríades moitas veces falar do antipatriotismo da clas traballadora; ¿pro hai nada máis antipatriótico que o capital? ¿Hai nada a que se chame con tanto intrés en momentos críticos coma ós cartos? E ben: qué fixeron a maioría dos nosos homes de cartos ou os banqueiros que os dirixen?… Poñer os seus aforros en valores extranxeiros - algúns fantásticos- resultando que o galego que tivo que saír da patria para ofrecer o seu talento e a súa freba a empresas de outras terras, acaba por mandarlle os seus aforros tamén. Os capitales galegos fan camiños de ferro en Venezuela e na Arxentina, e aquí non temos cartos prós nosos e sometémonos ós extranxeiros mediatizando o país, apolillando a nosa libertade. Hai que pensar seriamente neso. Banqueiros, homes de negocios, poñede a man no corazón, facede memoria e conciencia e decide: ¿onde van os cartos dos galegos? ¿onde está o voso patriotismo?…¿é verdá que os mandastes, cobizosos dunha probe comisión, a outras terras cando eran tan percisos ó noso desenvolvemento aquí? ¿É verdade tamén que moitos foron… e nunca volverán?.
  • En setembro, a “Reunión de Artesanos” celebra unha homenaxe a Rosalía de Castro. Alexandre Barreiro le o discurso de Murguía :“...Mi vida está tan llena de la suya (a de Rosalía) que es imposible separarlas. Fuimos como dos viajeros que hicieron juntos su jornada, esperando un mismo descanso; pero a ella le tocó, a cambio de las penas más acerbas, merecer todo recuerdo del país que tanto amó, y el piadoso recuerdo de aquellos por quienes tanto ha sufrido, viendo su irremediable desnudez; y a mi la triste inutilidad de presenciar sus combates contra la adversidad sin que pudiese aplacar su dureza”...
  • Aurelio Ribalta, na revista “Estudios Gallegos” abre unha enquisa sobre o uso do galego nas escolas.
  • No mes de xaneiro inaugúrase en Ourense o café Royalty onde terá lugar unha tertulia literaria á que asisten entre outros Luís Fernández Cid, Eugenio Montes , Pepe Romero e Vicente Risco que foi o autor do himno:

“Exotic club, café Royalty, cosa extraña;

¿Vienen de El Cairo, de Melbourne o de Bruselas?

Cada uno viene de un rincón de la montaña:

Vienen de Bande, de Laroco o de Caldelas,

Llevan gabanes “entravés”, llevan sombreros

Que en Montparnasse se estrenaron, se diría;

Tienen un aire vagoroso de extranjeros;

Nadie dirá que los vistió José María”.


  • Luís Pimentel cumpre o servizo militar en Lugo.
  • Antón Villar Ponte convoca unha xuntanza á que asisten entre outros Manuel Lugrís Freire, Florencio Vaamonde Lores, Uxío Carré Aldao, Luís Porteiro Garea, Francisco Tettamancy e Ramón Villar Ponte, acordando a fundación na Coruña da “Hirmandade dos Amigos da Fala Gallega” (18 de maio). Aos poucos días aparece a de Santiago, presidida por Porteiro Garea, e máis tarde as de Monforte, Ourense, Pontevedra e Vilalba.
  • O 5 de febreiro, escribe Antón Villar Ponte en “La Voz de Galicia o artigo “El cimiento de la afirmación gallega”: “Al tratar en estas columnas de la interesante “encuesta” que Aurelio Ribalta abrió en su notable revista, digna de resuelto apoyo, “Estudios Gallegos”, acerca del uso de nuestra propia lengua en las escuelas, hablábamos de la necesidad de arribar urgentemente a la creación de una Liga de Amigos del Idioma. Aurelio Ribalta ha acogido esta idea con entusiasmo. Con entusiasmo la acogieron asimismo otros cultísimos amigos nuestros. hay que llevarla, pues, a la práctica; y para que así sea, precísase que personas autorizadas, personas que siempre hayan demostrado un profundo amor a Galicia, le rindan todo su apoyo, militen en el partido que quieran”. (Antón Villar Ponte: 100 artigos. La Voz de Galicia, 2003).
  • Primeira viaxe de Lorca a Galicia. Viaxa en tren desde Zamora a Santiago e, desde aquí, en coche trasládase á Coruña e a Lugo. A crónica desta viaxe de estudos publicouse nos números 2-3 de xaneiro de 1917 na revista “Lucidarium” que dirixía en Granada o profesor Berrueta.
  • Vicente Risco regresa de Madrid para Ourense, como catedrático de Historia da Escola Normal.
  • Aparece un cachalote na praia de Tanxil de 16,40 m de longo por 8 de perímetro; a anécdota servirá de base para o conto de Rafael Dieste “De como veu a Rianxo unha balea”.
    Miss Leyda. Xosé Gil
  • Estréase publicamente na Coruña o Himno Galego, que xa fora interpretado en La Habana no 1907.
  • Blanco Torres abandona La Habana e regresa a Galicia. Instálase na Coruña e colabora con “A Nosa Terra”.
  • Ramón Cabanillas secretario do concello de Mos.
  • O fotógrafo vigués José Gil realiza a produción cinematográfica “Miss Leyda”, considerada a primeira obra de ficción no cinema galego. López de Aro foi o encargado de dirixir os traballos de impresión da cinta efectuados por distintos lugares da capital e arrabaldos, tendo como filmador o acreditado autor de reportaxes, o vigués José Gil, quen aproveitou escenarios como o Gran Balneario da Toxa, Monte Porreiro, as ribeiras do Lérez, Portosanto e A Caeira para recrear durante o mes de febreiro de 1916 a historia de Miss Ledyia, sobriña do multimillonario mister Kazton, ambos de viaxe por Galicia. Entre o reparto figuraba no papel máis significativo Fefa Ximénez de Sandoval, ademais de Fausto Otero, Clara Sobrino, Víctor Mercadillo, Isidor Millán, Blanco Porto e Castelao, recén chegado a Pontevedra e amigo de López de Haro que encarna o papel dun pastor protestante. Ten unha duración de apenas 20 minutos e estreouse o 3 de marzo de 1916 no desaparecido teatro Principal de Pontevedra. Despois de remontar de novo a película por uns erros observados proxectouse de novo o 15 de maio no salón Pinacho de Vigo e novamente en Pontevedra o 5 de xuño.
  • Inaugúrase no centro da Praza do Obradoiro unha estatua de Montero Ríos , que será retirada no 1923, co golpe de estado de Primo de Rivera.
  • Alzamentos populares no Porto do Son e en Nebra.
  • AS IRMANDADES DA FALA (1916-1923).

No "Discurso... ó fundarse á Irmandade da Fala de Santiago" (25-5-1916) proclama Luís Porteiro Garea:[...] Nós temos tamén o noso home. Non é un sabio, é un poeta, un enorme poeta tan grande como Curros, e ca ventaxa de que os seus versos toman as formas que usan os grandes vates do mundo latino: Guerra Xunqueiro, Rubén D'Anunzzio. Cabanillas é o cardíaco que ven a remover (supricando, mallando, escarnecendo) a nosa apatía, a espertarnos do sono mortal. Hémolo poñer por cabeza deste movimento que si percisa moito estudio e moito sacrificio, ten as súas raices no corazón -onde nacen os versos fortes, e altivos, e os pianos e amorosos de Cabanillas, que todos manan da mesma fonte- . Estas sacudidas levan sempre diante un vate, un profeta, un rebelde (un tolo, din as xentes, porque predica ós que dormen), que loitando ca disgracia, ca cólera dos poderosos que embisten nel como o mar nos baixos, co sono dos medianos que o abandonan, e ca pobreza dos probes que non se atreven, vai pola terra asoballada aturuxando, pra ese poeta, que é o noso guía, e pra Villar Ponte (o promovedor que lle sigue neste movimento) así como pró gran Aurelio Ribalta, e pra Rodrigo Sánz (os nosos mestres e os nosos Quixotes) acabo pedíndovos devoción i aprauso.

(Ramón Cabanillas. 3 Obra Completa. Akal Editor. 1981).

Premios

Mail-client-Breeze-Icon.svgEpistolario

Sumarios

Flag CPLP.gif Cataluña Flag of Spain Outras culturas

NobelPREMIO NOBEL DE LITERATURA: Carl Gustaf Verner von Heidenstam

Flag CPLP.gif CPLP - Comunidade dos Países de Lingua Portuguesa


Nacen





Morren:

  • Suicídase tomando estricnina o 26 de abril, no Hotel de Niza, na rúa Victor-Massé Mário de Sá-Carneiro (París; 1890 Lisboa). Escribe a Fernando Pessoa: “Um grande, grande adeus do seu pobre Mário de Sá-Carneiro”. Fernando Pessoa, nunha carta à Tia Anica afirma ter sentido a distancia, a crise do seu amigo.



Afonso Duarte: Rapsódia do soldado seguida do ritual do amor.

Alfredo Pedro Guisado: As Treze Baladas das Mãos Frias.


André Brun: A maluquinha de Arroios.


Augusto de Castro: Fumo do meu cigarro.


Caetano da Costa Alegre (São Tomé 1864-1890): Versos.


Fernando Pessoa pensa en establecerse en Lisboa como astrólogo. No único número da revista “Centauro”, dirixida por Luis de Montalvor publica os 14 sonetos de Passos da Cruz. Na publicación “Exilio” dirixida en Lisboa por Augusto de Santa Rita, Pessoa deu á luz o poema “Hora absurda”.


Jaime Cortesão: O Infante de Sagres (teatro).


João Cabral do Nascimento: As três princesas mortas num palácio em ruínas: poemas.


Joaquim de Carvalho: António de Gouveia e o Platonismo da Renascença.


José de Almada Negreiros: Manifesto anti-Dantas.


Júlio Dantas: Sonetos.


Leonardo Coimbra: A alegria, a dor e a graça.




Cataluña


Nacen:


Morren:

  • Bernat Artola (Madrid; 1904 Castellón de la Plana).


Carles Riba casa coa poeta Clementina Arderiu.

Clementina Arderiu: Cançons i elegies.


Eugeni d´Ors: L‘Oceanografia del tedi.


Joan Martí i Trenchs: Fruita tarada. Errades catalanes molt usuals i regles ortogràfiques per à evitar-les.


Josep Maria Junoy publica a revista “Trossos”.


Miquel dels Sants Oliver: Poesies.


Narcís Oller: Rurals i urbanes (narrativa curta).

Flag of Spain



Nacen:




Morren:

  • José Echegaray (1832 Madrid).





Primeira viaxe a Europa de Huidobro.


Azorín: Rivas y Larra.



Carlos Arniches: La señorita de Trevélez.


Carlos Reyles: El terruño.


Gabriel Miró: Figuras de la pasión del Señor.


Jacinto Benavente: La ciudad alegre y confiada e Campo de armiño.


Joaquín Costa Martínez (1846-1911): Maestro, escuela y patria (notas pedagógicas).


Juan Ramón Jiménez: Diario de un poeta recién casado.


Julio Camba: Playas, ciudades y montañas; Alemania, impresiones de un español e Londres, impresiones de un español.


Mariano Brull: La casa del silencio (poesía).


Ortega y Gasset: El espectador.


Ramón Pérez de Ayala: El sendero innumerable.



Máis culturas:


Nacen:

Morren:.

  • Félix Rubén García Sarmiento “Rubén Darío” (León, Nicaragua; 1867 Metapa).
  • Henry James (Londres; 1843 New York).
  • Suicidio de Jack London (John Griffith Chaney) (1876 San Francisco).
  • Natsume Soseki (1867 Tokio).



Amado Nervo: Elevación (poesía) e El diablo desinteresado (poesía).

Huidobro: El espejo de agua (poesía).


Luis Gonzaga Urbina: Glosario de la vida vulgar.




Ezra Pound: Lustra (poesía).


Franz Kafka: A metamorfose.


Giuseppe Ungaretti: Il porto sepolto (poesía).


Gottfried Benn: Cerebros (poesía).


Natsume Soseki: Luz e tebras.


Saussure (1857-1913): Cours de Linguistique génerale.


Vladimir Maiakovski: A flauta de vértebras.




Tamén sucedeu...

  • Nacen:

- O actor Gregory Peck (California; ibidem 2003).

- O violinista e director de orquestra Yehudi Menuhin (New York; 1999 Berlín).