1913

De Xulipedia
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Flag of Galicia (civil).svg Cultura galega

Nacementos/Pasamentos

Child in diaper icon Nacementos
Literatura
Dora Vázquez Iglesias (Ourense; ibídem 2010 ).
Celestino Luis Crespo y Crespo (Betanzos; ibídem 1965)
Eduardo Jorge Bosco (Buenos Aires; ibídem 1943). Ver 1952 e 1994.
Eleuterio Luaña Fernández “Añaul” (Logrosa 1913; ibídem 1937; foi colaborador de “Vida Gallega” desde 1936)
Francisco Fernández del Riego (Vilanova de Lourenzá; 2010 Vigo).
Mario Canda (Ribadavia; ibídem 1936).
Xaquín Cerqueiras Puente (Santiago; 1987 Xuvia, Neda).
Outros
O escritor Carlos Martínez- Barbeito y Morás (A Coruña; ibídem 1997).
En Outeiro (Vilamartín de Valdeorras) o político comunista Santiago Álvarez. Gómez (2002 Madrid).
O pintor José Fernández Sánchez (Elviña; 1994).
O pintor Ánxel Botello Barros (Cangas; 1986 San Juan de Puertorrico).
A pintora Gloria Fernández Fernández (Monforte de Lemos; 1996 Madrid).
O músico Pedro Margüenda Rubio (A Pobra de Trives).¿?
O escritor Virgilio Antonio Nóvoa Gil (Lalín; 1970 Toén).
O escritor Adolfo Prego de Oliver y Domínguez (Ourense; 2000).
O académico Xulio Francisco Ogando Vázquez (Beariz; 2005 Ourense)
O agrónomo Ismael Sierra Franco (O Vicedo; 1986).
O arquitecto Alejandro de la Sota Martínez (Pontevedra; 1988 Madrid).
Skull.png
Pasamentos


Literatura
Outros
O pintor e crítico de arte Rafael Balsa de la Vega (Madrid; Padrón 1859).
O pintor e escritor Prudencio Canitrot y Mariño (Madrid; 1882 Pontevedra).
O avogado, político e xornalista José Porrúa Valdivieso (Cienfuegos; 1822 Corcubión).
O escritor Juan Manuel Espada Montanos (Verín; ibídem 1843).
O escritor Emilio Fernández Vaamonde (Madrid; 1867 A Coruña).

Publicacións

Galegas


  • Carlos Jaspe Canosa: O pensamento dun campesiño (poemas; A Coruña).


  • Castelao: En xullo pronuncia a conferencia “Algo acerca de la caricatura” no Balneario de Mondariz que publica por primeira vez co título de “Momento de arte”, en “La Temporada” de Mondariz. Colabora en “El Gran Bufón” (semanario humorístico de Madrid).





  • Gonzalo López Abente : Escumas da ribeira (Imprenta de Juan Pérez Torres, Madrid, sen data de edición). En “La Voz de Galicia” (12-09-1914) aparece unha crítica do libro.


  • José María Basanta y Llenderrozos: Versos (Mondoñedo).


  • Ramón Cabanillas : No desterro. Visións gallegas (La Habana. Imprenta Universal). Prólogo de Basilio Álvarez e epílogo de Abdón Rodríguez Santos. Está dedicado a Avelino Pérez Vilanova, propietario da imprenta. Na Real Academia Galega consérvase un exemplar coa seguinte dedicatoria “A Pepe Fontenla. Nesta páxina falta un título i un nome-o teu. É meu propósito que este aparezca na primeira do meu segundo libro. Non me esqueceréi nunca de que ti fuche quen decidíu miña vocación e meu casamento do idioma pátreo (19-04-1913)”.

Na “Introducción” a No desterro, di Basilio Álvarez: “Ya hemos encontrado al poeta, al gran poeta que nos llevaron el día que enterraron a Curros.[…] Cabanillas entra por la puerta grande. Otros, los más, cuando quieren pisar el palacio, se acercan tímidamente a la puerta, asoman su cabeza y vacilan. Cabanillas no. Recio, augusto, inspiradísimo, avanza resuelto, de cuerpo entero, con desenfado procer, con arrestos de titán. Su lira no baila la muiñeira alrededor de las lágrimas pero vibra flageladora al espetarse en la carcoma, en las entrañas de la misma médula […]Lectores: Aquí está un poeta que no quiere llorar. Y tiene razón. Ya era hora de que las estrofas de nuestros vates sonasen a cadenas rotas”.

Relativas a Galicia

  • Antón Villar Ponte: No artigo “Una cátedra en Madrid” (La Voz de Galicia” 6-07-1913): Una Real orden que inserta la Gaceta de Madrid llegada anoche, dispone que se proceda a la provisión de una Cátedra de Literatura galaico-portuguesa, que tiene ya consignación especial en los presupuestos vigentes.[…] Pero que ello autorice para que una Cátedra de la índole de la recién creada se establezca a cien leguas de la región en que aún se habla la lengua que habrá de estudiarse y en la que se hallan los materiales propios para observar la evolución del idioma y su actual estado, es cosa sin razón clara. […] A tanto equivale crear en Madrid la Cátedra única de Literatura galaica, como instalar la Real Academia Gallega en la capital de Cataluña”.
  • Con data de 28 de novembro escribe Antón Villar Ponte en La Voz de Galicia o artigo “Quisiera ver cien nobles…”: “Un joven poeta a quien elogiamos con justicia en estas columnas, Ramón Cabanillas, escribió la letra de un himno para uso de Acción Gallega, al cual ha dotado de música el maestro Campos.[…] Es, sencillamente, un rosario de estrofas infladas por la “pose” de la violencia donde el recuerdo del himno Els segadors cabriolea de modo loco. […] Por eso antes que escribir himnos, que pocos labriegos podrán leer –cuando son como el de Acción Gallega, por fortuna- es necesario, urgente, despojar de su lamentable analfabetismo a los honrados pueblos rurales y… a los otros que sin ser rurales son honrados también”. (Antón Villar Ponte. 100 artigos. La Voz de Galicia 2003).
  • Aparecen poemas de Rosalía de Castro na antoloxía Oxford Book of Spanish Verse de James Fitzmaurice-Kelly.
  • E. Scheu: Die Rías von Galicien ihr Werden und Vergehen.
  • A Real Academia Gallega comeza a publicar o Diccionario gallego-castellano (Cadernos de 16 páxinas en folio a tres columnas. A Coruña).
  • Constantino Horta diríxese a Pondal o 3 de xaneiro en “Nova Galicia” de La Habana: “en una de las valientes estrofas de su grandioso poema, en preparación, titulado “Os Eoas” insinúe la naturaleza o nacionalidad galiciana del descubridor del Continente Americano, lo cual verían con agrado, no sólo los galicianos, sino que también los americanos-latinos. Por otra parte, la cuna galiciana de Colón, además de ser una gloria española, constituiría la bandera y el lazo de unión de los pueblos ibero-americanos; además se difundiría el poema por todo el Continente…”.
  • Nunha entrevista do escritor Julio Dávila para a revista bonaerense “ El Eco de Galicia ” (10/4), di Pondal : “Mi poema es un poema eminentemente nacional. Yo no canto a Colón, como lo hicieron Campoamor y otros poetas, canto al conjunto de navegantes, a la raza hispana y, sobre todo, la epopeya del descubrimiento. Claro está que Colón destaca entre los navegantes como jefe de la expedición. No me preocupa para nada la patria de él: genovés o gallego; yo no veo más que la hazaña de la heroica España”.
  • Sae na Habana (5 de outubro) a revista semanal ilustrada “ La Antorcha Gallega ”, con noticias de Galicia e das entidades galegas de Cuba (8-3-1914).
  • O 9 de agosto comeza a publicarse, tamén na Habana, a revista semanal, case totalmente en castelán, “ Galicia Gráfica ”, baixo a dirección de Ramiro García. Saíron uns 15 números. Nas edicións do 27-9 e do 4-10, deste mesmo ano, publícanse sendos sonetos de Ramón Cabanillas , en castelán, dedicados a Rodríguez Bautista e a Avelino Pérez, dirixentes do Centro Galego. Neira Vilas recolle o segundo poema en A prensa galega de Cuba:

"Siempre en defensa de la causa justa, / sencilla, donairosa, campechana, / habla en el Centro el alma galiciana / cuando se deja oír su voz robusta; // y si a veces irónica y adusta / combate con valor tendencia insana, / queda en la cara del traidor, villana, / la cárdena señal de iriente fusta. // Con ardiente entusiasmo, con fe ciega, / milita en el partido "Acción gallega" / por amor al natal suelo lejano. // y, ajeno al trapicheo y la tramoya, / es el sillar más fuerte en que se apoya / nuestra colonia en el vergel cubano".

  • Comeza a publicarse en La Habana “ Labor Gallega ”, revista bilingüe, dirixida por Juan Vicente Martínez Quelle . Nun primeiro momento esta publicación aparecía como “Órgano de las Sociedades Gallegas de Instrucción”. A partir do 15 de maio de 1916, aínda que nas súas páxinas se sigue recollendo a actividade das sociedades, deixa de ser o seu portavoz. Segundo Neira Vilas (A prensa galega de Cuba . Ediciós do Castro 1985) “é unha publicación de notable calidad artística e literaria". Cita como mostra que "na edición do 25-5-1916 publícase por vez primeira “Cantiga de vellas”, de Valle-Inclán . Hai unha nota ó pé que di “poesía desconocida”. Desaparece en 1917.
  • Tamén en La Habana, Jesús Peynó funda a publicación efímera "La Raza".
  • Este mesmo ano, o lugués Jesús Peynó e Enrique Zas fundan tamén en La Habana a revista mensual bilingüe, de curta vida, “La Región Gallega”.
  • Ve a luz en Marín o semanario satírico “El Fustazo” ” que desaparecerá co nº 4 o 9 de febreiro do mesmo ano.
  • Aparece en Marín o semanario “Marín”, dirixido por Raimundo J. Vidal.
  • En xaneiro, dirixido por Amadeo Rodríguez Malvar ve a luz o “Semanario independente” “La Voz de Puentecaldelas".
  • En febreiro, aparece en Vigo o semanario “ El Pueblo ”.
  • En decembro, co mesmo título de “ El Pueblo ”, e co subtítulo de “Periódico semanal independiente” sae en Vilagarcía de Arousa, unha publicación dirixida por Luís Bouza Trillo (1-05-1915).
  • O primeiro de xaneiro aparece en Buenos Aires “ Suevia” co subtítulo de “Revista gallega regionalista”. Estaba dirixida por Joaquín Pesqueira "Conde de Cela" e desaparece co nº 9 do mes de xullo.
  • O 15 de xaneiro ve a luz en Pontevedra “ La Tierra”, semanario agrarista subtitulado “Periódico dedicado a los agricultores y a la defensa de sus intereses” e dirixido por Joaquín Míguez Barcia.
  • Na Fonsagrada ve a luz a publicación agrarista quincenal “O tío Pepe”. Sairán 20 números, en galego, co seguinte lema na cabeceira: “Redención, Xusticia. Progreso. Unión. Guerra ós caciques. ¡Arriba gallegos, viv’a raza!.
  • En Buenos Aires aparece o “Boletín Oficial del Centro Gallego”, que pronto se pasaría a chamar “Galicia”.
  • Aparece tamén en Buenos Aires o semanario “ La Voz de Galicia”, fundado por Fortunato Cruces e Francisco Álvarez de Nóvoa e dirixido por Francisco Álvarez de Nóvoa. Desaparece no 1915.
  • Aparece en Santiago (4 de agosto) a publicación “ Voz del Pueblo”, dirixido por Ramón Rivera Torres.
  • Aparece o 22 de novembro “La Defensa”, subtitulado “Órgano del Partido Republicano de Santiago. Defensor de Compostela. Defensor de la clase obrera” (23-04-1914).
  • Francisco Vales Villamarín funda en Santiago a revista pedagóxica “El Normalista”.
  • Adolfo Rey Ruibal: Virutas (Buenos Aires).
  • Alfredo Fernández, “Nan de Allariz”: A golpe de hacha (poemas en castelán. Madrid).
    Sofia casanova.jpg
  • Guillermo Sarmiento Gil: Orillas del río (Vigo).
  • Javier Valcarce García: Poemas de la prosa. Más cuentos y narraciones (Madrid).
  • Joaquín Pesqueira: Y vivió su vida (Madrid).
  • José Costa Figueiras: La risa de Dios (Buenos Aires).
  • José García Acuña: De Vita et moribus. Solaces literarios (Madrid).
  • José María Alonso Trelles y Jarén El Viejo Pancho: ¡Gaucha!
  • Juan A. Alsina: Un verano en Galicia (Buenos Aires).
  • Juan Geada: Alba florida (poemas; La Habana).
  • Luciano Taxonera y Vivanco: El otro amor e La vida a distancia.
  • Luís Antón del Olmet: El hidalgo Tirso de Guimeraes con cuberta de Castelao.
  • Manuel Carlos Vidal Rodríguez: Elena de Sibarís.
  • Manuel Linares Rivas: Camino adelante e Como buitres.
  • Prudencio Canitrot: La última pirueta (Madrid).
  • Prudencio Rovira y Pita: Tierra Balear. Esbozos mallorquines (Barcelona).
  • Ramón Fernández Mato: El atrio profanado (Madrid).
  • Renato Ulloa Varela: Pluma y alma (Madrid).
  • Sofía Casanova: Exóticas (Traducida ao galego no 2008 por Iria Sobrino co título Exóticas e escritos xornalísticos para a editorial Sotelo Blanco e a Xunta de Galicia.

Acontecementos

A DON MANUEL MURGUÍA ó comprirse o ano 80º do seu natal.

No teu escudo, seu blasón, seu sello,

Tra-lo rudo loitar, pon a Vitoria¡

Xa te agarima baixo as áas a Groria,

mestre e patriano, nobre e santo vello!

Ó teu xigante esforzo e sán consello

debe a Terra gallega súa historia,

i ondequeira que d-´Ela haxa memoria

teus estúdeos serán fonte i espello.

Miña ialma, pasmada do tesouro

dunha vida cuaxada en libros de ouro

que forxa a cencia i o talento adoba,

chega astra ti, saúdate, e, incrinada,

bica as mans que na Suevia esnaquizada

puxo os cimentos da Galicia nova! (Ramón Cabanillas).

  • Basilio Álvarez chega en marzo a La Habana para recadar apoio económico para as campañas de Acción Gallega. Alí descobre o poeta Cabanillas, prologando o seu primeiro libro de poemas. Tamén coñece a Noriega Varela, quen escribe pola súa influencia os poemas civís e radicais de Do ermo (1920), prologando o seu folleto “A Virxen i a paisanaxe” (1914), colección de cantares á Virxe recollidos do pobo. Publica tamén en Cuba Abriendo el surco, recompilación dos seus máis importantes mítines agrarios. O bispo Ylundain expúlsao da parroquia de Beiro. “En esos actos de patriotismo y cultura regional, el P. Basilio Álvarez fue el clarín que despertó las almas dormitadas, y llamó a la unión y solidaridad a todos los gallegos emigrados en los paises que baña el sonriente mar Caribe, para que se alistasen en las filas de la confraternidad regional para la regeneración y reivindicación de la personalidad de nuestro pueblo…” (Constantino Horta en “Nova Galicia” 25-V).
  • Os Peinador, donos do balneario de Mondariz, encárganlle a Castelao tres grandes murais.
  • Desaparece a Biblioteca de Escritores Gallegos (1910).
    Himno galego.jpg
  • Vicente Risco matricúlase na Escola Superior de Maxisterio de Madrid, onde vivirá até 1916. Dá unha conferencia no Ateneo de Madrid sobre a obra de Rabindranath Tagore.
  • Colmeiro , con 12 anos viaxa a Buenos Aires para reunirse cos seus pais.
  • V Asemblea Agraria (Ribadavia), con discurso de Basilio Álvarez: “Se impone una repulsa absoluta contra el poder central, llegando hasta la revolución. Y si no os parece bien la última proposición, me allano a variarla de esta forma: donde dice de la necesidad de emplear la violencia, poned el motín, asonada, la suversión del orden, la revolución, en una palabra…”.
  • Interprétase por primeira vez no chan galego, o “Himno Galego” de Pascual Veiga (1907 Teatro Nacional do Centro Galego da Habana), a cargo do Orfeón da Sociedade Artística Musical acompañado da banda municipal, no Teatro Principal de Pontevedra.
  • As primeiras imaxes en movemento conservadas sobre Galicia corresponden a un noticiario que recolle a chegada á cidade de Ferrol da comitiva real para asistir á botadura dun acoirazado: “Botadura del acorazado Alfonso XIII”. Producción Ibérico Films Barcelona. 75 metros. Branco e negro.
  • O Goberno levanta a prohibición que existía para a venda do cadro “A adoración dos Reis Magos” de Hugo van der Goes , que estaba nunha das capelas do Colexio dos Escolapios de Monforte e é vendido e trasladado ao Museo do Emperador Federico de Berlín (1914). Con data de 13-11 escribe Antón Villar Ponte en “La Voz de Galicia” o artigo “Se llevan el Van-der-Goes”: “Vaya con Dios –si no se ha ido ya- el célebre cuadro, y ojalá que los que por acá quedan no sufran igual suerte, y los dineros rendidos por el Van-der-Goes tengan la aplicación debida para bien de la enseñanza pública y alivio de nuestras lamentaciones por no poder contemplar más la pintura más valiosa que teníamos en Galicia”.
  • Comeza a electrificarse o tranvía na Coruña.

Premios

Mail-client-Breeze-Icon.svgEpistolario

En carta a Manuel Sánchez Peña (30 de marzo), escribe Ramón Cabanillas: “Acción Gallega culminará con un éxito loco. (…) Este incomparable Basilio, que en un mes lleva pronunciados 15 discursos, tres conferencias y no sé cuantos espiches; que aguanta el tormento de 25 visitas cada día y otras tantas cada noche, y que ha tenido tiempo para escribir 1000 cuartillas, es un santo, un apóstol, un león rugiente, un capitán, un orador admirable, un escritor excelentísimo, un juez implacable, todo en una pieza, todo completo, todo dentro de una belleza, de una gallardía y de una diafanidad, que causa admiración ante el milagro. (…) Sólo por eso me enamora Acción Gallega. Está completamente a tono con lo que llevo dentro. Y no me asusta nada. Estoy deseando el día porque Acción Gallega acabará por ahí, no lo dudes- en que vayamos al monte con los campesinos. ¡Figúrate! Antes que el catarro, la hematosis etc, resulta hermosísimo morir de un balazo, cara al sol, en medio del agro, dejando allí la sangre fecundadora de amor a la tierra y odio a los caciques”.

Sumarios

Flag CPLP.gif Cataluña Flag of Spain Outras culturas

NobelPREMIO NOBEL DE LITERATURA: Rabindranath Tagore

Flag CPLP.gif CPLP - Comunidade dos Países de Lingua Portuguesa


Nacen






Morren:



Boavida Portugal dirixe en Lisboa a revista “Teatro”, que contou coa colaboración de Pessoa.

Inaugúrase en Lisboa a primeira exposición de José de Almada Negreiros.


Alfredo Pedro Guisado: Rimas da Noite e da Tristeza.


André Brun: A vizinha do lado (teatro) e Sumário de várias crónicas.


Aquilino Ribeiro: Jardim das tormentas (conto).


Bernardo de Passos: Bandeira da república.


Carlos Malheiro Dias: Em redor dum grande drama.


Fernando Pessoa publica en “A Águia” o artigo “As caricaturas de Almada Negreiros”; escribe o poema "Epithalamium" en inglés e "O Marinheiro".


Colabora no semanario “Teatro” de Boavida Portugal.


Fidelino de Figueiredo: História da Literatura Romántica.


João Lúcio: Na asa do sonho.


Mário Beirão: O último lusíada.


Menotti del Picchia (Brasil): Poemas do vício e da virtude.


Teixeira de Pascoaes: Elegias e O doido e a Morte (poesía).






Cataluña


Nacen:


Morren:

  • Josep Maria Arnau (Arenys de Mar; ibídem 1832).

As Normes ortogràfiques, adoptadas polo Institut d‘Estudis Catalans, acadaron status oficial. Aínda que aparecen como anónimas, nelas tivo moito que ver Pompeu Fabra.

Guerau de Liost: Somnis (poemas).


Ignasi Ribera i Rovira: Atlàntiques (Barcelona: Tip. L’ Avenç) e Contistes portuguesos (Societat Catalana d’Edicions). Funda a revista “Estudio” que desaparecerá no 1920.


Salvador Galmés: La dida (narrativa).

Flag of Spain



Nacen:





Morren:



Azorín : Clásicos y modernos (Renacimiento, Madrid). Ten un artigo dedicado a Rosalía de Castro e Los valores literarios (Renacimiento).

Emilia Pardo Bazán: La cocina española antigua e La cocina española moderna. O 11-07-1913 escribe Antón Villar Ponte en “La Voz de Galicia” o artigo “Alrededor de un trabajo irónico”: “Por eso la eximia escritora, ante el triste convencimiento de que entre nosotros no es útil hablar aún de derechos y adelantos femeninos, pretende instruir a las de su sexo en la preparación del escabeche de perdices y la bizcochada de almendra. Y hace bien. Cuando en todas partes, así en Europa como en América, la bella mitad del género humano pretende escribir su historia y la ajena, puesto que hasta ahora sólo se ha escrito la del hombre por el hombre mismo, con todos los prejuicios y prevenciones que arrancan de la masculinidad, las mujeres españolas continúan empleando su vida entera entre el fogón, la aguja y la conquista del novio”. (Antón Villar Ponte: 100 artigos. La Voz de Galicia 2003).


Francisco Villaespesa: Doña María de Padilla.


Jacinto Benavente: La malquerida.


Julio Camba: Las alas de Ícaro.


Pérez de Ayala: Troteras y danzaderas.


Pío Baroja: El aprendiz de conspirador.


Unamuno: Del sentimiento trágico de la vida.


Valle-Inclán: La marquesa Rosalinda e El embrujado.







Máis culturas:


Nacen:


Morren:.

  • Ferdinand de Saussure (Vufflens, Vaud; 1857 Xenebra).
  • Porfiri Pávlovich Infántiev (1860 nunha vila dos Urais).


Alain Fournier: Le grand Meaulnes (narrativa).

Charles Péguy: La Tapisserie de Notre-Dame.


David Herbert Lawrence: Sons and lovers. (Fillos e amantes) (narrativa).


Delmira Agustini: Los cálices vacíos (poesía).


Edith Wharton: The Custom of the Country.


Philéas Lebesgue: Les Servitudes.


Guillaume Apollinaire: Alcoholes (poesía cubista).


Marcel Proust: Du côté de chez Swan (Polo camiño de Swann) (Primeira novela do ciclo A la recherche du temps perdu). Está traducida ao galego por Xesús Ribeiro Costa para a Biblioteca Galega de Clásicos Universais.


Roger Martin du Gard: Jean Barois (narrativa).


Sigmund Freud: Totem e tabú. Revista “Azul” (Santiago de Chile; dirixida por Vicente Huidobro).


Thomas Mann: Morte en Venecia.




Tamén sucedeu...Nacen:


- O fotógrafo Robert Capa, pseudónimo de Endre Ernó Friedmann (Budapest; 1954 Vietnam).


- Don Juan de Borbón (3º fillo varón de Alfonso XII e Victoria Eugenia).


- O director de orquestra Ataúlfo Argenta (Castro Urdiales; 1958).

  • Movemento pictórico Der Blaue Reiter dirixido por Klee, Kandinsky e Schberg.
  • CINE: Filoteo Alberini: Cabiria.
  • O 18 de decembro promúlgase un Real Decreto para a constitución da “ Mancomunitat de Catalunya .
  • Maura dimite como xefe dos conservadores. Dimisión de Romanones (26 de outubro). Dato forma Goberno.
  • Segunda guerra dos Balcáns: Servia, Grecia, Rumanía e Turquía derrotan a Bulgaria.
  • Friedrich Bergius transforma carbón en petróleo.
  • Geiger inventa o contador para medir a radioactividade.
  • Niels Bohr en Dinamarca formula a súa teoría do átomo.
  • Morre a activista británica Emily Wilding Davison , loitadora en contra da opresión e da violación dos dereitos da muller, ao ser atropelada polo cabalo do rei, no Derby de Epsom .