1912

De Xulipedia
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Flag of Galicia (civil).svg Cultura galega

Nacementos/Pasamentos

Child in diaper icon Nacementos
Literatura
Celso Emilio Ferreiro Míguez (Celanova; 1979 Vigo).
Edelmira Cacheda Otero (Buenos Aires; 2011 A Coruña).
Francisco Vega Ceide (Santa Leocadia, Castro de Rei; 1936 Madrid).
Manuel Casado Nieto (Castro Caldelas; 1984 Barcelona).
Matilde González Palau (Matilde Lloria) (Almansa; 2002 Valencia). Poeta alófona. Ver 1971.
Ramón María Blanco González (Toubes, A Peroxa).
Xosé María García Rodríguez (Muros; 2006 San Juan de Puerto Rico).
Outros
O pintor Luís Torras Martínez (Vigo).
O escritor Francisco Leal Insua (Viveiro; 1997 Madrid).
O pintor e escritor Eugenio Fernández Granell (A Coruña; 2001 Madrid).
O pintor e escritor Luis Trabazo (Ourense; ibídem 1978).
¿? Nace en Monelos, A Coruña, Serafín Fernández Ferro (1957 México), amigo de García Lorca e Luís Cernuda, e de quen Alonso Montero sospeita que puido ter algo que ver na redacción do primeiro dos “Seis poemas galegos”, o “Madrigal á cibdá de Santiago”.
O guerrilleiro Abelardo Gutiérrez Alba (Cervantes; 1978).
O galeguista Luís Viñas Cortegoso (Pontevedra; 1999 Vigo), director xunto con Xosé Mª Álvarez Blázquez de Edicións Monterrey.
O lingüista Hans Schneider (Hamburgo; ibídem 1990). Tivo relación con membros do Seminario de Estudos Galegos e chegou a publicar traballos na prensa galeguista.
Skull.png
Pasamentos
Literatura
Francisco Lourido Sánchez (Arecibo, Puerto Rico; 1862 Vilasindre, Cangas de Foz).
Manuel Leiras Pulpeiro (Mondoñedo; ibídem 1854). Soterrado no cemiterio civil de Mondoñedo. Algúns periódicos conservadores como “La Voz de la Verdad” e “Norte de Galicia” ambos os dous de Lugo, non deron a noticia.“No quiso recibir los Sacramentos cuando se puso a morir, y fue enterrado en el cementerio civil de Mondoñedo, el día 9 de noviembre de 1912. Miles de personas de toda la comarca mindoniense, y de las vecinas, se reunieron en Mondoñedo para el entierro. Dos médicos y dos boticarios, uno de ellos mi señor padre, llevaron las cintas del féretro. En la noche siguiente al entierro, fieles de Leiras acudieron al cementerio civil por secretos caminos, violentaron la puerta, y echaron sobre la tumba del médico y poeta sacos y sacos de tierra traída de los camposantos aldeanos... Tierra bendita para la sepultura del curador y cantor. Así, el cementerio civil, o camposanto dos extraños, dejaba de serlo para Leiras Pulpeiro”(Álvaro Cunqueiro 18/06/1974. Artigo en “El Noticiero Universal” de Barcelona).
Martín Díaz Spuch (1865 Tui).
María de los Ángeles Vázquez (Buenos Aires; 1878 Mondoñedo).
Outros
O filántropo Jesús García Naveira (Argentina; 1853 Betanzos).
En París, o xornalista José Lombardero Franco, que fora director de “El Noroeste” e “La Voz de Galicia” (1864 A Coruña).
O xornalista Juan Fernández Latorre (Madrid; 1848 A Coruña).
O poeta e autor teatral Ramón Godoy y Sala (Madrid; 1867 A Coruña).
O gaiteiro Xan Miguel González “O Ventosela” (Ventosela; ibídem 1847).
O político galego José Canalejas Méndez, nun atentado en Madrid o 12 de novembro (1854 Ferrol).
O avogado e escritor Antonio García Vázquez-Queipo (Santiago de Compostela; ¿? Vilela, A Rúa).
 

Publicacións

Galegas

  • Rematan de imprentarse en Madrid as Obras completas de Curros .
    Francisco Porto Rey 1919






Relativas a Galicia

  • O escritor belga Prosper-Henri Devos escribe para o xornal “L´Etoile Belge” unha serie de crónicas baixo o título de: “Cartas de Galicia”, publicadas no 1968 por Galaxia.
  • Sobre a temática educativa nas relacións da emigración con Galicia, escribe Constantino Horta no nº 38 da revista cubana “Vida Gallega”: “Estos planteles de educación e instrucción han sido fundados con el bendito óbolo de la emigración galiciana, que constituyen los arrojados del suelo de la región por los políticos sin entrañas, las víctimas del centralismo, los sedientos de justicia, los tristes y melancólicos, los hambrientos de cultura, los atacados de la morriña, los estrujados por los caciques y ricoshombres, los deshauciados por los prestamistas y usureros, y los que deseen ver la Patria Gallega, libre, redimida y gobernada por sus laboriosos y honrados hijos, sin la explotación del absorvente centralismo castellano”.
  • Azorín escribe en Líricos castellanos: “Rosalía de Castro es el más grande lírico de la mitad de nuestro siglo XIX; por lo menos la sensibilidad más exquisita y delicada”.
  • Comeza no mes de outubro a terceira época da revista “ Acción Gallega”, con Eugenio López Aydillo como xefe de redacción, e que desaparecerá no 1913.
  • Aparece en La Habana, no mes de agosto, a revista mensual bilingüe “Pro-Galicia”, “editada por la Federación Galaica, organismo integrado por las sociedades constituídas en la Isla de Cuba para el fomento de la instrucción en Galicia”. Neira Vilas (A prensa galega de Cuba) afirma que só puido consultar catro números.
  • Tamén en Cuba aparece a revista “ La Patria Gallega”, subtitulada “Revista semanal ilustrada. Órgano de los intereses gallegos en la isla”, dirixida por José Bargueiras. Segundo Neira Vilas chegou polo menos ao número 72.
  • Comeza a editarse en Monforte o 7 de abril o semanario bilingüe “A Voz do País”, dirixido por Victoriano Rodríguez Gómez.
  • Justo Fernández Herva dirixe en Vigo o diario “ Heraldo de Vigo”, que sae o 1 de xullo (marzo de 1914).
  • En Mondoñedo edítase “ El Cruzado”, subtitulado “Semanario tradicionalista” (1914).
  • Aparece o 17 de febreiro “ Heraldo de Vivero”, co subtítulo de “Periódico defensor de los intereses del distrito”. Está dirixido por Esteban Fernández. Pasará por varias épocas, rematando a primeira o 4/ 09/1937, ao seren mobilizados os xornalistas na Guerra Civil.
  • En Betanzos sae “Nueva era”, “Órgano de la opinión brigantina y defensor de los intereses comarcanos. Literatura, ciencias y amenidades”, dirixido por Juan Ponte Blanco.
  • Alfonso Hervella Courel: El libro de los portentos (Ourense).
  • Alfredo García Ramos: Arqueología jurídico-consuetudinaria económica de la región gallega (Madrid).
  • Fernando Pérez Barreiro: Pavesas de la hoguera (Mondoñedo).
  • Francisco Tettamancy Gastón: Los mártires de Carral.
  • Heraclio Pérez Placer: Diálogos femeniles (Santiago).
  • Joaquín de Arévalo Rodríguez: El hombre-Galicia. Poesía, Música, Pintura, Cantos, Declamación, Arte de Nuestra Tierra.
  • Laureano Oucinde Fernández: Cristóbal Colón. Su origen y su patria (Buenos Aires).
  • Leopoldo Pedreira Taibo: Desde la terraza (ensayos poéticos) (aparece un poema en galego).
  • Luciano Taxonera y Vivanco: Charla, críticas al día.
  • Luís Antón del Olmet: Nuestro abrazo a Portugal.
  • Luis Tobío Campos: Ecos y esbozos (poemas. Bilingüe).
  • Manuel Barbeito Herrera: Libro de poesías (O Ferrol).
  • Manuel García Blanco (M.G.B.): Consideraciones sobre la decadencia y rehabilitación de la lengua gallega (Lugo. Imprenta de El Norte de Galicia). No nº 12 de "A Nosa Terra" de marzo de 1917 anúnciase a tradución parcial en "Consideración sobre a fala galega": [...] "Trata d'un modo maxistral do estado de deixadés á que ten chegado o noso idioma moderno e do xeito pra chegarnos ao seu rexurdimento. Con algunhas apreciaciós do autor non estamos conformes, mais ê merecente dos nosos laudes a ansia querendosa que quer espertar nas almas dos bos galegos pra que afinquemos na fronte esgrevia da nosa nobre fala a persoalidade de Galicia". Continuará coa tradución no nº 17 do 30 de abril.
  • Manuel Martínez Sueiro: La cuestión agraria en Galicia. Redención de foros y subforos. Una solución equitativa (Ourense) e Fueros municipales en Orense.
  • Ramón Goy de Silva: El coloquio de los astros (Madrid).
  • Vicente Casanova: De la juventud (Madrid).

Acontecementos

  • Castelao expón no Salón Iturrioz de Madrid. Incorpórase á Liga Agraria de Acción Gallega. Casa con Virginia Pereira. Establece un consultorio médico en Rianxo ata o ano 1915.
  • Heliodoro Fernández Gastañaduy : estréase o seu monólogo Un vello paroleiro.
  • Manuel Lugrís Freire : O día 15 de setembro tomou a alternativa na praza da Coruña o toureiro galego Alfonso Cela, coñecido como Celita. Con este motivo, Lugrís Freire compuxo un poema crítico coas corridas e co toureiro de Láncara. Estaba en castelán porque era para publicar nunha revista de Madrid. Non chegou a publicarse daquela pero foi conservado oralmente polo seu fillo Secundino, que residía en Madrid e o aprendeu de memoria. Comezaba con esta estrofa:

En la plaza aparece: es el torero

con su traje de luces recamado,

ceñido el pantalón por el trasero

y el occipucio con la trenza orlado.

E remataba así:

No, no puede ser gallego aquel torero

de chulescos y andróginos andares.

Es un engendro bárbaro y grosero

que vino a mancillar los patrios lares. (La Voz de Galicia 11 de maio de 2006).

Banquete dado por la redacción de El Debate a su exdirector Basilio Álvarez, 1912
  • Basilio Álvarez, cura e dirixente agrario, publica con outros, o manifesto da “Liga de Acción Gallega” (contra os caciques, os foros e certos trabucos). Tamén publica en Madrid El libro del periodista. Abandona a dirección e redacción de “El Debate” e acepta o traslado á difícil fregresía de Beiro, en Ourense, despois do asasinato do último párroco da mesma. Este mesmo ano visita La Habana, onde coñece entre outros a Blanco Torres, a quen lle causa unha forte impresión.
  • Castelao e Vicente Risco coñécense persoalmente en Ourense, no mes de febreiro, con motivo da actuación do grupo folclórico “Aires da terra”, que dirixe Perfecto Feijoo, e do que era membro o artista rianxeiro.
  • O 16 de setembro, os restos de Pascual Veiga, trasladados dende Madrid a Mondoñedo, onde se construíu un mausoleo costeado polos galegos da diáspora arxentina e cubana.
  • IV Asemblea Agraria Galega (Ribadavia).
  • O cura Ramón María Aller funda en Lalín o primeiro observatorio astronómico do país.
  • Ramón Villar Ponte comeza os estudos de Filosofía e Letras en Madrid que rematará no 1916.
  • Como mantedor nos Xogos Florais de Pontevedra (20 de agosto), Unamuno establece unha oposición entre a poesía galega de Rosalía e En las orillas del Sar, identificando galego con lingua rural, sentimentos do pobo e popularización e castelán como lingua universal, sentimentos íntimos e inmortalización.

Houbo reaccións na prensa da época coma a de J. de Alcántara: “Unamuno se atrevió a decir que la lengua gallega no es espontánea. Y esto, en un hombre que se llama filólogo, es una aberración. Lo menos que podemos hacer es llamarle ignorante”.(Alexandre Rodríguez Guerra: Miguel de Unamuno e a lingua galega; tresCtres, 2002, páx.158).

No "Progreso" de Pontevedra (21 de agosto) aparece o artigo "Los juegos florales. Discurso del Sr. Unamuno" : "En nada han contribuido estas fiestas a aliviar la oquedad espiritual de la poesía de la España de la restauración". Fala de Rosalía de Castro: "En aquellas rimas había pasión, y prefiero yo estas su rimas castellanas a las gallegas; es decir, son aquellas tan gallegas como estas. En sus poesías, el lenguaje regional refleja más, acaso, lo que le rodea, los sentimientos del pueblo en que vive; pero lo íntimo suyo, de su alma de mujer culta, en lucha, sin duda, con el ambiente, aparece mejor en sus composiciones castellanas. Son estas más líricas, más personales, más universales, en fin. Creéis que con estos juegos puede contribuirse poco o mucho y en algún modo al renacimiento de la literatura regional? Hacéis bien, entonces, en celebrarlos. Mas yo creo que vosotros, los gallegos, conseguís más saliendo fuera a triunfar, subiendo a la meseta, a secaros los huesos".

Premios

Amador Montenegro Saavedra, premiado nun concurso en Santiago por “Trabajo folklórico” e noutro de Pontevedra por “Colección de cantares gallegos recogidos de la tradición oral”.

Mail-client-Breeze-Icon.svgEpistolario


En carta a Manuel Sánchez Peña (20 de marzo) desde Rodrigo, en Cuba, escribe Ramón Cabanillas: “Pepe Fontenla, el alma más gallega de Cuba, íntimo del pobre Curros y que está enamorado de mi musa (¡enamorarse es!) está empeñado en que yo escriba un libro de versos gallegos; si tuviese tiempo y humor para hacerlo, tanto me anima que lo conseguirá”.


Ramón Cabanillas regresa a Cambados, embarcando en xullo con idea de pasar uns meses. En carta a Manolo Sánchez Peña do 15 de abril di: “...Sin embargo, cualquier día me oirás llamar a la puerta de tu casa. Se que al mes de estar ahí estaré aburrido, comprendo que nada tengo que hacer en Cambados y que jamás tendré ahí domicilio fijo, pero siento unos deseos invencibles de ver mis campos y mis casas y mi mar, porque me parece que todo eso es mío, que forma parte de mi ser y que nadie lo siente tan intensamente como yo y que nadie lo ama como lo amo yo”. En novembro volta de novo a Cuba.



En carta datada en Pontevedra o 7 de agosto de 1912, Said Armesto escribe a Unamuno: “Celebro que esté Vd. leyendo estos días En las orillas del Sar de Rosalía, libro, a mi ver, admirable, que en Galicia apenas se conoce (así, como suena) y que solo mereció censuras de la prensa de Madrid…”. (Victoria Álvarez Ruiz de Ojeda: “Víctor Said Armesto e Rosalía de Castro” (“Grial” nº 223).

Sumarios

Flag CPLP.gif Cataluña Flag of Spain Outras culturas

Nobel


PREMIO NOBEL DE LITERATURA: Gerhart Hauptmann

Flag CPLP.gif CPLP - Comunidade dos Países de Lingua Portuguesa


Nacen

  • Faure da Rosa (Nova Goa; 1985 Lisboa).
  • Guilherme de Castilho (Vila Nova de Foz Côa; 1987).
  • Jorge Amado (Bahía; 2001).
  • Luís Veiga Leitão (Moimenta da Beira; 1987 Niterói, Brasil). Na História da Literatura Portuguesa de Óscar Lopes e António José Saraiva aparece como nado no 1915.
  • Nelson Rodrigues (Recife; 1980 Rio de Janeiro).





Morren:

  • Bulhão Pato (Monte da Caparica; 1829 Bilbao).
  • Suicídase dun tiro de revólver Manuel Laranjeira (Espinho; 1877 São Martinho de Mozelos). No soneto do seu libro Comigo “Vendo a morte”, os tercetos din así:


“A morte! Sempre a morte! Em tudo a vejo

tudo ma lembra! E invade-me o desejo

de viver toda a vida que perdi…

E não me assusta a morte! Só me assusta

ter tido tanta fé na vida injusta

… e não saber sequer p’ra que a vivi!”


O 25 de febreiro escribe Unamuno a Teixeira de Pascoaes: “Me ha dolido, pero sin sorprenderme, el fin de nuestro trágico amigo Manuel Laranjeira. Presentía que habría de entrar en el gran misterio por la puerta misma por la que entraron en él Antero y Camilo, sus dos mayores devociones. Sólo que últimamente creí que la cruel enfermedad que minaba su vida no le daría tiempo a esa su última y suprema protesta. Porque su muerte ha sido una protesta, y una protesta de patriota. Y no de patriota portugués precisamente –aunque lo era- sino de patriota de la gran patria, del universo, de patriota cósmico. Creyó que nuestra gran patria, este trágico universo, no tiene sentido ni destino alguno y protestó de la tragedia de la existencia sumergiéndose en la paz eterna (…) Él, mi pobre amigo, ha protestado con su muerte contra el enigma de la existencia humana; yo seguiré con mi vida protestando contra él. (…) Y fue él, Manuel Laranjeira, quien más me ayudó a penetrar en la visión del Portugal trágico, del Portugal de Camilo, de Antero, de Oliveira Martins, de Nobre, de Soares dos Reis”.(En Sobre el iberismo y otros escritos de literatura portuguesa de César Antonio Molina (páx. 113 Edit. Akal 1990).


Nun artigo titulado “Manuel Laranjeira” publicado en “La Nación” (Buenos Aires 8 de abril) escribe Unamuno: “(…) Trabamos correspondencia epistolar discutiendo en ella nuestro distinto modo de protestar contra el destino. Y predije muchas veces cuál había de ser su muerte (…) Mi deber, mi deber ahora, frente al reciente cadáver de este mi desgraciado amigo que se quitó la vida (…) es agarrarme más y más a la vida para protestar contra todo lo que ha hecho que el pobre Laranjeira se haya matado; para protestar contra la mentira y la injusticia; para protestar contra el vacío espiritual; contra la falta de ansia de fe, contra el huero progresismo, contra la ramplonería. En otro ambiente Laranjeira se habría conservado para luchar. La desilusión puede ser una fuerza de vida”.(En Escritos de Unamuno sobre Portugal (Fundação Calouste Gulbenkian. París 1985).



Afonso Duarte: Cancioneiro das pedras.

António Correia de Oliveira: Romarias.


Augusto de Castro: As nossas amantes.


Carlos Malheiro Dias: Zona de tufões.


Eça de Queirós (1845-1900): Últimas páginas.


Fernando Pessoa: en abril publica o primeiro artigo en “A Águia”, órgano da Renascenca Portuguesa: “A Nova Poesia Portuguesa Sociologicamente Considerada” que será causante directo dunha polémica que se reflite sobre todo no diario “A República”. En maio publica un segundo artigo “Reincidindo” e en novembro en tres números seguidos de “A Águia” o ensaio “A Nova Poesia Portuguesa no seu Aspecto Psicológico”. Nace a idea do heterónimo Ricardo Reis.


Fialho de Almeida (1857-1911): Saibam quantos....


Fidelino de Figueiredo: A crítica literária como ciência.


João de Barros: Anteu.


João Grave: Gente Pobre.


José de Almada Negreiros: O Moinho (teatro).


Júlio Dantas: O reposteiro verde (teatro).


Leonardo Coimbra: O criacionismo (esboço dum sistema filosófico).


Manuel Laranjeira: Comigo (poesía).


Mário de Sá-Carneiro marcha en outubro par a París iniciando a correspondencia con Pessoa. Publica Princípio (conto).


Raul Brandão: El-Rei Junot (Historiografia).


Sampaio Bruno: O Porto Culto.


Teixeira de Pascoaes: Regresso ao Paraíso (poesía) e O Espírito Lusitano ou o Saudosismo (ensaio).




Cataluña


Nacen:

Morren:



Apel-les Mestres: Justícia! (teatro) e L´estiuet de Sant Martí (teatro).

Jeroni Zanné: Novel.les i poemes e Elegies austrais.


Josep Carner: Les monjoies. (poemas).


Josep Maria López-Picó: Amor, senyor.


Josep Pous i Pagès: La vida i la mort d‘en Jordi Fraginals (novela) e Senyora àvia vol marit(teatro).


Juli Vallmitjana: En Tarregada (teatro); La gitana verge (teatro) e Els jambus (teatro).


Llorenç Riber: Sol ixent.




Flag of Spain

Nacen:




Morren:

  • Marcelino Menéndez Pelayo (Madrid; 1856 Santander).




Huidobro e Jorge Hubner crean a revista “Musa Joven”.


Antonio Machado: Campos de Castilla.

Azorín: Líricos castellanos; Castilla e Lecturas españolas.


Los Quintero: Puebla de mujeres e Malvaloca.


Manuel Machado: Cante jondo.


Ramón Pérez de Ayala: La pata de la raposa.


Unamuno: Del sentimiento trágico de la vida.


Valle- Inclán: Voces de gesta e La lámpara maravillosa (publicada por entregas en El Imparcial).




Máis culturas:


Nacen:



Morren:.

  • August Strinberg (1849 Estocolmo).
  • Giovanni Pascoli (Castelvecchio di Barga; 1855 San Mauro di Romagna).


Amado Nervo: Serenidad e Mis filosofías.

Julio Vicuña Cifuentes: Romances populares y vulgares recogidos de la tradición oral chilena.


Leopoldo Lugones: El libro fiel.




Ezra Pound: Ripostes (poesía).

A morte en Venecia


Gottfried Benn: Morgue (poesía).


Maiakovski asina o manifesto futurista Soufflet au goût du public.Unha labazada ao gusto burgués.


Maurice Barrès: Greco ou le secret de Tolède.


Paul Claudel: L’annonce faite à Marie (teatro).


Thomas Mann: A morte en Venecia.


William Sidney Porter “O. Henry” (1862-1910): Rolling Stones.




Tamén sucedeu...

  • Nace o pintor René Portocarrero (La Habana; 1985).
  • Primeira colaxe de Picasso: "Nature morte à la chaise cannée".
  • Pablo Gargallo: “Cabeza retrato de Picasso”.
  • Servizo militar obrigatorio.
  • Asasinato de Canalejas, presidente do goberno español. Ocupa o seu cargo de forma interina Manuel García Prieto que deixará o cargo a Álvaro de Figueroa Torres-Mendieta, Conde de Romanones (15 de novembro).
  • Protectorado franco-español de Marrocos. Concédeselle a España a parte norte do país.
  • Os norteamericanos ocupan por primeira vez Nicaragua.
  • Primeira guerra balcánica (Bulgaria, Servia, Grecia e Montenegro vencen a Turquía. Logo Bulgaria é derrotada polos seus antigos aliados coa axuda de Turquía e Romanía).
  • O Titánic, o trasatlántico máis grande do mundo vaise a pique o 15 de abril con máis de 1.500 persoas.