1897

De Xulipedia
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Flag of Galicia (civil).svg Cultura galega

Nacementos/Pasamentos

Child in diaper icon Nacementos
Literatura
Avelino Díaz (Santa Comba de Órrea, Riotorto; 1971 Buenos Aires): “Home de fina sensibilidade, moi axiña sentiu o chamado da Patria cos seus anguriosos problemas, actuando intensamente na Federación de Sociedades Galegas e no seu órgano oficial “Galicia” do cal foi director”. (“A Nosa Terra” nº 516).
Eduardo Blanco Amor (Ourense; 1979 Vigo).
Eduardo Blanco Amor
Xosé Núñez Búa (Pontevedra; 1981 La Plata, Argentina). Algunhas fontes dan como data de nacemento 1903.
Outros
O escritor Francisco Vázquez Saco (Sarria; 1962 Lugo).
O pintor e ilustrador Carlos Maside García (San Xulián de Requeixo; 1958 Santiago).
O pintor Francisco Miguel Fernández (A Coruña; asasinado no 1936 en Campo de Morgade, Queo de Arriba, Bertoa, Carballo).
O pintor Carmelo Francisco González Rodríguez (Ferrol; ibídem 1954).
O pintor José Cela Míguez (Os Baos, Láncara; 1952 Buenos Aires).
O músico Jesús González de Velasco Fernández (A Coruña; 1977).
O director cinematográfico Juan Orol García (Ferrol; 1988 Ciudad de México).
O artesán José González Paz (Ourense; 1986).
O empresario Xesús Canabal Fuentes (O Pino; 1985 Montevideo). Vencellado ao galeguismo, presidiu a Casa de Galicia de Montevideo e o Patronato da Cultura Galega.
Skull.png
Pasamentos



Literatura
César Augusto Cisneros Luces (Buenos Aires; 1849 Muros).
Francisco María de la Iglesia González (A Coruña; 1827 Santiago).
Modesto Fernández González “Camilo de Cela” (Madrid; 1838 Ourense).
Outros
O músico e compositor Manuel Chaves Rodríguez (Pontevedra; 1839 Santiago).
O filántropo Eusebio da Guarda González (A Coruña; ibídem 1825).
O editor Manuel Soto Freire (Goián, Pantón; 1826 Lugo).
O editor Juan Compañel Rivas (Cuba; 1829 Santiago).

Publicacións

Galegas

  • Florencio Vaamonde Lores : traduce ao galego as Odas de Anacreonte e o libro VI da Eneida. Co pseudónimo de Jan de Ouces: Resume da Geografía de Galicia.
  • Francisco García Cuevas e Ricardo Caruncho : Maruxiña (Madrid. Comedia bilingüe en tres actos).
  • José López Pardo “Ramiro Gayoso”: Salaios.
  • Lamas Carvajal : Mostacilla. Versos humorísticos. (Os dous primeiros tomos. O terceiro en 1898).
  • Xesús San Luis Romero : O xastre aproveitado (comedia nun acto) e ¿Para que me namorei? (monólogo).
  • O escritor catalán Joseph Aladern (pseudónimo de Cosme Vidal i Rosich ) fai para "Lo Somanent" de Reus a tradución ao catalán do poema de Rosalía “Adeu rius, adeu fontetes” nun artigo que aparecerá tamén no nº 121 da “ Revista gallega”.

Relativas a Galicia

  • A “Revista Gallega” (7 de febreiro) expresaba: “Cuba va a tener su autonomía... ténganlo presente nuestros gobernantes y den ellos a la nación, a las regiones, lo que a otros ofrecen”.
  • Aparece na Coruña o 24 de xaneiro a publicación “La Ducha”, dirixida por Juan Cadaveiro, e na que colaboraba dende Ourense Juan de la Coba Gómez.
  • Sae en Pontevedra o 1 de maio “Galicia Moderna”, revista quincenal ilustrada, que desaparecerá no 1898. Gerardo Álvarez Limeses era o administrador, e estaba dirixida por Enrique Labarta Pose.
  • Sabas Catá funda o periódico de tendencia liberal “ El Eco de Marín ”, sendo tamén o seu director (Desaparece o 29 de marzo de 1914).
  • Ve a luz tamén en Marín “ La Voz de Morrazo ”, dirixido por José Barral Campos.
  • Aparece tamén en Marín o diario católico “El Áncora”, sendo o seu director Ambrosio Borobio Díaz, párroco de San Bartolomé. Nun escrito ao Cardeal Arcevispo de Santiago expoñen os motivos para a súa creación: "la impiedad está causando graves daños en la sociedad donde el mal intelectual va cundiendo con una rapidez espantosa. La prensa sectaria e impía es el medio por el que los sectarios del error se valen para pervertir y corromper las inteligencias... Hay periódicos que hacen cínico alarde de libres pensadores y anticlericalismo, calumniando al clero, falseando la historia y fomentando las más bajas pasiones..." [...] "no basta con oponerse desde la Iglesia o las reuniones públicas a quienes usan la impiedad, es preciso además oponer escritos a escritos. Hay que contrarrestar la influencia perniciosa del diario impío con el saludable influjo de un diario católico, propagador celoso de la sana doctrina instruyendo al ignorante, rebatiendo al blasfemo y defendiendo a la verdad ultrajada. Y si los buenos católicos no emplean todas sus fuerzas en perseguir al enemigo común, tarde o temprano tendremos el ateísmo triunfante y a la Iglesia coartada en el ejercicio de sus deberes sagrados..."
  • Francisco Xosé Ramil e Antonio de P. Cea (director) fundan en La Habana a revista bilingüe “Follas Novas”, subtitulada “Semanario científico, literario y defensor de la colonia gallega” . Segundo Neira Vilas "Vese nestas páxinas unha preocupación constante pola identidade de Galicia. Publícanse 120 traballos biográficos, os máis deles referidos a figuras galegas. No orde literario destaca a inserción de 18 narracións e 330 poesías na nosa lingua". Desaparece o 6 de setembro de 1908).
  • Sae en Caldas de Reis o dominical “Fray Prudencio” (1906).
  • Enrique Labarta Posse funda e dirixe a revista “Galicia Moderna” (Pontevedra; 1898).
  • En Vilagarcía, e baixo a dirección de Lisardo Rodríguez Barreiro, aparece a publicación bilingüe semanal “Mi Tierra”.
  • Benito Fernández Alonso: El Pontificado gallego. Crónica de los obispos de Orense.
  • Celso García de la Riega: La Gallega (sobre a nave capitana de Colón), no que se rexistran ataques a Murguía.
  • Emilio Fernández Vaamonde: Las mujeres.
  • Francisco Suárez García: Grandal. No 2007 fai unha edición a editorial Embora.
  • José Santaló Rodríguez: Veleta (Santiago).
  • Juan de la Coba: La fidelidad.
  • Manuel Amor Meilán: El corazón y la ley.
  • Salvador Golpe Varela: Patria y región.
  • Sarah Escarpizo Lorenzana Souto: Lirios, poesías originales.
  • Sofía Casanova: Fugaces (A Coruña).
  • Tomás de Argüelles: Leyendas y tradiciones de Galicia (Tui).
  • Víctor Said Armesto: Análisis y ensaios.
  • Xesús Rodríguez López: Estudio psicológico de la mujer lucense (Lugo).
  • Waldo Álvarez Insua: El problema cubano (Imprenta del Asilo de Huérfanos. Madrid).

Acontecementos

  • Motín agrario en Valdeorras.
  • Fílmase na Coruña o 20 de xuño a película: “O enterro de José Sánchez Bregua”, de José Sellier . Sánchez Bregua era natural de Oleiros e fora Capitán Xeral de Galicia. Foi a primeira rodaxe en España dun filme Lumière non rodado pola empresa Lumière. A cinta duraba un minuto e estaba gravada a 16 imaxes por segundo en plano único e frontal. O filme exhibiuse o 17 de outubro. Non se conserva.
  • O 25 de xuño os portugueses Cesar Marques e Alexandre Pais de Azevedo, asociados á casa Lumière en Portugal viaxan a Ferrol para proxectaren “Bañistas en Lisboa”. Porén xa estiveran aquí anteriormente para rodar “Botadura al agua del acorazado Cardenal Cisneros”, que tivo lugar en Ferrol o 19 de marzo deste ano, sendo a primeira película rodada en Galicia por operadores estranxeiros.
  • Constitúese a “ Liga Gallega na Cruña”, destinada “á defensa dos intereses materiais, morais, políticos, económicos e sociais de Galicia”; con sede na Librería Regional de Carré Aldao , no mesmo número que “ A Cova Céltica”.
    Cartom postal da Liga Gallega na Cruña (1)

Premios

Mail-client-Breeze-Icon.svgEpistolario=

Sumarios

Flag CPLP.gif Cataluña Flag of Spain Outras culturas

Flag CPLP.gif CPLP - Comunidade dos Países de Lingua Portuguesa

Nacen




Morren:



Afonso Lopes Vieira: Para quê? (poesía).

António Correia de Oliveira: Ladainha.


Eça de Queiroz: A Ilustre Casa de Ramires (na “Revista Moderna”).


José Leite de Vasconcelos: Religiões da Lusitânia (Tres volumes, 1897,1905, 1913).


Wenceslau de Moraes: Dai-Nippon.






Cataluña


Nacen:



Morren:

  • Carles Bosch de la Trinxeria (La Jonquera; 1831 Prats de Molló).
  • Josep Feliu i Codina (Madrid; 1845 Barcelona).
  • Marià Aguiló (Barcelona; 1825 Palma de Mallorca).


Adrià Gual: Silenci (teatro).

Angel Guimerà: Terra Baixa.


Ignasi Iglésias: Fructidor (teatro).


Narcís Oller: Figura i paisatge (narrativa curta).


Santiago Rusiñol: Oracions (prosa).

Flag of Spain


Nacen:





Morren:



Ángel Ganivet: Idearium español e La conquista del reino de Maya.

Azorín: Charivari.


Pardo Bazán: El tesoro de Gastón.


Pérez Galdós: Misericordia e El abuelo.


Unamuno: Paz en la guerra.






Máis culturas:


Nacen:




Morren:.

  • Alphonse Daudet (1840 Nîmes).


Leopoldo Lugones: Las montañas de oro.



André Gide: Les nourritures terrestres.


Arthur Schnitzler: A ronda (teatro).


August Strinberg: Crimes e crimes (teatro).


Charles Péguy: De la cité socialiste.


Edmond Rostand: Cyrano de Bergerac.


Herbert G. Wells: The invisible man.


Octave Mirbeau: Les mauvais bergers (teatro. Traducida ao galego no 2010 por María Obdulia Luis Gamallo para a UDC).


Stefan George: O ano da alma (poesía).




Tamén sucedeu...

  • Nace o psicoanalista e sexólogo Wilhelm Reich (Dobrzcynica, Galitzia austríaca; 1957 penitenciaría de Lewisburg, Pennsylvania).
  • Picasso en Madrid (curso 1897-98).
  • Ramón Casas pinta: “Ramón Casas y Pere Romeu en un tándem”.
  • Georges Méliès constrúe un estudo cinematográfico en Montreuil, preto de París.
  • Rudolf Diesel inventa o motor que leva o seu nome.
  • Atópase en Alcudia “ A dama de Elx”.
  • O físico británico Joseph John Thompson anuncia o descobremento do electrón, partícula elemental do átomo.
  • O 14 de maio, o italiano Marconi leva a cabo a primeira transmisión por radio da historia.
  • División no Partido Conservador debido á situación cubana.
  • Asemblea extraordinaria da “ Unió Catalanista”.
  • Fúndase o partido de Fusión Republicana.
  • O Goberno presidido por Cánovas del Castillo promulga un decreto concedendo a autonomía a Cuba e Puerto Rico.
  • O 8 de agosto é asasinado Cánovas, presidente do goberno español.
  • Marcelo Azcárraga nomeado Presidente do Goberno.
  • Sagasta forma Goberno (8 de outubro).
  • O Comité Nacional do PSOE inicia unha campaña contra a guerra de Cuba, baixo o lema “O todos o ninguno”.
  • Enfrontamento anglo-francés polo control de Nixeria.
  • Guerra greco-turca. Creta foi declarada autónoma.