1896

De Xulipedia
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Flag of Galicia (civil).svg Cultura galega

Nacementos/Pasamentos

Child in diaper icon Nacementos
Literatura
Fernando Pérez Barreiro (Viveiro; 1968 Ferrol).
José María Crecente Vega (Santa María de Outeiro, Lugo; 1948 Segovia).
Vicente Llópiz Méndez-Esperante (Buenos Aires; 1965 Barcelona).
Xosé Cereijo Muiños (San Xoán de Poio; 1936 Madrid).
Xosé Ramón Fernández Oxea “Ben Cho Shey” “Xan Fouciño” (Ourense; 1988 Madrid).
Outros
O pintor Virxilio Blanco Garrido (Forcarei; 1948).
O artista Indalecio Díaz Baliño (Ferrol; 1952 A Coruña).
O músico Manuel Fernández Amor (Ribadeo; 1978 A Coruña).
O pintor Julio Prieto Nespereira (Ourense; 1992).
O debuxante Ignacio Vidales Tomé (Ponteareas; ibídem 1963).
O escultor Antón Crestar Faraldo (Telle, Miño; 1983 Montevideo).
Salvador Mosteiro Pena (Betanzos; 1982 A Coruña).
O pintor e debuxante Luis Huici (Barballor, Zaragoza; 1936 asasinado en Pastoriza, Arteixo, A Coruña).
Skull.png
Pasamentos
Literatura
Antonio Fernández y Morales (Cacabelos; 1817Astorga). Ver 1861.
Outros
A poeta Narcisa Pérez Reoyo y Soto de Boado (A Coruña; 1849 Santiago).

Publicacións

Galegas

  • Hipólita Muíño “Valentina Lago Valladares”: A lus da morte (en “Revista Gallega nº 66; A Coruña).
  • Uxío Carré Aldao : Brétemas (prosa e verso; A Coruña). Traduce ao galego o poema de Heine “Os teceláns de Silesia”.

Relativas a Galicia

  • Alfredo Brañas: La voz de la sangre y la voz de la patria (teatro).
  • En “ La Tierra Gallega ” escribe Curros: “Por qué nos odiáis? ¿Por qué maldecís nuestra patria, que es la vuestra? ¡Pedís la libertad de Cuba! Y acaso ante la Constitución del Estado, ¿no es libre, tan libre, dentro del derecho común, como las demás regiones de España? Dejad las armas y discutamos. Nunca habeis discutido la separación de Cuba en la prensa, en las Academias ni en los Ateneos ¿y la quereis discutir en la trinchera?”. (16 de febreiro).

“Por el crimen de oponernos en nombre de la caridad evangélica, en nombre de la humanidad, en nombre de la libertad, en nombre de la ciencia, en nombre de la equidad, en nombre de la honra de España, y, particularmente en nombre de la Historia, de la cultura y de los sentimiento de Galicia que, si pudo ser perseguida, no puede ni quiere ser jamás perseguidora, a la villana e infame pretensión de arroja de esta tierra, a donde vinieron esclavos, y cuyas entrañas fecundan con su sudor y por cuya integridad dentro de la gran patria íbera han peleado y pelean, el infinito número de españoles negros, tan españoles como el que más, porque españoles son mientras no se coloquen fuera de la ley cuantos según la Constitución del Estado hayan nacido y nazcan en nuestros dominios”. (nº 141 do 27 de setembro).

“Confundís lastimosamente el derecho con el hecho, la ley con los encargados de aplicarla y a España con los que gobiernan. España no puede ser responsable de lo que haga Cánovas o de lo que deje de hacer Sagasta. Si los partidos desconocen vuestros derechos, derrocadlos que hasta para eso sois libres y estáis facultados por la Constitución y las leyes; pero respetad y amad a España” (nº 109 do 16 de febreiro).

  • O 9 de novembro publícase en La Habana o derradeiro número de “ La Tierra Gallega ”, o 147 e no seu editorial Curros explica: “teniendo en cuenta que…cuando un periódico haya sufrido dos correcciones y dé lugar a la imposición de una tercera podrá ser suprimido, hemos resuelto suspender la publicación… reservándonos reanudarla tan pronto cesen las circustancias excepcionales…”. Un artigo seu “Resposabilidad ministerial”, no que censuraba o Ministro de Mariña por elixir os estaleiros de Cádiz en lugar dos de Ferrol, provocara unha multa do gobernador de La Habana. Curros respostou cun editorial irónico que acarreou unha nova multa de 50 dólares.
  • Francisco Álvarez de Nóvoa funda “La bruja”, semanario humorístico e literario.
  • O 2 de marzo sae “ El Eco de Santiago ”, fundado por Ventura Villar; dirixido por Maximino Rodríguez Regalado e a partir de outubro de 1898 por Celestino Sánchez Rivera que sería tamén o novo propietario. Desaparece o 30 de setembro de 1938.
  • Fundado por José Lombardero Franco, publícase na Coruña, dende o 31-12 o diario “ El Noroeste ”.
    Manuel murguia
  • Murguía polemiza con Juan Valera a raíz da referencia que este fai ás literaturas rexionais nas páxinas da “Revista Crítica”. A resposta de Murguía leva aparellados ataques contra Emilia Pardo Bazán, ao parecer asesora e informante de Valera: “...una pluma ligera, atrevida y pretenciosa que suele a menudo, con una ignorancia igual a su desaprensión, hablar de lo que se le ocurre, sobre todo si conviene a la propia exaltación y hasta el propio peculio”. “Conviene sin embargo resumir haciendo constar que el Sr. Valera no aparece tan pecador a nuestros ojos por lo que dice, como por lo que calla; no hiere a Galicia con sus juicios sino con su silencio, no molesta a nuestros escritores por lo que expone como por la indiferencia con que trata de ellos y su obra, callando todo cuanto se refiere a la justicia y conveniencia de nuestro renacimiento literario. Para él, sólo deben contarse las literaturas castellana, catalana y portuguesa. A la catalana no la manda a unirse con la provenzal, como a la gallega, a la cual endosa a la portuguesa”. Todo comezou por un equívoco: no xornal coruñés “La Mañana” apareceu un artigo asinado co pseudónimo P. (28-08-1896), criticando a Murguía polo artigo contra Valera. Murguía creu ver nese P. á Pardo Bazán, cando en realidade se trataba de J. Pan y Español, iniciando así unha serie de artigos contra Emilia Pardo Bazán.
  • Murguía en “La Voz de Galicia”, responde aos ataques da Pardo Bazán e defende a Rosalía de Castro nuns artigos que levan por título “Cuentas ajustadas, medio cobradas”. O primeiro capítulo foi publicado en “La Voz de Galicia” o o día 20 de outubro e o derradeiro o 27 de decembro.
  • Sae en Santiago o semanario “La Estrella Galaica”, subtitulada “Revista semanal dedicada exclusivamente a la mujer. Modas, dibujos, música, sección literaria, folletines, conocimientos útiles”. Sae todos os domingos, publicando o último número, o 18, o día 2 de agosto do mesmo ano. Figura como directora Magdalena de Monte Blanco, que probablemente sexa o pseudónimo de Luís Bouza Trillo de Figueroa.
  • Emilio Fernández Vaamonde: Cuentos amorosos (Barcelona) e Dulces y amargas (Madrid).
  • José Novo y García: Por Galicia (A Coruña).
  • Juan de la Coba: El Conde y Marqués.
  • Ricardo Mella: Lombroso y los anarquistas (Barcelona).
  • Vesteiro Torres (1847-1876): Recuerdos de Galicia e Poesías (Editados por Andrés Martínez Salázar).

Acontecementos

  • O 7 de decembro, unha columna de soldados mandados polo comandante galego Cirujeda mata o xefe das guerrillas patrióticas Antonio Maceo en Punta Brava, onde terá lugar como homenaxe a Cirujeda un banquete encabezado polo Centro Gallego. En carta a Galo Salinas, escribe Curros: “Han ensuciado para siempre el nombre de nuestra patria…”. (Esta puido ser a causa da ruptura entre Curros e o Centro Gallego. Ver tamén 1903).
    Teatro circo coruñés
  • Folga de canteiros en Ourense.
  • O Capitán Xeneral e Gobernador de Cuba Valeriano Weyler dicta un bando polo cal un xornal podía ser suprimido se, tras sufrir dúas sancións, daba lugar a unha terceira, e non se permitía a publicación de ningunha noticia sobre a guerra non autorizada polas oficinas do Estado Maior.
  • Regresa de Cuba Manuel Lugrís Freire (1883).
  • Manuel Lago González desempeña a cátedra de Teoloxía no Seminario de Lugo.
  • O 16 de xuño naufraga en Fisterra o vapor inglés “Drumond”, salvándose tres persoas das 251 que levaba a bordo.
  • Castelao emigra coa súa nai para Argentina a reunirse co pai que está establecido no Territorio da Pampa, en Bernasconi. Alí comezou a afeccionarse ao debuxo pola influencia da revista “Caras y caretas” que dirixía en Buenos Aires o debuxante galego Xosé Cao.
  • Inaugúrase o Gran Hotel do Balneario de Mondariz.
  • Pásase cine por primeira vez en Galicia, no Circo Coruñés. No mes de setembro fanse no Teatro Circo da Coruña exhibicións de filmacións do británico William Paul, da man de exhibidores ambulantes.
  • E. García Cebral estrea en Buenos Aires A orfa de Bastabales.

Premios

Mail-client-Breeze-Icon.svgEpistolario

Sumarios

Flag CPLP.gif Cataluña Flag of Spain Outras culturas

Flag CPLP.gif CPLP - Comunidade dos Países de Lingua Portuguesa

Nacen:



Morren:

  • João de Deus (1830 São Bartolomeu de Messines).





Carlos Malheiro Dias: A mulata.

Eugénio de Castro: Salomé e outros poemas.


Fernando Pessoa parte coa súa nai para Durban, onde aprenderá inglés. Nace a súa irmá Henriqueta Madalena.


Henrique Lopes de Mendonça: Sol novo (poesía) e Apontamentos sobre o piloto Pero de Alenquer: uma importante rectificação cronológica (ensaio).


José Duro: Flores.


Júlio Dantas: Nada (poesía).


Machado de Assis (Brasil): Várias histórias.


Ramalho Ortigão: O Culto da Arte em Portugal.


Raul Brandão: História dum palhaço (conto).





Cataluña


Nacen:

Morren:


Adrià Gual: Nocturn (teatro).

Àngel Guimerà: La festa del blat (teatro).


Apel-les Mestres: Record i fantasies.


Jacint Verdaguer: Flors del calvari.


Joan Maragall: El cant de la Senyera.


Santiago Rusiñol: Anant pel món.

Flag of Spain


Nacen:




Morren:



Ángel Ganivet: Granada.

Francisco Rodríguez Marín: Madrigales.


Jacinto Benavente: Gente conocida.


Juan Valera : Juanita la larga. Con data de 15 de agosto, Murguía escribe en “La Voz de Galicia” o artigo “A Don Juan Valera”: “Si de alguna manera hubieran de decirnos los ajenos, cuando se ocupan –siquiera sea incidentalmente- de nuestras cosas, que a una inconsciente mala voluntad, unen siempre un perfecto desconocimiento de cuanto a Galicia se refiere, nada como las breves líneas que el Sr. D. Juan Valera consagra en la Revista Crítica, que acaba de recibirse, al estudio de la literatura regional gallega”.


Ramón Menéndez Pidal: La leyenda de los siete infantes de Lara.




Máis culturas:


Nacen:




Morren:.

  • José Asunción Silva (1865 Colombia).
  • Fusilado José Rizal (Manila; 1861 Calamba). Detido en Barcelona, Pi y Margall solicitou o indulto, rexeitado por Cánovas).


  • Harriet Beecher Stowe (Hartford; 1811 Litchfield, EEUU).
    Rubén Darío. Prosas Profanas
  • Paul Verlaine (París; 1844 Metz).



Amado Nervo: Perlas negras (poesía).

Rubén Darío: Prosas profanas.




Alfred Jarry: Ubu roi (teatro).


Antón Pávlovich Chéjov estreaA gaivota.


Marcel Proust: Os placeres e os días.


Rainer Maria Rilke: Coroado de soños (poesía).




Tamén sucedeu...

  • Richard Strauss: “Así hablaba Zaratustra”
  • Eduardo Jimeno Correas realiza a primeira película do cine español: “Salida de la misa de 12 del Pilar de Zaragoza”.
  • O pintor catalán Isidre Nonell expón en París.
  • Marconi inventa a telegrafía sen fíos.
  • Segunda Lei Antiterrorista.
  • Liortas en Filipinas: separatismo insular.
  • O xeneral Weyler, nomeado capitán xeral de Cuba, relevando a Martínez Campos.
  • Eleccións lexislativas.
  • Intervención de Estados Unidos na revolución cubana.
  • Francia anexa Madagascar.
  • Os turcos reprimen o movemento independista armenio co masacre de 7.000 persoas.
  • Celébranse en Atenas os primeiros xogos olímpicos modernos.
  • Morre Nobel e institúense os Premios Nobel.