1891

De Xulipedia
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Flag of Galicia (civil).svg Cultura galega

Nacementos/Pasamentos

Child in diaper icon Nacementos
Literatura
Francisco Vales Villamarín (Betanzos; ibídem 1982).
Roberto Blanco Torres “Fray Roblanto” “Cirilo de Crespo” “Manrique de Crespo” (Cuntis; 1936 Entrimo).
Outros
O debuxante e sobre todo linoleísta Xaime Prada Losada (Vilamartín de Valdeorras; 1966 Madrid).
O pintor e gravador Manuel Castro Gil (Lugo; 1961 Madrid).
Cruz Ángel Gallástegui Unamuno, investigador e impulsor da agricultura e gandería galega (Vergara; 1960 Pontevedra).
O arquitecto Jenaro de la Fuente Álvarez (Vigo; ibídem 1963).
O arqueólogo Eugenio Augusto dos Anjos Jalhay (Lisboa; ibídem 1950).
Francisco Javier Sánchez Cantón (Pontevedra; ibídem 1971).

Daniel Calzado Poceiro (Tomiño; 1972 Buenos Aires); dirixente agrario, xornalista e político; un dos dirixentes de Irmandade Galega.

O ministro franquista Juan Antonio Suanzes Fernández (Ferrol; 1977 Madrid).
Skull.png
Pasamentos
Literatura
Benito Losada Astray (Santiago; ibídem 1824).
Outros
O músico Canuto Berea (1836 A Coruña).

Publicacións

Galegas

  • Aureliano José Pereira : Cousas d‘a aldea (Andrés Martínez Editor. Poemas, A Coruña) e o folleto "¡Terra... a miña!".
  • Xosé Barral Campos : colabora en “A Tía Catuxa” con dous relatos “O amigo de San Pedro” (nº 15, 1 de febreiro) e “Sabe máis o portugués” (nº 18, 22 de febreiro).

Relativas a Galicia

  • Francisco Portela Pérez: Apuntes biográficos acerca de los marinos Nodales, hijos de Pontevedra (Pontevedra, Andrés Landín).
  • Francisco Rodríguez Marín ; poeta alófono (1855 Osuna; 1943 Madrid): Flores y frutos. Imp. de E. Rasco, Sevilla. Nas pp. 57-60 aparece o poema “Rosalía de Castro. Tríadas”, no que mistura versos galegos (poema bilingüe. Santiago). O 10 de xuño escribe dende Osuna a Eduardo Pondal: “Muy señor mío de mi distinguida consideración: Nuestro buen amigo D. Celestino Ferrer me devolvió, hace días, la composición poética que V. ha tenido la bondad de corregirme y me dio a leer la carta que la acompañaba. Pecaría yo de notoriamente desagradecido si no diera a V. cordialísimas gracias por las enmiendas y por los elogios, atinadas aquéllas, como hechas por el mejor de los poetas gallegos, y excesivos los elogios, como hijos de su fina amabilidad. Mero aficionado a ese armonioso dialecto, que no he estudiado, porque no se puede llamar estudio a la simple, aunque frecuente lectura de los poetas de esa región, osadía grande fue la mía al pretender escribir en la dulce fala de Rosalía Castro. Prometo a V. que cuidaré de enviarle un ejemplar de mi colección de poesías Flores y frutos, tan pronto como se termine su impresión”. (Manuel Ferreiro: Pondal: do dandysmo á loucura. Biografía e correspondéncia. Laiovento 1991).
  • Alfredo Brañas dirixe en Santiago a publicación quincenal “La Patria Gallega”, co subtítulo de “Boletín-revista. Órgano oficial de la Asociación Regionalista” (entre o 30-03 e o 15-1-1892). O nº 5, do 30 de maio está dedicado a Rosalía co gallo do traslado dos seus restos do cemiterio de Adina a San Domingos de Bonaval, que inclúe poemas en catalán de Teodor Llorente e Joaquim Rubió i Ors .
  • Publícase en “La Patria Gallega” (30 de maio) o poema de Curros “A Rosalía” co gallo do traslado dos restos de Rosalía de Adina a Santo Domingos de Bonaval:

“A Musa d´os pobos

Panteón de Rosalía de Castro en Santo Domingos de Bonaval

que vin pasar eu,

comesta d´os lobos,

comesta morreu...

Os ósos son d´ela

que vades gardar.

¡Ai, d´os que levan

n-a frente unha estrela!

¡Ai d´os que levan

n-o bico un cantar!”.

  • En “La Patria Gallega”, publícase a tradución do catalán ao galego de Salvador Cabeza de León , do poema de Joaquim Rubió i Ors “A la memoria de Na Rosalía Castro de Murguía”.
  • Emilia Pardo Bazán, escribe en Madrid a publicación mensual “Nuevo Teatro Crítico”. No nº 5 do mes de maio aparece o artigo “La poesía regionalista gallega”, na que a escritora fai unha recensión das últimas obras de Aureliano Pereira Cousas d’a aldea e de Valentín Lamas Carvajal A musa d’a aldea.
  • En Pontevedra ve a luz a revista semanal “El Escolar”.
  • O 11 de marzo sae en Santiago “El Fin de Siglo”, “Periódico de intereses materiales”, dirixido por Andrés Rey Varela.
  • Publícase en La Habana a partir do 19 de setembro a revista quincenal “Galicia ilustrada”, “Revista científica, literaria, artística y humorística”, dirixida por J. Romero Hiáñez de Freyre. O emprego da lingua galega é mínimo.
  • Aparece en Lugo “O labrego”, “Publicación semanal de intereses regionales y literatura”, continuadora de “A Monteira” e tamén monolingüe en galego.
  • O 7 de xuño José Vázquez Batalla funda en Padrón o semanario “El Regenerador Padronés”.
  • Benito Fernández Alonso: Armas de Orense.
  • José María Alonso Trelles y Jarén “El Viejo Pancho”: Crimen de amor.
  • Manuel Castro López: Efemérides galaicas (Lugo) e La asociación de escritores y artistas de Lugo.
  • Vesteiro Torres (1847-1876): Páginas sueltas (Lugo).
  • Waldo Álvarez Insua: Ecos de mi patria (A Coruña).

Acontecementos

  • O 25 de maio, os restos de Rosalía, trasladados do cemiterio da Adina a San Domingos de Bonaval en Santiago. O mausoleo foi custeado por unha subscrición popular iniciada na colectividade galega de Cuba.
  • José Martí , cita nunha carta a Rosalía de Castro: “no me queda más remedio que decir como la poetisa Rosalía de Castro al publicar su segundo tomo de versos en dialecto: non era cousa de chamar ás xentes á guerra e desertar da bandeira que eu mesmo levantara” (Son palabras tomadas do limiar de Follas Novas 1880).
  • Constitúese en Santiago a “Asociación Regionalista Gallega” (Murguía, Cabeza de León, Barcia Caballero, Galo Salinas...).
  • Nace no Ferrol a primeira “Agrupación Socialista Gallega”.
  • O 24 de xuño celébranse os Xogos Florais de Tui, organizados pola “Asociación Regionalista Gallega”, con discursos en galego do bispo Lago González, de Cabeza de León, de Alfredo Brañas e de Manuel Murguía: “O idioma, que nos dá direito á enteira posesión da terra en que fomos nados, que nos di que pois somos un pobo distinto, debemos selo; que nos promete o porvir que procuramos, e que nos dá a certeza de que ten de ser fecundado en bens para nós todos.... Finxides creer que tras da palabra autonomía, se esconde o feito separatista, mais non é verdade: sequer non baste decírvolo tódolos días, repetirémolo de novo. Non, as distintas entidades nacionaes que hoxe viven aquí baixo un mesmo réximen, non tratan en maneira algunha de separarse as unhas das outras. Ó contrario, queren unirse inda máis, anque con máis doces lazos do que os durísimos con que tendes atadas as provincias ca capital”. (O discurso de Brañas é o primeiro pronunciado en galego nun acto público en Galicia sen lectura, o de Murguía, que lle precedeu foi lido). (Ver 1889 e 1907). Resultan premiados Eladio Rodríguez, Xoán Barcia, Urbano González, Filomena Dato e Martín Díaz Spuch. Nos números 7-8 (15-07) da revista “La Patria Gallega”, reprodúcense os discursos de Murguía e Brañas, así como a “Memoria” lida por Cabeza de León. Trátase dos primeiros Xogos Florais rotulados e anunciados en galego e nas bases sinálase que os traballos –todos en galego- podían ser redactados en galego do Bierzo e en galego asturiano, aínda que non mencionan o territorio de Zamora galego falante.
  • Discurso de Brañas no Banquete Regionalista de Tui: “Por eso no deben de tildarnos de sospechosos aquellos que se empeñan en calumniarnos presentándonos a la vergüenza pública como enemigos acérrimos de la por ellos llamada unidad nacional. Por ahora nosotros reconocemos la existencia de la patria grande aunque no sea más que como una realidad sicológica por todos aceptada. Pero de esto a la unidad territorial, a la concentración de las funciones político-administrativas en un solo pueblo que es lo que nosotros de común acuerdo llamamos todos unitarismo o centralismo, va una distancia inmensa”.
  • O Orfeón Galego de Lugo estrea “A Alborada” de Veiga.
  • Chega Picasso á Coruña.
  • Juan Compañel Rivas regresa a Vigo dende Cuba, para recuperarse do seu feble estado de saúde.
  • Rexeitada a candidatura da Pardo Bazán á Academia Española.
  • Aureliano José Pereira de la Riva ingresa no Partido Liberal Fusionista.
  • Xesús San Luís Romero emigra a Buenos Aires.

Premios

Martín Díaz Spuch: premiado o poema titulado “O derradeiro trovador” nos Xogos Florais de Tui.


Urbano González Varela: premiada en Tui a comedia Amor e meiguería.

Mail-client-Breeze-Icon.svgEpistolario


Francisco Rodríguez Marín , poeta alófono (1855 Osuna; 1943 Madrid): Flores y frutos. Imp. de E. Rasco, Sevilla. Nas pp. 57-60 aparece o poema “Rosalía de Castro. Tríadas”, no que mistura versos galegos (poema bilingüe. Santiago). O 10 de xuño escribe dende Osuna a Eduardo Pondal: “Muy señor mío de mi distinguida consideración: Nuestro buen amigo D. Celestino Ferrer me devolvió, hace días, la composición poética que V. ha tenido la bondad de corregirme y me dio a leer la carta que la acompañaba. Pecaría yo de notoriamente desagradecido si no diera a V. cordialísimas gracias por las enmiendas y por los elogios, atinadas aquéllas, como hechas por el mejor de los poetas gallegos, y excesivos los elogios, como hijos de su fina amabilidad. Mero aficionado a ese armonioso dialecto, que no he estudiado, porque no se puede llamar estudio a la simple, aunque frecuente lectura de los poetas de esa región, osadía grande fue la mía al pretender escribir en la dulce fala de Rosalía Castro.Prometo a V. que cuidaré de enviarle un ejemplar de mi colección de poesías Flores y frutos, tan pronto como se termine su impresión”. (Manuel Ferreiro: Pondal: do dandysmo á loucura. Biografía e correspondéncia. Laiovento 1991).

Sumarios

Flag CPLP.gif Cataluña Flag of Spain Outras culturas

Flag CPLP.gif CPLP - Comunidade dos Países de Lingua Portuguesa

Nacen


Morren:

  • Antero de Quental (Ponta Delgada, Açores; ibídem 1842).
  • Latino Coelho (Sintra; 1825 Lisboa).





Abel Botelho: O Barão de Lavos.


Carolina Michaëlis de Vasconcelos: Portugiesische Sprache.


D. João da Câmara: Alcácer-Quibir e O burro do senhor Alcaide.


Eugénio de Castro: Horas.


Moniz Barreto: A situação geral de Europa e a política externa de Portugal.


Oliveira Martins: Os Filhos de D. João I.


Teófilo Braga: Camões e o sentimento nacional.


Trindade Coelho: Os Meus Amores (conto).





Cataluña


Nacen:

Morren:



Albert Llanas: Don Gonzalo o l‘orgull del gec.


Carles Bosch de la Trinxeria: Montalbà.


Emili Vilanova: Plorant i rient (artigos).


Joan Maragall: Poesies originals i traduccions .


Joan Martí i Trenchs: Lo lliberalisme és la ruïna d’Espanya.


Pompeu Gener: Los cent consells del Consell de Cent.

Flag of Spain

Nacen:





Morren:

  • Pedro Antonio de Alarcón (1833 Guadix).





Emilia Pardo Bazán: La piedra angular e Memorias de un solterón.

José Echegaray: El hijo de don Juan.


Padre Coloma: Pequeñeces.


Salvador Rueda: Cantos de la vendimia.


Torcuato Luca de Tena funda en Madrid a revista semanal “Blanco y Negro”.





Máis culturas:


Nacen:



Morren:.

  • Arthur Rimbaud (Marseille; 1854 Charleville).
  • Herman Melville (1819 New York).
  • Iván Goncharov (1812 Rusia).


José Martí: Versos sencillos (poesía).

Oscar Wilde portrait


José Rizal: El filibusterismo (Gante).





André Gide: Les cahiers d‘André Walter.


August Strinberg: A máis forte (teatro).


Giovanni Pascoli: Myricae (poesía).


Herman Melville (1819-1891): Billy Bud.


Isidre Nonell: Arenys de Mar.


Joris-Karl Huysmans: Là-bas.


Oscar Wilde: O retrato de Dorian Gray e Intencións.


Selma Lagerlöf: A lenda de Gösta Berling.


Thomas Hardy: Tess of the D’Urbervilles.




Tamén sucedeu...

  • Primeira viaxe de Gauguin a Tahití.
  • Axitación anarquista en Andalucía.
  • Eleccións Xerais convocadas polo Goberno de Cánovas.
  • Fórmase a Unió Catalanista, sendo secretario Enric Prat de la Riba.
  • Eleccións municipais.
  • Faise público o programa do Partido Centralista de Salmerón.
  • Fracasa unha folga xeral en Vizcaia.
  • Impóñense medidas comerciais proteccionistas.
  • O Papa León XIII publica a encíclica Rerum Novarum que define a doutrina social da Igrexa católica.
  • Gratuidade de todo o ensino primario en Gran Bretaña.
  • Iníciase a construción da liña férrea transiberiana.