1890

De Xulipedia
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Flag of Galicia (civil).svg Cultura galega

Nacementos/Pasamentos

Child in diaper icon Nacementos
Literatura
Ramón Villar Ponte (Viveiro; 1953 A Coruña).
Outros
Manuel Puente González (Salvaterra de Miño; 1970 Buenos Aires) gran protector de Castelao na Argentina. Froito do seu mecenádego foi tamén a edición da Historia de Galicia dirixida por Otero Pedrayo.
O profesor César Barja Carral (Guitiriz; 1951).
O escritor e xornalista Amador Víctor González (Mondoñedo; 1953 Río Gallegos).
O periodista e escritor Luciano Taxonera y Vivanco (Ferrol; 1967 Caracas).
O músico Daniel González Rodríguez (Ourense)
O pintor e debuxante Federico Ribas Montenegro (Vigo; 1952 Madrid).
Ramón López Bouza, sindicalista e gran impulsor do Estatuto de Autonomía (Ferrol; ibídem asasinado no 1936).
Skull.png
Pasamentos
Literatura
Albino Simán (Pontevedra; ibídem 1868).
Pío Parada Justel, colaborador de “O Tío Marcos da Portela” (Tucumán; ¿1865? Esgos)
Outros
O escritor Emeterio Montenegro Saborido (La Habana).
O médico José Ángel Montero Ríos (Madrid; 1830 Santiago).
O político e xornalista Telesforo Ojea y Somoza (Fontei; 1858 Lama de Rei).
O compositor e pianista Marcial de Torres Adalid (A Coruña; ibídem 1816).

Publicacións

Galegas

  • Alberto García Ferreiro : Chorimas (A Coruña). O Liceo Brigantino da Coruña premia o seu poema épico "Leenda de groria" (1891). Hai un poema seu “A Manoel Murguía” no nº 31 de “A Monteira” e outro no nº 45: “A bandeira literarea”.
  • Amador Montenegro : Aparecen poemas seus no semanario “A Monteira”. No nº 61 hai un dedicado a Isaac Peral:

¿Que importa que hoxe á envexa

En ti finque o seu dent’envenenado?

Alá, cando pasado

O tempo autual á humanidade vexa,

Ós d’outros, que inmortales son, n-a hestórea,

Ha de unir ó teu nome pra mamórea,

¡Que d’os homes de ben é triste á sorte:

A xusticia alcanzar despóis d’a morte!


No nº 39 de “A Monteira” escribe o artigo “Un xuíceo honroso pra Galicia” no que fai referencia a Juan Valera e os seus comentarios de que “en la Península Ibérica bien puede afirmarse que hay tres lenguas literarias y tres literaturas: la castellana, la portuguesa y la catalana”: “O desprecear e inxurear a Galicia parez o oficeo de moitos y-a diáreo estamos ouvindo e lêndo xuíceos que, co-a aparéncea d’imparciales, non son mais que diutados pol-a iñoráncea, a mala fé ou a paseón [...] Cuase ô mesmo tempo que Valera na revista “España Moderna” nos nega grórea de ter xa, anque nacente, unha literatura, pois a tal equival’o reconocer n-a Península soilo as literaturas Castellana, Catalana e Portuguesa...".

  • Eladio Rodríguez González: colabora con varios poemas no semanario “A Monteira”. “O puzo d’o barco” en “A Monteira”, nº 61, 62, 63 e 64. (No nº 61 atribúeselle a Eduardo Rodríguez González). (“Premeada con cravel de prata n-o certame literario de Betanzos de 1887”).
  • Esperanza Roca (pseudónimo de Amador Montenegro Saavedra ): Aparecen once poemas seus no semanario “A Monteira”. No nº 39 hai un titulado “Á muralla de Lugo”.
  • Filomena Dato Muruais : “A nay d’o soldado” (Poema no nº 26 de “A Monteira”) e ¿Qué dirán? (Poema no nº 56 de “A Monteira”).
  • Francisco Portela Pérez : "Quen mal anda" (relato no nº 49 de “A Monteira”). No nº 52 do mesmo semanario dise que vai publicar “co títolo de Potaxe, unha coleución d’artícolos e contos escritos n-a feiticeira lingua gallega”.
  • Heraclio Pérez Placer : Morir amando (Zarzuela en dous actos, en verso. Ourense). Colabora en “A Monteira” nos números 30, 33 e 53.
  • Juan Cuveiro Piñol : “Mais agudezas d’os gallegos” en “A Monteira”, nº 43 do 26 de xullo. “Parbaxoladas” (nº 63 do 13 de decembro).
    Lamas carvajal a musa das aldeas.jpg
  • Lamas Carvajal : A musa das aldeas (O seu derradeiro libro de versos en galego).
  • Lisardo Rodríguez Barreiro : Esbozos y siluetas de un viaje por Galicia (bilingüe. Biblioteca Gallega. A Coruña). No número 55 da revista “A Monteira” (18 de outubro) faise referencia á publicación deste libro: “Ó falar de qu’a lingua gallega se vai pulindo y arregrando dinos, que, n’as escolas deberan darse leuturas en gallego, e que farian un ben mui grande á fala gallega s’os que s’adican a compoñer romances pr’os cegos o fixesen n-a feiticeira lingua d’o pais. Non é necesario dicir qu’estamos compretamente d’acordo c’o Sr. Barreiro n-este punto…”. Remata cunha nota que di: “Esta obra, que ten o ritrato d’o autor, véndese a duas pesetas pr’os suscriutores a Bibrioteca gallega e tres pr’os demais. Os pedidos á D. Andres Martinez La Coruña. No nº 56 deste semanario (25 de outubro) publícase o artigo “Unha visita a Rosalía Castro” tirado desta obra de Lisardo Rodríguez.
  • López Saavedra: Aparecen poemas seus no semanario “A Monteira”.
  • Manuel Lois Vázquez : Brisas gallegas (Tipografía de Gerardo Castro. Lugo). Ten varias colaboracións en “A Monteira”.
  • Pepe Raimúndez: colabora en varios números de “A Monteira”.
  • Salvador Golpe : aparecen dúas composicións súas nos números 35 e 50 do semanario “A Monteira”.
  • O nº 22 do semanario “ A Monteira ” (1 de marzo) está dedicado “Ó sábeo catredático d’a Universidá de Santiago D. Alfredo Brañas Menéndez como debre proba d’adimiración e mostra d’antuseasmo pol-a súa obra El REGIONALISMO e pidind’o ceo pra Galicia a filicidá qu’encerra a práutica d’as doutrinas n-ela espostas”.
  • No nº 23 (8 de marzo) dise:“N-un peródico lêmos qu’a siñora Doña Emilia Pardo Bazán irás’a vivir á Madrid drento de pouco.¿Non cabe xa n-a Cruña?”.
  • “A Monteira”, semanario lucense traduce ao galego o discurso pronunciado por Brañas no banquete con que o obsequiou a prensa de Santiago o 9/3/1890, co gallo da publicación de “El Regionalismo” en Barcelona en 1889 (Nº 25, 27 e 29).
  • O número 50 deste semanario (13 de setembro), está dedicado “Ó eminente maiestro Xan Montes Capón ” . Un artigo de M. Pardo Becerra remata así: “Si grande é a groria de Xan Montes pol-os seus meretos y-os seus trunfos, muito mais grande, incomparable e pol-o amor que sinte o seu pobo e pol-o afan d’engrandecela frorida terra que nos viu nacer”. Aparecen poemas a el dedicados, asinados por S. Róis, por E. Núñez Sarmiento ou coma este soneto de Amador Montenegro:

¿Qué máxicos subrimes, que agoreiros / O sacreto che deron de xuntares / Ós remores que gardan os pinares / O cantar harmonioso d’os silgueiros?

¿Quén ch’inspira eses cantos feiticeiros / Que ritratan tan ben nosos penares, / Ou qu’ asomellan d’os leixanos mares /Os ecos qu’hastra nós chegan tristeiros?

Mais ¿á que perguntar cando conozo / O tenro amor que sempre lle mostraches / Á terra en que naciches, dende mozo?

Por ese amor sin trégoa traballaches / Y -o pobo que te quere ve con gozo / N –a tua frente os laurés que conquistaches.

  • No nº 42 do 19 de xullo aparece traducida ao galego por Amador Montenegro “A gaita gallega”, unha poesía de Ventura Ruiz Aguilera acompañada deste comentario:“Entr’os poetas alleos que mais xusticea fixeron a Galicia, fegura o ispirado autor d’a manífica poesía que traducimos. El sintía como gallego e como si gallego fora soñaba c’o engrandecemento d’ o noso chan. Sexa debre trebuto a sua mamórea esta probe traduceón”.

Cando a gaitiña gallega

o probe gaiteiro toca,

non sei o que me socede

qu’o prant’ôs meus ollos brota.(…).

  • Nos números 19, 22 e 23 do semanario “A Monteira” recóllese unha colección de “cantares” composta por trinta cuartetas oitosilábicas recopiladas por Amador Montenegro.
  • Así mesmo nos números 43, 44, 45, 46, 47, 49, 52, 54, 56, 57 e 59 recóllense literalmente os refráns que aparecen nun apéndice da Gramática Gallega de Saco y Arce (Lugo 1868).
  • A partir do número 60 (22 de novembro) Marcial Valladares recolle Refráns, proverbios e dicires gallegos recollidos pol-o que firma e non contidos n-a Gramáteca d-o siñor Saco Arce e que aparecen ordenados alfabeticamente.
  • Neste semanario teñen ampla presencia os contos populares como os recolleitos por M. López Prado “O lobo cacique” (nº 15) e “Dous emigrantes” (nº 45, 46) e por A. X. Montenegro Saavedra “Remédeo contr’a fame” (nº 28 e 30), “A manda” (nº 33), “Un valente xastre” (nº 34) e “O zapateiro rañoso” (nº 37). Baixo o alcume de M. d’a Cabana figuran recopilados os contos “Os homes compangueiros” (nº 29), “Choros d’algunhas mulleres” (nº 47,48) e “Un soldado listo” (nº 58 e 64). No nº 15 aparece o conto “Antón o simpre” asinado por A.
  • No nº 25 (22 de marzo) Juan Cuveiro Piñol recolle baixo o título “Unha corrida d’arroaces” un tema de fonda raigame que tiña lugar en Pontevedra ata o século XIX, cando nas Corbaceiras se lle impedía cunha rede o retorno ao mar co debalo aos arroaces que subiran Lérez arriba coa marea.
  • A partir do número 24 (15 de marzo) publícase o poema de Alfredo Brañas “A víspora de San Xuan” que xa fora publicado o 15-03-1888 en “Galicia Humorística”.
  • No nº 55 (18 outubro) publícase un artigo asinado por M.L.P. titulado “Os caiceños”, incompleto e que non chegaría a rematarse xa que se trata dunha versión en galego das dúas primeiras páxinas do artigo de Rosalía de Castro “El cadiceño”, que fora publicado en Lugo, no almanaque de Soto Freire de 1866.
  • Este semanario desaparece o 27 de decembro cun editorial titulado “Paréntesis” no que se di: “témol-a vanidá ou como queira chamarse, de que quitamos á algúns o noxo que todo gallego lle daba”, rematando con “¡Viva Galicia” e “¡Viva o rexionalismo!
  • Manuel Amor Meilán denuncia no xornal “El Regional” (21 de outubro) a apropiación indebida de López Prado e a ignorancia da dirección da “Monteira”. Amador Montenegro no nº 57 deste semanario (1 de novembro) resposta no artigo “Unha satisfaución”: (…) Un Sr. López Prado remitiunos, entr’outros, un artículo titulado Os Caiceños, y-ô que, co-a millor boa fé d’o mundo, como sole dicirse, encomenzou a pubricarse n-o noso homilde somanario; mais ô que parece dito artículo era unha copia d’outro pubricado xa fai moitos anos pol-a imortal esquirtora doña Rosalía Castro, cousa que iñorab’a Redaceon d’A Monteira, porqu’e a nadie se ll’ocurre poida ter un individo persente canto en trinta ou corent’anos s’esquirbe n-uha rexión, e menos cando, co-a confianza posta n-os colaboradores, n-hai motivo nin razón pra dudar d’eles”. No artigo, Amador Montenegro quéixase de que Amor Meilán denunciase o feito no xornal “El Regional” sendo como fora “colaborador d’A Monteira hastr’o númaro pasado”. Remata dicindo: “Nin unha palabra mais sobr’este anoxoso asunto. Quédes’o Sr. Amor Meilán co-a satisfaución que debe proporceonar un feito tal, qu’a min y-a Redanceón d’A Monteira quédanos a de conocer o que se pod’esperar de certas amistades”.

Relativas a Galicia

  • Sae o 2 de febreiro a revista pontevedresa “Galicia Recreativa”, subtitulada “Semanario popular Útile et Dulce”, estando dirixida por Hipólito Codesido Sánchez. Desaparece o 26 de novembro de 1892, cunha interrupción entre novembro de 1891 e marzo de 1892.
  • Enrique Labarta Pose funda e dirixe en Santiago a revista “La Pequeña Patria”, subtitulada “Revista decenal de literatura, ciencias y artes”.
  • No nº 37 do semanario “A Monteira”:

“Algús peródicos dan conta d’a

formaceón d’outro novo partido.

Fabrícanse partidos,

Fanse programas,

Sân novos oradores

Cada somana;

Todos berrand’ofrecen

Á prob’España,

Groria ventura e dicha

Sin comparanza

E todos van deixandoa

Como xa estaba:

Abandonada triste,

Prob’e bulrada”.

  • En "A Monteira": No nº 38 na sección “De todo un pouco”: “Edisón, o famoso eleutricista americano, din que virá moi pronto á Europa traguendo un barco cheo de muñecas que falaran, esturnidaràn etc;

Edison, vive Dios, non sei que pensa

Ó traguernos tan raro cargamento,

Pois o qu’aquí nos sobra, certamente,

Son palrantes muñecos.

Por calles e por prazas, moy lustros,

Garatuxas facendo às siñoritas

Sobran en Europa, amigo Edison

Muñecos de lavita.

Votando discursiños, amañados

Quizais por un amigo, no Congreso,

Ou n-o médeo d’a rua, o que lle sobran

Tamén lle son muñecos.

Y-en fin, por donde queira qu’a mirada

Se tenda neste mundo xa velliño,

Atópanse por dúcias ou por centos.

Tan soilo muñequiños.

No nº 39 (28 de xuño), asinado por A M (Amador Montenegro), aparece o artigo “Un xuíceo honroso pra Galicia” no que o autor recolle afirmacións sobre a nosa lingua e cultura que aparecen no libro de D. Juan Fastenrath, “un alemán que conoce ô dedillo canto a España se refire” titulado Catlanische Trobadourae de Gegenr War (Trovadores catalanes contemporáneos), de cuyo manífico prólogo, traducido pol-o Sr Arabía e pubricado n-a notabre revista “La España Regional” vamos a verter ô gallego algunhos párrafos, pra legría d’os bos fillos de Galicia e confuseón, d’os apóstatas e renegados” (…) “Cuase ô mesmo tempo que Valera n-a revista “España Moderna” nos nega grôrea de ter xa, anque nacente, unha literatura, pois a tal equival’o reconocer n-a Península soilo as literaturas Castellana, Catalana e Portuguesa”.

  • No nº XIV de " La España Moderna ", no artigo "Portugal contemporáneo" escribe Juan Valera: "Sin duda que en Galicia, abandonado casi el idioma que allí se hablaba, este idioma dejó de ser lengua literaria desde fines del siglo XV y degeneró en dialecto; pero hasta entonces, ¿qué diferencia hubo entre la lengua de Portugal y la lengua de Galicia? En lo literario o escrito no hubo la menor diferencia".

Nese mesmo número escribe o Marqués de Figueroa o artigo “Del renacimiento literario y artístico de Galicia”: “Ya curado D. Juan Valera de la aflicción que le causaba la manía de escribir en catalán, espero que cuando cumpla mi emplazamiento se habrá curado de la aflicción que le causa la manía de escribir en gallego”.

  • No sumario da revista publicada en Barcelona “España Regional” aparece: “Orígenes y desarrollo del regionalismo en Galicia: conferencia dada por D. Manuel Murguía en la Lliga de Catalunya” e “Literatura española no castellana ni flamenca. Poesía: A Manoel Murguía por Alberte García Ferreiro”, segundo se recolle no nº 45 do semanario “A Monteira”.
  • Empeza a publicarse en Ourense o 2 de abril “El Derecho”, subtitulado “Periódico democrático” (1898).
  • Carmen Beceiro de Pato: Zarzamoras e La sortija del negro (Barcelona).
  • Jesús Muruais Rodríguez: Poetas obreros. Robert Burns.
  • José Ogea: El mundo rural (Biblioteca Gallega, Andrés Martínez, Editor. Tipografía de la casa de Misericordia, La Coruña).
  • Juan Bautista Armada y Losada: Del renacimiento literario y artístico de Galicia (Conferencia; Madrid).
  • Juan de la Coba: Juanita y Juan.
  • Juan Neira Cancela: Programa de los ángeles.
  • Manuel Amor Meilán: Dolores. (Album de mi hija).
  • Manuel Castro López: Hijos distinguidos de la provincia de Lugo.
  • Manuel Pérez y Pérez: A la vejez, viruelas.
  • Nicanor Rey Díaz: Hierro y fuego (Madrid).

Acontecementos

  • Aureliano José Pereira de la Riva declara nun banquete en homenaxe a Brañas celebrado en Santiago: “Si el regionalismo ha de cumplir los fines que de él se esperan, si de él como anhelamos se ha de deber algo beneficioso para Galicia, es preciso que no se limite a ser un partido de catedráticos y oradores, de poetas y periodistas: es necesario que encarne en el pueblo, que su base sea el campesino, el esclavo de la tierra”.
  • Pascual Veiga organiza xunto coa directiva do Orfeón Coruñés un festival musical na Coruña con cinco premios de composición. Nun deles o galardón ía destinado ao autor da mellor marcha rexional gallega sobre a poesía de Eduardo Pondal “Os pinos”. O gañador desa categoría sería o catalán Ivor Gotós, aínda que esta partitura nunca sería executada en directo. En carta a Pascual Veiga do 5 de abril, di Eduardo Pondal: “Excuso advertir a V. que estas estrofas aspiran solo a despertar en nuestros paisanos las buenas ideas de un bien entendido regionalismo pero de ningún modo a promover el separatismo, pues que soy acérrimo partidario de la unidad e integridad de nuestra gran y gloriosa España”.

O 22 de abril contéstalle Pascual Veiga: “He recibido su hermosísima poesía que me ha dejado completamente satisfecho bajo todos puntos de vista, cual no podía por menos de suceder siendo hija de un tan esclarecido ingenio que es honra de Galicia”.

Isto contrasta coa tradicional consideración de Fontenla Leal como solicitante de texto e música a Pondal e Veiga. (Manuel Ferreiro: Pondal: do dandysmo á loucura. Biografía e correspondéncia. Laiovento 1991). No nº 35 de “A Monteira” (31 de maio) aparecen as bases do certame: “Certame musical n-a Cruña”. Recebimos o porgrama d’o organizado pol-o “Orfeón Coruñés num. 4” e n-a imposibridá de publical-o enteiro, faremos d’el un estrauto”.

  • Convidado polos líderes do rexionalismo catalán, viaxa Murguía a Barcelona, participa nos Xogos Florais e pronuncia na Lliga regionalista o discurso “Orixes e desenvolvemento do rexionalismo na Galiza”.
  • No número 27 do 5 de abril recóllese no semanario “A Monteira”:“Según lemos n-o noso compañeiro de Santiago “El Pensamiento Galáico”, vemos con grande pracer com’os catalás nos dan nobr’exempro n-a defensa d’os seus dreitos e d’as suas gróreas. N-a Audéncea de Barcelona, un Maxistrado tiv’o mal acerto de Bulrarse d’o idioma catalán, d’aquel ideoma en que Ausias March arrincou inimitabres cantos â sua lira, n-o qu’esquirbe Oller as novelas que logo se traducen ás lingoas todas d’Europa, n-a qu’o gran Verdaguer esquirbiu o seu poema “A Atlántida” e “Canigó”, e ant’un feito d’esta natureza, os fillos de Cataluña non podían calar e portestaron dirixindo fortes, anque respeutosos telegramas â Rexente, que fixo pasar o asunto o Menistro de Grácea e Xusticea, pra qu’enterándos, faga esta. Nosoutros vímonos cen veces send’ouxeto de bulras e quizaves d’elas non se libras’o dôcísemo ideoma en qu’esquirbiu Alifonso X e Macias n-a antiguedá e n-os nosos tempos a inimitabre Rosalia Castro; pro encomencemos a portestar d’esto mesmo, facéndonos eco d’o proceder d’os nosos hirmaus. O noso compañeiro de Santiago pubrica unha portesta, incitand’ôs gallegos a que poñan ô pé as suas firmas y ôs peredicos rexionales que non s’esquezan d’esto. Por hoxe non decimos mais. Moi conformes c’o pensamento d’o noso compañeiro, recramamos o pirmeiro logar e aconsellamos a todol-os bos gallegos dean unha vez mais sinal de vida facendò mesmo”. Houbo periódicos en Galicia como "El Anunciador", de Pontevedra, que criticaron este apoio dado aos cataláns.En “El Anunciador” aparecen tres artigos asinados por K. Nario neste sentido e que recibirán resposta en “A Monteira” por parte dun tal Xílgaro nun artigo co título de “Duas palabras á K. Nario” (Nº 31, 3 de maio).
  • Brañas toma posesión do seu cargo de concelleiro no Concello de Santiago.
  • No nº 23 de “A Monteira” (8 de marzo) aparece: “Saudo. Mañán, domingo, a prensa de Santiago ousequeará ô elustre Brañas c-unha comida, o fin d’a que seguramente pernuncearánse patreótecos brindis…”. Nos números 27 e 29 aparece traducido ao galego o discurso que Brañas pronunciou ese día e a partir do nº 30 na “Seucion d’anunceos” inclúese: “Discurso pronunceado por Don Alfredo Brañas n-o banquete rexionalista de Santiago, precedido d’unha carta d’o autor e traducido pol-a Redaución d’A Monteira. Háchase de vent’á dez céntimos de peseta n-esta Adiministraceón”.
  • Manifestacións de conserveiros, mariñeiros e obreiros esixindo a entrada libre do estaño e da folla de lata.
    HMS Serpent ship (1887)
  • Fúndase en Santiago a Asociación Rexionalista Galega, sendo Murguía o primeiro presidente.
  • Leopoldo Basa emigra a Buenos Aires.
  • Comeza a instalarse na Coruña a iluminación eléctrica nas rúas.
  • Ás 22,30 horas do 10 de novembro naufraga en Camariñas o buque escola inglés “Serpent”. Era un torpedeiro de aceiro reforzado na liña de flotación, de 68,58 metros de eslora e 10.97 de manga. Unicamente se salvaron tres dos 176 tripulantes. Os corpos das vítimas recibiron sepultura no denominado “Cemiterio dos Ingleses”.
  • No certame de gaiteiros celebrado en Tui o primeiro premio estaba dotado de 75 pesetas.

Premios

Mail-client-Breeze-Icon.svgEpistolario

En carta a Pascual Veiga do 5 de abril, di Eduardo Pondal: “Excuso advertir a V. que estas estrofas aspiran solo a despertar en nuestros paisanos las buenas ideas de un bien entendido regionalismo pero de ningún modo a promover el separatismo, pues que soy acérrimo partidario de la unidad e integridad de nuestra gran y gloriosa España”.

O 22 de abril contéstalle Pascual Veiga: “He recibido su hermosísima poesía que me ha dejado completamente satisfecho bajo todos puntos de vista, cual no podía por menos de suceder siendo hija de un tan esclarecido ingenio que es honra de Galicia”.

Sumarios

Flag CPLP.gif Cataluña Flag of Spain Outras culturas

Flag CPLP.gif CPLP - Comunidade dos Países de Lingua Portuguesa

Nacen





Morren:

  • Caetano da Costa Alegre (1864 São Tomé).
  • Camilo Castelo Branco suicídase. (São Miguel de Ceide; 1825 Lisboa).
  • Júlio César Machado (Lisboa; ibídem 1835).





Alberto Pimentel: O romance do romancista (Vida de Camilo Castelo Branco).

Antero de Quental: Tendências gerais da Filosofia na segunda metade do século XIX.


António Feijó: Cancioneiro Chinês.


Camilo Castelo Branco: Nas Trevas. Sonetos sentimentaes e humorísticos. É o último libro de Camilo publicado en vida. Estaría case cego, de aí o título.


D. João da Câmara: D. Afonso VI e Meia-noite.


Eugénio de Castro: Oaristos (poemas).


Fialho de Almeida: Pasquinadas.


Guerra Junqueiro: Finis patriae.


Henrique Lopes de Mendonça: Os piratas do norte.


Luís de Magalhães: Notas e impressões.


Raul Brandão: Impressões e Paisagens (conto).


Tomás Ribeiro: Dissonâncias.





Cataluña


Nacen:

Morren:



Àngel Guimerà: Rei i monjo (teatre).

Apel-les Mestres: Margaridó (poema narrativo).


Carles Bosch de la Trinxeria: De ma collita (narrativa).


Joan Martí i Trenchs: La tabola.


Narcís Oller: La febre d‘or (narrativa).


Pere d‘Alcàntara Penya: La peste groga (teatro).

Flag of Spain

Nacen:





Morren:

  • Gumersindo Laverde Ruíz (Santiago; 1835 Estrada, Cantabria). Ver 1888.





Armando Palacio Valdés: La espuma. Emilia Pardo Bazán: Una cristiana e La prueba.


Gonzalo Cantó Villaplana: La leyenda del monje (Con Carlos Arniches).


Leopoldo Alas “Clarín”:Su único hijo.



Marcelino Menéndez Pelayo: enceta a publicación da Antología de poetas líricos (fai un estudo da poesía galega medieval).





Máis culturas:


Nacen:

Morren:.

  • Gottfried Keller (1819 Zurich).



Luis Gonzaga Urbina: Versos.



A. France: Thaïs.


James George Frazer: The Golden Bough. (A rama dourada).


Knut Hamsun: Fame (narrativa).


L’Isle Adam: Axël.


Maurice Maeterlinck: L’intruse (teatro).


Paul Claudel: La ville.


Philippe-Auguste Villiers deZola: A besta humana.

HenriDeToulouse-Lautrec-AtTheMoulinRouge-TheDance-1889-90-VR




Tamén sucedeu...

  • Nacen:

- Man Ray , pintor e fotógrafo. (Filadelfia; 1976 París).

- O fotógrafo Paul Strand (New York; 1976 Orgeval, Francia).

- O director de cine Louis Delluc (1924), principal promotor do impresionismo cinematográfico francés.

- O director de cine Fritz Lang (Viena; 1976 Los Ángeles).

  • Van Gogh: “Retrato do doutor Gachet”; “Campo de trigo con vóo de corvos” e “O axuntamento de Auvers”.
  • Toulouse-Lautrec : “Baile no Moulin Rouge”.
  • En España, Sagasta implanta o sufraxio universal.
  • Nova Lei Electoral.
  • Cánovas forma Goberno. II Congreso do PSOE.
  • Fúndase o Partit Socialista Oportunista.
  • Convócase por primeira vez a xornada do 1º de maio, segundo os acordos do Congreso de París de 1889: “La voz de Pablo Iglesias tenía para mi el timbre inconfundible - e indefinible- de la verdad humana” (Antonio Machado).
  • Folga de mineiros en Vizcaia e do sector téxtil en Barcelona.
  • Alemaña: destitución de Bismarck.
  • Clément Ader consigue que un avión despeque cun salto de 50 m e 20 cm de elevación.
  • Inaugúrase a liña telefónica Londres - París.
  • Desprestixio da Coroa portuguesa que culmina co “ Ultimátum” de Gran Bretaña.
  • Suicidio de Van Gogh (1853).