1886

De Xulipedia
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Flag of Galicia (civil).svg Cultura galega

Nacementos/Pasamentos

Child in diaper icon Nacementos
Literatura
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (Rianxo; 1950 Buenos Aires).
Antón Zapata García (Laxe; 1953 Buenos Aires).
Ánxel del Castillo López (A Coruña; ibídem 1961).
Florentino López Alonso-Cuevillas (Ourense; ibídem 1958).
Johán Vicente Viqueira (Madrid; 1924 Bergondo).
Outros
O ilustrador Roberto Eduardo Padín Rodríguez (Tui; 1950Vigo).
O periodista e escritor Luís Antón del Olmet (Bilbao; 1923 Madrid). Foi deputado datista por Padrón.
O químico e profesor Gonzalo Gallas Novás (Pontevedra; 1955 Granada).
O arquitecto, compositor e director de orquestra Eduardo Rodríguez-Losada Rebellón (A Coruña; ibídem 1973).
Skull.png
Pasamentos
Literatura
Castro Elices Rodríguez (Celanova; ibídem 1847).
José Benito Amado Boullosa (Pontevedra; 1822 Marín).
José María Posada Pereira (Pontevedra; 1817 Vigo).
Laureano Guitián Rubinos (Lalín; 1843 Portomarín.
Outros
Carlos Ibáñez Varela, neto do Marqués de Sargadelos (Madrid; 1824 A Coruña).
O escritor José Castro Pita (1841 Viveiro).

Publicacións

Galegas

  • Alberto Camino (1820-1861): “Amores e dolores”, poema en “O tío Marcos d’a Portela” (25 de abril).
  • Benito Losada Astray : Soazes d‘un vello (tres partes: a 1ª “Afrenta, daga e venera”, terceiro poema narrativo longo en galego, logo dos Contos de aldea (1858) de Pintos e A Virxe do Cristal (1877) de Curros; a 2ª parte é “Poemas varios”, trinta composicións; e a 3ª parte “Contiños da terra”, 19 epigramas).

En “O tío Marcos d’a Portela” (25 de xullo), publica o poema “O conto de mil mentiras”; o 8 de agosto “A festa de Gundian”; o 29 de agosto “Catro cousas”; “A noite de Santos” (24 de outubro); “N-o campo” (14 de novembro); “Desinganos” (5 de decembro).

  • Cesáreo López Pinal : “Sospiros de un segador” en “O tío Marcos d’a Portela” (18 de xullo). “Unha conversa” (8 de agosto). ¡Arrenégote” (22 de agosto). Sostén nesta publicación unha polémica moi sonada con Eladio Rodríguez.
  • Eduardo Núñez Sarmiento : No parrafeo cento doce (21 de xaneiro) de “O tío Marcos d’a Portela” aparece un poema seu dedicado “Ó meu amigo Lisardo Barreiro”. “O últemo adios” (7 de febreiro). “A véritas” (28 de febreiro). “Ás escuras” (24 de marzo). “Lavarada d’amore” (11 de abril). “¡Carafio…! (27 de xuño). “Lamentos d’un xorobado” (31 de outubro). “Escoitade” (7 de novembro). “Unha fábula” (21 de novembro). “Miserias” (5 de decembro). “¡Adios!... (12 de decembro).
    Eduardopondal
  • Eduardo Pondal : Queixumes dos pinos. No parrafeo 156 de “O tío Marcos d’a Portela” (28 de novembro) dáse conta da aparición do libro: “Outra vez vibraron as cordas d’a cuasque celeste lira d’o relembrado poeta Eduardo Pondal. De novo n-as páxinas d’un libro latexan as espranzas, os recordos, as fondas melanconías d’o corazón e d’o esprito d’os celtas”. En “O tío Marcos d’a Portela” (28 de marzo), aparece o seu poema “O castro Nemenzo”.

O 17 de decembro escríbelle Teófilo Braga : “Recebi o delicadissimo brinde litterario das poesias escriptas em lingua gallega e publicadas por Vª Eª. com o titulo melancholico e saudo-affectuoso da sympathia que o meu nome tem encontrado entre os escriptores da Galliza pelo muito amor que dedico à tradição d’este povo de que Portugal é um fragmento. Ha já algumas semanas, o benemerito editor Martinez tinha-me obsequiado com um exemplar dos Queixumes dos pinos; li este livro mimoso à cabeceira de meu filho, que estava doente de uma pleuresia. A magoa que me estava torturando harmonisava-se com essa melodia plangente em que ressumbra a alma da antiga e poetica Galliza. Li o livro com vagar e interesse, e de pagina em pagina destava-se uma composição admiravelmente bella pela ingenuidade simples e pela energia de um sentimento não tanto individual como por vir impregnado da emoção caracteristica d’esse povo. Nos Queixumes dos pinos ha um muito de tradição trovadoresca e dos cantos populares, pelo artificio das estrophes e tambem pela malicia bondosa do vulgo” (páx. 130).

O amigo de Pondal José Antonio Parga Sanjurjo escribe en “Gaceta de Galicia” (Santiago de Compostela 16 de outubro): “Eduardo Pondal está dotado de un temperamento neuropático, y esto nos da la clave de sus poesías afectivas. La hipocondría, y aún la misantropía le dominan […]” (páx. 30). (Manuel Ferreiro: Pondal: do dandysmo á loucura. Biografía e correspondéncia. Laiovento 1991).

Eladio Rodríguez González : “Os gallegos fora d’os lares” (Poema en “O tío Marcos d’a Portela”, 7 de febreiro); “A trullada” (14 de febreiro); “O amañecer n’as aldeas” (21 de febreiro); “A Tomás de Lemos” (14 de marzo); “¡N-a morte de Rosalía Castro! (28 de marzo); “¡Deixádeme!” e “¡Todos soñan…!” (9 de maio); “Ó castro d’Avión” (30 de maio); “Dende o Carballiño. N-o San Antonio” (27 de xuño); “¡Con calma… e de cachaza!... (Ó eminente chispillas señor D. Cesário L. Pinal; 1 de agosto); “A vendima” (19 de setembro).

  • Farruco Fernández Anciles: “A noite de San Xoán” (En “O tío Marcos d’a Portela”, 4 de xullo).
  • Francisco María de la Iglesia : “Desaparecemento d’outra estrela”; “na últema hora d’a céltiga ovatesa Rosalía Castro” (“O tío Marcos d’a Portela” (20 de xuño). Aparece asinado como Francisco d’a Eirexa González.
  • Heraclio Pérez Placer : “Sin agarimo” (“O tío Marcos d’a Portela”, 18 de xullo); “¡Ay…! (1 de agosto); “O pozo d’a Sila” (12 de setembro); “O pozo d’o inferno” (19 de setembro); “Pepa. Un conto con moita historia” (3 e 10 de outubro); “Conto” (17 de outubro); “O emigrado” (28 de novembro); “O pé d’o Barbaña” (26 de decembro).
  • José García Taboada: Nocturnos (poemas en galego e castelán; Córdoba de Tucumán).
  • Juan Manuel Rodríguez de Cea : Fillos de Galicia que na actualidade cultivan no libro ou na prensa o dialeuto gallego. Lixeira idea da súas obras (Memoria premiada no certame literario de “O Galiciano”, publicada no libro “Produciós premeadas…” Pontevedra).
  • L. U. Gris : colabora dende La Habana con algunha composición poética en “O tío Marcos d’a Portela”
  • Manuel Amor Meilán : “Os Reises” (“O tío Marcos d’a Portela”, 14 de febreiro); “O inverno” (24 de febreiro); “A torre d’a insua” (16 de maio); “A muiñeira” (25 de maio); “Ó Batallón Literario de Compostela” (4 de xullo); “N-o tren. Viaxando por Castela” (1 de agosto).
  • Manuel Lois Vázquez : Ensayos literarios. Suspiros del corazón (poesías en galego e castelán) e Don Diego López Pindo (lenda en verso en castelán). Ambas as dúas inéditas.

En “O tío Marcos d’a Portela” (15 de agosto) publica a composición poética “Resultados d’un amor”; o 5 de setembro o artigo “A festa d’o San Vitorio en Maside” o 31 de outubro “A muiñeira”; o 7 de novembro “Por botarse de copreiro”; “Recordos” (21 de novembro); “¡Contestade! (12 de decembro).

  • Manuel Martínez González: “A venganza xusta”. Composición adicada ó excelentísimo señor don Nolasco Aurioles, ex Ministro de Gracia e Xusticia. O tío Marcos d’a Portela, 7 de febreiro.
  • Manuel Murguía : Los Precursores (inaugura a “Biblioteca Gallega” de Andrés Martínez Salazar).
  • Manuel Núñez González : No parrafeo cento doce de “O tío Marcos d’a Portela” (24 de xaneiro) publica o conto “O muíño d’os tíos mariquiñas”. O 31 de xaneiro o poema “Amor pratónico”. O poema “Á memoria d’o pai d’o meu quiridísimo amigo Pedro A. Vidal” (4 de abril). “¡Españoles, As Carolinas!” (11 de xullo). “Contrastes d’a vida” (12 de setembro). “Aurora d’un puro amor” (31 de outubro). “Ingratitú! (26 de decembro).
  • Manuel Yáñez González: “Os xoivos”; égloga en “O tío Marcos d’a Portela” (2 e 9 de maio); “Alborada” (16 de maio); “Os curiales y-a zorra” (23 de maio); “A groria n’a terra” (19 de decembro)
  • Marcial Valladares Núñez : “Inés fiando” (Poema en “O tío Marcos d’a Portela”, 7 de marzo). No parrafeo cento vintedous (4 de abril) aparece o texto “Contos de rapaces”.
  • Nicomedes Pastor Díaz (1811-1863): En “O tío Marcos d’a Portela” (28 de febreiro) aparece o seu poema “A alborada”, datado o 11 de maio de 1828).
  • Ramón Armada Teixeiro estrea na Habana o apropósito lírico-dramático ¡Non máis emigración! (a máis antiga peza teatral do Rexurdimento despois de A fonte do xuramento de 1882). Co pseudónimo de “Chumín de Céltigos” publica en “O tío Marcos d’a Portela” (6 de xuño) a composición poética “Lembranzas e saudades” e o 8 de agosto o artigo “O alalaa…”.
  • Roque Pesqueira Crespo : “Unha romería” (Poema en “O tío Marcos d’a Portela”, 11 de xullo). “Ir por lan, e…” (1 de agosto). “Todo pol-a pátrea” (31 de outubro); “A xerga d’o mundo” (5 de decembro); “O cariño d’a terra” (12 de decembro); composición adicada “ó eminente poeta gallego Valentín Lamas Carvajal dempois de ler o seu libro Espiñas, follas e froles” (12 de decembro); “De noite” (19 de decembro).
  • Roxelio Cibeira : A orfa de San Lourenzo. O 13 de xuño publica en “O tío Marcos d’a Portela” a composición poética “O San Antonio d’o Carballiño”; o 10 de outubro “¡Desquencias”
  • Xan Pelexos: colabora dende Montevideo en “O tío Marcos d’a Portela”.
  • Xavier Valcarce Ocampo : “A volta” poema en “O tío Marcos d’a Portela” (21 de xaneiro); “¡Nin por esas!” (31 de xaneiro); “¡Amocácheme” (25 de xullo).
  • Xesús Rodríguez López : “Cousas d’as mulleres” (“O tío Marcos d’a Portela”, 22, 29 de agosto, 5, 12, 19, 26 de setembro; 3 de outubro).
  • Xosé Benito Amado Boullosa : aparece publicada en “O tío Marcos d’a Portela” (30 de maio e 6 e 13 de xuño) a súa composición “A romería” (1882).
  • Xosé Pérez Ballesteros : “Cantares” en “O tío Marcos d’a Portela” (24 de xaneiro). Máis “Cantares” (31 de xaneiro). “Epígramas” (25 de abril).

Relativas a Galicia

  • Antonio de la Iglesia González: El idioma gallego. Su antigüedad y vida (A Coruña).
  • Comeza a publicarse en Pontevedra o diario “La Justicia”, fundado por Indalecio Armesto (desaparece a mediados de 1890).
  • Tamén en Pontevedra sae o semanario “El látigo”.
  • En Monforte de Lemos e baixo a dirección de Víctor García Casares, aparece o periódico “El Valle de Lemos”.
  • Aparece en Lisboa o 13 de setembro “La Voz Galaica”, subtitulado “Periódico hispano-lusitano. Político. Independiente” e fundado por Isidro Villarino. Tiña unha sección en castelán titulada “Noticias de Galicia” e outra chamada o “Wagón literario”, onde se incluían composicións en galego, portugués ou castelán. (18/07/1887).
  • O 1 de outubro nace en Betanzos o semanario “O Antroido”, “Trangallada pa todol-os xueves de todal-as semás de todol-os anos. Amén”, dirixido por Ánxel Vázquez Taboada e redactado en galego.
  • Co mesmo nome de "O Antroido" ve a luz en La Habana, un pequeno e efímero periódico bilingüe.
  • José Fontenla Leal e Secundino Cores fundan tamén en La Habana a revista mensual, bilingüe, de curta duración “Revista de Galicia”.
  • O 17 de outubro ve a luz en Santiago o semanario “Café con gotas” (1892).
  • O 29 de abril, sae en Mondoñedo, aínda que impreso en Madrid, o semanario “El Farol”, subtitulado “Periódico verdaderamente serio, aunque parezca broma”. Fundado por José López y López, desaparece o 28 de novembro deste ano.
  • En Bergondo, baixo a dirección de Hipólito Codesido Sánchez sae o 21 de maio o primeiro número de “Las Mariñas”, co subtítulo de “Periódico de intereses generales”. Este ano organiza un certame literario. O derradeiro número será o 182 do 5-11-1893.
  • A revista “O Galiciano” convoca na parola 88 (1 de xuño) un certame galego literario-musical co gallo das festas da Peregrina en Pontevedra. Nas parolas 95 e 96 recóllense as composicións participantes e na 97 infórmase das premiadas que aparecerán este ano nun volume titulado Produciós premeadas no certame literario de “O Galiciano”. Entre elas destacan o traballo de Rodríguez de Cea Fillos de Galicia que na autualidade cultivan no libro ou na prensa o dialeuto gallego. Lixeira idea das súas obras e a peza teatral de Roxelio Cibeira A horfa de San Lourenzo, así como poemas de Labarta Pose (“Unha corrida de touros en Noya”), Brañas, Adolfo Mosquera e Heliodoro Cid.
  • Na Coruña sae o 7-12 o número 1 da revista “Murmullos literarios”. Os seus directores foron Eugenio Mañach Couceiro e logo Manuel Amor Meilán (28-1-1887).
  • Aparece en Ourense o periódico “La opinión liberal”.
  • O 1 de outubro preséntase en Pontevedra o número 1 do periódico “La tranca”, dirixido probablemente por Ricardo Miser.
  • Desaparece “Galicia Cómica” (Pontevedra 1885).
  • Antonio de la Iglesia González: El idioma gallego.
  • Antonio San Martín: El casamiento de Quevedo (Madrid).
  • Jesús Muruais Rodríguez: Episodios de la guerra de la Independencia.
  • José María Martínez de Pazos, profesor de Oratoria no Seminario de Santiago: Oratoria sagrada: "Y desde luego que no se ha de llevar al púlpito ese acento que por el roce con los extranjeros se contrae la mala costumbre de hablar como ellos. Ni tampoco se ha de llevar al púlpito el acento provincial que, por poco caracterizado que sea, no gusta, en especial si difiere mucho". (Carlos Callón: O libro negro da lingua galega. Xerais 2022.
  • Juan Loureiro. Cuento trágico.
  • Leandro de Saralegui y Medina: Galicia y sus poetas. (Ferrol).
  • Luís Otero Pimentel: Semblanzas caballerescas o las nuevas aventuras de Don Quijote de la Mancha.(Habana. Imprenta y Papelería de El Eco Militar).
  • Salvador Golpe Varela: Memoria sobre el folklore gallego en 1884-85.
  • Sofía Casanova: Poesías (Madrid).

Acontecementos

  • Curros constata a existencia dunha nova burguesía rural caciquil que está desprazando á antiga aristocrácia no poema “O último fidalgo”:

“O dono derradeiro,

védelo, ahí vai, miraino…

cuberto co-a coroza,

calzado o zoco,

c’os seus bois falando,

encamíñase á vila

para n.ela vender

d’estrume un carro

e contentar c’o voto,

-feroz limosna que lle arroxa o Estado-

ó seu señor d’agora.

que onte foi seu escravo!

Este poema completo máis “O Ciprianillo” aparece publicado en “O tío Marcos d’a Portela” (18 de abril).

Puente internacional
  • Revolta campesiña na Coruña.
  • Eugenio Montero Ríos presenta un proxecto de redención de foros.
  • Certame Literario Musical de Pontevedra, presidido por Murguía, no que se insiste na necesidade de rehabilitar o idioma galego e na valoración histórica do autonomismo galego.
  • A economía galega está baseada dende o punto de vista da exportación, na carne que se vende ao mercado de Londres. O sal necesario para conservar a carne resulta caro polo que o contrabando con Portugal era moi grande:

“Polos gardas fronteiros atrapado,

vindo de Portugal,

entróu, sobre unha besta esmiolado,

o traficante en sal” (“As cartas” Curros Enríquez).

  • A Pardo Bazán coñece en París a Zola e os irmáns Goncourt.
  • Ábrese ao tráfico a ponte internacional do Miño en Tui.

Premios

  • Alfredo Brañas premiado cunha rosa de prata e ouro no “Certamen Gallego Literario” celebrado en Pontevedra o 9 de agosto polo seu poema “A víspora de San Xuan”. Será publicado o 15-03-1888 en “Galicia Humorística”. Tamén aparece o 25 de marzo de 1888 en “O tío Marcos d’a Portela” e no 1890 no semanario “A Monteira” a partir do número 24 (15 de marzo).
  • Premiada en Pontevedra a novela de Manuel Amor Meilán Xuana, novela de costumes gallegas, nun certame promovido polo periódico “O Galiciano”.

Mail-client-Breeze-Icon.svgEpistolario


O 17 de decembro escríbelle Teófilo Braga a Eduardo Pondal: “Recebi o delicadissimo brinde litterario das poesias escriptas em lingua gallega e publicadas por Vª Eª. com o titulo melancholico e saudo-affectuoso da sympathia que o meu nome tem encontrado entre os escriptores da Galliza pelo muito amor que dedico à tradição d’este povo de que Portugal é um fragmento. Ha já algumas semanas, o benemerito editor Martinez tinha-me obsequiado com um exemplar dos Queixumes dos pinos; li este livro mimoso à cabeceira de meu filho, que estava doente de uma pleuresia. A magoa que me estava torturando harmonisava-se com essa melodia plangente em que ressumbra a alma da antiga e poetica Galliza. Li o livro com vagar e interesse, e de pagina em pagina destava-se uma composição admiravelmente bella pela ingenuidade simples e pela energia de um sentimento não tanto individual como por vir impregnado da emoção caracteristica d’esse povo. Nos Queixumes dos pinos ha um muito de tradição trovadoresca e dos cantos populares, pelo artificio das estrophes e tambem pela malicia bondosa do vulgo” (páx. 130).(Manuel Ferreiro: Pondal: do dandysmo á loucura. Biografía e correspondéncia. Laiovento 1991).

Sumarios

Flag CPLP.gif Cataluña Flag of Spain Outras culturas

Flag CPLP.gif CPLP - Comunidade dos Países de Lingua Portuguesa

Nacen



Morren:

  • Cesário Verde (Lisboa; ibídem 1855).




Antero de Quental: Sonetos completos.


Camilo Castelo Branco: Vulcões de Lama.


Gomes Leal: O anticristo.


Luís de Magalhães: O brasileiro Soares (Con prólogo de Eça de Queirós).


Sampaio Bruno:A Geração Nova.




Cataluña


Nacen:

Morren:



Almirall: Lo catalanisme.


Àngel Guimerà: El fill del rei.


Emili Vilanova: Escenes barcelonines (artigos).


Jacint Verdaguer: Canigó. Viaxa a Terra Santa, iniciándose en prácticas de exorcismos.


Joan Martí i Trenchs: La boira.

Flag of Spain



Nacen:



Morren:



Emilia Pardo Bazán: Los pazos de Ulloa.


Galdós: Fortunata y Jacinta.


Leopoldo Alas “Clarín”: Pipá.


Ramón de Campoamor: Humoradas.



Máis culturas:


Nacen:


Morren:.

  • Emily Dickinson (1830 Amherst, Massachusetts).
  • Louis-Charles Barbara (París; 1817 Orleans).


Rufino José Cuervo Urisarri: publica o primeiro tomo do Diccionario de construcción y régimen de la lengua castellana.


José Rizal: Noli me tangere (Berlín; novela na que denuncia os abusos da administración española e que foi prohibida en Filipinas).




Antón Pávlovich Chéjov: Sobre os males que provoca o tabaco. Traducida ao galego por Francisco Pillado Mayor para a Biblioteca Galega de Clásicos Universais.


Gabriele d’Annunzio:San Pantaleone.


Leon Bloy: O desesperado.


Liev Tolstoi: A morte de Ivan Llich.


Octave Mirbeau: Le calvaire.


Philippe-Auguste Villiers de L’Isle Adam: L’Eve future.


Rimbaud: Les illuminations, escrita entre 1873 e 1875 pero publicada no 1886.


Robert Louis Stevenson: Doctor Jekyll and mister Hyde.


Thomas Hardy: The mayor of Casterbridge.


Vernon Lee (Violet Page): Un amante fantasma. Traducida do inglés ao galego no 2015 por Antía Veres Gesto para a editorial Hugin e Munin).



Tamén sucedeu...

  • Nacen:

- Afonso XIII (Madrid; 1941 Roma).

- O pintor José Gutiérrez Solana (Madrid; ibídem 1945).

  • Van Gogh instálase en París, onde coñece a Toulouse-Lautrec, Bernard, Pissarro, Seurat, Signat e sobre todo a Gauguin.
  • Edgar Degas: “Le tub”.
  • Coalición electoral republicana.
  • Pablo Iglesias Posse director do semanario “El socialista”.
  • O 25 de marzo inaugúrase a Ponte Vella Internacional Tui-Valença, deseñada por Pelayo Mancebo y Ágreda e que xa se rematara no 1884.
  • Tratado comercial con Inglaterra.
  • Folga de traballadores en Chicago para reclamar a xornada laboral de oito horas. Cinco traballadores serán condenados a morte. Para conmemorar estes feitos o Congreso Obreiro Socialista declara o 1 de maio como o día dos traballadores.
  • Gerónimo renuncia á loita armada, rematando a guerra india en Estados Unidos.
  • Proxecto hidroeléctrico para aproveitar a enerxía das Fervenzas do Niágara.
  • Morre o compositor Franz Liszt (1811 Raiding, Imperio austríaco).