1884

De Xulipedia
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Flag of Galicia (civil).svg Cultura galega

Nacementos/Pasamentos

Child in diaper icon Nacementos
Literatura
Antón Losada Diéguez (Moldes, Boborás; 1929 Pontevedra).
Daniel Pernas Nieto (Quende, Abadín; 1946 Mondoñedo).
Eugenio Vázquez Gundín (Santiago; 1977 A Coruña).
Isabel López Lajas (Valverde do Fresno, Estremadura; 1967).
José María López (Vilaboa, Lugo; ibídem 1931).
Teolindo Cortiña Toural “Antón de Sirgal” (Toldaos, O Incio; ibídem 1972).
Vicente Risco (Ourense; ibídem 1963).
Outros
O médico e promotor de iniciativas para a cultura de Galicia Juan López Suárez “Xan de Forcados” (O Saviñao; 1970 Madrid).
O político republicano e avogado Santiago Casares Quiroga (A Coruña; 1950 París).
O escritor Camilo Cancio Quindós (A Fonsagrada; 1918 Vigo).
O arqueólogo, sacerdote e escritor Xesús Carro García (Santiago; ibídem 1973).
O líder sindical Severino Chacón Vergueiro (A Estrada; ibídem 1978)
Virxinia Pereira Renda, viúva de Castelao (A Estrada; 1969 Madrid).
Skull.png
Pasamentos
Literatura
Outros

Publicacións

Galegas

  • Alberto García Ferreiro: “O meu Abel” poema en “O tío Marcos d’a Portela” (9 de marzo), “O noso encontro” (16 de marzo); “Recordos d’un fiadeiro” (23 de marzo) e “¡Remembranzas!, datada en Vigo, agosto de 1883 (26 de outubro).
  • Alfredo Brañas : “O avellón”, poema en “O tío Marcos d’a Portela” (16 de novembro), co texto “A poesia O avellon que ve a luz n-este parrafeo foi premeada n-os derradeiros xogos frorales d’a Cruña. De todo corazón doulle os laudes ó seu autor D. Alfredo Brañas pol-o rematadamente ben que pintou a noxosa costume, y-as gracias mais cumpridas pol-a autorizacion que me deu pra publicala. Queira Dios que non se durma n-as pallas e que logo nos amostre outra proba d’o seu inxenio, pois boa falta lle fai a Galicia que os poetas canten n-a sua fala as suas grorias e combatan os seus defeutos”.
  • Andrés Muruais Rodríguez (1851-1882): aparece un poema seu titulado “Unha de paus” en “O tío Marcos d’a Portela” (3 de febreiro) e “O bautismo” (27 de abril).
  • Benito Losada : Hai un poema seu en “O tío Marcos d’a Portela” (17 de febreiro): “Non faledes deso”; outro o 23 de marzo “Probe pai” e “A cunca d’auga” o 14 de setembro.
  • Bernardo Barreiro de V. V.: Aparece publicado o 2 de marzo en “O tío Marcos d’a Portela un poema seu en galego titulado “O desterro (Camiño de Portugal)” datado en Buenos Aires no 1879, a onde marchara por razóns políticas por segunda vez.
  • Eduardo Álvarez Pertierra : Aparece publicado en “O tío Marcos d’a Portela” o 20 e 27 de abril e 4 e 11 de maio o seu único poema en galego “A romería”, premiado nos Xogos Florais de Santiago no 1875.
  • Emilio Saco e Brey: No número do 2 de marzo hai un poema seu en “O tío Marcos d’a Portela” titulado “A os paxaros”.
  • Francisco Añón Paz (1812-1878): No “Parrafeo trinta e tres” de “O tío Marcos d’a Portela” (29 de xuño) publícase o seu poema “Ó meu querido amigo X. B. N.” (Xan Bautista Neira, que se salvou nun descarrilamento ferroviario).

“Maldito o ferrocarril,

carro con lume e vapor,

que cual lóstrego sutil

arrebata de Madril

o meu amigo millor” (…)

E o 3 de agosto “A Galicia”.

  • Lamas Carvajal : “O namorado ausente” en “O tío Marcos d’a Portela” (18 de maio); “Carta d‘o abade d’Armenteira a súa nai” (25 de maio); “A cruz d’os farrapos” (15 de xuño); “O demo y-a nai. Tradición gallega” (6 de xullo); “O berme” (31 de agosto); “Á memoria d’o ilustre poeta gallego Francisco Añón” (8 de novembro).
  • Leiras Pulpeiro : publica os seus dous primeiros poemas en “O tío Marcos d’a Portela”; (“E mais non llo digo” 14/09/84 e “Tal pra cal 2/11/84”).
  • Lisardo Rodríguez Barreiro : Muestras sin valor (poemario bilingüe). No “Parrafeo coarenta” de “O tío Marcos d’a Portela” aparece o poema “Conto”, dedicado a Xesús Muruais.
    Manuscrito dun poema de En las orillas del Sar
  • Manuel Comellas : “Pensando en ti”. Poema en “O tío Marcos d’a Portela” (18 de maio).
  • Manuel Martínez González: A fiada. Aparecerá publicada en “O tío Marcos d’a Portela” (24 de agosto) como “Premiada n-os derradeiros xogos frorales de Pontevedra”. No “Parrafeo vint’e seis” de “O tío Marcos da Portela” (11 de maio), aparece o seu poema “Un conto de ratos”; o 1 de xuño “Rarezas”; o 29 de xuño “Cantares d’a aldea”; o 3 e o 10 de agosto “A volta d’o soldado”; “A Compaña”, “premiada nos derradeiros xogos frorales d’a Cruña” o 7 de setembro e o 30 de novembro “Rodrigo Gomez”.
  • Roque Grilo Berzas (Remigio Garrido Bouzas) : Intervén no “Parrafeo vint’e dous” (13 de abril) de “O tío Marcos d’a Portela”, tamén no “vint’e tres” (20 de abril) e no “cincoenta e catro” (23 de novembro).
  • Rosalía de Castro: En las orillas del Sar e "Dende as fartas orelas do Mondego" (poema en “Almanach das senhoras para 1885”; Lisboa). O 18 de maio, escríbelle Eduardo Pondal: “Ávidamente y con placer indecible he leído las estrofas de su última colección poética En las orillas del Sar. Escuso decir a V. que todas, todas, me parecieron muy bellas; y aún cuando sus brillantes trabajos anteriores no vinieran en su abono, el que ahora nos presenta bastaría por si solo a manifestarla no como poetisa sino como poeta insigne”. (Manuel Ferreiro: Pondal: do dandysmo á loucura. Biografía e correspondéncia. Laiovento 1991).
  • X. Barcia Caballero : “O arco d’a vella”, poema en “O tío Marcos d’a Portela” (23 de novembro) acompañado do texto “Premeado con pruma d’ouro e prata no certáme de Vigo”.
  • Xosé Tresguerras y Melo : “Noites d’inverno n’aldea”. Poema en “O tío Marcos d’a Portela” (30 de marzo).
  • A “Revista de la Sociedad Económica de Amigos del País” (1882), publica un número extraordinario que se titulou “El primer centenario”, no que aparece unha mostra de poesía popular costumista recolleita por Marcial Valladares e o soneto “Ó pé da crus” de José Pérez Ballesteros.
  • Aparece en Pontevedra a revista monolingüe en galego “ O Galiciano ”, fundado por Rufino Ribera Losada , que se publicaba nas feiras do mes (días 1,8,15,23). Neste ano a revista organiza uns Xogos Florais bilingües nos que resultan gañadores na parte galega Martínez González, Filomena Dato, Xosé Casal, Álvarez Giménez e Pérez Ballesteros. O 24 de agosto en “O tío Marcos d’a Portela” pódese ler: “Alabado sexa Dios que xa non anda solo por estas terras de Galicia “O Tío Marcos d’a Portela”. Xa ten un compañeiro de monteira, un gallego d’os enxebres que non s’avergonza de falar n-a nosa melosiña fala, e que chova que neve sairá pol-as ruas de Pontevedra todol-os días de feira n-aquela vila…”.

Relativas a Galicia

  • En Pontevedra nace o periódico semanal “El Chisme”, dirixido por Albino Simán.
  • En Lugo, Aureliano José Pereira de la Riva dirixe o diario “El Regional”.
  • Federico Rodríguez Arosa e Emiliano Taboada Fernández fundan “El Diario de Vigo”.
  • Sae en Santiago o 15 de maio a revista mensual “El Eco Franciscano”, que chegaría a tirar preto de 1.500 números. (Outubro de 1968).
  • Ve a luz “La Opinión”, subtitulado “Diario de Pontevedra”.
  • Desaparece en Ourense a revista “Galicia Literaria” (1883).
  • Antonio García Vázquez de Queipo: Vicios de la locución de los naturales de Galicia (Santiago).
  • José Villa-amil y Castro: Los foros de Galicia en la Edad Media (Madrid).
  • Manuel Amor Meilán: Desde la honradez al crimen.
  • Nicolás Taboada Fernández: A don Pedro Calderón de la Barca e El combate del Callao (Madrid).
  • Telesforo Ojea y Somoza: El parlamentarismo e Los derechos individuales ¿son legislables?.

Acontecementos

  • No “Parrafeo coarenta e dous” (31 de agosto) de “O tío Marcos d’a Portela” lese: “En Pontevedra, según vexo pol-os periódicos d’aló, a chegada d’o gran poeta Balaguer, presidente d’os xogos frorales, causou un vivo antusiasmo pol-as cousas de Cataluña”.
  • O 7 de setembro, na mesma publicación infórmase da chegada de Cánovas, Presidente do Consello de Ministros, a Ourense e remata da seguinte maneira: “Os que turran pol-o sacho, os qu’â forza de traballo nos mantemos, quedámonos como si tal cousa, pois sabemos por esperiencia que d’estes viaxes e de semellantes visitas non ha de virnos nada que sexa de proveito”.
  • No “Parrafeo coarenta e seis” (28 de setembro) pódese ler: “O alcalde d’o Carballiño denuncioume por inxurias. A xusticia entroume pol-a porta. O alcalde quéixase de que o inxuriey en non suporlle talento, e por chamarlle alcalde en estado de canuto.(…) Pol-o de hoxe sol-o vos direi, que teño deprendido que o alcalde d’o Carballiño deu ese paso pra m’asentar as costuras, pois como foi xastre, inda qu’agora deixou a agulla pol-a vara, quere de vez en cando volver âs andadas do oficio. Desque deixou de tocar o cornetín de piston n-a murga de Banga, xa se vé… desafina que dá xénio”. A polémica continúa nos parrafeos seguintes: Agora si lle dixera que non tiña talento xa era outro cantar, pois pol-a nova xa non se di eres muy burro pr’a alcalde porque s’estila decir que alcalde tan bô pra burro. E non hay que lle dar voltas que o oficio de alcalde ándavos perdidiño. De calquera se vota mau pra facer un pra sair d’apuros” (5 de outubro).


O asunto chega tamén a outras publicacións: En “O Galiciano”: “Se o alcalde d’o Carballiño naceu pra turrar pol-a agulla; pra darll’ô piston, ou ser un alcalde de idem n-a murga de Banga, aconséllolle que deix’a vara e tome a agulla pois d’o contrario sàlenlle mal sentadas-as costuras”.


No mesmo “parrafeo” do 5 de outubro dise:“Todol-os periódicos de Madril e provincias dánlle unha deluva ó alcalde d’o Carballiño pol-a mor d’a denuncia que me prantou n-o Xuzgado por non suporlle talento. Un d’eles proponme que n-o caso cuase imposibre de que fallen contra min, que pida que o chamen a un ensamen n-o que probe que ten algo d’eso que sabe d´’oubidas e que non abonda moito n-os alcaldes d’os nosos tempos”. Xa no “Parrafeo coarenta e nove” do 19 de outubro dáse conta do procesamento: ¿Si coidara o alcalde d’o Carballiño que ô poñerlle a vara n-a mau lle meteron o talento n-a cabeza? E inda que se fixese tal milagre, en que libro viu escrito que os vellos que xa chochean como a min e que viron rubir e baixar a mais alcaldes que grilos cantan entr’o centeo pol-o vrau, teñan queiras ou non queiras, pol-as boas ou pol-as malas falando c’os veciños ou co-a xusticia, por escrito ou de palabra, que supoñerlle talento a quen-o teña ou deixe de telo?

  • O diario santiagués “El Libredón”, no nº 2160 (19-04) dá conta dun certame literario organizado en Ourense co gallo da erección dunha estatua ao Padre Feijóo. A inauguración tería lugar o 8 de setembro de 1887, obra do escultor Juan Soler.
  • Antonio Machado y Álvarez “Demófilo” funda a “Biblioteca de las Tradiciones Populares Españolas”.
  • Inaugúrase a sociedade “El Folklore Gallego” que presidiu Emilia Pardo Bazán.
  • Manuel Lugrís Freire é nomeado vocal da Xunta Directiva do Centro Galego de La Habana.

Premios

Premiada nos Juegos Florales de Pontevedra a Biografía del R. P. Fray Martín Sarmiento y noticia de sus obras de Emilio Álvarez Giménez.

Biografía de Sarmiento

Mail-client-Breeze-Icon.svgEpistolario

O 18 de maio, escríbelle Eduardo Pondal a Rosalía de Castro: “Ávidamente y con placer indecible he leído las estrofas de su última colección poética En las orillas del Sar. Escuso decir a V. que todas, todas, me parecieron muy bellas; y aún cuando sus brillantes trabajos anteriores no vinieran en su abono, el que ahora nos presenta bastaría por si solo a manifestarla no como poetisa sino como poeta insigne”.

Sumarios

Flag CPLP.gif Cataluña Flag of Spain Outras culturas

Flag CPLP.gif CPLP - Comunidade dos Países de Lingua Portuguesa

Nacen





Morren:


Latino Coelho: Vasco da Gama.


Luís de Magalhães: Odes e canções.


Teófilo Braga: Miragens seculares.




Cataluña


Nacen:

Morren:

  • Manuel Milà i Fontanals (1818 Vilafranca del Penedès).
  • Tomàs Aguiló i Fuster (1812 Palma de Mallorca).



Narcís Oller: L‘ escanyapobres. Estudi d‘una passió (narrativa).


Víctor Balaguer é convidado a oficiar de Mantedor dos Xogos Florais de Pontevedra. En “La Ilustració Catalana V”, 258 anúnciase que chegou a Vilanova i Geltrú Víctor Balaguer: “de regrés de son viatje á Pontevedra, ahont tingué l’honra de confondres en estreta abrassada ab lo senyor Montero Rios, president dels Jochs Florals de Galicia”.

Flag of Spain



Nacen:




Morren:


Concepción Arenal: La mujer del porvenir.

Galdós: La de Bringas e Lo prohibido.


José M. de Pereda: Sotileza.


José Ortega Munilla: Cleopatra Pérez.


Leopoldo Alas “Clarín”: La Regenta (1º tomo). Con data de 23 de febreiro de 1885 escríbelle M. Menéndez y Pelayo: “… Así y todo, he leído La Regenta (el primer tomo, se entiende)… El estilo me ha parecido enteramente maduro… La prosa de Vd. ha ganado mucho en precisión, y al mismo tiempo en jugo y en virtud descriptiva… La narración me parece magistral, y el diálogo muy sabroso. En cuanto a las figuras principales, el Magistral y la Regenta, las encuentro demasiado complicadas y, por decirlo así, compuestas y menos próximas a la realidad que los personajes secundarios, en los cuales ha estado Vd. felicísimo, creando tipos dignos del mismo Balzac o del mismo Flaubert. Con todo (y se lo digo a Vd. con ingenuidad de verdadero amigo), no me acaban de parecer artísticos ciertos tonos crudos que harán de fijo que las gentes de Oviedo le saquen a Vd. los ojos”. (Epistolario. M. Menéndez y Pelayo / Leopoldo Alas Clarín. Ediciones Escorial. Madrid 1943).


Marcelino Menéndez Pelayo. Estudios de crítica literaria (1884-1908).


Núñez de Arce: La pesca.







Máis culturas:


Nacen:



Morren:.



Engels: A orixe da familia, a propiedade privada e o estado.


Henrik Ibsen: O pato salvaxe (teatro).


Joris-Karl Huysmans: A rebours. Traducida ao galego por Isabel Soto no 2016 por Editorial Hugin e Munin: A contrafío.


Mark Twain: As aventuras de Huckleberry Finn.


Tamén sucedeu...''''