1881

De Xulipedia
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Flag of Galicia (civil).svg Cultura galega

Nacementos/Pasamentos

Child in diaper icon Nacementos
Literatura
Antón Villar Ponte (Viveiro; 1936 A Coruña).
Manuel Pérez Martínez (Tabagón, O Rosal; 1951 Leirado, Salvaterra de Miño).
Xermán Alonso Hortas (Lugo; ibídem 1937). Publicou algún poema en galego na prensa luguesa.
Outros
O escritor Victoriano García Martí (A Pobra do Caramiñal; 1966 Santiago de Compostela).
O escritor Eduardo Dieste (Uruguai; 1954 Santiago de Chile).
O pintor José Seijo Rubio (Madrid; 1970 A Coruña).
O músico Ricardo Fernández Carreira (Caldas de Reis; 1959 Santiago).
En Santa Mariña do Rosal nace Domingo Álvarez Álvarez ( 1967Tomiño), que dedicou especial atención ás xergas gremiais.
O escritor Agapito Francisco Pajares Ojeros “Nicasio Pajares” (Padrón; ibídem 1956).
O poeta Enrique Pérez Ardá (A Coruña; 1926).
O alcalde coruñés Alfredo Suárez Ferrín (A Coruña; ibídem 1936). Asasinado.
Skull.png
Pasamentos
Literatura
Francisco Fernández Anciles (Pontevedra; ibídem 1810).
Juan Antonio Saco y Arce (Ourense; 1835 Alongos, Ourense).
Outros
O músico Marcial del Adalid (Lóngora, A Coruña; 1826 A Coruña).

Publicacións

Galegas

  • Juan Antonio Saco y Arce : Literatura popular de Galicia. Colección de coplas, villancicos, diálogos, romances, cuentos y refranes gallegos (só saíron os primeiros cadernos).
    Literatura popular saco y arce.jpg
  • Publícase en Imola un manual de portugués e galego, elaborado por Francesco d´ Ovidio (a Gramática) e Ernesto Monaci (a Crestomatía), no que figura o poema de Rosalía “Adiós ríos; adiós fontes”, xunto con outro poema de Luís Corral e 63 refráns. Todos eles foron tomados dos apéndices literarios da Gramática gallega de Juan Antonio Saco y Arce, publicada en Lugo en 1868.

Relativas a Galicia

  • Rosalía de Castro: El primer loco e Costumbres gallegas (Los lunes de El Imparcial, Madrid, 28-3-1881 a 4-4-1881.
  • Aparece en Ourense a revista “Literatura Popular”, dirixida por Antonio Saco y Arce.
  • O 2 de decembro aparece en Pontevedra a publicación semanal, dirixida por Antolín Mosquera Montes “La Voz de Suevia”. O último número é o 30, do 26 de maio de 1882.
  • Dirixido por Andrés Muruais, ve a luz (7-04) “El Independiente”, subtitulado “Periódico de Pontevedra. Defensor de los intereses de Galicia” (5-09-1882).
  • O 3 de xaneiro ve a luz en Ribadeo o semanario “Las riberas del Eo”, fundado por José Mª Páez Cancio.
  • Editada en Montevideo, aparece a revista bilingüe “La unión gallega”. Pasará por dúas épocas: 18-08-1881 ata o 1-1-1889 e dende o 1-1-1892 ata o 12-06-1892.
  • Deixa de publicarse (28 de decembro) a revista “La Ilustración Gallega y Asturiana” (1879).
  • Alfredo Brañas: Borradores de versos e La eternidad.
  • Emilio Saco y Brey: La emigración en Galicia y Asturias (Madrid).
  • Juan Barcia Caballero: La cuestión palpitante. Cartas amistosas a la Sra Dª Emilia Pardo Bazán.
  • Ramón García Vicetto: Cuentos vigueses.
  • Víctor García Casares: “El bosque de la muerte” (poema baseado nunha lenda local; Monforte).

Acontecementos

  • O REXIONALISMO (1881-1900).
  • Curros apela en segunda instancia ante a Sala de lo Criminal de la Audiencia da Coruña os días 4 e 5 de marzo, sendo defendido polo abogado Luciano Puga y Blanco. O 11 de marzo sae absolto:

“Ti apareciche entón. Pasmada a xente

viute rubir colérico á tribuna,

desguedellado como un león ruxente

e da lei apoiado na coluna

esmagar baixo a garra prepotente

ós verdugos do vate sin fortuna”.

(“A Luciano Puga”. Curros).

Na segunda edición de Aires da Miña Terra de Curros inclúense en case cen páxinas, as alegacións de Paz Novoa e de Luciano Puga nos dous xuízos do poeta.

Ilustacio catalana.jpg
  • En La Ilustració Catalana II , dentro da sección “Llibres rebuts”, aparece a recensión sen asinar, da segunda edición de “Aires da miña terra”:

"En Curros Enriquez es un poeta de debó y per lo tant está acostumat á viure massa enlayre...L’autor d’A imigracion y de la cántiga te obligació d’escriure per be de sa terra, sens que’l fassi aturar la falta d’una felicitar que com hem dit ni hi ha ni hi pot haver en la terra. Contentis en somiarla que’en aixó está la poesia".

"No hi ha cap terra com Galicia á propósit per produhir temperaments com los del autor que’ns ocupa, abandonada á sa mala sort y á sa miseria por desidia dels gobernants que no han sapigut contenir à temps lo cami de sa emigració y per tant de sa ruina, lo fill d ́aquell pais que plé d’aspiracions se troba contrariat en tot, educantse en l’escola del infortuni, arriva á llensarse en brassos del aburriment y de la decepció més escéptica. En Curros Enríquez te alas per volar molt alt, més per desgracia lo dolor l’ha ferit en sa brillant carrera y va cayent aplomat sobre un abisme".

  • O 31 de marzo chega a Ourense a primeira locomotora, dende Madrid:

“Velaí vén, velaí vén, tan oupada,

tan milagrosiña, con paso tan meigo,

que parece unha Nosa Señora,

unha Nosa Señora de ferro.


Tras dela non veñen

abades nin cregos;

mais vén a fartura

¡i a luz i o progreso!”

(“Na chegada a Ourense da primeira locomotora”. Curros Enríquez).

  • Ten lugar o Banquete Democrático de Santiago no que le un poema Eduardo Pondal.
  • Di Raymond Carr en España 1808-1936: “ La característica más acentuada del renacimiento religioso fue una recatolización de la clase alta, en la que la aristocrácia marcó la pauta […] La recatolización de la clase alta española, especialmente evidente en el control de la enseñanza secundaria por las órdenes religiosas y en el intento de reconquistar a los trabajadores para la Iglesia, no dejó de ser disputada”. Os liberais ortodoxos e anticlericais reaccionaron fortemente contra este movemento:

“Mais ¿que fas nese altar roubando preces,

xenio da intolerancia soberano,

ti quen tan solo maldiciós mereces?”

(“Diante unha imaxe de Íñigo de Loyola” de Curros Enríquez).

Premios

Mail-client-Breeze-Icon.svgEpistolario

En carta a Manuel Murguía (13 de novembro) escribe Eduardo Pondal: “Sé que en nuestra Ilustración ha publicado el retrato de Curros Enríquez. Estoy admirado del éxito del mozo orensano y de cómo y cuánto se le festeja; y no puedo comprender cómo habiendo en nuestra tierra escritores de tanta nota como Don Manuel Murguía y Doña Rosalía de Castro y otros se exhiben primero en los periódicos que autorizan la región los retratos de personas comparativamente insignificantes. No comprendo estas cosas, y perdóneme el amigo Vicenti y compañía…”. (Alfredo Vicenti, encarregado da sección bibliográfica de “La Ilustración Gallega y Asturiana” publicara unha recensión da 2ª edición de Aires da Miña Terra o 18 de xuño e xa antes fixera outra recensión da 1ª edición (18-07-1880), na que afirmaba que o libro de Curros “es la mejor colección gallega, la más genuina, la más hondamente provincial que de algunos años acá se ha publicado en Galicia”. (Manuel Ferreiro: Pondal: do dandysmo á loucura. Biografía e correspondéncia. Laiovento 1991).


Rosalía: El primer loco e Costumbres gallegas (Los lunes de El Imparcial, Madrid, 28-3-1881 a 4-4-1881. Gran polémica por sinalar a pervivencia no noso país do costume da “prostitución hospitalaria”, que consistía en ofrecer algunha das mulleres da familia ao mariñeiro que arribaba á costa tras unha longa travesía. A raíz das críticas escríbelle a Murguía en carta asinada en Lestrove o 25 de xullo de 1881. “Se atreven a decir que es fuerza que me rehabilite ante Galicia. ¿Rehabilitarme de qué? ¿De haber hecho todo lo que en mí cupo por su engrandecimiento? El país sí que es el que tiene que rehabilitarse para con los escritores, a quienes, aún cuando no sea más que por la buena fe y entusiasmo con que por él han trabajado, les debe una estimación y respeto que no saben darles y que guardan para lo que no quiero ahora mentar. (…) Hazle, pues, presente al editor (...) mi resolución de no volver a coger la pluma para nada que pertenezca a este país, ni menos escribir en gallego”. Rosalía mantivo a súa promesa e non volveu publicar en España, ningún escrito en galego, aínda que si en Lisboa en 1884).


En carta de Rosalía a Eduardo Pondal dende Lestrove (10 de xullo) escribía: “…Trabajo, pues, amigo Pondal, porque las circunstancias me obligan a ello y al trabajar, lo hago como puedo y sé, en aquello que siento y es más grato a mi corazón: el enaltecimiento de nuestra amada Galicia”.

Sumarios

Flag CPLP.gif Cataluña Flag of Spain Outras culturas

Flag CPLP.gif CPLP - Comunidade dos Países de Lingua Portuguesa

Nacen





Morren:


Fialho de Almeida: Contos.

Gomes Leal: A traição.


Luís de Magalhães: Navegações.


Machado de Assis (Brasil): Memórias póstumas de Brás Cubas. Obra que marca o inicio do realismo no Brasil.


Oliveira Martins: As Raças Humanas e a Civilização Primitiva.





Cataluña


Nacen:

Morren:



Emili Vilanova: Quadros populars (artigos).


Jaume Massó i Torrents funda a revista “L‘Avenç”.


Martí Genís i Aguilar: Quadros del cor.

Flag of Spain


Nacen:





Morren:

  • Eulogio Florentino Sanz (Madrid; 1822 Arévalo).
  • Ventura Ruiz Aguilera (1820 Salamanca).





Echegaray: El gran galeoto.

Emilia Pardo Bazán: Un viaje de novios e San Francisco de Asís . Escribe a Eduardo Pondal (20 de abril de 1882): “Mi distinguido amigo: Hasta ayer no se recibieron en ésta nuevos ejemplares de Un viaje de novios, agotada rápidamente la cantidad que se había puesto a la venta en los primeros momentos. Hoy remito a V., certificado, un ejemplar de dicha novela y otro de unos breves poemas que sólo imprimí para mis amigos, no para el público, que no los conoce. Bien quisiera enviar a V. un Pascual López y juraría que así lo hice al publicarla, remitiéndosela a Santiago; pero hoy no me queda ya ninguno: la edición se agotó por completo y hasta que lo reimprima no tengo ni un ejemplar disponible. Crea V., pues, que no le olvido ni puede ser olvidado quien tanto bien merece de las letras patrias. Dios haga que vean presto la luz las obras que V. prepara, para deleite y provecho de los que amamos la poesía, y mande a su siempre amiga, q. b. s. m., Emilia Pardo Bazán”. (Manuel Ferreiro: Pondal: do dandysmo á loucura. Biografía e correspondéncia. Laiovento 1991).


Juan Valera nomeado embaixador en Lisboa (1881-1883).


Leopoldo Alas “Clarín”: Solos de Clarín.


Palacio Valdés: El señorito Octavio.


Pedro Antonio de Alarcón: El capitán veneno.


Pereda: Esbozos y rasguños.


Alfonso Paso: Usted puede ser un asesino.


Antonio Buero Vallejo: Un soñador para un pueblo.





Máis culturas:


Nacen:

Morren:.

  • Fiódor Dostoievski (1821 Moscú).
  • George Borrow (1803 East Dereham, Inglaterra).
    The-portrait-of-a-lady-henry-james-first-edition.jpg



Giovanni Verga: I Malavoglia.

Gustave Flauvert (1821-1880): Bouvard e Pécuchet (Editada en galego no 2006 na editorial Toxosoutos).


Henrik Ibsen: Espectros (teatro).


Henry James: The portrait of a lady (Retrato dunha dama).



Tamén sucedeu...

  • Nacen:

- Pablo Picasso (Málaga; 1973 Mougins).

- O escultor Pablo Gargallo (Maella; Reus 1934).

- O pintor Fernand Léger (Argentan, Normandía; 1955).

  • Edouard Manet: "Bar aux Folies Bergères".
  • Inaugúrase o turno de partidos: primeiro goberno de Sagasta.
  • Fúndase a Unión Católica.
  • Atentado mortal contra o tsar Alexandre II.
  • Protectorado francés en Túnez.
  • O exército chileno toma Lima.
  • Rebelión nacionalista en Exipto, dirixida por Ahmed Orabi Pasha.
  • Pasteur obtén unha vacina contra o ántrax.
  • Morre en Nuevo México “Billy the kid” a mans do seu amigo o sheriff Pat Garret.