1873

De Xulipedia
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Flag of Galicia (civil).svg Cultura galega

Nacementos/Pasamentos

Child in diaper icon Nacementos
Literatura
César Abellás Vázquez (O Carballiño; 1943 Lugo).
Conrado Villar Loza “Pepe de Mingo”; (Taramundi, Castropol; 1962 Tapia) Ten algunha composición en galego nas que se observan tamén trazos bables).
Francisco Álvarez de Nóvoa (Granada; 1973 Ourense).
José García Acuña (Betanzos; 1933 A Coruña).
Luís Amor Soto (Ferrol; ibídem 1947).
Mariano Piñeiro Groba (Cristiñade, Ponteareas; 1940 Angoares, Ponteareas).
Outros
Amara, filla de Rosalía e Murguía (1921)
O músico Juan José Edreira y Acebo (A Coruña; ¿?)
O compositor Egidio Paz Hermo (A Pobra do Caramiñal; 1933 Buenos Aires).
O escritor José García Acuña (Betanzos; 1933 A Coruña)
O escritor Manuel Martínez Sueiro (Ourense; 1920 Salamanca).
O alcalde de Lugo Ángel López Pérez (Lugo; ibídem 1964).
Nace Oliverio (1875), fillo de Lamas Carvajal:“Dedícoche istas páxinas. ¡Ogallá que cando chegues a ser home, elas esperten n’o teu curazón ó sentemento d’amor â nosa esquecida terra” (Espiñas, follas e flores).
Skull.png
Pasamentos
Literatura
Outros

Publicacións

Galegas

  • O 10 de xullo no número 347 do “Diario Illustrado” aparece a tradución portuguesa do poema de Rosalía “O gaiteiro”, acompañada dunha nota acerca de Rosalía asinada por Luís Augusto Palmeirim que comeza así: “A poesia a que em seguida vamos dar publicidade foi tradusida de um livro de Cantares gallegos de que é auctora a sra D. Rosalia Castro, esposa do notavel historiador, tambem gallego, o sr. D. Manuel Murguia . Se a Historia de Galiza do sr. Murguia é quase uma elegia, o livro dos Cantares Gallegos, da sra. D. Rosalia Castro, raro deixa de ser um protesto, eloquente e melancolico, contra o abandono em que o poder central tem constantemente deixado o antigo reino de Galiza , transformado, a pesar de entranhado amor ao trabalho de seus naturaes, em desvalida e despresada provincia da Hespanha. (Dasilva, Xosé Manuel “A tradución máis antiga dun poema de Rosalía ao portugués”. Boletín Galego de Literatura 31, 81-91).

Relativas a Galicia

  • O 2 de maio Miguel Fernández Dios funda en Vigo o periódico “La Concordia”, subtitulado “Periódico de comercio y de intereses generales”. O 20 de maio pódese ler nas súas páxinas: “Mas en la cuestión concreta de la emigración gallega, existen poderosos argumentos tanto teóricos como prácticos, no sólo para que magistralmente no la condenemos, sino que también nos autorizan para considerarla como una fuente de riqueza del país”.
  • Luciano Taxonera edita “Diario del Ferrol”.
    Jesus muruais.jpg
  • Manuel Soto Freire funda o semanario carlista “La Fe”.
  • Jesús Muruais Rodríguez: Cuentos soporíficos.

Acontecementos

  • Curros ingresa en marzo como redactor da “Gaceta de Madrid”, publicación que dirixe Felipe Picatoste . En marzo nace o seu fillo Adelardo (Madrid; 1968), que non será bautizado, só será inscrito no Rexistro Civil, Este feito orixina o seu poema “Ben chegado”:

“¡Que doce e deleitoso

é dun pai o desvelo cando á beira

do seu leito de esposo,

vai oír, pracenteira,

do seu primeiro fillo a vos primeira!”.

Primeira máquina de vapor Santiago-Carril
  • Inaugúrase o primeiro ferrocarril galego: Santiago-Carril. Foi obra de capital inglés e está vinculado á exportación de gando a Inglaterra, que supón durante todo o século XIX o produto de maior importancia económica exportado por Galiza.
  • Érguese en armas a partida de Ambrosio Pol en Allariz, a de Vicente Sabariegos no Carballiño e Celanova, a de José Martínez Díaz en Guntín, Manuel Osorio en Meira, fray Gregorio en Meira e Fonsagrada.
  • Constitúense dous batallóns de voluntarios republicáns federais co obxecto de combater os insurrectos carlistas que operaban nas provincias de Ourense e Pontevedra.
  • Abdica Amadeo de Savoia . Proclamación da República en España.
  • Curros está presente na tribuna pública do Congreso dos Deputados: “Cansado de gritar, ebrio de dicha y contento, emocionadísimo, secándome las primeras y las únicas lágrimas de alegría que han brotado de mis ojos… bajé por la calle de Alcalá”.
  • Juan Antonio Saco y Arce reintégrase no posto de traballo do que fora apartado en 1870.
  • Concédeselle a Sabino Enrique Peinador Vela a “Cruz de Epidemias” polo seu labor en pro dos doentes de viruela hemorráxica de O Grove.
  • Concepción Arenal destituída do seu cargo de inspectora de casas de corrección de mulleres.

Premios

Mail-client-Breeze-Icon.svgEpistolario

Sumarios

Flag CPLP.gif Cataluña Flag of Spain Outras culturas

Flag CPLP.gif CPLP - Comunidade dos Países de Lingua Portuguesa

Nacen




Morren:


Eça de Queirós, nomeado cónsul de Portugal en La Habana.


Gomes Leal: O tributo do sangue e A canalha.


Júlio César Machado: Manhãs e noites.


Luís Augusto Rebelo da Silva: Contos e lendas.


Machado de Assis (Brasil): Histórias da meia noite.




Cataluña


Nacen:

Morren:




Flag of Spain

Nacen:





Morren:

  • Manuel Bretón de los Herreros (Madrid; 1796 Quel).
  • Robert Robert (Madrid; 1830 Barcelona).







Galdós comeza a publicación de Episodios Nacionales (corresponden a distintas épocas).


Pedro Antonio de Alarcón: La Alpujarra.




Máis culturas:


Nacen:



Morren:.

  • Gertrudis Gómez de Avellaneda (1814 Cuba).
  • Alessandro Manzoni (Milán; ibídem. 1785).
  • Fiódor Tiutchev (1803 Rusia).




Alphonse Daudet: Contes du lundi.

Rimbaud


Eugène Labiche: 27 degrés à l’ombre.


Jules Verne: A volta ó mundo en 80 días.


M. Bakunin: O Estado e a anarquía.


María Antonieta Torriani "Marchesa Colombi": Il carnovale di un capitano .


Rimbaud: Les illuminations, escrita entre 1873 e 1875 pero publicada no 1886 e Une saison en enfer.


Zola: Le Ventre de Paris.


Tamén sucedeu...