1868

De Xulipedia
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Flag of Galicia (civil).svg Cultura galega

Nacementos/Pasamentos

Child in diaper icon Nacementos
Literatura
Albino Simán (Pontevedra; ibídem 1890).
Jenaro Mariñas González (Porto do Son; 1938 A Coruña).
Manuel Lois Vázquez (Maside, Ourense; ibídem 1899).
Urbano González Varela (Santiago; ibídem 1906).
Xosé María Moar Fandiño; poeta ocasional en galego (Santiago).
Outros
O arquitecto Alfredo Álvarez Pérez (Cortegada, Ourense; 1926 Buenos Aires).
O arquitecto Benito Gómez Román (Vigo; 1908 Torrevieja).
Aura, segunda filla de Rosalía e Murguía (1942). Nace na rúa Callobre (hoxe Calderería) de Compostela, sendo bautizada na igrexa de San Fiz de Solobio cos nomes de Aura María Luz.
A bailarina Carolina Otero “La Bella Otero” (Valga, Pontevedra; 1965 Niza).
O violinista Humberto González (Pontevedra; 1923 Madrid).
Skull.png
Pasamentos
Literatura
José García Mosquera (Ourense; 1817 Maceda).
Outros

Publicacións

Galegas


  • José García Mosquera: A vida do campo (Versión galega da oda horaciana Beatus ille, incluída por Saco y Arce na súa gramática). É a primeira tradución á nosa lingua dun poema deste autor.


  • Saco y Arce publica a Gramática gallega (Lugo. Imprenta de Soto Freire. “Grial” nº 18, páx. 496). Nesta obra aparece un apéndice "Poesías escogidas" que vén ser a primeira antoloxía da poesía galega. Consta de 30 páxinas e once poemas de oito autores: Rosalía de Castro (2): "Miña santa Margarida" e "Adiós ríos, adiós fontes". José García Mosquera (2): "A vida do campo". Eduardo Pondal (1). Alberto Camino (2): "O desconsolo" e "Nai chorosa". Vicente M. Feijoo (1). Juan Manuel Pintos (1). Marcial Valladares (1).Luís Corral (1).

Relativas a Galicia

  • Juan Cuveiro Piñol: El habla gallega. Observaciones y datos sobre su origen y vicisitudes (Pontevedra. Imprenta de José A. Antúnez y Cía Editores). No apéndice literario aparecen textos de Alberto Camino, Juan Manuel Pintos… sendo difícil de entender a omisión de Rosalía de Castro.
  • Unha escolla de poemas de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro, son traducidos ao catalán e publicados no xornal Lo Gay Saber.
  • Uns universitarios de Compostela fundan a publicación “El Joven Rienzi”, que non tiña periodicidade fixa.
  • O 1 de marzo sae en Santiago “El Eco de la verdad” (xullo 1869), subtitulada “Revista semanal, científica y literaria”.

Acontecementos

  • Francisco Añón regresa a Madrid dende Portugal e de alí a Galicia.
    Fábrica de Moeda de Xubia
  • A Biblioteca Nacional premia o ensaio La imprenta en Galicia de Manuel Soto Freire.
  • Concepción Arenal nomeada inspectora de Casas de Corrección de Mulleres.
  • Murguía nomeado secretario da Xunta Revolucionaria de Santiago. O 5 de decembro toma posesión como “Jefe del grado 3º del Cuerpo Facultativo de Archiveros, Bibliotecarios y Anticuarios, con destino al Archivo General de Simancas”, onde permanece ata 1870, cesando o 10 de outubro ao conseguir o traslado ó Arquivo Xeral de Galicia na Coruña.
  • Benito Vicetto nomeado superintendente da fábrica de moeda de Xubia.

Premios

Mail-client-Breeze-Icon.svgEpistolario

Sumarios

Flag CPLP.gif Cataluña Flag of Spain Outras culturas

Flag CPLP.gif CPLP - Comunidade dos Países de Lingua Portuguesa

Nacen




Morren:

  • Álvaro do Carvalhal (Coimbra; 1844 Argeriz, Trás-os-Montes).





Álvaro do Carvalhal (1844-1868): Contos.

António da Silva Gaio: Mário.


Arnaldo Gama: Honra ou Loucura.


Castelo Branco: O Retrato de Ricardina e Mistérios de Fafe.


Julio Dinís: Unha Família Inglesa e A Morgadinha dos Canaviais.


Ramalho Ortigão: Em París.


Tomás Ribeiro: Delfina do mal e Sons que passam.





Cataluña


Nacen:

Morren:


Aparece a publicación Lo Gay Saber fundada por Francesc Pelagi Briz e “La Barretina”.

Francesc Pelagi Briz, de Audouard

Francesc Pelagi Briz na revista literaria Lo Gay Saber en Bibliografía. Del moviment literari de certas nacionalitats antigas: Cantars gallegos de Na Rosalía Castro de Murguía di o seguinte: “Per nosaltres son llibre tè molta mes estima encara que pèl comú dels seus admiradors, perque la nostra llenga s’ha sentit lo que la gallega, nostra Catalunya ha vist esborrar sos mes dolsos recorts dels llibres nacionals, com ho ha vist fer Galicia. Totas dos terras fan una mateixa crehuada, la crehuada de la santa lley á la patria que ‘ns ha bressat á l’ombra de nostres dolsos recorts y als raigs del sol de nostra dolsa llenga. Catalunya no déu mirar de rehull á Galicia: catalans y gallegos som germans, la befa ‘ns ha fet”.

Víctor Balaguer: Don Juan de Serrallonga.


Flag of Spain

Nacen:



Morren:



Comeza a publicarse a “Revista de España” na que van colaborar Emilia Pardo Bazán, Juan Valera, Cánovas del Castillo, José María de Pereda, Pérez Galdós... (1895).

Bécquer remata o manuscrito das Rimas.


Gumersindo Laverde Ruíz: Ensayos críticos sobre filosofía, literatura e instrucción pública (Lugo. Imprenta de Soto Freire).


Pérez Galdós: La fontana de oro.


Ventura Ruiz Aguilera: Armonías y cantares.






Máis culturas:


Nacen:




Morren:.

  • Adalbert Stifter (1805 Austria).
    As flores do mal.jpg

Charles Baudelaire (1821-1867): Edición definitiva de Les fleurs du mal que recupera os poemas censurados (1857) e engade 30 novos. No 2008 edítase en galego a poesía completa de Baudelaire da man de Galaxia, en tradución bilingüe galego-francés de Gonzalo Navaza.

Eugène Labiche: Le petit voyage.


Robert Browning: The ring and the book (poesía).




Tamén sucedeu...

  • Iniciase o movemento impresionista: Pissarro, Monet, Renoir.
  • FEDERALISMO (1868-1881).
  • Levantamento liberal en España. Triunfo dos sectores progresistas para unha apertura democrática. En setembro sublevación da Armada española do almirante Topete na bahía de Cádiz, que deu comezo a un levantamento militar que ao mando dos xenerais Serrano e Prim extende o proceso revolucionario por toda España. A revolución, coñecida como a “Gloriosa”, foi acollida con entusiasmo polo pobo español. Isabel II, obrigada a abdicar, foxe a Francia.
  • Establécese o sufraxio universal.
  • Reorganízanse as aduanas interiores.
  • Expulsión da Compañía de Xesús.
  • Supresión do imposto de consumos.
  • Incautación do Patrimonio Real.
  • Adóptanse medidas relativas á instrución primaria.
  • Prohíbese a escravitude nas colonias.
  • Establécese a peseta como unidade monetaria.
  • Comeza a publicarse en Barcelona “La Federación”.
  • Disposicións de carácter librecambista sobre as exportacións.
  • Lei de Bases da Minería.
  • Insurrección independentista en Cuba a cargo de Carlos Manuel de Céspedes e en Puerto Rico.
  • Créase o Ku Klux Klan, nos estados sureños de Estados Unidos.