1859

De Xulipedia
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Flag of Galicia (civil).svg Cultura galega

Nacementos/Pasamentos

Child in diaper icon Nacementos
Literatura
Alfredo Brañas Menéndez (Carballo; 1900 Santiago de Compostela).
Emiliano Balás Silva (Ferrol; 1934). Os seus textos en galego aparecen nas revistas e xornais da época. Colaborou con frecuencia en “El Correo Gallego” (Ferrol).
Francisco Salgado y López Quiroga (Monterroso; 1940 A Coruña).
Heliodoro Fernández Gastañaduy (Pontevedra; ibídem 1917).
Uxío Carré Aldao “Carlos Florencio”, “Esteban de Paleo”, “Xan do Martinete”, “Eurico Nagere” (A Coruña; ibídem 1932).
Xesús Rodríguez López (Lugo; ibídem 1917).
Xulio Alonso Sánchez (Lugo; 1916 Cangas do Morrazo). Colabora en “A Monteira” e “O Labrego”.
Outros
Alexandra Teresa, filla de Rosalía e Murguía (1937).
O pintor Silvio Fernández Rodríguez (Ribadavia; Ourense 1937).
O pintor Eduardo de la Vega (A Coruña; 1943 Ferrol).
O químico José Rodríguez Mourelo (Lugo; 1932 Madrid).
O político Luís Espada Guntín (Ourense; 1937 Madrid).

Publicacións

Galegas

Relativas a Galicia

  • Rosalía de Castro : La hija del mar (Vigo).
    Rosalía de Castro. Rianxo. Galiza-Lmbuga-2013
  • Manuel Martínez Murguía : Don Diego Gelmírez (novela histórica en castelán, no folletín de “Las Novedades”. Madrid); La mujer de fuego (novela publicada no folletín de “Las Novedades”. Madrid) e La primera luz, un libro de lecturas escolares estruturado en vinte temas de historia e xeografía, que o Ministerio de Fomento recomendou para o ensino nas escolas de Galiza.(Editado por Juan Compañel). Esta obra foi reeditada en Lugo no 1868 na imprenta de Soto Freire.
  • Luís Aguirre del Río : "Himno escolar" (folla solta impresa en Santiago).
  • Ramón Barros Sibelo :Galicia monumental, geográfica, estadística, histórica, eclesiástica y civil (Ourense). Aparece un poema seu en “La Perseverancia” titulado “Un día de desfortuna”.
  • Na revista coruñesa “El Ateneo” (nº 34. 18 de outubro) faise o seguinte comentario: “El Ateneo estraña al enérgico poeta Pondal, nuestro querido amigo, enfermo de aprensión”.
  • José Benito Amado Boullosa : Las rosas encantadas o las tres hermanas. Cuento fantástico tradicional (Pontevedra).
  • Edítase La Primera Luz. Libro de lectura para uso de las escuelas de primeras letras de Galicia na imprenta de J. Compañel. Vigo).
  • Luis Francisco Javier Sipos Magniac: A la toma de Tetuán (Corona poética. Barcelona). Aparece “La perseverancia”, subtitulado “Periódico de Galicia, literario, científico, comercial, agrícola, industrial y de intereses materiales”.

Acontecementos

  • O matrimonio Murguía-Castro abandona Madrid para ir vivir a Santiago. Posiblemente a medida que avanzaba este ano o matrimonio se desplazase a Vigo probablemente ao número 12 ou 14 da rúa Real, cuxo baixo primeiramente estaría ocupado pola redacción e administración de “El Miño” e, tempo despois situaríanse alí os talleres tipográficos da editorial de Juan Compañel. Hai unha carta dun antigo traballador da imprenta de Compañel, Pascual Ruiz y Enríquez, quen afectado polo falecemento de Rosalía escríbelle a Murguía con data de 28 de xullo de 1885, poucos días despois do falecemento de Rosalía e publicada no Faro de Vigo con data de 5 de agosto de 1885, para amosarlle as súas condolencias. Ao xulgar polo que di o texto, esta persoa tería sido a encargada de avisar a Murguía, quen substituía temporalmente a Compañel na dirección de “El Miño”, da inminente chegada a Vigo do buque de guerra “Rita” que se dirixía á guerra de África. O vapor Rita arribou ao porto de Vigo a tarde do 4 de novembro de 1859 e zarpou para Cádiz o día 8. “El Miño” era un xornal que aparecía dúas veces por semana. Na carta pódese ler: “Me pidió Vd. papel y recado de escribir y solicitó de su esposa, medio dormida aún, unos versos para saludar a aquel puñado de valientes que partían a la guerra dentro de pocas horas. Vuestra dulce compañera no se hizo de rogar…”.

Premios

Epistolario

Sumarios

Flag CPLP.gif Cataluña Flag of Spain Outras culturas

Flag CPLP.gif CPLP - Comunidade dos Países de Lingua Portuguesa

Nacen






Morren:

  • Afonso Duarte (Coimbra; 1884 Ereira).




Arnaldo Gama: Verdades e Ficçoes.

Camilo Castelo Branco: Carlota Ângela.




Cataluña


Nacen:


Morren:

  • Pròsper de Bofarull i Mascaró (Barcelona; 1777 Reus).
  • Vicenç Albertí i Vidal (1768 Maó).


O dia 1 de maio restáurase a festa dos Jochs Florals co soporte oficial de l‘ Ajuntament de Barcelona. O editor Salvador Manero publica l‘Anuari dels Jocs, onde se recollen todos os traballos presentados.


Víctor Balaguer: prepara a antoloxía Los trobadors moderns.

Flag of Spain


Nacen:



Morren:



Bécquer publica a primeira Rima.




Máis culturas:


Nacen:

Morren:.

  • Wilhelm Grimm (Berlín; 1786 Hanau).


Charles Darwin: A orixe das especies. No 2009 faise a tradución ao galego por Emilio Valadé del Río, editada pola USC.


Frédéric Mistral: Mireio (poesía).


George Meredith: A proba de Richard Feverel (The ordeal of Richard Feverel Narrativa).


Iván Turguéniev: Niño de fidalgos (narrativa).


Mary Ann Evans “George Eliot”: Adam Bede (narrativa).


Tamén sucedeu...