1856

De Xulipedia
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Flag of Galicia (civil).svg Cultura galega

Nacementos/Pasamentos

Child in diaper icon Nacementos


Literatura
Filomena Dato Muruais (Ourense; 1926 Mouruxo, Sada).
Outros
O compositor Xosé Castro González “Chané” (Santiago de Compostela); 1917 La Habana).
O compositor Francisco Pillado Vilamil (A Coruña; ibídem 1926)
O pintor Antonio Jaspe Moscoso (A Coruña; ibídem 1887).
O escritor Nicolás Taboada Fernández (Vigo; ibídem 1899).
O químico José Rodríguez Carracido (Santiago; 1928 Madrid).
O médico, escritor e xornalista José Rodríguez Martínez (A Coruña; ibídem 1921).
Skull.png
Pasamentos
Outros
O mariño e astrónomo Saturnino Montojo y Díaz (Cádiz; 1796 Ferrol).

Publicacións

Galegas

  • Aurelio Aguirre  : Ensayos poéticos (1856-1858).
  • José García Mosquera escribe a poesía "A real familia en Santiago. Cantinela gallega", co motivo da visita a Galicia de Isabel II e o Príncipe de Asturias.
  • Manuel Murguía : "Nena d’as soledades" (un dos seus primeiros poemas, que aparece en “La Oliva” e composto dous anos antes para o álbum de Elina Avendaño):

Nena d´as soledades

¿De qué te doyes?

¿Son os teus tristes males

males d´amores?

Dios n´o permita

que os amores son rosas

rosas e espiñas.

Tamén publica Desde el cielo. Novela original (Imprenta de La Oliva, Vigo).

Relativas a Galicia

  • O 2 de febreiro aparece en Vigo “ La Oliva ” co subtítulo de “Periódico de política, literatura e intereses materiales”. Tiña como director literario a Murguía, quen publica nel moitas das súas novelas entre elas Mi madre Antonia. Fundado por José Ramón Fernández. No número 88 (3 de Nadal) muda o habitual “Imp. de La Oliva” por “Imp. de D. J. Compañel” aínda que no mesmo enderezo. No nº 11 do 8 de marzo o periódico informa do "Banquete de Conxo". No nº 106 muda o subtítulo polo de “Periódico de Galicia”.
  • O 2 de outubro iniciase na Coruña a publicación do xornal “ El Defensor de Galicia ” (25-04-1914).

Acontecementos

  • Pondal estuda Medicina en Santiago.
  • Brinde de Aurelio Aguirre e Eduardo Pondal no Banquete Democrático de Conxo , (2 de marzo) que quería servir de confraternización entre os estudantes composteláns e os operarios traballadores da cidade, maiormente artesáns. No 2016 ten lugar o achado debido aos filólogos Damián Suárez e Xurxo Martínez, dun terceiro brinde, o do poeta estudante Luís Rodríguez Seoane (1836-1902). Este último brinde está escrito en castelán e estruturado en once cuartetos. A reunión das dúas clases foi vista polas institucións composteláns como un acto revolucionario e foi recibido con moito medo e contestado cun proceso xudicial, coa intervención da igrexa:
    Brindis de Rodríguez Seoane, Banquete de Conxo de 1856

“Decid: ¿quién hizo al hombre diferente de su hermano?

¿Quién dio mayor nobleza al corazón de un déspota tirano que al honrado sudor del artesano?” (Eduardo Pondal).


“Cristo es hijo del pueblo. El ha querido que la familia hermana fuese una, ........................

Al nacer de un honrado carpintero,

desnudo en un portal, lección sublime

ofrece de igualdad al mundo entero”. (Aurelio Aguirre).


Amonestado Aguirre no Pazo arcebispal por estes versos, contestou co poema “A mis calumniadores” :

Pura la religión guardo en mi pecho

del hombre justo que murió en la cruz.



O 9 de marzo de 2017, escribe Méndez Ferrín no “Faro da Cultura” de “El Faro de Vigo”: “Pondal naceu en Conxo como poeta revolucionario e internacionalista, de expresión castelá. Logo enforcou a sentimentalidade herdada e foise entregar á causa da liberación de Galicia, aceptando a tutela ideolóxica de Murguía. Sempre co corazón pendente de Italia e anceioso de Irlanda e Portugal”.

  • En “Revista Gallega” (nº 156, 6 de marzo de 1898), escribe Carré Aldao o artigo “Efemérides gallega. El banquete de Conjo en 1856”: “Por consecuencia del banquete y de los brindis pronunciados entonces, la reacción se demostró en toda su desnudez, y el acto de los estudiantes se le pretendió dar un gran alcance político, estando expuestos a ser deportados a las Marianas, Aguirre, Pondal y Rodríguez Seoane, quienes no sufrieron el destierro, gracias a la entereza y patriotismo del Fiscal de Santiago el anciano gallego D. Juan Carballo…”.(Manuel Ferreiro: Pondal: do dandysmo á loucura. Biografía e correspondéncia. Laiovento 1991, páx. 21).
  • No ano 2011 o investigador Juan Félix Neira Pérez descobre no arquivo diocesano de Compostela tres documentos inéditos, sendo dous deles os textos autógrafos máis antigos de Eduardo Pondal e que formarían parte da exculpación que Pondal buscou, quizais presionado pola familia. Un deles podería ser o texto que o poeta levou consigo para ler o día en que participou no banquete de Conxo. Segundo o profesor Neira, “é un documento gastado, con dobreces e algunhas manchas que levan a pensar que Pondal, na obriga de defenderse, decidiu mandar ao arcebispo o mesmo texto que leu no banquete para que se vise que non había falta no dito” (“La Voz de Galicia” 1 de xuño de 2011). Segundo os documentos, a Pondal foille negada a absolución tras confesar e a partir dese feito a famillia pediu axuda do cura párroco Manuel Pose, para que intercedese ante o arcebispo. O segundo texto, a carta do cura de Ponteceso ao arcebispo, pedindo favor, fala da fidalguía da familia, sinalando que “la lectura de libros prohibidos ha estragado su corazón hasta sentir mal los Santos Sacramentos, dejando de recibirlos” e engadindo “Tengo motivos Exmo Señor para abrigar la convicción de que la Divina Providencia le está trabajando para rendir su corazón en obsequio de la Fé”. O terceiro documento é a carta de Pondal, sen datar, que di, transcrita coa mesma ortografía do documento:“Escelentísimo Señor: He tenido la satisfaccion de hacer confesion con el Sr. Cura parroco de la Diocesis de su Escelencia Don Manuel Pose. No pudiendo recibir la absolucion por haber vertido el brindis adjunto, con el debido respeto solicito de S. E. el permiso para que se me absuelva. Hago ademas retractacion completa de lo que en dicho brindis haya pronunciado en contra de nuestra religión. Besa S. M. de V. S. Ylustrisima, su humilde servidor.
  • Murguía comeza a súa relación epistolar con Benito Vicetto, sendo practicante de Farmacia do Hospital de San Juan de Dios de Madrid.
  • En abril Rosalía marcha para Madrid.
  • Pascual Veiga, con 13 anos compón a súa primeira obra. “Septenario á Virxe das Dolores”.

Premios

Epistolario

Sumarios

Flag CPLP.gif Cataluña Flag of Spain Outras culturas

Flag CPLP.gif CPLP - Comunidade dos Países de Lingua Portuguesa

Nacen




Morren:


Alexandre Herculano edita por primeira vez o que el denominou Crónicas breves do Mosteiro de Santa Cruz de Coimbra, conxunto de catro pezas historiográficas escritas nun manuscrito quatrocentista proveniente do mosteiro de Santa Cruz de Coimbra e actualmente na Biblioteca Pública Municipal do Porto.


Arnaldo Gama: Génio do Mal (en catro volumes, publicados entre 1856-1857).


Bulhão Pato: Paquita (poesía).


Camilo Castelo Branco: Onde está a felicidade?


José Evaristo de Almeida (Cabo Verde): O escravo (Considerado o primeiro “romance” caboverdiano).


Luís Augusto Palmeirím: Como se sobe ao poder.


Soares de Passos: Poesias.




Cataluña


Nacen:


Morren:

  • Tomàs Villarroya (Valencia; ibídem 1812).
Flag of Spain


Nacen:




Morren:



Fernán Caballero: La familia de Alvareda.

López de Ayala: El tejado de vidrio.





Máis culturas:


Nacen:


Morren:.

  • Heinrich Heine (París; 1797 Dusseldorf).

Iván Turguéniev: Rudin (narrativa).




Tamén sucedeu...

  • Nace Sigmund Freud (Freiberg; 1939 Londres).
  • Fin do Bienio Progresista. Dimite Espartero: gabinete O’Donnell. Vixencia da Constitución do 45, escluída a nonnata aprobada neste ano de 1856. Dimite O’Donell (11 de outubro), sendo substituído por Narváez. Década moderada: 1856-1868.
  • Tratado de París que pon fin á guerra de Crimea.
  • Segunda guerra anglo-china.
  • Iníciase a construcción da primeira liña ferroviaria rusa.
  • O convertidor de Bessemer revoluciona a industria do aceiro.
  • Louis Pasteur inicia os estudos que conducirán á creación da bacterioloxía.