1948

De Xulipedia
Revisión feita o 16 de xaneiro de 2020 ás 18:32 por Tono (Conversa | contribucións) (Galegas)
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Flag of Galicia (civil).svg Cultura galega

Nacementos/Pasamentos

Child in diaper icon Nacementos
Literatura
Alfonso Pexegueiro González (Angoares, Ponteareas).
Araceli Herrero Figueroa (Lugo).
Aurora Marco López (Noguera de Albarracín, Teruel).
Camilo Gómez Torres (Covas de Augasmestas, Quiroga).
Carlos González Reigosa (Lagoa de Pastoriza).
Cristina Berg (Halmstad, Suecia; 2012 Vigo).
Eduardo Alonso Rodríguez Escritor e director teatral. (Vigo).
Jorge Parada Mejuto (Vigo).
Luís Álvarez Pousa (Viladerrei, Ourense).
Marcial Gondar Portasany (Pontevedra).
María Pilar Campo Domínguez “Marica Campo”(Val do Mao).
Vítor Vaqueiro Foxo (Vigo).
Xavier Navaza Blanco (Lalín).
Outros
O arqueólogo e historiador Felipe Senén López Gómez (O Carballiño).
A historiadora María del Carmen Pallares Méndez (Agolada).
O historiador Ramón Yzquierdo Perrín (Santiago).
O historiador Francisco Calo Lourido (Porto do Son).
O historiador Ángel Sicart Jiménez (Vilameá, A Pontenova).
A escritora Rosa María Seoane (A Coruña). ¿?
O tradutor e director teatral Miguel Pérez Romero.
O pintor Víctor Corcoba Conde (Pontevedra).
O pintor Roberto González Fernández (Monforte).
O pintor Armando López Guerra (Santiago).
O pintor Francisco Mantecón (Vigo; ibídem 2001).
A pintora Marta María Pardo de Vera López (A Coruña).
A pintora Ana Fariña Potel (Caldas de Reis).
O pintor José Manuel Vidal Souto (Ourense).
O pintor Eduardo Fernández Rivas (Sada).
O xornalista Xosé Luís Blanco Campaña (Camariñas).
O arquitecto Xerardo Denís Estévez Fernández (Santiago).
O arquitecto Iago Seara Morales (Ourense).
O economista e político Emilio Pérez Touriño.
O debuxante e humorista Álvaro de la Iglesia Caruncho (A Coruña).
O biólogo Xurxo Pérez Pintos (Vigo).
O director de cine Miguel Gato (Moeche, A Coruña; 2010 Madrid),
Skull.png
Pasamentos
Literatura
Francisco Portela Pérez (Pontevedra; ibídem 1864).
José María Crecente Vega (Segovia; 1896 Santa María de Outeiro).
Rogelio Rodríguez Díaz (Buenos Aires; 1888 Petín, Ourense).
Outros
Executados na Coruña José Gómez Gayoso (1909 Maceda), máximo dirixente comunista en Galicia e Antonio Seoane, xefe militar do Exército Guerrilleiro de Galicia.Foron fusilados o 6 de novembro para que coincidise co aniversario do fusilamento en Paracuellos do Xarama do fundador da Falanxe coruñesa Juan Canalejo.A eles lles adicou Alberti os seguintes versos:“Si uno es glorioso, en gloriosoal otro no hai quien le gane.Si digo Gómez Gayoso,ya estoy diciendo Seoane”.
O pintor Virxilio Blanco Garrido (1896 Forcarei).
O pintor Fernando Cortés Bugía (A Coruña; 1874 Betanzos).
O pintor Francisco Lloréns (Madrid; 1874 A Coruña).
O xornalista e escritor Alfonso Díaz Rodríguez (Buenos Aires; 1895 Lugo).
O músico Gustavo Freire Penelas (Lugo; ibídem 1885).
O músico Luís Xunqueira Mouriz (Lugo; ibídem 1866.
O escritor e periodista Alejandro Barreiro Noya (A Coruña; 1874 Santiago;).

Publicacións

Galegas

Abellón: colabora en “A Nosa Terra”.


Abellón: colabora en “A Nosa Terra”.

Antón Alonso Ríos: “Os vencidos e suicidas” (“A Nosa Terra” nº 460).No nº 464: “Da Galiza emigrada”.

Antón Zapata García: “Loubanza ao Grau de Millo” (“A Nosa Terra” nº 461, 462, 464).

Blanco Amor: La catedral y el niño (Santiago Rueda Editor, Buenos Aires).

Carballo Calero: A sombra de Orfeu; Farsa das zocas e A árvore (teatro).

Castelao: O Estatuto de Galiza. Antecedentes e comentarios (Ed. da colectividade galega de Buenos Aires). No nº 463 de xullo, da revista “A Nosa Terra”, reprodúcese o ensaio Alba de Groria.

Lorenzo Varela: Seoane (Edit. Botella al Mar. Buenos Aires).

Luís Pimentel colabora na revista coruñesa e logo viguesa “Alba” e na viguesa “Mensajes de poesía”.

Luís Seoane: Tres hojas de ruda y un ajo verde (Edit. Botella al Mar, fundada por el e Arturo Cuadrado. Buenos Aires.

Rafael Dieste: Luchas con el desconfiado.

Ramón Otero Pedrayo: “Sete paisaxes galegos e mais os alicerces d’unha teoría” (“A Nosa Terra” nº 458, 460, 461).

Ramón Rey Baltar “Verduguillo”: “Nobreza de novo cuño” (“A Nosa Terra” nº 460):¡Hespaña xa está salvada!¡O porco vai a crearunha nobreza sin par!¡Nobreza descamisada!

¡Unha cousa nunca vista!¡Invención de Lucifer!¡Intentar ennobrecera morralla falanxista!...

No nº 463: “Ao son da zanfona. Sant-Iago repudia ao porco”:Co rabo antre as pernaso porco fuxía;despertei do sono…¡Todo era mintira!

No nº 464: “Ao son da zanfona. Non hai quen-o queira”.Hai que decidirsedunha ves por todas¡Meterlle o coiteloenteiro na gorxa!

No nº 465 “Tocan as campanas”.No nº 466: “Alboroto no cortello”.

A partir de xullo, Ramón Cabanillas empeza a pasar tempadas no Mosteiro de Samos.En carta a Fernández del Riego (14 de agosto) escribe Ramón Cabanillas:“Ten presente que nos comezos da miña laboura atopábame cáseque soio na trincheira poética combatente, e como había que alporizar xente representativa bombeáronme sin ton nin son e cangáronme a cruz do ridículo “poeta da raza”.

Tamén dende o Mosteiro de Samos noutra carta a Fernández del Riego:“Nos meus anos mozos, seminarista nugalleiro, coa cabeza ós paxaros, cando traguía nas mans decotío os autores latinos, a miña devoción polos poetas estaba somentes un degrau máis abaixo da dos santos”.

Roxelio Rodríguez Díaz: A Virxe do Cristal, adautación teatral.

Uxío Novoneyra: Co nome de E. Novoneyra, escribe o seu primeiro libro, en castelán, co título de Abrojos (poemas cortos). No 2009 está aínda sen publicar, pero Alonso Montero posúe unha libretiña con 41 follas manuscritas e autógrafas cos 36 poemas, moi breves e con certo aire becqueriano, segundo explica nun artigo en “La Voz de Galicia” do 11 de xullo de 2009 e anteriormente nun artigo na revista Madrigal (Madrid, nº 5, 2002).

Vicente Risco: Notas sobre la fiesta de Carnaval en Galicia (Revista de Dialectología y Tradiciones Populares. Tomo IV. Madrid) e Satanás. Biografía del diablo (Madrid).Escribe Carlos Casares en Para ler a Vicente Risco (Galaxia 1997, páx. 96) “A publicación deste libro iría acompañada dunha serie de sucesos desgraciados que inquietarían a Risco, convencido de que non se podía descartar unha intervención do demo na súa vida: o editor e a edición desaparecen practicamente sen deixar rastro, el mesmo ten problemas de saúde e as cousas do traballo empézanlle a ir bastante mal…”.

Nun artigo publicado en “La Noche” Fernández del Riego eloxia a figura intelectual de Vicente Risco. Este contéstalle nunha carta con data de 1 de novembro: “Non é que eu mereza tódolo que me dis, mais era tempo de que alguén se lembrara dun e máis cando un está no desterro. Entendámonos, que iste desterro non é por estar eiquí, porque en Ourense é igual. É un desterro que vai comigo, como as pulgas do zorro, que vai comigo, en parte, dende que nacín. (…) Quedamos en que me sinto verdadeiramente contento, satisfeito, “encantado”, como din aínda, de ter inda que non sexa máis que un recantiño na túa lembranza. Dios cho paque”.Carlos Casares: Para ler a Vicente Risco (Galaxia 1997. Páx.96, 97).

Xosé Rubinos Ramos: O esprito e a y –alma das cidades galegas (La Habana).

O 15 de outubro ingresa na Academia Victoriano Taibo co discurso “Rosalía de Castro, precursora da Fala” acto que se desenvolve en galego, incluída a resposta de Otero Pedrayo,

No número correspondente a novembro, da revista “Galicia” do Centro Galego de Buenos Aires Salvador Lorenzana (pseudónimo de Fernández del Riego), elabora un “Panorama actual de las letras en Galicia”.

O nº 10 da revista “Sonata gallega” está dedicado á cidade de Coimbra; cun artigo de Celso Emilio sobre a poesía de Antero de Quental, outro de Otero Pedrayo sobre Almeida Garret e poemas de varios poetas portugueses e galegos.

Relativas a Galicia

Acontecementos

Premios

Epistolario

Sumarios

Flag of Portugal Cataluña Flag of Spain Outras culturas