Diferenzas entre revisións de «1970»
Liña 331: | Liña 331: | ||
Celso Emilio traballa no gabinete de prensa do presidente venezuelano Rafael Caldera. Acada o primeiro premio de poesía e tamén no apartado de contos nos “I Jogos Florais Minho-Galaicos de Guimaraes”. | Celso Emilio traballa no gabinete de prensa do presidente venezuelano Rafael Caldera. Acada o primeiro premio de poesía e tamén no apartado de contos nos “I Jogos Florais Minho-Galaicos de Guimaraes”. | ||
+ | |||
+ | |||
+ | O “Centro Gallego” de Buenos Aires convoca o “Premio Galicia” de novela dotado con 10.000 pesos argentinos, equivalentes a 206.500 pesetas. En carta de 15 de xaneiro escribe Manuel María a Neira Vilas: “Fallouse o concurso do Centro Galego de Bós Aires. Premiaron a Méndez Ferrín, sobor dun ensaio encol da cultura galega i un libro de narraciós meu, O xornaleiro e sete testemuñas mais. Son relatos moi vividos”. (Xosé Neira Vilas: Cartas de vellos amigos. Galaxia 2010, páx. 277). | ||
==Epistolario== | ==Epistolario== | ||
En carta a Díaz Pardo (31 de decembro) escribe Luís Seoane: “… lástima el de Silveira, para quien los comerciantes de Caracas son, por lo visto, peores que los de Vigo o Celanova, aún teniendo en cuenta la vida que sufrieron y que narra en la primera parte del poema y que los explica, aunque no los justifique. Se trata de un poema de quien no tiene conciencia social alguna, ni escrúpulos ni caridad. No quiero polemizar sobre esto. Para entenderme, mejor es volver a leer, si te cuadra, si no tampoco vale la pena, Fardel de Eisilado”. | En carta a Díaz Pardo (31 de decembro) escribe Luís Seoane: “… lástima el de Silveira, para quien los comerciantes de Caracas son, por lo visto, peores que los de Vigo o Celanova, aún teniendo en cuenta la vida que sufrieron y que narra en la primera parte del poema y que los explica, aunque no los justifique. Se trata de un poema de quien no tiene conciencia social alguna, ni escrúpulos ni caridad. No quiero polemizar sobre esto. Para entenderme, mejor es volver a leer, si te cuadra, si no tampoco vale la pena, Fardel de Eisilado”. | ||
Liña 353: | Liña 356: | ||
Xavier Costa Clavell: Los gallegos (Ediciós “Nós”. Buenos Aires. “Grial” nº 33, páx. 376). Nunha carta de Basilio Losada a Ramón Piñeiro (26/I/1969) dise: “O libro que Costa Clavell tiña feito pra Llibres de Sinera (Los gallegos) tumbouno a censura por enteiro”. O 7 de abril do 1971 vólvelle a escribir: “Chegoume onte un libro de Costa editado en B. Aires. O tíduo é Los Gallegos e quería ser algo así como o que foi Nosaltres els valencians de Fuster ou Els mallorquins de Melià. Non chega. Hai erros de detalle, fallos hastra nos nomes (…) Tamén moito gazapo”. | Xavier Costa Clavell: Los gallegos (Ediciós “Nós”. Buenos Aires. “Grial” nº 33, páx. 376). Nunha carta de Basilio Losada a Ramón Piñeiro (26/I/1969) dise: “O libro que Costa Clavell tiña feito pra Llibres de Sinera (Los gallegos) tumbouno a censura por enteiro”. O 7 de abril do 1971 vólvelle a escribir: “Chegoume onte un libro de Costa editado en B. Aires. O tíduo é Los Gallegos e quería ser algo así como o que foi Nosaltres els valencians de Fuster ou Els mallorquins de Melià. Non chega. Hai erros de detalle, fallos hastra nos nomes (…) Tamén moito gazapo”. | ||
− | = | + | |
+ | |||
+ | <span style="font-size: 21px;">Sumarios</span> | ||
+ | |||
+ | |||
GRIAL Nº 27 | GRIAL Nº 27 | ||
Revisión como estaba o 18 de xaneiro de 2020 ás 18:19
Índice
Cultura galega
Día das Letras Galegas
MARCIAL VALLADARES NÚÑEZ
Nacementos/Pasamentos
Pasamentos |
---|
Literatura |
Alfonso Gayoso Frías (Buenos Aires; 1905 Barbadás, Ourense). |
José María López Penelo (Buenos Aires; 1906 Piñeiro, Avellaneda, Argentina). |
Manuel José Arce y Valladares (Poeta alófono. Guatemala; ibídem 1907). |
Outros |
O escritor Virgilio Antonio Nóvoa Gil (Toén; 1913 Lalín). |
O médico exiliado Antón Baltar Domínguez (Buenos Aires; 1906 Santiago). En carta de 23 de setembro escribe Luís Seoane a Díaz Pardo: “En la madrugada de hoy, día 23 de septiembre, falleció Antonio Baltar en el Hospital Rivadavia (…) Pudo haber conseguido posiciones destacadas y las despreció por ser fiel a sus conviciones. Abandonó una vida fácil, primero la de Santiago y luego la de Buenos Aires”. |
A pintora María del Carmen Corredoira y Ruiz de Baro (A Coruña; ibídem 1893). |
O pintor Antonio Fernández Gómez (Goián; ibídem 1882). |
O pintor José Seijo Rubio (A Coruña; 1881 Madrid) |
O pintor Lino Martínez Villafínez ( 1892 Marín). |
O mecenas Juan López Suárez “Xan de Forcados” (Madrid; 1884 O Saviñao). |
O galeguista Manuel Puente González (Buenos Aires; 1890 Salvaterra de Miño). “Dende que coñecera ao inmorrente Castelao, na sua chegada a Bós Aires, viven en apertada amizade a carón dele, e entregouse por inteiro á causa de Galiza, á causa das liberdades da súa patria…”. (“A Nosa Terra” nº 514). |
María Barbeito y Cerviño, escritora, socióloga e pedagoga (A Coruña; ibídem 1880). |
Publicacións
Galegas
Abelardo Santorum Alonso: Remol de estrelas.
Alfonso Gayoso Frías: Namoros e regueifas (poemas con limiar de Avelino Díaz e ilustracións de Laxeiro) e o poema “Canto á muller galega”. Álvaro Cunqueiro traduce do catalán o poema de Salvador Espriu “Cando falou a choiva”. Publicado no “Faro de Vigo” (13 de setembro) co pseudónimo de Manuel María Seoane. Igualmente o 18 de outubro aparecen no “Faro de Vigo” traducidos do catalán dous poemas anónimos co pseudónimo de Manuel Mª Seoane: un “Llassa, mais m’hagra valgut” (primeira metade do século XIV) e o outro “D’on sou que tant alt veniu” (De fins do século XVI). Amado Carballo (1901-1927): Obra en prosa e verso. Basilio Losada: Galicia (Edit. Táber. Barcelona. “Grial” nº 29, páx. 372) e Goya. Blanco Amor: Castelao e Volviendo a Ortega y Gasset (ensaios).Xente ao lonxe de Blanco Amor finalista do Premio de Novela Galicia do Centro Galego de Buenos Aires que gañou Adiós María de Xohana Torres. Celso Emilio Ferreiro: Paco Pixiñas. Historia dun desleigado contada por il mesmo (Romance co pseudónimo de Arístides Silveira; Ediciós do Castro, Sada). 13 poemas iracundos y una canción inesperada (Na separata do nº 2 da revista trimestral de Caracas “Expediente”). Daniel Cortezón: Prisciliano (Premio Villar Ponte do Centro Galego de Buenos Aires no 1961). Darío Xohán Cabana: Verbas a un irmao (poesía) e Home e terra (poesía). Díaz Pardo publica os carteis de cego: “O Marqués de Sargadelos”, “A nave espacial” e “Paco Pixiñas”, con poemas asinados co pseudónimo de “O Cego Zago”. Eduardo Moreiras Collazo: Os nobres carreiros. Eugenio Vázquez Gundín: Cantos e fábulas (poemas). Filgueira Valverde: Galicia en Azorín (“Boletín da Real Academia Galega”, nº 352). Javier Montero Mejuto: Na ribeira do tempo. José Luís García Mato: “El Progreso habló de Curros, señor profesor” (artigo en “El Progreso”, Lugo 31 de maio). Diríxese a Alonso Montero ao respecto dun artigo sobre Curros publicado en “El Progreso” o 25-07-1951).
Landeira Yrago adapta ao galego A barca do inferno de Gil Vicente. Leiras Pulpeiro (1854-1912): Obra completa (Estudo crítico de X. L. Franco Grande. Galaxia. “Grial” nº 30, páx. 488). Luis Iglesias de Souza: Meu tempo desgaxado. Luís Moure Mariño: Sempre matinando (Galaxia. “Grial” nº 31, páx. 119). Manuel Casado Nieto: 0, 1, 2, 3, 4… Trancos da vida do Braisiño (Ed. do Castro. Ilustracións de Díaz Pardo. Cuberta de Luís Seoane). Manuel Lueiro Rey consegue o segundo premio nos Xogos Florais de Ourense cos sonetos “Orense en un pregón y varias estancias”. Colabora na revista “Ínsula” cun texto sobre Rafael Alberti.Publica “Carta escribo que non ten resposta” en Castelao na voz dos poetas e “Elexía a Che Guevara” en Homenaje al Che (La Habana). Manuel María: Remol (Edicións Nós. Buenos Aires) e Cancións do lusco ó fusco (Xistral, colección Val de Lemos. A segunda edición será bilingüe galego-francés con estudo e tradución de Lleó Marzo e co título de Heures galiciennes).Con data de 15 de xaneiro, escríbelle a Neira Vilas: “Por certo que, falando de escritores nosos, non sei si sabes que o X. Méndez Ferrín foi condeado polo Tribunal de Orden Público por propaganda ilegal. Puxéronlle, según lin na prensa, dous anos de cárcel e 25.000 pts. de multa. Según decía a prensa colleronlle unha novela inédita. O asunto ten recurso ó Tribunal Supremo. Supoño que Ferrín recurriría. (Xosé Neira Vilas: Cartas de vellos amigos. Galaxia 2010, páx. 277).A novela que lle foi incautada a Ferrín foi Os corvos, a figueira e a fouce de ouro, que estaba a medio rematar e levaba unha dedicatoria aos guerrilleiros galegos Curuxás, Foucellas, Ponte, Fresco… Manuel Rodríguez López: Saudade no bulleiro (Ediciones Celta. Lugo. “Grial” nº 31, páx. 123). Marcial Valladares Núñez (1821-1903): Elementos de gramática gallega (1892) (Galaxia. “Grial” nº 30, páx. 498); Cantigueiro popular (1867). Margarita Ledo Andión: Parolar cun eu, nun intre, cun inseuto (poesía. Monforte). Miguel González Garcés: Poemas a Albertiño (Vigo). Moisés da Presa: colabora en “A Nosa Terra”. Odón Luís Abad Flores: Máquinas e trebellos pra labrar a terra (Ediciós do Castro. “Grial” nº 28, páx. 250). Rafael Dieste membro da Real Academia Galega co discurso A vontade de estilo na fala popular (publicado en 1971 coa resposta de García Sabell). Valentín Arias: A lingua galega na escola. Victor Luis Molinari. Poeta alófono (Buenos Aires 1904; ibídem 1980): Viaxe dun arxentino polas terras, polas xentes e pola cultura de Galicia (reedición de 1958, con 5 novos capítulos traducidos por Arturo Reguera). Edicións Celta de Lugo. Tapas de Díaz Pardo e un retrato do autor feito por Laxeiro. Ver 1958. Xesús Alonso Montero: O galego na escola (En colaboración con J. M. Marcos de Abajo. Anaya); Castelao na voz dos poetas. Aportacións para unha bibliografía (en colaboración con Epifanio Ramos de Castro e Ricardo Palmás Casal. Ediciós do Castro. “Grial” nº 33, páx. 382); Os cen mellores poemas da lingua galega e Constitución del gallego en lengua literaria. Datos de una problemática cultural y sociológica en el siglo XIX.En carta de 4 de marzo, de Manuel María a Neira Vilas, escribe: “Supoño que Alonso Montero che mandaría a sua mais recente pubricación: Os cen mellores poemas de lingoa galega. Penso que non estivo acertado nin na escolla, nin nos apartados que fixo. Figurate que hasta ven un poema do P[adre] Xosé Rubinos!”. (Xosé Neira Vilas: Cartas de vellos amigos. Galaxia 2010, páx. 280). Xesús Manuel Coruxo: Vixiando (Galaxia). Xohán Casal Pardo (1935 – 1960): O camiño de abaixo (Ediciós do Castro). Limiar e ilustracións de Raimundo Patiño. Mensaxe de Manuel María. Tapas de Luís Seoane. Xosé Luís García Mato: Monografía sobre poetas da Terra Cha. Xosé María García Rodríguez: Tambre (poesía). Xosé Rubia Barcia: Nova canción galega (poemas). En setembro edítase en Buenos Aires o único número da revista “Cuco-Rei”, baixo a dirección de Luís Seoane. Comprende un noticiario cultural galego, un poema de Lorenzo Varela e unha reseña de La marginación de Galicia de Paz-Andrade, asinada por S. Fernández Ollarnovo (pseudónimo de Díaz Pardo).En carta dende Buenos Aires a Díaz Pardo (20 de agosto) escribe Luís Seoane: “Te escribo rápidamente. Necesito una colaboración breve, firmada por Fernández Ollarnovo, en idioma gallego (…) para “Cuco-Rei”, cuyo primer número sale en los primeros días de septiembre. A partir de ese número saldrá cuando pueda (…) Soy su único mecenas y serán cuatro páginas en papel de color que se distribuirá gratuitamente. Espero que tenga el mismo espíritu de “Galicia Emigrante”. Noutra carta do 14 de setembro engade: “Creo que voy a arruinarme haciendo “Cuco-rei, lo haré de vez en cuando”. Galaxia inicia a colección Xeira Nova con A parroquia hoxe de Xosé Alvilares Moure, X. R. Barreiro, Chao Rego, Gómez Barros e Torres Queiruga (“Grial” nº 28, páx. 251). A Real Academia Galega publica: Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego (A Coruña). Remata coa seguinte norma supletoria: “Nos casos non previstos nestas normas serven de supletorias as usuás na ortografía castelá”. No nº 513 de “A Nosa Terra” inclúese o artigo “Méndez Ferrín foi xulgado polo Tribunal de Orde Público”: “O réxime feixista hespañol segue na sua teima de perseguir asañadamente a todos aqueles que loitan afiuzadamente pola liberdade e a democracia.Xosé Méndez Ferrín, baril patriota galego, fidel representante da “xuventude de estrelas” que loita por unha Galiza ceibe e democrática foi condenado ominiosamente a cadea polo Tribunal de Orde Público.Xunto coele foron tamén xulgados a señorita Natalia Gómez González e Carlos Otero Prado”.
|
Relativas a Galicia
Publícanse os “Dibuxos de negros” de Castelao (12 debuxos de 1939. Galaxia; “Grial” nº 27, páx. 111 e “Grial” nº 47, páx. 138).
Deixa de publicarse en setembro (nº 33) por motivos económicos a revista “Chan” (1969).
Publicada por Ediciós do Castro nace a revista “Cuadernos del Laboratorio de Formas de Galicia” (14 de novembro).
Fole dirixe “Táboa Redonda” páxina literaria dominical de “El Progreso” sendo director do xornal Xosé Trapero Pardo. Aparece en Lugo o 10 de maio.
Manuel Espiña comeza en xaneiro a colaborar en “La Voz de Galicia” coa sección “O outeiro de San Xusto”.
Deixa de publicarse en setembro (nº 33) por motivos económicos a revista “Chan” (1969).
Publicada por Ediciós do Castro nace a revista “Cuadernos del Laboratorio de Formas de Galicia” (14 de novembro).
Juan Naya Pérez: Los poetas gallegos y Curros Enríquez (A Coruña).
A Edit. Revista Estudio de Madrid publica Diálogos sobre Amor Ruibal. Jornadas de estudio en Poyo.
Alberto Míguez Alvarellos: Galicia: de la estética al subdesarrollo (Zero).
Álvaro Cunqueiro: Laberinto & Cía (Edit. Táber) e El descanso del camellero (recompilación de artigos. Edit. Táber).
Arlene T. Lesser: La pastorela medieval hispánica: pastorelas y serranas galaico-portuguesas (Galaxia. “Grial” nº 29, páx. 360).
Carlos Martínez-Barbeito y Morás: Feliciano Rolán: el poeta y su tiempo.
Casado Nieto: La turbia corriente (Barcelona).
Celestino Fernández de la Vega: El enigma de Santa Eulalia de Bóveda (Gráficas Bao. Lugo: “Grial” nº 29, páx. 360).
Constantino Pallín López: Amistad de llanto.
Daniel Cortezón: Semáforo e La meada.
Eduardo Menéndez-Valdés Golpe: Separatismo e unidade. Unha mitificación histórica. (Galaxia. “Grial” nº 31, páx. 113).
Eloisa Vilar Checa: El Marqués de Sargadelos y su obra (Ed. do Castro. Cuberta de Luís Seoane).
Emilio Alarcos: Estudios de gramática funcional del español.
Emilio González López: Bajo la doble águila. Galicia en el reino de Carlos V (Patronato da Cultura Galega. Montevideo. “Grial” nº 32, páx. 239) e Siempre de negro (Vigo).
Emilio Silva: Amor Ruibal, precursor do “Aggiornamento”. (Separata da revista “Hora Presente” nº 6. São Paulo. “Grial” nº 32, páx. 248).
Eugenio Granell: Federica no era tonta, y otros cuentos (México).
Feliciano Rolán Vicente (1907-1935): Obras poéticas (“Huellas”; “De mar a mar”; “Ápices” e “Tierra”. Introdución de Carballo Calero. Edicións Castrelos. Vigo).
Francisco Xavier Carro Rosende: La poesía gallega, desde el silencio a la realidad .
Gonzalo Anaya Santos (1914 Burgos; 2008 Valencia): La depresión cultural gallega (Galaxia. “Grial” nº 31, páx. 117).
J.L. Pensado publica o manuscrito de Sarmiento Colección de voces y frases gallegas (Universidad de Salamanca. “Grial” nº 33; páx. 367).
Jesús Cambre Mariño: El espacio regional en el desarrollo económico de España (ZYX. Madrid. “Grial” nº 32, páx. 243).
Jorge Juan Eiros: El enaciado e El cuarto ángel de la ira.
José Fernández Méndez: Sensibilidad de Galicia en la pintura de Julia Minguillón.
José Luis Casas Teixeira: Romances del hombre solo.
José María Castroviejo: Las tribulaciones del cura de Noceda.
Juan Alejandro Apolant: Un predicador en el desierto (“Grial” nº 35, páx. 118).
Lino Novás Calvo: Maneras de contar.
Miguel Carlos Vidal: Poesía viva (Follas Novas).
Perfecto Yebra: La descentralización económico financiera en Alfredo Brañas (Santiago).
Pilar Vázquez Cuesta: La lusofilia de doña Emilia Pardo Bazán (Separata do Homenaje Universitario a Dámaso Alonso . Madrid. “Grial” nº 32, páx.245).
Ricardo L. Landeira: La saudade en el renacimiento de la literatura gallega (Galaxia. “Grial” nº 29, páx. 370)
Valentín Paz-Andrade: La marginación de Galicia (Siglo Veintiuno de España Editores. “Grial” nº 29, páx. 366) e El capital como factor de desarrollo de Galicia (A Coruña). Referíndose a La marginación de Galicia escribe a Neira Vilas (25 de marzo): “Estou a convalecer d-unha grave doencia que sufrín pouco despois de sahir o libro. Non deixou de me confortar que Galiza respondera ao que pudo ser meu testamento esgotando ou pouco menos en tres ou catro meses a edición. Quere-se decir que o pobo vaise dando conta do noso caso e da sua clinica, que eu pretendín poñer en formulas a mao pra todos. Xa se decataría que pol-a necesidade de impresioar os focos de onde a marxinación emerxe houbo de ser escrito no idioma que eles entenden”. (Xosé Neira Vilas: Cartas de vellos amigos. Galaxia 2010, páx. 388).
Víctor Luis Molinari: El perfil en la sombra (Ediciones Galicia).
Xavier Costa Clavell: Los gallegos (Ediciós “Nós”. Buenos Aires. “Grial” nº 33, páx. 376). Nunha carta de Basilio Losada a Ramón Piñeiro (26/I/1969) dise: “O libro que Costa Clavell tiña feito pra Llibres de Sinera (Los gallegos) tumbouno a censura por enteiro”. O 7 de abril do 1971 vólvelle a escribir: “Chegoume onte un libro de Costa editado en B. Aires. O tíduo é Los Gallegos e quería ser algo así como o que foi Nosaltres els valencians de Fuster ou Els mallorquins de Melià. Non chega. Hai erros de detalle, fallos hastra nos nomes (…) Tamén moito gazapo”.
Xesús Taboada Chivite: Etnografía Gallega (Vigo).
Xosé Manuel Beiras: Estructura y problemas de la población gallega (A Coruña).
Acontecementos
O Patronato da Cultura Galega de Montevideo coloca unha placa na rúa que leva o nome de Alfonso Rodríguez Castelao que di: “Alfonso R. Castelao. Nació en Rianxo (Coruña) el 30 de enero de 1886. Murió el 7 de enero de 1950. Pintor y dibujante, escritor y político. Defendió a su tierra y a su pueblo de la injusticia secular. Soñó en el exilio la Galicia ideal. Enero de 1970. Homenaje del Patronato da Cultura Galega” “Grial” nº 47, páx. 149).
Celso Emilio traballa no gabinete de prensa do presidente venezuelano Rafael Caldera. Acada o primeiro premio de poesía e tamén no apartado de contos nos “I Jogos Florais Minho-Galaicos de Guimaraes”.
J. Rodolfo López-Veiga Ponte crea o grupo de teatro Rosalía de Castro.
O 13 de xaneiro, Juan Naya Pérez, bibliotecario da Real Academia Galega, escríbelle ao Presidente da Institución (Sebastián Martínez Risco) comunicándolle que o Alcalde da Coruña, José Pérez-Ardá pregunta se sería conveniente o traslado ao Parque de Santa Margarida do monumento a Curros Enríquez dende os xardíns de Méndez Núñez. Tres días despois Manuel Chamoso Lamas, académico e conselleiro provincial de Belas Artes, emite un informe no que indica que o monumento por razóns técnicas e estéticas, non debe ser trasladado. O 15 de xaneiro Otero Pedrayo remite á Academia un texto: “...O poeta inmorrente non está suxeito a xubilación. O proieuto, de habelo, debe ficar no silenzo. Pois a sua soia proposta sería unha chata e lixo pra limpa e groriosa cidade da Cruña, e non digamos pra a autoridade que a propuxer”.
O “Centro Gallego” de Buenos Aires convoca o “Premio Galicia” de novela dotado con 10.000 pesos argentinos, equivalentes a 206.500 pesetas. En carta de 15 de xaneiro escribe Manuel María a Neira Vilas: “Fallouse o concurso do Centro Galego de Bós Aires. Premiaron a Méndez Ferrín, sobor dun ensaio encol da cultura galega i un libro de narraciós meu, O xornaleiro e sete testemuñas mais. Son relatos moi vividos”. (Xosé Neira Vilas: Cartas de vellos amigos. Galaxia 2010, páx. 277).Noutra carta de 24 de maio dille: “Os “Voces Ceibes” fixeron un grupo pecho, no que non admiten a ninguén máis. Andan sempre con caralladas. E non avantan nada. Siguen facendo cada vez piores cousas. Cousas que nun principio estaban ben porque se partia de cero. Fáltalles coñocemento a fondo da nosa cultura e tamén da música popular e coidánse todos unhos fenómenos. Xerardo Moscoso, que é moi bó rapaz, é sempre do derradeiro que chega. É un deses homes que vai cos da feira e voltan cos da romería. Ademais de que o segundo disco é moi cativo e nun galego detestabel, ten, como todos eles, unha gran desorientación en tódolos sensos i unha gran iñorancia (…) Fíxate que incruso chegaron a falar mal de Celso Emilio Ferreiro pubricamente.. Eu esto, naturalmente, non llo dixen ó Celso porque sei que sería darlle un bó disgusto. Cecais que o máis persoa de todos e o máis conscente e sensato sexa o Miro Casabella, e tamén dos mellores cantantes”. (Xosé Neira Vilas: Cartas de vellos amigos. Galaxia 2010, páx. 281).
Juan Barreiro, nomeado director da revista “Galicia” do centro Galego de Buenos Aires. Ficará un ano no cargo.
O 21 de xullo, no salón Castelao do Centro Galego de Buenos Aires, Basilio Losada pronuncia a conferencia “Problemas socio-culturales de Galicia de hoxe”. Participa nunha ofrenda floral a Rosalía de Castro e o día 26 intervén na “Homaxe a Castelao” dentro do programa das “Xornadas Patrióticas Galegas”: “Non presento o meu caso como exemprar. Coma min, centos de homes de Galiza recibiron a obra de Castelao –porque a súa verba e a súa presencia estábanos vedada- o mensaxe decisivo, esa frase, esa verba, capaz de dar senso a unha vida toda e para sempre. Castelao estábanos vedado”.(“A Nosa Terra” nº 514).
Juan Naya Pérez: Los poetas gallegos y Curros Enríquez (A Coruña). Naya Pérez viaxa a Buenos Aires como invitado de honra do Centro Gallego para a celebración do Día de Galicia. Entre os actos programados estaba unha mostra do libro galego antigo (do século XV ao XVIII) exposta na Biblioteca Nacional, e patrocinada pola RAG. Foi inaugurada o 20 de xullo e o 27 Naya imparte unha conferencia sobre o tema. En carta a Díaz Pardo dende Buenos Aires (23 de xullo), escribe Luís Seoane: “Por aquí están Basilio Losada y Naya. Losada muy bien, pero Naya actúa como funcionario, a las preguntas de los periodistas que pueden suponer cierto riesgo, libertad de prensa, opinión, etc responde invariablemente que le perdonen pero él no puede opinar, porque, claro, es funcionario…”. Noutra carta do 13 de agosto volve facer mención de Basilio Losada: “De los invitados del Centro Gallego quedó muy bien intelectualmente, sereno y justo en sus informaciones, Basilio Losada…”.
Ramón Piñeiro viaxa a Portugal en xaneiro, impartindo en Lisboa dúas conferencias, unha na Sociedade de Língua Portuguesa sobre a saudade e outra na Casa de Galicia sobre a situación actual da lingua galega.
Isaac Díaz Pardo e Luís Seoane fundan no Castro (Sada) o Museo de Arte Carlos Maside. Alí terían lugar vinteunha sesións de cine de divulgación da arte e da cultura de vangarda, sendo a primeira o día 26 de setembro, tres meses despois de inaugurarse o Museo e a derradeira no mes de xuño de 1972.
En Caracas, Xulio Formoso, Celso Emilio Ferrerio, Farruco e J.J. Sesto Novás gravan en “Pobovox” o disco “Galicia canta”. Neste disco Celso Emilio colabora tocando o pandeiro en “Pandeirada ao Che”.
O Instituto del Libro de La Habana edita “Homenaje al Che”.
Miguel Anxo Araújo consagrado en Ourense bispo da diócese de Mondoñedo-Ferrol. O acto celebrouse por primeira vez na historia da igrexa, en lingua galega.
O 18 de maio inaugúrase o Museo Carlos Maside no Castro de Samoedo. O acto correu a cargo de Rafael Dieste e provocou críticas ao escritor dende o xornal “A Nosa Terra” de Buenos Aires por dicir o seu discurso en castelán e en setembro sae publicado o seguinte: “…O acto, que se levou a cabo nun doado marco de digna galeguidade, foi sensibelmente mancado pola nota discordante dada por Rafael Dieste, cuia perorata en língoa castelán caíu como unha xerra dauga xiada antre a numerosa concurrenza… A nós, certamente nonos estrana o feito… Rafael Dieste (pesia ós seus valedores, que algún ten, e de mérito) é un inteleitoal hespañol ó servizo da cultura colonialista na nosa Terra… que ten no seu haber, un pecado de xuventude, millor dito, dous: unha fermosiña obra de teatro, e un libro de contos, ambos os dous en galego. E non voltou pecar máis…”. Segundo carta de Seoane a Díaz Pardo do 28 de setembro, o autor sería o redactor de “A Nosa Terra” Moisés Da Presa e engade Seoane: “Es una tremenda canallada y convendría que alguien hiciese ahí algo sobre la conferencia de Dieste en el Museo. Como tú puedes ver existen canallas en todas partes y aquí no faltan resentidos y envidiosos. Siempre les molestó Dieste. Si hubiese vivido Castelao estos estúpidos no se hubiesen atrevido a hacer esa nota”.
Na audición radial “Galicia Emigrante” do 8 de novembro Seoane fai unha defensa de Dieste que lle provocará ataques dende o xornal “A Nosa Terra” en dous artigos no nº 515 do mes de decembro, un titulado “Cuco-Rei” e outro “Olimpo de palla”.
Noutra carta a Díaz Pardo (16 de outubro) fala Seoane da audición radial “Galicia Emigrante”: “La radio se escucha bastante y es un buen vehículo de divulgación del que, sin embargo, tengo ganas de deshacerme. Estoy cansado de hacer notas, es una labor que nadie reconoce (…) Se trata de 16 años seguidos haciendo uno o dos artículos semanales, artículos y efemérides comentadas, sin más beneficio que el dar a conocer a un público, para mi naturalmente desconocido, aspectos muy diversos de Galicia y sus personalidades”.
O 10 de maio inaugúrase a planta circular de Sargadelos e ao día seguinte ten lugar nela o acto de apertura do IV “Seminario Sindical de Diseño Industrial”.
O pintor Manuel Colmeiro expón na galería “Camille Renault de París).
Nace a marca de moda “Florentino”.
Apróbase o Plan de Accesos a Galicia.
Apróbase o Plan de Explotación Marisquera de Galicia.
O buque noruego Polycomander que transportaba 50.000 Tm de cru, embarranca na ría de Vigo, diante das illas Cíes.
O cargueiro polaco Erkowit, con 2.000 bidóns de pesticidas, embarranca na bahía coruñesa.
Os galegos constitúen o 7,60 % da poboación do Estado Español.
Poboación urbana de Galicia: 23,7%. Poboación intermedia: 7,3%. Poboación rural 69,0%.
Premios
María Victoria Fernández España recibe o “Pedrón de Ouro”.
Celso Emilio traballa no gabinete de prensa do presidente venezuelano Rafael Caldera. Acada o primeiro premio de poesía e tamén no apartado de contos nos “I Jogos Florais Minho-Galaicos de Guimaraes”.
O “Centro Gallego” de Buenos Aires convoca o “Premio Galicia” de novela dotado con 10.000 pesos argentinos, equivalentes a 206.500 pesetas. En carta de 15 de xaneiro escribe Manuel María a Neira Vilas: “Fallouse o concurso do Centro Galego de Bós Aires. Premiaron a Méndez Ferrín, sobor dun ensaio encol da cultura galega i un libro de narraciós meu, O xornaleiro e sete testemuñas mais. Son relatos moi vividos”. (Xosé Neira Vilas: Cartas de vellos amigos. Galaxia 2010, páx. 277).
Epistolario
En carta a Díaz Pardo (31 de decembro) escribe Luís Seoane: “… lástima el de Silveira, para quien los comerciantes de Caracas son, por lo visto, peores que los de Vigo o Celanova, aún teniendo en cuenta la vida que sufrieron y que narra en la primera parte del poema y que los explica, aunque no los justifique. Se trata de un poema de quien no tiene conciencia social alguna, ni escrúpulos ni caridad. No quiero polemizar sobre esto. Para entenderme, mejor es volver a leer, si te cuadra, si no tampoco vale la pena, Fardel de Eisilado”.
O 4 de novembro, Celso Emilio escribe a Neira Vilas dende Caracas: “Ferrín estivo dous meses na cadea da Cruña, pro agora está no penal de Santoña. A muller, María Xosé está moi amolada porque á Cruña éralle doado viaxar tódalas semás, pro agora a cousa é mais compricada”. (Xosé Neira Vilas: Cartas de vellos amigos. Galaxia 2010).
O 13 de xaneiro, Juan Naya Pérez, bibliotecario da Real Academia Galega, escríbelle ao Presidente da Institución (Sebastián Martínez Risco) comunicándolle que o Alcalde da Coruña, José Pérez-Ardá pregunta se sería conveniente o traslado ao Parque de Santa Margarida do monumento a Curros Enríquez dende os xardíns de Méndez Núñez. Tres días despois Manuel Chamoso Lamas, académico e conselleiro provincial de Belas Artes, emite un informe no que indica que o monumento por razóns técnicas e estéticas, non debe ser trasladado. O 15 de xaneiro Otero Pedrayo remite á Academia un texto: “...O poeta inmorrente non está suxeito a xubilación. O proieuto, de habelo, debe ficar no silenzo. Pois a sua soia proposta sería unha chata e lixo pra limpa e groriosa cidade da Cruña, e non digamos pra a autoridade que a propuxer”.
O “Centro Gallego” de Buenos Aires convoca o “Premio Galicia” de novela dotado con 10.000 pesos argentinos, equivalentes a 206.500 pesetas. En carta de 15 de xaneiro escribe Manuel María a Neira Vilas: “Fallouse o concurso do Centro Galego de Bós Aires. Premiaron a Méndez Ferrín, sobor dun ensaio encol da cultura galega i un libro de narraciós meu, O xornaleiro e sete testemuñas mais. Son relatos moi vividos”. (Xosé Neira Vilas: Cartas de vellos amigos. Galaxia 2010, páx. 277). Noutra carta de 24 de maio dille: “Os “Voces Ceibes” fixeron un grupo pecho, no que non admiten a ninguén máis. Andan sempre con caralladas. E non avantan nada. Siguen facendo cada vez piores cousas. Cousas que nun principio estaban ben porque se partia de cero. Fáltalles coñocemento a fondo da nosa cultura e tamén da música popular e coidánse todos unhos fenómenos. Xerardo Moscoso, que é moi bó rapaz, é sempre do derradeiro que chega. É un deses homes que vai cos da feira e voltan cos da romería. Ademais de que o segundo disco é moi cativo e nun galego detestabel, ten, como todos eles, unha gran desorientación en tódolos sensos i unha gran iñorancia (…) Fíxate que incruso chegaron a falar mal de Celso Emilio Ferreiro pubricamente.. Eu esto, naturalmente, non llo dixen ó Celso porque sei que sería darlle un bó disgusto. Cecais que o máis persoa de todos e o máis conscente e sensato sexa o Miro Casabella, e tamén dos mellores cantantes”. (Xosé Neira Vilas: Cartas de vellos amigos. Galaxia 2010, páx. 281).
En carta a Díaz Pardo dende Buenos Aires (23 de xullo), escribe Luís Seoane: “Por aquí están Basilio Losada y Naya. Losada muy bien, pero Naya actúa como funcionario, a las preguntas de los periodistas que pueden suponer cierto riesgo, libertad de prensa, opinión, etc responde invariablemente que le perdonen pero él no puede opinar, porque, claro, es funcionario…”. Noutra carta do 13 de agosto volve facer mención de Basilio Losada: “De los invitados del Centro Gallego quedó muy bien intelectualmente, sereno y justo en sus informaciones, Basilio Losada…”.
Nunha carta a Díaz Pardo (16 de outubro) fala Seoane da audición radial “Galicia Emigrante”: “La radio se escucha bastante y es un buen vehículo de divulgación del que, sin embargo, tengo ganas de deshacerme. Estoy cansado de hacer notas, es una labor que nadie reconoce (…) Se trata de 16 años seguidos haciendo uno o dos artículos semanales, artículos y efemérides comentadas, sin más beneficio que el dar a conocer a un público, para mi naturalmente desconocido, aspectos muy diversos de Galicia y sus personalidades”.
Valentín Paz-Andrade: La marginación de Galicia (Siglo Veintiuno de España Editores. “Grial” nº 29, páx. 366) e El capital como factor de desarrollo de Galicia (A Coruña). Referíndose a La marginación de Galicia escribe a Neira Vilas (25 de marzo): “Estou a convalecer d-unha grave doencia que sufrín pouco despois de sahir o libro. Non deixou de me confortar que Galiza respondera ao que pudo ser meu testamento esgotando ou pouco menos en tres ou catro meses a edición. Quere-se decir que o pobo vaise dando conta do noso caso e da sua clinica, que eu pretendín poñer en formulas a mao pra todos. Xa se decataría que pol-a necesidade de impresioar os focos de onde a marxinación emerxe houbo de ser escrito no idioma que eles entenden”. (Xosé Neira Vilas: Cartas de vellos amigos. Galaxia 2010, páx. 388).
Xavier Costa Clavell: Los gallegos (Ediciós “Nós”. Buenos Aires. “Grial” nº 33, páx. 376). Nunha carta de Basilio Losada a Ramón Piñeiro (26/I/1969) dise: “O libro que Costa Clavell tiña feito pra Llibres de Sinera (Los gallegos) tumbouno a censura por enteiro”. O 7 de abril do 1971 vólvelle a escribir: “Chegoume onte un libro de Costa editado en B. Aires. O tíduo é Los Gallegos e quería ser algo así como o que foi Nosaltres els valencians de Fuster ou Els mallorquins de Melià. Non chega. Hai erros de detalle, fallos hastra nos nomes (…) Tamén moito gazapo”.
Sumarios
GRIAL Nº 27
D. García-Sabell: Castelao, ou Galicia ó axexo.M. Rodrigues Lapa: A questão do “Amadis de Gaula” no contexto peninsular.F. Bouza Brey: El Estado suevo en Galicia y su organización interna.Micaela Misiego: As orixes vikingas do príncipe Hamlet.Manuel Casado Nieto: O Xénesis. Versión galega da “Vulgata latina”.R. Carballo Calero: Il Canzoniere di Don Lopo Liáns.Amado Ricón: Encol dun poema galego esquecido de Benito Vicetto.Fr. Gumersindo Placer: Os santos en Galicia.Salvador Lorenzana: Lembranza da revista “Nós”.Teresa Otero Sande: Vacaciós de amor.M. Sys: ¿Living Theatre? (Trad. de Cosme Barreiros).Juan José Domenchina: El poeta Feliciano Rolán.
GRIAL Nº 28
Lois Tobío: O erasmismo de Gondomar.James Joyce: Giacomo Joyce (trad. de García Sabell).Amable Veiga Arias: Fonología Gallega. Fonemática. Más sobre vocales.Emilio González López: Na percura de novos horizontes: O expresionismo. “La media noche”.R. Carballo Calero: Auto do prisioneiro.M. González Garcés: Poemas a Albertiño.Marino Dónega: Un texto galego esquencido, de Xohán Rof Carballo.Xohán Rof Carballo: Paul Claudel.Xosé-Martiño Montero Santalla: ¿Proceso á Igrexa galega? A propósito do libro de Alvilares Moure.Marino Dónega: Un viaxe a Galicia do século XIX, narrado por D. Marcial Valladares Núñez.Marcial Valladares: Expedición de Zamora a Orense.Isidoro Millán González-Pardo: Rauda... Pranto polo fillo morto.Álvaro Cunqueiro: Un gaiteiro.C. Durán: O Centro Galego de Londres.
A lingua galega na escola.
GRIAL Nº 29
Valentín Arias López: A lingua galega na escola.Hygini Anglés: A polifonía do Códice Calistino de Santiago de Compostela e o seu ritmo (Trad. de Xoán Trillo).Emilio González López: Drake en la ría de Vigo.Micaela Misiego: As orixes vikingas do príncipe Hamlet, II.Xosé Filgueira Valverde: Os nenos.Xosé M. R. Pampín: Dous contos.Xosé Antón Miguélez Díaz: 9 poemas.Salvador Lorenzana: No décimo cabodano do pasamento de Camús.Carlos Durán: Encol do ensino do galego como lingua materna.Dolores Balseiro: Aquelas noites tan longas. Pequena lembranza de Juião Bolseiro.José S. Crespo Pozo: Interpretación de algunos curiosos topónimos de Redondela y de sus municipios.Mª Mercedes Brea López: Sobre “Maxina”.William Saroyán: Dylan Thomas, o rapaz salvaxe.
GRIAL Nº 30
X. M. López Nogueira: No II Centenario de X. G. F. Hegel. A dialéctica do ser social.María Teresa Leal de Martínez: Notas ao “Elogio da Morte” de Antero de Quental.Jaime Giordano: Feijoo y el género ensayístico.Amado Rincón: Algunhas notas encol do iberismo de Antero de Quental.William Shakespeare: A traxedia de Macbeth (Trad. de Fernando Pérez-Barreiro Nolla).Xavier Carro: A señorita Rosario.Francisco Rodríguez: Caráiter da literatura galega: o exemplo da obra de Rosalía.Armando Cotarelo Valledor: La poesía del mar en el “Cancionero de la Vaticana”.Fr. Gumersindo Placer: O primeiro drama galego: “A fonte do xuramento”.
A poesía de Cecilia Meireles.
No cincuentenario de “Nós, Boletín Mensual da Cultura Galega” a Real Academia Galega saca un número especial da revista o 30 de outubro co seguinte sumario: Sebastián Risco: Na soleira. Cincuentenario de NÓS.PRIMEIRA XEIRA Escritores que en época anterior.Xerardo Álvarez Gallego: NÓS en América.Xesús Bal e Gay: A revista Nós. Manuel Bergueiro López: Lembranza histórica.Francisco Luís Bernárdez: Lembranza de NÓS.Eduardo Blanco Amor: Ourense e a revista “NÓS”.Fermín Bouza Brey: Lembranzas e segredos de NÓS e mais eu.Ricardo Carballo Calero: “Nós” onte, hoxe e mañá.Leandro Carré Alvarellos: No cincuenta aniversario da revista NÓS.Augusto María Casas: Nós os inadaptados.Xosé María Castroviejo: A chamada de NÓS.Hernani Cidadi: Saudades de NÓS e da Galiza.Evaristo Correa Calderón: Compría relembrarse…Álvaro Cunqueiro: Agardando NÓS.Felipe Fernández Armesto: ¿Qué queda daquelo?.Xosé Filgueira Valverde: NÓS nacéu na Cruña.Ánxel Fole Sánchez: Fai medio século, o movimento “Nós”.Antonio Fraguas Fraguas: Lembranza de unha xeneración.Avelino Gómez Ledo: Non somente unha relembranza ademirativa.Emilio González López: Un dos periodos máis vivos.Salvador Lorenzana: Catro persoeiros do grupo NÓS.Urbano Losada Martínez: Lembranza.Ramón Martínez López: Tense dito de cotío…Xosé Núñez Búa: 1918: NÓS.Ramón Otero Pedrayo: No suco da revista NÓS.Valentín Paz Andrade: Prefiguración da revista.Emilio Pita: O meu relembro de NÓS.Xosé Ramón e Fernández Oxea: O índice de NÓS.Manuel Rodríguez Lapa: Em torno da revista NÓS.Luís Seoane: Algúns aspeitos de NÓS.Antonio Taboada Roca: Lembranza dos mortos.Luís Tobío Fernández: Na historia do rexurdir da literatura galega.Alfonso Vázquez Martínez: Recordo inmorredoiro.
SEGUNDA XEIRAXosé Ramón e Fernández-Oxea: Índice da revista NÓS.Índice xeralÍndice de autoresÍndice de materias
Outras culturas
Nacen:
PREMI D’HONOR DE LES LLETRES CATALANESJoan Oliver (Pere Quart). PREMI JOSEP PLATeresa Pàmies: El testament de Praga.
Agustí Calvet “Gaziel” (1887-1964): Quina mena de gent som.Baltasar Porcel: Difunts sota els ametllers en flor (novela).Ferran Soldevila: Al llarg de la meva vida.Francesc Parcerisas: Homes que es banyen (poesía).Gabriel Janer Manila: El silenci.Jaume Fuster: Abans del foc.Joan Colomines i Puig: Julieta (teatro).Joan Vinyoli: Tot és ara i res (poemas).Joan Brossa. Poesía rasa (obra poética entre 1943 e 1959).Jordi Teixidor: El retaule del flautista (teatro). Premi Josep Maria de Sagarra 1968).Josep Dalmau i Olivé: Contrapunts al “Cami” de l’Opus Dei.Josep Ferrater Mora: Els mots i els homes.Josep Vicenç Foix: Darrer comunicat (prosa) i Allò que no diu “La Vanguardia” (artigos).Jordi Teixidor: El retaule del flautista (teatro).Llorenç Villalonga: La Lulú.Manuel de Pedrolo: Un amor fora ciutat.Maria Antònia Oliver: Cròniques d’un mig estiu.Nèstor Luján e Joan Perucho: Libro de la cocina española.Pere Gimferrer: Els miralls (poesía).Ramon Gomis: La petita història d’un home qualselvol (teatro).Robert Saladrigas: 52 hores a través de la pell.Terenci Moix: El dia que va morir Marilyn (novela).Xavier Casp: Silenci.
Josep Carner (Bruselas; 1884 Barcelona).Ramon d‘Abadal (Barcelona; 1888 Vic).
Bertrand Russell (Gales; ibídem. 1872).Edward Morgan Forster (Coventry; 1879 Londres).François Mauriac (París; 1885 Bordeaux).Giuseppe Ungaretti (Milán; 1888 Alexandría).Jean Giono (Manosque; ibídem 1895).John Dos Passos (Baltimore; 1896 Chicago).Julius Pokorny (Zurich; 1887 Praga).Paul Celan (París, suicídase tirándose ao Sena; 1920 Rumanía).Única Zürn (París; 1916 Berlín).Yukio Mishima (1925 Tokio).
Bob Dylan: “New Morning”. Promúlgase a “Ley General de Educación” do ministro Villar Palasí (4 de agosto). En decembro, consello de guerra en Burgos contra varios membros de ETA: Protestas mundiais polas condenas a morte que finalmente son conmutadas por Franco. Guerra civil en Xordania. Tropas estadounidenses invaden Camboya. Trunfo electoral do socialista chileno Salvador Allende. Pastrana Borrero, presidente de Colombia. O divorcio é legal en Italia.
|