Diferenzas entre revisións de «1932»
(→Nacementos/Pasamentos) |
|||
Liña 188: | Liña 188: | ||
===Relativas a Galicia=== | ===Relativas a Galicia=== | ||
− | |||
==Acontecementos== | ==Acontecementos== | ||
− | {| class="wikitable" | + | {| class="wikitable" style="height: 666px;" width="765" data-mce-style="height: 666px;" |
|- | |- | ||
− | ||Constitúense en Ourense e a Coruña as primeiras “Mocedades Galeguistas”. | + | | style="width: 751.813px;" data-mce-style="width: 751.813px;"|Nace na Pobra do Caramiñal o semanario “La Lucha”, órgano do Partido Socialista e da U.G.T. |
+ | Nace en Santiago a Unión Socialista Gallega como unha escisión do PSOE. | ||
+ | |||
+ | Constitúense en Ourense e a Coruña as primeiras “Mocedades Galeguistas”. | ||
+ | |||
+ | |||
+ | Constitúense en Ourense e a Coruña as primeiras “Mocedades Galeguistas”. | ||
+ | |||
En Madrid aparece “Galicia en Madrid”, revista mensual ilustrada, que se publicou ata 1936. | En Madrid aparece “Galicia en Madrid”, revista mensual ilustrada, que se publicou ata 1936. | ||
Revisión como estaba o 13 de xaneiro de 2020 ás 18:09
Índice
Cultura galega
Nacementos/Pasamentos
Pasamentos |
---|
Literatura |
Amador Montenegro Saavedra (Lugo; 1864 Santiago) |
Juan Bautista Armada y Losada (Abegondo, Betanzos; 1861 Madrid) |
Manuel Valcarce (Vilamartín de Valdeorras; ibídem 1862 |
Uxío Carré Aldao (A Coruña; ibídem 1859 |
Outros |
Reveriano Soutullo Otero (Madrid; 1880 Ponteareas |
O químico José Rodríguez Mourelo (Madrid; 1859 Lugo |
O político Gabino Bugallal y Araújo (París; 1861 Ponteareas |
Publicacións
Galegas
Álvaro Cunqueiro: Mar ao norde (Poemas. Ed. Nós. Ilustrado por Seoane). No 2011 o selo editorial Alento fai unha edición bilingüe en galego e castelán. (“Grial” nº 192).Cunqueiro coñece en Santiago a García Lorca. Libra do servizo militar por “estreito de peito”. Publica 5 poemas na revista lisboeta “Descobrimento”.
Amaro de Vilamelle: colabora en “A Nosa Terra”. Antón Zapata García: “A canzón d’agora”, poema en “A Nosa Terra” (25 de xullo). Ánxel Fole: Diana (romance no número extraordinario do 1º de maio da revista “Yunque”).Fole coñece en Lugo a Lorca, de quen publica no nº 6 da revista luguesa “Yunque” o “Madrigal a la ciudad de Santiago” (decembro); case simultaneamente aparece tamén no nº 6 da revista santiaguesa “Resol”. Augusto María Casas Blanco: O vento segrel. Cotarelo Valledor: Mourenza (teatro). Ernesto Padín Lorenzo: Amores e dolores (Madrid). Evaristo Mosquera: colabora en “A Nosa Terra”. Filgueira Valverde: Cancioneiriño de Compostela. Francisco Fernández del Riego: “Ao comenzar o ano”, no nº 291 de “A Nosa Terra”.No 293 “Fiestra sobor da lingua galega”. Josefa Iglesias Vilarelle: Método de lectura (Primeiro manual coñecido para o ensino da nosa lingua. Publicado polo Seminario de Estudos Galegos). Luís Pimentel colabora en verso na revista esquerdista lucense “Yunque”. Plácido R. Castro: “Encol do noso universalismo”. Rafael Dieste director e animador nas “Misiones Pedagógicas”; creador do Teatro Guiñol das Misiones, para o que escribe e dirixe numerosas farsas. Rafael Pazos Giménez: escribe o libro inédito Lecer, composto por 25 poemas que lle enviará no 1936 a Filgueira Valverde, quen os recollerá no libro Os poetas galegos (1936) Antoloxía consultada que editarán no 2008 Ana Acuña e Xesús Alonso Montero. Ramón Otero Pedrayo: Contos do camiño e da rúa (Nós. “Grial” nº 52, páx. 268). No núm. 108 de “Nós” (15 de decembro), escribe Ricardo Carballo Calero no artigo “Balance e inventario da nosa literatura”: “Contos do camiño e da rúa é a mellor obra litararia escrita na nosa fala no ano que acaba de finar. De conceición menos vasta que Os camiños da vida, é, dentro da súa meirande limitación, obra máis perfeita, pois está ceibe das tres ou catro páxinas hiperrománticas e melodramáticas que escorregaron n-aquela obra, e que non nos acaban de satisfacer, cicáis pol-a tendencia un pouco socarrona do noso esprito”.Morte e resurreición (Ourense) e Lembranza de Goethe (Santiago).“Un sermón agardado”, no nº extraordinario de “A Nosa Terra” do 25 de xullo. Ramón Villar Ponte: “Lembrando un aniversario”: “O dia 16 do mes de maio, fará dezaseis anos que apareceu na Cruña a primeira Irmandade da Fala”. (No nº 294 de “A Nosa Terra”. Ricardo Carballo Calero: “Carballo”, poema no nº 292 de “A Nosa Terra”. Ricardo Flores Pérez: estrea a obra Nai e filla. Valentín Paz Andrade: “Sentimento e razón da autonomía” (“A Nosa Terra”, 25 de xullo). Vicente Risco: “Non lle cantes cantos brandos” (Nº 291 de “A Nosa Terra”: “Galiza non quere ser cantada. Galiza quer vivir, e pra vivir quer libertade. Libertade pra todo, e máis que pra nada, porque isto é o esencial da sua vida, libertade pra ser galega”.No nº 293 de “A Nosa Terra” aparece : “Unha das misións que o Consello asinou a “A Nosa Terra”, é a de contribuir á maisima preparación teórica dos afiliados. Escomenzamos dende hoxe mesmo ista laboura pubricando, ca previa autorización do seu autor, i-en xeito de folletón coleicioabre A Teoría do Nazonalismo Galego de Vicente Risco. Víctor Casas: colabora en “A Nosa Terra”. Xosé Filgueira Valverde: “Chamamento aos mozos”, no nº 297 de “A Nosa Terra”: “Mozos: Tornai a ollar pra vós mesmos e coidade no voso rol, miudo pero cicais transcendental, na gran carta do mundo.Sodes os cidadáns de unha Repúbrica: Hespaña. A Repúbrica Hespañola é o Estado que coa sua orgaización xurídica regula a vosa convivencia cos demais homes.Sodes os fillos de unha nacionalidade: Galicia. A Nación Galega é a Patria que sentides na participación de unhas características, en irmandade con outros galegos”. Xosé María Álvarez Blázquez: Abril (poemas en castelán; Pontevedra). Xulio Sigüenza: “Albeira”, poema en “A Nosa Terra” (25 de xullo).
Os homes, os feitos, as verbas
|
Relativas a Galicia
Acontecementos
Nace na Pobra do Caramiñal o semanario “La Lucha”, órgano do Partido Socialista e da U.G.T.
Nace en Santiago a Unión Socialista Gallega como unha escisión do PSOE. Constitúense en Ourense e a Coruña as primeiras “Mocedades Galeguistas”.
En Madrid aparece “Galicia en Madrid”, revista mensual ilustrada, que se publicou ata 1936. Maside fai un retrato de Lorca. Seoane licénciase na Facultade de Dereito. Créase o Teatro Guiñol das “Misiones Pedagógicas”. Ramón Puga Noguerol inicia en Ourense unhas experiencias radiofónicas. En marzo, Blanco Torres toma posesión do cargo de Gobernador Civil de Palencia para abandonalo en xuño. Fúndase Radio Galicia. Inaugúrase en Tui o monumento aos mártires de Sobredo (Guillarei), obra do escultor Camilo Nogueira. Manuel Portela Valladares pronuncia o 25 de xullo no Centro Galego de Barcelona a conferencia “Unificación e diversificación de las nacionalidades”. Inicia a súa actividade a Estación de Bioloxía Mariña de Marín (Pontevedra). O 22 de marzo, “El Eco de Santiago” publica o seguinte anuncio de Correos: “Finalizado el 31 del mes actual el plazo para la obtención de licencias de aparatos receptores, se advierte a los señores poseedores de los mismos que no hayan satisfecho el canon correspondiente, que la Dirección General de Telégrafos y Teléfonos, por medio de sus agentes está decidida a hacer efectivas con todo rigor, a partir del 1 de abril, las sanciones reglamentarias referentes a aparatos clandestinos”. Folga na Constructora Naval de Ferrol.
Acevedo y Fernández: Vocabulario del bable de occidente (Madrid). César Alvajar: Estudio crítico del poeta Pondal. Feliciano Rolán: Huellas (ilustrado por Seoane. Ed. Nós). José Díaz Andión: Los precursores de la libertad. José García Acuña: Estudio de la conquista y evangelización de Nueva Galicia. Fr. Martín de la Coruña (discurso de ingreso na Academia Galega).
|
Premios
Epistolario
Nunha carta a Antonio Pillado, do mes de agosto, escribe Ramón Cabanillas: “Conceptúo un gran error de las derechas su oposición a los estatutos. Por lo que afecta a Galicia, y a las regiones que pudieran llamarse sanas, la autonomía tendría la enorme ventaja de independizarnos de este centralismo que es la causa de todos los males de la hora presente (…) el gran acierto sería ir a una república federal”.
|