Diferenzas entre revisións de «1975»
(→Sumarios) |
(→Sumarios) |
||
Liña 249: | Liña 249: | ||
HOMENAXE A CASTELAO | HOMENAXE A CASTELAO | ||
− | Ramón Otero Pedrayo: Castelao. Domingo García-Sabell: Encol de Castelao. Ricardo Carballo Calero: Aspectos de “Os vellos non deben de namorarse”. Gonzalo Torrente Ballester: “O ollo de vidro”, por un home con anteollos. Salvador Lorenzana: Un arte, unha ética e un estilo. Marino Dónega: Descripción, metáfora e memoria en Castelao. Andrés Torres Queiruga: O tema relixioso en Castelao. X. M. López Nogueira: Castelao e o naturalismo galego. Siro: Castelao: Dibuxante-humorista. Valentín Arias: Castelao diante do ensino en Galicia. Oito cartas de Castelao, a Xohán Viqueira, Ramón Otero Pedrayo i Emilio Pita. Carlos Casares: O meu Castelao primeiro. Dos cartas polémicas: entre Castelao e Claudio Sánchez Albornoz. Valentín Paz Andrade: Castelao, con Pontevedra ao fondo. X. L. Franco Grande: Castelao, de lonxe. Salvador García-Bodaño: Agarda. Celestino F. de la Vega: Castelao, nunha escolma de humor negro. Rodolfo Prada: Carta de Buenos Aires, despois do pasamento de Castelao. | + | Ramón Otero Pedrayo: Castelao. Domingo García-Sabell: Encol de Castelao. Ricardo Carballo Calero: Aspectos de “Os vellos non deben de namorarse”. Gonzalo Torrente Ballester: “O ollo de vidro”, por un home con anteollos. Salvador Lorenzana: Un arte, unha ética e un estilo. Marino Dónega: Descripción, metáfora e memoria en Castelao. Andrés Torres Queiruga: O tema relixioso en Castelao. X. M. López Nogueira: Castelao e o naturalismo galego. Siro: Castelao: Dibuxante-humorista. Valentín Arias: Castelao diante do ensino en Galicia. Oito cartas de Castelao, a Xohán Viqueira, Ramón Otero Pedrayo i Emilio Pita. Carlos Casares: O meu Castelao primeiro. Dos cartas polémicas: entre Castelao e Claudio Sánchez Albornoz. Valentín Paz Andrade: Castelao, con Pontevedra ao fondo. X. L. Franco Grande: Castelao, de lonxe. Salvador García-Bodaño: Agarda. Celestino F. de la Vega: Castelao, nunha escolma de humor negro. Rodolfo Prada: Carta de Buenos Aires, despois do pasamento de Castelao. D.L. B.: Castelao, escritor. Dúas conferencias na Universidade. M. Lustres Rivas: Alfonso Castelao y la “peña” del Colón. |
|} | |} | ||
{| class="wikitable" | {| class="wikitable" |
Revisión como estaba o 15 de decembro de 2020 ás 09:58
Índice
Cultura galega
Día das Letras Galegas
Nacementos/Pasamentos
Pasamentos
|
---|
Literatura |
Abelardo Santorum Alonso (Ourense; 1921 Buenos Aires). |
Gustavo Fabra Barreiro (Madrid; ibídem 1945). |
José Caamaño Bournacell (Madrid; 1909 Cambados). |
Manuel Luís Acuña Sarmiento (Ourense; 1899 Sobrado de Trives). |
Xesús Ferro Couselo,profesor e investigador (Valga; ibídem 1906). |
Outros |
Morre o xeneral Franco (20 de novembro). |
Publicacións
Galegas
- Comeza a publicarse en Santiago a revista infantil e xuvenil Vagalume (revista) , da que chegarán a saír do prelo 46 números. Dirixida por Marta Isabel García de Leániz. Dise no editorial do número 1 do mes de xaneiro: “poñer nas mans dos nosos educadores un material formativo en galego. Que interese ós escolares, de xeito que, anque estes adeprenderan o mecanismo de lectura no castelán, atopen tamén un aguillón pra se esforzar en ler a súa propia linguaxe”. Desaparece en maio do 78 por problemas financeiros. Foi a primeira publicación infantil e xuvenil.
- Galaxia publica o volume colectivo A Galicia rural na encrucillada (Xosé Manuel Beiras, García-Sabell; Gallego Joreto, Orjales Pita, Ramón L. Suevos, Vilas Nogueira, Xosé L. R. Pardo, Abad Folres, Valentín Arias, Xaquín Gómez Barros, Pousa Antelo, Camilo Nogueira, Xosé G. de la Huerta Fidalgo. “Grial” nº 51, páx. 118).
- Publícase tamén o volume colectivo Contaminación industrial e desenvolvimento.
- Publícase o libro de autoría colectiva A problemática sociolóxica das comunidades galegas (Vigo).
- Edicións Sept de Santiago publica a versión galega de A Biblia dos Nenos (A. M. Cocagnac e Rosemary Haughton), feita por Xosé Manuel R. Pampín, Lois Rodríguez e Ánxel González Núñez. “Grial” nº 51, páx. 121).
- O número 2 da revista “Verba” aparece como unha homenaxe a Anibal Otero “Grial” nº 51, páx. 112.
- Comeza a publicarse “Gallaecia”, revista da Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago por Ediciós do Castro.
- Álvaro Cunqueiro escribe en “Correo catalán” (3 de agosto): “Yo, como escritor en castellano, soy un profesional. Y, como escritor en gallego, no tengo otra alternativa que ser un aficionado. Nos pasa a todos… Con obras en gallego se pierde dinero. Yo entregué cinco libros al editor y no cobré nada, porque los beneficios se reinvierten en la edición de nuevas obras. La primera vez que yo vi los beneficios fue con mi libro sobre la cocina gallega”.
- Antón Tovar Bobillo : Poesía galega completa (Madrid).
- Avelino Díaz (1897-1971): 11 poemas a Castelao.
- Avelino Gómez Ledo : Traduce ao galego O Novo Testamento. En carta de Ramón Piñeiro a Basilio Losada (3 de febreiro de 1962): “Unha cousa que temos que facer é reiterarlle a D. Avelino Gómez Ledo a petición de que traduza os Evanxellos ó galego, como prometeu facer hai máis de cinco anos. Il é un crego moi distinguido, moi culto, bo humanista –tradutor de Virxilio ó galego- e poeta. Reúne tódalas condicións para facer unha boa tradución”. (Ramón Piñeiro, Basilio Losada. Do sentimento á conciencia de Galicia. Correspondencia (1961-1984). Galaxia. Páx. 109).
- Bernardino Graña : Non vexo Vigo nin Cangas (colección Val de Lemos. Monforte) e Sinfarainín contra don Perfeuto (teatro; “Grial” nº 48).
- Carballo Calero : Historia da literatura galega contemporánea (2ª edición ampliando a de 1963).
- Carlos Casares : Xoguetes pra un tempo prohibido (Premio Galaxia de Novela e Premio da Crítica Galega 1976. “Grial” nº 50, páx. 531).
- Celso Emilio Ferreiro : Onde o mundo chámase Celanova (Editora Nacional, Madrid). Al César enano (Folleto con poemas en castelán contra Franco e o seu sistema, recompilados por “Stow Kiwotto Lumen”, outro dos seus pseudónimos. Edic. El caballo del diablo). Nunha carta a Neira Vilas (4/11/1970) escribía: “Traballo tamén –isto con mais urxencia- na recopilación de tódolos versos de escarnio e maldecir, que os poetas españoles teñen escrito clandestinamente contra Franco e o seu réximen. Eu, pola miña parte aporto unhas vinte pezas entre sonetos, décimas etc. O libro posibelmente titularase, “Versos anónimos contra Franco, en la España Franquista”. (Xosé Neira Vilas: Cartas de vellos amigos. Galaxia 2010).
- Dora Vázquez : Campo e mar aberto (lit. infantil. Lugo).
- Dora Vázquez e Pura Vázquez : Oriolos neneiros.
- Dulce María Orjales Valcárcel : Caminos (bilingüe).
- Edelmira Cacheda Otero : Contos pra nenos (Editorial Everest. “Grial” nº 49, páx.400).
- Eduardo Blanco Amor : Las musarañas, autotradución de Os biosbardos (Edit. Euros, Barcelona).
- Euloxio R. Ruibal : A sonada e proveitosa enchenta do marqués Ruchestinto no derradeiro século da súa vida (teatro. Santiago).
- Fermín Vilaboa Lemos: Albores.
- Francisco Barxa : Os ovos da pita choca.
- Francisco Fernández del Riego : Historia da literatura galega (Galaxia).
- Isaac Ángel Otero Rodríguez : Presencia de Rosalía (Obra colectiva).
- Isidoro Millán González-Pardo : Vida e obra de don Xoán Manuel Pintos, precursor das Letras Galegas.
- José Landeira Yrago : Dos devanceiros ao dezaoito (antoloxía).
- Luis Iglesias de Souza : Vento antergo.
- Manuel D. Varela Buxán : O ferreiro de Santán, (estreada no Teatro Argentino de Buenos Aires en decembro de 1941 pola compañía Boga-Tacholas). Taberna sin dono (estreada no teatro “Mayo” de Buenos Aires pola compañía de Maruja Villanueva en agosto de 1941) (Prólogo de Otero Pedrayo de 1965. Edic. Celta). O 5-12-1974 escribe a Luís Seoane: “Perdóame que che haia cansado por mediación do noso amigo Tacholas co gallo de lograr un dibuxo pra ilustrar as tapas de dúas pezas miñas O ferreiro de Santán e Taberna sin dono, as dúas nun volume, prologadas por Otero Pedrayo (…) O meu teatro é realista-naturalista; moi aldeán, tudo discurre antre xentes labregas, de bons sentementos e ideias, tenras, intuitivas, inxenuas, de homildosa condición. A liña que eu adoito é a cómico-sentimental, anque, no fondo, decote hai algo de tráxico”.
- Manuel Guede Oliva : estréase a súa obra Manuel, vento indomable.
- Manuel Lourenzo : Romaría ás covas do Demo.
- Maximino Castiñeiras : O home, o poeta e o maestro dos novos.
- Méndez Ferrín : Sirventés pola destrucción de Occitania.
- Miguel Anxo Araúxo Iglesias : A fé cristiá ante a cuestión da lingua galega.
- Miguel Anxo Murado García : A contaminación en Galicia (O desarranxo ambiental galego no contexto da crise ecolóxica mundial).
- Miguel González Garcés : Paso soa de luz (Madrid).
- Nacho Taibo : Os inmortais (Vigo).
- Neira Vilas e Anisia Miranda : Cantarelas e contos prá xente miúda (Edit. Akal). É a primeira vez que aparecen en volume dous relatos de Anisia Miranda: A primeira aventura da Ranciña e A frol amarela. Na contracuberta do volume escribe Alonso Montero: “Anisia Miranda, mergullada no seu país na problemática da literatura infantil, á que ten feito achegas moi importantes, agasállanos con dúas fermosas historias escritas, con naturalidade e soltura, na nosa fala”.
- Otero Pedrayo : Teatro de máscaras (manuscrito en 1934).
- Paco Martín : O libro das adiviñas (Madrid).
- Rafael Dieste : Testamento geométrico (Edic. do Castro).
- Ramón Barral Andrade: O aforro e a inversión na Galicia: Unha aproximación ao capitalismo galego.
- Ramón López Suevos : “O papel do excedente agrícola na economía galega” (en A Galicia rural na encrucillada. Vigo); Cara a unha visión crítica da economía galega (A Coruña) e A contaminación na Galiza (A Coruña).
- Ramón Lorenzo : Traducción galega da Crónica General.
- Ramón Piñeiro : Lembrando a Castelao. (Ed. Sept, en galego, castelán, catalán e éuscaro).
- Rubia Barcia : Prosas de razón y hiel (no que condena a ditadura).
- Valentín Arias : A escola rural en Galicia.
- Xaquín Marín : Dous viaxes (Madrid).
- Xavier Rodríguez Barrio : Pranto a Castelao vivo e morto e Xohán Vicente Viqueira (vida e obra).
- Xesús Alonso Montero : Castelao (Ed. Akal).
- Xesús González Gómez inicia unha serie de traducións de poemas de Carles Riba en “El Progreso” de Lugo.
- Xoán Martínez Tamuxe : Unha bela frol, chave do encantamento (A Guarda).
- Xosé Fernández Ferreiro : A morte de Frank González (Primeiro western da literatura galega).
- Xosé Isorna Ferreirós: A muller que deixa herdanza (Ourense) e Un home ó servizo de Galicia, Xesús Ferro Couselo (Ourense).
- Xosé Manuel Rodríguez Pampín : Creón…Creón… (nº 50 de “Grial”).
- Xosé María Álvarez Blázquez : Escolma de poesía medieval (Edicións Castrelos).
- Xosé Vázquez Pintor : Terra e pan (poemas) e De ida e volta (relatos curtos).
- Xulio González Lorenzo: A alburgada (teatro).
Relativas a Galicia
- Manuel Lueiro Rey, Celso Emilio Ferreiro, Luís Seoane, Pura Vázquez, Neira Vilas, Novoneyra, Bernardino Graña, García Bodaño, Arcadio López Casanova, Rábade Paredes e J. Ángel Valente participan nunha selección colectiva de poemas nas catro linguas do Estado para Chile en el corazón /Chile al cor/ Chile no corazón/ Txile bihotzean. Homenaje a Pablo Neruda (Barcelona). O poema de Lueiro Rey “Loitando, sempre loitando” aparece censurado.
- Galaxia publica o “Almanaque Galaxia 1975”. (“Grial” nº 48, páx. 268).
- Co gallo do 25 cabodano do seu pasamento, o 12 de xaneiro, o suplemento dominical do “Diario de Barcelona”, publica dúas páxinas dedicadas a Castelao; a primeira cunhas notas de Xosé Lois García, e a segunda cunha escolla de debuxos de Castelao. Tamén o xornal madrileño “Informaciones” lle dedica varias páxinas do número do 9 de xaneiro. Na galería de Sargadelos de Barcelona realízase unha exposición das láminas do álbum “Nós”. No catálogo figuran palabras de Isaac Díaz Pardo e de Salvador Espriu, quen di: “Castelao é un valor universal. Mais non hai dúbida algunha que un catalán pode velo e comprendelo cunha emoción e simpatía particular, pola relativa afinidade dos nosos problemas cos específicos de Galicia. Non teño espacio nin capacidade pra glosar, nin unha por unha nin en conxunto, estas tenras, intelixentísimas, ferintes e nalgún intre arrepiantes –mais tamén esperanzadoras- estampas e as súas lendas. Díxose, por outra banda, que o que sabe cala. Os ollos que saben mirar, que contemplen, cun profundo e respetuoso silencio, esta alta lección do arte e do esprito da máis enxebre Galicia, mentres Castelao nos sorrí, quizais con ironía, con beizos finos dende a súa ganada e serea inmortalidade” (“Grial” nº 47, páx. 148).
- “Los suplementos” nº 58 da revista “Cuadernos para el diálogo”, dedicado a Castelao, sendo coordinado por Alonso Montero.
- O exemplar correspondente a maio-xuño, da revista “Galicia” do centro Galego de Buenos Aires, dedicado a Castelao, contén unha carta manuscrita de Otero Pedrayo enviada para este número.
- Tomás Barros Pardo e Luz Pozo Garza fundan na Coruña a revista “Nordés”, subtitulada “Revista de poesía y crítica” (No 1976 remata a primeira etapa, na que se publicaron catro números bilingües. A segunda xeira comezará en xuño de 1980).
- Coincidindo co cincuenta cabodano da súa publicación, aparece un número extraordinario da revista “Ronsel”.
- Aparece o método de lecto-escritura Picariños, realizado por membros da Asociación Católica de Mestres, da Coruña (Edit. Casals – Galaxia).
- A RAG publica unha tradución ao galego de El Quijote, que deixou incompleta Leandro Carré Alvarellos.
- Na revista “Destino”, Barcelona (6 de xullo) escribe Cunqueiro no artigo “Curros Enríquez”: “... Curros no fue un gran poeta. Curros es historia literaria y política de la Galicia del siglo XIX (...) Ni incluirlo, si algún día la hiciese, en una, mía, antología de la poesía de mi lengua, desde Bernal de Bonaval a Manuel Antonio y Luis Pimentel”. Sobre O divino sainete opina: “texto, a la vez, banal y grosero, de un anticlericalismo primario”. A este artigo respóstalle Xavier Costa Clavell (11 de setembro).
- No mes de maio sae á luz o número 1 de “Eixo”, voceiro do Sindicato Obreiro Galego.
- Ramón Lorenzo e Úrsula Heinze verquen ao galego Ingo e Drago de Mira Lobe.
- Viale Moutinho traduce ao portugués O catecismo do labrego de Lamas Carvajal.
- Adolfo Abel Vilela: 200 años de obras y restauraciones en la muralla de Lugo; Guía de las murallas romanas de Lugo (Madrid) e con Felipe Arias Vilas Guía arqueológica romana de Lugo y su provincia.
- Álvaro Cunqueiro publica a guía Rías Bajas Gallegas e a versión en castelán de Xente de aquí e acolá co título de La otra gente (Edic. Destino. Barcelona. “Grial” nº 49, páx. 401).
- Ángel Rodríguez González: Fuentes para el estudio del movimiento hermandiño.
- Ángel Romero Cerdeiriña: La transformación de las sociedades y la Ley de arrendamientos urbanos.
- Claude Henri Poullain: Rosalía de Castro de Murguía y su obra literaria (Editora Nacional. Madrid. “Grial” nº 50, páx. 524).
- Daniel Cortezón: Danza, contradanza y metamorfosis de moros y cristianos.
- Eduardo González Ananín: Tiempo inesperado (Poemas. Buenos Aires).
- Emilio González López: El águila gala y el buho gallego (Buenos Aires).
- Felipe Arias Vilas: Las murallas romanas de Lugo y su provincia (Lugo).
- Gaspar Massó: Pedro Madruga de Soutomayor, caudillo feudal.
- J. Castro Arines: O libro das galerías galegas (Ediciós do Castro).
- Jesús García Fernández: Organización del espacio y economía rural en la España atlántica (Madrid).
- José de Cora Paradela: Ideologías para un rey.
- José Fariña Jamardo: La parroquia rural en Galicia (Instituto de Estudios de Administración Local. Madrid. “Grial” nº 51; páx. 115).
- Luís Seoane: Insectario (15 gravados en madeira. Buenos Aires, con prólogo de R. Patiño) e Ramallos, caracolas e outros dibuxos (Ediciós do Castro. “Grial” nº 53, páx. 395).
- Miguel de Ors Lois: Ciego en Granada (Pamplona).
- Miguel González Garcés: Poesía gallega de postguerra (1939-1975) (A Coruña).
- Pilar Vázquez Cuesta: Espanha ante o Ultimatum (Lisboa).
- Ramón Chao: Guía secreta de París.
- Rubén García Álvarez: Galicia y los gallegos en la Alta Edad Media (Pico Sacro. Santiago. “Grial” nº 50, páx.533).
- Salvador de Madariaga: Dios y los españoles (Barcelona).
- Santiago Genovés Tarazaga: Acali.
- Siro López: Probes homes (prólogo de Ramón Piñeiro).
- Víctor Luis Molinari: De puerto a puerta. Vivencias gallegas (Ediciones Galicia).
- Xesús Manuel Valcárcel: Pulsando la ciudad atormentada (Lugo).
- Xohán Ledo: Index indicente (cartafol de debuxos. Ediciós do Castro. “Grial” nº 51, páx. 120).
- Xosé Conde Fernández: España en lonjas (Buenos Aires).
Acontecementos
- O 12 de decembro Otero Pedrayo dita a súa derradeira conferencia no Paraninfo do Instituto de Ourense. Nunha entrevista concedida a Maribel Outeiriño en “La Región” (13-XII-1975) na que a periodista quería saber a súa opinión sobre o cambio político de Vicente Risco nos últimos anos contesta: “Esa é unha cousa que a min ma fai sufrir moito. Penso que foi por algo de timidez. Xa era vello, estaba débil. O home tiña medo pola familia. Pero pra nós seguíu sendo o mismo... Sufríamos os dous ó falar deso. Seguíamos tratándonos profundamente, pero sen falar deso. En parte, a súa postura estaba xustificada, en parte non. Consideraba que como católico debía seguir o novo estilo, pero había moitos católicos que non o seguiron. Carrasco Formiguera, un catalán, morreu fusilado en Burgos i era un gran católico. I así houbo moitos entre os vascos e os catalás”.(Carlos Casares: Para ler a Vicente Risco. Galaxia 1997 páx. 93).
- Otero redacta o seu derradeiro testamento, ante o notario Luís Moure Mariño, legando os manuscritos documentos e cartas á Fundación Penzol de Vigo.
- Constitúese en Lugo “Nós, Cinematográfica Galega S.A.”.
- En abril, fúndase en Viana do Castelo a Asamblea Nacional- Popular Galega (AN-PG).
- Créase en Santiago a “Asociación para a Correspondencia e a Imprensa Escolar” que despois se denominará “Movemento Cooperativo de Escola Popular Galega”.
- Celso Emilio dirixe a Cátedra de Lingua e Literatura Galega do Ateneo de Madrid.
- Alonso Montero desterrado en Montilla (Córdoba). O inspector de Ensino Medio Luciano Fernández Penedo efectuou un escrito de denuncia contra o profesor (27-2-75):“La cabeza organizadora es, según la opinión generalizada en toda la ciudad, el catedrático don Jesús Alonso Montero, profesor de valía, pero actualmente endiosado por su triunfo que ve próximo (son sus propias palabras) Sería aconsejable un traslado fuera de Galicia del señor Alonso Montero, donde su fuerza como lider del galleguismo demagógico quedase anulada. Pero si abierta una investigación, no se pudiese probar de forma clara su actividad como elemento incitante a toda rebelión, lo cual considero improbable, ya que todos afirman conocerla pero solamente de oídas, resultaría peligroso y contrapoducente cualquier otro tipo de sanción, que sólo nos conduciría a crear un mártir”. Alonso Montero regresaría do seu desterro o 20 de novembro.
- Basilio Losada defende a súa tese “Temas sobre Rosalía de Castro”, dirixida por Antoni Comas.
- Lois Pereiro marcha a Madrid a estudar Socioloxía pero só permanecerá uns meses.
- Alejandro Campos Ramírez “Alejandro Finisterre”, regresa a España do exilio en México.
- Xosé Lois García, vicepresidente da “Asociación de Amigos de la ONU”, expón a situación das nacionalidades de España ao secretario xeral da ONU Kurt Waldhein.
- Torrente Ballester instálase en Salamanca.
- No marco dun ciclo organizado en Vigo por Álvaro Cunqueiro, Ramón Piñeiro pronuncia a conferencia “Saudade e sociedade, dimensións do home”.
- O 18 de abril inaugúrase a Galería Sargadelos de Madrid, cunha exposición chamada “Presencia de Galicia”. No acto pronunciáronse as seguintes conferencias: Ramón Piñeiro: “Vicisitudes históricas da cultura galega”. Domingo García Sabell: “Antropoloxía do home galego”. Rof Carballo: “Mitos celtas e personalidade galaica”. R. Dieste: “A estética de C. Maside”.
- A policía mata no Ferrol o activista da U.P.G. Moncho Reboiras.
- Manuel Espiña Gamallo multado con 150.000 pesetas por pronunciar unha homilia na Coruña en defensa dos dereitos humanos.
- En xaneiro, Voces Ceibes desaparece como tal grupo. Membros del e outras voces novas constituirán o Movemento Popular da Canción Galega que se presentará no mes de marzo no Pavillón dos Deportes do Sar en Santiago.
- O escultor Camilo Otero recibe o premio Bourdelle.
- Alfonso Sucasas pinta “Veciños de Xaxán”.
- No mes de setembro derrúbase en Santiago o edificio Castromil.
- En Vigo créase o grupo de comunicación poética Rompente (Manuel M. Romón, Alberto Avendaño, Antón Reixa, Alfonso Pexegueiro e Camilo Valdeorras).
- Luis Emilio Batallán edita o LP: “Ahí vén o maio” (Madrid).
- Luís Gregorio Ramos Misioné proclámase campión do mundo de piragüismo en K4 1.000 metros.
- Estréase en Ribadavia a obra de Dolores González Lorenzo O Ciprianillo e o galo.
Premios
- Premio Abrente de teatro O Cabodano de Euloxio R. Ruibal.
- Premio de Teatro Infantil O Facho: Viaxe ao país de ningures de M. Lourenzo.
- Concurso Nacional de Contos Infantís O Facho: O cataventos de María Victoria Moreno.
- Primeiro Concurso de Narracións do Pedrón de Ouro: Enquisa de Xoán Ignacio Taibo. Mención honorífica para Sibila de Méndez Ferrín.
- Carlos Durán premiado no Primeiro Certame de Narracións Curtas Modesto Rodríguez Figueiredo por O internado.
- Pedrón de Ouro: Valentín Paz Andrade.
Epistolario
|
Con data de Vigo, 1 Santiago 1975 Xosé María Álvarez Blázquez, escribe a Neira Vilas: “(…) Onte mesmo fixen o cómputo das ventas de Remuíño de sombras até Xuño inclusive. Van alá vendidos xustamente 800 exemplares; é curioso, unha cifra redonda. Non podo decirche se alta ou baixa, porque outros libros se venden mellor e outros pior. Eu non estou descontento, porque derradeiramente as ventas baixaron un tanto, en razón da atonía xeneral por que atravesa o país. As pesetas fan falla para mercar patacas e zapatos.Tes, pois, á túa disposición 8000 pts., que ti me dirás a quen i en que forma queres que señan mandadas (…) Outra cousa, ¿poderías escribirme unha noveliña curta –sobor de 40 folios a dous espazos- prá col. O MOUCHO? Véndese estupendamente e asegúroche que te produciría ben máis cartos que Remuíño (…). |
|
Encontro en Santiago entre Ramón Piñeiro e Luciana Stegagno. O 3 de outubro, despídese en carta nestes termos: “(…) mande-me coisas da Galiza: ou mesmo da España. Nestes días a Espanha está encima dos nossos pensamentos. E todos estamos juntos de vocés. Eu vou estudar galego. Depois escreverei”. |
Sumarios
HOMENAXE A CASTELAO Ramón Otero Pedrayo: Castelao. Domingo García-Sabell: Encol de Castelao. Ricardo Carballo Calero: Aspectos de “Os vellos non deben de namorarse”. Gonzalo Torrente Ballester: “O ollo de vidro”, por un home con anteollos. Salvador Lorenzana: Un arte, unha ética e un estilo. Marino Dónega: Descripción, metáfora e memoria en Castelao. Andrés Torres Queiruga: O tema relixioso en Castelao. X. M. López Nogueira: Castelao e o naturalismo galego. Siro: Castelao: Dibuxante-humorista. Valentín Arias: Castelao diante do ensino en Galicia. Oito cartas de Castelao, a Xohán Viqueira, Ramón Otero Pedrayo i Emilio Pita. Carlos Casares: O meu Castelao primeiro. Dos cartas polémicas: entre Castelao e Claudio Sánchez Albornoz. Valentín Paz Andrade: Castelao, con Pontevedra ao fondo. X. L. Franco Grande: Castelao, de lonxe. Salvador García-Bodaño: Agarda. Celestino F. de la Vega: Castelao, nunha escolma de humor negro. Rodolfo Prada: Carta de Buenos Aires, despois do pasamento de Castelao. D.L. B.: Castelao, escritor. Dúas conferencias na Universidade. M. Lustres Rivas: Alfonso Castelao y la “peña” del Colón. |
GRIAL Nº 48
Xosé Fariña Xamardo: A parroquia rural galega. Eduardo Moreiras: Vivencias galegas nas narracións de Guimarães Rosa. Ana María Diaconescu: El narrador en la estructura de la novela “Xente ao lonxe” de Eduardo Blanco-Amor. Claude Lévi Strauss: As matemáticas do home (trad. De Salvador Lorenzana). Bernardino Graña: Sinfarainín contra Don Perfeuto. Eladio: Escolma de poemas. Joseph M. Piel: Mánduas: un problema de toponimia histórica galega. Aurora Marco: Estudiosos do galego: Don Xan Manuel Pintos Villar. Xoán Xulio Alfaya: A crise da cultura acumulativa. Xoán X. Santamaría Conde: A lingua e a cultura galega alén das nosas fronteiras. Carl Doka: As catro linguas nacionais de Suíza. X. Fernández Ferreiro: O I Festival Folk Galego. |
Ramón Otero Pedrayo: Un historiador e novelista romántico. María Xosé Rodríguez Galdo: A vida nos campos de Galicia no século XV. A producción e a paisaxe. Francisco Fariña: Los museos gallegos. Xosé Laxe: Memorias dun neno galego: Análisis e interpretación. Xohán Ledo: Cegos, desollados e olludos. Juan José Moralejo Álvarez: Arquíloco. Escolma de fragmentos. Tomás Barros: Seis poemas. Ernesto Guerra da Cal: As cantigas de Pero Meogo. Alfredo Rodríguez e Mª del Rosario C. de Kelly: El descenso a los infiernos, tema-imagen de Doña Emilia Pardo Bazán. María Xosé Sierra Rodríguez: O teatro galego de Rafael Dieste. Pilar Vázquez Cuesta: O prof. Hernani Cidade. |
GRIAL Nº 50
Xosé Ramón Barreiro Fernández: Pronunciamento do 1846 e rexionalismo galego. Xosé Manuel González Reboredo: Actualidade dos estudos de arte rupestre galego. Francisco Fariña: El museo y la exposición. Problemas en torno al museo de Combarro. Luz Pozo Garza: Un libro de poemas de Luís Seoane. X. M. Rodríguez Pampín: Creón, Creón...Lois Vázquez: Mostra poética dun home de fe: Pierre Emmanuel. R. Carballo Calero: No galego de Rianxo esiste un xerundio flesional. Carlos Durán: A tecnoloxía intermedia do Doutor Ernst F. Schumacher. Francisco Luís Bernárdez: El sentimiento del mar en el Cancionero Vaticano. Xoán Xulio Alfaya: O tempo perdido. Álvaro Paradela: Máis novas sabencias. Manuel Mendes: A grande novela de Camilo Castelo-Branco. |
Outras culturas
PREMIO NOBEL DE LITERATURA: Eugenio Montale
Nacen:
- Manel Marí (Eivissa; 2018 Valencia).
Morren:
- Agustí Duran i Sanpere (Barcelona; 1887 Cervera).
PREMI VÍCTOR CATALÀ Xavier Romeu por La mort en punt.
PREMI D’HONOR DE LES LLETRES CATALANES Joan Fuster i Ortells (escritor).
PREMI JOSEP PLA Enric Jardí: Historia del cercle artistic de Sant Lluc.
Baltasar Porcel: Cavalls cap a la fosca (novela).
Biel Mesquida: L´adolescent de sal (novela).
Carme Riera: Te deix, amor, la mar com a penyora (narrativa).
Feliu Formosa i Torres: Raval (poesía).
Fèlix Cucurull i Tey: Panoràmica del nacionalisme català.
Gabriel Janer Manila: Petita memòria d’un mestre del meu temps.
Guillem-Jordi Graells: La Setmana Tràgica (teatro).
Joan Colomines i Puig: Crónica e Teatre de taller.
Joan Navarro Tercero: L’ou de la gallina fosca (Llibres del Mall).
Joan Perucho: Els balnearis (narrativa).
Joan Vinyoli: Poesia completa 1937-1975.
Jordi Teixidor: La jungla sentimental (teatro).
Josep Maria Castellet: Qüestions de literatura, política i societat.
Josep Maria Sala- Valldaura: Mitoclàstia (poesía).
Josep Pla publica o número 28 da Obra completa: “Direcció Lisboa”. Aquí fai referencia a Cunqueiro: “(…) gran escriptor, conversador únic, d’un riquíssim i significatiu anecdotari. I, a més, gourmet de primera qualitat. Gairebé tots els escriptors gallecs que he conegut han estat excel-lents gourmets: el millor, potser, Julio Camba”. “Conec vagament Galícia. Hi he estat tres o quatre vegades sempre –malauradament- de pas. El brou gallec em sembla la quinta essència de la vida agrària gallega. El caldo gallego –com el caldo verde portuguès- és el plat popular d’aquest país. (…) Si més no, en l’àrea d’aquest idioma s’ha inventat un brou que té una popularitat indiscutible”.
Luis Romero: Todo Dalí en un rostro (castelán).
Manuel de Pedrolo: Trajecte final.
Marià Manent i Cisa: El vel de Maia. Dietari de la Guerra Civil (1936-1939).
Publícase en Palma unha edición políglota conmemorativa do centenario da redacción de Lo Pi de Formentor de Miguel Costa i Llobera; entre as versións figura a galega de Leiras Pulpeiro:
“Mon cor estima un arbre! Més vell que l´olivera, / més poderós que el roure, més verd que el teronger, / conserva de ses fulles l´eterna primavera, / i lluita amb les ventades que atupen la ribera, / que cruixen lo terrer”. Leiras fai unha tradución moi libre e descoñécese a data en que a fixo:“Coa ialma quero un albre! Máis vello cá oliveira, / máis forte có carballo, de escuro verdegar, ten sempre as súas follas en briza primaveira, e loita coas ventoadas que azoutan a ribeira, que a terra fan tremar”.
Matilde González Palau “Matilde Lloria”: Lloc per a l‘Esperança.
Miquel Ferrà i Martorell: El fabulós viatge del Minerva.
Miquel Martí Pol: L´arrel i l´escorça (poesía).
Oriol Pi de Cabanyes: També les formigues, Dylan, algún dia ploraran de solitud.
Pere Quart: Obres completes.
Salvador Jàfer: Lívius Diamant (Llibres del Mall).
Salvador Oliva i Llinàs: Marees del desig (poesía).
Teresa Pàmies: Si vas a París papà e 'Gent del meu exili.
Xavier Casp: Vinatea.
Máis culturas:
Nacen:
- Ariel Magnus (Buenos Aires).
- Patricio Pron (Rosario, Argentina).
- Céline Curiol (Lyon).
- Daniel Kehlmann (Múnich).
- Flavio Soriga (Uta, Cagliari).
- Hanya Yanagihara (Los Ángeles).
- Steven Galloway (Vancouver).
- Zadie Smith(Londres).
Morren:.
- Gabriel Aresti Segurola (1933 Bilbao). Carlos Martínez Alonso, galego de quen se descoñece a súa biografía, amigo e colaborador de Aresti, escribe á morte deste: “Haberá oito anos que o coñecía, en Bilbao, e a súa figura forte, de vasco traballador, impoñía a súa presenza. Deseguida chegamos a ser amigos, coa amizade que, celosamente, saben ofrecer os homes de Euscadi. Nunha cea regalámoslle, a el e a Gregorio San Juan, uns libros galegos, un era O Catecismo do labrego. Ao día seguinte estaba a traducilo, engaiolado e cheo de entusiasmo que sabía poñer nas causas honradas xa que el era, sobre todo, un home honrado.Traduciu o Catecismo ao éuscaro e ao castelán, tamén os publicou. Deu tamén ao prelo as fábulas de Tomás Meabe en edición cuadrilingüe e colaborou cos grupos culturais galegos de Biscaia en todas cantas oportunidades lle foi posible. (Victoria Álvarez Ruiz de Ojeda: “Gabriel Aresti e as letras galegas”, “Grial” nº 223 (2019).
- Clara Silva (1905 Uruguai).
- Carlo Levi (Roma; 1902 Turín).
- Ivo Andric (1892 Servia).
- Junichirô Tanizaki (1886 Japón).
- Pelham Grenville Wodehouse (1881 Guildford).
- Pier Paolo Pasolini (Roma; 1922 Boloña).
- Saint-John Perse (1887 Guadalupe).
- Thornton Wilder (1897 Wisconsin).
Antonio Skármeta: Soñé que la nieve ardía e Novios y solitarios.
Borges: El libro de arena.
Cabrera Infante: O.
Carlos Fuentes: Terra Nostra e La cabeza de la hidra.
César Aira: Moreira.
Eduardo Galeano: La canción de nosotros.
Gabriel García Márquez: El otoño del patriarca.
Haroldo Conti: Mascaró, el cazador americano e La balada del álamo carolina (contos).
Ricardo Piglia: Nombre falso.
Boris Pahor: Oscurecemento.
Charles Bukowski: Factotum.
Claude Royet-Journoud: Cela fait vivant e Ils montrent.
Edgar Lawence Doctorow: Ragtime.
George Steiner: After Babel.
Hans Magnus Enzensberger: Mausoleo.
Harry Mulisch: Dúas mulleres.
Hubert Haddad: La cène.
Imre Kertész: Sen destino.
James Graham Ballard: Rañaceos.
James Salter: Light Years.
Jean-Marie Gustave Le Clézio: Voyages de l’autre côté.
John Ashbery: Autorretrato de un espello convexo.
Michel Tournier: Les Météores.
Paul Theroux: The Great Railway Bazaar.
Peter Handke: A hora da verdadeira sensación.
Primo Levi: Il sistema periodico.
Ryszard Kapuscinski: Cristo cun fusil ao lombo.
Seamus Heaney: Stations.
Tobías Wolff: Ugly rumours.
Tom Wolfe: The Painted Word.
Tamén sucedeu...''''
- CINE:
- Luchino Visconti: O inocente.
- Mario Camus: Los pájaros de Baden-Baden.
- Françoise Truffaut: A historia de Adela H.
- Akira Kurosawa: Dersu Uzala.
- Bob Dylan: “The Rolling Thunder Revue”.
- Remodelación do Goberno de Arias Navarro (6 de marzo).
- Estado de excepción en Vizcaia e Guipúzcoa (25 de abril).
- Créase a “Plataforma de Convergencia Democrática” (18 de xuño).
- Detidos oficiais do exército acusados de pertencer á UMD (Unión Militar Democrática) (29 de xullo).
- O 27 de setembro son executados tres membros do FRAP (Frente Revolucionario Antifascista) e dous de ETA.
- O 21 de outubro comeza a “Marcha Verde”: 300 mil civiles marroquís reclaman o Sahara español.
- Debido ao estado de saúde de Franco, Juan Carlos asume a Xefatura do Estado (30 de outubro).
- Asínase o acordo de Madrid entre os gobernos de Marrocos, Mauritania e España, polo cal España entrega o Sahara aos outros dous países.
- Morre o xeneral Franco (20 de novembro) e cinco días máis tarde D.Juan Carlos é proclamado rei de España. Remata a ditadura.
- O rei Juan Carlos nomea a Torcuato Fernández Miranda presidente das Cortes e do Consello de Reino, para preparar a operación política da transición.
- Reforma do Goberno (12 de decembro).
- Decreto ministerial que incorpora na EXB como materias optativas as linguas vernáculas.
- O Quechúa convértese en lingua oficial do Perú xunto co castelán.
- O 11 de marzo os militares portugueses máis conservadores dirixidos por Spinola, tentan dar un golpe de estado, sen conseguilo.
- As victorias comunistas en Camboya e Vietnam do Sur poñen fin á guerra do Vietnam.
- Ábrese a canle de Suez, pechada dende a guerra de 1967.
- A Organización de Estados Americanos levanta o bloqueo a Cuba.
- Castro confirma o envío de soldados a Angola.
- Ponte aérea para o traslado de gran número de refuxiados do Vietnam a Estados Unidos.
- Celébrase en París a primeira conferencia europea de enerxía nuclear.