Diferenzas entre revisións de «1883»
(→Relativas a Galicia) |
(→25px|Flag CPLP.gif 25px|Cataluña 25px|Flag of Spain Outras culturas) |
||
(Non se amosa 3 revisións do historial feitas polo mesmo usuario.) | |||
Liña 160: | Liña 160: | ||
||[[File:Flag CPLP.gif|25px|Flag CPLP.gif]] '''CPLP - Comunidade dos Países de Lingua Portuguesa''' | ||[[File:Flag CPLP.gif|25px|Flag CPLP.gif]] '''CPLP - Comunidade dos Países de Lingua Portuguesa''' | ||
'''Nacen''' | '''Nacen''' | ||
− | * António Sérgio (Damão; 1968 Lisboa). | + | * [[wikipedia: pt: António Sérgio | António Sérgio ]] (Damão; 1968 Lisboa). |
− | * Augusto de Castro (Porto; 1971 Estoril). | + | * [[wikipedia: pt: Augusto de Castro | Augusto de Castro ]] (Porto; 1971 Estoril). |
− | * Leonardo Coimbra (Borba de Godim; 1936 Porto). | + | * [[wikipedia: pt: Leonardo Coimbra | Leonardo Coimbra]] (Borba de Godim; 1936 Porto). |
Liña 243: | Liña 243: | ||
'''Nacen:''' | '''Nacen:''' | ||
− | * José Ortega y Gasset (Madrid; ibídem 1955). | + | * [[wikipedia: es: José Ortega y Gasset | José Ortega y Gasset]] (Madrid; ibídem 1955). |
Liña 279: | Liña 279: | ||
'''Nacen''': | '''Nacen''': | ||
− | * Gustavo Martínez Zuviría “Hugo Wast” (Córdoba, Argentina; 1962 Buenos Aires). | + | * [[wikipedia: es: Hugo Wast | Gustavo Martínez Zuviría]] “Hugo Wast” (Córdoba, Argentina; 1962 Buenos Aires). |
− | * Franz Kafka (Praga; 1924 Viena). | + | * [[wikipedia: es: Franz Kafka | Franz Kafka]] (Praga; 1924 Viena). |
− | * Jaroslav Hasek (Checoslovaquia; 1923). | + | * [[wikipedia: es: Jaroslav Hasek | Jaroslav Hasek]] (Checoslovaquia; 1923). |
− | * | + | * [[wikipedia: es: Khalil Gibran | Khalil Gibran]] (New York; 1931 Líbano). |
− | * Umberto Saba (“Umberto Poli”) (Italia; 1957). | + | * [[wikipedia: es: Umberto Saba | Umberto Saba]] (“Umberto Poli”) (Italia; 1957). |
Liña 318: | Liña 318: | ||
'''Tamén sucedeu...''' | '''Tamén sucedeu...''' | ||
− | * Nace | + | * Nace o director de cine [[wikipedia: es: Mauritz Stiller | Mauritz Stiller]] (1928). |
− | * Gaudí reinicia as obras da Sagrada Familia. | + | * [[wikipedia: es: Gaudí | Gaudí]] reinicia as obras da Sagrada Familia. |
* Créase a “Comisión de Reformas Sociales”. | * Créase a “Comisión de Reformas Sociales”. | ||
− | * Asasinatos en Cádiz son atribuídos a unha sociedade criminal denominada | + | * Asasinatos en Cádiz son atribuídos a unha sociedade criminal denominada “[[wikipedia: es: La Mano Negra | La Mano Negra]]”. |
− | * Sagasta forma novo goberno. | + | * [[wikipedia: es: Sagasta | Sagasta]] forma novo goberno. |
* Fracaso dun levantamento republicano en Badajoz. | * Fracaso dun levantamento republicano en Badajoz. | ||
* A peseta deixa de ser convertible en ouro. | * A peseta deixa de ser convertible en ouro. | ||
Liña 329: | Liña 329: | ||
* Protectorado francés sobre Tonkin e Annan. | * Protectorado francés sobre Tonkin e Annan. | ||
* Maxim inventa a ametralladora. | * Maxim inventa a ametralladora. | ||
− | * Tratado de Ancón: asínase a paz entre Perú e Chile. | + | * [[wikipedia: es: Tratado de Ancón | Tratado de Ancón]]: asínase a paz entre Perú e Chile. |
* Aceptación xeral do tempo medio de Greenwich, que permite establecer zonas horarias en todo o mundo. | * Aceptación xeral do tempo medio de Greenwich, que permite establecer zonas horarias en todo o mundo. | ||
* Francia regala a Estados Unidos a Estatua da Liberdade. | * Francia regala a Estados Unidos a Estatua da Liberdade. | ||
− | * Morre Karl Marx (Londres; 1818Tréveris). | + | * Morre [[wikipedia: es: Karl Marx | Karl Marx ]] (Londres; 1818Tréveris). |
Revisión actual feita o 25 de agosto de 2021 ás 23:21
Índice
Cultura galega
Nacementos/Pasamentos
Pasamentos |
---|
Literatura |
Outros |
Publicacións
Galegas
- Alberto García Ferreiro : No “Parrafeo séutimo” de “O tío Marcos d’a Portela” aparece o poema seu “A gaita d’a morte” e no “Parrafeo noveno” outro “Os rapaces d’a seucion coral”.
- Andrés Muruais (1851-1882): En “O tío Marcos d’a Portela” (4 de novembro) aparece un poema seu titulado “Cousas de mozos”.
- Arturo Vázquez : En “O tío Marcos d’a Portela” (4 de novembro) hai un poema da súa autoría co título de “Conto gallego”.
- Juan Barcia Caballero : Mesa revuelta. Ensayos litararios (obra bilingüe en verso e prosa).
- Manuel Lugrís Freire : publica a súa primeira composición poética titulada Nostalxia.
- Manuel Martínez González : Poemas gallegos. Contén un “Tratado sobre o modo de falar e escribir con propiedade o dialeuto”.
- Waldo Álvarez Insua publica Aires d'a miña terra. Juicio crítico (Editor Miguel de Villa, La Habana), sobre a obra de Curros Enríquez.
- Comeza a segunda etapa do periódico “ O tío Marcos d’a Portela ”, tamén baixo a inspiración de Valentín Lamas Carvajal . Sairán 306 novos parrafeos con nova numeración, ata 1889; polo tanto o total de números publicados dende 1876 foi de 430. No primeiro parrafeo dise:
En pobos, aldeas e vilas,
d’este noso chau gallego,
tres anos fay que perguntan
mulleres, mozos e vellos;
¿Qué foy d’aquel Tío Marcos
de aquel vello churrusqueiro
qu’entre âs millores rapazas
andaba ó diaño facendo,
n-as fêiras e n-as romaxes,
en trulladas e fiadeiros?
¿Acaso se meteu frade?
¿levouno quizais o vento?
¿morreu ou vive? ¿onde anda?
Eiquí estou, meus compañeiros,
aiquí me tendes rapazas;
mirande ben, son o mesmo.
Andiven alá por lonxe,
por un mundo de misterios
n-o que se deprenden cousas
que os dei-qui non deprendemos:
trayo milleiros de contos,
trayo feixes de consellos,
que como os collín de balde
tamén de balde daréivolos.
- En “O tío Marcos d’a Portela” (18 de novembro) hai un escrito sobre Xan d’a Coba : “ (…) O domingo últemo veu á rezusitar a groria d’os seus pasados tempos. Alá pol-o ano de sasenta púxose n-o teatro unha d’as suas obras. Mollos, estrume, carqueixas, patacas choveron n-a escena. As taborelas d’os asentos foron tamen a pousarse n-os pés d’o dramaturgo, que tiña o privilexio de facer ôs mais cordos tolos rematados. As patacas e demais artícolos de primeira necesidade, dias dimpois, rubiron de precio n-a praza. A dar don Xan sete dias seguidos comedia, morreriamos de fame en Ourense por non alcontrar legumes que xantar. Agora pol-o adianto d’os tempos a manifestacion foi mais xuiciosa. Non houbo patacas nin mollos, pois como somos positivistas comémol-as primeiras e queimámol-os segundos. Pitas e galos caeron sobre Xan d’a Coba como si pasado o diluvio valeiraran a arca de Noé riba d’a sua cabeza. O noso poeta-perito a punto estivo de que lle escalfasen un galo n-os morros, pois un d’os que lle votaron dende o galiñeiro caiu n-o candeleiro que tiña diante, tumbouno y-apagou as velas”.
- No “Parrafeo sesto” do 9 de decembro en “O tío Marcos d’a Portela” aparece sen asinar o artigo “Pensamentos d’un maestro d’escola”: “Nos nosos dias non pode poñerse en duda de que son os maestros d’escola grandes filósefos; a filosefía é filla d’a meditación e xa se sabe que meditan moito aqueles que non comen. Os maestros sufriron unha revolta enxebre n-o seu organismo: a boca téñena por adorno; a dentadura pra sufrir a pexigueira d’os delores de môas; o estómago como unha cousa de gala e por repercusion rubíuselles â cabeza, pois de pensamento xantamos â fartura. Tempo andando os maestros serán con razón postos n-as cátedras de Física, porque o seu tubo dixestivo ha ser unha xoya pra estabrecer o valeiro millor qu’as máquinas pneumáticas.(…) Os nemigos d’a alma de que debemos fuxir, son dous: mundo e demo; a carne xa fuxe de nos mais d’o debido e nunca se ll’ acurre o tentarnos (…) Dixo Víctor Hugo qu’en toda-las aldeas hay unha luz qu’aluma y-unha boca que sopra moito pra apagala. A luz é o maestro, a boca o crego. A esto chámolle falar por falar. Os cregos que comen á fartura non poden soprar moito. Os maestros qu’andamos cheos d’aire, si que podemos soprar con proveito (…). Dixéronme que o Direutor de Istrución púbrica é un señor de moitos perendengues que leva unha vida muy regalada –cousas d’España- Pra estar en caráuter c’o cargo de xefe nato d’os maestros de escola debera ser o gran famento d’a nacion.
- No “Parrafeo séutimo” fala da “Oratoria parroquial”: “A mais de precurar o esprandor d’o arte n-as eirexas, deben nos señores abades poñer coidado n-o que falan cando se dirixen ô pobo n-as misas d’a parroquia (…). O abade d’unha parroquia d’a montana expricando o misterio d’a Santísima Trinidade, falou d’este xeito: “Meus fillos, a Santísima Trinidade non ten volta; son tres presoas distintas e un solo Dios verdadeiro. Pra convencervos do que digo aqueles que dudendes, non tendes mais que lembrarvos que o nabo a nabiza y-o grelo son tres cousas difrentes n-unha mesma pranta, ou ben que o leite, a auga y-a fariña, son tamen tres cousas difrentes y-unhas soilas papas verdadeiras”.
- Na imprenta de José Millán edítase Corona fúnebre a la memoria del llorado poeta gallego Andrés Muruais, con prólogo de Alfredo Vicenti.
Relativas a Galicia
- Con data de 1 de abril de 1883 aparece en “La Ilustración Valenciana”, “La iglesia fría” (Traducción de la poesía gallega de D, M, Curros Enríquez), por Nicanor A. González.
- Fúndase en Santiago o semanario “El Ciclón”.
- En Betanzos aparece o periódico “El Censor”.
- Francisco Portela Pérez funda en Pontevedra o semanario “La Voz de Helenes”, subtitulado “Periódico semanal de intereses generales”. Saen 57 números entre o 5 de agosto e o 24 de agosto de 1884.
- Sae en Ourense “Galicia Literaria”, “Revista de Ciencia, Artes y Literatura”; dirixida por Juan Neira Cancela, deixouse de publicar en 1884.
- Aparece en Santiago a revista “Galicia católica” , estando dirixida polo clérigo Emilio A. Villelga Rodríguez (1887).
- O 11 de setembro nace “El Correo de Celanova” (1885).
- Aparece en Lugo o periódico “El Lucense” (1902) ¿1886-1901?.
- Pablo Pérez Constanti funda “El organillo”, subtitulado “Quincenario humorístico dedicado al bello sexo padronés y cesureño”.
- Luciano Cid Hermida dirixe en Ourense a publicación “La tertulia”.
- O escritor catalán Victor Balaguer: Literaturas regionales (discurso de ingreso na RAE).
- Antonio López Ferreiro:Galicia en el último tercio del siglo XV(Santiago 1883-1885).
- Antonio San Martín: Aventuras de Francisco de Quevedo (Madrid; 4 vol.).
- José Ogea: Célticos. Cuentos y leyendas de Galicia (Vigo).
- Juan Bautista Armada y Losada: El último estudiante (Madrid).
- Manuel Amor Meilán: Justicias y crueldades.
- Nicolás Taboada Fernández: Albores (poemas. Madrid).
- Ramón Ramiro Rueda Neira: Exposición al Ministro de Fomento sobre construcción de ferrocarriles en Galicia (Santiago).
- Ricardo Becerro de Bengoa: De Palencia a la Coruña (Palencia).
- Rogelio Jove Bravo: Los foros: Estudio histórico y documental, bibliográfico y crítico de los foros de Galicia y Asturias (Madrid).
Acontecementos
- Curros Enríquez cesa no seu posto da Delegación de Facenda de Ourense e volta a Madrid, traballando no Concello, e colaborando en “El Porvenir” (órgano do partido republicano progresista) e despois en “El Progreso”, tamén republicano. Aquí permanecerá ata 1894, data na que emigra a Cuba.
- Waldo Álvarez Insua, promove en Cuba unha suscripción para axudar a Rosalía de Castro que estaba enferma e en precaria situación económica.
- Manuel Lugrís Freire emigra a Cuba onde vivía o seu irmán Plácido. Regresa a Galicia no1896.
- Fórmase en Pontevedra o coro “Aires da Terra” por iniciativa do farmacéutico Perfecto Feijoo.
- Fúndase na Coruña a sociedade “El Folklore Gallego”, con Emilia Pardo Bazán como presidenta.
- Ferrocarril Lugo-Madrid.
- Chegan á Coruña Alfonso XII e María Cristina, para inaugurar o ferrocarril que se comezara en 1858.
Premios
Benito Losada Astray: nun certame en Vigo resulta premiada Afrenta, daga e venera (Ver 1886).
Epistolario
Sumarios
Outras culturas
CPLP - Comunidade dos Países de Lingua Portuguesa
Nacen
Morren:
António Serrão de Castro (1610-1684): Os ratos da Inquisição. Escrito nos dez anos que estivo preso pola Inquisición. Editado por Camilo Castelo Branco.
Camilo Castelo Branco: A brasileira de Prazins.
Gomes Leal: História de Jesus.
Oliveira Martins: Quadro das Instituições Primitivas.
Ramalho Ortigão: A Holanda.
Teófilo Braga: Contos tradicionais do povo português.
|
Nacen:
Morren:
Àngel Guimerà: Judith de Welp (teatro).
Francesc Matheu: La copa. Brindis i cançons.
Josep Feliu i Codina: El gra de mesc (teatro).
Narcís Oller: Notes de colors (narrativa curta).
Comeza a publicarse en Madrid o 4 de febreiro “Los Dominicales del Libre Pensamiento” que sufriu numerosas denuncias e ataques, conseguindo sobrevivir ata o 15 de xullo de 1900. Edición popular do Ossián, de Macpherson, na “Biblioteca Universal” de Madrid, traducido por A. Lasso de la Vega.
Emilia Pardo Bazán: La cuestión palpitante e La tribuna.
Palacio Valdés: Marta y María.
|
Máis culturas:
Nacen:
- Gustavo Martínez Zuviría “Hugo Wast” (Córdoba, Argentina; 1962 Buenos Aires).
- Franz Kafka (Praga; 1924 Viena).
- Jaroslav Hasek (Checoslovaquia; 1923).
- Khalil Gibran (New York; 1931 Líbano).
- Umberto Saba (“Umberto Poli”) (Italia; 1957).
Morren:.
- Iván Turgueniev (1818 Rusia).
Camillo Boito: Senso (narrativa).
Émile Zola: Au bonheur des dames.
G. de Maupassant: Une vie.
Giovanni Verga: Novelle rusticane.
L’Isle Adam: Contes cruels.
Mark Twain: Vida no Mississippi.
Paul Lafargue: O dereito á preguiza (traducido ao galego no 2000 por Edicións Positivas).
Philippe-Auguste Villiers de Robert Louis Stevenson: Treasure island (A illa do tesouro).
Tamén sucedeu...
- Nace o director de cine Mauritz Stiller (1928).
- Gaudí reinicia as obras da Sagrada Familia.
- Créase a “Comisión de Reformas Sociales”.
- Asasinatos en Cádiz son atribuídos a unha sociedade criminal denominada “ La Mano Negra”.
- Sagasta forma novo goberno.
- Fracaso dun levantamento republicano en Badajoz.
- A peseta deixa de ser convertible en ouro.
- O 26 de xullo promúlgase a Nova Lei de Imprenta que regulará o sector periodístico ata a Guerra Civil. Suprímese a autorización previa para as publicacións, facendo responsable último de canto se publique ao director ou ao propietario.
- Inaugúrase a “Academia Militar General”.
- Protectorado francés sobre Tonkin e Annan.
- Maxim inventa a ametralladora.
- Tratado de Ancón: asínase a paz entre Perú e Chile.
- Aceptación xeral do tempo medio de Greenwich, que permite establecer zonas horarias en todo o mundo.
- Francia regala a Estados Unidos a Estatua da Liberdade.
- Morre Karl Marx (Londres; 1818Tréveris).