Diferenzas entre revisións de «1859»
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
(→Acontecementos) |
(→Acontecementos) |
||
Liña 50: | Liña 50: | ||
==Acontecementos== | ==Acontecementos== | ||
− | * O matrimonio Murguía-Castro abandona Madrid para ir vivir a Santiago. Posiblemente a medida que avanzaba este ano o matrimonio se desplazase a Vigo probablemente ao número 12 ou 14 da rúa Real, | + | * O matrimonio Murguía-Castro abandona Madrid para ir vivir a Santiago. Posiblemente a medida que avanzaba este ano o matrimonio se desplazase a Vigo probablemente ao número 12 ou 14 da rúa Real, cuxo baixo primeiramente estaría ocupado pola redacción e administración de “El Miño” e, tempo despois situaríanse alí os talleres tipográficos da editorial de Juan Compañel. Hai unha carta dun antigo traballador da imprenta de Compañel, Pascual Ruiz y Enríquez, quen afectado polo falecemento de Rosalía escríbelle a Murguía con data de 28 de xullo de 1885, poucos días despois do falecemento de Rosalía e publicada no Faro de Vigo con data de 5 de agosto de 1885, para amosarlle as súas condolencias. Ao xulgar polo que di o texto, esta persoa tería sido a encargada de avisar a Murguía, quen substituía temporalmente a Compañel na dirección de “El Miño”, da inminente chegada a Vigo do buque de guerra “Rita” que se dirixía á guerra de África. O vapor Rita arribou ao porto de Vigo a tarde do 4 de novembro de 1859 e zarpou para Cádiz o día 8. “El Miño” era un xornal que aparecía dúas veces por semana. Na carta pódese ler: “Me pidió Vd. papel y recado de escribir y solicitó de su esposa, medio dormida aún, unos versos para saludar a aquel puñado de valientes que partían a la guerra dentro de pocas horas. Vuestra dulce compañera no se hizo de rogar…”. |
==Premios== | ==Premios== |
Revisión como estaba o 13 de maio de 2021 ás 08:22
Índice
Cultura galega
Nacementos/Pasamentos
Publicacións
Galegas
Relativas a Galicia
- Rosalía de Castro : La hija del mar (Vigo).
- Manuel Martínez Murguía : Don Diego Gelmírez (novela histórica en castelán, no folletín de “Las Novedades”. Madrid) e La mujer de fuego (novela publicada no folletín de “Las Novedades”. Madrid).
- Luís Aguirre del Río : "Himno escolar" (folla solta impresa en Santiago).
- Ramón Barros Sibelo :Galicia monumental, geográfica, estadística, histórica, eclesiástica y civil (Ourense). Aparece un poema seu en “La Perseverancia” titulado “Un día de desfortuna”.
- Na revista coruñesa “El Ateneo” (nº 34. 18 de outubro) faise o seguinte comentario: “El Ateneo estraña al enérgico poeta Pondal, nuestro querido amigo, enfermo de aprensión”.
- José Benito Amado Boullosa : Las rosas encantadas o las tres hermanas. Cuento fantástico tradicional (Pontevedra).
- Edítase La Primera Luz. Libro de lectura para uso de las escuelas de primeras letras de Galicia na imprenta de J. Compañel. Vigo).
- Luis Francisco Javier Sipos Magniac: A la toma de Tetuán (Corona poética. Barcelona). Aparece “La perseverancia”, subtitulado “Periódico de Galicia, literario, científico, comercial, agrícola, industrial y de intereses materiales”.
Acontecementos
- O matrimonio Murguía-Castro abandona Madrid para ir vivir a Santiago. Posiblemente a medida que avanzaba este ano o matrimonio se desplazase a Vigo probablemente ao número 12 ou 14 da rúa Real, cuxo baixo primeiramente estaría ocupado pola redacción e administración de “El Miño” e, tempo despois situaríanse alí os talleres tipográficos da editorial de Juan Compañel. Hai unha carta dun antigo traballador da imprenta de Compañel, Pascual Ruiz y Enríquez, quen afectado polo falecemento de Rosalía escríbelle a Murguía con data de 28 de xullo de 1885, poucos días despois do falecemento de Rosalía e publicada no Faro de Vigo con data de 5 de agosto de 1885, para amosarlle as súas condolencias. Ao xulgar polo que di o texto, esta persoa tería sido a encargada de avisar a Murguía, quen substituía temporalmente a Compañel na dirección de “El Miño”, da inminente chegada a Vigo do buque de guerra “Rita” que se dirixía á guerra de África. O vapor Rita arribou ao porto de Vigo a tarde do 4 de novembro de 1859 e zarpou para Cádiz o día 8. “El Miño” era un xornal que aparecía dúas veces por semana. Na carta pódese ler: “Me pidió Vd. papel y recado de escribir y solicitó de su esposa, medio dormida aún, unos versos para saludar a aquel puñado de valientes que partían a la guerra dentro de pocas horas. Vuestra dulce compañera no se hizo de rogar…”.
Premios
Epistolario
Sumarios
Outras culturas
Nacen:
- Lluís-Anton Baulenas i Setó (Barcelona).
Morren:
- Pròsper de Bofarull i Mascaró (Barcelona; 1777 Reus).
- Vicenç Albertí i Vidal (1768 Maó).
O dia 1 de maio restáurase a festa dos Jochs Florals co soporte oficial de l‘ Ajuntament de Barcelona. O editor Salvador Manero publica l‘Anuari dels Jocs, onde se recollen todos os traballos presentados.
Víctor Balaguer: prepara a antoloxía Los trobadors moderns.
Nacen:
Morren:
|
Máis culturas:
Nacen:
- Manuel Gutiérrez Nájera (México; 1895).
- Arthur Conan Doyle (Edimburgo; 1930).
- Knut Hamsun (Knut Pedersen) (Noruega; 1952).
Morren:.
- Wilhelm Grimm (Berlín; 1786 Hanau).
Charles Darwin: A orixe das especies. No 2009 faise a tradución ao galego por Emilio Valadé del Río, editada pola USC.
Frédéric Mistral: Mireio (poesía).
George Meredith: A proba de Richard Feverel (The ordeal of Richard Feverel Narrativa).
Iván Turguéniev: Niño de fidalgos (narrativa).
Mary Ann Evans “George Eliot”: Adam Bede (narrativa).
Tamén sucedeu...
- Comeza a guerra de España con Marrocos.
- Francia e o Piamonte en guerra con Austria: batallas de Magenta e Solferino, derrota austríaca.
- Francia anexiónase tres provincias de Cochinchina e establece un protectorado sobre Camboia.
- Levantamento dos indios Araucanos en Chile.
- Guerra Federal en Venezuela.
- Legalízanse en Gran Bretaña os piquetes pacíficos nas folgas.
- Comezan os traballos na Canle de Suez.