Diferenzas entre revisións de «1959»

De Xulipedia
Saltar ata a navegación Saltar á procura
(Galegas)
(25px|Flag CPLP.gif 25px|Cataluña 25px|Flag of Spain Outras culturas)
 
(Non se amosa 11 revisións do historial feitas polo mesmo usuario.)
Liña 66: Liña 66:
 
||O pintor Xaquín Chaves (Vilaxóan, Vilagarcía de Arousa).
 
||O pintor Xaquín Chaves (Vilaxóan, Vilagarcía de Arousa).
 
|-
 
|-
||O pintor Jorge Peteiro (A Coruña).
+
||O pintor Jorge Peteiro (A Coruña; 2013 Sada).
 
|-
 
|-
 
||O escritor Antonio Manuel Chaves Cuíñas (Cambados).
 
||O escritor Antonio Manuel Chaves Cuíñas (Cambados).
Liña 117: Liña 117:
 
En carta de 17 de novembro, Blanco Amor escribe a Fernández del Riego: “Si sae algo sobor de ''A esmorga'', mándamo. Eiquí sigue o boicot, entre as nosas xentes que esgarabellan nos pasquís coleutivos. La Prensa pubricóu un longo comentario no que ven a decir -¡santo Deus!- que ten a mesma importancia pra evolución da narrativa en galego que tivo o Lazarillo no seu tempo. Fóiselle a mau…”.Nunha autocrítica deste ano, Blanco Amor deixa claro o único motivo polo cal a novela non fora publicada tres anos antes: “Los criterios que hasta ahora han funcionado en torno a la ineditez de ''A esmorga'' han sido dos: el muy honroso dictamen del Consejo de lectura de la Editorial Galaxia –Vigo- para la cual fue escrito, y el NO, mondo y lirondo, sin siquiera los habilidosos, hasta parecer corteses, pretextos de todo jesuitismo, de la censura española que prohibió su publicación. Quiero decir, del aparato policial montado, con el pretexto de las buenas costumbres, para la persecución política de las obras literarias y de sus autores, ejercida por uno de los organismos más arbitrarios, siniestros y corruptos de la España actual”.(Blanco Amor. “Libros gallegos. ''A esmorga''” Galicia, marzo-abril). No 2014 aparece traducida ao catalán co título de ''La gresca'' en “El Gall Editor” (“Grial” nº 202).[[File:Esmorga.jpg|thumb|esmorga]]  
 
En carta de 17 de novembro, Blanco Amor escribe a Fernández del Riego: “Si sae algo sobor de ''A esmorga'', mándamo. Eiquí sigue o boicot, entre as nosas xentes que esgarabellan nos pasquís coleutivos. La Prensa pubricóu un longo comentario no que ven a decir -¡santo Deus!- que ten a mesma importancia pra evolución da narrativa en galego que tivo o Lazarillo no seu tempo. Fóiselle a mau…”.Nunha autocrítica deste ano, Blanco Amor deixa claro o único motivo polo cal a novela non fora publicada tres anos antes: “Los criterios que hasta ahora han funcionado en torno a la ineditez de ''A esmorga'' han sido dos: el muy honroso dictamen del Consejo de lectura de la Editorial Galaxia –Vigo- para la cual fue escrito, y el NO, mondo y lirondo, sin siquiera los habilidosos, hasta parecer corteses, pretextos de todo jesuitismo, de la censura española que prohibió su publicación. Quiero decir, del aparato policial montado, con el pretexto de las buenas costumbres, para la persecución política de las obras literarias y de sus autores, ejercida por uno de los organismos más arbitrarios, siniestros y corruptos de la España actual”.(Blanco Amor. “Libros gallegos. ''A esmorga''” Galicia, marzo-abril). No 2014 aparece traducida ao catalán co título de ''La gresca'' en “El Gall Editor” (“Grial” nº 202).[[File:Esmorga.jpg|thumb|esmorga]]  
 
* [[wikipedia: gl: Emilio Pita Robelo| Emilio Pita Robelo]]: ''Os relembros. As cantigas'' (Colec. Herba de Namorar da Editorial Citania. Buenos Aires).
 
* [[wikipedia: gl: Emilio Pita Robelo| Emilio Pita Robelo]]: ''Os relembros. As cantigas'' (Colec. Herba de Namorar da Editorial Citania. Buenos Aires).
* [[wikipedia: gl: Ernesto Guerra da Cal| Ernesto Guerra da Cal]]: ''Lúa de Alén-Mar'' (poemas. Galaxia).
+
* [[wikipedia: gl: Ernesto Guerra da Cal| Ernesto Guerra da Cal]]: ''Lúa de Alén-Mar'' (poemas. Galaxia). Prefacio de Jacinto do Prado Coelho.
 
* [[wikipedia: gl: Faustino Rey Romero| Faustino Rey Romero]]: ''Escolanía de melros'' (Gráficas Bolfer, Porriño).
 
* [[wikipedia: gl: Faustino Rey Romero| Faustino Rey Romero]]: ''Escolanía de melros'' (Gráficas Bolfer, Porriño).
 
* [[wikipedia: gl: Fernández del Riego| Fernández del Riego]] traduce ao castelán ''As crónicas do Sochantre'' de Álvaro Cunqueiro para a editorial AHR.
 
* [[wikipedia: gl: Fernández del Riego| Fernández del Riego]] traduce ao castelán ''As crónicas do Sochantre'' de Álvaro Cunqueiro para a editorial AHR.
Liña 145: Liña 145:
 
* Eugenio Granell: ''La novela del indio Tupinamba'' (México).
 
* Eugenio Granell: ''La novela del indio Tupinamba'' (México).
 
* Evaristo Correa: ''Teoría de la Atlántida y otras historias fabulosas'' (Revista de Occidente).
 
* Evaristo Correa: ''Teoría de la Atlántida y otras historias fabulosas'' (Revista de Occidente).
* Francisco Fernández del Riego: ''Galicia y nuestro tiempo. La obra de una generación''. Edit. Citania. Buenos Aires).
+
* Francisco Fernández del Riego: ''Galicia y nuestro tiempo. La obra de una generación''. Edit. Citania. Buenos Aires). Edición ao coidado de Luís Seoane. Incorpora debuxos de Castelao, Manuel Colmeiro, Luis Huici, Laxeiro, Isaac Díaz Pardo, Xohán Ledo e do propio Seoane, que tamén se responsabilizou da cuberta.
 
* José Luis Casas Teixeira: ''Páginas'' (Porto Alegre).
 
* José Luis Casas Teixeira: ''Páginas'' (Porto Alegre).
 
* Julio Martínez Almoyna: ''A obra espanhola de Camoes'' (O Porto. Limiar de Menéndez Pidal).
 
* Julio Martínez Almoyna: ''A obra espanhola de Camoes'' (O Porto. Limiar de Menéndez Pidal).
Liña 325: Liña 325:
  
 
==Sumarios==
 
==Sumarios==
 +
 +
VIEIROS REVISTA DO PADROADO DA CULTURA GALEGA DO MÉXICO
 +
 +
Ramón Otero Pedraio: ''Noite compostelán''. Galiza.
 +
 +
Manuel Curros Enríquez: ''Poemas''. Galiza.
 +
 +
Ramón Cabanillas: ''A laboura de Avantora''. Galiza.
 +
 +
Carlos Velo: ''Os fitos da xuventude''. México.
 +
 +
F. L. Cuevillas: ''Evocación de Lamas Carbajal''. Galiza.
 +
 +
Valentín Lamas Carbajal: ''Galicia''. Galiza.
 +
 +
Domingo García Sabell: ''Galicia sin tópico''. Galiza.
 +
 +
A. Vázquez Humarqué: ''Praneazón agro-pecuaria''. México.
 +
 +
César Teixeira: ''Lúa''. Portugal.
 +
 +
Luis Soto Fernández: ''A doenza das dúbidas''. México.
 +
 +
Julio Evangelista: ''Joao Verde, poeta minhoto''. Portugal.
 +
 +
Johan Viqueira: ''Diálogo''. Galiza.
 +
 +
Alfonso R. Castelao: ''Pedimos''. Bós Aires.
 +
 +
Marcial Fernández: ''A poesía de Delgado Gurriarán''. México.
 +
 +
Florencio Manoel Delgado Gurriarán: ''Poemas''. México.
 +
 +
A. Núñez Domínguez: ''Grandezas e miserias da nosa terra''. Galiza.
 +
 +
Celso Emilio Ferreiro: ''Poemas''. Galiza.
 +
 +
Hilario Caloto: ''A eleitrificazón da Galiza''. México.
 +
 +
Salvador Lorenzana: ''Presencia da nosa cultura''. Galiza.
 +
 +
F. Bouza-Brey: ''Unha hora na paz do cimiterio de Noia''. Galiza.
 +
 +
Ricardo Carballo Calero: ''Poesías paralelas''. Galiza.
 +
 +
Ramón Piñeiro: ''A lingoa, sangue do esprito''. Galiza.
 +
 +
A. Rey Romalde: ''Gil Vicente, pai do teatro galegoportugués''. México.
 +
 +
As ideias. Os homes. Os feitos. As labouras.
 +
 +
Deseños: Castelao. A. Souto. Maside. E. Gascón. V. Rojo. Bartolí. Gironella. Ledo.
 +
 +
NÚMARO EISTRAORDINARIO
 +
MÉXICO VRAN -1959.
 +
 +
DIREITORES: Luis Soto Fernández. Carlos Velo. Florencio Delgado Gurriarán.
 +
 +
 
[[File:HSNobelMedal.svg|20px|Nobel]]<u>PREMIO NOBEL DE LITERATURA</u>: [[wikipedia: gl: Salvatore Quasimodo| Salvatore Quasimodo]]
 
[[File:HSNobelMedal.svg|20px|Nobel]]<u>PREMIO NOBEL DE LITERATURA</u>: [[wikipedia: gl: Salvatore Quasimodo| Salvatore Quasimodo]]
 +
 
=[[File:Flag CPLP.gif|25px|Flag CPLP.gif]] [[File:Cataluña.svg|25px|Cataluña]] [[File:Flag of Spain.svg|25px|Flag of Spain]] Outras culturas=
 
=[[File:Flag CPLP.gif|25px|Flag CPLP.gif]] [[File:Cataluña.svg|25px|Cataluña]] [[File:Flag of Spain.svg|25px|Flag of Spain]] Outras culturas=
  
Liña 592: Liña 652:
 
* [[wikipedia: ca: Josep Gregori Sanjuan | Josep Gregori Sanjuan]] (Alzira, Ribera Alta).
 
* [[wikipedia: ca: Josep Gregori Sanjuan | Josep Gregori Sanjuan]] (Alzira, Ribera Alta).
 
* [[wikipedia: ca: Josep Maria Fonalleras | Josep Maria Fonalleras]] (Girona).
 
* [[wikipedia: ca: Josep Maria Fonalleras | Josep Maria Fonalleras]] (Girona).
* [[wikipedia: ca: Ramon Guillem | Ramon Guillem]] (Catarroja).
+
* [[wikipedia: ca: Ramon Guillem Alapont| Ramon Guillem Alapont]] (Catarroja).
 
* [[wikipedia: ca: Xulio Ricardo Trigo | Xulio Ricardo Trigo]] (Betanzos).
 
* [[wikipedia: ca: Xulio Ricardo Trigo | Xulio Ricardo Trigo]] (Betanzos).
  
Liña 793: Liña 853:
 
* Gerard Donovan (Wexford, Irlanda).
 
* Gerard Donovan (Wexford, Irlanda).
 
* [[wikipedia: es: Hitonari Tsuji |Hitonari Tsuji]] (Tokio).
 
* [[wikipedia: es: Hitonari Tsuji |Hitonari Tsuji]] (Tokio).
 +
* [[wikipedia: gl: Jon Fosse | Jon Fosse]] (Haugesund, Noruega).
 
* [[wikipedia: es: Jonathan Franzen | Jonathan Franzen]] (Illinois).
 
* [[wikipedia: es: Jonathan Franzen | Jonathan Franzen]] (Illinois).
 
*  Liz Jensen (Oxfordshire, Reino Unido).
 
*  Liz Jensen (Oxfordshire, Reino Unido).

Revisión actual feita o 6 de setembro de 2024 ás 11:34

Flag of Galicia (civil).svg Cultura galega

Nacementos/Pasamentos

Child in diaper icon Nacementos
Literatura
Adolfo Caamaño Vázquez (Barro, Pontevedra).
Alberto Gómez Aneiros (Ferrol).
Antón Baamonde García (Vilalba).
Antón Rodríguez Castro (Lañas, Arteixo).
Antonio Yáñez Casal (Ferrol).
Manuel Celso Matalobos Cerceda (Lugo).
Domingo Tabuyo Romero (Pontevedra).
Gonzalo Amoedo López (Redondela).
Gustavo Pernas Cora (Viveiro; 2018 A Coruña).
José Luís Sucasas Fernández (Cadrón, Lalín; 2017 A Toxa).
Luís Domínguez Castro (Camporredondo, Ourense).
Luís Menéndez Villalva (Ourense).
Medos Romero; (Remedios Fernández Romero); (Somede, As Pontes).
Nazaret López (Lugo).
Xosé Camilo Fernández González (Camilo Valdehorras). (O Barco de Valdeorras).
Xosé Carlos Cermeño Baraja (A Coruña).
Xosé Cid Cabido (Xunqueira de Ambía).
Xosé Henrique Monteagudo Romero (Esteiro, Muros).
Xosé Luís Martínez Pereiro (A Coruña). Escritor, humorista gráfico e caricaturista.
Xosé Manuel Villanueva Prieto (Lugo).
Outros
Manuel Bragado Rodríguez, director de Edicións Xerais (Vigo).
O pintor Diego Giráldez (A Cañiza).
O pintor Xaquín Chaves (Vilaxóan, Vilagarcía de Arousa).
O pintor Jorge Peteiro (A Coruña; 2013 Sada).
O escritor Antonio Manuel Chaves Cuíñas (Cambados).
O cineasta Carlos Amil (A Coruña).
O actor Carlos Blanco Vila (Vilagarcía de Arousa).
O escultor Xosé Manuel Castro (Vilasuso, Cores, Ponteceso).
O pintor e escultor Miguel Anxo González Prieto (Pontevedra).?
O guitarrista Xesús Alonso Pimentel (Cuchús Pimentel) (Palencia).
O fotógrafo Luís Ocaña (Vigo; 2010).
Skull.png
Pasamentos
Literatura
Ramón Cabanillas Enríquez (Cambados; ibídem 1876). O día 11 de novembro, no xornal de Buenos Aires “La Nación” publícase un artigo que comeza así: “ Quizais non exista pobo algún que teña razóns máis fondas que o pobo galego pra se laiar da morte dun poeta. Porque Don Ramón Cabanillas, que acaba de finar na súa vila natal de Cambados, era o poeta galego por antonomasia...E cando un poeta axunta en sí as características esenciais do seu pobo, de toda unha comunidade humana., a gloria é tan segura pra el como o destiño de sobrelevar a cárrega que eso significa”. (reproducido en “Grial” nº 54, páx. 540).No panteón familiar aparece o epitafio que o poeta pedía no seu poema “Sono dourado” de Vento Mareiro “Quero na lousa que me dé sosego esta palabra que ten luz: “Gallego” e esta palabra que ten ás: “Poeta”.

En carta de 28 de xaneiro de 1960 Otero Pedrayo escribe a Neira Vilas: “A morte de Ramón Cabanillas afonda nosa soedade. Sabíamolo moi velliño e decrebadiño, non podía vivir moito. Pro alí estaba beira da mar de Arousa e o saudaba o vento mareiro no areal de San Sadurniño e as fresqueiras voces das mozas pescantinas”. (Xosé Neira Vilas: Cartas de vellos amigos. Galaxia 2010, páx. 217).


Co gallo da morte de Ramón Cabanillas, leuse en Radio Nacional o artigo de Eugenio Montes “Adios a Ramón Cabanillas, gran poeta gallego”: “Era el último bardo del romanticismo gallego, el primogénito de nuestros grandes líricos ochocentistas. Tenía de Pondal el aliento oceánico; de Rosalía, la púdica sensibilidad estremecida; de Curros, el estro narrador, la potencia de contar cantando”. (Ramón Cabanillas. 3 obra completa. Akal Editor 1981).


Outros
Andrés Gaos Berea (Mar del Plata; 1874 A Coruña).
O músico Ricardo Fernández Carreira (Santiago; 1881 Caldas de Reis).
O músico Ricardo Fortes Alvarellos (La Habana; 1876 Ourense).
O pintor Roberto González del Blanco (Santiago; 1887 León).
O arqueólogo Ramón Sobrino Lorenzo-Ruza (1915 Poio).

Publicacións

Galegas

  • Aquilino Iglesia Alvariño: artigo necrolóxico sobre Carles Riba, en “La Noche” (Santiago, 13 de xullo).
  • Avilés de Taramancos: A frauta i o garamelo (A Coruña).
  • Eduardo Blanco Amor: A esmorga (Edit. Citania de Buenos Aires; con ilustracións de Isaac Díaz Pardo. “Grial” nº 30, páx. 494). No ano 1979 nunhas conversas con Víctor Freixanes que este recolle no libro Unha ducia de galegos Blanco Amor di: “O idioma da novela é un descubrimento e ten, ao mesmo tempo, moito de koiné persoal, resultado dunha longa loita por conquerir a lingua que necesitaba e non tiña chuchado de neno. O que son as cousas: a miña grande aventura coma escritor foi chegar dende fóra do idioma, tiven que crear a miña propia lingua literaria recollendo aquí e acolá a fala de todos, os dialectos de cada un. En Buenos Aires vivían catrocentos mil galegos de todas partes de Galicia, cada quen coa súa fala, coas súas características dialectais lingüísticas e léxicas. Eu fixen de todo aquello unha koiné xeral, deille un xeito literario, estético, sen que iso supoña un afastamento da lingua. Eu estaba ceibe no intre de escribir, podía escoller do que me ían ensinando uns e outros, vivía rodeado de case que medio millón de galego falantes. De aí saíu a lingua d’A esmorga”.

En carta de 17 de novembro, Blanco Amor escribe a Fernández del Riego: “Si sae algo sobor de A esmorga, mándamo. Eiquí sigue o boicot, entre as nosas xentes que esgarabellan nos pasquís coleutivos. La Prensa pubricóu un longo comentario no que ven a decir -¡santo Deus!- que ten a mesma importancia pra evolución da narrativa en galego que tivo o Lazarillo no seu tempo. Fóiselle a mau…”.Nunha autocrítica deste ano, Blanco Amor deixa claro o único motivo polo cal a novela non fora publicada tres anos antes: “Los criterios que hasta ahora han funcionado en torno a la ineditez de A esmorga han sido dos: el muy honroso dictamen del Consejo de lectura de la Editorial Galaxia –Vigo- para la cual fue escrito, y el NO, mondo y lirondo, sin siquiera los habilidosos, hasta parecer corteses, pretextos de todo jesuitismo, de la censura española que prohibió su publicación. Quiero decir, del aparato policial montado, con el pretexto de las buenas costumbres, para la persecución política de las obras literarias y de sus autores, ejercida por uno de los organismos más arbitrarios, siniestros y corruptos de la España actual”.(Blanco Amor. “Libros gallegos. A esmorga” Galicia, marzo-abril). No 2014 aparece traducida ao catalán co título de La gresca en “El Gall Editor” (“Grial” nº 202).

esmorga
  • Emilio Pita Robelo: Os relembros. As cantigas (Colec. Herba de Namorar da Editorial Citania. Buenos Aires).
  • Ernesto Guerra da Cal: Lúa de Alén-Mar (poemas. Galaxia). Prefacio de Jacinto do Prado Coelho.
  • Faustino Rey Romero: Escolanía de melros (Gráficas Bolfer, Porriño).
  • Fernández del Riego traduce ao castelán As crónicas do Sochantre de Álvaro Cunqueiro para a editorial AHR.
  • Gumersindo Placer López: Algas (Madrid).
  • Luís Pimentel: Sombra do aire na herba (Galaxia. Prólogo de Celestino Fernández de la Vega).
  • Luís Seoane: As cicatrices, (poemas, Edit. Citania. Buenos Aires), El irlandés astrólogo, teatro (Edit. Losange. Buenos Aires).
  • Manuel Lueiro Rey: Juncia de amor y vida (poemas). Recibe o premio xornalístico do Centro Ourensán de Buenos Aires polo texto “Curros Enríquez, poeta monumental de Galicia”.
  • Ramón Cabanillas (1876-1959): Obra completa (A obra remátase de imprimir en Buenos Aires o día 12 de novembro, tres días despois da súa morte. A portada do libro é de Luís Seoane). O 7 de xuño de 1958, Ben-Cho-Shey presentou unha instancia para editar a obra completa do escritor. Emilio Sáez, o censor que valorou a solicitude fixo constar o seguinte no informe: “Ramón Cabanillas Enríquez, a cuyas Obras completas se refiere este dictamen, es un lírico gallego de gran inspiración pero también uno de los sostenedores intelectuales de un separatismo gallego anacrónico y absurdo y de un anticlericalismo no menos incongruente. Su crítica social –pregona la rebelión violenta de los campesinos- es también un extremismo sin mucho sentido. La presente obra puede autorizarse con las tachaduras siguientes: […]. Dado que as mutilacións eran vinte e cinco poemas de No desterro, Vento mareiro, e Da terra asoballada, alén da peza teatral O mariscal completa, a obra non se publicou en Galicia no ano anterior. (“Grial” nº 181). Nun breve artigo na revista Galicia dise: “O Centro Gallego, que tiña asumido o compromiso honroso de publicar a Obra Completa de Cabanillas, non puido acadar a ledicia de que chegase a tempo ás súas mans esta proba da comprensión e do amor dos seus irmáns emigrantes. Saíu da imprenta poucos días despois do seu pasamento. Morre o poeta sen poder apreixar contra o corazón a suma do seu esforzo creador xuntada nun libro. A responsabilidade deste ferinte e absurdo despoxo, cae por enteiro sobre a intolerancia da censura do Estado español, que fixo imposible a publicación da Obra completa a comezos do ano pasado en Galicia. (“Grial” nº 183). Existe unha carta de Ramón Piñeiro a Carballo Calero (5-II- 1958) que di: “A edición das “Obras” de Cabanillas anda bastante mal. De América anunciaron varias veces a súa pubricación inminente. A derradeira vez o mesmo Blanco Amor lle decía a Paco nunha carta que pra fin de ano estaría na rúa. Cando andaban dispoñendo as cousas pra que así fose, meteu baza no asunto Paz Andrade coa desafortunada suxerencia de que enviasen de novo os orixinás a Galicia e que fixeran eiquí a edición, co que aforrarían cartos. Meteulles esa torpe idea na cabeza e paralizaron a edición alá pra comenzar a facer xestións i estudos do que lles costaría editalas eiquí. Neso están. O memo do Valentín esqueceuse das dificultás que eiquí representa o trámite obrigado da previa censura. Como ves, retrasouse unha vez máis a edición”. (Cadernos Ramón Piñeiro XXXIII. Epistolario Ricardo Carballo Calero, Ramón Piñeiro. Xunta de Galicia. 2015).
  • Ramón González-Alegre Bálgoma: Antología de la poesía gallega contemporánea (Madrid. Rialp Colección Adonais). Sobre esta obra escribe Cunqueiro nunha carta a Fernández del Riego: “Recibín a Antoloxía de Moucho (así se refire Cunqueiro a González Alegre). É un disparate como escolma –dacabalo da túa de Galaxia- e as traduciós cando non mete a pata, pedestres. E traduce “adufe” por “frauta” e “serán” por “amanecer”, e sobre todo, non entende ren do que traduce. Alberto dime nunha carta que Alegre anda medio tolo e que hai que deixalo por caridades … Quizaves seña mellor o silenzo arredor de todo o que fai e di, deica que se canse”. (Álvaro Cunqueiro. Cartas ao meu amigo. Edit. Galaxia. Páx. 67).
  • Ramón Lorenzo: O que se foi perdendo (poesía).
  • Ricardo Palmás Casal: “Comunidade Ibérica de Naciós” (“A Nosa Terra” nº 502).
  • Xosé Conde Fernández: Terra aluciada (Buenos Aires).
  • Xosé Fernández Ferreiro: A noite (poesía Edit. Brais Pinto, con ilustracións de Reimundo Patiño).
  • Xosé María Álvarez Blázquez: Escolma de poesía galega II: A poesía dos séculos XIV a XIX.
  • Xosé Rubinos Ramos: Covadonga (poema épico) e Cantigas de novo xeito vello (La Habana).
Aparece en México a revista “ Vieiros”, subtitulada “Revista do Padroado da Cultura Galega do México” (monolingue en galego, con algún traballo en portugués): sairán 4 números; o 2º en 1962, o 3º en 1965 e o 4º en 1968. Figuran como directores Luis Soto Fernández, Carlos Velo Cobelas e Delgado Gurriarán. Nos números 3 e 4 Delgado Gurriarán é substituído por José Caridad Mateo. O responsable artístico é Arturo Souto, pero colaboran tamén Castelao, Maside, Seoane, Díaz Pardo, Xaime Quesada, Acisclo Manzano, Reimundo Patiño, Prego de Oliver... No primeiro número publica Celso Emilio Ferreiro “Carta a Fuco Buxán”, poema que remata con esta estrofa:“Mentras o tempo da patria non chega,/ mentras non pasa o tempo que denigra, / deixa ese escuro afán que te atafega, / Fuco Buxán, ¡emigra!”. A súa actitude sobre a emigración cambiará no poema inicial de Viaxe ao país dos ananos (1968). Tamén hai colaboracións de Ramón Piñeiro, Méndez Ferrín, Antón Tovar, Xosé R. Fernández Oxea, Otero Pedrayo, Cabanillas, Neira Vilas, Bernardino Graña…. Será reeditada por “A Nosa Terra” no 1989. “Grial” nº 104.

Relativas a Galicia

  • Albino Núñez Domínguez: Grandezas e miserias da Nosa terra.
  • Alejandro Finisterre: Con, sin, sobre, tras la poesía (México).
  • Baldomero Isorna Casal: Campanas de palo (Madrid).
  • Dosinda Areses: Poemas malditos de Antero de Quental (Edicións Quetzal).
  • Eugenio Granell: La novela del indio Tupinamba (México).
  • Evaristo Correa: Teoría de la Atlántida y otras historias fabulosas (Revista de Occidente).
  • Francisco Fernández del Riego: Galicia y nuestro tiempo. La obra de una generación. Edit. Citania. Buenos Aires). Edición ao coidado de Luís Seoane. Incorpora debuxos de Castelao, Manuel Colmeiro, Luis Huici, Laxeiro, Isaac Díaz Pardo, Xohán Ledo e do propio Seoane, que tamén se responsabilizou da cuberta.
  • José Luis Casas Teixeira: Páginas (Porto Alegre).
  • Julio Martínez Almoyna: A obra espanhola de Camoes (O Porto. Limiar de Menéndez Pidal).
  • Julio Penedo Iglesias: La barraca de la risa.
  • Lois Galo Carré Alvarellos: Romanceiro popular galego de tradizón oral.
  • Luís Seoane: Figurando recuerdos (Ed. Citania).
  • Mariano Tudela: El techo de lona (Barcelona).
  • Rodolfo Grande Salgueiro: Una vida es seis meses.
  • Salvador de Madariaga: General, márchese Vd. (New York).
  • Valentín Paz-Andrade: Galicia como tarea (Buenos Aires).
  • O pintor Reimundo Patiño escribe Bandeiras neboentas, poemas que serán publicados en 1992.


No nº 502 de “A Nosa Terra” ven a “Reportaxe ao Direitor de “Follas Novas”. “Feira do livro galego”: “A Feira do Livro Galego, é obra dun matrimonio: do matrimonio Neira Vilas – Miranda, e pra cantos teñen conocemento coeles seriamos moito maís craros se dixeramos Anisia e máis Pepe, conxunción estupenda da mocedade animosa, do traballo firme e constante, do planeamento i estudo de cada misión e nun grande amor a Galiza na súa Liberdade e na súa Lingoa, no seu Arte e no seu Esprito”.



Fole colabora no número extraordinario de xullo-agosto da revista madrileña “ Ínsula” (152-153), dedicado á literatura galega, con “El nuevo ensayismo gallego” e Blanco Amor con “Los poemas gallegos de F. García Lorca”. Celestino Fernández de la Vega escribe o artigo “Perfil gallego de Valle Inclán”. Carballo Calero sobre Otero Pedrayo. Hai tamén artigos de García Sabell, Ramón Piñeiro, Franco Grande, Landeira Yrago, Salvador Lorenzana, Sebastián Martínez-Risco, Filgueira Valverde, Ramón Lugrís, Rof Carballo e M. Rabanal Álvarez e aparecen poemas de Cabanillas e Cunqueiro, ademais doutras colaboracións literarias. Segundo Luís Seoane, este número de “Ínsula” correspondente a xullo-agosto levaba cinco anos paralizado pola censura. En carta de Ramón Piñeiro a Carballo Calero (7 de agosto): “Salíu o número galego de “Ínsula”. En conxunto está ben e gustou. Eu sentín moito unha falcatruada que nos fixo o demo, pois resulta que a foto de Fole que enviamos, xunto con outra do Cunqueiro, pra ilustrar un traballo sobre a narración nas letras galegas, aparece con un pé que dí “Sebastián Risco”. Figúrate que disparate”. (Cadernos Ramón Piñeiro XXXIII. Epistolario Ricardo Carballo Calero, Ramón Piñeiro. Xunta de Galicia. 2015). No número de agosto desta revista aparece parte dun traballo de Juan Ramón Jiménez sobre varios poetas, entre eles Rosalía que foi publicado en Puerto Rico.



No nº 37 de “Galicia Emigrante” (maio de 1959), aparece unha conversa de Cabanillas con Salvador Lorenzana na que di:“Nacín o día 3 de Sanxuán do 1876, nunha casiña vella e probe, con patín, antre un pazo que fundou un coengo de Compostela e unha praia que fixo persoalmente Noso Señor, na viliña de Fefiñáns, hoxe axugada a ista vila de Cambados. Pero por aquel entón, era anexo da freguesía de San Adrián de Vilariño, onde fun bautismado nunha pía sagrada polo abade Pedro de Celanova fai arredor de dez séculos”.(Ramón Cabanillas. 3 Obra Completa. Akal Editor. 1981).

Acontecementos

  • Na súa correspondencia con Fernández del Riego, Cunqueiro queixase da censura que pesa sobre o “Don Hamlet”: “Os achegados á Delegación de Información y Turismo na Coruña, din que Serrano (Serrano Castilla, censor responsable da prohibición) confesa que non quer facer daño, que il foi obrigado por denuncias sobre a inmoralidade de Don Hamlet, e que ten interés en que fique claro que il non é autor voluntario das decisións tomadas, e que fai o posible porque en Madrid autoricen a representación, conforme ó texto presentado. Insiste en que será autorizado, ¿cando?...”. Finalmente, Antonio Naveira Gondar, fundador e director do Teatro de Cámara da Asociación Cultural Iberoamericana, estrea o 31 de agosto no Teatro Colón da Coruña O incerto señor don Hamlet de Cunqueiro. O 11 de outubro habería outra representación en Lugo co gallo do San Froilán.
  • Carlos Casares nomeado profesor no Colegio Libre Adoptado de Viana do Bolo, do que é expulsado aos poucos meses por orde do Gobernador Civil, acusándoo de separatista e comunista. O reitor da Universidade de Santiago polas mesmas razóns prohíbelle exercer o ensino en todo o distrito universitario, tendo que marcharse a Bilbao, ao Colexio Vizcaia de onde é excluído tamén por motivos políticos.
  • Avelino Pousa Antelo pide a excedencia do Maxisterio e volta a Galicia (1955).
  • Manuel María casa con Saleta Goi (9 de maio).
    Indicador no complexo de Cerámicas do Castro
  • Instituto Arxentino de Cultura Galega.
  • Exposición do libro galego contemporáneo, organizada pola editora Follas Novas na casa de Galicia de Caracas.
  • Nas “Conversas de Formentor”, organizadas por Camilo José Cela, traban grande amizade Celso Emilio Ferreiro, Aquilino Iglesia Alvariño e o poeta catalán Carles Riba.
  • Non se atopa no seu mellor momento a amizade de Cunqueiro con Celso Emilio Ferreiro; nunha carta a Fernández del Riego refírese a el como “El puñal de Celanova”.
  • En Buenos Aires publícase o xornal “Loita”, órgano do Movimento Galego de Liberdade Nacional.
  • Otero Pedrayo inicia unha segunda viaxe de conferencias por América. (A primeira fora en 1947). O 30 de xullo asiste no Centro Galego de Buenos Aires a unha conferencia de Blanco Amor sobre os poemas galegos de García Lorca. En Buenos Aires, no mes de agosto, “Follas Novas” organiza un acto literario na súa honra no Centro Lucense. No Colexio Nacional de Buenos Aires imparte a conferencia “La cultura clásica como anhelo y como recuerdo”. Con data de 15 de febreiro escríbelle Otero Pedrayo a Neira Vilas: “Moitas veces penso no esforzo que siñifica a Feira Permanente do Libro Galego, valente e fermoso esforzo (…) Vai bogante a nosa nau literaria da Galiza. Témos bos tripulantes novos. Son a espranza dos vellos. Xa podemos descer seréos o seo da terra…”. (Xosé Neira Vilas: Cartas de vellos amigos (Galaxia 2010, páx. 355).
  • O 10 de outubro constitúese a entidade “Asociación Argentina de Hijos de Gallegos” con sede social na librería “Follas Novas”.
  • Amado Ricón emigra a Estados Unidos, de onde regresará no 1993.
  • En decembro chega Díaz Pardo a Galicia onde permanecerá até marzo de 1960, poñendo a funcionar a nave de Cerámicas do Castro.
  • Edítanse dous discos de poemas de María do Carme Kruckenberg, un en galego e outro en castelán, recitados pola propia autora.
  • Desaparece a revista “Galicia Emigrante” (Buenos Aires 1954).
  • No nº 502 de “A Nosa Terra” (maio) podemos ler no artigo “A nosa representación en París”: Don César Alvajar Diéguez, representante en París do Consello de Galiza e da Irmandade Galega de Buenos Aires, ven desenrolando na Capital de Francia –pulso e corazón de Europa- unha profícua labor patriótica, cultural e informativa encol da nosa Patria, dos seus problemas e das súas espranzas”.
  • Fúndase a Agrupación Fotográfica Lucense.
  • Xosé Velo colabora en Venezuela coa emisora clandestina Radio Claridad, da UCE (Unión de Combatientes Españoles).

Premios

  • Manuel Lueiro Rey recibe o premio xornalístico do Centro Ourensán de Buenos Aires polo texto “Curros Enríquez, poeta monumental de Galicia”.
  • Cunqueiro recibe o Premio Nacional de la Crítica pola versión en castelán de As crónicas do sochantre. A raíz da concesión, o escritor Joan Perucho escribe un artigo que despois se recollerá no seu libro Galería de espejos sin fondo no que di: “Cunqueiro é un poeta. Polo xeral, aos poetas non lles gusta a realidade. A Cunqueiro non lle gusta nada, en absoluto. Nestes tempos nos que se entende a literatura como documento, e que até a poesía se tinxe do inmediato, Cunqueiro percura e atopa acobillo nun mundo inventado, lonxano no tempo, no que a realidade se atopa evaporada” (“Grial” nº 72, páx. 275).

Mail-client-Breeze-Icon.svgEpistolario


No 1957, Neira Vilas casa coa escritora cubana e filla de galegos Anisia Miranda, coa que funda en Buenos Aires o 15 de xullo, aniversario de Rosalía, a organización libreira “Follas Novas”, que se dedicaba a centralizar o libro galego e difundilo en América. No 1960 crearon a editora do mesmo nome. En carta a Ramón Piñeiro (5 de xaneiro de 1959), escribe Neira Vilas: “Direille algo de Follas Novas. É unha laboura de formigas o que hai que realizar –o que se está realizando-: facer con que as nosas bibliotecas –as das nosas entidades- se renoven: facer que os mozos tomen contaito coa nosa cultura e creen cada un unha bilioteca –pequena ou grande- galega: e tamén darlle a oportunidade, aos que lles intresa todo o que se pubrique, de que non teñan que perder tempo en averiguación: que teñan un logar onde se concentra todo (ou cuase todo). Tamén é trascendente a misión dos ateneus dos sábados pola tarde, aos que concurren mozos arxentinos de ascendencia galega”. (Epistolario Ramón Piñeiro–Xosé Neira Vilas. Cadernos Ramón Piñeiro XXXII. Xunta de Galicia 2015).


En carta de 28 de xaneiro de 1960 Otero Pedrayo escribe a Neira Vilas: “A morte de Ramón Cabanillas afonda nosa soedade. Sabíamolo moi velliño e decrebadiño, non podía vivir moito. Pro alí estaba beira da mar de Arousa e o saudaba o vento mareiro no areal de San Sadurniño e as fresqueiras voces das mozas pescantinas”. (Xosé Neira Vilas: Cartas de vellos amigos. Galaxia 2010, páx. 217).


En carta de 17 de novembro, Blanco Amor escribe a Fernández del Riego: “Si sae algo sobor de A esmorga, mándamo. Eiquí sigue o boicot, entre as nosas xentes que esgarabellan nos pasquís coleutivos. La Prensa pubricóu un longo comentario no que ven a decir -¡santo Deus!- que ten a mesma importancia pra evolución da narrativa en galego que tivo o Lazarillo no seu tempo. Fóiselle a mau…”.


Ramón González-Alegre Bálgoma: Antología de la poesía gallega contemporánea (Madrid. Rialp Colección Adonais). Sobre esta obra escribe Cunqueiro nunha carta a Fernández del Riego: “Recibín a Antoloxía de Moucho (así se refire Cunqueiro a González Alegre). É un disparate como escolma –dacabalo da túa de Galaxia- e as traduciós cando non mete a pata, pedestres. E traduce “adufe” por “frauta” e “serán” por “amanecer”, e sobre todo, non entende ren do que traduce. Alberto dime nunha carta que Alegre anda medio tolo e que hai que deixalo por caridades … Quizaves seña mellor o silenzo arredor de todo o que fai e di, deica que se canse”. (Álvaro Cunqueiro. Cartas ao meu amigo. Edit. Galaxia. Páx. 67).


En carta a Fernández del Riego escribe Cunqueiro: “Coidaba non ter un soio apuro de cartos agora, pero…Eu necesito 1.500. ¿Pódemas dar Galaxia –xa sei: ti, Xaime… - …Irían en pago dos Curadores e do Sinbad….”.

Noutra carta a Fernández del Riego, no Nadal, di Cunqueiro:“Oxe mesmo recibín unha carta de Lolo de Llano, na que do aprieto en que o poñen, me comunica de parte de Emilio Rey, o presidente da Voz, que teño que escoller entre escribir na Voz ou en “La Noche”, que el coida que hai incompatibilidade! Eu contesto sin perder correo que teño a vaga sospeita de que “La Voz de Galicia” non me paga a min unha escrusiva, precisamente. Que eu debo ser torpe cando non atopo esa incompatibilidade e que prantexadas así as cousas, eu deixo de colaborar agora mesmo na Voz, solución a máis lóxica e a máis dina, xa que os de “La Noche” non me puxeron dediante dese inconcebible dilema. ¡Que vida, Señor! ¡Que xente, que cousas! Como si non abondara con Serrano Castilla e con Moure Mariño ou como se chame”. (Álvaro Cunqueiro: Cartas ao meu amigo. Epistolario mindoniense a Francisco Fernández del Riego 1949-1961. Galaxia 2003, páx. 170).


Noutra carta escribe: “Emilio Rey dice pola Coruña ós que lle preguntan porque non escribo na Voz que os meus artigos non os entendía nadie, e que cando sae un de Moure Mariño sobre a automoción, ou as vacas Devon, ou as fábricas de crebanoces, que reciben vinte cartas de Chantada e de Arzúa con noraboas. ¡Un non é nada!”.


Na súa correspondencia con Fernández del Riego, Cunqueiro queixase da censura que pesa sobre o “Don Hamlet”: “Os achegados á Delegación de Información y Turismo na Coruña, din que Serrano (Serrano Castilla, censor responsable da prohibición) confesa que non quer facer daño, que il foi obrigado por denuncias sobre a inmoralidade de Don Hamlet, e que ten interés en que fique claro que il non é autor voluntario das decisións tomadas, e que fai o posible porque en Madrid autoricen a representación, conforme ó texto presentado. Insiste en que será autorizado, ¿cando?...”. Finalmente, Antonio Naveira Gondar, fundador e director do Teatro de Cámara da Asociación Cultural Iberoamericana, estrea o 31 de agosto no Teatro Colón da Coruña O incerto señor don Hamlet de Cunqueiro. O 11 de outubro habería outra representación en Lugo co gallo do San Froilán.

En carta de 15 de xullo, Ben-Cho-Shey escribe a Fernández del Riego, cando o Don Hamlet de Cunqueiro foi secuestrado pola censura: “Non me sorprende o da supresión da representación do Hamlet nin o da recollida da edición. O que me sorprende foi que pasase pola censura, pois con bastante menos motivo non autorizaron A esmorga, de Blanco Amor, que é moito máis limpa de lenguaxe”.


En xaneiro, escribe Manuel Puente a Otero Pedrayo: “As adeversas circunstancias que se veñen dando ca Historia, representan un gran acrescemento do presuposto que eu tiña calculado para editala. Dunha banda, o eistraordinario encarecemento que sofriron os traballos de imprensa e o papel nos derradeiros tres anos; e doutra, a fortísima desvalorización do peso arxentino en relación ca peseta. En definitiva, moitos centos de miles de pesos máis do previsto. Mais, non embargantes, eu non decrino do meu compromiso” (“Grial” nº 179, páx. 140).


Nunha carta de Cunqueiro a Fernández del Riego di: “Deica agora, que eu sepa, a única voz discordante no que toca ó Hamlet é a de Celestino F. de la Vega, quen di que é unha parodia do shakespiriano e nada máis, e fóra diso nada. Quizaves teña razón pro quizaves non. Nunca se sabe. Gústanlle pouco as miñas cousas”.


Noutra carta a Fernández del Riego escribe: “A Fole non lle gustou moito o Don Hamlet. Díxolle a Trapero que ou il non o lera ben, ou tratábase dunha peza humorística, dunha coña sobre Shakespeare estupenda, pero sin máis. Querido Paco: ¿para quen escribe un?


En carta de Ramón Piñeiro a Carballo Calero (7 de agosto): “Salíu o número galego de “Ínsula”. En conxunto está ben e gustou. Eu sentín moito unha falcatruada que nos fixo o demo, pois resulta que a foto de Fole que enviamos, xunto con outra do Cunqueiro, pra ilustrar un traballo sobre a narración nas letras galegas, aparece con un pé que dí “Sebastián Risco”. Figúrate que disparate”.(Cadernos Ramón Piñeiro XXXIII. Epistolario Ricardo Carballo Calero, Ramón Piñeiro. Xunta de Galicia. 2015). No número de agosto desta revista aparece parte dun traballo de Juan Ramón Jiménez sobre varios poetas, entre eles Rosalía que foi publicado en Puerto Rico.


Con data de 15 de febreiro escríbelle Otero Pedrayo a Neira Vilas: “Moitas veces penso no esforzo que siñifica a Feira Permanente do Libro Galego, valente e fermoso esforzo (…) Vai bogante a nosa nau literaria da Galiza. Témos bos tripulantes novos. Son a espranza dos vellos. Xa podemos descer seréos o seo da terra…”. (Xosé Neira Vilas: Cartas de vellos amigos (Galaxia 2010, páx. 355).


En carta a Ramón Piñeiro, escribe Ramón Suárez Picallo dende Buenos Aires (22/06):“Este preliminar, saído do corazón ós puntos da pluma, quere significarche tamén que todo o que vén despois de discrepancia, e cecais de polémica política en torno ó contido da túa carta, non afecta en nada á estimanza persoal, nin ó respecto intelectual que che profeso a ti e ó grupo cultural extraordinario do que ti formas parte aí, grupo mil veces benemérito…Imos agora falar concretamente dos temas das vosas discrepancias co galeguismo de Buenos Aires, a saber: 1º Consello de Galiza. 2º Interpretación de Castelao político. 3º Celebración de efemérides (Plebiscito, Mártires, Pasamento de Castelao, e datas centenarias de homes e acontecementos galegos de trascendencia histórica) e 4º Axudas”.(“Grial” nº 111).


Dende Belo Horizonte (1 de novembro), Rodrigues Lapa escribe a Neira Vilas: “Cuido ter-lhe dito que vinha fazer, durante um ano escolar, um curso de Literatura Portuguesa na Faculdade de Filosofía da Universidade de Minas Gerais (…) Lemos e comentámos poesias de Iglesia Alvariño, Carballo Calero, Luz Pozo Garza, J. M. Álvarez Blázquez, Cunqueiro, etc. Como introdução a esse estudo, falei, durante duas lições, sobre o vocabulario poético do galego. Essa poesía foi uma surpresa encantada para os alunos, que não tinham a menor ideia da sua existência. A Escolma organizada por Del Riego revelou-se um instrumento admirável para cursos dêstes. Falta agora, com suma urgência, uma boa gramática e um bom dicionário (…) Também se torna indispensável a uniformização da ortografia. Falando há tempos com Guerra da Cal sobre isso, chegámos ã conclusão que se devia formar uma comissão para esse fim, onde estivesem representados filólogos galegos, portugueses e brasileiros”. (Xosé Neira Vilas: Cartas de vellos amigos. Galaxia 2010, páx. 217).


Con data de 9 de maio Otero Pedrayo escribe a Abelardo Moralejo : “Mi querido y recordado amigo:(…) Creo que la conmemoración de Humboldt y Ritter pudiera ser reducida a una conferencia. Con gusto hubiera desarrollado dos o más. Me abruma una porción de pequeños asuntos y tengo que salir para Santander el día 23. Pudiera ser mi conferencia en la Facultad el lunes 18. La hora solía ser la de la una de la tarde. Vd. Dispondrá. Si conviene mejor antes propongo el 15 al mediodía. Porque el sábado tendré, a lo que parece, otra en Allariz ya aplazada por la prolongación de mi estancia en Santiago. El título puede Vd. redactarlo. Algo como “Conmemoración centenaria de los dos grandes geógrafos del XIX Humboldt y Ritter” (…)”.

Sumarios

VIEIROS REVISTA DO PADROADO DA CULTURA GALEGA DO MÉXICO

Ramón Otero Pedraio: Noite compostelán. Galiza.

Manuel Curros Enríquez: Poemas. Galiza.

Ramón Cabanillas: A laboura de Avantora. Galiza.

Carlos Velo: Os fitos da xuventude. México.

F. L. Cuevillas: Evocación de Lamas Carbajal. Galiza.

Valentín Lamas Carbajal: Galicia. Galiza.

Domingo García Sabell: Galicia sin tópico. Galiza.

A. Vázquez Humarqué: Praneazón agro-pecuaria. México.

César Teixeira: Lúa. Portugal.

Luis Soto Fernández: A doenza das dúbidas. México.

Julio Evangelista: Joao Verde, poeta minhoto. Portugal.

Johan Viqueira: Diálogo. Galiza.

Alfonso R. Castelao: Pedimos. Bós Aires.

Marcial Fernández: A poesía de Delgado Gurriarán. México.

Florencio Manoel Delgado Gurriarán: Poemas. México.

A. Núñez Domínguez: Grandezas e miserias da nosa terra. Galiza.

Celso Emilio Ferreiro: Poemas. Galiza.

Hilario Caloto: A eleitrificazón da Galiza. México.

Salvador Lorenzana: Presencia da nosa cultura. Galiza.

F. Bouza-Brey: Unha hora na paz do cimiterio de Noia. Galiza.

Ricardo Carballo Calero: Poesías paralelas. Galiza.

Ramón Piñeiro: A lingoa, sangue do esprito. Galiza.

A. Rey Romalde: Gil Vicente, pai do teatro galegoportugués. México.

As ideias. Os homes. Os feitos. As labouras.

Deseños: Castelao. A. Souto. Maside. E. Gascón. V. Rojo. Bartolí. Gironella. Ledo.

NÚMARO EISTRAORDINARIO MÉXICO VRAN -1959.

DIREITORES: Luis Soto Fernández. Carlos Velo. Florencio Delgado Gurriarán.


NobelPREMIO NOBEL DE LITERATURA: Salvatore Quasimodo

Flag CPLP.gif Cataluña Flag of Spain Outras culturas

Flag CPLP.gif CPLP - Comunidade dos Países de Lingua Portuguesa

Nacen:



Morren:

  • António Botto (Rio de Janeiro; 1897 Alvega).
  • Armando Boaventura (Lisboa; 1890 Casal de Nil, Barcelos).
  • Reinaldo Ferreira (Lourenço Marques; 1922 Barcelona).




En xaneiro a “Fundação Calouste Gulbenkian” de Lisboa edita “Colóquio. Revista de artes e letras”, dirixida por Hernâni Cidade e Jacinto do Prado Coelho. Desaparece en decembro de 1970. A partir de 1971 transformarase en “Colóquio/ letras” e “Colóquio/artes”.


Adolfo Casais Monteiro: A poesia de “Presença”(antoloxía).

Afonso Botelho: Meia hora de espera.


Afonso Ribeiro (Mozambique): Três setas apontadas ao futuro (teatro).


Agostinho da Silva: Um Fernando Pessoa.


Agustina Bessa Luís: Embaixada a Calígula (Libro de viaxes).


Alberto Ferreira: Diálogos com a realidade.


Alexandre Cabral: As duas faces (teatro).


Álvaro Ribeiro: Escola formal.


Alves Redol: Uma Fenda na Muralla.


Ana Hatherly: As aparências.


António Botto: Ainda não se escreveu.


António Cândido de Mello e Souza: O observador literário.


António de Macedo: A evolução estética do cinema (vol.1).


António Henrique Rodrigo de Oliveira Marques: A sociedade medieval portuguesa e Hansa e Portugal na Idade Média.


António Manuel Couto Viana: Mancha solar.


António Quadros: A existência literária.


António Reis: Novos poemas quotidianos.


Antunes da Silva: Sam Jacinto (contos).


Aquilino Ribeiro procesado pela dictadura do Estado Novo, por causa do romance Quando os lobos uivam.


Bernardo Santareno: O lugre e O crime da aldeia velha.


Casimiro de Brito: Telegramas.


Cristovam Pavia: 35 poemas.


David Mourão-Ferreira: Gaivotas em Terra.


Esther de Lemos: Companheiros.


Fernando Guimarães: Os habitantes do amor (poesía).


Fernando Namora: Cidade Solitária.


Fidelino de Figueiredo: Entre dois Universos.


Godofredo Rebello de Figueiredo Filho (Brasil): Lamento da perdição de Enone.


Henrique Segurado: Asa de mosca.


Hilda Hilst (Brasil): Roteiro do silêncio.


João de Araújo Correia: Folhas de Xisto (conto).


Joel Serrão: Temas oitocentistas I.


Jorge de Sena marcha ao Brasil.


Jorge Dias: Sistemas primitivos de moagem em Portugal I. Moinhos de água e de vento II.


José Augusto França: Situação da pintura ocidental.


José Hermano Saraiva: A reforma constitucional e a eleição do chefe do estado.


José Osório de Oliveira: Fogueiras no deserto.


José Rodrigues Miguéis: Um Homem Sorri à Morte com Meia Cara.


José Terra: Espelho do invisível.


Luís Filipe Lindley Cintra: A linguagem dos foros de Castelo Rodrigo.


Luísa Dacosta: Aspectos do Burguesismo Literário.


Luiz Francisco Rebello: Teatro I e II e Os pássaros de assas cortadas.


Manuel de Seabra: Terra de ninguém.


María Judite de Carvalho: Tanta gente, Mariana.


Mário Braga: O cerco.


Mário Cesariny de Vasconcelos: Nobilíssima visão.


Mário Sacramento: Ensaios de domingo I.


Nuno Bermudes: Gandana e outros contos.


Orlando Vitorino: Filosofia, ciência, religião.


Pedro da Silveira: José Leite de Vasconcelos nas ilhas de baixo.


Tomaz Ribas: O cais das colunas e O que é o ballet (ensaio).


Urbano Tavares Rodrigues: Bastardos do Sol e As Aves da Madrugada (conto).


Vergílio Ferreira: Aparição.


Vinícius de Moraes (Brasil): Novos poemas II.


Vitorino Nemésio: O Verbo e a Morte (poesía).






Cataluña


Nacen:

Morren:

Irmán maor. Bandeirante / de aqués que labouramos no misterio / da palabra viva / e loitamos sin trégola / contra o anxo e a noite. / Tenro vendimador de dondos acios áticos / rente ao mar da esperanza / i as tépedas seráns con gueivotas / na doce Catalunya, terra esgrevia.

  • Josep Maria López-Picó (1886 Barcelona).

PREMI VÍCTOR CATALÀ: Josep A. Boixaderas por Perquè no.

Agustí Calvet “Gaziel”: Trilogia ibèrica: Castella endins.


Baltasar Porcel: La simbomba fosca (teatro) e Els condemnats (teatro).


Fèlix Cucurull i Tey: El temps que se’ns escapa (poesía) e La pregunta i l’ atzar.


Francesc de Borja Moll i Casasnovas: Els llinatges catalans..


Joan Oliver “Pere Quart”: Primera representació (teatro).


Jordi Pere Cerdà: Contalles de Cerdanya.


Jordi Sarsanedas: Plou i fa sol (narracións curtas).


Josep Maria Espinàs: Varietés e Combat de nit.


Luis Romero: El carrer.


Manuel de Pedrolo: Homes i no (teatro).


Miquel Llor: Un camí de Damasc (novela).


Pere Calders: Demà a las tres de la matinada.


Ramon Folch i Camarasa: El nàufrag feliç.


Flag of Spain


'


Nacen:


Morren:

  • Juan José Domenchina (México; 1898 Madrid).
  • Manuel Altolaguirre (Burgos; 1905 Málaga).


Alfonso Paso: Receta para un crimen.

Ana María Matute: Primera memoria (Premio Nadal).


Ángel Crespo: Junio feliz.


Antonio Ferres: La piqueta.


Armando López Salinas: La mina.


Caballero Bonald: Las horas muertas (poesía).


Camilo José Cela: Primer viaje andaluz.


Concha Castroviejo: Víspera del odio.


Daniel Sueiro Rodríguez: Los conspiradores (Premio Nacional de Literatura).


Diego Salvador: Pequeña ilusión.


Dolores Medio: El pez sigue flotando.


Emilio Orozco: Poesía y Mística.


Francisco Ayala: Muertes de perro.


Gabriel Celaya: El corazón en su sitio.


García Hortelano: Nuevas amistades.


García Nieto: El parque pequeño e Elegía en Covaleda.


Gil de Biedma: Compañeros de viaje.


José Agustín Goytisolo: Claridad.


Juan Bernier: Una voz cualquiera.


Juan García Hortelano: Nuevas amistades.


Juan Ignacio Luca de Tena: ¿Dónde vas, triste de ti?.


Julia Uceda. Mariposa en cenizas.


Max Aub: Cuentos mexicanos.


Miguel Delibes: La hoja roja.


Miguel Mihura: Maribel y la extraña familia.


Rafael Santos Torroella: Cerrada noche.


Tomás Navarro Tomás: Arte del verso.


Torrente Ballester: Siete ensayos.


Victoriano Crémer: Con la paz al hombro (poemas).


Máis culturas:


Nacen:


Morren:.

  • Luis Palés Matos (Santurce; 1898 Guayama, Puerto Rico).
  • Boris Vian (París; 1920 Ville d'Avray).


-Augusto Monterroso: Obras completas (y otros cuentos).

-Bioy Casares: Guirnalda con amores (conto).


-Carlos Fuentes: Las buenas conciencias.


-Humberto Arenal: El sol a plomo.


-Juan García Ponce: La feria distante.


-Juan Gelman: El juego en que andamos.


-Juan José Arreola: Bestiario.


-Luis Spota: La sangre enemiga.


-Mario Benedetti: Montevideanos.


-Pablo Neruda: Navegaciones y regresos (poesía).


-Roberto Fernández Retamar: En su lugar, la poesía.


-Salvador Garmendia: Los pequeños seres.


-Sergio Pitol: Tiempo cercado.



Alain Robbe-Grillet: Dans le labyrinthe.


Alan Sillitoe: The loneliness of the long-distance runner.


Anna Seghers: A decisión.


Arnold Wesker: Roots (teatro).


Günter Grass: O tambor de folla de lata.


Harry Mulisch: O leito nupcial de pedra.


Italo Calvino: Il cavaliere inesistente.


J. Kerouak: No camiño.


Jacques Audiberti: Effet Glapion (teatro).


Jaime Sabines: Poema de la sinceridad.


James Purdy: Malcolm.


Jean Genet: Les nègres (teatro).


Lars Gustafsson: Últimos días e morte do poeta Brumberg.


Marguerite Duras: Hiroshima, mon amour.


Muriel Spark: Memento Mori.


Pier Paolo Pasolini: Unha vida violenta (Traducido ao galego no 2015 por Gonzalo Vázquez para a editorial de Santiago Hugin e Munin).


Raymond Queneau: Zazie dans le métro.


Robert Lowell: Life studies (poesía).


Rui Knopfli: O país dos outros.


Uwe Johnson: Conxecturas sobre Jakob (traducida ao castelán por Ramón Lorenzo e Úrsula Heinze en 1973).


Vidiadhar Surajprasad Naipaul: Miguel Street.


W.D. Snodgrass: Heart‘s needle (A agulla do corazón). Poesía).


Tamén sucedeu:

  • CINE:

- François Truffaut: Os catrocentos golpes. (Nouvelle vague).

Les quatre cents coups les 400 coups-574227245-large.jpg


- Alain Resnais: Hiroshima, mon amour (Nouvelle vague).


- Marcel Camus: Orfeo.

  • Severo Ochoa, premio Nobel.
  • Franco aplica o seu Plan de Estabilización. Recibe en Madrid a Einsenhower.
  • Nace ETA (Euskadi ta Askatasuna).
  • “Ley de Orden Público” (29 de xullo).
  • As tropas de Fidel Castro entran en La Habana derrocando o réxime de Batista.
  • Créase a EFTA (Asociación Europea de Libre Comercio).
  • Sofocado no Tibet un levantamento contra China. O Dalai Lama foxe á India.
  • Bahamontes gaña o Tour de Francia.