Diferenzas entre revisións de «XPD nos medios»
(→Publicacións) |
(→XPD nos medios) |
||
Liña 5: | Liña 5: | ||
* [https://diariomarin.com/2023/07/a-xulipedia-ou-como-sementar-en-analoxico-para-recoller-en-dixigal/ // A Xulipedia ou como sementar en analóxico para recoller en dixital - Cristina Corral ] | * [https://diariomarin.com/2023/07/a-xulipedia-ou-como-sementar-en-analoxico-para-recoller-en-dixigal/ // A Xulipedia ou como sementar en analóxico para recoller en dixital - Cristina Corral ] | ||
− | =====Diario Marín: Historia y literatura / Literatura - | + | =====Diario Marín: Historia y literatura / Literatura - 18/07/2023 por [[wikipedia: gl: Cristina Corral Soilán | Cristina Corral]]===== |
Datos e datos comparados e arquivados coa férrea disciplina de Xulio Simón ao longo de toda unha vida “atusmando” entre as páxinas e os papeis da documentación, que dirían na zona de Lugo de onde é oriúndo Simón, algo que comezou en Cataluña e rematou co seu destino a Pontevedra. | Datos e datos comparados e arquivados coa férrea disciplina de Xulio Simón ao longo de toda unha vida “atusmando” entre as páxinas e os papeis da documentación, que dirían na zona de Lugo de onde é oriúndo Simón, algo que comezou en Cataluña e rematou co seu destino a Pontevedra. | ||
Liña 13: | Liña 13: | ||
* [https://www.lavozdegalicia.es/noticia/cultura/2023/06/30/span-langglxulipedia-catedral-historico-literaria-galegaspan/0003_202306G30P33993.htm // Xulipedia: catedral histórico-literaria galega - Xesús Alonso Montero ] | * [https://www.lavozdegalicia.es/noticia/cultura/2023/06/30/span-langglxulipedia-catedral-historico-literaria-galegaspan/0003_202306G30P33993.htm // Xulipedia: catedral histórico-literaria galega - Xesús Alonso Montero ] | ||
− | =====lavozdegalicia.es/noticia/cultura | + | =====lavozdegalicia.es/noticia/cultura 30/06/2023 por [[wikipedia: gl: Xesús Alonso Montero | Xesús Alonso Montero]]===== |
Hai moito tempo que coñezo a Xulio Simón Rúa, das terras luguesas próximas a Ribeira de Piquín, berce do grande e infortunado lingüista Aníbal Otero, dende que foi alumno meu, no Instituto de Lugo (curso 1971-1972). Simón foi mestre de ensino primario, durante moitos anos, en Barcelona, pero, devoto dos saberes filolóxicos, cursou na universidade Filoloxía Galaico-Portuguesa onde se atopou coa erudición e a paixón do profesor Basilio Losada. Hai décadas que Simón vén dedicando o seu minucioso saber, o seu fondo compromiso e a súa inmensa paciencia á construción dunha ferramenta cultural tan ambiciosa como útil e moi didáctica. | Hai moito tempo que coñezo a Xulio Simón Rúa, das terras luguesas próximas a Ribeira de Piquín, berce do grande e infortunado lingüista Aníbal Otero, dende que foi alumno meu, no Instituto de Lugo (curso 1971-1972). Simón foi mestre de ensino primario, durante moitos anos, en Barcelona, pero, devoto dos saberes filolóxicos, cursou na universidade Filoloxía Galaico-Portuguesa onde se atopou coa erudición e a paixón do profesor Basilio Losada. Hai décadas que Simón vén dedicando o seu minucioso saber, o seu fondo compromiso e a súa inmensa paciencia á construción dunha ferramenta cultural tan ambiciosa como útil e moi didáctica. | ||
Liña 23: | Liña 23: | ||
=====Radio Galega : Galicia por Diante Fin de Semana -Séculos de cultura galega recollidos na Xulipedia - 03/06/2023 - Isabel Pichel===== | =====Radio Galega : Galicia por Diante Fin de Semana -Séculos de cultura galega recollidos na Xulipedia - 03/06/2023 - Isabel Pichel===== | ||
Hai máis de 20 anos Xulio Simón Rúa comezou a anotar datos relacionados coa cultura e a literatura galegas. Aqueles apuntamentos medraron ata o punto de ocupar máis de 2.000 páxinas e varios séculos de historia. Agora este proxecto atopou un novo camiño en Internet en xulipedia.com. | Hai máis de 20 anos Xulio Simón Rúa comezou a anotar datos relacionados coa cultura e a literatura galegas. Aqueles apuntamentos medraron ata o punto de ocupar máis de 2.000 páxinas e varios séculos de historia. Agora este proxecto atopou un novo camiño en Internet en xulipedia.com. | ||
+ | |||
+ | |||
+ | * [http://xulipedia.com/index.php?title=XPD_nos_medios&action=edit§ion=1] "O da Xulipedia é un labor que, en realidade, non ten remate" | ||
+ | =====Faro de Vigo : Faro da Cultura - 20/10/2022 - Lourdes Varela ===== | ||
+ | “O da Xulipedia é un labor que en realidade non ten remate” | ||
+ | |||
+ | * [https://www.cronicasdelaemigracion.com/articulo/galicia/xose-luis-santos-cabanas-gana-primeiro-premio-do-certame-poesia-lingua-galega-rosalia-castro/20211213101727106597.html] Galicia en el mundo | ||
+ | =====Galicia en el mundo: Crónicas de la emigración - 13/12/2021 - Antonio Díaz -Barcelona ===== | ||
+ | O sábado 11 de decembro, celebrouse o acto de concesión dos premios da 35ª edición do Certame de Poesía en Lingua Galega ‘Rosalía de Castro’, organizado pola Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro de Cornellá (Barcelona) e no que se lle concedeu o primeiro premio a Xosé Luís Santos Cabanas polo seu poema ‘Cara a Tina Modotti’. | ||
+ | Pola tarde, o acto de concesión dos premios foi precedido dun acto celebrado no Auditorio de Sant Ildefonso de Cornellá, e que consistiu, na primeira parte, da presentación da web xulipedia.com, a cargo do seu autor, Xulio Simón Rúa, escritor e profesor, xubilado, residente en Pontevedra. | ||
+ | Xulipedia.com é unha ferramenta de traballo na que se pode ollar un inmenso traballo cultural levado a cavo polo seu autor durante máis de 20 anos e que amosa a relación literaria e artística de culturas: Galega, Catalana Portuguesa e de ultramar. Con un inmenso feixe de datos que calquera que lle interese desde calquera parte do mundo, pode, consultar e estudiar, simplemente entrando a través de internet en: www.xulipedia.com. |
Revisión como estaba o 24 de xullo de 2023 ás 19:47
Índice
- 1 XPD nos medios
- 1.1 Publicacións
- 1.1.1 Diario Marín: Historia y literatura / Literatura - 18/07/2023 por Cristina Corral
- 1.1.2 lavozdegalicia.es/noticia/cultura 30/06/2023 por Xesús Alonso Montero
- 1.1.3 Radio Galega : Galicia por Diante Fin de Semana -Séculos de cultura galega recollidos na Xulipedia - 03/06/2023 - Isabel Pichel
- 1.1.4 Faro de Vigo : Faro da Cultura - 20/10/2022 - Lourdes Varela
- 1.1.5 Galicia en el mundo: Crónicas de la emigración - 13/12/2021 - Antonio Díaz -Barcelona
- 1.1 Publicacións
XPD nos medios
Publicacións
Diario Marín: Historia y literatura / Literatura - 18/07/2023 por Cristina Corral
Datos e datos comparados e arquivados coa férrea disciplina de Xulio Simón ao longo de toda unha vida “atusmando” entre as páxinas e os papeis da documentación, que dirían na zona de Lugo de onde é oriúndo Simón, algo que comezou en Cataluña e rematou co seu destino a Pontevedra.
E se en Cataluña foi onde se sementou tal aventura da man de Radio Cornellá, tamén foi alí onde se presentou oficialmente en decembro de 2021 a Xulipedia, grazas ao Concello de Cornellá que reuniu no Auditori de Sant Ildefóns a amig@s e colaboradores/as aos que Xulio lles falou de como coa súa obra tentou “relacionar as literaturas ibéricas: as amizades catalás de Álvaro Cunqueiro: Jordi Domènech, Francesc Parceriscas, Joan Perucho…, as traducións de poemas ao galego dende o catalán por Cunqueiro (Marta Pessarrodona, Tomás Garcés…), poemas de Carballo Calero ou Guerra da Cal en revistas portuguesas ou revistas catalás como “Camp de l’arpa” que fan referencia á literatura galega e así un longo etcétera”.
En Galicia, inda non tivemos a oportunidade de asistir á presentación de tan magnífico proxecto. Esperemos que chegue pronto o día.
lavozdegalicia.es/noticia/cultura 30/06/2023 por Xesús Alonso Montero
Hai moito tempo que coñezo a Xulio Simón Rúa, das terras luguesas próximas a Ribeira de Piquín, berce do grande e infortunado lingüista Aníbal Otero, dende que foi alumno meu, no Instituto de Lugo (curso 1971-1972). Simón foi mestre de ensino primario, durante moitos anos, en Barcelona, pero, devoto dos saberes filolóxicos, cursou na universidade Filoloxía Galaico-Portuguesa onde se atopou coa erudición e a paixón do profesor Basilio Losada. Hai décadas que Simón vén dedicando o seu minucioso saber, o seu fondo compromiso e a súa inmensa paciencia á construción dunha ferramenta cultural tan ambiciosa como útil e moi didáctica.
Desde hai anos ten á súa beira a Luis Losada Rodríguez, experto en informática, amigo e cómplice da inxente obra. Do que se trata é dunha páxina wiki que funciona igualiño que a Wikipedia e no mesmo formato. No esencial, a temática é a literatura galega moderna desde 1851 (nacemento de Curros Enríquez) ao 2004 (pasamento de Manuel María e Luísa Villalta). O usuario pode transitar do nome dun autor ou dunha das súas obras a un universo de noticias significativas (premios, referencias en epistolarios, comentarios en revistas e xornais, traducións, ilustradores...). A Xulipedia é especialmente valiosa nas noticias que relacionan as obras literarias galegas con autores cataláns. Non subestima o autor as relacións coas letras castelás de aquén e alén mar, non esquece os contactos cos escritores de Euskadi e ten moi presentes os nomes dos viaxeiros, filólogos e escritores portugueses. Asombran as consultas que fixo con lupa, á procura deste tipo de textos e noticias, en non poucas revistas galegas e foráneas e, sobre todo, de epistolarios ateigados de información ad hoc (Luís Seoane, Ramón Piñeiro... ata a breve correspondencia de Xela Arias co novelista brasileiro Jorge Amado). O autor, moi consciente de que as letras en idioma galego constitúen unha parcela da literatura universal, ofrece pistas para relacionar os nosos autores e os seus textos, cronoloxicamente, con feitos e personalidades literarias de moitas outras áreas lingüísticas non hispanas.
Radio Galega : Galicia por Diante Fin de Semana -Séculos de cultura galega recollidos na Xulipedia - 03/06/2023 - Isabel Pichel
Hai máis de 20 anos Xulio Simón Rúa comezou a anotar datos relacionados coa cultura e a literatura galegas. Aqueles apuntamentos medraron ata o punto de ocupar máis de 2.000 páxinas e varios séculos de historia. Agora este proxecto atopou un novo camiño en Internet en xulipedia.com.
- [1] "O da Xulipedia é un labor que, en realidade, non ten remate"
Faro de Vigo : Faro da Cultura - 20/10/2022 - Lourdes Varela
“O da Xulipedia é un labor que en realidade non ten remate”
- [2] Galicia en el mundo
Galicia en el mundo: Crónicas de la emigración - 13/12/2021 - Antonio Díaz -Barcelona
O sábado 11 de decembro, celebrouse o acto de concesión dos premios da 35ª edición do Certame de Poesía en Lingua Galega ‘Rosalía de Castro’, organizado pola Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro de Cornellá (Barcelona) e no que se lle concedeu o primeiro premio a Xosé Luís Santos Cabanas polo seu poema ‘Cara a Tina Modotti’. Pola tarde, o acto de concesión dos premios foi precedido dun acto celebrado no Auditorio de Sant Ildefonso de Cornellá, e que consistiu, na primeira parte, da presentación da web xulipedia.com, a cargo do seu autor, Xulio Simón Rúa, escritor e profesor, xubilado, residente en Pontevedra. Xulipedia.com é unha ferramenta de traballo na que se pode ollar un inmenso traballo cultural levado a cavo polo seu autor durante máis de 20 anos e que amosa a relación literaria e artística de culturas: Galega, Catalana Portuguesa e de ultramar. Con un inmenso feixe de datos que calquera que lle interese desde calquera parte do mundo, pode, consultar e estudiar, simplemente entrando a través de internet en: www.xulipedia.com.