Diferenzas entre revisións de «XPD nos medios»
(→Publicacións) |
(→Publicacións) |
||
Liña 4: | Liña 4: | ||
*[https://diariomarin.com/2023/07/a-xulipedia-ou-como-sementar-en-analoxico-para-recoller-en-dixigal/ // A Xulipedia ou como sementar en analóxico para recoller en dixital - Cristina Corral ] | *[https://diariomarin.com/2023/07/a-xulipedia-ou-como-sementar-en-analoxico-para-recoller-en-dixigal/ // A Xulipedia ou como sementar en analóxico para recoller en dixital - Cristina Corral ] | ||
− | =====Diario Marín Historia y literatura / | + | =====Diario Marín Historia y literatura / Literatura 2023/07/18 por [[wikipedia: gl: Cristina Corral | Cristina Corral]]===== |
Datos e datos comparados e arquivados coa férrea disciplina de Xulio Simón ao longo de toda unha vida “atusmando” entre as páxinas e os papeis da documentación, que dirían na zona de Lugo de onde é oriúndo Simón, algo que comezou en Cataluña e rematou co seu destino a Pontevedra. | Datos e datos comparados e arquivados coa férrea disciplina de Xulio Simón ao longo de toda unha vida “atusmando” entre as páxinas e os papeis da documentación, que dirían na zona de Lugo de onde é oriúndo Simón, algo que comezou en Cataluña e rematou co seu destino a Pontevedra. | ||
Liña 14: | Liña 14: | ||
*[https://www.lavozdegalicia.es/noticia/cultura/2023/06/30/span-langglxulipedia-catedral-historico-literaria-galegaspan/0003_202306G30P33993.htm // Xulipedia: catedral histórico-literaria galega - Xesús Alonso Montero ] | *[https://www.lavozdegalicia.es/noticia/cultura/2023/06/30/span-langglxulipedia-catedral-historico-literaria-galegaspan/0003_202306G30P33993.htm // Xulipedia: catedral histórico-literaria galega - Xesús Alonso Montero ] | ||
− | =====lavozdegalicia.es/noticia/cultura/2023/06/30 por [[wikipedia: gl: Xesús Alonso Montero | + | =====lavozdegalicia.es/noticia/cultura/2023/06/30 por [[wikipedia: gl: Xesús Alonso Montero | Xesús Alonso Montero]]===== |
Hai moito tempo que coñezo a Xulio Simón Rúa, das terras luguesas próximas a Ribeira de Piquín, berce do grande e infortunado lingüista Aníbal Otero, dende que foi alumno meu, no Instituto de Lugo (curso 1971-1972). Simón foi mestre de ensino primario, durante moitos anos, en Barcelona, pero, devoto dos saberes filolóxicos, cursou na universidade Filoloxía Galaico-Portuguesa onde se atopou coa erudición e a paixón do profesor Basilio Losada. Hai décadas que Simón vén dedicando o seu minucioso saber, o seu fondo compromiso e a súa inmensa paciencia á construción dunha ferramenta cultural tan ambiciosa como útil e moi didáctica. | Hai moito tempo que coñezo a Xulio Simón Rúa, das terras luguesas próximas a Ribeira de Piquín, berce do grande e infortunado lingüista Aníbal Otero, dende que foi alumno meu, no Instituto de Lugo (curso 1971-1972). Simón foi mestre de ensino primario, durante moitos anos, en Barcelona, pero, devoto dos saberes filolóxicos, cursou na universidade Filoloxía Galaico-Portuguesa onde se atopou coa erudición e a paixón do profesor Basilio Losada. Hai décadas que Simón vén dedicando o seu minucioso saber, o seu fondo compromiso e a súa inmensa paciencia á construción dunha ferramenta cultural tan ambiciosa como útil e moi didáctica. |
Revisión como estaba o 20 de xullo de 2023 ás 12:20
Índice
XPD nos medios
Publicacións
Diario Marín Historia y literatura / Literatura 2023/07/18 por Cristina Corral
Datos e datos comparados e arquivados coa férrea disciplina de Xulio Simón ao longo de toda unha vida “atusmando” entre as páxinas e os papeis da documentación, que dirían na zona de Lugo de onde é oriúndo Simón, algo que comezou en Cataluña e rematou co seu destino a Pontevedra.
E se en Cataluña foi onde se sementou tal aventura da man de Radio Cornellá, tamén foi alí onde se presentou oficialmente en decembro de 2021 a Xulipedia, grazas ao Concello de Cornellá que reuniu no Auditori de Sant Ildefóns a amig@s e colaboradores/as aos que Xulio lles falou de como coa súa obra tentou “relacionar as literaturas ibéricas: as amizades catalás de Álvaro Cunqueiro: Jordi Domènech, Francesc Parceriscas, Joan Perucho…, as traducións de poemas ao galego dende o catalán por Cunqueiro (Marta Pessarrodona, Tomás Garcés…), poemas de Carballo Calero ou Guerra da Cal en revistas portuguesas ou revistas catalás como “Camp de l’arpa” que fan referencia á literatura galega e así un longo etcétera”.
En Galicia, inda non tivemos a oportunidade de asistir á presentación de tan magnífico proxecto. Esperemos que chegue pronto o día.
lavozdegalicia.es/noticia/cultura/2023/06/30 por Xesús Alonso Montero
Hai moito tempo que coñezo a Xulio Simón Rúa, das terras luguesas próximas a Ribeira de Piquín, berce do grande e infortunado lingüista Aníbal Otero, dende que foi alumno meu, no Instituto de Lugo (curso 1971-1972). Simón foi mestre de ensino primario, durante moitos anos, en Barcelona, pero, devoto dos saberes filolóxicos, cursou na universidade Filoloxía Galaico-Portuguesa onde se atopou coa erudición e a paixón do profesor Basilio Losada. Hai décadas que Simón vén dedicando o seu minucioso saber, o seu fondo compromiso e a súa inmensa paciencia á construción dunha ferramenta cultural tan ambiciosa como útil e moi didáctica.
Desde hai anos ten á súa beira a Luis Losada Rodríguez, experto en informática, amigo e cómplice da inxente obra. Do que se trata é dunha páxina wiki que funciona igualiño que a Wikipedia e no mesmo formato. No esencial, a temática é a literatura galega moderna desde 1851 (nacemento de Curros Enríquez) ao 2004 (pasamento de Manuel María e Luísa Villalta). O usuario pode transitar do nome dun autor ou dunha das súas obras a un universo de noticias significativas (premios, referencias en epistolarios, comentarios en revistas e xornais, traducións, ilustradores...). A Xulipedia é especialmente valiosa nas noticias que relacionan as obras literarias galegas con autores cataláns. Non subestima o autor as relacións coas letras castelás de aquén e alén mar, non esquece os contactos cos escritores de Euskadi e ten moi presentes os nomes dos viaxeiros, filólogos e escritores portugueses. Asombran as consultas que fixo con lupa, á procura deste tipo de textos e noticias, en non poucas revistas galegas e foráneas e, sobre todo, de epistolarios ateigados de información ad hoc (Luís Seoane, Ramón Piñeiro... ata a breve correspondencia de Xela Arias co novelista brasileiro Jorge Amado). O autor, moi consciente de que as letras en idioma galego constitúen unha parcela da literatura universal, ofrece pistas para relacionar os nosos autores e os seus textos, cronoloxicamente, con feitos e personalidades literarias de moitas outras áreas lingüísticas non hispanas.
Radio Galega : Galicia por Diante Fin de Semana -Séculos de cultura galega recollidos na Xulipedia - 03/06/2023 - Isabel Pichel
Hai máis de 20 anos Xulio Simón Rúa comezou a anotar datos relacionados coa cultura e a literatura galegas. Aqueles apuntamentos medraron ata o punto de ocupar máis de 2.000 páxinas e varios séculos de historia. Agora este proxecto atopou un novo camiño en Internet en xulipedia.com.