Diferenzas entre revisións de «1931»

De Xulipedia
Saltar ata a navegación Saltar á procura
(File:Mail-client-Breeze-Icon.svgEpistolario)
(Nacementos/Pasamentos)
Liña 23: Liña 23:
 
||Lois Antón Pérez (Escudeiros, Ramirás; 2018).
 
||Lois Antón Pérez (Escudeiros, Ramirás; 2018).
  
 +
|-
 +
||Luz Fandiño (Marina Luz Fandiño Rodríguez); (Santiago de Compostela; ibídem 2024).
 
|-
 
|-
 
||Xohana Torres Fernández (Santiago de Compostela; 2017 Vigo).
 
||Xohana Torres Fernández (Santiago de Compostela; 2017 Vigo).

Revisión como estaba o 29 de abril de 2024 ás 17:05

Flag of Galicia (civil).svg Cultura galega

Nacementos/Pasamentos

Child in diaper icon Nacementos
Literatura
Antonio Alonso Fontán (Meder, Salvaterra de Miño; Ibídem 2023).
Avelino Abuín de Tembra (San Xoán de Laíño, Padrón; 2009 Santiago).
Camilo González Suárez-Llanos “Camilo Gonsar” (Sarria; 2008 Vigo).
Enrique Alvarellos Iglesias (A Coruña; 2004 Lugo).
Fernando Pérez-Barreiro Nolla (Ferrol; 2010 Lancaster, Inglaterra). Tradutor. Publicou Flores e leña, primeira antoloxía da narrativa china editada en galego. No 2011 o Centro Ramón Piñeiro publica Homenaxe a Fernando Pérez-Barreiro Nolla na colección Cadernos Ramón Piñeiro XIX
Lois Antón Pérez (Escudeiros, Ramirás; 2018).
Luz Fandiño (Marina Luz Fandiño Rodríguez); (Santiago de Compostela; ibídem 2024).
Xohana Torres Fernández (Santiago de Compostela; 2017 Vigo).
Xosé Fernández Ferreiro (Espartedo, Nogueira de Ramuín; 2015 A Coruña).
Xosé Luís Laredo Verdejo (A Coruña; 2016 Salamanca).
Xosé Teixeiro (A Coruña; 2006 Montreal).
Outros
O investigador biólogo, poeta e músico Xosé Luís Allué Andrade (Monforte de Lemos; 2020 Madrid).
O periodista e escritor Ángel Martínez Fernández de la Vega (Friol).
O pintor Alfonso Abelenda Escudero (A Coruña; ibídem 2019).
O pintor Xavier Pousa Carrera (Goián; 2000 Vigo).
O pintor e empresario Antonio Vicente Pérez del Oro (Vilagarcía de Arousa; 2008).
O xuíz Claudio Movilla Álvarez (Castro Caldelas; 1998 Santander).
O teólogo e historiador José García Oro (Lalín; 2019 Noia).
Andrés Picallo (Sillobre, Fene; ibídem 2022), dramaturgo e director teatral.
O escritor flamenco Bob de Nijs (Anveres). Fixo unha antoloxía de poetas galegos traducidos á súa lingua no 1974.
O artesán da madeira Paulino González Pereira (Moraña). ¿?
Skull.png
Pasamentos
Literatura
José María López (Vilaboa, Lugo; ibídem 1884
Valentín Villanueva Rivas (Santiago de Compostela; 1864 Saiar, Caldas de Reis).
Outros
O líder agrario Jacinto Crespo Figueras “Chinto Crespo” (Vigo; 1849 Lugo)
O gravador e acibecheiro Enrique Mayer Castro (Santiago; ibídem 1861

Publicacións

Galegas

  • Álvaro de las Casas : Xornadas de Bastián Albor (Ourense). No núm. 108 de “Nós” (15 de decembro de 1932), escribe Ricardo Carballo Calero no artigo “Balance e inventario da nosa literatura”: “As Xornadas de Bastián Albor proban unha vez máis que Álvaro das Casas é un dos nosos mellores prosistas” e Sulco e vento (poemas. Ourense). Hai unha 2ª edición no outono de 1936, feita en Portugal, na que desaparece un poema dedicado a Castelao e aparece outro dedicado a Heinz Haake, xefe das mocidades hitlerianas na cidade de Bremen. Tamén se suprimen cinco poemas patrióticos nos que preconiza a liberdade para Galicia.

No nº 286 de “A Nosa Terra” : “Nos roteiros da ezquerda galeguista”.

  • Amaro de Vilamelle: colabora en “A Nosa Terra” na sección Faíscas”.
  • Ánxel Fole : "Rojo" (romance no derradeiro número, o extraordinario do 1 de maio, de “Guión”, “Semanario de izquierdas”, antes denominado “Semanario republicano de política-cultura-información”.
    Cotarelo valledor.jpg
  • Armando Cotarelo : Cancionero de Payo Gómez Chariño (Madrid); Cancioneiro da agulla enxergado con doas do pobo (A Coruña) e Beiramar (teatro).
  • Blanco Amor: regresa a Argentina e publica Poema en catro tempos (Edic. do autor, Talleres Virs, Buenos Aires).
  • Carballo Calero : Vieiros (poesía); La soledad confusa. La fuerza pública en la Universidad de Santiago. Datos y documentos. Este mesmo ano remata os estudos de Dereito, converténdose nun dos primeiros avogados da República. No nº 286 de “A Nosa Terra”: “Piñeiral”.
  • Castelao publica o álbum Nós (50 debuxos feitos entre os anos 16-18. Gráficas Hauser y Menet. Madrid). “A centelha que despertou o meu entusiasmo pela terra galega e a minha simpatia pelas suas gentes” (Manuel Rodrigues Lapa) e Cincuenta homes por dez reás (Edit. Nós. A Coruña. “Grial” nº 24, páx. 253 e “Grial” nº 47, páx. 142). Reeditado en Buenos Aires co título de Cincuenta hombres por dos pesos. Emecé Editores 1940.
  • Fernán Cobas: “Fai falla un xornal” (“A Nosa Terra” núm. 287): “Fai falla un Comité que se encargue de ver a maneira de que en Galiza haxa pronto un xornal diario totalmente composto na nosa lingoa, pois ese seria o mellor espoñente do valor do noso idioma e dos seus direitos a que sexa recoñecido con capacidade bastante pra ser a nosa lingoa oficialmente nacional. […] As nazóns que están conquerindo a súa liberdade e que teñen lingoa propia teñen os seus boletíns diários que pregoan a importáncia da mesma. Galiza, inda non…”.
  • Florencio Delgado Gurriarán : “Folión de Sant Iago”, no nº 286 de “A Nosa Terra”. No nº 288 “Cantiga da vindima”. No nº 289 de “A Nosa Terra”: “O cabaleiro ourizo”. No nº 290 ¡Xuntanza!. No Heraldo de Galicia (16 de febreiro) publica un poema co título de " Carnaval" e o 17 de agosto "Ruada". Co pseudónimo de Korgomófilo : “Opinións sobre o galego”, poema no nº 285 de “A Nosa Terra” que aparece tamén no "Heraldo de Galicia" o 25 de maio.
  • Florentino López Cuevillas : “Pro porvir”, no nº 286 de “A Nosa Terra”: “A autonomía ten que servirnos pra arrincar a frouma parásita que encobre o noso verdadeiro rostro, ten que servirnos pra espertar o noso pensamento autóctono, ten que servirnos pra reanudar a nosa tradición cultural interrumpida”.
  • Francisco Franco Calvete estrea no Grove a obra O Señor Feudal ou ¿Quen matou o Meco? (reposta en 1948).
  • Magariños Negreira colabora en “A Nosa Terra”.
  • Manuel García Barros : Contiños da terra. No nº 281 de “A Nosa Terra”, o poema “Oración da media noite”.
  • Manuel Gulín: colabora en “A Nosa Terra”.
  • Manuel Lesteiro : “Perspeitivismo esprito e língua” (“Nós” núm. 90): “Un idioma está cheo d-istas “espresións-estados-de-esprito”. Un idioma é unha lente que recolle no seu foco todal-as impresións dun pobo, dunha nación, en col do panorama dos séculos. Lente a cuio través ise pobo seguirá contemprando a súa circunstancia, ô seu arredor, asegún o feixe de lus que isa lente dona”.
  • Manuel Lugrís Freire : “Abrente” (“A Nosa Terra” nº 286). No nº 289: “O momento de Galicia”. No 290 de “A Nosa Terra”: resumo da conferencia “O porvir dos partidos republicanos en Galicia” que pronunciou na Coruña.
  • Plácido R. Castro: colabora en “A Nosa Terra”. No nº 290: “Confianza no porvir”.
  • Ramón Cabanillas : “Romance da febre” no nº 288 de “A Nosa Terra”. En “Ollada encol da poesía lírica galega conemporánea” (“Nós”. núm 87), escribe Carballo Calero: “Hai no Cabanillas un satírico baril, con verba de treboada, un Xuvenal esasperado e bronco; a carón dun fondísimo lírico, cheo de emozón. Tamén pulsóu a corda narrativa, e nas sagas de “A noite estrelecida” deixóu unha proba máis do seu talento. Espido e fondo, forte e acedo, delgado ourífice, rexo loitador, o académico da Española é, certamente, o poeta da Raza, e a ningún dos tres grandes mestres do século XIX inferior como valor literario”.
  • Ramón Otero Pedrayo : "Romantismo, saudade, sentimento da raza e da terra en Pastor Díaz, Rosalía de Castro e Pondal" (discurso de ingreso na Real Academia Galega). En “A Nosa Terra” continúa colaborando coa sección “Esquemas e lembranzas”.

No nº 284: “O deber de se dar conta”.

No nº 286 “Nazonalismo e Federalismo”.

No nº 288 “Olladas sobr’o porvir”.

No nº 289: “No ditoso outono”.

No nº 290: “O de sempre”: “somentes quixera falar d’un punto demostrativo de cómo a Galiza sigue sendo tratada pol’o Poder Central, nos seus intreses máis vidales. Somentes chamarei a atención encol do capidoo dos portos. Adícanse grandes cantidás, arredor de vinte millós de pesetas dos que poderán invertirse quince iste mesmo ano. Non procuredes na lista un porto galego. Nin pequeño nin grande”.

  • Salvador Cabeza de León : "O conde de Monterrei e a Universidá de Santiago". “Encol do galeguismo”, no nº 286 de “A Nosa Terra”.
  • Valentín Paz Andrade : “O nemigo”, no nº 289 de “A Nosa Terra”. No 290: “O senso creacional da autonomía”.
  • Vicente Risco : “A ideología do nacionalismo exposto en esquema”, no nº 281 de “A Nosa Terra”. “O nacionalismo é fundamentalmente unha reacción vital que s’ergue en contra das forzas destrutoras da nacionalidade, sexan estas interiores ou exteriores, propias ou alleas. Esta reacción, semellante âs que se producen nos enfermos d’unha doenza grave, e que ajudadas pol-os médicos, son as qu’os salvan da morte, prodúcese tamén principalmente nos pobos gravemente ameazados de morte, ben por abandono de si mesmos, ben pol-a opresión allea, ben pol-as duas cousas. Veleiquí o caso de Galiza. O nazonalismo é o esforzo d’afirmación vital d’un pobo que non quere morrer”.

No nº 283: “O programa do Nazonalismo”.

No 284: “Cumprindo co noso deber”: “O esforzo todo dos nazonalistas galegos n-iste instante, débese endereitar e enderéitase a poñer en primeiro plano o problema da autonomía, a convencer a todos da prioridade e da urgencia d’iste problema”.

  • Víctor Casas : colabora en “A Nosa Terra”. No nº 282 escribe: “Por eso eu proclamo, cada día máis convencido porque así o demostran os feitos, a necesidade de incorporar o nacionalismo galego ao republicanismo que nos ofrece a seguridade de abranguer o réxime autonómico que necesitamos para despois ourentar a Galicia en senso ampriamente nacionalista”. No 284: “Do momento”: “Unha das cousas mais indignantes que se observan andando hoxe pol-os pobos da nosa terra é ollar como os partidos políticos que existían antes existen aínda agora anque con outros nomes”.
  • Xosé Rodríguez Seoane (1839 Pontevedra; 1860 Madrid): publícase un poema seu titulado “”Lembranzas da terriña” datado en 1859.
  • No nº 279 de “ A Nosa Terra ” (1 de xaneiro) di: “Cando nos dispoñemos a escribir este número pesa riba de nós a nova censura. Pouco respiro tivemos” e no medio do boletín consta: “Este número foi visado pol-a censura militar”.

No nº 281; “Unha Galicia enteiramente galega non tería por que recibir no seu corpo e na súa alma as consecuencias d’unha política infame e allea, indiferente âs necesidades e arelas da nosa terra”.

No nº 282 (1 de abril): “Outra vegada a censura volta a nos deixar tranquios pol-o menos unha temporada”.

No nº 283 (1 de maio): Pol-o pronto temos conquerido xa co’a imprantación da Repúbrica a desaparición do caciquismo que amparado pol-o réxime monárquico imperaba na nosa terra. Desapareceron Bugallal, García Prieto, Riestra, Viguri, Calvo Sotelo, Cierva e demais caciques grandes e pequenos que imposibilitaban en ausoluto a marcha de Galicia por vieiros de libertade”. No mesmo número aparece o artigo “O nacionalismo galego e o momento autual. Decraración de fe repubricana dos nazonalistas galegos”.

No 284: “Compre ademáis que os diputados que en nome de Galicia vaian âs Cortes Constituintes o fagan dispostos a defender o noso Estatuto contra calqueira continxencia que poidera xurdir. Quen así non o manifeste previamente non pode considerarse diputado galego”. Neste número comeza a publicarse “A idea de Nazonalidade” de E. Prat de la Riba, en tradución de X. A. R. Tenreiro.

No número 287 de “A Nosa Terra” figura “O Estatuto Galego”. Tamén figura “Un bando en galego”: “Por ser o primeiro documento d’este caraiter que se escribe en galego damos á pubricidade o bando que o alcalde da Cruña pubricou o Día de Galicia. Cobizamos que o exempro cunda en toda Galicia sin necesidade de agardar a que o bilingüismo sexa decretado oficialmente”. O bando aparece asinado por Xoán González Rodríguez, alcalde accidental.

No nº 289: “Estatuto Galego. Ponencia presentada por la Comisión parlamentaria elegida por los Diputados de las cuatro provincias gallegas”.

Relativas a Galicia

  • O 6 de outubro sae en Lugo o xornal vespertino “Vanguardia Gallega”, subtitulado “Diario de la República”, fundado polos irmáns Juan Antonio e Evaristo Correa Calderón (28/05/1933).
  • En Buenos Aires, a “Sociedad Hijos del Partido de Carballiño” publica a revista “Arenteiro”.
  • En La Habana sae no mes de xullo o único número da revista “Fragancias”, en castelán, pertencente á Asociación de Hijas de Galicia. Estaba dirixida por Eduardo P. Marzoa.
  • A revista lisboeta “Descobrimento”, dirixida por João de Castro Osório publica en sete números (1931-1932) unha antoloxía de poesía galega.
  • O 10 de xuño sae en Viveiro “Landro”, subtitulado “Periódico independiente”.
  • En xaneiro, creado por Antón Iglesias Vilarelle e Xesús Ferro Couselo , sae en Pontevedra o primeiro número de “Logos”, revista monolingüe en galego, na que aparecían os subtítulos “Revista de cultura relixiosa” e “Boletín católico mensual”. No nº 10, publícase o texto “Afirmación católica d’un grupo de nacionalistas”, asinado entre outros por Vicente Risco, Otero Pedrayo, Cabanillas e Pedret Casado (Chegará ao nº 49 en marzo-abril de 1936).
  • En Vilalba sae á rúa o periódico “Luz”. No primeiro número publícase o poema “Pros mozos” de Noriega Varela.
  • En xuño aparece no Ferrol a publicación infantil “Nueva infancia”, dirixida por Pedro Guimarey Filgueiras.
  • O 8 de novembro aparece en Redondela o semanario satírico “El soplete”, dirixido por Amador Pérez Sousa (9-04-1933).
  • A escritora arxentina Victoria Ocampo funda a revista “Sur” na que colaborarán Maruja Mallo, Rafael Dieste, Lorenzo Varela, Luís Seoane, así coma o escritor arxentino criado en Galicia Francisco Luís Bernárdez.
  • Aparece “Galicia Nueva”, “Semanario Popular de la colectividad gallega en el Uruguay”.
    Alma gallega.jpg
  • Aparece en Santiago “Galicia Federal”, revista órgano do “Partido Republicano Federal de Izquierda Gallega” (1932).
  • Edítase en Madrid “Alma Gallega”, subtitulada “Revista quincenal ilustrada”, dirixida por R. Franco Montero.
  • Sae o derradeiro número de “La Temporada en Mondariz”, que se imprimía no establecemento balneario.
  • Alberto Insúa: El amor en dos tiempos.
  • Ángel Lázaro Machado: El molino que no muele (Madrid).
  • Eloy Luis André: Galleguismo. Lucha por la personalidad nacional y la cultura (Madrid).
  • Herminia Fariña: Bajo el cielo porteño (Buenos Aires).
  • José Trapero Pardo: La venganza de Salgado (Lugo).
  • Juan López Soler: Los hórreos gallegos (Madrid).
  • Luciano Taxonera y Vivanco: La revolución del 54.
  • Manuel Fuentes Jorge: Salomé de Sar (Santiago).
  • Manuel Linares Rivas: ¡Déjate querer, hombre! e Todo Madrid lo sabía....
  • Marino López Blanco: Ensayo sobre el mimetismo político.
  • Ramón Fernández Mato: Títeres del corazón (poesía).
  • Ramón Sobrino Buhigas: Petroglifos o insculturas rupestres de Pontevedra (Vigo).
  • Santiago Montero Díaz: Galicia en el Padre Feijoo (Madrid) e Los separatismos (Valencia).

Acontecementos

  • Ánxel Casal establécese en Compostela, instalando a súa editorial primeiro no nº 20 da rúa Hortas e máis tarde no nº 15 da rúa do Villar.
  • Rafael Dieste candidato a Cortes pola Federación Republicana Gallega.
    Ánxel Casal Gosenxe
  • Xosé María Álvarez Blázquez comeza os estudos de maxisterio en Pontevedra.
  • En Santiago, abre as súas portas a Librería Editorial Niké, fundada e dirixida por Arturo Cuadrado, coa axuda do xornalista e avogado pontevedrés Xohán Xesús González. Segundo Arturo Cuadrado: “...cada cual cogía el libro que quería y dejaba en un cepillo en la puerta lo que quería, o en muchos casos lo que podía, porque esta librería lo que pretendía era difundir cultura...”.
  • Estréase en Madrid Divinas Palabras de Valle Inclán con decorados e traxes deseñados por Castelao.
  • Avelino Pousa asiste a un mitin no Teatro Principal de Santiago, con Álvaro de las Casas, Antón Vilar Ponte, Valentín Paz-Andrade e Castelao como oradores, quedando fondamente impresionado por Castelao.
  • Blanco Amor regresa a Argentina.
  • Eduardo Dieste regresa a España, onde desempeña funcións de cónsul.
  • Valentín Paz-Andrade tirotado na rúa do Príncipe en Vigo por dous pistoleiros anarquistas, cando paseaba con Ramiro Isla Couto. Estaba mediando na folga que os mariñeiros mantiñan contra os armadores e recibiu cinco balazos. Unha das balas levouna ata a súa morte por ser perigosa a súa extracción.
  • Lois Peña Novo pronuncia en outubro unha conferencia en Barcelona sobre o tema “Galicia ante o probrema da súa autonomía”. Foi presentado por Suárez Delgado, presidente do “Centro Cultural Galego”.
  • Colmeiro expón na sala Maragall de Barcelona.
  • Otero Pedrayo e Risco fundan con algúns compañeiros do grupo galeguista de Ourense o “Partido Nazonalista Repubricán”.
  • Nunha asemblea en Pontevedra, dos grupos nacionalistas, xorde o Partido Galeguista.
  • Na “Asamblea Regional del PSOE” celebrada en Monforte o 17 de outubro, trunfa a ponencia combatida por Xaime Quintanilla, segundo a cal, o partido negaba o apoio á causa autonomista.
  • Xoán Xesús González Formoso funda o partido “Unión Socialista Gallega”, constituída por disidentes do PSOE, simpatizantes do galeguismo e favorables á autonomía.
  • Nas eleccións ás Cortes Constituíntes, celebradas o 28 de xuño: Castelao (Pontevedra) Antón Villar Ponte e Ramón Suárez Picallo (A Coruña) Otero Pedrayo (Ourense) e Luís Peña Novo (Lugo), saen elixidos deputados. Risco non conseguiría a súa acta.
  • O 8 de maio constitúese, como sección da O.R.G.A. a Organización Republicana Lucense, presidida por Luís Pimentel e con Fole como vocal.
  • Basilio Álvarez deputado radical nas Cortes Constituíntes da Segunda República.
  • Ramón Cabanillas candidato para as eleccións á Asamblea Constituínte.
  • O Seminario de Estudos Galegos elabora un “Anteproyeito de Estatuto da Galiza”. Entre os seus autores estaban Valentín Paz-Andrade, Alexandre Bóveda, Vicente Risco, Lois Tobío e Ricardo Carballo Calero.
  • Auto de procesamento en Ourense contra Blanco Torres por un artigo inxurioso para a monarquía. En marzo encárgase da dirección do semanario “La República” (Ourense). A finais de ano, Casares Quiroga noméao gobernador civil de Palencia.
  • Antón Alonso Ríos e Ramón Suárez Picallo viaxan a Galicia para interviren en política, enviados pola Federación de Sociedades Gallegas.
  • Ramón Suárez Picallo ingresa no Partido Galeguista. “No seu primeiro discurso como deputado nas Cortes Constituíntes da República, Ramón Suárez Picallo, sorprendeu tanto a don José Ortega y Gasset (alquitareiro da palabra) que, dirixíndose ao parlamentario que tiña ao seu carón, preguntou: ¿Quién es esa voz pegada a un hombre?”. (Xesús Alonso Montero “La Voz de Galicia 4/02/2006).
  • Establécese o Patronato de “Misiones Pedagógicas” para suprimir o abismo cultural que existía entre as cidades e o mundo rural.
  • En setembro ten lugar o discurso de Unamuno no Congreso sobre o castelán como idioma oficial da República. O texto taquigráfico, publicado no diario “El Sol” de Madrid recolle: “[...] Pero por una porción de razones vinimos a convenir en la redacción que últimamente se dio a la enmienda, y que es ésta: “El español es el idioma oficial de la República. Todo ciudadano español tiene el deber de saberlo y el derecho de hablarlo. En cada región se podrá declarar cooficial la lengua de la mayoría de sus habitantes. A nadie se podrá imponer, sin embargo, el uso de ninguna lengua regional.”[...]

“Rosalía decía aquello de:

Castellanos de Castilla, / tratade ben os gallegos; / cando van, van como rosas; / cando veñ, como negros.

¿Es que les trataban mal? No. Eran ellos los que se trataban mal, para ahorrar los cuartos y luego gastarlos alegre y rumbosamente en su tierra, porque no hay nada más rumboso, ni menos avaro, ni más alegre, que un aldeano gallego. Todas esas morriñas de la gaita son cosas de los poetas”.

  • No debate parlamentario do día 22 de outubro trátase o tema do ensino lingüístico en España. Unamuno encabeza unha emenda asinada entre outros polos galegos Roberto Nóvoa Santos e Emilio González López que di así: “Es obligatorio el estudio de la lengua castellana, que deberá emplearse como instrumento de enseñanaza en todos los centros de España. Las regiones autónomas podrán, sin embargo, organizar enseñanzas en sus lenguas respectivas. Pero en este caso el Estado mantendrá también en dichas regiones las instituciones de enseñanza en todos los grados en el idioma oficial de la República”.
  • Louvanza e defensa da lingua galega, por Castelao, como deputado galeguista nas Cortes Constituíntes. “Se hai un deputado sinceiro na Cámara, é Alfonso Rodríguez Castelao.[...] Sabería estar no cárcere, como Ghandi; sabería morrer, coma o alcalde irlandés. Quere para o seu ataúde taboas do arrecendente piñeiro que, nas montañas de Galicia, repite a mesma canción do mar... Cando Castelao rematou, a Cámara sonou en longos aplausos unánimes...”. (W. Fernandez Flórez en Acotaciones de un oyente Madrid).
  • Cunqueiro faise membro do Partido Galeguista. Imparte clases de francés en Mondoñedo.
  • No libro Para ler a Vicente Risco (Galaxia, 1997, páx. 72), escribe Carlos Casares: “A política relixiosa seguida polos partidos republicanos de esquerdas durante o período constitucional esperta pronto as inquietudes de moitos católicos, que se senten feridos nos seus sentimentos máis íntimos. En novembro de 1931, un grupo de nacionalistas galegos encabezados por Vicente Risco, entre os que se encontran tamén Ramón Otero Pedrayo, Ramón Cabanillas, Xosé Filgueira Valverde e Paulino Pedret Casado, fan público un importante texto de afirmación católica que será fundamental para entender a evolución posterior dos feitos, e que di así”:(…) Na loita que se está rifando no curazón mesmo da vella Cristiandade, antre a conceición católica do mundo e da sociedade, e a conceición laica e materialista, Galiza, ponla outrora frolida do tronco céltigo, e filla da Eirexa, ten que coller por forza o posto que lle corresponde. E nono pode desertar cando hoxe é a nosa Penínsua un dos máis aitivos frente de combate. A Galiza católica i enxebre ergueráse contra o esprito antirrelixioso e intolerante que ven atentar ás nosas tradizóns nunha forma nova. E ten que ter en conta que endexamáis ten pesado tanto riba de nós o centralismo hespañol como ha pesar cando, en troques de unha autonomía cativa, nos veña impór, por meio do laicismo, a escravitude da conciencia”.
  • Colmeiro: “Mulleres a cabalo”.
  • Cuarta viaxe de Hemingway a Galicia.
  • Casares Quiroga nomeado ministro da gobernación.
  • José Calvo Sotelo trasládase a Lisboa e logo a París onde residirá ata 1934.
  • A UGT galega conta con 21.748 afiliados.

Premios

Mail-client-Breeze-Icon.svgEpistolario

Unamuno, en carta a Manuel García Blanco: “No sé que decir de la evolución del gallego, que a penas si ha tenido vida propia, y menos literaria, aparte del portugués. Lo del cancionero son un balbuceo. No conozco gramática histórica gallega. .. Por lo que hace a la del gallego pregúntele en el Centro de Estudios a García de Diego –lo más serio en ligüística que hay allí- que es autoridad y está libre de las fantasmagorías de los celtistas de la irmandade da fala y de otros por el estilo”.

O 28 de abril, escribíalle unha longa carta Cunqueiro a Fernández del Riego: “Ontes tivemos eiquí unha reunión i en ela acordamos a pubricación dun semanario nazonalista de esquerdas, tidoado Acción Galega... acordamos tamén que todos-los participantes nos sumemos con unhas accións de quince pesetas...”. Del Riego contribuiu como se lle pedía pero o proxecto non chegou a realizarse.

O 9 de agosto Otero Pedrayo escribe a Florencio Delgado Gurriarán dende Madrid: [...] Temos que falar de moitísimas cousas. Axiña se fará o plebiscito dos concellos pro Estatuto e cumpre loitar ben pra lograre sinón a todos polo menos os mais e millores. Teño unha grande arela de falar en Valdeorras aínda que Vde sepa que eu non procuro o espeitáculo. Considéroo agora un deber. E cumprireino n'iste mes, sinón no primeiro viaxe á casa que será un lóstrego de dous días, máis adiante, a mediados, aproveitando ús días de folgo d'istas cortes preguizosas e aburridas... (Sara Pérez Peral: Florencio Delgado Gurriarán. Sempre desexando Galicia La Voz de Galicia 2022).

A comezos de xuño, Castelao escribe a Sánchez Cantón: [...] "Recibín da casa Hauser y Menet un talón para recoller 150 exemplares que deben estar xa na estación. Di que se lle avise a maneira de remitir o resto da edición [...] Non che digo canto e canto che quedo obrigado pol-o amor con que coidaches a edición do album, que era o meu fillo. Gracias a ti saiu unha obra que sobrepasou as miñas intencións, os meus soños [...]. (Obras. Castelao. Vol. VI. Galaxia. 2000).


Sumarios

Nós. Boletín Mensual da Cultura Galega.


Nº 85 (xaneiro):

Ao encomenzal-a nova xeira. F. Bouza Brey: No anal de Manuel Antonio. R. Otero Pedrayo: (Do século XIX). O Fidalgo. Cláudio Basto: (Nótula etnográfica) Espanta-Pássaros. Armando Cotarelo Valledor: Cancioeiro da agulla. Os homes, osfeitos, as verbas.


Nº 86 (febreiro)

Celestino García Romero: Inno alla Galizia (trad. de Guido Batelli). A historia d’El-Rei Breogán e dos fillos de Mil asegún o Leabhar Gabhala. Xosé Mª Cabada Vázquez: San Francisco pregando ôs paxariños (do poema en catalán “San Francesch” de Mosén X. Verdaguer).Vicente Risco: Da Alemaña (II O Rhin). Os homes, os feitos, as verbas.


Nº 87 (marzo).

Aquilino Iglesia Alvariño: No bèrce negro da noite. Antón Fraguas Fraguas: O culto ós mortos (Conferencia pronunicada no Ateneo de Vigo). Álvaro de las Casas: Dente d’ouro. Ricardo Carballo Calero: Ollada encol da Poesía Lírica Galega Contemporánea.


Nº 88 (abril).

Ramón Cabanillas: Xoquín. Alfonso Vázquez Martínez: O voto do Concello de Arbo na Festa de San Roque. Leabhar Gabhála: Libro das conquistas d’Irlanda. Vicente Risco: Da Alemaña (II O Rhin).


Nº 89 (maio).

F. Bouza Brey: O escordeonista. Magariños Negreira: Jorge Borrow no Val da Mahía. Manoel García Paz: O abade Mouriño. Vicente Risco: Da Alemaña.(III Berlín). Arquivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza: Urbano Santana: Resume xeneral de folk-lore de Sandiás. Os homes, os feitos, as verbas.


Nº 90 (xuño)

Ramón Cabanillas: O relembro do clan. Manuel Lesteiro: Perspeitivismo, esprito e lingua. Ramón Otero Pedrayo: A sirena. Arquivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza: Literatura popular da parroquia de Paradela, concello da Estrada, na Terra da Ulla. Resume xeneral de folk-lore de Sandiás por Urbano Santana. Os homes, os feitos, as verbas.


Nº 91 (Día de Galicia)

Xesús Bal: Estatua. Bouza-Brey: Cántiga cívica. Ramón Cabanillas: Romances da Frebe. Cabada Vázquez: No día de Galicia. R. Carballo Calero: Epitalamio. Alfonso Castro Dono: Vai agonizar o día. Álvaro de las Casas: Salaio. X. Mª Castroviejo y Blanco Cicerón: Noroeste. Johán Carballeira: Mariñeira do vento. A. Díaz de Herrera: Cantarela d’ amor. X. Mª de la Fuente Bermúdez: Cantigas da noite. Marqués de Figueroa: Igrexafeita. A. Gómez Ledo: Invocazón. Francisca Herrera Garrido: A Nosa Nai Galiza. Aquilino Iglesia Alvariño: In Angore Gaudium. Gonzalo López Abente: Solpor. Johán Vidal Martínez: Nouturnio. Xerardo Álvarez Limeses: ¡Chove!. Antón Zapata García: Traiñeiros de Laxe.


Nº 92 (agosto).

Xosé Manuel Cabada Vázquez: ¡Montañesa!. Xosé Filgueira Valverde: Sobra es cántigas de Martín Codax. Xerardo Álvarez Gallego: Afirmación patriótica (Discurso pronunciado o “Día de Galicia” en Vilagarcía d’Arousa). Leabhar Gabhála: Libro das Conquistas d’Irlanda. Vicente Risco: Da Alemaña (III Berlín).


Nº 93 (setembro)

Emilio Pita: Romance. Álvaro de las Casas: Unha carta inédita de Xosé de Figueiredo. Avelino Gómez Ledo: La leggenda di Carlo Magno (trad. de Guido Battelli). J. Luís Santaló y R. de Viguri: Unha poesía inédita de don Xosé Rodríguez Seoane. Arquivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza: Folklore de San Andrés de Somoza, Concello da Estrada, en Terra de Tabeirós. Resume xeneral de folkl-ore de Sandiás por Urbano Santana. Miscelánea. Os homes, os feitos, as verbas.


Nº 94 (outubro).

Cabada Vázquez: Ciumes e namorouzos. Xesús Carro García: A imaxen pétrea do Apóstol Sant-Iago. Armando Cotarelo Valledor: Mourenza (lance dramático). Xurxo Lourenzo Fernández: A cristiaización do castro de Monterrei. Arquivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza: Pra un canzoneiro de Noia por Álvaro de las Casas. Miscelánea. Os homes, os feitos, as verbas.


Nº 95 (novembro).

Francisco Villaespesa: Galizia (trad. de Guido Battelli). Lois Tobío Fernández: Refreisións encol do momento aitual de Galicia. Bouza-Brey: Nomes galegos da “dixitalis purpúrea”. Leabhar Gabhála, libro das conquistas d’ Irlanda (remate). Arquivo Filolóxico e Etnográfico de Galicia. Pra un canzoneiro de Noia por Álvaro de las Casas. Os homes, os feitos, as verbas.


Nº 96 (decembro).

R. Carballo Calero: Santa Cecilia da soidade (poesía). Antón Fraguas Fraguas: Do folk-lore de Armeses-Listanco. X. Magariños Negreira: Sono e indiferencia das vilas. Vicente Risco: Da Alemaña. Arquivo Filolóxico e Etnográfico de Galicia: Novas cántigas e triadas da parroquia de Paradela, na Terra da Ulla. Nos suplementos de Nós, números 30 e 31 (maio e xuño), publícase a “Conferencia pronunciada en Santiago pol-a Señorita María Pura Lorenzana”: “É a fala galega a mais veneranda reliquia da nosa patria, o deixar de falala, menospreciandoa, avergoñándose de poseela é atentar â i-alma galega e ferila na fonte mesma da sua vida, porque a língua d’un pobo é por eisí decilo a i-alma mesma d’iste pobo feita visibre e plástica […] Si ser patria, si ser nazón é ter unha língua, unhas costumes, un senso da arte, un esprito, caraiter, pensamento nazonaes, a escelenza na nazón galega ou da patrea galega é un feito natural […] Sendo Galiza unha nazón nós debemos chamarnos nazonalistas galegos, xa que a verba rexionalismo non recolle todal-as aspirazóns nin encerra toda a intensidade dos nosos problemas”.

Flag CPLP.gif Cataluña Flag of Spain Outras culturas

Nobel


PREMIO NOBEL DE LITERATURA: Erik Axel Karlfeldt

Flag CPLP.gif CPLP - Comunidade dos Países de Lingua Portuguesa


Nacen





Morren:

  • Henrique Lopes de Mendonça (1856 Lisboa).




Na revista “Descobrimento”, dirixida en Lisboa polo poeta João de Castro Osório, Bernardo Soares deu á luz fragmentos do Libro do desassossego.

No nº 30 (xaneiro-febreiro) da revista Presença de Coimbra dáse conta dun artigo asinado polo lusista francés Pierre Hourcade titulado “Defensa e ilustração da poesia portuguesa viva” que é unha airada resposta a Ernesto Giménez Caballero e á súa publicación “Gaceta Literaria”: “Não hesitemos em afirmar de princípio que a poesia portuguesa nunca foi uma variante da espanhola, que a Ibéria é um mito e que a “Gaceta Literaria”, por melhor boa vontade que tenha, nunca foi e nunca será o orgão do modernismo lusitano”. (En Sobre el iberismo y otros escritos de literatura portuguesa de César Antonio Molina. Edit. Akal. Madrid 1990 Páx. 96).


António Pedro da Costa: Máquina de vidro (poesía).


António Sardinha: O Roubo da Europa.


Aquilino Ribeiro: Batalha sem Fim.


Branquinho da Fonseca: Zonas (conto).


Fernando Pessoa publica en “Presença” a tradución do Hymne à Pan de Aleister Crowley. Nunha carta a João Gaspar Simões sobre a ficción literaria, manifesta o seu desacordo coas teorías de Freud. Pessoa rompe a súa relacción con Ophélia Queiroz.


Florbela Espanca: As máscaras do destino.


Francisco Bugalho: Margens (poesía).


João Gaspar Simões: O mistério da poesia.


Jorge Amado (Brasil): O país do carnaval.


José Osório de Oliveira: Geografia literária.


Ramada Curto: O diabo em casa.


Raul Brandâo: O pobre de pedir.


Sant’Anna Dionísio: Pensamento invertebrado.


Soeiro Pereira Gomes regresa de África instalándose en Alhandra.








Cataluña


Nacen:

Morren:

  • Santiago Rusiñol (Aranjuez; 1861 Barcelona).


Francesc Trabal: Quo vadis, Sànchez?

Joan Coromines: Vocabulario aranés.


Josep Maria de Sagarra: L´ hostal de la Glòria (teatro) e Poema de Nadal .


Josep Pla: Vint-i-cinc anys de política catalanista e Madrid (L’adveniment de la República).


Llorenç Riber: A sol alt.


Llorenç Villalonga: Mort de dama.


Marià Manent i Cisa: L’ombra i altres poemes.


Miquel Llor: Laura a la ciutat dels sants (Premio Crexells).


Pau Vila i Dinarès: Divisió territorial de Catalunya.


Salvador Espriu: El doctor Rip.


Sebastià Juan Arbó: L´inútil combat.


Tomàs Garcés: Paradís (poesía).


Ventura Gassol: Mirra.

Flag of Spain

Nacen:




Morren:


  • Gonzalo Cantó Villaplana (Madrid; 1859 Alcoi).





Ernestina Champourcín: La voz en el viento.


García Lorca: Poema del cante jondo; Retablillo de don Cristóbal e El amor de don Perlimplín con Belisa en su jardín.


Juan Antonio de Zunzunegui: Chiripi.


Julio Senador Gómez Maestro: El impuesto y los pobres (Valencia).


Luis Cernuda: Los placeres prohibidos.


Manuel Altolaguirre: Soledades juntas.


Max Aub: El desconfiado prodigioso.


Miguel Asín Palacios: El Islam cristianizado.


Wenceslao Fernández Flórez: El malvado Carabel.








Máis culturas:


Nacen:




Morren:.

  • Arthur Schnitzler (1862 Austria).
  • Kalil Gibrán (New York; 1883 Líbano).


Arturo Uslar Pietri: Las lanzas coloradas.

César Vallejo: Tungsteno.


Emilio Ballagas: Júbilo y fuga (poesía).


Francisco Luis Urquijo: Tropa vieja.


Gregorio López y Fuentes: Campamento.


Huidobro: Viaje en paracaídas e Altazor.


Nellie Campobello: Cartucho.


Manuel José Arce y Valladares: Romances de la barriada.


Nicolás Guillén: Sóngoro-cosongo (poesía).


Rafael Felipe Muñoz: ¡Vámonos con Pancho Villa!.


Roberto Arlt: Los lanzallamas.



Antoine de Saint-Exupéry: Vol de nuit.


Attila József: Derruba o capitalismo, non chorimiquees.


Ba-Jin: A familia.


Edmund Wilson: Axel’s Castle.


Ferdinand Bordewijk: Bloques (narrativa).


Georgios Seferis: Strofi.


Hermann Broch: Os sonámbulos (1931-1932) (narrativa).


Howard Phillips Lovecraft: At the Mountains of Madness.


Jean Rhys: After leaving Mr Kackenzie.


Pierre Drieu La Rochelle: Le feu follet (narrativa).


Waldo Frank: América hispana.


William Faulkner: Santuario.


Wirginia Woolf: The Waves (traducida ao galego no 2004 As ondas).


Tamén sucedeu...

  • Nace o arquitecto italiano Aldo Rossi (1997).
    Proclamación da 2ª República
  • CINE: Fritz Lang: M., o vampiro de Düsseldorff.
  • Dimite Berenguer e Aznar encabeza o novo goberno.
  • Proclamación da 2ª República en España, 1931-1936. Alfonso XIII renuncia ao trono.
  • Niceto Alcalá Zamora, presidente do Goberno provisional. (abril- outubro de 1931). Miguel Maura, ministro de Gobernación. Os dous dimiten alegando un excesivo laicismo do Estado.
  • Segundo Goberno Provisional. Azaña, comparte Presidencia con Guerra; primeiro civil na historia de España en ocupar o ministerio da Guerra, inicia a reforma do exército. Causa gran malestar a supresión dos capitáns xerais e o peche da Academia militar de Zaragoza dirixida polo xeneral Francisco Franco e sede dos militares africanistas, os máis conservadores e antirrepublicanos.
  • Francesc Maciá proclama a república catalana dentro da Federación de Repúblicas Ibéricas.
  • Eleccións xerais a Cortes Constituíntes (28 de xuño). O conxunto das forzas republicanas de esquerdas galegas acadaron 27 deputados (15 da ORGA e FRG, dous galeguistas, dous radical-socialistas e 8 do PSOE) fronte a 14 centristas (maiormente do Partido Radical) e 6 das dereitas entre elas o monárquico José Calvo Sotelo.
  • Aprobación do sufraxio feminino (1 de outubro).
  • Créanse os “Archivos Históricos Provinciales”.
  • Dimisión de Alcalá Zamora e Miguel Maura (ministro de Gobernación) a raíz da aprobación polas Cortes do artigo 26 da Constitución que priva á Igrexa dos seus tradicionais privilexios (14 de outubro). A intención do goberno da República de establecer a separación de Igrexa e Estado e a liberdade de cultos e o decreto do 6 de maio que anula a obrigatoriedade do ensino relixioso motiva a pastoral do cardenal Pedro Segura na que prevén aos católicos da hostilidade do novo réxime cara os seus sentimentos relixiosos. A equiparación do actual goberno cun intento comunista de rematar pola forza coa legalidade indigna a opinión pública republicana. Moitos españois lánzanse á rúa e quéimanse moitos edificios relixiosos.
  • Créase o “Patronato de Misiones Pedagógicas”.
  • O 4 de xullo comeza en Madrid unha folga de obreiros e empregados de Telefónica. A intervención armada do Goberno provisional contra os folguistas en Sevilla provoca 30 mortos.
  • Manuel Azaña, presidente de Goberno (14 de outubro a 16 de decembro).
  • As Cortes aproban a nova Constitución (9 de decembro). É a máis progresista da historia de España e pode equipararse á dos países de máis antiga tradición parlamentar. Recolle os dereitos dos pobos de España a acceder á autonomía e a empregar as respectivas linguas na educación, coa obrigatoriedade de garantir o estudo do castelán.
  • Alcalá Zamora, nomeado primeiro presidente do segundo goberno republicano. Nomea a Manuel Azaña, presidente de Goberno, dando comezo o bienio reformista.
  • Conflitos sociais en varios lugares de España. En Castilblanco (Badajoz), enfrontamentos entre campesiños e Garda Civil (31 de decembro) rematan co linchamento de catro gardas.
  • Os xaponeses ocupan Manchuria.
  • Irak independízase do Imperio Británico.
  • Alphonse Capone ingresa no cárcere por fraude fiscal.
  • Créase a Commonwealth.
  • Inaugúrase en New York o Empire State.
  • Morren:

- A soprano Ofelia Nieto. (Madrid; 1898 Algete, Madrid).

- O director de cine F. W. Murnau (1889).