1921

De Xulipedia
Revisión feita o 28 de xaneiro de 2021 ás 21:17 por Xulio (Conversa | contribucións) (25px|Flag CPLP.gif 25px|Cataluña 25px|Flag of Spain Outras culturas)
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Flag of Galicia (civil).svg Cultura galega

Nacementos/Pasamentos

Child in diaper icon Nacementos
Literatura
Abelardo Santorum Alonso (Buenos Aires; 1975 Ourense).
Antón Tovar Bobillo (Pereira, Rairiz de Veiga; 2004 Ourense)
Carlos Antonio Areán González (Vigo)
Emilia Estévez Villaverde (Ponteareas; 2000).
Faustino Rey Romero (Isorna, Rianxo; 1971 Buenos Aires).
Xosé Isorna Ferreirós (Cordeiro, Valga; 2016 Santiago).
Outros
A novelista María del Pilar Carré Sánchez (A Coruña).
O ensaísta, poeta e xornalista Celso Collazo Lema (Vimianzo; 2014 Guadalix de la Sierra).
O farmacéutico e químico Serafín García Fernández (Vilachá, Becerreá).
A pintora Eva Lloréns (A Coruña; 2004).
O escultor Luís Ferreiro Peinó (Lugo; 2004).
O artesán da gaita Xosé Manuel Seivane (Fonmiñá, A Pastoriza; 2012 Culleredo).
Skull.png
Pasamentos
Literatura
Francisco Tettamancy y Gastón (A Coruña; ibídem 1854).
Robustiano Faginas (A Coruña; ¿?).
Outros
Amara, filla de Rosalía e Murguía (1873).
O pintor Francisco Pradilla (Madrid; 1848 Villanueva del Gállego, Zaragoza).
O pintor Manuel Ángel Álvarez (1855 A Guarda).
O médico, escritor e xornalista José Rodríguez Martínez (A Coruña; ibídem 1856).

Publicacións

Galegas

  • Alfredo Pedro Guisado: Xente d´a aldea (Dedicado a Castelao, quen fai un debuxo na portada).
  • Antón Villar Ponte : “Lembranza d’amore” poema en “A Nosa Terra” nº 135. No nº 143 “Discurso do irmán Villar Ponte. Da velada homenaxe a Francisco Tettmáncy”.
  • Blanco Amor : en “Acción Gallega”: “Castelao y su obra”.
  • Manuel Antonio : “Eu agardo”, poema en “A Nosa Terra” nº 134 do 15 de febreiro.

No nº 138 ¡Hosanna! No 140 “Unha d’as liridades d’o serán”. No 150 “Ista tarde”. No nº 153 “Si eu quixera saber…”.

  • Ramón Cabanillas : A man de santiña. Farsada en dous pasos (Mondariz). Na Editorial Galatea de Madrid publícase a segunda edición ampliada de Vento mareiro.
    A man da Santiña. Ramón Cabanillas

No nº 13 de “Nós” (25-8-1922) escribe Leonardo Coimbra no artigo tomado de “A Aguia” “Vento Mareiro en Portugal”: “Ramón Cabanillas é un grande Poeta nessa lendária Galiza, onde tudo é lenda, saudade, lirismo e beleza. A Galiza é un beijo do mar e da terra […] A terra da Galiza é relva de ternura, é o regaço da sua santa Rosalía de Castro.Vento Mareiro é mais uma fala da nobre e formosa Galiza. Se quizessemos dar um brinde aos nossos Avós, bèm portugueses, não teríamos nada melhor que éste livro, filho da terra galega; ¡Tam irmà ela é de nossas terras do norte!. Um livro que é galego e que vai também deitado na alma de todo o portugués ao despedir-se, na morte, desta bemdita terra, que como a galega, no dizer de Vicente Risco para ser o própio Ceu só lhe falta a eternidade”.No nº 133 de “A Nosa Terra” publica o poema “Irlanda”.

No nº 140 de “A Nosa Terra” co título de “Ramón Cabanillas en Cataluña coméntase: “Na Asociación Catalana d’Estudantes” de Barcelona organizouse un ciclo de catro lecturas comentadas. A primeira a base dos poemas de Josep Pijoan; a segunda, a base dos de Ferran Soldevila; a terceira, a base dos poemas de Ventura Gassol e a derradeira, anunciada para a data do 19 a base dos poemas de Ramón Cabanillas, que comentará o ilustre escritor Tomás Garcés”.

No nº 144 de “A Nosa Terra” publica o poema “A campaiña” dedicado a Victoriano Taibo.

No nº 145 “O cabaleiro do Sant Grial”.

No 149 o poema “Semblanza”.

No 152 “O Parlamento” e “A España de oxe”.

No 153 “Un enterro de primeira”.

No 154 “Orxía cortesán”.

  • Ramón Villar Ponte: Doctrina nazonalista (Con prólogo de Puig y Cadafalch. Ferrol).
  • Roberto Blanco Torres colabora en “A Nosa Terra”. No nº 137 “¡Que tristura!...”.
  • Valentín Paz-Andrade : Soldado da morte. “Nazonalización da cultura. Galizia e-a Universidade de Compostela” (“A Nosa Terra” núm. 133): “[…] Mais a Universidade de Santiago deixa incumpridas, senón todas, cando menos a derradeira das finalidás asiñaladas. Lonxe de se manter encorporada a vida do pobo, o úneco froito reial do seu traballo docente fica reducido a eisportaceón de médicos a Castela i-a tallare abogados trapaceiros en carne de cacique. Da friaxe das aulas universitareas fai tempo que emigróu a y-alma de Galizia e qué voaron, c-o ela, as aveslus do pensamento”.
  • Vicente Risco : O rei avarento (Primeira obra de autor da historia da literatura infantil galega). Tamén escribe aínda que non se publican O labrego e máis o rei e A dona encantada (Galaxia 2004).

No núm. 6 e 7 de “Nós” publica o artigo “Seición pedagóxica”: “NÖS proponse d’hoxe adiante conceder unha atención sostida e constante ó probrema pedagóxico na nosa Terra. Conforme ós propósetos que fixeron nacer ista pubricación, faremos unha costante propaganda pr’á meirande eficacia educativa e galeguizante das nosas escolas, e procuraremos informar ós nosos leutores das mais saintes novedades pedagóxicas do mundo. Pra elo agardamos a colaboración y-axuda de todol-os escolantes e profesores de todas clases que verdadeiramente amen e comprendan a Galiza. […] Eis un programa mínemo d’enseño primario galeguista, qu’a iniciativa filantrópica de cantos bós galegos sosteñen escolas na nosa Terra, pode moi ben acoller e levar á práuteca, faguendo co’elo un inmenso ben á nosa Santa Galiza”.


No nº 138 de “A Nosa Terra” publica Risco dous poemas: “O vento pasa”, dedicado a Tomàs Garcés e “O mar cantou” dedicado a Salvat-Papasseit.


“O mar cantou

cantou pr’arrolal-o sono da Terra

da Terra que dorm’o sono da sua beleza

O mar cantou

O mar quixo sel-o poeta da Terra

Ya Terra estab’encantada no misterio do Mar”.


No nº 148 de “A Nosa Terra”: “Teoría y-Estórea do Drama”. “Anacos de un traballo antigo, que poideran servir pr’os galegos qu’escriben pr’a escea”.

No nº 151: “A raza”.

No 154 “Eslavos e celtas”.

  • Victoriano Taibo: Colabora en “A Nosa Terra”. No nº 137 “O rousinol da saudade”.No nº 138 “Ao bon irlandés”.No 139 “Avala!

  • Xaime Quintanilla: Alén (teatro; con ilustracións de Álvaro Cebreiro. Ferrol). Sobre ela di Leandro Carré en “A moderna orientación do teatro galego”, conferencia organizada pola “Seición de Cultura e Fala” (6 de abril de 1923) e publicada logo en “A Nosa Terra” o 1 de maio de 1923: “ Alem é unha obriña á base das crenzas espiritistas, que se desenvolve languidamente e ten a sua acción en New York. Nesta obriña, ademais, vese o pouco que o Sr. Quintanilla conoce a nosa fala. Unha das faltas grandes que ten é confundir o “soño” co “sono”, que en galego non é o mesmo. Hai quen dirá que estas cousas son cativeces mais o certo é que con tales “cativeces” non pasaría ningunha obra literaria en castelán, senon que mandaríase â escola ao seu autor”.

Nos núm. 146, 148, 149 e 150 de “A Nosa Terra”: “O saudosismo e o idealismo”.

  • Xesús San Luís Romero: estréase o drama en verso Rosiña (Santiago).

  • Xoán Xesús González Formoso: Agarimos. Versos da y-alma.
  • En “A Nosa Terra” nº 147 (15 de setembro): “Portugal e Galiza no bon camiño. O primeiro acto de intertroque cultural e artístico entre portugueses e galegos. O ilustre pensador Leonardo Coimbra na Cruña”: A data do 4 de Setembro do 1921 é para nós unha data histórica, unha data inequescente. Pol-a vez primeira unha representación dos mais altos valores artísticos de valía, pasou o Miño c-o obxeto de coñecer e estreitar lazos d’afecto co’a intelectualidade da nova Galiza, da Galiza das Irmandades, que é a verdadeira e única Galiza”. Ademais da conferencia de Leonardo Coimbra sobre o “pensamento filosófico e poético de Portugal”, houbo esposicións dos pintores João Peralta e Octavio Sergio e a actuación do Orfeón do Porto.
  • O nº 149 comeza co seguinte título: “¡Salve Catalunya!. O galaico-portugués na Universidade catalana”: “Cataluña, a nazionalidade hispana mais forte e plena, a nazionalidade mais europeia, a única terra da Península que nunca tivo para nós os galegos un aldraxe; Cataluña que soupo admirar primeiro que ninguén a Rosalía Castro, e agarimou amorosa a Murguía e Brañas, e púxose ô servizo das “Irmandades” para axudarlles a redimiren a Galiza, agora acaba de nos dar a proba mais grande e mais estimábel do amore que nos profesa. A Universidade catalana, nos seus estatutos autónomos, que ten aprobados o Goberno, establece que as téses doutoraes poderánse facer dend’agora n’ela, en castelán, catalán ou galaico-portugués”.

Relativas a Galicia

  • O 27 de xullo aparece en Ourense, fundado por Basilio Álvarez, o diario “La Zarpa”, co subtítulo de “Órgano oficial de la Federación Provincial Agraria”. O primeiro director foi Antonio Buján. A lingua maioritaria é o castelán. O diario saíu aínda un día despois do golpe de Estado, pero co xugo con frechas na súa cabeceira (1936).
  • En Negreira sae o 6 de setembro “El Agrario Barcalés” subtitulado “Órgano de la Federación de las Asociaciones Agrarias del Partido de Negreira”.
  • Aparece na Coruña a publicación mensual “América-Galicia” que levaba o subtítulo de “Revista Comercial Ilustrada Hispanoamericana”.
  • En Mondoñedo aparece a revista satírica “Don Fino”, fundada por Ramón Lorenzo de San Lázaro.
  • Tamén de Mondoñedo é o semanario “Justicia”, dirixido por José R. Villamarín Pallín (25 de xullo). No nº 12 do 8 de outubro publícase o poema “Os milagros” de Noriega Varela e no nº 15 (29 de outubro), Eduardo Lence-Santar Guitián publica a primeira biobibliografía de Manuel Leiras Pulpeiro.
  • En Ponteareas xorde “Don Quijote”, revista subtitulada “Quincenario de la guasa. No pertenece al trust”.
  • O 3 de febreiro aparece en Santiago “La renovación” co subtítulo de “Semanario católico”.
  • Ve a luz “Terra Gallega” co subtítulo de “Órgao da Xuntanza Nazonalista Galega d’Habana”.
  • Alejandro Pérez Lugín: Currito de la Cruz.
  • Ángel Lázaro Machado: El remanso gris (La Habana).
  • Antonio Amador Villar Novais: La serena exaltación (Madrid).
  • Glicerio Barreiro: Poema de amor y de inquietud (Zaragoza).
  • Javier Valcárce García: Romance (A Coruña).
  • Luis Peña Novo: La mancomunidad gallega.
  • Manuel Pérez y Pérez: Novela femenina (Buenos Aires).
  • Marino López Blanco: Beso de quimera.
  • Ramón María Tenreiro Rodríguez: El loco amor.

Acontecementos

  • Rafael Dieste comeza o servizo militar en Santiago. É enviado a Marrocos nos dous anos seguintes ao desastre de Annual.
  • As Irmandades da Fala crean na Coruña un “Conservatorio Nazonal de Arte Galego”.
  • Otero Pedrayo toma posesión da súa cátedra en Ourense.
  • Castelao visita Francia, Bélxica e Alemaña; froito desta viaxe son os seus artigos “Do meu diario”, na revista “Nós” (nº 10,13,16 e 18) e o seu Diario (1977, Museo de Pontevedra e Galaxia):

O día 29 de xaneiro escribe: “As cousas de París góstanme, a vida de París non”. O 5 de febreiro: “Notre Dame tira por min dunha maneira irresistible”. O día 6 de febreiro: “Vin a Tour Eiffel que me pareceu unha grúa moi grande, moi grande, feita por un inxeniero nemigo do Arte”. O día 8/02: “Istas chimères de Notre Dame vólvenme tolo. Cada día que vou alá veño con novas impresións”. O día 13/02: “O que me importa é que somente me gostaron os impresionistas e que somente iles poderán enseñarme algo do que eu vin deprender a París”. 22 de maio: “E falo así referíndome ós artistas de París que como non teñen unha terra todo teñen de deprendelo … nos libros. Eu coido que todo artista pra faguer algo bó ten de sere fillo de algunha terra”.13 de xuño: “Xa sei o que é o dadaismo. O dadaismo non é nada; o dadaismo é faguer nada con nada i é peor que nada porque é parvo e nun pobo onde haxa un pouco de hixiene espiritual os dadaistas serían mallados a paus. O dadaismo é decir ¡merda! nunha comida de persoas decentes”. 25 de xuño en Bruselas: “Istes artistas de Bélxica teñen a enfermedade de París e non se atopa antre tantos como son un soio home de talento capaz de seguir os mandados da sua terra… E iso de non quereren falar na língoa da sua terra convírteos en franceses de terceiro orden…” .10 de outubro: “Eu quixera chegar á miña Terra empapado dun esprito novo e dun xeito de pintar: dun esprito novo no senso do tempo e dun xeito novo no senso da téinica. Mais eu teño que confesar que sairéi deiquí tal como vin e sen deprender nada. O que olléi de xeito novo xa o presentía, e ainda un pouco mellorado: falo do novo que me gusta, pois vin moito que non presentía, porque eu son un home cordo, gracias a Deus”.

  • Amado Carballo regresa a Pontevedra, onde acode ás tertulias poéticas do poeta Juan Bautista Andrade. (Faustino Rey Romero situa as tertulias nun pinar que Bautista Andrade tiña na beira do Lérez e á que acudían ademais Xan Vidal Martínez, Casal del Rey e o pintor Lois Pintos Fonseca).
  • III Asemblea Nacionalista en Vigo. Os asistentes propoñen que o Axuntamento aprobe que a bandeira galega e a española ondeasen xuntas nos actos oficiais, ao que se opón o organismo vigués, facendo constar así mesmo que o idioma castelán debera ser o único dos galegos.
  • Asinada por Xavier Soto e Manoel-Antonio publícase unha folla solta titulada “Terra Ceibe! Os bós galegos”:“...Nós, galegos verdadeiros, os bós e xenerosos, lembrándonos ben de que a nosa Bandeira é azul e branca, fagamos que denantes de ondear nos Pazos de noxentos concellos, tremole nos nosos peitos, e dispois de que eisí sexa xa ondeiará nos concellos, pese a quen pese, doándolle o prestixio da súa pureza”.
  • Ramón Villar Ponte dirixe o xornal ferrolano “El Correo Gallego”.
  • Blanco Torres trasládase a Pontevedra e traballa no diario “Progreso”.
  • Homenaxe en Mondoñedo a Leiras Pulpeiro (30 de outubro) co gallo da inauguración dun mausoleo costeado polos galegos de Buenos Aires: “Prá eterna lembranza do gran poeta e cibdadán Manuel Leiras Pulpeiro... Os fillos de Mondoñedo en Buenos Aires lle consagran este homenaxe... Amou a verdade e praiticou o ben”. Entre outros falaron Vicente Risco, Antón Villar Ponte, Eladio Rodríguez, Carré Aldao, Peña Novo…Segundo recolle “A Nosa Terra” no nº 151 “Das moitas representacións invitadas somentes faltaron as que non teñen xeito d’enxebrismo”.
  • Constitución en Buenos Aires da “Federación de Sociedades Gallegas, Agrarias y Culturales” denominada posteriormente FAGA, Federación de Sociedades Gallegas de la República Argentina.
  • En Madrid nace a “Mocedade céltiga”.
  • Nace en Santiago, no mes de abril, a “Misión Biológica de Galicia”, dirixida por Cruz Gallástegui. No 1927 trasládase a Pontevedra, por iniciativa de Daniel de la Sota.
  • Fúndase en Santiago a Agrupación Folclórica “Cantigas e Agarimos”.
    Cantigas e Agarimos
  • Créase a Sociedad Filarmónica de Pontevedra grazas ao tesón de Javier Pintos Fonseca, primeiro secretario da sociedade.
  • Laxeiro, reclamado polo seu pai, emigra a Cuba.
  • Sinesio Fraga dirixe a revista en galego “Nós”, subtitulada “Órgao da Xuntanza Nazonalista Galega d’Habana”, da que saíron 8 números.
  • Créase en Ferrol a Editorial Céltiga, a primeira editorial nacionalista. Dedicada á publicación de obras na lingua galega, o seu fundador foi Xaime Quintanilla. Entre os anos 1921 e 1923 publicou un total de 16 títulos. A editorial comezou a súa andaina publicando tres obras de teatro: Alén de Xaime Quintanilla, Mal de moitos e Trato a cegas, obras conxuntas de Eugenio Charlón Arias e Manuel Sánchez Hermida. Logo a partir de marzo de 1922, co subtítulo de “Novela mensual ilustrada”, editouse unha serie de 13 libriños.
  • Fuco Gómez funda en La Habana o “Comité Revolucionario Arredista Galego”.
  • O 2 de xaneiro encalla na ría de Arousa o buque Santa Isabel, falecendo no accidente 200 persoas.
  • Valle-Inclán viaxa a México invitado polo presidente Obregón.
  • Chega ao Porto de Vigo Ernest Hemingway: “Vigo é unha cidade que parece de cartón, con rúas de lastro, enlucida en branco e laranxa, erguida á beira dun porto grande e case pechado de todo, que practicamente podería ter amarrada a toda a flota británica. Os montes queimados polo sol métense no mar como vellos dinosauros fatigados e a color da auga é tan azul como unha litografía da baía de Nápoles” (Artigo para o “Toronto Star Weekly).

Premios

Mail-client-Breeze-Icon.svgEpistolario

Polémica epistolar con Manuel Antonio sobre o nacionalismo. Con data de 30 de abril, Rafael Dieste escribe a Manuel Antonio: “Xa sabes que moitas cousas me emparentan á vosa loita: o federalismo, o galeguismo, o anticaciquismo. Quizaves as nosas diferencias non sexan máis que a menor importancia que eu concedo en Galicia ó nazonalismo lingüista, e a miña maneira de ver o virtualidade galega: non aislada, senón como cooperadora da gran aventura española”. O 18 de outubro escríbelle dende Drius: “¿Qué queres que che diga de África? Sol, moito sol, barracas derrengadas, trompetas, camións, fantásticas polveiradas e alá lonxe unha grotesca perspectiva de guiñol: ministos que caen, ministros que suben, discursos...”.


Hai constancia de que Cabanillas malviviu un tempo en Madrid e tivo que ser «rescatado» por Enrique Peinador Lines, cara a finais de 1921 ou principios de 1922. Da súa estadía daba conta Antonio Villar Ponte nunha carta dirixida a Enrique nunha nota final (P. S.) na que apuntaba as malas condicións do poeta na capital (carta desde Viveiro do 20 de setembro de 1921): P. S. Tiven carta do probe Ramón Cabanillas. Boas danzas e contradanzas ll’obrigaron a beilar ós politiquiños galegos en Madrid... O caso Cabanillas é un caso que sangra. Qué tristeza a d’unha Terra que abandona ao seu poeta cume, ao seu vate representativo! De certo é unha (?) door.


Mais tamén atopamos outra carta denuncia da «situación madrileña» de Cabanillas, neste caso de Vicente Risco a Enrique Peinador Lines (do 25 de outono de 1921, desde Ourense; encabezada cun «Galiza Ceibe!»), onde o ourensán trata de espallar á elevación de extremo vergoñento o caso de Ramón Cabanillas, entre os amigos da causa. Dadas as condicións que apunta Risco, non nos estraña que Enrique tratase de solucionar este «desastre nacional» traendo de Madrid para o Balneario o poeta da raza:Tocantes ô de Cabanillas, conforme con que o que se faga non parta solo dos nazonalistas senon de todol-os galegos pro, os galegos nada máis. A miña ideia non é, nin moito menos que a consagración veña de fora, e moito menos de Madrid. O Ateneo de Madrid pra min non representa nin é nada. Se il quer faguer algo ali, sexa pola súa conta e risco, pro nós, calados. A cousa ha de ser feita polos galegos d’aquí e nada mais. Esta era a miña ideia. En todo caso, comigo, e cos que comigo pensan, non contedes endexamais, e d’unha vez pra sempre, pra nada que se faga en Madrid, que d’elí veña, ou que co aquilo se relacione. Sería ademais un ausurdo vergoñento que daría noxo, que quen lle chamou a Madrid “vila podre coveira da canalla”, e “esterqueira, goio de cobras e niñal de sapos”, fora pedirlle logo a consagración ou que pra il se pedira d’aquelas xentes. Por Deus, non obrigar ô Ramón a unha claudicación tan terribel. Terrible declaración de Risco contra a capital, as súas institucións e os madrileños. De certo que Enrique, logo de ler estes ácidos parágrafos, tomou a decisión de «evacuar» a Cabanillas, nunca mellor dito, para o Balneario, dándolle un cometido retribuído. (Ricardo Gurriarán: “Enrique Peinador Lines e Mondariz”).


Vicente Risco escribe a Teixeira de Pascoaes: “Vine en La Región d’Ourense unha carta qu’escribiu ó Noriega Varela. N-ela, coma n-outros sitios nótase certa autitude de desespranza frente ô Pobo Portugués, do qu’eu non negarei a decadencia nen, si se quer, o desleigamento, mais non creio que haxa n-il o istinto suicida que hai no Pobo Galego. É o nemigo que nós estamos a combater, y-eu qu’estou coas maus na masa, sei ben onde chega... O Pobo Galego é un pobo que quere a sua desaparición coma tal Pobo... Y-él com’imos calificar isto? Ai, se coñecera, anque non fora mais qu ôs nosos americanos! Ando en tratos c’un d’iles da Casa de Galicia de Buenos Ayres, pra ver d’imprimirmos um caraute mais galego âs escolas qu’eiquí sosteñen as colonias galegas d’América... Non dou dous cartos nin tan xiquera por que m’haxa comprendido o que lle queria decir. E nós ollamos a Portugal com’a verdadeira Galiza ceibe, onde triunfou o noso xenio y-a nosa fala...”. (Grial nº 86).

Sumarios

Nós (nº 4) (31 de xaneiro)


Gonzalo López Abente: No facho. O carballo (sonetos). Johán Viqueira: Pensamentos pra unha universidade galega. Antón Villar Ponte: Da paisaxe e a pintura en Galizia. Amador Villar: Coidado cos bicos (poema). Lois Peña Novo: Nacionalismo e democracia (ensayos políticos). Hrand Nazariantz: Un canto na noite. Vicente Risco: O poeta armenio Hrand Nazariantz. Os homes, os feitos, as verbas.


Nós (nº 5) (24 de San Xoán)


Phileas Lebesgue: Vigo. Teixeira de Pascoaes: O Marános. Antón Losada Diéguez: Conto. Roberto Blanco Torres: Notas de viaxe. Vigo: a cibdade. Vicente Risco: Galizia Céltiga. Victoriano Taibo. Brúa o mar!. Arturo Noguerol: O mercado d’Oriente. Archivo Filolóxico e Etnográfico de Galizia. Os homes, os feitos, as verbas:

- A III Asambreia Nazonalista.

- Achádegos arqueolóxicos

.- Libros

- Revistas e xornaes

Fóra de testo: Retrato ó carbón por Farruco Lamas.


Nós (nº 6) (20 de agosto).


Alexandre de Córdova: Os meus versos. Ansiedade. Ramón Villar Ponte: Lembranza. Primitivo R. Sanjurjo: Do Padre Feixóo. Vicente Risco: Seición pedagóxica. Archivo Filolóxico e Etnográfico de Galizia. Francisca Herrera Garrido: A muller galega. Florentino L. Cuevillas: Do noso tempo. Os homes, os feitos, as verbas:

- Libros

- Revistas e xornais

Fóra de testo: Dibuxo por Castelao.


Nós. (Nº 7) (25 de outubro).


Xavier Prado: ¡…..! A Embaixada Espirtual de Leonardo Coimbra. Leonardo Coimbra e o Criacionismo. Primitivo R. Sanjurjo: De Xúpiter y-os Xigantes.


Vicente Risco: Seición Pedagóxica. Seición Arqueolóxica. Álvaro Cebreiro: Caricatura do pintor Joâo Peralta. Archivo Filolóxico e Etnográfico de Galizia: Folk-lore de Parada do Sil. X. G. : O concurso da Revista “Mondariz”. Os homes, os feitos, as verbas:

- Libros.

- Revistas e xornaes.


Nós (Nº 8) (5 de decembro).


En lembranza de Terencio Mac Swiney. Antón Losada Diéguez: Terenvio Mac Swiney. Miss Annie Mac Swiney: Notas da vida de Terencio Mac Swiney.


Ramón Cabanillas: Irlanda. W. B. Yeats: Cathleen ni Houlihan (tradución galega de A. Villar Ponte). Ramón Otero Pedrayo: Irlanda políteca no século XIX.


Victoriano Taibo: Ao bon irlandés. Vicente Risco: Irlanda e Galiza. Fóra de testo: retrato de Terencio Mac Swiney.

Flag CPLP.gif Cataluña Flag of Spain Outras culturas

NobelPREMIO NOBEL DE LITERATURA: Anatole France

Flag CPLP.gif CPLP - Comunidade dos Países de Lingua Portuguesa


Nacen

  • Amândio César (Arcos de Valdevez; 1987 Lisboa).
  • Antunes da Silva (Évora; íbidem 1997).
  • Carlos de Oliveira (Belém do Pará, Brasil; 1981 Lisboa).
  • Francisco José Tenreiro (São Tomé; 1963).
  • Jorge Borges de Macedo (Lisboa; 1996).
  • José Ferreira Marques “Sum Marky” (Cabo Verde; 2005 Lisboa).
  • María Judite de Carvalho (Lisboa; 1998).
  • Mário Braga (Coimbra; 2016 Lisboa).
  • Natália Nunes (Lisboa; 2018 Ericeira).
  • Víctor de Sá (Cambeses, Barcelos; 2004).







Morren:

  • António Duarte Gomes Leal (Lisboa; ibídem 1848).




António Sérgio, Raúl Proença, Aquilino Ribeiro e Jaime Cortesão fundan en Lisboa a revista Seara Nova . Nela colaboran entre outros Ramón Piñeiro, Fermín Bouza Brey, Otero Pedrayo, Castelao, Risco e Carballo Calero.

Fernando Pessoa funda a editorial “Olisipo”, onde publica English Poems I e II e English Poems III.


Afonso Lopes Vieira : no nº 147 de “A Nosa Terra” figura o seu poema “A Galiza”:


“O’ Galiza dos verdes prados,

tan irmão dos nosos,por Deus abençoados,

-deixa Castela e vem a nós!”.


Alfredo Cortês: Zilda. Nunha entrevista que concede Alfredo Guisado ao xornal “Imprensa de Lisboa” di o seguinte: “Eu, como sabe, sou português, mas tenho por essa terra e por essa causa uma simpatia imensa, porque meus pais são galegos e porque me coloco sempre ao lado daqueles que sofrem e querem ser libertados” (“Grial” nº 165, páx. 125).


Almada Negreiros: Invenção do Dia Claro, na editorial Olisipo e O Cágado.


António Botto: Canções.


António Correia de Oliveira: No nº 146 de “A Nosa Terra” aparece o seu poema “A fala que Deus nos deu”:


“A Lingua é Alma envolvente

da Patria do todos nós:

-Maldito quem, loucamente,

Lhe mancha a pureza ardente

ao bafo da escura voz!”.


António de Cértima: No nº 148 de “A Nosa Terra” figura o seu poema “Por minha raça” dedicado a Ramón Cabanillas co comentario “Do libro a imprimir “Ritmos gloriosos”. Portugal, Aveiro, 1921.


António Ferro:Leviana.


António Nobre (1867-1900): Primeiros Versos.


António Sardinha: Quando as Nacentes Despertam (poesía).


Conde de Bertiandos: no nº 142 de “A Nosa Terra”: “O páteo da morte”.


Eça de Queirós (1845-1900): No nº 136 de “A Nosa Terra" publícase en galego “Irlanda. Visión profética”.


Jaime Cortesão: Adão e Eva (teatro) e Itália azul.


João Lúcio (1880-1918): Espalhando fantasmas (poesía).


José Gomes Ferreira: Longe (poesía).


Leonardo Coimbra: Adoração. Cánticos de Amor. No nº 148 de “A Nosa Terra” figura un fragmento do libro.


Mário Saa: Poemas heróicos de Simão Vaz de Camões.


Teixeira de Pascoaes:O Bailado. En “A Nosa Terra” nº 159 (15 de marzo de 1922) publícase un fragmento do libro. No nº 143 de “A Nosa Terra” publícase o poema “Canção d’uma sombra”.


Tomaz da Fonseca: Musa pagã (poesía).


Vieira de Almeida: Bucólica.




Cataluña


Nacen:

  • Joan Triadú (Ribes de Freser; 2010 Barcelona).
  • Miquel Tarradell i Mateu (Barcelona; ibídem 1996). Arqueólogo.

Morren:


Aparece en Mallorca a revista “Almanac de les Lletres” (1936).

Carles Riba:Escolis (artigos).

Carles Soldevila: Civilitzats tanmateix (teatro).


Joan Salvat-Papasseit: L‘irradiador del port i les gavines (poemas).


Joaquim Folguera (1893-1919): Traduccions i fragments (poemas).


Josep Carner inicia a carreira diplomatica como vice-cónsul en Xénova. No nº 136 de “A Nosa Terra” publícase o poema seu “En la morte de l’heroi” coa tradución ao galego de Antón Villar Ponte, a carón do poema “Láltre irlandés” de Josep Maria López-Picó tamén coa tradución ao galego de Villar Ponte.


Ventura Gassol: La cançó del vell Cabrés (teatro).

Flag of Spain

Nacen:

  • Carmen Laforet (Barcelona; 2004 Madrid).
  • Elena Quiroga de Abarca (Santander; 1995 A Coruña).
  • Fernando Fernán Gómez (Lima, Perú; 2007 Madrid).
  • José María Millares Sall (Las Palmas de Gran Canaria; ibídem 2009).
  • Miguel Labordeta (Zaragoza; 1964).




Morren:

  • Emilia Pardo Bazán (Madrid; 1851 A Coruña). No nº 140 de “A Nosa Terra” (15 de maio): “Finou a condesa de Pardo Bazán. Nós témolo censurado moitas veces porque no seu corazón a corda galega andaba a floxear cáseque sempre. Mas en ningures deixamos de recoñecel-o seu talento. Talento superior ô de cáseque todol-os membros da Academia Española xuntos. Pesi-o que, e para vergoña da cultura castelán, a Condesa non poido ser académico”.





Azorín: Los dos Luises.


Carlos Pellicer: Colores en el mar (poesía).


Dámaso Alonso: Poemas puros. Poemillas de la ciudad.


Eugenio d´Ors: Nuevo glosario. Ten moitas referencias á literatura portuguesa: “El integrismo portugués”, “António Sardinha”, “Nação portuguesa”; comentarios sobre Eça de Queiroz, Eugénio de Castro, Teófilo Braga e António Nobre.


Gabriel Miró: Nuestro padre San Daniel.


García Lorca: Libro de poemas.


Guillermo de Torre: Estética y teoría de los movimientos vanguardistas.


Jacinto Grau: El señor de Pigmalión.


Manuel Chaves Nogales: La ciudad.


Manuel Machado: Ars moriendi.


Miguel de Unamuno: La tía Tula.


Ortega y Gasset: La España invertebrada.


Pérez de Ayala: El sendero andante e Belarmino e Apolonio.


Pío Baroja: Las furias. En “A Nosa Terra” nº 148 aparece un comentario asinado por L. F. que di: “[…] Pío Baroja, aquel escritor d’altísima mentalidade que no intre da guerra europea era xermanófilo somente por odio ao papado, tamén coida que finando os sustantivos en “u”, xa está feito o direito un galego de corpo inteiro. Na sua novela “Las Furias”, que agora pubrica “El Sol” asi nos presenta un persoaxe gallego e abogado. Se as demais cousas de que nos fala as coñece do mesmo xeito estamos aviadiños. “¡Válame Deus, o que saben estes super-homes! ¿Non vos lembrades de que tamén Unamuno dixo un día que se os galegos escribíamos “unha” era por semellarnos aos portugueses, pero que pronunciabamos “una” como en castelán?”.


Rafael Cansinos Assens: no nº 133 de “A Nosa Terra” figura en tradución de Correa Calderón “Canto a Galizia”.


Valle-Inclán: Los cuernos de don Friolera.


Victoriano García Martí: Caracteres de la vida social y mundana (ensaios publicados en “El Liberal” co pseudónimo “El Duque de Él) e Verdades sentimentales.





Máis culturas:


Nacen:

  • Amanda Berenguer (Montevideo; ibídem 2010).
  • Augusto Monterroso (Guatemala; 2003).
  • Cintio Vitier (Cayo Hueso, Florida; 2009 La Habana).
  • Edmun Crispin (Robert Bruce Montgomery); (Chesham Bois; 1978).
  • Friedrich Dürrenmatt (Cantón de Berna; 1990).
  • Leonardo Sciascia (Agrigento; 1989 Palermo).
  • Patrick Dennis (Edward Everett Tanner) (Illinois; 1976 New York).
  • Stanislaw Lem (Leópolis, Polonia, actual Ucraína; 2006).



Morren:.

  • Ramón López Velarde (1888 México).

Horacio Quiroga: Anaconda.

Huidobro: Saisons choisies. Entra en contacto en España con Juan Larrea e Gerardo Diego. Colabora con Juan Gris, Picasso, Paul Eluard, Jean Cocteau e outros para crear a revista “Creación” (revista internacional de arte).


José Eustasio Rivera: Tierra de promisión (Libro de sonetos).



Bertolt Brecht: Die Kleinbürgerhochzeit (A voda dos pequenos burgueses. Teatro); Der Bettler oder der tote Hund (O mendigo ou o can morto,Teatro).


Eugene O’Neill: The hairy ape (teatro).


Jaroslav Hasek: As aventuras do bo soldado Svejk.


John Dos Passos: Three soldiers (Tres soldados).


Louis Aragon: Anicet ou le panorama.


Luigi Pirandello: Sei personaggi in cerca d’autore (teatro).


Paul Valéry: Charmes.


Rabindranath Tagore: no nº 142 de “A Nosa Terra” figura traducido ao galego “O principio” e “O fin”.


Umberto Saba: Il canzoniere (poesía).


Tamén sucedeu...

  • Nacen:

- O director artístico Manuel Gil Parrondo (Luarca, 2016 Madrid).

- O pedagogo Paulo Freire (Recife; 1997).

Paulo Freire 1977
  • CINE:

- Chaplin: O rapaz e Unha muller de París.

- Marcel L‘Herbier:O Dourado (Impresionismo cinematográfico francés).

- Jacques Feyder: A Atlántida.

  • Morre asasinado o 8 de marzo o Presidente de Goberno nacido na Coruña Eduardo Dato.
  • Desastre de Annual. Preto desta localidade marroquí morren máis de 13.000 soldados españois ao intentaren fuxir do cerco das tropas rifeñas.
  • Novo Goberno a cargo de Antonio Maura.
  • Créase o Partido Comunista de España como resultado da unión do PCE e do PCOE (14 de novembro).
  • Establécese o retiro obreiro.
  • A Compañía Española de Tráfico Aéreo encárgase do transporte postal entre Madrid e Barcelona, sendo a primeira compañía aérea de carácter civil.
  • O partido Nacionalsocialista alemán coloca ao seu frente a Adolf Hitler.
  • Fúndanse os partidos comunistas chinés e italiano.
  • Nace o estado libre de Irlanda do sur.
  • O físico alemán Albert Einstein recibe o Premio Nobel de Física.
  • Aumenta a violencia do Ku Klux Klan no sur de Estados Unidos.
  • Morre en Rusia Pedro Kropotkin un dos teóricos do anarquismo.