1977
Índice
Cultura galega
Día das Letras Galegas
Nacementos/Pasamentos
Pasamentos |
---|
Literatura |
Avelino Gómez Ledo (Chantada; ibídem 1893). |
Carmen Prieto Rouco (Vilalba; ibídem 1901). |
Eugenio Vázquez Gundín (A Coruña; 1884 Santiago). |
Eleuterio González Salgado “Leuter” (Ourense; ibídem 1899). |
Laureano Prieto Rodríguez (A Gudiña; íbidem 1907). |
Sebastián Martínez-Risco Macías (A Coruña; 1899 Ourense). |
Xervasio Paz Lestón (Buenos Aires; 1898 Serantes, Muxía). |
Outros |
O músico Jesús González de Velasco Fernández (1897). |
O pintor Constantino Grandío López (Guntín; ibídem 1924). |
O actor Tomás Ares Pena “Xan das Bólas” (Madrid; 1908 A Coruña). |
Luís Iglesias Iglesias (Santiago; 1895 Teis; Foi reitor da USC, presidiu o SEG e foi académico da RAG. |
O ministro franquista Juan Antonio Suanzes Fernández (Madrid; 1891 Ferrol). |
Publicacións
Galegas
- Aparece o 2 de decembro o nº 0 do semanario A Nosa Terra (1977) co subtítulo “Periódico galego semanal”, empezando a publicarse con regularidade dende o 27 de xaneiro de 1978. Editado por Promocións Culturais Galegas. A primeira directora foi Margarita Ledo Andión (ata novembro de 1980); logo Fina Corral (ata outubro de 1981), Xosé M. Currás Rúa (ata setembro de 1983) e Alfonso Eiré López).
- O 11 de agosto desaparece o semanario * Teima , “Revista Galega de información xeral”. Saíron 35 números dende novembro de 1976. No nº 7 de xaneiro dicía no editorial: “... queremos loitar- imos seguir loitando- pra que o pobo que terma de TEIMA como de algo da súa propiedade sexa cada día máis ceibe. Cos medios que están ó noso alcance: conta-lo que pasa, sen adornos nin medos. A verdade, sinxelamente...”. No derradeiro editorial dise: “foi feita no ámeto teóricamente hostil que o rotundo triunfo da dereita nas eleccións parece presaxiar para un órgano informativo de esquerdas con pretensións nacionalistas”.
- Tres alumnos do Instituto de Lugo, Miguel Lustres, Xerardo Rodríguez Roca e Camilo Valdeorras, traducen ao galego os capítulos 45, 47, 49, 51 e 53 do Quijote co título Sancho na Ínsula Barataria publicado por Edicións Castrelos na súa colección “O Moucho”.
(Xesús Alonso Montero: Actividades Filolóxicas – non exentas de signos políticos- no Instituto Masculino de Lugo de 1960 a 1976 (Xunta de Galicia, 2024).
- Ana María Fernández Martínez estrea a obra Zapatón e Libiripón.
- Andrés Torres Queiruga : Recupera-la salvación.
- Antonio Alonso Fontán : Apocalipsis en Galicia. Sete celulosas sete.
- Antonio Benito Yebra de Ares : Os xeitos de hoxe.
- Anxo A. Rei Ballesteros : Dos anxos e dos mortos (Edicións Castrelos. Vigo).
- Anxo Tarrío Varela : Consideracións semiolóxicas arredor da poesía de Antonio Tovar (Vigo) e Presupuestos para una semiología del realismo en Literatura.
- Carlos Baliñas Fernández : Pensamento Galego I.
- Carmen Prieto Rouco (1901-1977): O derradeiro (poemas. Prólogo de Trapero Pardo).
- Castelao (1886-1950): Diario 1921 (Museo de Pontevedra e Galaxia).
- Constantino García González : "Galego onte, galego hoxe" (Discurso inaugural lido na apertura do curso académico 1977-78. Universidade de Santiago de Compostela. “Grial” nº 58, páx. 502). É o primeiro catedrático de universidade que pronuncia a lección inaugural do curso en galego.
- Daniel Cortezón : Crónica de Enrique IV.
- Díaz Pardo : O crimen de Londres (cartel de cego A Coruña).
- Domingo Frades Gaspar: Versus de un verán.
- Eliseo Alonso : A rúa do noxo (Novela. Galaxia. “Grial” nº 58, páx. 504).
- Enrique Iglesias Alvarellos : Cen anacos (poesía) e Botei corenta anos (novela autobiográfica. Lugo. “Grial” nº 59, páx. 119).
- Euloxio R. Ruibal : O cabodano, Cousas da morte e A sombra do bon cabaleiro (teatro; Editorial Pico Sacro).
- Felipe-Senén López Gómez : O folklore do castro de Viladonga e da súa bisbarra (Lugo).
- Fermín Vilaboa Lemos: Da terra estrelecida.
- Fernando González Laxe : Estructura da pesca costeira galega (Vigo) e Desenrolo capitalista e crise pesqueira (A Coruña).
- Francisco Salinas Portugal , Xosé Ramón Pena Miguel Anxo Mato Fondo : Alén (poemario colectivo).
- Juan José Moralejo Álvarez : As paráfrasis do Grego en Cabanillas.
- Luís Seoane : Obra poética (recolle os libros de poesía, con algúns debuxos e gravados que os ilustraban e cun prólogo de Basilio Losada. Ediciós do Castro). Carantoñas e outros dibuxos (Ed. Cuco-Rey. A Coruña) e Imaxes celtas (20 gravados en madeira. Ediciós do Castro).
- Manuel Catoira : A cadea. A outra beira do silenzo e Inferno (relatos. Editorial Limbo. Ourense. “Grial” nº 64, páx. 246).
- Manuel Cuña Novás : Canto e fuga da irmandade sobor da terra e da morte.
- Manuel Guede Oliva : Informe sobor dunha terra (finalista no V Concurso Abrente).
- Manuel Jaime Barreiro Gil : O sistema de transporte e o desenrolo económico de Galicia (Vigo).
- Manuel Lourenzo : Viaxe ao País de Ningures, con ilustracións de Seoane, en Galaxia (gañadora da 2ª edición do Concurso de Teatro Infantil de O Facho).Textos pro ensino do galego (Edic. Do Rueiro).
- Manuel Lueiro Rey : Escolma ferida (poesía de protesta; Ediciós do Castro).Toma parte no volume Del corazón de mi pueblo. Homenaje a Rafael Alberti (Barcelona).
- Manuel María : Poemas pra construír unha patria e Poemas ó outono.
- Manuel Rivas Barrós e Xoán Ignacio Taibo : Os partidos políticos na Galiza (A Coruña).
- Manuel Rajó López : Refráns e ditos galegos II.
- Manuel Riveiro Loureiro : Pola ida e pola volta.
- Manuel Varela Buxán : A xusticia dun muiñeiro e Se o sei... non volvo a casa.
- Manuel Vilanova Rodríguez : A tarde cheia de verán.
- María Xosé Queizán : A muller en Galicia. A muller na sociedade galega. A lingua galega e a muller, análise estructural de dous feitos represivos (Ediciós do Castro. “Grial” nº 60, páx. 247).
- Miguel González Garcés : Claridade en que a tentas me persigo (Premio da Crítica).
- Millán Picouto : O caixón (teatro).
- Nacho Taibo : O fotógrafo (Ourense).
- Pablo Vaamonde : A taberna (teatro) e Agardando polo tren (teatro).
- Paco Ledo López : Poesía dun labrego'.
- Ramiro Cartelle : Coma nós.
- Ramón Lorenzo : Traducción galega da Crónica de Castilla.
- Ramón Villar Ponte : A xeración do 16 (discurso pronunciado no 1951 no ingreso na Real Academia Galega).
- Roberto Vidal Bolaño : Laudamuco señor de ningures (teatro; Premio Abrente 1976) e Ladaíñas pola morte do meco.
- Sebastián Martínez-Risco Macías : Conferencias encol de Castelao.
- Xaime Seixas : 400 nomes galegos pra homes e mulleres (Santiago).
- Xaquín Marín : Ratas (Madrid).
- Xavier Costa Clavell : Os anos do vougo e outros poemas.
- Xavier Rodríguez Barrio : Antífona da redención.
- Xenaro Mariñas del Valle : O bosque (en “Grial”).
- Xosé Antonio Moreiras Santiso : Os mil e un refráns galegos do home e Cantigueiro da fistora tía Manoela.
- Xosé Manuel Martínez Oca : O cazador de perdices (teatro) e Un home no corral (A Coruña).
- Xosé Manuel Rivas Troitiño : O gaiteiro de Soutelo. Unha expresión da cultura popular (A Coruña).
- Xosé Manuel Rodríguez Pampín : Ifixenia non quere morrer (nº 55 de “Grial”).
- Xosé María Álvarez Cáccamo : Laberinto el clavicordio (poemas en castelán. Colección Mogor de Edicións Castrelos. Vigo. “Grial” nº 56, páx. 249).
- Xosé María García Rodríguez : Brasil: Historia, xente e samba-canción.
- Xosé María Monterroso Devesa-Juega : Antón Vilar Ponte (antoloxía. A Coruña).
- Xosé María Pérez Parallé : Non falarei, non e O rodicio.
- Xosé Neira Vilas : Aqueles anos do Moncho (Premio da Crítica Española en 1978 Akal. Madrid. “Grial” nº 56; páx. 247). Sae na editorial lisboeta “Forja” en tradución de José Viale Moutinho Memórias de um pequeno camponês. Neira Vilas traduce ao galego Trintenove poemas de Nicolás Guillén (O Castro).
- Xosé Ramón Barreiro Fernández : Igrexa e galeguismo na historia (“Encrucillada” nº 2) e El levantamiento gallego de 1846 y el nacimiento del galleguismo (Ed. Pico Sacro. Santiago. (“Grial” nº 57, páx. 381).
- Xosé Ramón Fernández Oxea “Ben-Cho-Shey” (1896-1988): Galicia no corazón (prólogo de Isaac Alonso Estravís e edición de Alonso Montero).
- Xosé Vázquez Pintor : O espertar tamén é noso (poemas).
Relativas a Galicia
- A Facultade de Filoloxía da Univ. de Santiago edita Homenaxe a Cabanillas no centenario do seu nacemento. (“Grial” nº 58, páx.507).
- Na colección “O Moucho” de Edicións Castrelos publícase o fragmento do Quixote "Sancho Panza na Ínsua de Barataria".
- Ediciós do Castro publica Catro narracións (Premios Pedrón I: Taibo, Ferrín, Oca, Durán).
- O “Seminario di cultura gagliega” da “Università degli studi di Perugia” edita un caderno da autoría de P. Caucci titulado Seis poemas galegos di Federico García Lorca “Grial” nº 60, páx. 243.
- Nun volume editado pola Biblioteca Filolóxica Bello de Valencia, publícanse catro traballos de Filgueira Valverde sobre lírica medieval galega.
- Nace en Lugo “Alvarellos Editora Técnica” coa novela Botei corenta anos de Enrique Alvarellos Iglesias.
- Jerónimo Pablo González Martín publica en Editorial O Castro Cartafol homenaxe ós poetas galegos (pinturas que ilustran versos de Rosalía, Curros, Pimentel…).
- Como resume dos seminarios celebrados na Universidade de Santiago de Compostela dende decembro de 1976 a xuño de 1977 publícase en edición non venal: Bases prá unificación das normas lingüísticas do idioma galego.
- O poeta Lois Pereiro funda en Madrid, xunto con Manuel Rivas, Antón Patiño e Xosé Manuel Pereiro a revista en galego “Loia” (catro números ata xuño-xullo de 1978).
- Aparece o 2 de decembro o nº 0 do semanario “ A Nosa Terra” co subtítulo “Periódico galego semanal”, empezando a publicarse con regularidade dende o 27 de xaneiro de 1978. Editado por Promocións Culturais Galegas. A primeira directora foi Margarita Ledo Andión (ata novembro de 1980); logo Fina Corral (ata outubro de 1981), Xosé M. Currás Rúa (ata setembro de 1983) e Alfonso Eiré López).
- Sae en xaneiro, en Ferrol, fundada pola editorial SEPT, a revista “ Encrucillada”, “Revista galega de pensamento cristián”, dirixida por Andrés Torres Queiruga: “Nós sempre quixemos deixar moi claro que, aínda que nos consideramos cristiáns, falamos con liberdade e con independencia. Así pois, tanto a revista como a asociación do mesmo nome, son independentes da xerarquía eclesiástica, o cal non quere dicir necesariamente que sexan opostas” (Entrevista a Torres Queiruga no “Faro de Vigo” o 25-01-2018).
- No xornal “Faro de Vigo” sae “Domingo letras”, páxina dirixida por Francisco Fernández del Riego.
- Akal Editor edita como publicación do Partido Comunista de Galicia a revista “Nova Galicia”, integramente en galego, e que antes se editaba en París co subtítulo de “Revista de cultura y política”, por non estar legalizado o PC.
- Na revista “Ozono” de maio, escribe Celso Emilio Ferreiro: “No acepto para mi poesía la condición de social, porque esta denominación es fraudulenta, equívoca, tendenciosa, producto de la pereza léxica y mental de quien la inventó, ignorando que ese tipo de poesía es tan viejo como la poesía misma y nunca se ha llamado así”. Prefire a expresión “poesía belixerante”.
- Sae a revista “Galicia Sindical”, órgano do Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia.
- Aparecen en Guitiriz a revista monolingüe en galego “Xermolos” promovida pola Asociación Cultural de Guitiriz e pola Asociación Xuvenil Xermolos.
- En outubro nace en Salvaterra de Miño a revista en galego “A Voz do Condado”.
- En xuño sae o nº 0 de “Orense”, revista da Deputación Provincial de Ourense, dirixida por Hermógenes González Blanco (1983).
- Ediciós do Castro publica Dibuxos da guerra de Arturo Souto, que con prólogo de Luís Seoane reproduce o álbum Dibujos de la guerra de 1937.
- Estréase O día que o sol alumeou pola noite de Ramón Blanco Rey.
- Abelardo Moralejo Laso: Toponimia gallega y leonesa (Santiago).
- Alejandro Finisterre: Coplas del mal decir, plegarias y flornabos del tiempo y del espacio (México).
- Alfonso Sobrado Palomares: Las linotipias del miedo.
- Álvaro de la Iglesia Caruncho: ¡¡Por narices!!
- Amable Veiga Arias: Fonología gallega (Valencia).
- Aníbal Otero Álvarez (1911-1974): Vocabulario de San Jorge de Piquín.
- Baldomero Cores Trasmonte: La devolución de Galicia.
- Benito Varela Jácome: Estructuras novelísticas de Lezama Lima.
- Cipriano Luís Jiménez Casas: Control de natalidade. Métodos contraceptivos (A Coruña).
- Emilio González López: El águila desplumada (Vigo).
- Emilio Pérez Touriño: Plataforma por la industrialización de Galicia (Madrid).
- Fernando García Pereira: Crónicas de un mayordomo.
- Francine Sucarrat: Luis Seoane, su obra poética y su importancia en la literatura gallega actual (Ediciós do Castro. Sada).
- Germán Cid Justo: Cantigas en gallego traducidas al castellano. (Prólogo de Celso Emilio Ferreiro (Edit. La Región. Ourense)
- Gustavo Fabra Barreiro (Madrid 1945-1975): El discurso interrumpido (un capítulo está dedicado á cultura galega).
- Giulia Lanciani: Il Canzoniere di Fernan Velho. (“Grial” nº 59, páx. 111).
- Hipólito de Sa Bravo: Influencia del Camino de Santiago en la historia y el arte de Galicia.
- Isabel Beceiro: La rebelión irmandiña (Madrid).
- José Antonio Durán: Agrarismo y movilización campesina en el país gallego (1875-1912) (Madrid).
- José María Fontana Tarrats: Historia del clima del Finis-Terrae gallego.
- Manuel Janeiro: Primera edad (Colección Mogor de Edicións Castrelos).
- Manuel Vilanova: El cazador de días e Mestizaje y marginación. El laberinto de la identidad en América Latina.
- María do Carme Ríos Panisse: Nomenclatura de la flora y fauna marítimas de Galicia I. Invertebrados y peces, con anotaciones etimológicas por Antonio Santamarina (“Verba”. “Grial” nº 56, páx. 245).
- María Lucas: La visión de Galicia en Xosé Neira Vilas (Ediciós do Castro).
- Mariano Tudela: Los cómplices del sol (Madrid).
- Maruja Pino Piñeiro: Un libro y una flor.
- Rosa María Seoane “(Mouette”): Ortigas (versos. A Coruña).
- Ricardo Carballo Calero: Historia de las literaturas hispánicas. Unidad didáctica 1-2 (Ministerio de Educación y Ciencia. Universidad Nacional de Educación a Distancia. Madrid. “Grial” nº 62, páx. 505).
- Xan López Facal: La expulsión de recursos financieros y el crecimiento económico de Galicia.
- Xavier Costa Clavell: Las dos caras de Galicia bajo el franquismo (Madrid).
- Xosé García Oro: Diego de Muros III y la cultura gallega del siglo XV (Galaxia. “Grial” nº 56, páx. 250).
- Xosé Ramón Barreiro Fernández: El Levantamiento de 1846 y el nacimiento del galleguismo.
Acontecementos
- Gonzalo Suárez dirixe a versión cinematográfica de A esmorga en castelán (La parranda). En novembro do 2014 haberá a versión en galego dirixida por Ignacio Vilar contando cos actores Morris, Miguel de Lira e Karra Elejalde. Estrearase en 32 salas de toda Galicia co título de “A Esmorga”.
- Llorenç Soler: Autopista, unha navallada á nosa terra. Documental sobre a construción da AP 9.
- Domingo García Sabell, elixido presidente da Real Academia Galega.
- Carlos Casares ingresa na R.A.G. co discurso “A crise do 98 na Literatura Galega”, respondéndolle Francisco Fernández del Riego.
- Cunqueiro colabora activamente a favor do Estatuto de Autonomía.
- Primeira tese doutoral escrita e lida en galego na Universidade de Santiago “A Ilustración e a sociedade galega”, de Fausto Dopico, dirixida polo profesor García-Lombardero.
- Nace “Preescolar na casa” como un programa que leva mestres ás casas das aldeas para atender os cativos que teñen difícil asistir ás escolas. O seu creador foi o crego Antonio Gandoy Díaz, “O cura da bicicleta”. Desaparece no 2012 ao retirarlle as axudas a Xunta de Galicia.
- Créase o “Seminario di Cultura Gagliega”, na Universidade italiana de Perugia.
- Primeiras eleccións democráticas. Celso Emilio preséntase como senador por Ourense dentro da Candidatura Democrática Galega.
- En Santiago constitúese o grupo poético “Cravo Fondo” (Xulio e Xesús M. López Valcárcel, Rábade Paredes, Ramiro Fonte, Vergara Vilariño...).
- Ramón Piñeiro asiste como invitado de honor ao XV Congreso Internacional de Filoloxía Románica en Río de Janeiro.
- O profesor Giuseppe Tavani organiza na Biblioteca Cantonal de Lugano unha mostra titulada "Minoranze Linguistiche in Spagna".
- Nonito Pereira Revuelta crea o selo discográfico “Abrente”.
- Lorenzo Varela regresa a España e instálase en Madrid.
- Expresa Rodrigues Lapa: “… e convenci-me inteiramente de que, para nos conhecermos bem, teremos de conhecer a Galiza, onde está a nossa mais profunda raiz… Dai em diante nunca deixei de me ocupar da Galiza, que é para mim um vicio e uma necessidade: e tamén um dever moral”.
- Fúndase o Partido Obreiro Galego.
- O 29 de outubro o ministro Pío Cabanillas inaugura en Santiago o Museo do Pobo Galego. No nº 216 da revista “Grial” nunha entrevista de Agar Ledo a Justo Beramendi, un dos fundadores do museo: “O 29 de outubro de 1977 abríanse as primeiras salas do Museo do Pobo Galego no convento de San Domingos de Bonaval, en Santiago de Compostela. Constituído como unha asociación privada de carácter cultural e promovido por un grupo de representantes da sociedade civil, foi unha obra colectiva que conseguiu reunir ao seu redor varias xeracións de galeguistas comprometidos coa cultura galega e coa súa historia, conscientes da urxencia de recoller, conservar e divulgar a tradición, o patrimonio e a identidade de Galicia. O Museo do Pobo Galego, un museo antropolóxico, tamén un lugar da memoria, nacía co firme obxectivo de retomar o espírito do museo etnográfico creado polo Seminario de Estudos Galegos en 1932, proxecto desmantelado tras o golpe militar do 36”.
- Na celebración do “Día da Patria Galega”, houbo dous chamamentos, un por parte do “Bloque Nacional-Popular Galego” e outro por parte de “Movemento Comunista de Galicia”, “Partido Socialista Galego” “Asamblea Popular Galega”, “Partido Carlista de Galicia” e “Partido del Trabajo de España” con Fermín Bouza Brey e Celso Emilio Ferreiro entre outros coma oradores.
- Nace o Grupo Universitario de Cámara de Santiago.
- En Barcelona fúndase a Escola de Gaitas e Danzas Galegas “Toxos e Xestas” de Fontrobada.
- Chano Piñeiro realiza a curtametraxe “Os paxaros morren no ar”.
- En agosto a UPG celebra o seu primeiro congreso, na clandestinidade. Elíxese como secretaria xeral a Elvira Souto Presedo, a primeira muller que ocupa tal cargo político nun partido no Estado Español.
- Lignitos de Meirama intenta a expropiación forzosa das terras das Encrobas ante a oposición de 400 veciños, con numerosos detidos.
- O 10 de abril, ten lugar na Mariña luguesa unha mobilización de máis de 5 mil persoas contra a instalación dunha central nuclear en Xove.
- O 4 de decembro, varias forzas políticas e agrupacións culturais, convocaron un acto de mobilización autonomista nas principais cidades galegas, pedindo un Estatuto de Autonomía. Blanco Amor, leu en Ourense o comunicado final; en Vigo foi Valentín Paz-Andrade e en Lugo Ramón Piñeiro. O BN.PG preparou para ese mesmo día unha tractorada, mobilizando a miles de campesiños.
- Nace a marca Adolfo Domínguez.
- Emilio Cao saca o seu primeiro disco: “Fonte do Araño”.
- Fuxan os Ventos: “O Tequeletequele”.
- Benedicto: “Pola unión”.
Premios
- Non se conceden este ano os Premios da Crítica de narrativa e de poesía galega.
- Mostras de Teatro Abrente de Ribadavia: Xosé Camilo Fernández González “ Camilo Valdehorras” con Progreso e andrómena de Antroido. Farsa verde e alegoría festiva. Mencións para O cazador de perdices de Xosé Manuel Martínez Oca e Informe sobor dunha terra de Manuel Guede.
- Premio de teatro infantil “O Facho”: A benfadada historia do citado Bamboliñas de Xulio González.
- Mención honorífica no III Concurso de Teatro Infantil O Facho para Xaxara, Peituga, Paniogas, Tarelo, o Rapaz e o Cachamón ou como trocar en rato pequecho o meirande xigantón de Roberto Vidal Bolaño (estreada no 1979).
- Miguel Anxo Araúxo Iglesias, recibe o Pedrón de Ouro pola súa defensa do uso do galego na liturxia.
Epistolario
|
“Fiquei animadíssimo pelo seu gentilíssimo convite. Será para mim uma experiência extraordinária conhecer a Galiza levado pela sua mão. Terei um imenso prazer também em ir a Santiago de Compostela tanto pelo interesse da viagem quanto pelo da companhia”. (Consello da Cultura Galega). Volta a escribir con data de 02/12/1977:“Guardo da viagem uma multidão de recordações maravilhosas. Avultam entre elas as de Vigo e, em geral, as de Galícia, que hei de conservar com particular carinho. O Amigo tudo fez para que eu voltasse ao Brasil como um apaixonado da sua terra e conseguiu plenamente o seu intento. A nossa visita à Editora, a nossa ida aos dois promontórios de Vigo, o desembarque do pescado no porto, a visita aos Museus de Vigo e de Pontevedra, o passeio pelas ruas adoráveis de Santiago, pela catedral, pelo Hostal dos Reis Católicos, o almoço no restaurante El Asesino... tudo ficou gravado para sempre na minha memória”. (Consello da Cultura Galega).
|
Sumarios
Michael MacClain: Dos bardos aos trovadores (trad. De Carlos Casares). M. Rodrigues Lapa: Otero Pedrayo e o problema da língua. Xohán Vicente Viqueira: Nacimento e evolución da música. Penny Newman: “Mia madre velida”: A figura da nai nas cantigas de amigo e nas jarchas. Xosé M. Rodríguez Pampín: Ifixenia non quere morrer. Ricardo Carballo Calero: Murguía contra Valera. Salvador Lorenzana: No centenario de Teixeira de Pascoaes. Xosé María Dobarro: Poemas esquecidos de Alberto Camino. Lois Vázquez: A esparrela. |
GRIAL Nº 56
Ricardo Carballo Calero: Otero Pedrayo: Unha visión de Galicia. Domingo Prieto Alonso: Un problema ortográfico e un estudio lingüístico. X. A. B. Vázquez Iglesias: A imaxe-símbolo de “sombra”, factor de unidade na obra de Rosalía. María Xosé Rodríguez Galdo: Nos alicerces do subdesenrolo galego: A pesca a mediados do século XVIII. Carmen San León Martín: O humor de Castelao. Ítalo Calvino: A lonxedade da lúa (trad. Cosme Barreiros).María Xosé Queizán: Eros e Tanatos. Xosé María Costa: O plantón. X. C. Rodríguez Herranz: Ditos a un pobo antergo. Xosé María Álvarez Cáccamo: A posición do acento nas palabras formadas por siglas. R. Carballo: Uso e abuso do galego. Gómez Román e a súa obra. Francisco Luís Bernárdez: Na casa de Teixeira de Pascoaes. Carlos Baliñas: Para os “Tipos das nosas praias” de Siro. Unha sociedade de escritores de Galicia. J. Leite de Vasconcelos: A Galliza. Nicola Chiaromonte: O teatro nos anos sesenta. A. C.: Unha historia escocesa contada por Plácido Castro. S. S.: O portugués de Valery-Larbaud. |
María Xosé Rodríguez Galdo: A crise agraria de 1853 e a emigración galega. Anxo Tarrío: Consideracións semiolóxicas arredor da poesía de Antonio Tovar. Salvador Lorenzana: Carta sobre o abisal e estético Baudelaire. Froilán López: Onomástica galega: Casas e Casás. Xenaro Mariñas del Valle: O bosque. Ricardo Carballo Calero: Media ducia de poemas. Xohán Ledo: Unha carta, outra, a Luís Seoane. Pedro Mas i Perera: Pompeu Fabra, ordenador do idioma catalán. A. C. Blanco: Don Andrés Martínez Salazar creador da «Biblioteca Gallega». Xosé Mª Barreiro Duro: A fauna en “Queixumes dos pinos”. Lois Tobío: Outras dúas cartas en galego a Gondomar. C. Gonzar: De onte e de hoxe. S.S. : Cómo hai que leer a Kafka. M. María Seoane: A Santiago ven El Rei. |
GRIAL Nº 58
R. Carballo Calero: Bibliografía rosaliana. Antonio Regales Serna: Sobor da participación lingüística nos aspectos lingüísticos das ciencias. Con especial atención ao galego. Mª dos Anxos Abad Dapena: Galaad na novela francesa e nas sagas de Ramón Cabanillas. Gustav Janouch: Conversas con Franz Kafka. Teresa Barro: Cartas a Rosalía. Amado Ricón: Feixe de vilancetes galegos apañados nos fondos da “Hispanic Society of America” de Nova Iorque. Froilán López: Onomástica galega: Abellas e Abellás. Faustino Santalices: A gaita galega. Xosé María Costa: Conversa con Salvador Espríu. D.: Sebastián Martínez-Risco e Macías. S. S.: Rosalía e a súa sombra. D.: Domingo García-Sabell. G.: Ramón Piñeiro: presencia galega no Brasil. |
Outras culturas
PREMIO NOBEL DE LITERATURA: Vicente Aleixandre
CPLP - Comunidade dos Países de Lingua Portuguesa
Nacen
Morren:
Patrocinado polo Centro de Estudios Pessoanos da Facultade de Letras, xorde en Porto a revista “Persona” dirixida por Arnaldo Saraiva, José Augusto Seabra e Maria da Glória Padrão. Publícase a antoloxía Mantenhas para quem luta! que recolle a poesía de catorce autores e inclúe o crioulo como lingua literaria.
Adolfo Casais Monteiro: A poesia portuguesa contemporânea.
Afonso Ribeiro (Mozambique): África colonial.
Agustina Bessa Luis: As Fúrias.
Al Berto: A procura do vento num jardim d‘agosto.
Alberto Pimenta: Ascensão de dez gostos à boca (poesía) e Discurso sobre o filho-da-puta.
Alexandre O’Neill: Poesía portuguesa contemporánea (traducido por Victoria Navas e editado pola Direcção Geral de Acção Cultural para ser divulgado en España).
Alexandre Pinheiro Torres: A nau de Quixibá; O neo-realismo literário português e O movimento neo-realista em Portugal na sua primeira fase.
Alexandre Vargas: Morta a sua fala.
Álvaro Ribeiro: Memórias de um letrado.
António Aurélio Gonçalves (Cabo Verde): Biluca e Burguesinha.
António José Saraiva: Herculano e o liberalismo em Portugal.
António Júlio Valarinho: Quadros heróicos do povo em luta (teatro).
António Manuel Couto Viana: Nado nada e Coração arquivista (ensaio).
António Maria Lisboa (1928-1953): Poesia de António Maria Lisboa.
António Modesto Navarro: Memória alentejana e O norte canta a reforma agrária.
António Ramos Rosa: Boca incompleta e A imagem.
Armando da Silva Carvalho: Eu era desta areia (poesía); Armas brancas (poesía) e Portuguex.
Arnaldo Saraiva: Bilingüismo e literatura.
Artur Anselmo: Um romance da cisão: “Os tambores de s. Luís”.
Artur Portela Filho: Marçalazar.
Boaventura Cardoso (Angola): Dizanga dia muenhu.
J.H. Santos Barros: Vinte anos de literatura e arte nos Açores.
|
Nacen:
- Llucia Ramis i Laloux (Palma, Illes Balears).
Morren:
PREMI VÍCTOR CATALÀ: Joan Rendé por Sumari d’homicida.
PREMI D’HONOR DE LES LLETRES CATALANES: Miquel Tarradell.
PREMI JOSEP PLA: Josep Maria Castellet: Josep Plá o la raó narrativa.
Créase a Associació d’Escriptors en Llengua Catalana.
Àlex Susanna: Abandonada ment (poesía).
Àngel Terron: Iniciació a la química (poesía).
Biel Mesquida e Quim Monzó: Self-service.
Carme Riera: Jo pos per testimoni les gavines.
Casasnovas: Diccionari Català-Castellà.
Fèlix Cucurull i Tey: Vida terrena.
Francesc de Borja Moll iGabriel Janer Manila: Tango.
Jaume Cabré: Toquen a morts.
Joan Brossa: Sextines 76 e Poemes de seny i cabell.
Joan Oliver “Pere Quart”: Quatre mil mots (poesía).
Josep Dalmau i Olivé: Comdemnats a creure.
Josep Maria Benet i Jornet: Revolta de bruixes (teatro).
Josep Maria Sala- Valldaura: Tot extrem voler (poesía).
Josep Palau i Fabre: Teatre.
Marc Granell i Rodríguez: Llarg camí llarg.
Maria Beneyto i Cuñat: Vidre ferit de sang (Poemario).
Miquel Martí Pol: Amb vidres a la sang (poesía) e Crònica del demà.
Montserrat Roig: Els catalans als camps nazis.
Nèstor Luján: El libro de la cocina española.
Olga Xirinacs Díaz: Botons de tiges grises (poesía).
Oriol Pi de Cabanyes:Esquinçalls d’una bandera.
Pere Gimferrer: L’espai desert (poesía).
Ramon Folch i Camarasa: Quan el terror truca a la porta.
Valerià Pujol i Bosch: Doble fons (poesía).
Ventura Gassol: Balada del bressol.
Vicent Andrés Estellés: Manual de conformitats (poesía).
Xavier Benguerel: Llibre del retorn.
Nacen:
Morren:
PREMIO CERVANTES: Alejo Carpentier (Cuba).
PREMIO NACIONAL DE NARRATIVA: JOSÉ LUIS ACQUARONI Copa de sombra.
PREMIO NACIONAL DE POESÍA: MIGUEL FERNÁNDEZ Eros y Anteros.
PREMIO NACIONAL DE ENSAIO: RAFAEL MONTESINOS Bécquer, biografía e imagen.
Alfonso Sastre: La sangre y la ceniza.
Álvaro Pombo: Relatos sobre la falta de sustancia.
Antonio Buero Vallejo: La detonación.
Antonio Gamoneda: Descripción de la mentira.
Antonio Martínez Ballesteros: Volverán banderas victoriosas.
Blas de Otero: Poesía con nombres.
Carlos Alvar: La poesía trovadoresca en España y Portugal (Cupasa Ed. Madrid).
Carlos Álvarez: Los poemas del bardo.
Daniel Sueiro Rodríguez: Servicio de navaja e El Valle de los Caídos (Los secretos de la cripta franquista).
Fernando Macarro Castillo “Marcos Ana”: Las soledades del muro.
Francisco Brines: Insistencias en Luzbel.
García Hortelano: Echarse las pecas a la espalda.
García Nieto: Súplicas por la paz del mundo y otros “collages”.
Gonzalo Torrente Ballester: Fragmentos de Apocalipsis.
Javier Sádaba: Lenguaje religioso y filosofía analítica e Amor diario.
Jesús Fernández Santos: La que no tiene nombre.
Jorge Semprún: Autobiografía de Federico Sánchez.
José Ángel Valente: El inocente.
José Luis Castillo Puche: El libro de las visiones y las apariciones.
José Manuel Caballero Bonald: Descrédito del héroe (poesía).
José María Millares: Hago mía la luz.
Juan Benet: En el Estado e Cuentos completos.
Juan Bernier: Poesía en seis tiempos.
Juan José Millás: Visión del ahogado.
Luis Mateo Díez: Apócrifo del clavel y la espina.
Manuel Vázquez Montalbán: Diccionario del Franquismo.
Miguel Delibes: El disputado voto del señor Cayo.
Rafael Alberti: Poemas del destierro y de la espera.
Ramón Carnicer Blanco: Tradición y evolución en el lenguaje actual.
Sergio Vilar: La naturaleza del franquismo.
|
Máis culturas:
Nacen:
- Andrés Neuman (Buenos Aires).
- Carlos Labbé (Santiago de Chile).
- Pola Oloixarac (Buenos Aires).
- Ivica Djikic (Tomislavgrand, Bosnia).
Morren:.
- Carlos Pellicer Cámara ( Ciudad de México; 1897 San Juan Bautista, Villahermosa, Tabasco).
- Juan Marinello (1898 Cuba).
- Martín Luis Guzmán (1887 México).
- Jacques Prévert (Cherburgo; Neuilly sur Seine 1900).
- James Cain (1892 Annapolis, Maryland).
- Marcel Bataillon (París; 1895 Dijon).
- Hispanista.Robert Lowell (New York; 1917 Boston).
- Sue Kaufman (New York; 1926 Long Island).
- Vladimir Nabokov (Montreux-Suíza; 1899 San Petesburgo).
Alfredo Bryce Echenique: Tantas veces Pedro.
Borges: Historia de la noche.
Clara Isabel Alegría Vides: El detén (poesía).
Eduardo Galeano: Conversaciones con Raimón.
Gonzalo Rojas Pizarro: Oscuro.
Julio Cortázar: Alguien que anda por ahí.
Mario Vargas Llosa: La tía Julia y el escribidor.
Roberto Fernández Retamar: Acerca de España. Contra la leyenda negra.
Aleksander Wat (1900-1967): O meu século.Confesións dun intelectual europeo.
Annie Arnaux : Ce qu’ils disent ou rien.
Charles Bukowski: Love is a dog from hell.
Edward Bunker: The animal factory.
Friedrich Dürrenmatt: A prórroga.
Giorgio Manganelli: Pinocchio: un libro parallelo.
Günter Grass: O rodaballo.
Günter Wallraff: O xornalista indesexable.
J.M Coetzee: In the heart of the country.
John Ashbery: Tres poemas.
John Fante: The brotherhood of the grappe. Traducida no 2015 ao galego por Adrián Estévez como A irmandade da uva para a editorial Hugin e Munin de Santiago.
Mahmoud Darwish: Nupcias (poesía).
Marguerite Yourcenar: Archives du Nord.
Natalia Ginzburg: Famiglia.
Ricardo Garibay: El gobierno del cuerpo.
Robert Coover: The public burning.
Stephen King: The Shining.
Tahar Ben Jelloun: La plus haute des solitudes.
Tom Sharpe: The great pursuit.
Toni Morrison: Song of Solomon.
W. D. Snodgrass: The Führer bunker.
Tamén sucedeu...
- CINE:
- Buñuel: Ese oscuro objeto del deseo.
- Morre Charles Spencer Chaplin (1889).
- José Afonso grava “Enquanto há força”.
- (24 de xaneiro) Matanza de Atocha na que morren 5 persoas no asalto a un despacho laboralista.
- España establece relacións diplomáticas coa Unión Soviética, Checoslovaquia e Turquía (9 de febreiro).
- Legalízase o PCE (9 de abril).
- Elíxense democraticamente no estado español as Cortes constituíntes (15 de xuño). UCD 165 escanos; PSOE 118; PCE 20; Alianza Popular 16; PSP 6; Pacte Democratic per Catalunya 11; Unió de Centre- Democrácia Cristiana de Catalunya 2; Esquerra Republicana de Catalunya 1; PNV 8 e Euskadiko Ezquerra 1.
- Novo Goberno presidido por Adolfo Suárez.
- O 24 de outubro Josep Tarradellas toma posesión da Presidencia da Generalitat de Catalunya.
- Asínanse os “Pactos de la Moncloa” (25 de outubro).
- Dolores Ibárruri “La Pasionaria” regresa a España, saíndo elixida deputada por Asturias.
- O Goberno devalúa a peseta un 20 %.
- Accidente aéreo de Los Rodeos. Dous avións chocan na pista, falecendo 561 persoas.
- Dirixentes dos principais partidos políticos asinan os Pactos da Moncloa que pretenden unha fonda reforma nas estruturas socioeconómicas.
- Anwar el Sadat visita a Menahen Begin en Jerusalén poñendo fin ao estado de guerra entre Exipto e Israel.
- Conflito entre Etiopía e Somalia na rexión de Ogadén.
- A ONU impón un embargo de armas contra África do Sur, onde se agudiza a represión contra os negros.
- Panamá e Estados Unidos acordan a recuperación da soberanía panameña sobre a canle.
- O presidente Carter indulta os que se negaran a facer o servizo militar obrigatorio para non iren á guerra do Vietnam.
- Inaugúrase en París o Centro Nacional de Arte e Cultura Georges Pompidou.